11.05.2013 Views

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2011 - agaca

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2011 - agaca

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2011 - agaca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Memoria de Actividades 2011

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

O Consello Reitor da Unión de Cooperativas

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA,

agradece

aos traballadores de AGACA

ás cooperativas e entidades socias da Unión,

a Cooperativas Agro-alimentarias de España,

á Consellería de Traballo e Benestar (Dirección Xeral de Relacións Laborais e Dirección Xeral de

Formación e Colocación),

á Consellería do Medio Rural (Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais),

ó Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño (Dirección Xeral de Industria e Mercados Alimentarios),

á Fundación Intercoop,

ao IGAPE,

ao INEGA,

ao Consello Galego de Cooperativas,

á Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación),

á Fundación Tripartita para a Formación no Emprego,

ao Fondo Social Europeo (FSE),

ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

a colaboración recibida,

sen a cal sería imposible desenvolver as actividades

que se mencionan nesta Memoria 2011

SAÚDA DO PRESIDENTE

Amigos cooperativistas:

No ano 2011, os agricultores e gandeiros tivemos serias

dificultades para facer rendible o noso esforzo diario,

esmagados entre uns custes de produción que se

incrementaron constantemente (enerxía, alimentación

animal, fito e zoosanitarios...) e un prezo dos alimentos e

da produción agraria e gandeira estabilizados ou en

descenso. Tivemos dificultades para xerar rendas

suficientes para soster as explotacións e estivemos moi

condicionados polas dificultades de acceso aos créditos de

financiamento das mesmas. Por suposto, as nosas

empresas cooperativas non son alleas a esta situación que sofren os socios e o sector agrario, e

comparten a dura carga do sector facéndoa máis levadeira.

Hai un ano falaba nesta presentación da dura crise económica e financeira que estaba a castigar a todos

os sectores produtivos do noso agro e ás empresas que operan no mesmo. Este ano reitero, se cabe

aínda máis, que esta crise económica produce en todos nós unha situación de incerteza e desacougo

que provoca nas empresas e nas cooperativas, inmobilismo e preocupación, que pola nosa razón de ser,

non nos podemos permitir. As situacións de peche de actividade foron habituais en todos os ámbitos

económicos, a maior parte, hai que dicilo, sociedades mercantís. Porén, as dificultades de acceso ao

crédito tamén están a poñer a moitas cooperativas en situación difícil, a pesar de que a gran maioría

continúan traballando para que os seus socios poidan manter a actividade.

A pesar de todo, o sector agroalimentario e o noso mundo rural seguen a ser os que mellor perspectivas

presentan na nosa Comunidade Autónoma, actuando como refuxio para moitos desprazados doutros

sectores en crise. As cooperativas seguimos aí: sen deslocalizarnos, sen publicar grandes beneficios nos

medios de comunicación, pero traballando todos os días con ilusión, esforzo e imaxinación para reverter

os beneficios nas persoas, nos territorios e en producir alimentos sans e seguros.

A pesar de que non temos garantido o éxito, nin tan sequera axudas e apoios, e con probables atrancos,

as cooperativas temos que esforzarnos en adaptarnos á realidade que nos marca o mercado. Nesta liña,

dende AGACA impulsamos no 2011, a comercialización conxunta das cooperativas de horta cunha gran

distribuidora galega (Vegalsa-Eroski), ou a presenza das cooperativas gandeiras na transformación e

comercialización do leite dos seus socios, na merca conxunta dos insumos, ou na comercialización

conxunta do seu gando de carne.

Dende o Consello Reitor de AGACA trasladamos aos responsables políticos da Comunidade Autónoma, a

importancia de manter os apoios á incorporación de socios ás cooperativas coa finalidade de concentrar

a oferta, a necesidade de apoiar e animar os procesos de integración de cooperativas para facelas máis

competitivas; de apoiar aos grupos empresariais conformados polas cooperativas para que teñan unha

maior presenza no mercado; de apoiar especialmente a innovación das cooperativas e os procesos de

internacionalización das mesmas, xunto coa atención á Reforma da PAC que agora está en debate.

Quédanos moito por facer e por avanzar. Temos que afrontar o futuro con ilusión e optimismo, e dar a

coñecer á sociedade o papel que xogamos no agro e no medio rural. Temos unha gran oportunidade no

2012, declarado pola ONU coma o Ano Internacional das Cooperativas, recoñecendo así que as

cooperativas contribuímos ao desenvolvemento económico e social, favorecemos o desenvolvemento

sostible, a erradicación da pobreza e a creación de medios de vida en diversos sectores económicos.

Nunca debemos esquecer que só o traballo conxunto e a ilusión permitiranos percorrer o difícil camiño

que nos marca a actual situación económica. Debemos ter sempre claro que só unidos, seremos fortes.

Gran parte das solucións están nas nosas mans e chegou o intre de que sexan aplicadas.

José Luis López Vázquez

Presidente de AGACA

S AÚDA DO DIRECTOR- XERENTE

Estimados cooperativistas:

A tensión dos prezos na distribución minorista foi a tendencia

económica clave que marcou o ano 2011 do sector

agroalimentario en xeral. As cadeas de distribución de desconto

creceron e produciuse unha redución de vendas nas canles de

maior valor engadido. Neste senso, a exportación converteuse

nunha válvula clave para o sector agroalimentario galego. O

2011 foi un ano moi complicado para a maior parte dos

subsectores, tendo en conta que os prezos das materias primas e os principais inputs agrarios creceron,

estrangulando as marxes e facendo, en moitos casos, marxes negativas para os produtores agrarios.

Os enormes problemas que atopan as nosas empresas nos mercados locais empuxáronnos a seguir

promovendo e xestionando axudas de cara a impulsar as vendas nos mercados exteriores. O pasado ano

2010 impulsamos en AGACA a primeira misión comercial inversa coa finalidade de fomentar o comercio

exterior; neste ano, promovemos unha segunda experiencia a Bélxica e Holanda. En xeral, procuramos

achegar todo tipo de asesoramento, información e apoio ás cooperativas para impulsar a súa presenza

en mercados exteriores.

Hoxe, máis que nunca, os agricultores e gandeiros deben crer na necesaria organización dos produtores

a traveso das cooperativas, que son a ferramenta útil e próxima para facer valer os seus produtos nos

mercados. Son as cooperativas as que poden reforzar o poder de negociación dos agricultores e

gandeiros pola súa maior capacidade para concentrar a oferta a través da transformación e

comercialización. No ano 2011, dende AGACA puxemos en marcha un Acordo Marco con Vegalsa-Eroski

para a comercialización coordinada e integrada dos produtos de horta nesta importante cadea de

distribución en Galicia. Impulsouse unha saída conxunta e integrada das cooperativas gandeiras para

facerse cos servizos da Planta de Clesa de Caldas de Reis e reactivar a transformación e comercialización

do leite producido en Galicia. Mesmo no ano 2011, coordinamos unha resposta solidaria das

cooperativas galegas ante o terremoto de Lorca, onde participaron preto de 30 entidades, enviando un

camión de leite das marcas de Alimentos Lácteos e Feiraco. Neste senso, en AGACA reforzamos no 2011

todas as accións encamiñadas a integración das cooperativa.

A Unión de Cooperativas AGACA, que ten como finalidade representar e defender os intereses das 120

entidades socias que agrupan a máis de 34.000 agricultores e gandeiros de Galicia, ten unha clara

vocación de prestación de servizos e axudas ás entidades socias, o que nos obriga a unha constante

adaptación ás demandas e tendencias no sector agroalimentario galego. Os fortes recortes dos ingresos

da organización obrigounos a procurar “facer máis con menos”. Cun orzamento inferior ao do ano 2010

tivemos que desenvolver un gran número de actividades e iniciativas, consecuencia dunha situación

socioeconómica excepcional e unha delicada situación empresarial. Por iso, anímovos a ler esta

Memoria para coñecer en profundidade a Organización e a situación socioeconómica que nos rodeou o

pasado exercicio, que resulta unha descrición da nosa realidade agraria e agroalimentaria. Aproveito

para expresar o meu agradecemento a todas cantas persoas traballaron ou colaboraron con AGACA e

coas cooperativas socias, agradecemento que expresamente traslado aos representantes dos nosos

órganos directivos e aos reitores das cooperativas, pola súa dedicación e entrega, e por seguir confiando

en nós.

Nesta Memoria 2011 encontraredes multitude de actividades e servizos prestados a infinidade de

persoas e colectivos -a maioría socios deste entidade, e uns poucos, a non socios- con clara vocación de

servizo á comunidade agroalimentaria galega en xeral e ao seu medio rural. Por iso, todos os esforzos do

Equipo Técnico están centrados en satisfacer as necesidades das nosas entidades socias e do colectivo

xeral que representamos.

Higinio Mougán Bouzón

Director-Xerente de AGACA

ÍNDICE XERAL

SAÚDA DO PRESIDENTE ............................................................................................................................................. 3

SAÚDA DO DIRECTOR-XERENTE ................................................................................................................................. 5

1. INTRODUCCIÓN ..............................................................................................................................................9

1.1 AGACA, ENTIDADE REPRESENTATIVA: FUNCIÓNS E OBXECTIVOS ................................................................................... 10

2. ESTRUTURA ORGANIZATIVA ......................................................................................................................... 15

2.1. ASEMBLEA XERAL DE AGACA ................................................................................................................................ 16

2.2. CONSELLO REITOR E INTERVENTORES DE CONTAS DE AGACA .................................................................................... 16

2.3. REPRESENTANTES SECTORIAIS DE AGACA .............................................................................................................. 17

2.4. EQUIPO TÉCNICO DE AGACA ............................................................................................................................... 17

2.5. LOCAIS, MEDIOS E CAPACIDADES ............................................................................................................................ 20

3. EXERCICIO DE REPRESENTACIÓN .................................................................................................................. 23

3.1. REPRESENTACIÓN XERAL EN ORGANISMOS .............................................................................................................. 24

3.2. CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS ................................................................................................................... 25

3.3. REUNIÓNS DOS ÓRGANOS SOCIAIS DE AGACA ........................................................................................................ 25

4.PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO ........................................................................................ 27

4.1. INTRODUCIÓN .................................................................................................................................................... 28

4.2. CONSTITUCIÓN DE NOVAS COOPERATIVAS ............................................................................................................... 28

4.3. INTERCOOPERACIÓN E FUSIÓN DE COOPERATIVAS ..................................................................................................... 29

4.4. CONSTITUCIÓN DE AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRA (ADSG) .............................................................. 29

4.5. ACTIVIDADES REDE EUSUMO ............................................................................................................................ 30

4.6. EVENTOS ESPECIAIS DO COOPERATIVISMO GALEGO .................................................................................................... 32

5. REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL ................................................................................................ 35

5.1. SECTOR LEITEIRO ................................................................................................................................................ 36

5.2. SECTOR CÁRNICO ................................................................................................................................................ 40

5.3. SECTOR DE ABASTECEMENTOS E SERVIZOS ............................................................................................................... 42

5.4. SECTOR HORTÍCOLA ............................................................................................................................................. 47

5.5. SECTOR DA FLOR E OUTROS................................................................................................................................... 48

5.6. SECTOR VITIVINÍCOLA .......................................................................................................................................... 50

5.7. GANDERÍA INTENSIVA .......................................................................................................................................... 51

6. SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO .................................................................................................................. 55

6.1. FORMACIÓN ............................................................................................................................................... 56

6.1.1. Cursos en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar ......................................................... 56

6.1.2. Cursos en colaboración con Cooperativas Agro-alimentarias e o MARM ........................................... 57

6.1.3. Cursos en colaboración coa Fundación Estatal para a Formación no Emprego .................................. 57

6.1.4. Formación dirixida a persoas desempregadas .................................................................................. 58

6.1.5. Divulgación do uso da Internet na poboación do medio rural ........................................................... 58

6.1.6. Formación de reitores ...................................................................................................................... 58

6.1.7. Accións de apoio e acompañamento á formación ............................................................................. 58

6.2. ASISTENCIA TÉCNICA DO MARM .................................................................................................................... 59

6.2.1. Realización de Cadros de Mando Integral Cooperativos .................................................................... 59

6.2.2. Realización de Memorias de Responsabilidade Social nas cooperativas e Premios á Cooperativa

Socialmente Responsable .......................................................................................................................... 60

6.2.3. Implantación de referenciais de produto agroalimentario nas cooperativas e os seus socios ............ 60

6.2.4. Realización de diagnósticos enerxéticos ........................................................................................... 61

6.2.5. Cálculo de Pegada de Carbono ....................................................................................................... 61

6.2.6. Plan de fomento da innovación nas cooperativas ............................................................................ 62

6.2.7. Observatorio socioeconómico do cooperativismo agrario español .................................................... 63

6.3. SERVIZOS DE ASESORÍA XERAL........................................................................................................................ 65

6.3.1. Asesoría Xurídica ........................................................................................................................... 65

6.3.2. Tramitación de axudas e subvencións ............................................................................................ 65

6.3.3. Axudas da Política Agraria Común (PAC) e Pagamento Único ....................................................... 66

6.3.4. Apoio á xestión e á contabilidade .................................................................................................. 67

6.3.5. Internacionalización e Feiras comerciais ........................................................................................ 71

6.4. ENXEÑERÍA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE ...................................................................................................... 73

6.4.1 Área de enxeñería ............................................................................................................................. 73

6.4.2 Área de Desenvolvemento Sostible .................................................................................................... 73

6.5. CALIDADE .................................................................................................................................................. 75

6.5.1. Leite de Vaca Certificado de Cooperativa ....................................................................................... 75

6.5.2. Rexistro Sanitario: desenvolvemento dos Sistemas de Análise de Perigos e Puntos de Control

Crítico (APPCC) .......................................................................................................................................... 76

6.6. INFORME SOBRE A XESTIÓN E O ESTADO ECONÓMICO DO COOPERATIVISMO AGRARIO EN GALICIA ................................. 77

6.6.1. Conclusións da análise económica xeral do cooperativismo agrario en Galicia ............................ 78

6.6.2. Conclusións da análise económico-financeira ................................................................................ 80

6.6.3. Conclusións da xestión económica ................................................................................................. 81

6.7. COMUNICACIÓN E DIVULGACIÓN COOPERATIVA ................................................................................................. 83

6.7.1. Comunicación interna ..................................................................................................................... 83

6.7.2. Comunicación externa .................................................................................................................... 85

1. Introdución

1. INTRODUCCIÓN

1.1 AGACA, ENTIDADE REPRESENTATIVA: FUNCIÓNS E OBXECTIVOS

¿Qué é AGACA?

A Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, é a organización

representativa do cooperativismo agrario da Comunidade Autónoma de Galicia no senso máis amplo do

termo: é dicir, representativa das propias cooperativas e de toda a súa problemática económica,

empresarial e social, así como dos socios cooperativistas na súa dimensión humana e profesional.

AGACA exerce a súa actividade a nivel económico, estatal e internacional, en todos os foros nos que se

dirimen os intereses do cooperativismo e dos seus socios, ben directamente ou mediante a súa

participación en organizacións representativas a nivel España (Cooperativas Agro-alimentarias –antes

Confederación de Cooperativas Agrarias de España-) ou da Unión Europea (Comité Xeral Europeo de

Cooperación Agraria – COGECA). Adicionalmente a esta faceta institucional, AGACA ten por obxecto a

prestación de servizos de formación, información e asesoramento ao cooperativismo agrario de Galicia,

a través da súa estrutura organizativa.

Para desenvolver a súa función, AGACA conta cos medios humanos e técnicos ao seu alcance, para

atender as necesidades empresariais do cooperativismo agrario, contribuíndo deste xeito a mellorar a

súa eficacia na consecución dos seus fins económicos, humanos e técnicos.

INTRODUCIÓN 10

Os servizos de AGACA

Unha das principais vantaxes de pertencer a

un colectivo coma AGACA é que nunca terás

a sensación de atoparte perdido ou só na túa

actividade empresarial cooperativa. Por isto,

AGACA está continuamente actualizándose

para satisfacer as máis esixentes demandas

do cooperativismo agrario galego a través

dos nosos servizos:

Representación profesional

Para AGACA cada cooperativa conta e ten

algo importante que dicir. A nosa finalidade

é reunir e canalizar todas as propostas dos

socios ante os foros correspondentes, de

xeito que as cooperativas se sintan ben

representadas e defendidas. AGACA exerce a

súa actividade a nivel autonómico, estatal e

internacional, en todos os foros onde se

dirimen os intereses do cooperativismo

agrario. Fomentamos o diálogo e a

intercooperación entre os sectores a todos

os niveis.

lnformación especializada

Estar ao día das novas e decisións que nos

afectan, dos acordos adoptados, dos avances

que se producen... sitúanos nunha posición

privilexiada para ser competitivos nun

mercado globalizado, multisectorial e

diversificado. Así, emitimos informes

sectoriais, achegamos todas as novidades

lexislativas e técnicas, organizamos xornadas

formativas e mantemos un vínculo

informativo constante e bidireccional co

resto da sociedade. Ademais divulgamos a

actualidade a través da revista Cooperación

Galega e da web www.agaca.coop

INTRODUCIÓN 11

Consultoría

• Estudos e viabilidade económico-financeira

• Acompañamento integral a emprendedores

• Asesoría contable, fiscal, laboral e xurídica en cooperativas,

explotacións agrarias, autónomos e outras empresas

• Especialistas en constitución de cooperativas e S.A.T.

• Ordes de axudas: seguimento e xestión

Formación

Calidade

• Referencial de Leite de Vaca Certifiado de

Cooperativa (RLVCC)

• Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos

(APPCC)

• Rexistro Sanitario

• Diagnóstico e control de calidade

Servizo Global de Enxeñería Sostible

• Proxectos de obra

• Fontes de financiamento

• Seguridade e Calidade

• Desenvolvemento sostible

• Aforro enerxético

• Ampla oferta formativa especializada

• Horario flexible

• Acceso a todos os niveis formativos

• Aplicación inmediata ao posto de traballo

• Impartición presencial, a distancia e vía internet

INTRODUCIÓN 12

I+D+I

Estudos Socioeconómicos

• Informes socioeconómicos periódicos

• Realidade social: muller, xuventude, terceira idade, emprego...

• Análises estatísticas

• Enquisas

• Investigacións de mercado

• Asesoramento en identificación e xestión de iniciativas

• Redes de colaboración

• Actividade en foros nacionais e internacionais

Promoción empresarial

• Intercooperación

• Internacionalización: redes de contactos, misións

inversas...

• Planificación estratéxica

INTRODUCIÓN 13

2. Estrutura

organizativa

2. ESTRUTURA ORGANIZATIVA

2.1. ASEMBLEA XERAL DE AGACA

A Asemblea Xeral de AGACA, constituída por un representante de cada cooperativa socia, é o órgano

supremo da vontade social. O exercicio do voto está ponderado de 1 a 5 por entidade segundo a

importancia socioeconómica da entidade socia. Como mínimo, reúnese unha vez ao ano, onde se

aproba a xestión realizada no último exercicio económico e os plans de traballo para o exercicio

seguinte. Na actualidade está formada por 120 entidades socias.

As cooperativas socias de AGACA teñen como obriga estatutaria “asistir, a través dos seus

representantes legais, ás Asembleas Xerais da Unión”.

ESTRUTURA ORGANIZATIVA

Consello Reitor de AGACA

2.2. CONSELLO REITOR E INTERVENTORES DE CONTAS DE AGACA

O Consello Reitor da Unión, nomeado en 2009 pola XXI Asemblea Xeral Ordinaria por un período de

catro anos, está constituído por 7 cooperativistas que representan aos principais sectores agrarios, e

encárgase da dirección da Unión entre Asembleas. Os membros do Consello Reitor, en 2011, son:

CARGO NOME COOPERATIVA

Presidente D. José Luis López Vázquez Cooperativa Agroganadera de Sarria

Vicepresidente D. José Ramalleira Vázquez Cooperativa Os Irmandiños

Secretario D. Manuel García Montero Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro

Tesoureiro D. M. Carlos Gómez Díez Cooperativa Hortoflor Dos

Vogal D. Luis de Gerónimo Vázquez Cooperativa Coren

Vogal D. José S. Montes Pérez Cooperativa Feiraco

Vogal D. Alberto Amil Chaves Cooperativa Horsal

16

Os Interventores de Contas, nomeados en 2009 pola XXI Asemblea Xeral Ordinaria por un período de

catro anos, son:

NOME COOPERATIVA

Dna. Isabel de Castro Mosquera Cooperativa Hortoflor Dos

D. José Antonio Rodríguez Lorigados Cooperativa Cunigalicia

D. Ricardo A. Morandeira García Cooperativa San Mamede de Nodar

2.3. REPRESENTANTES SECTORIAIS DE AGACA

Os representantes das Xuntas Sectoriais determinadas nos Estatutos Sociais da Unión, elixidos na XXI

Asemblea Xeral Ordinaria de AGACA celebrada en xuño de 2009, son os seguintes:

1.- Xunta sectorial de Abastecementos e Servizos Representante: D. José Ramalleira Vázquez

Suplente: D. José Sancosme Iglesias

2.- Xunta sectorial de Flor, Apicultura e

Helicicultura

3.- Xunta sectorial de Gandería Intensiva:

Avicultura, Porcino e Coellos

2.4. EQUIPO TÉCNICO DE AGACA

O equipo técnico de AGACA está conformado polas seguintes persoas:

ESTRUTURA ORGANIZATIVA

Representante: D Manuel Carlos Gómez Díez

Suplente: D. Miguel Ángel Trelles Ayala

Representante: D. Luis de Gerónimo Vázquez

Suplente: D. Natalio García Carral

4.- Xunta sectorial de Leite e Produtos Lácteos Representante: D. José Luis López Vázquez

Suplente: D. Xabier Taboada Rodríguez

5.- Xunta sectorial de Vacún de Carne, Ovino,

Caprino e outras carnes

Representante: D. José S. Montes Pérez

Suplente: D. Rafael Tejeda Vázquez

6.- Xunta sectorial de Froitas e Hortalizas Representante: D. Alberto Amil Chaves

7.- Xunta sectorial Vitivinícola Representante: D. Manuel García Montero

Suplente: D. Guillermo Rodríguez Lema

17

ESTRUTURA ORGANIZATIVA

ESTRUTURA CON VOCACIÓN DE PERMANENCIA

NOME ÁREAS DE TRABALLO

D. Higinio Mougán Bouzón

Director Xerente

Dª. Loli Couso Costa

Formación e Agricultura

D. David Vila López

Asesoría de Lugo

D. Tomás Gómez Vázquez

Asesoría de Ourense

D. Carlos Ares Fernández

Gandería e cooperativismo

D. Mario Fernández Redondo

Enxeñería e desenvolvemento sostible

Dª. Marta Núñez Martínez–Corbalán

Desenvolvemento e Innovación

Dª. Rosa Vázquez Segade

Comunicación

Dª Nazaret Bolaño Couselo

Comunicación

Dª. Ruth Rodríguez Ferreiros

Estudos socioeconómicos e axudas

Responsable da dirección e da xestión económica. Executor

das ordes do Consello Reitor da Unión

Coordinadora de Formación, dos sectores de Horta, Flor e

Viño, da oficina de Santiago e da calidade interna

Asesoramento contable, laboral e fiscal a cooperativas en

Lugo, e coordinador da oficina en Lugo

Asesoramento contable, laboral e fiscal a cooperativas en

Ourense e Pontevedra, e coordinador da oficina en Ourense

Responsable do sector lácteo, de promoción cooperativa,

axudas e asistencia técnica

Responsable de enxeñería, urbanismo, medioambiente,

aforro de enerxías e seguridade alimentaria

Coordinación, control e seguimento de proxectos, xestión de

redes e innovación

Responsable da revista Cooperación Galega e da

comunicación externa de AGACA

Técnico de Comunicación

Deseño, toma de datos e elaboración de estudos

socioeconómicos e de desenvolvemento do cooperativismo

18

Dª María Rey Campos

Calidade agroalimentaria

Dª. Isabel Fernández Quintela

D. Antonio Iglesias Cortizas

Dª. María Pardo Otero

Técnicos de Calidade

Dª. María F. Baamonde Fernández

D. Marcos Núñez Martínez

Asesoría

Dª. Ana Vázquez Mougán

Dª. Ana María Caramés Iglesias

Contabilidade e administración

D. Manuel Pedreira Mirás

Técnico de proxectos e obras

Dª. María Montserrat Ventura Blanco

Dª. Berta Pérez Santiago

Dª. Minia Liñares Alonso

Apoio Formación e Proxectos

Comunitarios

Dª. Maite Porto Rey

Dª. Olaia Rocha Fraga

Secretaría

ESTRUTURA ORGANIZATIVA

Responsable de implantación de sistema de calidade de

produtos agro-alimentarios

Técnicos de campo especializados na implantación de

sistemas de calidade en explotacións.

