26.03.2021 Views

BOLETÍN2TRIM2021

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

educación

infantil

APADRIÑAMENTO DUN PINGÜÍN

Todos os cursos de infantil apadriñaron

un pingüín aproveitando unha campaña

que o exercito de terra fai cada ano

que coincide coa fase de despregamento

da XXXIV Campaña Antártica. Con

esta actividade quixemos concienciar

aos alumnos- as de que teñen que coidar

o medio ambiente. A actividade foi

acompañada de contos para coidar o

planeta, debuxos interactivos e decoración

de portas .

CLUB DAS VITAMINAS

En 4º de educación infantil comezamos

coa actividade do “Club das vitaminas”

para o fomento de hábitos saudables.

Coñecemos diferentes froitas , conseguimos

gomets para o noso “carné do

club das vitaminas”.

MENSAXES SECRETAS

Os nenos de 5 anos crearon en clase

un mural con sobres no que cada día

gardan mensaxes para os seus compañeiros,

para fomentar a unión do grupo

e a empatía.

AS NOSAS EMOCIÓNS

Os nenos- as de quinto de infantil trataron

o tema das emocións. Despois

da lectura do conto “O monstro de

cores” fóronse explicando as diferentes

emocións e que situacións nos fan

sentir dunha forma ou outra. Ante as

emocións de rabia e de enfado que estratexias

podemos facer para sentirnos

mellor.

32

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 33

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!