15.01.2015 Views

NUEVO KIA RIO - Sprint Motor

NUEVO KIA RIO - Sprint Motor

NUEVO KIA RIO - Sprint Motor

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

28 Sprint Motor >> Competición

XIII Slálom de Touro

Miguel Lago impuxo a súa lei

O pasado día 11 de

setembro disputouse,

sobre o habitual

percorrido situado nos

aledaños do pavillón,

o XIII Slálom de Touro,

proba puntuable para

o campionato galego

da especialidade.

A chuvia estivo

presente durante

todo o día e o circuíto

preparado polos

membros da escudería

Touro Competición

amosoulle, aos 26

pilotos inscritos, a

súa faciana máis

esvaradía.

■ IVÁN MARAnte | Texto e Fotos

Primeira vitoria da tempada

de Slálom para Miguel Lago

O máis rápido en parar

o cronómetro foi Miguel A.

Lago, aos mandos dun Peugeot

106 GTI. Lago fixose

cun bo número de puntos,

pero polo de agora atópase

bastante descolgado na loita

polo campionato.

Fernando Rico, piloto habitual

e punteiro no campionato

galego de ralis de asfalto

participou co Citroën C2

GT de José Ramón González.

O de Narón amosou porque

e o líder da Top Ten Driver Pirelli

e fixose cunha merecida

segunda posición na clasificación

xeral.

Por outra banda, o actual

líder do campionato, o piloto

Fran Abalo, tivo que conformarse

coa terceira posición.

Os seus inmediatos perseguidores

de cara o campionato,

Rubén García Naya e Pedro Villar,

asinaron unha actuación

máis ben discreta, e Abalo segue

collendo vantaxe en cada

carreira que participa.

A cuarta praza foi a parar

as más de Rubén Gandoy. O

piloto do Citroën AX fixo un

slálom fantástico, e rematou

as dúas mangas oficiais

na segunda posición, pero

finalmente, unha penalización

acabouno retrasando

na clasificación xeral ata a citada

cuarta posición.

Despois de confirmarse

a anulación da oitava edición

do Slálom de Monterroso,

a vindeira proba puntuable

que se vai disputar será o

Slálom Vila de Meira, o día 15

de outubro.

O piloto da Top Ten Driver

Pirelli, Fernando Rico, fíxose

coa segunda praza da xeral

Con esta terceira posición, Fran Abalo é aínda máis líder do campionato

Ruben Gandoy a piques estivo de rematar segundo

García Naya asinou unha discreta actuación en Touro

O asfalto non estaba nas

condicions idóneas para o

BMW de Pedro Villar

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!