Asesoría e contabilidade a entidades en Lugo

Contabilidade, administración e apoio á formación

cooperativa

Apoio á enxeñería na elaboración de proxectos e na

dirección de obras

Labores de apoio á formación e proxectos como

documentación, xustificación, animación, controis, etc.

Labores de secretariado nas oficinas e labores de apoio á

asesoría e ao resto de técnicos de AGACA

19

ESTRUTURA TEMPORAL EN 2011

A estrutura de técnicos temporais está ligada aos diferentes proxectos, programas, servizos e

actividades formativas que teñen carácter temporal dentro das actividades da Unión. Entre os

programas que AGACA desenvolveu no ano 2011 e que obrigaron á contratación laboral de técnicos

destacan, por orde de importancia, os Técnicos para as actividades formativas. Nas actividades

formativas que organiza a Unión de Cooperativas en colaboración con diferentes organismos públicos

(Consellería de Traballo e Benestar; Consellería do Medio Rural; Ministerio de Medio Ambiente, Rural e

Mariño; Fundación Estatal para a Formación no Emprego, etc.).

Por outra banda, con categoría de conferenciantes en cursos, seminarios, e xornadas superan os 70

expertos e colaboradores no ano 2011.

Estes colaboradores e técnicos serven de apoio á estrutura técnica para desenvolver programas

vangardistas e de carácter innovador en diferentes eidos do cooperativismo agrario de Galicia (tanto a

nivel da sociedade cooperativa, como a nivel do Consello Reitor, dos socios e das súas familias), e

nalgúns casos noutras clases de cooperativas do noso medio rural.

2.5. LOCAIS, MEDIOS E CAPACIDADES

ESTRUTURA ORGANIZATIVA

Equipo técnico de AGACA xunto co Consello Reitor

Os locais e medios de que dispón a Unión son os seguintes:

• Sede da Unión en Santiago, sita na Rúa Tomiño nº 22-Soto, de 350 m 2 , distribuídos en dúas

plantas. Dispón dunha sala grande de reunións, dúas pequenas, varios postos de traballo,

biblioteca especializada en cooperativismo agrario, rede informática con terminais para cada

posto de traballo (con conexión á Internet), amplos medios audiovisuais (vídeos, proxectores

de transparencias, proxectores de diapositivas, etc.), fotocopiadora e impresora conectada aos

equipos informáticos, tres liñas de teléfono, dúas liñas de fax, etc. O local foi adquirido en

propiedade no ano 1992.

20

• Oficina da Unión en Lugo, situada na Rúa Poeta Noriega Varela, 30-Entreplanta, de 120 m 2 , con

sala de reunións e varios postos de traballo, totalmente informatizada (ao igual que a oficina de

Santiago, dispón de conexión á Internet e fotocopiadora integrada na rede local). Esta oficina

foi adquirida en propiedade no ano 1993. En 2006, AGACA adquire, en propiedade, un local de

120 m 2 da Rúa Deputación de Lugo, lindeiro coa entreplanta, que é usado como ampliación e

mellora das instalacións da oficina de Lugo.

• Oficina da Unión en Ourense, sita na Rúa Bedoia, 7-2º local 1, de 60 m 2 en réxime de aluguer,

con sala de reunións e tres postos de traballo, no centro da capital ourensá. Dispón de medios

técnicos para o desenvolvemento das súas funcións.

ESTRUTURA ORGANIZATIVA

Oficinas en Santiago, Lugo e Ourense

21

3. Exercicio de

representación

3. EXERCICIO DE REPRESENTACIÓN

3.1. REPRESENTACIÓN XERAL EN ORGANISMOS

O exercicio de representación e defensa é a principal misión que ten encomendada a Unión de

Cooperativas AGACA. Por iso, utiliza todas as canles que están ao seu alcance para dar a coñecer a

opinión do cooperativismo agrario galego e defender os seus intereses. Un dos principais instrumentos

para a representación é a participación en Cooperativas Agro-alimentarias (antes CCAE), da que AGACA

é membro constituínte. O Presidente de AGACA forma parte do Consello Reitor da entidade en

representación das cooperativas de Galicia. O Consello Reitor de Cooperativas Agro-alimentarias aborda

os problemas de carácter xeral que afectan ao conxunto das cooperativas agrarias de España.

Cooperativas Agro-alimentarias organiza o exercicio da representación dos problemas sectoriais a través

dos Consellos Sectoriais nos que participan varios cooperativistas de Galicia.

A Representación Sectorial da Unión desenvolvida en 2011 céntrase nos diferentes Consellos Sectoriais

de Cooperativas Agro-alimentarias:

D. José Luis Antuña Álvarez, da cooperativa Feiraco, é o actual presidente do Consello Sectorial Lácteo

de Cooperativas Agro-alimentarias.

D. José S. Montes Pérez, da cooperativa Feiraco, é vicepresidente do Consello Sectorial de Vacún de

Carne de Cooperativas Agro-alimentarias.

D. Luis de Gerónimo Vázquez, da cooperativa Coren, é membro do Consello Sectorial de Porcino,

Pensos e Aves e Ovos, de Cooperativas Agro-alimentarias.

D. Manuel García Montero, da cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, representante no Consello Sectorial

Vitivinícola de Cooperativas Agro-alimentarias.

D. Manuel Carlos Gómez Díez, da cooperativa Hortoflor Dos, representante no Consello Sectorial de

Flores e Plantas Ornamentais de Cooperativas Agro-alimentarias.

D. Alberto Amil Chaves, da cooperativa Horsal, representante no Consello Sectorial de Froitas e

Hortalizas de Cooperativas Agro-alimentarias.

D. José Javier Dopico Vilar, da cooperativa Meirás, representante no Consello Sectorial de Seccións de

Crédito de Cooperativas Agro-alimentarias.

D. Carlos Castro López, da cooperativa Delagro, representante no Consello Sectorial de Subministros de

Cooperativas Agro-alimentarias.

D. Natalio García Carral, da cooperativa COGAL, é presidente do Consello Sectorial de Coellos de

Cooperativas Agro-alimentarias.

A Unión de Cooperativas AGACA é a canle de comunicación, representación e defensa dos intereses das

cooperativas socias. Isto obriga á Unión a estar presente en varios organismos e mesas de negociación,

entre as que podemos destacar o LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego para a Análise do Leite). D.

EXERCICIO DE REPRESENTACIÓN

24

Xabier Taboada Rodríguez, (co apoio técnico de María Rey Campos) asistiron a todas as reunións

convocadas por este importante órgano responsable da análise e control do leite dos gandeiros galegos.

Outros foros nos que estamos presentes son a Mesa do Leite e Comisión de Seguimento dos Contratos

Homologados, Mesa do Viño, Comisión Territorial de Galicia dos Seguros Agrarios, as Mesas Electorais

das Denominacións de Calidade de Galicia, a Mesa da Carne...

3.2. CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS

AGACA ten tres representantes e tres suplentes neste órgano de promoción do cooperativismo, creado

baixo a normativa da Lei 5/1998 de Cooperativas de Galicia, e con sede social na Dirección Xeral de

Relacións Laborais, sendo Presidente do COGACO a Sra. Conselleira de Traballo e Benestar. É un órgano

paritario dos representantes das cooperativas de todas as clases e das administracións públicas de

Galicia. Os representantes de AGACA son:

• Titular Primeiro: D. José Luis López Vázquez

• Suplente Primeiro: D. José Ramalleira Vázquez

• Titular Segundo: D. Manuel Carlos Gómez Díez

• Suplente Segundo: D. Luis de Gerónimo Vázquez

• Titular Terceiro: D. Higinio Mougán Bouzón

• Suplente Terceiro: D. Alberto Amil Chaves

Os temas tratados teñen relación coas competencias encomendadas. Nas reunións tratáronse cuestións

como:

No Pleno do Consello Galego de Cooperativas: convocatorias de certames e concursos; emisión de

informes sobre ordes da Consellería de Traballo e Benestar; propostas para a celebración do Día do

Cooperativismo; modificación da Lei 5/1998 de Cooperativas de Galicia; Plan Marco para a Formación

cooperativa 2011-2013 e posta en marcha do “Observatorio galego do movemento cooperativo”.

No Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas tratáronse temas como a emisión de

informes sobre textos de ordes da Consellería de Traballo e Benestar; a análise e contraste das

propostas de modificación da Lei 5/1998 de Cooperativas de Galicia; a concesión de premios á

cooperación 2011; a divulgación da información sobre o observatorio galego do movemento

cooperativo; a presenza do Consello na Feira Internacional Semana Verde de Galicia ou a emisión de

diferentes informes a solicitude de cooperativas.

No ano 2011 reuniuse a Unidade Técnica en Materia de Formación para tratar a presentación do estudo

“Prospección e estudo de necesidades formativas dos cooperativistas galegos”. Analizáronse as

conclusións e recomendacións derivadas do mesmo, así como as propostas de actuación para o Consello

Galego de Cooperativas e a elaboración das conclusións.

3.3. REUNIÓNS DOS ÓRGANOS SOCIAIS DE AGACA

No ano 2011 celebrouse unha única ASEMBLEA XERAL DE AGACA. O día 15 de xuño desenvolveuse a

XXIII Asemblea Xeral Ordinaria da Unión, coa aprobación dos correspondentes informes anuais.

O Consello Reitor da Unión celebrou sete reunións ordinarias de traballo ao longo do ano 2011. Nestas

reunións foron tratados temas xerais que afectan ás cooperativas agrarias, así como todos os temas

ordinarios relacionados cos aspectos organizativos, económicos, representativos e sociais de AGACA.

EXERCICIO DE REPRESENTACIÓN

25

Durante este ano foron de especial importancia os temas relacionados coa crise económica, agraria e

gandeira. Por outra banda, o Consello Reitor −co apoio do Equipo Técnico de AGACA−, organiza,

controla e avalía todos os temas xerais que reflicte esta Memoria.

Os temas máis salientables tratados de xeito especial polo Consello Reitor foron os seguintes:

Posición de AGACA en relación á Reforma da PAC

Regulamento “Paquete Leite” e aplicación RD 460/2011 Lácteo

Modificación da Lei 5/1998 de Cooperativas de Galicia

Seguimento das actividades de fomento da intercooperación e integración cooperativa

Convocatoria da XXIII Asemblea Xeral Ordinaria

A sinatura do protocolo con Vegalsa

Danos da fauna salvaxe

Seguimento de campañas: horta, viño...

Seguimento dos mercados agrarios, gandeiros e das materias primas

Iniciativas de promoción comercial dos alimentos cooperativos

Seguimento das actividades representativas en diferentes foros con presenza

Altas e baixas de socios

EXERCICIO DE REPRESENTACIÓN

XXIII Asemblea Xeral

Presentación e seguimento de proxectos de desenvolvemento cooperativo

Seguimento das actividades formativas de AGACA

Actividades de Asistencia Técnica desenvoltas por AGACA

Seguimento de programas de desenvolvemento e de proxectos

26

4. Promoción e

fomento do

cooperativismo

4.PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO

4.1. INTRODUCIÓN

A Unión de Cooperativas AGACA é unha organización democrática, non gobernamental, profundamente

especializada no cooperativismo agrario, que agrupa a 120 cooperativas galegas que teñen máis de 34.000

socios. Presta multitude de servizos ás cooperativas agrarias galegas socias e non socias da Unión, o que lle

supón estar en contacto directo con miles de cooperativistas e ser o vehículo idóneo para acercarse á

problemática cooperativa e aos cooperativistas.

A promoción e o fomento do cooperativismo é unha das tarefas máis importantes que desenvolve a

organización. Dada a actual situación dos mercados agrarios, dende AGACA realízanse constantemente

chamadas aos dirixentes das cooperativas para que procedan a incrementar a competitividade das súas

empresas. Para iso, dende AGACA promóvese a integración de empresas, a intercooperación, a

transformación e conquista de novos mercados, a diversificación, a innovación...

Propuxémonos acadar para os agricultores e gandeiros galegos, dentro do contorno das cooperativas

agrarias, a concentración da oferta de produtos agroalimentarios, así coma unha integración cooperativa,

que nos permita mostrar un modelo de cooperativismo dimensionado e competitivo, que faga unha

defensa eficaz das rendas dos agricultores e gandeiros no marco dun mercado globalizado.

As visións localistas, personalistas e partidistas teñen difícil cabida nun mundo globalizado, sobre todo

cando apreciamos que as multinacionais fanse coa maior parte da transformación e comercialización dos

nosos produtos, e cando dispoñemos en Galicia de cooperativas exemplares que souberon ser integradoras

e lograr unha boa dimensión para competir nos mercados actuais.

4.2. CONSTITUCIÓN DE NOVAS COOPERATIVAS

AGACA considera que o tamaño empresarial das cooperativas

agrarias galegas é demasiado pequeno, o que dificulta enormemente

a competitividade da actividade empresarial para a que foron

creadas polos agricultores e gandeiros. Por iso, sempre que un grupo

de agricultores ou gandeiros se achega a AGACA para constituír unha

cooperativa intentamos integralos en cooperativas que xa están en

funcionamento. Sempre procuramos buscar acomodo aos

agricultores e gandeiros en cooperativas existentes antes de

proceder á creación de novas cooperativas.

En determinados sectores, ou en actividades nas que o volume non resulta especialmente competitivo,

AGACA colabora na posta en marcha de novas cooperativas. Como sector con dificultades especiais para

que as cooperativas sigan medrando está o vitivinícola.

As funcións e traballos que desenvolvemos en AGACA −sempre a solicitude dos socios−, están

relacionados cos trámites de constitución, solicitude de axudas públicas, e realización de estudos

económicos de viabilidade da cooperativa.

Constitución de RUBIGAL S. Coop. Galega

RUBIGAL S. Coop. Galega, foi constituída no ano 2011 por un grupo de gandeiros dos concellos de O

Pino, Arzúa e limítrofes, para prestar servizos de comercialización e outros necesarios nas explotacións

de gando vacún de aptitude cárnica dos socios. Esta cooperativa xurdiu pola necesidade de obter un

mellor prezo na venda de xatos e vacas das explotacións dos socios, a través da comercialización por

PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO

28

xunto, ofrecendo aos clientes un maior volume, así como lotes de produtos con características

homoxéneas acorde coas demandas do mercado, como actividades complementarias e que axudan a

obter unha liña de produtos de mellor calidade e máis homoxénea. A cooperativa desenvolverá

actividades de asesoramento agrario, servizos veterinarios, compra conxunta de insumos, etc.

AGACA colaborou, sempre a solicitude dos socios, no asesoramento para elixir a forma xurídica máis

axeitada para levar a cabo o proxecto, así como na elaboración de toda a documentación para a

constitución e posta en marca do proxecto.

4.3. INTERCOOPERACIÓN E FUSIÓN DE COOPERATIVAS

Excisión de ORIBER S. Coop. Galega

Durante parte do ano 2011, a cooperativa ORIBER S. Coop. Galega, levou a cabo un proceso de excisión

que deu como resultado a constitución de dúas novas cooperativas. As novas cooperativas resultantes

da excisión mantiveron a denominación das que deron lugar, mediante un proceso de fusión a ORIBER:

(Cooperativas Reunidas de Bergantiños e Agraria Comarcal de Ordes), así como os seus socios e activos

e, a partir de outubro de 2011, as cooperativas creadas comezaron a realizar todas as súas actividades

pola súa conta.

4.4. CONSTITUCIÓN DE AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRA (ADSG)

As cooperativas veñen facendo un labor de vertebración da gandería de Galicia dende

hai bastantes anos. Este feito outórgalles unha presenza e estabilidade inigualable no

intre de desenvolver novas actividades. Unha boa parte das cooperativas gandeiras,

aínda sen estar recollidas como ADSG, están a facer unha labor semellante como tal,

xa que os seus servizos veterinarios sempre considerarán prioritarias as accións de

carácter profiláctico (reprodución, calidade do leite, enfermidades infecciosas,

desparasitación, etc.).

A Unión de Cooperativas AGACA sempre solicitou a eliminación dos impedimentos e atrancos técnicos,

de xeito que se logre a integración das ADSG no marco societario das cooperativas gandeiras que están

actualmente en funcionamento en Galicia. As cooperativas de Galicia non poden padecer unha falta de

recoñecemento de méritos para desenvolver este labor. Este recoñecemento vai permitir rendibilizar os

investimentos en técnicos e asesoramento, feitos polas distintas Administracións, nos actuais servizos

das cooperativas.

Durante o ano 2011 asesoramos a varias cooperativas para iniciar o procedemento de constitución e

recoñecemento da cooperativa como ADSG.

A Asociación Galega de Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras-AGADES, constituída formalmente

en xaneiro de 2011, ten vocación de ser interlocutor ante ás Administracións, en relación aos temas

sanitarios-zootécnicos, pero dende a perspectiva da técnica sanitaria dos gandeiros socios das mesmas.

É unha Asociación aberta á integración de ADSGs. Actualmente son sete cooperativas, que levan un ano

funcionando cos seguintes obxectivos:

• Promover, articular e defender a integración e a coordinación das ADSG no ámbito profesional

e territorial das mesmas.

• Propiciar o desenvolvemento sanitario e económico do sector gandeiro.

• Representar e defender os intereses comúns, profesionais e económicos das entidades

asociadas diante da sociedade e as Administracións Autonómicas.

PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO

29

• control, defensa e mellora das especies gandeiras e das explotacións no ámbito do sector.

• Contribuír e participar na formación empresarial dos membros asociados.

• Colaborar coa Administración no campo da sanidade, mellora de explotacións, etc.

PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO

4.5. ACTIVIDADES REDE EUSUMO

Durante todo o 2011, AGACA vén desenvolvendo un número

importante de actividades a favor do fomento do cooperativismo

como entidade integrante da Rede Eusumo, unha iniciativa

implantada pola Consellería de Traballo e Benestar na que participan

entidades representativas e vinculadas coa fórmula cooperativa dos

distintos sectores co fin de aproveitar sinerxías e tecer unha especie

de rede virtual de colaboración entre Asociacións (de cooperativas,

de empresas da economía social...), Entidades Locais, Cámaras de

Comercio, Fundacións, distintos Axentes de fomento cooperativo,

outros axentes de emprego, Administracións, etc.

Os eixos principais sobre os que pivotan as accións emprendidas

son: a xestión empresarial e societaria; combinada coa divulgación,

formación e información sobre o cooperativismo, o emprego e o

desenvolvemento territorial.

Grazas a esta Rede créase un tecido de actividades e servizos por toda Galicia que facilita a capacidade de

asesoramento, orientación, formación e acompañamento nas iniciativas empresarias iniciadas, ademais de

prestar un importante apoio á internacionalización, á celebración de encontros internacionais e

transfronteirizos, ao intercambio comercial e á cooperación empresarial.

Accións desenvoltas por AGACA na REDE EUSUMO en 2011

Actividades Formativas

Realizáronse dúas accións concretas orientadas a grupos

promotores de cooperativas agrarias. “Castaña das Frieiras”

e “Procevisa”, dúas novas cooperativas que precisaban unha

boa preparación á hora de constituírse como tal, polo que

foron deseñados e programados os cursos de “Formación de

Reitores”, que integra os coñecementos mínimos necesarios

para por en marcha unha empresa cooperativa.

Participación en feiras

Consideradas como un medio a ter en conta para a difusión

das actividades programadas pola Rede Eusumo, así como da

cultura cooperativa. No ano 2011, AGACA estivo presente en

dez feiras de Galicia: Xantar (Ourense); Vinis Terrae

(Ourense); Semana Verde (Silleda); Día do Cooperativismo

Galego (Palas de Rei); Feira do Viño do Ribeiro (Ribadavia);

Feira do Viño de Monterrei (Verín); Feira do Viño de

Valdeorras (A Rúa) e no Día do Emprendedor (Lugo, Ourense

e Santiago de Compostela), en ocasións co apoio presencial

30

de técnicos e material informativo e noutras achegando un

stand, como punto de información.

Divulgación do emprendemento nos Colexios e

Institutos

Este ano realizáronse accións con escolares a través de

charlas, visitas a empresas cooperativas e obradoiros de

elaboración de revistas cooperativas.

Alumnos de 3º e 4º da ESO do Colexio Padres Mercedarios e

de 3º da ESO do IES Castro de Baronceli visitaron as

instalacións do Centro de Verín e, con posterioridade,

trasladáronse á explotación da Cooperativa Biocoop.

Por outra banda, os alumnos de 3º e 4º da ESO dos IES

Taboada Chivite, Castro de Baronceli e Padres Mercedarios,

participaron tamén na elaboración dunha revista

cooperativa. Tiveron a ocasión de aprender os fundamentos

da creación dunha publicación e traballaron, en equipo, na

creación dun xornal “express”.

