06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4 FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

A recuperación da memoria histórica

aquí e agora

MANUEL MONGE

A recuperación da memoria histórica e

democrática na Coruña non é unha cuestión

de regresar ao pasado, senón que é un

tema de actualidade. Un pobo sen memoria

non ten futuro e, ademais, está condenado

a repetir os seus erros.

Temos aínda pendente a eliminación de

case corenta símbolos franquistas, despois

de 43 anos da morte de Franco e cando

se cumpriron dez anos da aprobación

da chamada Lei da Memoria Histórica: as

rúas de golpistas como Calvo Sotelo e Miguel

Primo de Rivera; alcaldes franquistas

como Sergio Peñamaría de LLano e José

Pérez–Ardá etc.

Ademais, hai algunhas reivindicacións

que están hoxe de actualidade, que teñen

moito que ver coa recuperación da memoria

histórica e que vou tratar de describir,

brevemente.

O pazo de Meirás non foi un “regaliño”

ao ditador Franco, senón un espolio continuado

Despois de máis de corenta anos da morte

do ditador, aínda quedan moitos restos do

franquismo, como o Pazo de Meirás. Estamos

ante a historia dun espolio continuado,

un auténtico roubo ao pobo. Para adquirir

este pazo aos herdeiros da Condesa

de Pardo Bazán formouse a chamada Junta

Provincial Pro Pazo del Caudillo, promovida

por significados empresarios como

Pedro Barrié de la Maza, personalidades

do franquismo como Alfonso Molina, banqueiros,

industriais e propietarios de medios

de comunicación, que utilizaron todo

tipo de ameazas e coaccións para conseguir

uns ingresos, disfrazados de doazóns.

Foron amplamente recompensados; Barrié,

que destacou desde un primeiro momento,

no seu apoio á sublevación fascista

do 18 de xullo de 1936, recibiu todo tipo de

facilidades para incrementar os seus negocios

e a distinción de Conde de Fenosa,

cumpríndose aquilo que declaraba Franco:

“Nuestra Cruzada es la única lucha en que

los ricos que fueron a la guerra salieron

más ricos”; Alfonso Molina sería designado

alcalde da Coruña.

Outro dos sistemas para recadar diñeiro

foron as achegas directas dos concellos

a través do 5% que ingresaban polo cobro

da contribución. Por outra banda, os

concellos recibiron unha carta da citada

Junta Provincial para proceder á recadación,

confeccionando listas das persoas

e as cantidades que entregaban. O roubo

continuou e a extensión inicial da finca do

pazo foi ampliada até 10 hectáreas a través

da expropiacións sen ningunha garantía

legal e utilizando todo tipo de coaccións

sobre as familias propietarias, que eran

levadas ante notario en vehículos militares

para asinar o cambio de propiedade.

Por outra parte, Franco expropiaba terras

a veciños da zona, que despois arrendaba

a campesiños de Meirás, e os gardas civís

cobraban en man a renda.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!