26.03.2021 Views

BOLETÍN2TRIM2021

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

segundo ciclo

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos na clase o día

da muller. En 4º de primaria, cada neno

e nena elaborou na casa un traballo sobre

unha muller á que admiran. O día

da conmemoración, xa na clase, cada

un presentou e falou da súa muller

destacada e o motivo da súa elección.

Tamén falamos e coñecemos máis datos

sobre por que celebramos este día

e por último rematamos elaborando un

mural na clase con todos os traballos.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 4ºA

O día 24 de febreiro celebramos o día

de Rosalía de Castro, na clase realizamos

un Genially para descubrir máis

datos sobre a súa vida e obra. Tamén

elaboramos marcapáxinas e un pequeno

puzle do seu retrato.

FASES DA LÚA 3º A

O alumnado de 3° EP deseñou con platos

plásticos e cartolinas as fases da

Lúa, un contido máis sinxelo de aprender

con esta divertida manualidade.

40

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 41

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!