Divulgación de experiencias cooperativas como

modelo de éxito de emprendemento

O foco de atención dirixiuse a diversos colectivos

considerados potenciais emprendedores, presentáronse

proxectos cooperativos como modelo de éxito de

emprendemento e organizáronse visitas, charlas e xornadas,

nas que se invitou a importantes entidades de apoio, co fin

de achegar o seu modelo empresarial.

Participaron nesta actividade, membros de COGAMI

(Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) da

zona de Verín e Xinzo de Limia; membros do Obradoiro de

emprego San Antón do Concello de Verín; membros do

Obradoiro de Emprego do Concello de Cerdedo; grupo

promotor da cooperativa Cume do Avia; emprendedores;

desempregados; axentes dinamizadores e público en xeral.

Realizáronse visitas a diferentes entidades: Centro de

Desenvolvemento Cooperativo – Fundación Coren

(Razamonde-Ourense); Centro Tecnolóxico Medioambiental

de Coren (Xinzo de Limia–Ourense); Centro Comarcal do

Ribeiro (Ribadavia – Ourense); Casa da Cultura do Concello

de Cerdedo (Pontevedra); ás cooperativas: Vitivinícola do

Ribeiro (Ribadavia-Ourense); Bodegas Eidosela, (Arbo–

Pontevedra), Coafor (Forcarei-Pontevedra), Campodeza

(Lalín-Pontevedra) e Hortoflor 2 (Cenlle-Ourense). Nesta

última coñeceron “in situ” unha explotación de horta dun

socio, preto de Verín.

PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO

31

Campañas informativas e publicidade

Coa finalidade de promover as accións desenvolvidas leváronse a cabo diversas iniciativas comunicativas

como os contactos con axentes dinamizadores, emprendedores, empresas…; anuncios en páxinas web de

entidades relacionadas; información a redes sociais pertencentes a Rede Eusumo; noticias en prensa;

entrevistas na radio; cartelería; polípticos, etc.

Actividades de asesoramento e emprendemento

Nesta área o enfoque dirixiuse de cara á detección de novas oportunidades de negocio para o nacemento

ou diversificación de proxectos de emprendemento cooperativo.

Durante todo o ano recompilouse información mediante visitas a concellos, asociacións empresariais,

oficinas agrarias, rede de centros cooperativos e outras entidades de promoción do desenvolvemento.

Como complemento, organizouse unha reunión para xuntar aos principais axentes creadores de emprego

da Comarca de Verín.

Ademais, aproveitando as visitas, detectáronse novos proxectos de emprendemento, especialmente de

cooperativas agrarias. A busca activa de persoas potencialmente emprendedoras materializouse en accións

coma acudir a congresos onde contactar con elas, ou a celebración de charlas coma as de plantación de

oliveiras.

Aos emprendedores que se achegaron axudóuselles mediante asesoramento no proceso de creación da

empresa e da idea de negocio, transmisión de información sobre as axudas públicas existentes, transmisión

de contactos, etc.

Desenvolvéronse 17 accións neste ámbito ao longo do territorio galego, leonés e incluso, de determinadas

zonas de Portugal.

4.6. EVENTOS ESPECIAIS DO COOPERATIVISMO GALEGO

Día do Cooperativismo

O dous de xullo, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional do

Cooperativismo, organizado cada primeiro sábado de xullo polas Nacións

Unidas e a Alianza Cooperativa Internacional, celebrouse o Día do

Cooperativismo Galego na sede da cooperativa Milhulloa, situada nunha

frondosa carballeira en Palas de Rei, Lugo.

O acto, inaugurado por Odilo Martiñá Rodríguez, director xeral de Relacións

Laborais, estivo organizado polo Consello Galego de Cooperativas. O lema elixido foi “A xuventude: o

futuro da empresa cooperativa” e o acto foi presentado, en clave de humor, polo coñecido actor da TVG

Avelino González, e amenizado por varias representacións de teatro e maxia, a cargo da compañía Lusco

e Fusco, o Mago Teto e un pequeno espectáculo do mundo do circo que lograron os sorrisos do público.

Este ano o premio aos valores cooperativos, outorgado á cooperativa, persoa ou entidade que máis teña

destacado no impulso dos valores cooperativos na Comunidade Autónoma de Galicia, recaeu en Frugal,

PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO

32

S. Coop. Galega, unha cooperativa de Culleredo, dedicada á transformación artesanal e venda de

produtos frutícolas e hortofrutícolas.

A cooperativa Zero-Pro fabricación de células

robotizadas de paletizado, recibiu o premio ao mellor

proxecto cooperativo. O premio á promoción do

cooperativismo recaeu en Antonio González

Bernárdez, da cooperativa Santa Mariña de Loureiro,

instalada no concello ourensá do Irixo, pola súa vida

dedicada ao desenvolvemento rural cooperativo

mentres que a cooperativa 27113 Comuna, S. Coop.

Galega foi a gañadora do concurso “Iniciativas de

proxecto empresarial cooperativo”.

Como novidade, os ingredientes do menú deste ano foron facilitados polas cooperativas galegas, a

maioría socias de AGACA: requeixo de Condado Paradanta; chuletas de coello de Cogal; mel de Erica

Mel; tomates e leitugas frescas de Hortoflor 2 e Melisanto; leite, nata e iogures de Feiraco; peras e piñas

deshidratadas de Frugal; ragout de tenreira de Biocoop; queixos frescos do país de Arquega e viño

branco e tinto das bodegas Eidosela e Jesús Nazareno.

Ademais os asistentes puideron informarse sobre os produtos e servizos ofrecidos polas cooperativas a

través dunha exposición organizada en diversos expositores facilitados polo Consello Galego de

Cooperativas.

Solidaridade con Lorca

Comprometidos e sensibilizados coa situación da

poboación murciana de Lorca tras o terremoto que

asolou a localidade e que deixou a moitos dos seus

habitantes en situación crítica, 27 entidades

cooperativas galegas de diferentes subsectores

(viño, horta, leite, pensos e servizos), coordinadas

por AGACA, uniron esforzos económicos e loxísticos

para mostrar a súa solidariedade cos afectados e

facerlles chegar un tráiler cargado con 23.400 litros

de leite semidesnatado.

PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO

Multitude de asistentes acudiron ata Palas de Rei para celebrar o

Día do Cooperativismo Galego

O valor do envío superou os 11.000 euros, unha

cantidade que os cooperativistas estimaron achegar

en forma de leite das marcas Feiraco e Deleite

Galego ao tratarse dun produto de calidade recoñecida, imperecedeiro e de primeira necesidade, vital

como complemento nutricional, tendo en conta, ademais, que Galicia é a comunidade autónoma que

produce o maior volume de leite de todo o Estado.

33

Xantar 2011

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo celebrou a 12ª edición, entre o 2 e o 6 de febreiro no

marco de Expourense con gran éxito de afluencia: máis de 22.000 persoas, segundo a organización.

Varias cooperativas socias amosaron os seus produtos no stand habilitado polo Consello Galego de

Cooperativas e ofreceron degustación dos mesmos: Condado Paradanta, Hortoflor2, O Incio e Bodegas

Eidosela.

Semana Verde

Un ano máis, as cooperativas galegas acudiron á Feira Internacional Semana Verde de Silleda, (16-19 de

xuño), para promover os seus produtos e realizar xestións comerciais. Arquega, Biocoop, Cogal,

Condado Paradanta, Eidosela, Erica mel, Feiraco, Hortoflor2 e Jesús Nazareno formaron parte do amplo

expositor que Consello Galego de Cooperativas despregou no pavillón principal do recinto, mentres que

A Capela e Feiraco –por partida dobre- instalaron os seus propios. Ademais da actividade comercial no

stand, a maioría participou nos encontros internacionais facilitados pola Feira. Por outra banda, AGACA

estreouse como firma colaboradora da Rede Eusumo, un proxecto liderado pola Consellería de Traballo

co fin de potenciar o asesoramento a emprendedores.

PROMOCIÓN E FOMENTO DO COOPERATIVISMO

34

5. Representación e

actividade sectorial

5. REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

Dada a súa enorme importancia en Galicia, o sector lácteo continuou acaparando a maioría das accións

representativas da Unión de Cooperativas AGACA. O sector leiteiro non logra trasladar as subidas de

prezo que afectan ao produtor ao longo da cadea alimentaria. Porén, os prezos dos produtos gandeiros,

comparados co ano anterior, subiron levemente.

Nas producións agrarias continúa a tendencia á baixa nos prezos, especialmente no sector de horta e flor.

Ben é certo que o sector vitivinícola de Galicia mantivo un prezo estable en todas as comarcas produtoras

con producións altas e boas calidades.

5.1. SECTOR LEITEIRO

No ano 2011 tivemos un mercado lácteo tremendamente débil, caracterizado pola baixa demanda e a

contracción da produción. Algúns operadores pecharon fábricas, sobre todo as máis anticuadas. Lactalis

converteuse no principal operador do mercado lácteo de España, e Clesa entraba, definitivamente, en

concurso de acredores. É aquí onde os gandeiros, organizados en cooperativas, trataron de acadar un papel

máis activo neste sector ao unir forzas nun proxecto conxunto e viable para a planta láctea. Os prezos na

gran distribución permaneceron moi estabilizados, pero baixos, o que fixo que os pagos aos gandeiros en

Galicia foran dos menores da UE, dado o permanente diferencial que seguimos mantendo cos prezos

medios de España. Tampouco está mellor o mercado do queixo que o do leite líquido, salvo o queixo fresco.

Mentres, na Unión Europea, houbo importantes incrementos da produción en Irlanda, Alemaña, Dinamarca

e Holanda, países que xa piden unha rápida desaparición do sistema de cotas lácteas. Os prezos na UE foron

moi superiores aos de España, e a demanda mundial foi moi elevada (especialmente China, Rusia e India).

Os prezos durante 2011 na UE sufriron un incremento xeralizado, cousa que a penas sucedeu en España. A

situación de España está motivada polo peso tan importante que ten o leite líquido (50%) que é incapaz de

defenderse da forte presión da distribución, que quere seguir sendo líder e non perder un só cliente polo

que realiza unha estratexia de redución de prezos moi agresiva usando o leite coma produto reclamo.

A pesar de que no ano 2011 mellorou o prezo do leite pagado ao gandeiro, respecto do 2010, con altos

prezos nos mercados internacionais, os prezos aínda non son suficientes para facer suficientemente

rendible esta actividade. O forte desequilibro no poder de negociación

dos produtores a favor doutros eslabóns da cadea láctea; a falta de

transparencia no sector, manifestada nas “guerras comerciais” que

empregan o leite como reclamo e a falta de reacción, do sector lácteo,

fronte ás importacións de leite foráneo, destacan coma as principais

causas destes prezos, comprometendo seriamente o futuro do sector.

Neste contexto, calquera iniciativa que supuxera un impulso aos

mercados leiteiros non só foi apoiada por AGACA, senón que acadou o

compromiso de apoio maioritario das cooperativas socias. Nesta

Memoria recóllense, de xeito moi resumido, a defensa e

representación que AGACA realizou ao longo do ano 2011 neste sector

que dá emprego a varias ducias de miles de persoas en Galicia.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

José Luis López Vázquez é presidente de

AGACA e o representante da Xunta

Sectorial de Leite e Produtos Lácteos

36

5.1.1. O RD 460/2011 e o Decreto 112/2011

O Real Decreto 460/2011 debería ter por finalidade reequilibrar a cadea

de valor no sector lácteo reforzando o papel dos produtores dentro da

mesma. En definitiva, todo o que se faga debe estar encamiñado a

mellorar o papel dos produtores na cadea de valor. Como todos

sabemos, os mellores prezos do mercado lácteo danse nos países onde

dispoñen dun cooperativismo ben desenvolto, e o RD Lácteo non

anima aos produtores lácteos a integrarse en cooperativas ben

dimensionadas e posicionadas na cadea agroalimentaria. Este RD

Lácteo pode enquistar a situación actual e a impulsar a atomización,

dado que moitas OPs poden constituírse sen que haxa un proxecto

empresarial viable e duradeiro. Mais aínda, poden aparecer

intermediarios e as propias industrias os que van a controlar as OPs, o

que pode provocar unha situación de dependencia e submisión maior dos gandeiros no mercado lácteo.

Dende AGACA tentamos trasladar ás Administracións Públicas a postura das cooperativas, que se resume

nos seguintes puntos:

O RD pode ser unha oportunidade para a concentración real da oferta, un estímulo para a

integración cooperativa que deberá complementarse con outros instrumentos da PAC. O RD pode

axudar a estruturar o sector lácteo de España, se somos capaces de desenvolvelo axeitadamente.

Debemos desenvolver os mecanismos que contén o RD a fin de que canto antes se poida aplicar en

todo o seu contido.

Nas cooperativas preocupan os criterios de recoñecemento das OPs, que supón un risco que se

constitúan OPs que persigan outros obxectivos diferentes aos buscados no RD.

Debemos facer todo o posible por impulsar a constitución de OPs e outorgarlles o máximo apoio

mediante as axudas do PDR, pero asegurarnos ben que sexan cooperativas ou entidades con fins

comerciais.

AGACA reuniu a 20 cooperativas de leite socias o día 28 de xullo para

tratar a constitución dunha Organización de Produtores de carácter

único en Galicia que agrupe a gandeiros independentes e de

cooperativas. Acordouse por unanimidade adherirse á proposta feita

pola Consellería do Medio Rural de constituír unha Organización de

Produtores de Leite de carácter único para o leite que se produce en

Galicia, incluíndo o dos gandeiros asociados ás cooperativas,

pendente de concretar as estratexias da OPL, finalidades, estrutura

organizativa e artellamento da OPL.

5.1.2. Papel de INLAC neste novo escenario

Coa publicación do Real Decreto 460/2011 hai necesidade de acordos sectoriais para deixar claro cómo se

regulamenta o recoñecemento das OPs e das Organizacións Interprofesionais no sector lácteo e se

establecen as condicións de contratación no sector. Necesitamos que os indicadores de variación de prezos

do leite e a súa forma de aplicación real sexan claros e transparentes para todos antes de firmar os

primeiros contratos obrigatorios e estean a disposición a tempo real para os axentes da cadea. Necesitamos

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

37

deixar claro a necesidade de seguir cumprindo con acordos acadados con anterioridade en Galicia, como é o

modelo normalizado (oficial) de recibo, o sistema de pago das primas, etc.

O sistema de indicadores debe contemplarse coma unha ferramenta de información e transparencia e un

apoio á contractualización e non coma un mecanismo de fixación de prezos. Coma unha estratexia para

unha maior transparencia considérase que na Inlac haxa unha serie de índices, non so un. Así, os contratos

deberán expresar un prezo fixo ou prezo variable “unicamente en función de factores establecidos no

propio contrato, en particular relativos á evolución da situación do mercado, apreciada en base a

indicadores de mercado”.

5.1.3. O Regulamento comunitario “Paquete Leite”

Despois de meses de intensa negociación, o 6 de decembro o Trílogo

formado polo Consello, Parlamento e Comisión chegou a un acordo

sobre o chamado “paquete lácteo”, que pretende aumentar a

estabilidade entre os eslabóns da cadea do sector de leite e evitar o

desequilibrio existente na cadea agroalimentaria, mediante o

establecemento de instrumentos de xestión de mercado que mellorarán

o poder negociador do sector primario. O acordo contempla o

establecemento dun contrato entre as transaccións comerciais de leite

(de vaca, ovella e cabra), que o Estado Membro pode facer obrigatorio,

e que no caso de España, así será, tal como indica o RD 460/2011, que

deberá ser modificado e adaptado a este Regulamento ao longo do

2012.

5.1.4. O Ligal

Foron varios os tema de debate no seo do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite. Un dos

máis destacados foi a valoración dun novo protocolo de actuación proposto pola dirección do laboratorio

para o autocontrol dos antibióticos (bloqueo e desbloqueo de leite nas explotacións). As decisións no LIGAL

adóitanse por maioría simple, entre o sector produtor e o sector industrial. Este tema era de moita

relevancia para as cooperativas que compran leite, pois esta proposta implicaba que o desbloqueo se fará

ao 2ª día (actualmente as explotacións desbloquéanse o mesmo día que o LIGAL comunica o positivo). Isto

implica que os gandeiros con capacidade de almacenamento limitada teñan que tirar leite, e tamén

incrementa os custes da recollida no caso de ter que mandar un camión a propósito, cando os desbloqueos

son posteriores á hora habitual da recollida do leite nas explotacións. Finalmente, non houbo acordo para

modificar este protocolo.

5.1.5. Cooperativismo lácteo.

As cooperativas lácteas na UE

A organización agraria holandesa LTO publicou o seu estudo comparativo dos prezos pagados aos gandeiros

en 2010 no sector lácteo e constata que das 17 maiores empresas lácteas da UE, as 5 que mellores prezos

pagan aos gandeiros son cooperativas. Este feito, lonxe de ser una casualidade do ano 2010, é unha

constatación que se consolida ano tras ano, como o demostra a media dos prezos pagados aos produtores

da UE dende 1999 ata 2010, onde das 5 primeiras empresas que mellores prezos pagan, 4 son cooperativas.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

38

Agaca e as cooperativas lácteas galegas ante a planta de Clesa de Caldas

No mes de abril, dende A Consellería do Medio Rural preguntaron a AGACA polo interese das cooperativas

lácteas en relación coa planta de Clesa de Caldas de Rei. Con esa data, dende AGACA trasládase á Xunta o

manifestado polas cooperativas. Celebrados varios contactos coa Xunta e coas cooperativas interesadas, o

27 de xullo acórdase celebrar unha reunión na que estean presentes as cooperativas industrializadoras

acompañadas por outras para coñecer a situación concursal de Clesa e as posibilidades para artellar un Plan

de Negocio Viable no que participen as cooperativas conxuntamente.

Dende o Consello Reitor de AGACA estímase necesario:

1. Tratar de potenciar ás cooperativas de leite a

fortalecer proxectos de transformación viables e

sostibles a longo prazo no sector.

2. Tender a agrupar e dimensionar os proxectos

industriais actuais e/ou que poidan xurdir no

futuro, como base para facelos viables e

competitivos nun mercado de grandes compañías e

moi globalizado.

3. Tratar de aglutinar entorno ás iniciativas a un maior

número de cooperativas, comprometéndoas cos

proxectos a levar a cabo, como base para facer

fronte á desaparición das cotas lácteas e a propia

diminución do número de gandeiros das actuais

cooperativa de leite.

4. Tratar de profesionalizar a xestión, de xeito que

poidamos fortalecer proxectos a medio/longo

prazo facéndoos competitivos.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

As cooperativas uniron forzas no proxecto da planta

de Clesa de Caldas

Contactamos cun amplo número de cooperativas, que basicamente opinaron naquel intre o seguinte:

• Debe existir clara viabilidade, coherencia, factibilidade e credibilidade económica, con

carácter de permanencia, de estabilidade e con vocación de paulatina integración das

cooperativas de leite.

• Necesidade dun liderado claro que transmita credibilidade e confianza.

• Si a un proxecto cooperativo e participativo.

• Necesidade de vías para apoiar dende as Administracións.

• Queremos meternos en proxectos de transformación.

Dende AGACA apoiamos os procesos e proxectos de concentración e integración das cooperativas e unha

maior presenza das mesmas nos mercados.

39

5.1.6. Varios

Estudo de OCU sobre o sector lácteo

Ante o estudo divulgado pola Organización de Consumidores e Usuarios sobre o leite en España, AGACA

defendeu a calidade do leite español e os produtos lácteos, e tratamos de evitar que se xerara unha

perigosa polémica relacionada con recomendacións do estudo de non consumir determinadas marcas de

leite, o que podería afectar á credibilidade do conxunto do sector e, incluso, ao propio leite como alimento

altamente recomendado para nenos e mozos, así como para maiores. Finalmente, para AGACA o estudo

OCU carece de rigor científico.

XVII Xornada Láctea de AGACA

Como ven sendo habitual AGACA celebrou en Santiago de

Compostela a “XVII Xornada de Vacún de Leite”. Un marco de

encontro que, anualmente, reúne a distintos expertos do sector

para afondar e transmitir as cuestións máis relevantes deste

sector estratéxico no contexto agroalimentario galego.

Representantes das Administracións, das industrias e das

cooperativas debateron os principais aspectos relacionados con

este sector.

Varios

Dende AGACA informouse sobre toda a normativa relacionada co sector, especialmente a relacionada coas

axudas PAC de Pago Único. Transmitimos información de prezos de mercados, elaboramos unha propia

estatística de prezos do leite comercializado polas cooperativas galegas e informamos de todo o que ten

que ver cos axentes e establecementos que interveñen no sector lácteo.

5.2. SECTOR CÁRNICO

En moitos subsectores gandeiros a alimentación supón entre

50% e o 70% dos custes dunha explotación gandeira, o resto son

custes de persoal, sanitarios, financeiros, servizos exteriores,

amortizacións, etc. Tendo en conta que os custes de

alimentación no 2011 se incrementaron de media un 40% e que

a evolución dos prezos no campo non sufriu unha evolución

semellante, podemos avaliar a magnitude dos problemas das

explotacións gandeiras, tanto de vacún de carne, coma

cebadeiros, ovino e cabrún. Ben é certo que os mercados

cárnicos gandeiros mantiveron en xeral uns prezos estables ao

longo do ano.

Neste sector agrupamos ás cooperativas que teñen produtores

de vacún de carne, ovino e cabrún. As cooperativas teñen cada

día unha presenza maior neste sector.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

A XVII Xornada de Láctea trasladou aos asistentes as

últimas novidades do sector leiteiro

José Montes Pérez é o representante da Xunta

Sectorial de Vacún de Carne, Ovino, Cabrún e

outras carnes

40

5.2.1. Vacún de carne

O peso económico do sector vacún de carne tende a diminuír, salvo o vinculado á IXP “Ternera Gallega”, que

sigue a ser un referente clave para o sector en Galicia. De todos xeitos, as tendencias dos censos van cara a

diminución, do mesmo xeito que as explotacións. A diminución do censo afecta a diminución da produción

que xeralmente marca esta tónica. Neste senso, o goberno reduciu as bases impoñibles finais dos

contribuíntes no caso de gandeiros que adquiran a terceiros máis do 50% do penso que usan na súa

explotación.

Para AGACA este tipo de medidas non minoran o impacto do incremento do custe dos pensos nos

gandeiros, e non resolven o gran problema de fondo que non é outro

que a incapacidade do sector produtor de trasladar o incremento dos

custes aos seus clientes e que pon de manifesto, unha vez máis, o

desequilibrio existente na cadea de valor.

