06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Pedro Barrié de la Maza “regala” a Carmen

Polo a Casa Cornide

A Casa Cornide –residencia de José Cornide,

investigador, humanista, historiador

e patriota galego, que morreu en 1803–

tamén forma parte dese espolio. Este pazo

urbano do século XVIII acollera a casa

consistorial e dependencias municipais

e foi mercado en 1957 polo Ministerio de

Educación, que o cedeu ao concello mediante

permuta por outros terreos.

Carmen Polo, esposa de Franco, quería

unha residencia no centro da Coruña para

non ter que desprazarse a Meirás cando

visitaba Galiza, así que organizaron todo

para apropiarse da Casa Cornide mediante

poxa pública, celebrada o 2 de agosto de

1962 ao mellor ofertante, e nunha actuación

amañada coa intervención do concello,

ministerio de Educación, Facenda

e significados franquistas e empresarios.

Adxudicada a Pedro Barrié de la Maza

por 305.000 pesetas (presentouse tamén

na poxa-farsa o falanxista José Luis Amor

Fernández, subxefe do “Movimiento Nacional”

na Coruña). Foi cedida a Carmen

Polo, como figura na escritura.

O Pleno do concello da Coruña de 8 de

xaneiro de 2018 aprobaba unha moción

do BNG, apoiada por Marea Atlántica e

PSOE e abstención do PP, esixindo a recuperación

da Casa Cornide para o patrimonio

da Coruña, instando a Xunta e Goberno

do Estado á eliminación dos dereitos

hereditarios a efectos tributarios.

A Solana e Hotel Finisterre como botín de

guerra dos vencedores

Despois da sublevación fascista de 1936,

os vencedores asasinaron máis de 600 persoas

na comarca da Coruña, entre elas as

primeiras autoridades civís e militares e

destacadas dirixentes sindicais e sociais, e

miles de persoas foron represaliadas. Ademais,

e como botín de guerra, ocuparon

espazos públicos para facer as súas casas

ou promover diversos negocios, co visto bo

e colaboración das autoridades fascistas,

que deron todo tipo de facilidades para

executar este roubo.

En 1944 o empresario Emilio Rey Romero

consegue autorización para ocupar unha

parcela de 1.482 metros cadrados onde estaba

a Aduana, terreo situado na avenida

da Mariña, entre o edificio de Correos e

o paseo do Recheo. Asociado con Pedro

Barrié de la Maza, do Banco Pastor, crean

a sociedade SAINGA. Neses terreos o arquitecto

Jacobo Rodríguez Losada redacta

en 1945 o proxecto para a construción dun

edificio que sería destinado a Hotel (Embajador)

e teatro (Colón), que se inaugura

o 15 de novembro de 1948.

Os promotores da Solana e do Hotel Finisterre

foron importantes empresarios

coa colaboración de significados fascistas,

como o nadador Armando Casteleiro

Varela (o seu irmán José era concelleiro).

Conseguiron en concesión terreos públicos

no Parrote para construír unha piscina

e sala de festas. As obras inícianse en 1941

e o complexo é inaugurado o 17 de xullo

de 1942, véspera da celebración o 18 de

xullo do “Glorioso Alzamiento Nacional”.

Despois construíron o hotel Finisterre en

1948 e a ampliación da Solana en 1970 cun

novo recheo. Ocuparon un total de 25.000

metros cadrados de terreos públicos, gañados

ao mar, como auténtico botín dos

golpistas. Así foi como a empresa Finisterre

S.A., na que participan SAINGA e

Armando Casteleiro, explotaría o Hotel

Embajador, a Solana e o Hotel Finisterre.

Oitenta anos despois, a Autoridade Portuaria

da Coruña, é dicir o PP, pretende ingresar

cartos para pagar a débeda da construción

do porto exterior, a través da poxa

do Hotel Finisterre, mentres a Comisión

Aberta en Defensa do Común e a Asociación

de Veciños da Cidade Vella reivindi-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!