06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

13

Un océano de silencios

BEATRIZ GÓMEZ AMIGO

Máis de oitenta anos levamos facendo

MEMORIA HISTÓRICA neste País.

No remate do s. XX e nos anos do XXI,

fillos e fillas, netas e netos retomaron

a Memoria da represión franquista. Qué

sabemos duns reis borbónicos senón o que

nos transmitiu o “réxime”?; da guerra do

Rif....?; dos Primo de Rivera, dunha ditadura

que afondou no xa problema político

de Catalunya…?; da loita sindical e de

partidos, e da República do 14 de abril…?

A diario non nos paramos a analizar ese

franquismo sociolóxico que todo o impregna;

o qué nos trasmitiu a ditadura asesina

de Franco, apoiada no “Movimiento”, da

man de falanxistas, alta burguesía financeiera,

ociosos nobres de título, monarquía

borbónica e carlista, Exército salvapatria,

e Igrexa, onde emerxeu a secta ultra do

Opus, que serviu de cerne para vivir nun

nacionalcatolicismo abafante. Un réxime

que non pasou por un tribunal de Dereitos

humanos.

E que ten todos os visos de poderse reproducir

hoxe. Paréceme case imposible que

fale con moita xente de miña xeración e

consideren que xa é preciso deixar as “batalliñas

do avó”....; que reabrimos feridas…

Feridas?, si, mais non abertas agora; permanecen

abertas, e perdurarán sempre, se

non se lles limpa a podremia que agochan.

Entón si será tempo de cicatrizar.

Non vou referirme aos datos sobre guerra

e represión franquista, que poden verse en

calquera libro, ou en calquera documento

de internet…, senón ao que a min me transmiten

as verbas MEMORIA HISTÓRICA.

Lembro ver e escoitar o medo nalgunha

persoa que sufriu o réxime do terror franquista,

por se nalgún intre se puidese repetir.

Os defensores do “Movimiento”, todos,

morreron o 20 de novembro do 1975? Ou

máis ben viraron a chaqueta e agardaron

novos tempos, propicios para saír do armario…?

Precisamos pois MEMORIA para facer

valer a dignidade que nunca lles faltou

ás vítimas. Para que non sofran e morran

dúas veces. Para que sexan un referente

da democracia que, como nos seus tempos,

está a pasar por moi maos momentos.

Esa democracia enferma que se disfraza de

“constitucionalista” e que permite que nosos

mortos continúen nas foxas sen nome.

Que as sentenzas sigan chamando rebeldes

a quen defenderon, con súa vida, seus bens,

seu corpo…, a República, contra quen si foron

os verdadeiros rebeldes contra o goberno

lexítimo. Vivimos nun estado da desmemoria.

Todos os días, na Moura, lembro o

lugar onde apareceu asasinado LUÍS HUI-

CI, ao borde da estrada, e hoxe “humanízase”

cun colector de vidro e papel. Son os

novos tempos…?. Non!; é o esquecemento!

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!