Son necesarias medidas de choque que alivien coxunturalmente a

situación. Sen embargo, esta crise non afecta na mesma medida a

todos os países e resulta máis grave naqueles en que a oferta está

escasamente organizada, como é o noso caso. Ante a expectativa de

que estas crises se repitan, son necesarias medidas estruturais que

permitan concentrar a oferta e crear grandes grupos cooperativos con

capacidade de incidir no mercado. Actualmente, a UE danos a oportunidade de aproveitar a figura das

Organizacións de Produtores para crear esas grandes unidades de comercialización que poidan defender en

mellor medida os prezos dos produtores.

Con motivo da situación da seca en algúns países da UE especialmente Francia, Bélxica e Alemaña

producíronse un aumento dos custes da alimentación animal. Por iso, a UE reaccionou e propuxo medidas

para mellorar a situación das explotacións a ter en conta no marco da reforma da PAC. A principal

conclusión foi manter e mellorar os mecanismos de xestión de mercados, actualizar os prezos de

almacenamento, ampliar o proposto no paquete leite para as Organizacións de Produtores e

Interprofesionais, manter o artigo 68 e fomentar a competitividade no desenvolvemento rural.

Celebramos as Xornadas de Vacún de Carne 2011 na cidade de Lugo. Nas mesmas tratamos de coñecer máis

sobre a liña 130 de seguros agrarios e a súa implantación en Galicia; coñecer o proxecto cooperativo

“Artesanos Gallegos de la Carne”; as posibles tendencias da PAC para o sector de vacún de carne; novos

aspectos técnicos de sanidade, manexo e produción no sector; o novo Regulamento da IXP Ternera Gallega

e a mención específica “Carne de Rubia Gallega”.

Dende AGACA impulsamos a necesidade de repensar e relanzar a posible posta en marcha da marca VAC1.

Dende AGACA pensamos que calquera modificación ou mellora que fagamos no Regulamento debemos

mirar cara a viabilidade real e práctica da mesma. Consideramos que a marca é necesaria para o Vacún

Maior (vacas de desvelle) categorías 3 e 4. Para os xatos (categorías 1 e 2) temos que atopar un sistema

viable economicamente. O Regulamento hai que modificalo, non podemos encomendar a vixilancia da

marca a unha empresa concreta, temos que ter posibilidade de negociar con varias empresas. Propuxemos

na Categoría 1 un cambio de nome (a definir entre todos), 8 meses ou menos de idade e alimentación

exclusiva en base a leite artificial. Propuxemos manter a Categoría 2 só ampliando a idade dende o final da

categoría anterior. Nas Categorías 3 e 4 propuxemos concretar moito máis a idade a que se vai realizar a

castración, incluír a variedade Toro nestas categorías e prolongar o ciclo de cebo a 6 meses como mínimo

para facer un bo acabado e evitar a especulación con animais procedentes de fóra de Galicia.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

41

5.2.2. Ovino e cabrún

Dende AGACA remitiuse información sobre todos os temas

relacionados con este sector, especialmente a Coviga, principal

cooperativa galega neste ámbito. Os aspectos destacados da

información e divulgación realizada con este sector foron:

As axudas da PAC, coa posta en marcha das axudas

desacopladas a partir do ano 2010, tomando como ano de

referencia o 2008. A partir deste cambio non se prevén

máis modificacións ata o ano 2013.

Informouse sobre a gran importancia do programa nacional de axudas para o sector de ovino e

cabrún, especialmente facendo fincapé no interese en aplicar en Galicia o RD 104/2008, de 1 de

febreiro, de fomento das agrupacións de gandeiros de ovino e cabrún (BOE 2 de febreiro).

5.3. SECTOR DE ABASTECEMENTOS E SERVIZOS

O sector de abastecementos e servizos abrangue un numeroso campo de actividades que prestan as

cooperativas aos seus socios e asociados.

5.3.1. Alimentación animal. Pensos

O conxunto das cooperativas agrarias galegas fabrican e subministran o

50% dos pensos para alimentación animal, polo que é unha actividade

estratéxica no cooperativismo en Galicia.

A principios do exercicio 2011 o prezo dos cereais e as proteaxinosas

incrementouse de xeito moi importante, rematando o seu crecemento

constante dende xuño do 2010 a xuño do 2011. Cara ao segundo

semestre do ano 2011 os prezos tenderon a estabilizarse con lixeiras

baixadas.

José Ramalleira Vázquez é o representante da

O expertos falan dun incremento do stock mundial, unha perspectiva

Xunta Sectorial de Abastecementos e Servizos

positiva de cultivo, unha diminución dos intercambios comerciais con

Xapón e o desvío dos fondos de inversión cara a outros sectores. Os

mesmos expertos salientan que os conflitos nos países árabes, as baixas existencias de cereais e o

desequilibrio da oferta-demanda fai que os prezos suban. Por outra banda, a licitación pública foi escasa e

os prezos moi semellantes aos do mercado. Está aberto o debate do uso das fariñas cárnicas e OGMs para

alimentación de certo tipo de especies (aves). O sector defende con forza a necesidade de igualar os

requisitos en termos de alimentación e benestar animal das carnes importadas ás nacionais: reciprocidade.

Pero, estes aspectos non están contemplados na OMC para poder impedir o comercio mundial, onde só fixa

limitacións sanitarias.

A posición de AGACA na crise das materias primas de alimentación animal foi reiterar á Consellería do

Medio Rural e a Cooperativas Agro-alimentarias unha intervención inmediata encamiñada a abordar esta

problemática nos foros políticos e sectoriais estatais e/ou comunitarios coa finalidade de que a espectacular

suba de custes de produción de alimentos (carnes de todo tipo e leite) non provoquen o peche das nosas

deterioradas explotacións gandeiras.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

42

Dende a Unión de Cooperativas AGACA, reiteramos a necesidade de reivindicar aos responsables políticos

os seguintes aspectos claves que inciden na situación do sector gandeiro:

1. Que exista unha rede de seguridade que permita dispoñer de reservas suficientes para garantir a

dispoñibilidade de cereais en momentos de crise ou prezos inestables.

2. Que a PAC garanta a seguridade de abastecementos a prezos razoables e permita que os

agricultores teñan unha renda razoable.

3. Eliminar a prohibición de uso das fariñas de carne como fonte de proteínas para certos animais e

por beneficio medioambiental.

4. Fomentar o cultivo de cereais e proteaxinosas nos novos regadíos para ampliar a oferta de cereais.

5. Fomentar a investigación e o cultivo de novas variedades de cereais para acadar melloras en

produtividade, calidade nutricional e resistencia a pragas e enfermidades.

6. Impoñer a reciprocidade nas relacións comerciais con países terceiros para competir nas mesmas

condicións en canto a sistemas de produción.

7. Unificar entre os estados da UE as esixencias de transporte de animais, ou os custes operativos dos

portos marítimos.

8. Revisar certas normativas de benestar e transporte animal, que impliquen cargas económicas para

o sector.

9. Potenciar a investigación en novas tecnoloxías no ámbito do procesamento dos cereais para

incrementar a eficiencia dos sistemas.

10. Apoio á concentración de cooperativas e empresas para concentrar demanda e dispoñer de máis

capacidade de negociación no mercado internacional.

11. Dispoñer de boas infraestruturas, tanto portuarias como de estradas, que fomenten e faciliten a

circulación de mercadorías en Galicia.

12. Apoio á proposta de Nicolás Sarkozy (25.01.11) de regular o mercado mundial das materias primas

coa finalidade de controlar a especulación que existe nos mercados e atallar a suba dos prezos dos

alimentos ou a ruína económica dos gandeiros, desenvolvendo un dispositivo mundial de

seguridade alimentaria e impulsar o desenvolvemento da oferta agrícola. O Presidente francés

manifestou que non se pode explicar que regulemos os mercados financeiros e non os de materias

primas.

En relación coa fabricación de pensos, no exercicio 2011, AGACA elaborou un manual de aforro enerxético

na fabricación de pensos, altamente interesante para as fábricas de pensos das cooperativas.

5.3.2. Seccións de Maquinaria e CUMAs

Seguimos asesorando na constitución de CUMAs (Cooperativas de Utilización de Maquinaria Agrícola),

informando de temas de actualidade, apoiando novas iniciativas e tramitando expedientes de subvención

de compra de novas máquinas para o dimensionamento dos parques, tanto de cooperativas con sección de

maquinaria como de CUMAs.

5.3.3. Zoosanitarios e Fitosanitarios

As cooperativas teñen unha actividade en zoosanitarios moi importante, tanto dende o punto de vista do

servizo ao gandeiro asociado por medio do asesoramento técnico, como dende o punto de vista económico,

asociado á actividade de subministro.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

43

A finais do 2010 foi publicado o R.D. 1132/2010 sobre

Medicamentos Veterinarios, polo que xurdiron problemas

na súa aplicación. Os problemas estaban referidos á

incorporación, no artigo 89, da limitación dos servizos

farmacéuticos. O límite de 1 farmacéutico por cada 5

centros pode provocar o peche de pequenos centros de

subministro en determinadas zonas afastadas dos grandes

centros abertos para o servizo dos socios. Pero, sobre

todo, por que se produce unha competencia desleal

dalgunhas farmacias, que debido á ausencia de controis na

actividade de farmacia animal non está detectada polos

organismos de control e véndense medicamentos sen

receitas.

Segue estando presente o problema dos residuos de envases, un problema que na actualidade recae sobre

o gandeiro, e que non ten solución neste intre.

En relación cos fitosanitarios traballouse sobre a directiva de Uso Sostible, almacenamento de fitosanitarios,

Lei de Responsabilidade Ambiental e a súa aplicación sobre a distribución de fitosanitarios, aplicación do

Regulamento REACH sobre a distribución de fitosanitarios e sobre a proposta de desenvolvemento a nivel

da UE dos cultivos menores.

5.3.4 Sanidade animal

A Unión de Cooperativas AGACA, en representación das cooperativas socias, leva a cabo a defensa dos

intereses das cooperativas en relación coa aplicación da normativa sanitaria animal. Neste senso, AGACA

impulsou a actividade e os servizos prestados polas Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) que

traballan en colaboración coas cooperativas agrarias socias.

Foi publicado o RD 191/2011 sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos. Este Real

Decreto esixe que o operador de empresa alimentaria notifique, ante a autoridade competente, as

empresas que estean baixo o seu control e que desenvolvan algunha actividade na produción,

transformación e distribución de alimentos, coa finalidade de proceder ao seu rexistro. Este Real Decreto

afecta directamente ás cooperativas “primeiro compradoras”, dado que os transportistas de leite que

operan baixo o contrato destas cooperativas agrarias están afectados polo mesmo. Dende AGACA

organizamos unha posta en común da administración responsable (Saúde Pública) e as cooperativas

afectadas para coñecer qué esixencias deben ter, tanto transportistas coma primeiros compradores, e

despexar preguntas relacionadas.

Por outra banda, a Asociación Galega de Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (AGADES) presentou o

seu plan de traballo ás ADSG e ás cooperativas en relación coas necesidades das ADSG socias de Galicia.

Abordamos os problemas que sofren as ADSG, especialmente tras a redución das axudas ás mesmas.

AGADES animou e convidou ás ADSG de Galicia a asociarse e organizarse para un mellor desenvolvemento

das súas tarefas e cumprimento de finalidades.

Finalmente, a xestión de recollida de cadáveres supón un importante custe para o gandeiro. Actualmente,

para sectores como o porcino estanse estudando métodos de almacenamento que permitan reducir a

frecuencia de recollida e, por tanto, os custes.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

44

5.3.5 Aforro enerxético

A Unión de Cooperativas AGACA, en colaboración co Inega, desenvolveu

o proxecto “ADEX: Auditorías Enerxéticas en Explotacións Lácteas”. Este

proxecto está financiado polo Instituto Enerxético de Galicia INEGA

dentro da “Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España (E4)

Plan de acción 2008 – 2012 Medida de Auditorías Enerxéticas e Plans de

Actuación de Melloras en Explotacións Agrarias”

O proxecto se conformou nun conxunto de actuacións que responden ás demandas das explotacións

gandeiras de vacún de leite, socias de cooperativas, na aplicación de medidas de aforro e eficiencia

enerxética que poidan incidir nos seus custes de produción. O primeiro paso para corrixir ineficiencias no

consumo enerxético é a diagnose da situación das explotacións gandeiras. A información obtida e analizada

poderá ofrecer a posibilidade de establecer referencias en canto a consumos medios enerxéticos nas

explotacións gandeiras e servirá de base para propor proxectos de aforro e eficiencia enerxética ao

conxunto do sector.

5.3.6. Carburantes

No exercicio 2011 algunhas cooperativas trasladaron a AGACA

problemas respecto á actividade de distribución de carburantes, que

abordamos, para tratar de atallar e corrixir. Nos controis que a

Axencia Tributaria leva a cabo de maneira periódica sobre a

devolución do Imposto Especial de Hidrocarburos, xorden problemas,

que son responsabilidade das cooperativas que teñen actividade en

distribución de carburantes, referidos a: medios de pago para o

gasóleo B (uso de tarxeta gasóleo B ou cheque); libro de rexistro de

gasóleo B; e comunicación a facenda do modelo 544 por parte dos emisores da tarxeta de gasóleo (neste

caso quen sexa o emisor da tarxeta). Son temas básicos para o correcto funcionamento da distribución de

carburantes. Pero en concreto co gasóleo B, que ten un Imposto Especial, e polo tanto está controlado de

maneira diferenciada pola Axencia Tributaria, débese ter especial coidado, pois as sancións poden ser moi

graves.

Finalmente, dende AGACA informamos ás cooperativas que distribúen carburantes sobre a posta en marcha

da Lei de responsabilidade medioambiental.

5.3.7. Prestación de servizos ás explotacións

Os servizos técnicos de AGACA fan un constante e importante esforzo de asesoramento ás cooperativas

interesadas en poñer en marcha servizos ás explotacións: foron impulsados varios servizos de maquinaria en

común, faise un seguimento de apoio aos servizos de substitución, apoio aos servizos de xestión de

explotacións, etc.

5.3.8. Seccións de Crédito

En Galicia, na comarca de Ferrolterra, existe un grupo importante de cooperativas con sección de crédito

cuxo coordinador é D. José Javier Dopico Vilar que asiste ás reunións que se celebran no seo de

Cooperativas Agro-alimentarias.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

45

As Seccións de Crédito non teñen personalidade xurídica propia, é unha sección máis da cooperativa,

limitando a súa actividade aos socios. Algunhas manteñen convenios de colaboración con entidades

financeiras, para poder mellorar os servizos financeiros. No 2011 valorouse moito en qué medida a

normativa de Branqueo de Capitais e do financiamento do terrorismo afecta a estas entidades.

5.3.9. Asesorías de explotación

No ano 2011 trasladamos ás cooperativas o informe que a Comisión da UE realizou sobre a aplicación do

SAE, tras analizar aos 27 EE.MM. dende xaneiro de 2005 ata decembro de 2009. Como conclusión di, de

maneira xeral, que o servizo foi positivo, que os beneficios obtidos grazas ao SAE foron proporcionais ao

investido, e que, quizais, se debera ir cara un asesoramento integral, e non quedarse só nun asesoramento

da Condicionalidade.

5.3.10. Medioambiente e Control da Fauna

5.3.11 Adubos e fertilizantes

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

No 2011 AGACA emprendeu unha serie de

reclamacións a diferentes Administracións en

relación coa fauna salvaxe, especialmente

reclamando axudas e actuacións de control en

relación cos danos do xabaril, corvos e lobos.

Especialmente fixemos fincapé nos danos

causados polos córvidos que comen a semente

do millo forraxeiro causando moitos miles de

euros en danos. Trataremos de seguir

concienciando ás Administracións e á

sociedade dos danos que causa a fauna salvaxe

aos agricultores.

En xeral, as cooperativas galegas tiveron unha campaña normal. A gran ameaza do sector foi a aparición de

empresas declaradas en concurso de acredores por falta de liquidez, o que provocou que puideran vender

os seus stocks puntuais a perdas. Sen lugar a dúbidas, o labor que os técnicos das cooperativas realizan no

proceso de asesoramento aos agricultores e gandeiros no uso dos adubos posibilitou combater os perigos

da baixa fertilización das colleitas.

5.3.12 Axudas financieiras

Os técnicos de AGACA están sempre alerta ante as posibles axudas financeiras que poden recibir os nosos

socios; avalían en profundidade cada liña de axuda e ofrecen asesoramento e xestión especializada. As

novidades neste aspecto no 2011 foron as medidas de carácter fiscal incluídas no documento “medidas de

apoio para os sectores gandeiros” de marzo de 2011 do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Son

medidas de choque para atenuar o impacto do incremento do custe dos pensos nos gandeiros, pero non

resolven o gran problema de fondo, que non é outro que a incapacidade do sector produtor de trasladar o

incremento dos custes aos seus clientes, e que pon de manifesto, unha vez máis, o desequilibrio existente

na cadea alimentaria.

46

5.4. SECTOR HORTÍCOLA

O sector hortícola galego está moi centrado en producións

tradicionais de tipo familiar, caracterizadas por un gran nivel

de autoconsumo e a comercialización de excedentes en

épocas de altas producións. En moitas ocasións, este tipo de

produción está marcada polo carácter complementario nos

ingresos das familias, cos inconvenientes que isto supón. No

contorno das cooperativas atópanse os agricultores máis

profesionais, e con maior dependencia de ingresos da

produción hortícola.

Continúa a tendencia á baixa nos prezos e á alza nas materias

primas e insumos, co cal, o sector perde rendibilidade

económica. Estanse a facer todos os esforzos en reducir

custes de produción pero a situación é de forte desánimo

xeral. En calquera caso, é de destacar que hai unha alta

capacidade de produción no contorno das cooperativas.

O ano 2011 estivo presidido pola chamada “crise do

cogombro”, que afectou moi negativamente a todo o sector

hortícola, por dobre motivo: dunha banda, retraeuse o

consumo, e por outra, unha gran parte da produción que

habitualmente saía para exportación quedou no mercado

nacional producindo unha baixada de prezos a nivel xeral.

Ante a situación xerada pola crise económica xeral, estanse a

producir retrasos nos cobros, e, incluso, un incremento na

porcentaxe de impagados.

En 2011 púxose en marcha un proxecto de intercooperación

para a comercialización conxunta con VEGALSA, coordinado

por AGACA. Este proxecto está en fase de asentamento e

crecemento, e pode ser o xerme que leve a unha maior

colaboración entre as cooperativas hortícolas galegas.

Mantivéronse 5 reunións cos técnicos das cooperativas de

horta e flor, a fin de analizar situacións concretas

relacionadas cos cultivos. O grupo de técnicos destas

cooperativas encárgase de elaborar os artigos de difusión

técnica relacionados con este sector para a revista

Cooperación Galega, orientados aos socios.

Como vén sendo habitual, ao longo de 2011 informouse ás

cooperativas sobre o resultado das reunións sectoriais e

outros asuntos de interese, tanto a nivel nacional como

comunitario, así como as modificacións lexislativas sectoriais.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

Alberto Amil Chaves é o representante da Xunta

Sectorial de Froitas e Hortalizas

Directivos de Vegalsa e de AGACA asinaron, na Semana

Verde de Silleda, o convenio de colaboración baixo a

presenza do Conselleiro do Medio Rural (no medio)

47

5.5. SECTOR DA FLOR E OUTROS

5.5.1. Flor e planta ornamental

O mercado de flor cortada e planta ornamental mantívose

estable, tanto no que se refire a volume de vendas como

respecto a prezos. Como vén sendo habitual, o mercado é

dinámico en determinadas datas especiais e durante uns

poucos días. Este sector está moi atomizado, pero ten unha

grande importancia económica e social en determinadas

zonas produtoras de Galicia.

A produción está dedicada fundamentalmente a caravel e

caravel mini, produtos que teñen moita competencia de

países terceiros, xa que son cultivos que necesitan pouca

especialización das estruturas produtivas e comerciais. A

produción de máis variedades e produtos de maior valor

engadido é o principal reto das cooperativas de flor en Galicia.

As importacións de países terceiros con custos de produción

moito máis baixos cós nosos provoca perda de

mercados das producións galegas.

O sector das flores e plantas ornamentais cumpre unha

importante función socioeconómica. A rendibilidade social do

sector é moi elevada dado o alto contido en man de obra

empregada en relación á superficie que incorpora este cultivo.

Concéntranse en zonas con problemas de desemprego, e nas

que predomina o pequeno e mediano agricultor. Son

explotacións de tipo familiar que desenvolven unha actividade

agraria intensiva que debe responder á necesidade constante

de adaptación aos cambios tecnolóxicos, polo que teñen uns

elevados custos de produción.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

Manuel Carlos Gómez Díez é o representante da Xunta

Sectorial de Flor, Apicultura e Helicicultura

A rendibilidade das explotacións está nos mesmos límites que hai seis anos, e a tendencia á alza dos

insumos e materias primas ameaza a viabilidade das explotacións, que intentan reducir custes de

produción. A produción mantense pero a demanda descende, incluso nas épocas nas que é máis

tradicional o consumo de flores, co cal, para manter o mesmo volume de negocio hai que buscar máis

clientes e intentar ser novidoso. Os prezos sufriron un lixeiro descenso e a calidade mantívose.

Como vén sendo habitual, ao longo de 2011 informouse ás cooperativas sobre o resultado das reunións

sectoriais e outros asuntos de interese, tanto a nivel nacional como comunitario, así como as

modificacións lexislativas sectoriais.

Periodicamente, os técnicos das cooperativas de flor, conxuntamente cos das cooperativas hortícolas,

reúnense para tratar de resolver cuestións puntuais, intercambiar experiencias e elaborar artigos

técnicos sobre aspectos concretos dos cultivos hortícolas e florícolas para a revista de AGACA,

“Cooperación Galega”, dirixidos aos socios produtores.

48

5.5.2. Apicultura

O sector continúa nunha situación moi comprometida pola

alta taxa de mortalidade das abellas, variable segundo as

zonas, máis intensa nas provincias de A Coruña, Pontevedra

e unha parte de Lugo. A redución global do número de

colmeas en Galicia foi do 11,4% nos últimos 12 anos, e do

27,5 % do número de apicultores.

A causa dunha denuncia de apicultores alemáns, a Unión

Europea estableceu unha norma mediante a cal todos os

meles que conteñan polen de produtos transxénicos deben

estar identificados nas súas etiquetas con esta

particularidade. Isto supuxo un duro golpe para os meles

galegos, dado que as análises son moi custosas e non son

totalmente fiables, pois poden dar falsos positivos

facilmente.

Outra alarma para o sector a provoca a extensión na península ibérica do “avispón asiático” que, en

calquera momento, fai a súa aparición na comunidade autónoma galega, poñendo en perigo a

supervivencia das abellas.

Ante toda a problemática que afecta ao sector, cabe destacar a boa predisposición do parlamento

europeo, sensibilizado dos riscos que supón a desaparición das abellas na polinización das plantas e no

mantemento dos ecosistemas, polo que se prevé que se establezan medidas importantes de apoio á

apicultura.

A nivel comercial, houbo unha redución de prezos entre un 25 e 30% do mel a granel con destino ao

mercado nacional, como consecuencia da alarma producida pola posibilidade de que o mel conteña pole

de produtos transxénicos. A isto súmase a escaseza de produto a nivel mundial, polo grave problema da

desaparición das abellas.

O 25% do mel que se produce en Galicia envásase noutras comunidades autónomas, mesturándoo con

outros meles de baixa calidade. Deste xeito, obtense un produto moito máis barato e de baixa calidade.

O envasado en Galicia continua coa mesma tendencia e dificultades de entrada nas cadeas de

distribución, que non están dispostas a pagar a calidade do produto, e prefiren as mesturas de meles de

diferentes procedencias, porque se fai a venda por prezo.

Esta situación, xunto co alto nivel de importacións de mel, incide directamente no nivel de prezos e

rendibilidade das explotacións apícolas galegas.

Ao longo do ano, realizouse o envío de información sectorial e dos grupos de traballo realizados en

Cooperativas Agro-alimentarias e nos organismos da Unión Europea. Por outra parte, impartimos as

actividades formativas demandadas polo sector, e prestamos asesoramento en todas aquelas cuestións

que nos foron solicitadas.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

49

5.6. SECTOR VITIVINÍCOLA

A viticultura galega afonda as raíces nunha tradición secular,

mais o modelo actual é un modelo en evolución, centrado nos

viños de calidade ligados ás Denominacións de Orixe (D.O.) e

nunha pequena parte de viños da terra, que son capaces de

competir nos principais mercados mundiais. O sector vitivinícola

está moi arraigado en boa parte da sociedade e xeografía

galega, e o viño con D.O. converteuse no primeiro produto en

importancia do sector agrícola galego.

De todos os xeitos, o sector vitivinícola galego segue estando

moi atomizado a nivel empresarial; os custos de produción son

altos e os prezos mantéñense, producíndose unha situación de

gran competitividade, tanto a nivel nacional como internacional.

O sector está moi regulamentado, o que provoca que compita en

desigualdade de condicións con respecto a outros países con

menos limitacións legais.

O ano 2011 foi crítico para todos os sectores pero as

cooperativas vitivinícolas foron as que mellor balance tiveron en

xeral, mantendo unha boa relación calidade/prezo, cada vez máis

valorada polos consumidores. Estase traballando en liñas de

investigación cara a mellorar a calidade dos viños. As

cooperativas atópanse nunha situación de mellora competitiva

ante o novo consumidor que valora a proximidade á orixe e, en

consecuencia, a redución de intermediarios. Por outra banda, a

estrutura financeira e a visión a longo prazo, favorecen a

solvencia das cooperativas, que soportan mellor a crise.

A campaña 2011 en Galicia estivo presidida por unha moi boa

colleita en cantidade e calidade, o que favorece o

desenvolvemento das estruturas das cooperativas, así como dos

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

Manuel García Montero é o representante da

Xunta Sectorial Vitivinícola

seus departamentos comerciais, facendo especial fincapé nas exportacións, con moi bos resultados para

os nosos viños, caracterizados por unha alta calidade e unha boa relación calidade/prezo, o que, con

diferente incidencia segundo as cooperativas, está axudando a manter a rendibilidade do sector e a

compensar o descenso do consumo a nivel nacional, especialmente no canal HORECA. Os esforzos neste

ámbito son cada vez maiores.

O día 25 de maio tivo lugar unha xornada sectorial, en Santiago de Compostela, na que se presentou o

proxecto “El arte de beber”; tratáronse aspectos como a eficiencia enerxética, as novas tendencias de

envasado e etiquetado, en función dos destinos comerciais, as Organizacións de Produtores Vitivinícolas

e os viños sen alcohol e de baixa graduación alcohólica.

Durante todo o ano enviouse, ás bodegas cooperativas, información sobre a evolución dos mercados,

seguros agrarios, lexislación sectorial, subvencións oficiais, accións formativas, artigos publicados en

revistas e xornais de interese para o sector, etc., así como información sobre as reunións dos distintos

órganos de representación do sector.

50

5.7. GANDERÍA INTENSIVA

Os sectores gandeiros cooperativos están moi preocupados pola

continua e inxustificada volatilidade dos prezos dos cereais e as

leguminosas que se rexistraron con elevadas alzas de prezos, a

partir do mes de xuño do ano 2010 ata o mes de xuño do 2011,

das materias primas que supoñen o 70% do custe de produción

gandeira. Ante esta situación, a toma de decisións para o

fabricante de pensos e o gandeiro vólvese moi complexa. Por

tanto, resulta imprescindible estudar e aplicar medidas a curto,

medio e longo prazo que permitan aliviar a situación de crise grave

pola brusca elevación dos custes de produción, mentres que os

prezos mantéñense en liña coas últimas campañas. Ponse de

manifesto a incapacidade de que ese aumento de custes sexa

absorbido pola cadea de maneira equitativa. Recoñecemos que se

adoptaron medidas, pero que son insuficientes para afrontar unha

crise coma a actual, que excede a capacidade dos mecanismos de

xestión de mercados da UE. Por iso faise necesario traballar no

ámbito do G20 para establecer medidas que eviten a especulación

coas materias primas.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

Luis de Gerónimo Vázquez é o representante da

Xunta Sectorial de Gandería Intensiva: avicultura,

porcino e coellos

Con carácter xeral os resultados económicos das cooperativas gandeiras no ano 2011 non difiren moito dos

de 2010. A perda de rendibilidade prodúcese tanto na cooperativa como na explotación do gandeiro, debido

ao estancamento dos prezos das producións, á política de prezos da Distribución, á volatilidade dos

mercados e ao aumento de prezos das materias primas, aspectos potenciados polo desequilibrio na cadea

de valor.

As cooperativas consideran que o maior problema foi o brutal incremento de prezo das materias primas

para alimentación animal, que non se reflectiu nos prezos dos produtos xerados nas explotacións gandeiras.

En terceiro lugar, é necesario establecer un equilibrio entre o custe de produción, o prezo dos cereais e o

prezo de venda na distribución e asegurar a transparencia da cadea de valor, evitando prácticas de presión e

tensión de algúns eslabóns sobre outros.

En cuarto lugar, as cooperativas solicitamos reiteradamente o apoio das Administracións Públicas que teñen

na súa man aplicar unha serie de medidas que poden contribuír a mellorar a competitividade da gandería e

a minimizar as debilidades de cada sector, como por exemplo: manter reservas suficientes de cereais;

potenciar unha PAC sólida que asegure o abastecemento alimenticio a prezos razoables e axude a

completar a renda dos agricultores; permitir o uso de outras fontes de proteína, como as proteínas animais

transformadas; fomentar a investigación e o cultivo de novas variedades de cereais e novas técnicas de

procesamento máis eficientes; revisar a normativa de benestar e transporte animal e os trámites

administrativos, coa finalidade de reducir custes e incrementar a competitividade do sector; ou potenciar as

Organizacións de Produtores (OPs), como estruturas que permitan o potencial suficiente para concentrar a

demanda e así dispoñer de maior capacidade de negociación no mercado internacional cerealístico, e

reducir a dependencia dos intermediarios.

51

5.7.1.- Porcino

A Comisión da UE manifestou no 2011 que o problema do

sector porcino non radica nunha diminución do consumo,

senón nun incremento dos custes, principalmente pola subida

entre o 60 e o 70% dos cereais utilizados na alimentación

animal. Este incremento parece estar ligado a unha redución da

colleita, e ao incremento da demanda dos países emerxentes.

Para a UE a especulación non sería a causa do incremento de

prezos, pero si da volatilidade dos mesmos.

As perspectivas para a carne de porcino mostraron algúns

signos alentadores cara o segundo semestre do ano, o que

indica un aumento da demanda mundial de carne, incluída a

carne de porcino, en particular debido á demanda nas economías emerxentes en Asia e América do Sur.

A nivel dos foros da UE traballouse no almacenamento privado, OMG, fariñas animais, cadea alimentaria, e

reciprocidade. O debate centrouse nas que se denominaron como catro causas principais responsables da

actual crise que vive o sector porcino: falta de rendibilidade e descapitalización, incremento de custes de

alimentación, desequilibrio da cadea de valor e menor competitividade do modelo europeo de produción

fronte a terceiros países.

Dende AGACA e Cooperativas Agro-alimentarias de España considérase que gran parte dos puntos débiles,

da produción de porcino europea, poderían fortalecerse coa creación de estruturas nas que os produtores

se integraran para levar a cabo actividades conxuntas: as Organizacións de Produtores (OPs).

Finalmente, aprobouse un Real Decreto que ten por obxecto establecer as medidas sanitarias para a

detección precoz da peste porcina africana, a peste porcina clásica e a enfermidade vesicular, e regular un

plan de vixilancia que permita garantir en España o mantemento do estatus sanitario de "libre" fronte ás

mesmas.

5.7.2.- Avicultura

En relación á avicultura de carne, a produción de carne de

ave (maioritariamente carne de polo) representa unha das

principais producións cárnicas do noso país. España é a

terceira produtora de carne de ave e a segunda produtora

de carne de polo, tras o Reino Unido. A produción de carne

de ave supón o 11,5% da Produción Final Gandeira, e o

4,3% da Produción Final Agraria. É o segundo tipo de carne

máis consumida en España, tras a carne de porco, e pasa a

estar en primeiro lugar no que respecta ao consumo de

carne fresca.

A espectacular suba das materias primas e dos custes de

produción asociados motivou un reaxuste económico e

dos prezos do sector colocando a moitas explotacións en situación de quebra económica. O encarecemento

dos prezos das materias primas para alimentación animal foi o factor de maior importancia no relativo á

competitividade do sector e á situación do mercado da carne de ave. No entanto, é un sector que rápido

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

52

esponde aos incentivos do mercado e reacciona pronto aos estímulos de demanda, ou aos excesos de

oferta.

Dende a Unión de Cooperativas AGACA informamos ao sector de avicultura de todos os traballos

desenvolvidos pola interprofesional INPROVO á que pertencemos a través de Cooperativas Agroalimentarias,

así como de todos os aspectos sanitarios que poidan ser de interese para a avicultura.

Especialmente preocupante, durante o 2011, era a entrada en vigor da directiva europea de benestar

animal, que empuxou a moitas granxas de galiñas poñedoras a pechar no primeiro semestre do 2012.

Adaptar unha granxa actual con unha media de 100.000 galiñas, á nova normativa supón un custe de

600.000€ por granxa, o que supón que moitos pequenos produtores non poden abordar este investimento.

Por iso, os propios granxeiros están optando a produción de ovo campeiro como alternativa.

5.7.3.- Cunicultura

Sen lugar a dúbidas, das producións intensivas, a cunicultura é unha das que peor está a sufrir a crise

económica que estamos a padecer, xa que leva varios anos cuns mercados e prezos altamente deteriorados.

Neste senso, a Interprofesional de Cunicultura INTERCUN acordou realizar unha campaña de promoción do

consumo e coñecemento da Carne de Coello.

Un dos aspectos que foi abordado no ano 2011 foi o análise e interese da inclusión da cunicultura na nova

PAC. Este aspecto resulta clave, coa finalidade de que poida ser de interese a posta en marcha de

ferramentas públicas de apoio a este sector de alta volatilidade e especialmente castigado pola crise

económica.

No 2011, publicouse a Orde 868/2011, pola que se estende o acordo da Organización Interprofesional para

impulsar o sector cunícola ao conxunto do sector, e se fixa a achega económica obrigatoria para realizar

actividades de promoción de consumo de carne de coello, e actividades de investigación, desenvolvemento

e innovación tecnolóxica no sector cunícola durante as campañas

2011/2012, 2012/2013 e 2013/2014.

Por todo iso, a Interprofesional Cunícula (INTERCUN) realizou no

2011 unha campaña, con Belén Esteban como protagonista, para

dar a coñecer as características saudables deste carne magra,

achegando o coello ao gran público consumidor.

Dende a Unión de Cooperativas AGACA informamos ao sector da

cunicultura de todos os traballos desenvolvidos pola

interprofesional INTERCUN á que pertencemos a través de

Cooperativas Agro-alimentarias, e doutras normas que lles afectan.

REPRESENTACIÓN E ACTIVIDADE SECTORIAL

53

6. Servizos de apoio

ao cambio

6. SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

6.1. FORMACIÓN

6.1.1. CURSOS EN COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

1 G

ACCIÓN FORMATIVA

CONSELLERÍA TRABALLO E BENESTAR

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

M H A

1 Alimentación do gando vacún P 39 16

2 Aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel básico P 60 37

1 Artesanía P 35 15

4 Benestar animal. Explotacións P 100 79

2 Benestar animal. Transportistas e explotacións P 60 30

1 Certificado de aptitude profesional de condutores. Formación continua P 40 11

1 Contabilidade e fiscalidade na empresa agraria P 20 11

1 Control de pragas e enfermidades en praderías e millo P 34 11

1 Corrección postural osteoarticular II P 35 13

1 Dirección de equipos P 19 15

1 Incorporación á empresa agraria P 260 11

2 Informática. Nivel avanzado P 140 26

1 Informática. Nivel básico P 70 13

3 Informática. Nivel medio P 210 41

1 Inglés intermedio P 50 15

4 Inseminación artificial do gando vacún P 100 50

5 Internet e correo electrónico. Nivel básico P 250 66

1 Manexo maquinaria e apeiros P 30 12

2 Plantas aromáticas e medicinais P 80 24

2 Perfeccionamento apícola P 90 34

1 Prevención de accidentes no manexo de maquinaria agrícola P 34 12

1 Produción ecolóxica de leite P 39 13

1 Produtos artesanais e de calidade P 39 12

1 Transporte de mercancías perigosas por estrada P 40 20

1 Xestión de explotacións agrarias P 39 12

42 Subtotais presencial 1913 599

2 Dirección de proxectos I T 270 3

1 Dirección de proxectos II T 135 2

2 Protocolo D 80 2

1 Técnicas de comunicación escrita D 25 1

6 Subtotais distancia/teleformación 510 7

48 Totais 2423 606

G

ACCIÓN FORMATIVA

CONSELLERÍA DE TRABALO E BENESTAR

M H A

2 Aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel básico P 78 44

1 Benestar animal. Explotacións P 34 16

1 Calidade do leite P 34 23

1 Carretilleiro P 29 17

1 Certificado de aptitude profesional – Formación continua P 49 14

3 Incorporación á empresa agraria P 807 47

1 Informática básica. Iniciación P 89 18

1 Inseminación artificial do gando vacún P 39 11

1 Manexo e control sanitario do gando porcino P 24 23

1

Xestión de parques de maquinaria agrícola, programación e seguimento en

tempo real

P 30 15

1 Xestión integral da produción agraria en base á tecnoloxía e trazabilidade P 34 15

14 Subtotais modalidade mixta (presencial e distancia) 1247 243

1 Inglés intermedio (mcerl) T 119 3

1 Subtotais distancia / teleformación 119 3

15 Totais 1366 246

G - Nº Grupos

H - Nº Horas

A - Nº total de alumnos

M - Modalidade ( P (Presencial)/D (Distancia)/T (Teleformación)

En 2011 realizáronse 48 cursos cunha

duración total de 2.423 horas lectivas e

606 alumnos participantes,

correspondentes ao convenio do plan

de formación intersectorial de

economía social, dirixido

prioritariamente a persoas

traballadoras ocupadas. Foron

xestionados pola Consellería de

Traballo e Benestar, pertencentes á

convocatoria do ano 2010.

Dentro das accións formativas

incluídas no convenio de plans de

formación intersectoriais de economía

social, dirixidos prioritariamente a

persoas traballadoras ocupadas,

xestionados pola Consellería de

Traballo e Benestar e correspondentes

á convocatoria do ano 2011, a Unión

de Cooperativas AGACA impartiu, nos

últimos meses do ano, 15 cursos,

cunha duración total de 1.366 horas

lectivas e 246 alumnos participantes.

56

6.1.2. CURSOS EN COLABORACIÓN CON COOPERATIVAS AGRO-ALIMENTARIAS E O MARM

G

ACCIÓN FORMATIVA

Coop. Agro-alimentarias e MARM

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

M H A

1 Xornada reforma Lei 5/1998 de Cooperativas de Galicia P 6 37

1 Xornada vacún de carne P 8 50

1 Xornada técnica do sector lácteo

Referencial Leite de Vaca Certificado de Cooperativa - 2ª

P 8 48

2 Edición P 20 27

1 Xornada técnica do sector vitivinícola

Guía de boas prácticas gandeiras segundo o Referencial

P 6 12

2 Leite de Vaca Certificado de Cooperativa P 20 30

1 Xornada técnica de ADSG

Xornada calidade do leite. Redución de custes na

P 6 15

1 explotación leiteira P 6 63

10 TOTAIS 80 282

6.1.3. CURSOS EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN ESTATAL PARA A FORMACIÓN NO EMPREGO

G

ACCIÓN FORMATIVA

Fundación E. Formación no Emprego

M H A

1 Benestar animal para transportistas P 20 18

1

Prevención de accidentes na condución de

carretillas

P 20 17

2 Subtotais presencial 40 35

1 Manipulador de alimentos M 10 25

1 Subtotais mixta 10 25

1 Aplicación das enerxías renovables. Parte II T 250 1

1 Facturaplus profesional T 60 1

1 Xestión da calidade T 135 1

1 Inglés principiante D 264 1

1 Microsoft Excel 2007 T 100 1

5 Subtotais distancia /teleformación 809 5

8 Totais 859 65

Ó abeiro do Plan de Formación

mediante convenio de ámbito estatal

dirixido prioritariamente a

traballadores ocupados, solicitado en

2011 por Cooperativas Agroalimentarias

de España, a través da

Fundación Estatal para a Formación

no Emprego, en AGACA, como

entidade beneficiaria, realizáronse 13

cursos, cun total de 975 horas

lectivas e 145 alumnos participantes.

G

A través do Convenio asinado entre

Cooperativas Agro-limentarias e o Ministerio de

Medio Ambiente, Rural e Mariño, a Unión de

Cooperativas AGACA realizou en 2011, 10

cursos, en modalidade presencial, cunha

duración total de 80 horas lectivas, e 282

alumnos participantes.

Ó abeiro do Plan de Formación mediante

convenio de ámbito estatal dirixido

prioritariamente a traballadores ocupados,

solicitado no ano 2010 por Cooperativas Agroalimentarias,

a través da Fundación Estatal para

a Formación no Emprego, en AGACA, como

entidade beneficiaria, realizáronse un total de 8

cursos, cun total de 859 horas lectivas e 65

alumnos participantes.

ACCIÓN FORMATIVA

Fundación E. Formación no Emprego

M H A

1 Access P 30 10

3 Bienestar animal. Módulo condutores/as e coidadores/as P 30 52

1 Cata de viños P 25 13

1 Informática P 30 13

6 Subtotais presencial 115 88

3 Manipulador de alimentos M 30 47

1 Condutor de permiso Clase B M 180 7

4 Subtotais mixta 210 54

1 Aplicación das enerxías renovables. Parte I T 200 1

1 Xestión de residuos. Parte I T 250 1

1 Xestión e conservación de espazos naturais. Parte I T 200 1

3 Subtotais distancia / Teleformación 650 3

13 Totais 975 145

57

6.1.4. FORMACIÓN DIRIXIDA A PERSOAS DESEMPREGADAS

No último semestre do ano, AGACA puxo en marcha unha acción formativa dirixida prioritariamente a

persoas en situación de desemprego, no concello de Ribadeo (Lugo), co obxectivo de posibilitarlles o acceso

a un traballo como tractoristas. Esta acción formativa, “TRACTORISTA”, tivo unha duración total de 778

horas, e 15 alumnos. Esta actividade foi financiada pola Consellería de Traballo e Benestar e o FSE (Fondo

Social Europeo da Unión Europea).

6.1.5. DIVULGACIÓN DO USO DA INTERNET NA POBOACIÓN DO MEDIO RURAL

Entre setembro e outubro de 2011 realizáronse 15 sesións demostrativas do uso da Internet na

poboación do medio rural de 15 horas de duración cada unha, cun total de 225 horas, e 137

participantes. Este proxecto foi financiado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación

Tecnolóxica da Xunta de Galicia, e o FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión

Europea).

Os obxectivos xerais do proxecto eran:

• Motivar á poboación do medio rural galego, especialmente aos maiores, para introducirse no

uso da Internet.

• Promover e facilitar a realización de xestións cotiás a través da Internet.

• Dotar da formación e información mínimas necesarias para incorporar adecuadamente as

tecnoloxías existentes.

Conforme ao disposto na orde de convocatoria, creouse un sitio web específico para a difusión do

evento: http://www.internetnorural.org/

6.1.6. FORMACIÓN DE REITORES

Organizáronse e impartíronse 5 cursos de formación de

reitores, tres deles subvencionados a través do Programa

V, das axudas para o fomento do cooperativismo, da

Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección

Xeral de Economía Social, e dous a través do proxecto

Rede Eusumo. O número total de horas de formación

neste apartado é de 120, e os asistentes a estas

actividades foron 38 persoas.

6.1.7. ACCIÓNS DE APOIO E ACOMPAÑAMENTO Á

FORMACIÓN

En 2011 rematouse o proxecto dunha acción de apoio e

acompañamento á formación aprobada no ano anterior,

co financiamento da Consellería de Traballo e Benestar,

para realizar o Deseño dun instrumento para a validación

da calidade das accións formativas da Formación

Profesional para o emprego.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Integran o departamento de Formación: Ana Vázquez e Loli

Couso (responsable do departamento), sentadas; Minia

Liñares, Berta Pérez e Montse Ventura (de pé)

58

6.2. ASISTENCIA TÉCNICA DO MARM

Durante o ano 2011 a Unión de Cooperativas AGACA desenvolveu unha serie de accións dentro do

Programa de Asistencia Técnica 2011 aprobado nun Convenio Específico de Colaboración entre o

MARM e Cooperativas Agro-alimentarias, para a execución de actuacións en materia de asistencia

técnica e de fomento da integración cooperativa.

As actuacións desenvolvidas por AGACA no marco do Programa de Asistencia Técnica 2011 foron as

seguintes:

6.2.1. REALIZACIÓN DE CADROS DE MANDO INTEGRAL COOPERATIVOS

Dende Agaca e Cooperativas Agro-alimentarias de España levamos

algún tempo dedicando importantes esforzos ao desenvolvemento

de liñas de traballo que faciliten ás cooperativas agroalimentarias a

posta en marcha de medidas orientadas á mellora da

competitividade.

O Cadro de Mando Integral Cooperativo permite obter un

diagnóstico profundo da situación da cooperativa. Ademais, permite

particularizar a análise e as recomendacións a cada sector analizado:

froitas e hortalizas, aceite de oliva, viño (embotellado e granel) e

cereais. Durante os meses de marzo a novembro de 2011 leváronse

a cabo os traballos de toma de datos e implantación do Cadro de

Mando Integral Cooperativo nunha cooperativa dedicada á

comercialización de produtos de horta e froita, e noutra dedicada á

elaboración e comercialización de viño

O Cadro de Mando Integral Cooperativo é unha ferramenta de xestión de empresas que mostra de

forma continua cándo unha compañía e os seus empregados alcanzan os resultados definidos polo seu

plan estratéxico. É un sistema de administración que vai máis alá da perspectiva financeira coa que os

xerentes acostuman a avaliar a marcha dunha empresa. É un método para medir as actividades dunha

compañía en termos da súa visión e estratexia. Proporciona aos xestores unha mirada global das

prestacións do negocio. Por iso ten sido moi ben acollido nas cooperativas agroalimentarias obxecto de

análise.

Daquela, o obxectivo de Agaca está encamiñado a que as cooperativas analizadas tomen conciencia de

que para traballar nos mercados actuais deben analizar a súa planificación e súa xestión. Con iso,

saberán se están actuando correctamente e se teñen que mellorar o que xa están facendo. As propostas

de mellora que xorden da análise do Cadro de Mando Integral Cooperativo deberían ser implantadas,

sempre baixo asesoramento, para lograr unha xestión e unha planificación acorde coa situación actual

dos mercados: alta competitividade, mercado global, crise financeira e económica, etc.

Os xerentes e directivos das cooperativas comprenderon que o Cadro de Mando Integral Cooperativo é

un sistema de xestión estratéxica da empresa, que serve para formular unha estratexia consistente e

transparente, comunicala a través da organización, coordinar os obxectivos das diversas unidades

organizacionais, conectar os obxectivos coa planificación financeira e orzamentaria, identificar e

coordinar as iniciativas estratéxicas, medir dun modo sistemático a realización, propoñendo accións

correctivas oportunas.

Descubriron os seus puntos débiles e agora poden dispoñerse a transformalos en fortalezas.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

59

6.2.2. REALIZACIÓN DE MEMORIAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL NAS COOPERATIVAS E PREMIOS Á

COOPERATIVA SOCIALMENTE RESPONSABLE

Unha empresa é sostible cando crea valor económico, medioambiental e social a curto e longo prazo,

contribuíndo deste xeito, ao aumento do benestar e ao progreso das xeracións presentes e futuras,

tanto no seu contorno inmediato como a nivel rexional ou internacional. O desenvolvemento sostible

afecta ao desenvolvemento e crecemento económico, á cohesión social e á protección medioambiental.

As áreas de Responsabilidade Social son basicamente tres: a económica, a sociocultural e a

medioambiental.

AGACA leva traballando cinco anos no fomento da Responsabilidade Social Empresarial nas cooperativas

agrarias de Galicia. En 2005-2007, no marco do EQUAL II Nexus Rede, preparamos un Modelo

Referencial para RSE e tamén a ferramenta informática “Finexus”, para adaptar o concepto RSE ás

cooperativas agrarias de Galicia.

No marco do Programa de Asistencia Técnica do MARM para “Fomento das Memorias de

Responsabilidade Social nas Cooperativas”, en 2011 utilizamos o cuestionario baseado no programa

“Finexus”, con catro bloques temáticos: Principios cooperativos, Responsabilidade Social, Xestión

Ambiental e Calidade e un derradeiro bloque dedicado á Innovación. O cuestionario foi presentado a

dúas cooperativas de diferentes niveis de actividade, mantendo diversas reunións para elaborar os

datos necesarios e preparar a Memoria Inicial da RSE para estas cooperativas. Fíxose tamén o Informe

Diagnóstico Inicial na Responsabilidade Social destas cooperativas baixo as directrices do Global

Reporting Initiative GRI, presentando o cuestionario ás cooperativas para realizar a diagnose inicial, os

compromisos e o plan de acción para anos sucesivos.

6.2.3. IMPLANTACIÓN DE REFERENCIAIS DE PRODUTO AGROALIMENTARIO NAS COOPERATIVAS E OS SEUS SOCIOS

O obxectivo a acadar con esta actuación desenvolvida no marco da Asistencia Técnica de

AGACA era a diferenciación das características das producións cooperativas a través da

implantación do Referencial de Leite de Vaca Certificado de Cooperativa, referencial

recoñecido de produto agroalimentario, para a contribución á competitividade das

mesmas.

As actuacións desenvolvidas durante o ano 2011 foron as seguintes:

Realización de “Informes de auditoría” para a implantación do “Referencial de Leite

de Vaca Certificado de Cooperativa” en catro cooperativas agrarias de vacún de leite

e no ámbito de 100 explotacións socias. Nas auditorías, revísase minuciosamente o

estado de cumprimento das explotacións gandeiras con respecto á lexislación

vixente e aos requisitos específicos do Sistema de Calidade da cooperativa e aos do

Referencial.

Obtención do “Referencial de Leite de Vaca certificado de cooperativa” nunha

cooperativa. Neste ano 2011 conseguiuse que unha cooperativa obtiveran o

referencial de calidade “Leite de Vaca Certificado de Cooperativa”.

Accións formativas nas cooperativas. Os técnicos do programa, impartiron catro cursos nas

cooperativas obxecto da certificación. Os cursos foron dirixidos aos responsables de muxido das

explotacións leiteiras incluídas no Programa de Certificación das cooperativas participantes.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

60

Xornada de difusión. O 18 de outubro de 2011 realizouse en Santiago de Compostela unha

xornada de difusión de temas de calidade e do RLVCC, á cal asistiron gandeiros e técnicos das

diferentes entidades representativas: Medio Rural, Saúde Pública e técnicos de cooperativas.

6.2.4. REALIZACIÓN DE DIAGNÓSTICOS ENERXÉTICOS

O obxectivo a acadar con esta actuación desenvolvida no marco da Asistencia

Técnica de AGACA é a realización de diagnoses enerxéticas nas cooperativas.

As actividades desenvolvidas no exercicio 2011 foron as seguintes:

Realización de “Diagnósticos enerxéticos” nas cooperativas de horta e flor

para coñecer os consumos enerxéticos deste sector produtivo, tomando como

base os consumos individuais das industrias cooperativas agroalimentarias,

calculando os consumos medios sectoriais e comparando os consumos medios

cos consumos individuais de cada agroindustria para establecer pautas de

actuación co obxecto de reducir o consumo en función dos parámetros resultantes de cada “Diagnóstico

enerxético” individual. O informe conxunto, feito cos datos dos consumos do ano 2010 das cinco

cooperativas horta está dispoñible na páxina web de AGACA (www.agaca.coop).

Aproveitando os datos das diagnoses realizadas, redactouse un artigo de divulgación sobre a eficiencia

enerxética nos centros de horta, publicado na revista Cooperación Galega. Tamén se organizou unha

Xornada de Aforro Enerxético na que participarou un técnico do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia)

que afondou nas enerxías renovables e nas subvencións existentes.

Aconsellamos realizar unha negociación individual coas comercializadoras dada a complexidade da

estrutura do mercado eléctrico, a inexperiencia no mercado libre e a pouca transparencia das

comercializadoras.

6.2.5. CÁLCULO DE PEGADA DE CARBONO

Como continuación dos traballos desenvolvidos dentro do programa de Asistencia Técnica, este ano

2011 afondamos no coñecemento das emisións de Gases de efecto Invernadoiro (GEI) procedentes da

actividade produtiva, participando no proxecto “Cálculo da Pegada de Carbono”, proxecto que contou

coa colaboración de Cooperativas Agro-alimentarias e o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño.

Neste proxecto, feito a nivel estatal, realizáronse cálculos de pegada de Carbono en unidades funcionais

de diversos sectores agroalimentarios (viño, frutas, horta, queixo) segundo as indicacións do PAS-2050 e

o GHG-Protocol, nunha serie de actuacións que responden ás demandas das empresas cooperativas en

canto á aplicación de medidas de redución de emisións contaminantes que incidan nos seus custos de

produción. O técnico de AGACA recibiu, en Madrid, un cursiño de formación en cálculo da Pegada de

Carbono. A partir dos resultados obtidos fixéronse recomendacións sobre as accións idóneas para

minimizar estas emisións GEI en función da facilidade de implantación e o seu custe de execución.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

61

6.2.6. PLAN DE FOMENTO DA INNOVACIÓN NAS COOPERATIVAS

Dende AGACA traballamos na Área de Innovación para facilitar os

procesos de innovación nas cooperativas agroalimentarias socias.

Esta actividade desenvólvese baixo o programa de asistencia

técnica do MARM: “Fomento de innovación en cooperativas

agrarias de Galicia”.

A Asociación trata de consolidar o I+D+I como un obxectivo

estratéxico para o cooperativismo agrario. Durante este ano,

persoal técnico da asociación, dedicou esforzos para desenvolver os

seguintes obxectivos:

Fomento da colaboración con redes e plataformas de I+D+I

galegas.

Difundir información de interese para as nosas cooperativas

sobre I+D+I, aplicable a PEMES e dirixidas especialmente ao

sector agroalimentario.

Apoiar tecnicamente os proxectos de I+D+I que xurdan das

cooperativas cando estas o requiren e acompañar na identificación das necesidades de innovación.

Con este propósito a actividade de AGACA na área consta dos seguintes servizos:

1. Participación en redes colaborativas como xeito de dinamizar canles de información e contribuír a

facer viables os intereses na I+D+I das nosas cooperativas. Esta actividade fortalece a

consolidación dunha imaxe de cara a organismos do Sistema de Ciencia e Innovación de máxima

utilidade para participar nas súas axudas cando sexa preciso. Durante 2011 colaborouse

activamente coas seguintes entidades:

• Centro Tecnolóxico Alimentario (CETAL): dende a fundación do CETAL, AGACA participa

como membro no seu padroado. (www.fundacioncetal.es)

• Cooperativas Agro-alimentarias de España: a participación no Grupo de Traballo

InnovAcción facilita a comunicación con posibles colaboradores no ámbito estatal, así

como unha máis ampla perspectiva da actualidade do sector. Esta visión enriquécese

coa difusión do Boletín “I+D+I Cooperativas Agro-alimentarias”

(www.saecoop.com/boletinidi.htm)

• Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (PTGAL): mediante a participación no

Comité Executivo e nos Grupos de Traballo facilítase o labor de identificación e a

análise da oferta de centros de I+D+I, así como labores complementarios de vixilancia

tecnolóxica. AGACA colabora coas entidades socias da PTGAL: Universidades Galegas,

Centros tecnolóxicos, ANFACO-CECOPESCA (Asociación Nacional de Fabricantes de

Conservas de Pescados e Mariscos de España), etc. en todas as actividades e

convocatorias establecidas de interese para o cooperativismo agrario galego.

(http://ptgal.org)

• Clúster Alimentario de Galicia: hoxe en día o CLUSAGA acolle na súa estrutura á PTGAL,

como espazo de creación e fomento da innovación no sector.

(www.clusteralimentariodegalicia.org)

Plataforma Tecnolóxica do Medio Ambiente (ENVITE), Plataforma Tecnolóxica Galega

do Forestal (DEVESA) e Clúster de Alimentación Ecolóxica de Galicia, plataformas nas

que se desenvolveu un traballo activo de colaboración en I+D+I. (www.envite.org e

www.ptdeveda.org)

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Marta Núñez Corbalán é a responsable do

departamento de Desenvolvemento e

Innovación

62

2. Información e Divulgación: seguimento das programacións de axudas para I+D+I, xornadas

formativas ou divulgativas:

• Elaboración do boletín electrónico “NOVAS I+D+I AGACA” e divulgación do Boletín “I+D+I

Cooperativas Agro-alimentarias”, con boa acollida. O grupo destinatario de cooperativas

socias duplicouse, na actualidade conta con 40 cooperativas destinatarias. O boletín

proporciona unha información dirixida especificamente a cooperativas agrarias, acerca de

convocatorias, ferramentas de xestión da innovación, informes de vixilancia tecnolóxica

ou xornadas de formación técnica.

• Xornada de Difusión e Fomento de I+D+I, o 26 de Xullo de 2011. Co obxectivo de debater

conxuntamente estratexias de innovación do sector agroalimentario galego e cunha

orientación a demandas do mercado, celebrouse en colaboración co Clúster Alimentario

de Galicia unha Xornada de divulgación de I+D+I:“O plan estratéxico do clúster

alimentario. Estratexias para a innovación. Oportunidades para o marketing do sector en

Galicia.”

• As publicacións na revista Cooperación Galega sobre innovación agroalimentaria e o

espazo dedicado ao tema na web, supoñen, pouco a pouco, unha referencia de cara a

fóra da preocupación e o traballo das nosas cooperativas neste ámbito.

3. Apoio técnico a proxectos de I+D+I en cooperativas: Durante 2011 foron moitas as peticións de

asesoramento puntual en materia de I+D+I. A base de datos de AGACA conta con máis de 35

cooperativas socias que reciben e solicitan información e/ou asesoramento en materia de I+D+I. A

efectos do Plan de Fomento, os casos de asesoramento individualizado a distintas cooperativas

socias, realizados en 2011 foron entre outras: as vitivinícolas Eidosela S.Coop.Galega, B.C. Jesús

nazareno S.Coop.Galega, Cogal S. Coop. Galega; Icos S. Coop. Galega; Delagro S.Coop. Galega; e

cooperativas de produtoras de horta.

En 2011, desenvolveuse un traballo de apoio técnico á xestión de proxectos de I+D+I:

Proxecto HORTOPALET. En colaboración con Hortoflor 2. S. Coop. Galega, execútase dito proxecto

enfocado á experimentación na mellora de condicións de almacenaxe a través da aplicación de

atmosfera modificada en palets de produto hortofrutícola e que se acolle á subvención de I+D+I ao

Plan Galego-INCITE.

Ademais, neste ano iniciouse a execución en colaboración ca USC e a cooperativas Feiraco do

Proxecto LOXISLACT. Mellora das condicións de loxística do transporte de produtos lácteos.

6.2.7. OBSERVATORIO SOCIOECONÓMICO DO COOPERATIVISMO AGRARIO ESPAÑOL

O Observatorio Socioeconómico do Cooperativismo Agroalimentario Epañol (OSCAE) achega unha visión

conxunta das cooperativas agroalimentarias de España mediante a elaboración dun informe que avalía

as principais características das mesmas. Neste contexto, compáranse as cooperativas das respectivas

comunidades autónomas co total de España e coas industrias agroalimentarias.

Deste xeito lógranse dous aspectos fundamentais:

Obtense unha gran dispoñibilidade de información, que se actualiza anualmente, sobre a

importante e crecente dimensión económica, social e empresarial do conxunto de cooperativas

agroalimentarias.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

63

Faise posible un mellor coñecemento da realidade

cooperativa agroalimentaria española, e poténciase a súa

imaxe e proxección social, servindo, ademais, de valiosísima

ferramenta de traballo e de definición estratéxica para as

propias sociedades cooperativas e os seus xestores.

Estes dous puntos pódense resumir nun obxectivo xeral: a obtención

de datos socioeconómicos que poden ser observados na súa

evolución, mediante un sistema que permite a actualización periódica

dos datos de partida.

Durante os meses de abril a xullo de 2011 finalizáronse os traballos de actualización do Directorio de

Cooperativas Agro-alimentarias de España, que forma parte da liña de actuación do OSCAE.

Completouse a base de datos con 104 cooperativas de primeiros grao e 4 cooperativas de segundo grao.

O contido do Directorio para as cooperativas de primeiro grao foi, dende aspectos xerais como o nome e

o enderezo da cooperativa, ata temas máis específicos como os sectores nos que opera, número de

socios, número de empregados e facturación. Os campos do directorio das cooperativas de segundo

grao foron, ademais dos anteriores: número de cooperativas socias e número de socios desas

cooperativas.

Tamén se procedeu á actualización dos datos do propio Observatorio Socioeconómico do

Cooperativismo Agroalimentario Español (OSCAE). O número de cooperativas de primeiro grao

seleccionadas ascendeu a 10, elixidas en función do seu sector de actividade e rango de facturación.

Polo que respecta ás de segundo ou ulterior grao enquisáronse 4, abranguendo deste modo todas as

que actualmente teñen actividade en Galicia. Procedeuse á recollida da información e levouse a cabo a

introdución de datos nunha folla Excel programada ao efecto.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

64

6.3. SERVIZOS DE ASESORÍA XERAL

6.3.1. ASESORÍA XURÍDICA

A través do servizo de Asesoría Xurídica, a Unión de Cooperativas

AGACA resolve todo tipo de consultas que xorden no percorrer

diario das cooperativas galegas. Neste senso, os problemas sociais

(altas, baixas) son as consultas máis reiteradas das cooperativas

socias.

AGACA é practicamente a única fonte de información e

asesoramento das cooperativas en aspectos fiscais e xurídicos que

lles afectan de xeito especial a este tipo de sociedades. Cabe

destacar a importancia,e número de informes e xestións feitas en

relación a estes servizos, moitos deles xa indicados ao longo

desta memoria.

6.3.2. TRAMITACIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Os servizos técnicos da Unión de Cooperativas AGACA manteñen

constantemente informadas ás entidades asociadas, das axudas

e apoios públicos de interese para as mesmas. Regularmente e

cando así o require a necesidade, AGACA remite un comunicado

ás cooperativas socias coas axudas en vigor que poden ser do seu

interese. Puntualmente, e baixo a petición das cooperativas

interesadas, AGACA realiza todos os traballos de tramitación de

axudas ás cooperativas con medios administrativos escasos, ou

interesadas en descentralizar en mans de técnicos coñecedores

das axudas a tramitación das mesmas, converténdose nunha

tarefa habitual dos servizos técnicos de AGACA.

Durante o ano 2011, AGACA continuou a desenvolver, en

colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, o Servizo de

Información de Axudas e Subvencións Web, o cal está a permitir

aos nosos usuarios –principalmente cooperativas agrarias- o

acceso á información diariamente actualizada, de forma sinxela e

útil, para cubrir as súas necesidades, manténdoos informados

sobre todas as novidades que se produzan no campo de interese

das axudas e subvencións das distintas Administracións.

O Servizo de Información de Axudas e Subvencións Web, ofrece:

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Carlos Ares é o responsable do sector lácteo, de

promoción cooperativa, axudas e asistencia técnica

de AGACA

Tomás Vázquez é o responsable do departamento de

Asesoría en Ourense

• Un buscador avanzado que permite filtrar a información de axudas e subvencións por criterios

e áreas temáticas. Con especial atención as axudas publicadas pola Consellería de Traballo e

Benestar en materia de emprego e cooperativismo.

• Unha ficha resumo de información completa da axuda, que inclúe información de contacto dos

organismos que convocan e xestionan, os documentos asociados ás normas, os prazos de

solicitude e vixencia das axudas. A ficha pode ser descargada polo usuario da paxina web de

AGACA en formato pdf.

65

• Dentro do servizo tamén se inclúe o envío, por correo

electrónico personalizado, ás cooperativas agrarias socias, das

alertas e resumos das ordes de axudas e subvencións publicadas.

O Servizo de Información de Axudas e Subvencións Web lévase a cabo

mediante a publicación, na páxina web de AGACA, da base de datos de

axudas que pode ser consultada en tempo real, e utilizando as

ferramentas deseñadas ao efecto, no seguinte enlace:

http://www.agaca.coop/gl/axudas_listado.asp

No ano 2011 publicáronse na web máis de 90 resumos de ordes de

axudas das distintas Administracións.

6.3.3. AXUDAS DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PAC) E PAGAMENTO ÚNICO

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Servizo de Información de Axudas e

Subvencións Web

Nos vindeiros anos prevese a tramitación anual, en Galicia, de solicitudes de axudas da PAC duns 50.000

agricultores/gandeiros por un importe total de subvencións superior aos 150 millóns de euros anuais

distribuídos en varias liñas de axuda, con período de solicitude común e centrado no primeiro trimestre

do ano.

No ano 2007 a Asociación Galega de Cooperativa Agrarias - AGACA, asinou un convenio de colaboración

coa Consellería do Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) co obxecto de

colaborar na xestión e tramitación da Solicitude Unificada de axudas da Política Agraria Común (PAC).

A través do presente convenio AGACA recoñécese como entidade colaboradora, por medio do cal, as

cooperativas que así o solicitaron tramitaron a Solicitude Unificada da PAC 2010 e as axudas do Contrato

de Explotación Sustentable (CES) dos seus socios.

As cooperativas que participaron no convenio para a tramitación da Solicitude Unificada da PAC no ano

2011, foron:

1. Feiraco, S. Coop. Galega

2. La Arzuana, S. Coop. Galega

3. Icos, S. Coop. Galega

4. Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña, S. Coop. Galega

5. Comarcal de Ordes, S. Coop. Galega

6. Gancobre, S. Coop. Galega

7. San Antonio de Pol, S. Coop. Galega

8. Agris, S. Coop. Galega

9. Coba de Vales, S. Coop. Galega

10. O Pereiro, S.Coop. Galega

11. O Xeixo, S.Coop. Galega

12. Cooperativas Reunidas de Bergantiños, S. Coop. Galega

13. Xertigán, S. Coop. Galega

14. Verín Biocoop, S. Coop. Galega

No ano 2011 as cooperativas que participaron no convenio, tramitaron solicitudes de axudas da PAC

duns 800 agricultores de toda Galicia o que representa un 11% de incremento respecto ao ano anterior.

A través do convenio, o FOGGA impartiu un curso de formación e actualización de formadores, dirixido

ao persoal das cooperativas que tramitaron as axudas da PAC.

66

Agardamos que nos vindeiros anos vaian sumándose máis cooperativas ao presente convenio de

colaboración para a tramitación das axudas da PAC dos seus socios.

6.3.4. APOIO Á XESTIÓN E Á CONTABILIDADE

AGACA ofrece un servizo de asesoría ás cooperativas

socias, en aspectos fiscais, laborais e contables, prestado

por un equipo de profesionais das tres oficinas, cunha

longa experiencia, que resolven as dúbidas, xa sexa a

través do teléfono, ou de calquera outro medio de

comunicación, e que serve de apoio directo ao persoal e

xestores das cooperativas para resolver os problemas do

día a día coas Administracións, ou planificar a incidencia

que teñen estes aspectos legais sobre o

desenvolvemento de proxectos cooperativos.

Os nosos técnicos teñen clara vocación de lograr unha

total satisfacción do cliente prestándolle un servizo

integral e eficiente que axude a conseguir os obxectivos,

mediante un excelente trato persoal, rapidez e eficacia

no servizo, accesibilidade e total dispoñibilidade.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

David Vila (segundo pola esquerda) é o responsable do

departamento de Asesoría, e da Oficina en Lugo, e orienta xunto

con María Fernández, Marcos Núñez e Olaia Rocha ás cooperativas

da provincia en aspectos contables, laborais e fiscais

Destacamos que durante o ano 2011, AGACA tramitou solicitudes da devolución extraordinaria das cotas do

Imposto sobre Hidrocarburos, satisfeitas ou soportadas por explotacións agrarias e cooperativas que

prestan servizos de maquinaria con ocasión das adquisicións de gasóleo por importe de 909.055.54 litros e

71.415,40 euros. Ademais dende o ano 2007, adquiriu o recoñecemento como entidade colaboradora coa

Axencia Tributaria para que, tanto AGACA como as entidades socias, poidan tramitar pola Internet ditas

solicitudes, ofrecendo un mellor servizo aos seus socios.

Ao mesmo tempo, técnicos de AGACA, ofrecen asesoramento específico sobre o tratamento da solicitude

de devolución das cotas do Imposto sobre Hidrocarburos ao persoal das cooperativas socias que realizaban

este servizo para os seus socios e tamén sobre o manexo da páxina web e dos formularios da mesma para

realizar a solicitude e o seguimento da tramitación da devolución.

Durante o exercicio 2011 realizouse un proceso de adaptación da normativa contable das cooperativas ás

novas normas aprobadas mediante a Orden EHA/3360/2010, de 21 de decembro, para adaptar as

pecularidades da contabilidade das cooperativas aos cambios lexislativos e, en concreto, ao Reais Decretos

1514/2007 e 1515/2007 do 16 de novembro polos que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade, o Plan

Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas e os criterios contables específicos para

microempresas. AGACA participou nas reunións de Cooperativas Agro-alimentarias e CEPES para levar a

cabo este proceso de adaptación que culminou coa publicación no BOE do 29 de decembro de 2010 da Orde

EHA/3360/2010, de 21 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os aspectos contables das

sociedades cooperativas.

AGACA tamén está presente nas comisións de estudos de fiscalidade e de réxime económico das

cooperativas no seo da Cooperativas Agro-alimentarias e CEPES por dous aspectos moi importantes: o

primeiro, polo impacto económico que ten no resultado da cooperativa e, por conseguinte, na renda dos

socios e tamén, pola antigüidade da normativa que regula algúns aspectos fiscais das cooperativas e pode

que non estea adaptada á realidade de hoxe e, o segundo, harmonizar o máximo posible a normativa sobre

o réxime económico das cooperativas, xa que ten repercusións directas sobre a fiscalidade e contabilidade

que se rexen por normativa estatal.

67

AGACA ademais de asesoramento a que nos referimos anteriormente,

tamén presta servizos nas seguintes areas, as cooperativas e os seus

socios que llo demandan.

AREA FISCAL

Para que tanto as cooperativas como os seus socios poidan cumprir

as obrigas fiscais puntualmente e da forma máis conveniente,

anticipándose ao devengo das operacións e actuando conforme a

fiscalidade máis favorable, realizamos as seguintes tarefas:

Asesoramento previo sobre a forma xurídica que mais se adapte os recursos e necesidades

dos nosos clientes, (S.A.T., cooperativa, C.B...)

Constitución de sociedades. Encargámonos de presentar toda a documentación ante as

diferentes Administracións e apoiamos ao cliente na toma de decisións mercantís para o inicio

da actividade.

Asesoramento, informes periódicos e control de impostos.

Declaracións - liquidacións dos distintos modelos: estudo, confección e presentación, tanto

anuais como trimestrais ou mensuais, ante a Axencia Tributaria

• Imposto sobre o Valor Engadido MOD.303 + MOD.340 + MOD.390

• Retencións arrendamento locais MOD. 115 + MOD.180

• Retencións MOD.123 + MOD.193

• Confección Imposto pagos a conta MOD.111 + MOD.190

• Pago Fraccionado I. Sociedades MOD.202 + MOD.218

• Declaración Operacións superiores a 3.005,06 euros MOD.347

• Declaración Operacións Intracomunitarias MOD.349

• Declaración de I. Sociedades MOD.200

• Declaración de operacións en fábricas y depósitos fiscais de viño e bebidas

fermentadas MOD.553

• Imposto sobre alcohol e bebidas derivadas (Venda de bagaño para elaboración de

augardentes) MOD.E21

• Altas e baixas e variacións de datos no censo de obrigados tributarios

Inspeccións Tributarias: asistencia, contestación a requirimentos, liquidacións e recursos en

todos os Impostos do noso ámbito de actuación.

Durante o ano 2011, prestamos este tipo de servizos a 45 cooperativas, 10 sociedades agrarias de

transformación (S.A.T.), 15 Comunidades de Montes Veciñais de Man en Común e 21 Entidades de

outro tipo (asociacións, sociedades civís, sociedades limitadas, etc. ), dende a oficina de Lugo e Ourense.

AREA CONTABLE

A contabilidade é a fonte de información interna máis importante de todas as empresas e, por suposto,

das cooperativas e empresas agrarias, polo que dende AGACA xestionamos a administración contable

das cooperativas realizando a contabilidade, identificando e preparando informacións no ámbito da

xestión de interese xeral para as cooperativas e empresas agrarias asesoradas que xurdan, garantindo o

cumprimento das obrigas legais, por unha parte, e por outra, ofrecendo unha información útil e fiable

para que sirva aos directivos para tomar as mellores decisións. Ademais realizamos as seguintes tarefas:

Solicitude, ordenación e clasificación de documentación co fin de confeccionar a contabilidade.

Elaboración das contas anuais, mostrando a imaxe real das empresas.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

68

Lexitimación e depósito dos libros e as contas anuais nos rexistros oficiais.

Presentación das contas anuais ao Consello Reitor e Asemblea.

Información e tramitación sobre obrigas formais.

Colaboración na realización de informes económicos, contables, administrativos para as

Administracións, empresas auditoras e outras entidades.

Durante o ano 2011, prestamos este tipo de servizos a 44 cooperativas, 10 Sociedades Agrarias de

Transformación (S.A.T.), 15 Comunidades de Monte Veciñais en Man Común (C.M.V.M.C.) e 10

entidades doutro tipo (asociacións, sociedades civís, sociedades limitadas, etc. ), dende a oficina de Lugo

e Ourense.

AREA LABORAL

No que respecta aos aspectos laborais e da Seguridade Social, producíronse importantes cambios e

novidades ultimamente, polo que é moi importante que as cooperativas e os seus socios teñan

información sobre estes cambios, para poder aproveitar as vantaxes que ofreza a normativa. Ademais,

nas empresas que no lo solicitan realizamos as seguintes tarefas:

Xestión laboral polo sistema RED

Realizacións de nóminas e contratos, liquidacións, finiquitos dos traballadores

Elaboración de seguros sociais (boletíns cotización tc1, tc2,…)

Liquidación de cotas á Seguridade Social

Aplicación e actualización de Convenios e Normas Laborais

Inscrición de empresas na Seguridade Social e posteriores modificacións

Contratos de traballo, prórrogas e renovacións, estudando as distintas modalidades e posibles

subvencións e bonificacións

Inspeccións laborais: asistencia, defensa, contestación a requirimentos, liquidacións e recursos

Estudos de custes de persoal. Indemnizacións

Partes de enfermidade e accidente

Mutuas de accidentes

Conciliación ante o SMAC (Servizo de Medición, Arbitraxe e Conciliación)

Durante o ano 2011, prestamos este tipo de servizos a 35 cooperativas, 8 sociedades agrarias de

transformación (S.A.T.) e 12 entidades de outro tipo (asociacións, sociedades civís, etc. ), dende a oficina

de Lugo e Ourense.

OUTROS SERVIZOS

Tamén prestamos outros servizos administrativos solicitados polas cooperativas e empresas agrarias,

relacionados coa xestión das entidades socias e que están relacionados dalgún xeito cos anteriores.

Constitución e legalización de sociedades

Adaptacións, fusións e transformación de sociedades

Redacción de actas do Consello Reitor

Redacción de Certificados de Xuntas

Contratos de compra-venda

Libro de socios e actas

Selección de persoal para aquelas empresas que o soliciten

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

69

6.3.5. PROXECTOS COMUNITARIOS

AGACA, en colaboración coas Administracións Públicas, universidades, centros tecnolóxicos e

asociacións do ámbito do cooperativismo, participa en proxectos europeos con temáticas ligadas ao

fomento do cooperativismo e á súa mellora competitiva. A prioridade de AGACA consiste en que os

proxectos sexan instrumentos de apoio ás demandas do sector e das necesidades das cooperativas.

Os fondos comunitarios permiten desenvolver as seguintes liñas estratéxicas:

1. Planificación estratéxica sectorial para a consolidación de mercados, así como para a

ampliación de ámbitos e oportunidades de negocio.

2. Cultura empresarial da calidade e responsabilidade social corporativa: aposta por produtos e

servizos cooperativos e polo seu compoñente social.

3. Modelo de desenvolvemento empresarial en equilibrio co medio ambiente, e en sintonía coas

necesidades no medio rural. Promoción de asuntos como a igualdade de oportunidades,

mediante procesos de conciliación e mellora da calidade de vida.

Con estes criterios AGACA desenvolve servizos de xestión de proxectos en redes europeas: deseño e

planificación de proxectos, captación de fondos, seguimento normativo,...

Dos proxectos desenvoltos en 2011, AGACA está a traballar activamente nos seguintes:

Proxecto Piloto Red Rural Nacional. “BIOES2.

Valorización da biodiversidade en áreas rurais.”

2010–2013. Convocatoria do Ministerio de

Agricultura e Recursos Mariños. Fondos FEADER.

BIOES2 está promovido pola Fundación Intercoop

(Comunidade Valenciana) e en colaboración coas

Universidades de Valencia e de Vigo. A súa posta en

marcha permitirá definir un grupo de indicadores e

unha ferramenta informática que facilite a posta en

valor do traballo da sociedade rural a favor do

mantemento do medioambiente e do medio rural en

xeral.

Proxecto Piloto Red Rural Nacional. “INTEGRA.

Igualdade de Oportunidades. Mulleres e liderado

empresarial.” 2010–2012. Convocatoria do Ministerio

de Agricultura e Recursos Mariños. Fondos FEADER.

INTEGRA é un proxecto liderado dende Cooperativas

Agro-alimentarias de España e ten como obxectivo

promover a visibilidade do traballo das mulleres na

actividade das cooperativas agrarias, así como o seu

apoderamento e presenza en postos decisorios.

Programa de Cooperación transfronteiriza España-

Portugal. “COOPERA+” Promotor: Xunta de Galicia.

Consellería de Traballo. Subdirección Xeral de

Cooperativismo e Economía Social.

COOPERA+ quere consolidar a rede de colaboración

para fomentar o cooperativismos en Galicia - Norte

de Portugal.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

70

6.3.5. INTERNACIONALIZACIÓN E FEIRAS COMERCIAIS

AGACA contribúe á mellora competitiva das cooperativas socias a través dos seus servizos de apoio á

promoción comercial conxunta en Feiras e accións de Internacionalización.

A actividade comercial e o impulso ao marketing dos produtos agroaliamentarios resulta hoxe en día

vital de cara á consolidación da súa cota de mercado nacional e apertura e consolidación no exterior.

Este supón un dos maiores retos das cooperativas na actualidade.

Neste sentido, AGACA quere ser o punto de encontro para impulsar actividades de promoción conxunta

que aumenten a rendibilidade e reduzan o risco de inversión á hora de emprender este tipo de

actuación estratéxica para a actividade comercial das cooperativas. En 2011 se desenvolveron distintas

actividades en colaboración cas cooperativas socias:

Participación en Feiras:

• Xantar Ourense. Marzo 2011. Participouse na Feira co arroupo do stand multisectorial instalado

polo Consello Galego de Cooperativas (COGACO).

• Feira Internacional Semana Verde de Galicia – Silleda. Xuño 2011. Tamén en colaboración con

COGACO, asistiron unha vez máis a esta edición, 11 cooperativas socias.

• Feira Internacional ANUGA, en Colonia (Alemania). A participación na feira en colaboración co

CLUSAGA permitiu dar arroupo e apoio técnico a 6 cooperativas socias desprazadas, ademais a

experiencia facilitou contactos con distribuidores, e facilitou unha labor de vixilancia de

mercados para coñecer a actualidade da oferta comercial, referentes, movementos de

mercado. A feira amosa que o mercado europeo sigue aberto ao produto de calidade

diferenciada e con referentes locais ao patrimonio culinario europeo.

Catálogo de Produtos Agroalimentarios das cooperativas

“Galicia, el sabor del origen.” Co apoio de financiamento

do IGAPE procedeuse á elaboración dun catálogo trilingüe

(alemán – inglés – español) e materiais de promoción

comercial que faciliten ás cooperativas a presentación

comercial dos seus referentes. O plan de comunicación

incluíu o deseño dunha imaxe comercial para os nosos

produtos que faciliten o recoñecemento da localización

diferenciada cando se participe en Feiras Alimentarias

Internacionais

Misión Comercial Inversa con BENELUX. Outubro 2011.

Dende o mes de marzo, un grupo de 16 cooperativas

socias, comezaron cos traballos de posta en marcha dunha

misión comercial inversa, inicialmente con Holanda e

finalmente con BENELUX. Co apoio financeiro do IGAPE e

tamén de coordinación de AGACA se realizou o proceso de

identificación de mercado internacionais obxectivo,

planificación de axenda comercial adaptada aos intereses

das cooperativas promotoras. Froito deste traballo,

desenvolveuse unha acción comercial conxunta e

intersectorial, asistiron á Misión Inversa 8 empresas con

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Catálogo de produtos agroalimentarios

trilingüe: “Galicia, el sabor del origen”

71

procedencia do BENELUX a coñecer os produtos

participantes, esta segunda experiencia foi moi

satisfactoria e se prevé a dos contactos comerciais, así

como a realización de novas accións en 2012.

Froito dos traballos en materia de promoción comercial

conxunta, se identificaron unha serie de accións

estratéxicas que guiarán o traballo nesta materia de

AGACA para 2012-2013. Entre outras cuestións, apuntouse

a oportunidade de liderar campañas de promoción

comercial dos nosos produtos. En novembro de 2011

presentouse á convocatoria do MARM un proxecto

estratéxico para promoción de produtos agroalimentarios

da “Europa Verde”e que se denominou “finisTERRAE.”

Estes traballos teñen a súa continuidade en 2012 na

procura de aproveitar as fontes de subvención dispoñibles.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

AGACA promoveu a segunda acción comercial

inversa, nesta ocasión con empresas do Benelux

72

6.4. ENXEÑERÍA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Dende o Departamento de Enxeñería e Desenvolvemento

Sostible impúlsase a competitividade das cooperativas

agrarias axudándoas a medrar de forma sostible

prestándolles un servizo integral, optimizando os seus

obxectivos en custo, prazo e calidade mediante un

asesoramento nos seus investimentos e na enxeñería de

proxecto, buscando e facilitando as mellores solucións

técnicas dispoñibles e as fontes de financiamento máis

axeitadas ás demandas das cooperativas, sempre con

criterios legais urbanísticos, ambientais e de calidade e

seguridade alimentaria.

As cooperativas agrarias están inmersas nun proceso

constante de innovación tecnolóxica, necesaria para afianzar

a seguridade alimentaria dos consumidores e favorecendo a

trazabilidade das materias primas e produtos terminados.

Para isto é fundamental a busca da mellor tecnoloxía

dispoñible para facilitar a mellora da produtividade das

fábricas de penso, adegas e instalacións hortícolas.

6.4.1 ÁREA DE ENXEÑERÍA

A pesar de que 2011 se caracterizou pola continuidade da crise financeira que afectou aos proxectos

investidores das cooperativas e dos gandeiros, ao non obter o creto necesario para as súas necesidades, na

área de Enxeñería estudáronse os proxectos de ampliación de cortes de gando vacún, reformáronse dúas

explotacións gandeiras de leite, ampliouse e instalouse nova maquinaria dunha adega e redactouse o

proxecto dunha nave para venda de maquinaria e un surtidor de gasóleo. Por outra banda, preparáronse os

estudos de viabilidade económica-financeira para tres proxectos de investimento cos seus correspondentes

expedientes de subvención, e tamén un estudo previo de viabilidade dunha adega que ten a súa orixe nun

proxecto dunha ducia de pequenas adegas que queren fusionarse nunha gran adega cooperativa.

6.4.2 ÁREA DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

No ano 2011 seguiuse a traballar nas áreas de diagnose, aforro enerxético e responsabilidade social, e

tamén se fixo un estudo de pegada de carbono. Centrarémonos neste apartado no Aforro Enerxético, xa

que os outros foron explicados, enmarcados na Asistencia Técnica que realizamos en colaboración co

MARM.

Aforro enerxético

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Mario Fernández (esquerda), responsable do

departamento de Enxeñería Técnica xunto con Manuel

Pedreira, técnico do mesmo

En 2011 AGACA canalizou as inquedanzas das cooperativas relacionadas co mundo dos servizos de enerxía

eléctrica e das novas enerxías ou das alternativas. Destacan:

• Auditorías enerxéticas en explotacións de leite: Desenvolvemento do Convenio de

colaboración co INEGA para a realización de dez auditorías enerxéticas en explotacións

gandeiras de leite. Hai unhas 12.000 estabulacións de vacún orientadas á produción de leite

nas que é posible optimizar o aforro enerxético, reducindo os seus custes de funcionamento e

mellorando a competitividade. O aumento do prezo da enerxía, a liberalización do mercado

eléctrico e as novas normativas eléctricas levan á necesidade de reconsiderar os métodos

73

habituais de traballo en busca de sistemas e tecnoloxías máis eficientes. Cos datos e resultados

dos traballos de auditorías desenvolvéronse as seguintes actividades de formación e

divulgación.

• Xornada de Calidade do Leite e Aforro Enerxético, dirixida aos socios, reitores e técnicos das

cooperativas, onde se expuxeron os datos máis relevantes das auditorías feitas. A explotación

gandeira media da mostra ten un consumo enerxético de 164.000 kWh, do cal, o 63%

corresponde aos labores agrícolas e o 17% á limpeza da sala de muxido; o muxido e arrefriado

do leite levan outro 15%, e a iluminación e outros consumos gastan o 4%. No estudo das dez

explotacións auditadas comprobáronse as posibles melloras a introducir na explotación para

mellorar a eficiencia enerxética e potenciar o aforro. Podemos afirmar que “o leite é gasóleo”,

xa que dos 164.000 kWh de consumo, un 76% é gasóleo; un 21%, electricidade e o 3%

restante, butano. As técnicas de condución e o bo mantemento do tractor son importantes á

hora de baixar o consumo do gasóleo. Entre outras melloras, destacamos a instalación do

intercambiador de placas, o recuperador de calor e o variador de velocidade na bomba de

baleiro. Na instalación de renovables, a solar térmica é unha grande axuda no aforro

enerxético para ter auga quente sanitaria.

• Xornada sobre Auditorías Enerxéticas nas Explotacións de Leite, dirixida os técnicas e

xerentes das cooperativas de produción de leite. Nesta xornada abordáronse os asuntos máis

relevantes dunha auditoría enerxética, os aspectos clave sobre a eficiencia enerxética, as

axudas públicas para afrontar as melloras eléctricas, as auditorías enerxéticas para o control

do consumo e a posibilidade de instalación de plantas de biogás en zonas agrogandeiras.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

74

6.5. Calidade

O Servizo de Calidade de AGACA no ano 2011 traballou en dúas áreas principais:

Implantación do Referencial de Leite de Vaca Certificado de Cooperativa (RLVCC)

Tramitacións de Rexistros Sanitarios con sendas implantacións de Sistemas de Análise de

Perigos e Puntos de Control Crítico (APPCC).

María Rey (segunda pola dereita) é a responsable do departamento de Calidade e orienta xunto con María

Pardo, Antonio Iglesias e Isabel Fernánez ás cooperativas galegas na obtención da máxima calidade nas súas

producións. Acompáñaos David Vila (esquerda), coordinador da oficina de Lugo

6.5.1. LEITE DE VACA CERTIFICADO DE COOPERATIVA

O equipo técnico de AGACA, dende hai oito anos, desenvolve o programa de “Leite de Vaca Certificado

de Cooperativa”, actualmente implantado en 13 cooperativas e en máis de 500 explotacións leiteiras.

Dito Referencial pretende dotar de protocolos para o autocontrol dos diferentes puntos críticos que se

dan na produción de leite na explotación coa finalidade de ter un produto diferenciado, de calidade, e

obtido baixo unhas determinadas condicións de produción, tendendo á unha constante mellora

continua.

AGACA conta cun equipo de catro técnicos que coordinan todo o proceso de implantación nas

cooperativas; dende as auditorías internas e a execución de autocontrois nas explotacións ata o deseño

e implantación do sistema de calidade a nivel do equipo técnico de cada cooperativa.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

75

Na campaña 2011, once cooperativas galegas, cun total de 285 explotacións leiteiras mantiveron o selo

de calidade “Leite de Vaca Certificado de Cooperativa”. A cooperativa O XEIXO, acadou a certificación

parcial por primeira vez.

Realizáronse 870 auditorías internas nas explotacións (frecuencia cuatrimestral); 325 visitas rutinarias;

400 controis de velocidade de arrefriamento en tanques de refrixeración e revisións de limpeza dos

circuítos de muxido, e máis de 1.200 controis de potabilización das augas (cloración/peróxidos).

A Consellería do Medio Rural fomenta a implantación e certificación externa de sistemas de

aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido nas explotacións de vacún

leiteiro.

Por outra banda, o MARM recoñeceu o RLVCC como esquema de certificación de calidade a efectos do

Real Decreto 66/2010 de aplicación de pagos directos á agricultura e á ganderia.

6.5.2. REXISTRO SANITARIO: DESENVOLVEMENTO DOS SISTEMAS DE ANÁLISE DE PERIGOS E PUNTOS DE

CONTROL CRÍTICO (APPCC)

O equipo técnico de AGACA asesora ás cooperativas lácteas para o desenvolvemento dos manuais de

puntos de control crítico (APPCC) xunto coa tramitación do Rexistro Sanitario.

Durante 2011, AGACA asesorou a 15 cooperativas primeiro compradoras na adaptación dos seus

manuais de APPCC ao Real Decreto 191/2011, de 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de

Empresas Alimentarias e Alimentos.

Tamén asesorou as empresas de transporte que prestan servizos de recollida para as cooperativas

primeiro compradoras na tramitación do Rexistro Sanitario e implantación do seu manual de

autocontrol.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

76

6.6. Informe sobre a xestión e o estado económico do cooperativismo

agrario en Galicia

Dende hai catorce anos a Asociación Galega de

Cooperativas Agrarias, Agaca, vén elaborando o

Informe sobre a Xestión e o Estado do

Cooperativismo Agrario en Galicia. Botando

unha ollada ao camiño andado dende o seu

primeiro ano de publicación, alá por finais do

século XX, este traballo constitúe xa un

elemento de referencia para o coñecemento da

evolución do cooperativismo agrario en Galicia.

É indubidable que o sector agroalimentario

galego se encontra diante dun complexo

escenario de importantes cambios que lle

afectan e afectarán de maneira moi intensa nos

próximos anos. O contexto político e a

coxuntura dos mercados internacionais

provocan unha reflexión estratéxica sobre o

sector e, como non, sobre o papel que o mundo

cooperativo agrario galego pode e debe xogar

para enfrontar estes retos en condicións

competitivas e viables no tempo.

O presente estudo, trata de ilustrar o que

significan as empresas cooperativas agrarias

galegas no sector agroalimentario e, en especial, o importante labor que xogan dentro do mundo rural,

así como as súas preocupacións, os seus desafíos máis urxentes e as estratexias necesarias para alcanzar

con éxito os obxectivos marcados.

A mostra tomada para o estudo engloba 51 cooperativas agrarias socias de AGACA, representativas da

totalidade de sociedades agrarias existente en Galicia. Con respecto a 2007, o número de entidades

analizadas redúcese en dúas, froito da escasa actividade mantida durante 2008.

Con respecto ao número total de cooperativas agrarias activas en Galicia (322 2 , no ano 2005, último

dato dispoñible á publicación deste Informe), a mostra abrangue case o 16% do total de sociedades

agrarias, así como a metade das cooperativas socias de AGACA.

2

JORDÁN RODRÍGUEZ, M. e BABÍO ARCAY, M.R., Cooperativas de Galicia. Informe de síntese. 2005, Santiago de Compostela: Consellaría

de Traballo. Dirección Xeral de Relacións Laborais, 2008. Téñense en conta non só as cooperativas agrarias de primeiro grao senón

tamén o cooperativismo de segundo grao que agrupa exclusivamente a cooperativas deste tipo

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Ruth Rodríguez é a responsable do departamento de Estudos

Socioeconómicos de AGACA

77

6.6.1. CONCLUSIÓNS DA ANÁLISE ECONÓMICA XERAL DO COOPERATIVISMO AGRARIO EN GALICIA

Datos xerais:

• Polo que respecta ao número total de socios

das cooperativas da mostra, dáse un

aumento do 1,7%, con respecto a 2006. A

media por empresa acada os 278

cooperativistas.

• O número de traballadores experimenta un

crecemento en 2007 de case o 3%. A media

por cooperativa sitúase nas 14 persoas. Os

datos indican que nos últimos cinco anos a

evolución da cifra media de empregados

segue unha tendencia á alza.

• Polo que respecta á cifra de facturación das

empresas da mostra, a media facturada por

cada unha destas sociedades supera os 6

millóns de euros. A súa evolución ao longo

do quinquenio 2003-2007 indica que as

cooperativas estudadas obteñen un volume

de facturación maior cada ano.

• Como consecuencia do anterior, o 60% das

cooperativas estudadas en 2007 ocupa algún

dos tres primeiros postos na clasificación das empresas que posúen unha maior

facturación no concello onde se localiza 3 . As cooperativas analizadas son a primeira ou

segunda empresa máis importante no ranking local no 66% dos concellos onde están

localizadas, é dicir, sitúanse no primeiro lugar da clasificación local segundo o importe

de facturación en 14 concellos.

Perfil do cooperativista:

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Portada do XIV Informe sobre a xestión e o estado

económico do cooperativismo agrario en Galicia

• O perfil promedio do cooperativista agrario en 2008 non é diferente da dos outros

anos: varón cunha idade media de 40 a 55 anos. As mulleres teñen unha presenza

maioritaria nas cooperativas de horta e flor (73%), mentres que en gandería e viño

teñen menor representación (37 e 36%, respectivamente). As cooperativas

vitivinícolas posúen a porcentaxe máis elevada de socios maiores de 40 anos, o 92%.

As sociedades gandeiras presentan a porcentaxe de socios menores de 40 anos máis

alta das tres ramas de actividade: en torno ao 24%. Tan só o 2% corresponde a mozos

con menos de 25 anos. O envellecemento da poboación rural faise presente un ano

máis nos datos do presente Informe.

3 ARDÁN: Galicia 2008. Directorio 13.500 empresas, Vigo: IGAPE, Consorcio Zona Franca de Vigo, 2008. Nel figuran os datos de 13.500

empresas galegas que tiveron uns ingresos superiores aos 375.000 € no exercicio 2006.

78

Emprego:

Asembleas:

• A porcentaxe de contratos fixos é moito máis do triplo, que a de contratos temporais,

que acada só o 21% do total do emprego directo xerado polas sociedades estudadas.

Facendo unha comparación con 2004, obsérvase que o número de contratacións fixas

ten experimentado un aumento do 12%.

• A porcentaxe media de asistencia ás asembleas celebradas en 2007 nas sociedades

cooperativas permanece case sen variacións (en torno ao 48%). A cantidade de xuntas

que se celebran anualmente tampouco experimenta grandes cambios.

Órganos sociais:

• O número medio de conselleiros por sociedade ascende a 8. A maior cifra acádase no

sector vitivinícola (10 membros). Polo que se refire ao número de socios que

representa cada conselleiro, a media acada os 36 cooperativistas.

• Polo que respecta á presenza feminina no órgano directivo da cooperativa, segundo a

mostra, só o 18% dos membros do consello reitor son mulleres. Por sectores de

actividade, onde se dá unha maior presenza é na produción e comercialización de

produtos de horta e flor cortada (61%).

• A maioría dos compoñentes do consello reitor dunha cooperativa tipo posúe estudos

básicos (69%), tan só o 6% cursou estudos universitarios. Analizando esta variable en

función do xénero, obsérvase na mostra que as mulleres posúen unha maior

porcentaxe de estudos universitarios e medios que os homes membros do consello

reitor (11% das mulleres fronte ao 5% dos homes). A maioría dos reitores con estudos

superiores forma parte de cooperativas dedicadas á produción e comercialización de

viño (27%).

A presidencia:

A xerencia:

• A presidencia das sociedades cooperativas está ocupada por un varón cunha media de

50 anos de idade en 2008 e unha antigüidade media de oito anos no posto. Con

respecto ao nivel de estudos só unha porcentaxe moi reducida das persoas que

ocupan este cargo posúe estudos universitarios (10%). A excepción atópase nas

sociedades do sector do viño, onde a metade dos presidentes posúe titulación

superior. En termos xerais, a maioría (55%) conta con estudos básicos.

• Tan só o 12% dos presidentes das cooperativas estudadas son mulleres. De igual xeito

que no resto dos membros do consello reitor, dáse un maior predominio de

presidentas nas sociedades dedicadas á produción e comercialización de produtos de

horta e flor cortada (25%).

• O 69% das sociedades da mostra teñen xerente. Non todas as cooperativas confían na

necesidade de contar cun xerente para a administración da empresa. A súa idade

media é de 41 anos e levan arredor de 11 anos no posto. Hai un 64% de profesionais

con estudos universitarios (medios e superiores).

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

79

• Con respecto á análise de xénero, só o 31% das xerencias das cooperativas estudadas

están ocupadas por mulleres. Nas sociedades de viño e horta, este posto está ocupado

soamente por varóns. Nas demais tan só o 33% dos xerentes son mulleres.

Formación a socios e traballadores:

• O 68% dos cursos impartidos nas cooperativas agrarias estudadas foron realizados en

colaboración coa Unión de Cooperativas Agrarias, Agaca, esta porcentaxe supón case

un 11% menos que en 2007. Os temas máis tratados volven ser os sectoriais (79%),

seguidos das TICs (tecnoloxías da información e da comunicación), xa que o 38% das

cooperativas que impartiron formación aos seus socios incluíron algún curso deste

tipo.

• O 25% das cooperativas analizadas usan a teleformación ou a formación a distancia.

Isto supón que seis cooperativas máis usaron esta ferramenta de ensino, con respecto

a 2007.

6.6.2. CONCLUSIÓNS DA ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCEIRA

As cooperativas agrarias teñen unha estrutura económica e financeira que lles serve para alcanzar unha boa

parte dos seus obxectivos, porén, é necesario que esta estrutura siga sendo útil e permita ir alcanzando os

novos obxectivos que os socios das cooperativas demandan. Precísase de análise e mellora continua, para

que sexa a máis adecuada para realizar ditas actividades.

A estrutura económica das cooperativas da mostra alcanza un volume de máis de 196,81 millóns

de euros, dos que o 45% corresponden a activo non corrente e o 55% a activo corrente. Isto

supón un incremento durante o exercicio 2008 do 8,32%.

O patrimonio neto das cooperativas da mostra alcanza un importe de 84,29 millóns de euros, o

que representa un 42,83% das fontes de financiamento; nas empresas analizadas polo Ardán esta

participación é do 31,62%.

As recomendacións que se teñen apuntado en Informes anteriores, seguen sendo válidas para o

exercicio 2008.

Mellorar o sistema de información interno para poder obter datos precisos e oportunos para a

toma de decisións.

Facer unha análise da capacidade de produción, intentando conseguir a plena produción.

Analizar as distintas fontes de financiamento existentes e o seu custe.

Estudar a utilidade da cada proxecto de investimento e de cada actividade, así como a súa

viabilidade técnica e económica, e a forma máis axeitada de financiala.

Fomentar o compromiso dos socios co cooperativismo.

Determinar unha marxe axeitada que lle permita á cooperativa realizar a súa actividade con

garantía.

Todas estas actuacións deben ir acompañadas de fomento e axudas ao cooperativismo por parte

das Administracións Públicas.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

80

6.6.3. CONCLUSIÓNS DA XESTIÓN ECONÓMICA

Novas tecnoloxías:

• O 100% das cooperativas estudadas conta en 2008 con conexión á internet. Resulta obvio

que a posibilidade de acceso á internet vai depender do lugar onde estea situada a sede da

cooperativa e as deficiencias tecnolóxicas existentes nesa zona, que non dependen da

propia entidade.

• O uso que se lle dá á internet está fortemente relacionado coa actividade á que se dedica a

cooperativa.

Planificación estratéxica:

• A porcentaxe de cooperativas que en 2008 afirma marcar obxectivos a corto, medio ou

longo prazo é do 58%, entendendo a fixación de obxectivos de xeito formal, por escrito e

con avaliación de resultados.

• Facendo unha avaliación da organización e do funcionamento das diferentes áreas de

traballo existentes nas cooperativas agrarias obxecto de estudo, perfectamente

extrapolables ao conxunto real de cooperativas, chégase á conclusión de que un aspecto

considerado claramente mellorable é o da investigación, desenvolvemento e innovación

(I+D+I), en todos os sectores.

Xestión de recursos: instalacións e outros recursos:

• En 2008 a porcentaxe de cooperativas da mostra con traballos desenvolvidos en canto a

I+D+I é moi reducida: tan só o 6% considera que posúen un departamento específico para

tal efecto.

• En termos globais, no ano 2008, destaca que o 69% das cooperativas estudadas ten

implantado un sistema de trazabilidade, o que supón o 7% máis que o ano anterior.

• Tamén destaca a elevada porcentaxe de cooperativas que pertence a cooperativas de

segundo grao: o 63% das sociedades enquisadas.

Xestión comercial, mercados e internacionalización:

• O responsable da xestión comercial adoita ser habitualmente o xerente, sobre todo nas

cooperativas gandeiras. O director comercial participa ou é responsable con máis

frecuencia da xestión comercial nas cooperativas dedicadas ao viño.

• Un aspecto que chama a atención ao preguntar por estes temas é a dificultade das

cooperativas en percibir como marca o propio nome da cooperativa, sobre todo no caso

das cooperativas gandeiras dedicadas á fabricación de penso.

• As cooperativas vitivinícolas, debido a que a súa dobre orientación (ao socio e ao cliente)

está moito máis acentuada, polo tipo de mercado no que opera, son as que teñen o

concepto de marca máis desenvolvido. Xeralmente, posúen máis dunha marca, que nalgún

caso pode coincidir ou non coa denominación da entidade.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

81

• Só o 10% das entidades leva a cabo algo de comercio electrónico. A venda pola internet é

utilizada polas cooperativas dedicadas á elaboración e comercialización de viño e polo 3%

das gandeiras.

• Tan só un 17% do total que respondeu a esta pregunta realiza algún tipo de investigación

de mercados.

• A venda directa á distribución organizada ten un peso moi importante nas cooperativas de

viño (o 59% da facturación vai dirixido a ese colectivo) e algo menos nas de horta e flor

(13%) e en gandería (2%). Polo contrario, a venda directa a tendas tradicionais e a terceiros

teñen unha importancia reducida nos tres sectores, segundo a mostra analizada.

• Tan só as sociedades dedicadas á uva e ao viño realizan exportacións algo significativas. Os

destinos atópanse bastante repartidos. En 2008, destacan os Estados Unidos, que recollen

o 30% da facturación orixinada coas exportacións

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

82

6.7. COMUNICACIÓN E DIVULGACIÓN COOPERATIVA

As accións comunicativas executadas por AGACA durante 2011 estiveron encamiñadas a fomentar a

comunicación a través de dúas vías: por unha banda, a través da comunicación interna, coas

cooperativas que integran a Asociación e por outra, da comunicación externa, dirixida a dar a coñecer o

cooperativismo agroalimentario ao resto da sociedade.

6.7.1. COMUNICACIÓN INTERNA

Rosa Vázquez, responsable do departamento de Comunicación e revista “Cooperación Galega” xunto con Nazaret Bolaño

(dereita), técnico de comunicación

Dispoñer de información é esencial para acadar unha posición estratéxica e competitiva en calquera

ámbito. As cooperativas non son alleas a esta circunstancia e cada día somos máis conscientes da

necesidade de coñecer o que está acontecendo. A sociedade globalizada na que vivimos non entende de

distancias nin fronteiras. Temos ao alcance da nosa man cantidades inxentes de información pero

xestionala axeitadamente é unha tarefa que nos ocupa moito tempo e xa sabemos que o tempo é

esencial.

Neste senso, dende 1990, todas as cooperativas socias reciben dossieres informativos. Dende 2007

actualizouse este servizo, pasando de recibir a información publicada en medios cunha periodicidade

mensual, a unha frecuencia diaria. Cada día, responsables e técnicos das cooperativas socias de AGACA

reciben unha selección das noticias procedentes de xornais en papel e medios electrónicos, que poden

resultar de interese en todos os sectores con que nos relacionamos.

Así, as canles empregadas na potenciación da comunicación interna foron:

Dossier de prensa diario (vía correo electrónico), onde poden visualizar os titulares das novas

máis destacados coa posibilidade de ler a noticia completa en formato texto ou imaxe ou ben

acceder, a través dun enlace, a un PDF onde consultar o total das novas do día. Ademais, de

luns a venres, envíase un resumo das novas aparecidas nos medios dixitais.

Informes sectoriais

Intercambio de información cos gabinetes de comunicación doutras Federacións e de

Cooperativas Agro-alimentarias

Revista Cooperación Galega

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

83

Separatas informativas

Envío de avisos SMS e comunicacións de eventos e reunións por correo electrónico

Páxina web de AGACA (www.agaca.coop)

Con carácter máis restrinxido, AGACA emite Informes Sectoriais onde se resumen as noticias máis

destacadas dos sectores, remitíndose ás cooperativas interesadas.

Ademais dos artigos aparecidos nos medios de comunicación, tamén se remiten informacións

procedentes de gabinetes gubernamentais, centros de investigación e outras fontes relacionadas co

sector.

Mantéñense continuos fluxos de comunicación entre os gabinetes de prensa das Federacións co

obxectivo de intercambiar informacións que poidan ser útiles para o sector cooperativo de cada

comunidade autónoma. Temos acceso a informes, datos, publicacións e axendas que son de utilidade

para os técnicos e para as cooperativas. Na oficina de Santiago recíbense puntualmente as revistas

elaboradas polas diferentes Federacións e Unións integradas en Cooperativas Agro-alimentarias.

Cooperación Galega

En canto á revista Cooperación Galega, foron cinco os números publicados durante 2011 (do 102 ao

106, ambos inclusive) cunha tirada de 15.000 exemplares en cada edición, contando (para a distribución

exclusivamente) coa colaboración da Consellería de Traballo.

Entre os temas tratados en profundidade na publicación, ao longo de 2011, destacamos −pola relevancia e

repercusión acadadas− a visión da futura PAC; a complexidade da situación do vacún de carne; o convenio

asinado entre as cooperativas de horta e unha das máis relevantes compañías de distribución; a traxectoria

de éxito das bodegas vitivinícolas galegas, unha completa análise das novidades incluídas na nova Lei de

Cooperativas e a relevancia da formación no éxito profesional das cooperativas

Ademais incluíronse entrevistas, reportaxes a cooperativas, noticias de actualidade, un seguimento das

distintas xornadas sectoriais e seminarios organizados pola Asociación.

Alén dos temas tratados en profundidade, das noticias e reportaxes diversas, a revista conta con dúas

seccións con carácter máis técnico: Difusión Técnica, centrada no sector de horta e flor e un Caderno de

Divulgación Técnica.

Mención especial merece o enorme esforzo de traballo e xestión organizativa dos artigos de divulgación

técnica no Caderno elaborados por expertos de recoñecida traxectoria na investigación agraria, con

gran prestixio, mesmo a nivel internacional. Do mesmo xeito, técnicos especializados en horta,

vinculados ás cooperativas, desenvolven un importante labor informativo compartindo experiencia e

coñecementos a través de Difusión Técnica.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

84

6.7.2. COMUNICACIÓN EXTERNA

En canto á comunicación externa, partiuse dun seguimento diario da actualidade e tendencias

informativas relacionadas co agro e o cooperativismo. En función das liñas comunicativas seguidas polos

medios de comunicación e as marcadas polos propios acontecementos deste pasado ano,

emprendéronse accións informativas introducindo a AGACA na axenda dos medios, de xeito, cada vez,

máis frecuente e amosando á Asociación como fonte comunicativa aberta e de referencia.

Comunicados de prensa

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

Portadas da revista Cooperación Galega do ano 2011

Durante 2011 os esforzos comunicativos propios do Gabinete de Comunicación de AGACA centráronse

na difusión pública de eventos e proxectos organizados e participados por AGACA como as distintas

Xornadas Sectoriais; a XXIII Asemblea Xeral; os proxectos BIOES2 e SOCIAL COOP; a Misión Comercial

85

Inversa con Bélxica e Holanda; o Catálogo de Produtos de Cooperativas; a sinatura dun convenio de

distribución de produtos de horta entre as cooperativas e Vegalsa; o desenvolvemento dun estudo de

eficiencia enerxética en explotacións leiteiras e outro sobre a pegada de carbono na produción de

queixo; as incidencias derivadas da aplicación da nova Lei de Cooperativas; o envío solidario por parte

das cooperativas dun importante lote de produtos lácteos para os afectados polo terremoto de Lorca,

ou cuestións de relevancia como o apoio á constitución das Organizacións de Produtores; o Referencial

de leite de Vaca Certificado de Cooperativa, ou a transmisión de información relacionada coa vindeira

PAC

Todas as valoracións, informacións e opinións emitidas realízanse baixo o prisma de trasladar á

sociedade os valores propios do movemento cooperativo: solidariedade, igualdade, compromiso,

transparencia, vocación social..., pois consideramos moi importante que non se perdan de vista estes

principios que lle confiren ao cooperativismo a súa verdadeira esencia.

Dende o servizo de prensa de AGACA tamén se atenderon as peticións de información de organismos

públicos, empresas mercantís e medios de comunicación tanto galegos como de fóra de Galicia e

mesmo de particulares, que solicitaron a atención do gabinete de comunicación. As cuestións que

demandaron máis interese, ademais dos xa mencionados, foron os Contratos Homologados, as

relacionadas co estudo publicado pola OCU sobre marcas de leite, as negociacións relacionadas con

CLESA e, os servizos de substitución e maquinaria, entre outros.

Cooperativas Agro-alimentarias

Ademais, neste ano, Cooperativas Agro-alimentarias suscribiu un

convenio coa publicación Agronegocios, mediante a cal, as FUT de cada

Comunidade Autónoma están en disposición de enviar artigos para a

súa publicación. AGACA ten participado nesta acción con envíos

puntuais de información.

Por outra banda, como cada ano, enviáronse artigos para publicar en

cada número da revista de Cooperativas Agro-alimentarias.

Publicacións

Entre as publicacións e soportes informativos elaborados en 2011,

ademais dos mencionados, como a revista Cooperación Galega, as

notas de prensa e comunicacións directas, deseñáronse outros como:

• Guía de Cooperativas: unha recompilación de información sobre as cooperativas socias que

inclúen información de situación, actividades principais, número de traballadores e tramo

económico de facturación.

• Catálogo de Produtos: estruturado en subsectores, recolle unha selección dos produtos máis

destacados das cooperativas, ilustrados con imaxes e textos descritivos, en tres idiomas

(castelán, inglés e alemán) xunto cun directorio que inclúe información das cooperativas

produtoras.

• Accións promocionais: elaborouse un vídeo promocional dos servizos ofrecidos por AGACA co

fin de difundilos a través deste soporte, ademais dunha cartelería e polípticos identificativos.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

86

6.7.3. PÁXINA WEB AGACA

Dende unha perspectiva global de achegamento de información, AGACA conta cunha páxina web propia

dende a que facilita aos interesados un achegamento continuado á entidade, amén de subministrar

aquelas noticias relacionadas tanto coa Asociación como cos sectores que abrangue o contorno rural, ou

as cooperativas asociadas.

Todos os apartados incluídos na páxina, http://www.agaca.coop, fan referencia a aspectos públicos que,

dende AGACA, consideramos de gran importancia, noutro intento de ofrecer un mellor servizo aos

nosos asociados e a todos aqueles que poidan precisar ou demandar información relacionada co

cooperativismo agrario en todas as súas vertentes. De feito, non debemos obviar a plataforma de

impulso que, a día de hoxe, nunha sociedade tan globalizada supón contar cun elemento de difusión tan

accesible, rápido e directo.

Neste ano, incluíuse, na páxina web, un acceso directo a EUSUMO. Cooperativismo e Economía Social e

outro ao Catálogo de Produtos agroalimentarios de cooperativas de Galicia (elaborado dende AGACA).

Tamén foi incluído outro acceso directo á “Estratexia de concentración da oferta e integración

cooperativa”, unha proposta elaborada por AGACA e dirixida a Medio Rural.

Nesta liña comunicativa, AGACA tamén promoveu as súas actividades e servizos, como as das

cooperativas asociadas que transmiten información das súas accións, a través da actualización

continuada das novas e da información na páxina web (www.agaca.coop) e na do Consello Galego de

Cooperativas.

SERVIZOS DE APOIO AO CAMBIO

87

Pola defensa das cooperativas agrarias

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!