20.02.2015 Views

C L U B E D E L EC TO R E S - Biblos

C L U B E D E L EC TO R E S - Biblos

C L U B E D E L EC TO R E S - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Ollando un pouco atrás

As suxestións de Ramón Nicolás para este verán

Narrativa

6

Henrique Alvarellos

Diario dun pai

acabado de

nacer

Xerais

Rústica

17 × 24 cm 112 páxinas

ISBN: 978-84-9782-711-9

15,80 €

Por non seren habituais este tipo de

libros cómpre referirse a este volume do

xornalista e editor Henrique Alvarellos,

pois o Diario dun pai acabado de nacer

explora algunha das dimensións dos

primeiros pasos dunha relación paternofilial;

motivo que adoitaba ser máis

acaído até agora a outros xéneros como

o poético –velaí o sempre fresco Darío

a diario, de Xela Arias ou mesmo, en

parte, as Sete palabras de Suso de Toro....

Nesta ocasión Alvarellos abéirase á

forma do diario para abordar a espera,

o nacemento e os primeiros anos da

vida dun neno, o seu fillo, construíndo

un texto emotivo no que a figura do pai

pasa a focalizar o núcleo do discurso, sen

esquecer a inclusión de moitas doses de

certo escepticismo vital.

Tamén o volume encerra unha reflexión

sobre o futuro, a infancia e o tempo,

recollendo o eco dos acontecementos

sociais que se viven nun período

concreto e entreverando as impresións

de lecturas, a pegada das complicidades

afectivas, o traballo cotián, as viaxes, as

mudanzas e outros fíos que constrúen

o día a día. Un exercicio, así pois, de

memoria e reflexión, orixinal e moi ben

composto.

TRILOXÍA

Xavier Alcalá

Unha falsa luz

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 476 páxinas

ISBN: 978-84-9865-028-8

23,09 €

Nas catacumbas

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 424 páxinas

ISBN: 84-8288-802-1

21,66 €

Entre fronteiras

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 346 páxinas

ISBN: 84-8288-667-3

19,29 €

Non resultan moi comúns,

editorialmente falando, proxectos

como este no que Xavier Alcalá foi

quen de encerrar en case mil trescentas

páxinas non unicamente a memoria da

comunidade evanxélica desde o reinado

de Alfonso XII ata a morte do xeneral

do Franco senón outros moitos asuntos,

entre os que destaca, sobre todo, o da

disidencia e as súas consecuencias,

vivida e experimentada polos membros

dunha comunidade que, pola fidelidade

e lealdade a unhas crenzas, sufriron

persecución, sendo vítimas duns

e doutros e véndose obrigados a

sobreviviren en circunstancias ben

adversas e en moitas ocasións extremas.

Alcalá realiza un exercicio de

corte memorialístico –velaí o ton

autobiográfico co que o protagonista

nos ensarilla intensamente nos

tres libros e que posibilita unha

liña comunicativa máis directa e

achegada ao lector–, e crea unha

ficción que, en treitos substanciais,

adapta a historia aos seus lexítimos

intereses. Inescusablemente existe

unha débeda contraída con diferentes

fontes: documentais, notariais, de

carácter oral... unha cantidade inxente

de información que se modifica e

transforma, que converte en materia

narrativa asentándoa nun contexto

que tamén é, ao tempo, un friso dos

acontecementos. Por se fose pouco a

transparencia e forza expresiva desta

grande historia constitúe, tamén, un

elemento a ter moi en conta.

PREMIO DA CRÍTICA 2008

E PREMIO IRMANDANDE

DO LIBRO AO MELLOR

LIBRO GALEGO DE 2009

Marcos S. Calveiro

Festina lente

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 288 páxinas

ISBN: 978-84-9782-786-7

16,25 €

Calveiro xa subscribira, antes deste

Festina lente, outras pezas como

Rinocerontes e quimeras e mais O carteiro

de Bagdad, mais coido que con esta

novela afortalou, de vez, a súa presenza

como un dos narradores de maior

proxección como estes días testemuña

con dúas recentes novelas no mercado

Esta proposta, concibida desde un

rigoroso medievalismo ambiental,

integra evidentes pegadas de novela

negra que conflúen ao tempo neses

grandes asuntos literarios de sempre

tratados con acerto: o amor, a morte,

a traizón, o engano, o poder...

Ingredientes que se adobían coas

necesarias doses puidoras e intenso

traballo estilístico.

A presenza da Compostela medieval, os

personaxes elaborados con solvencia

en todas as súas contradicións, a

variedade de recursos empregados son

só algunhas razóns máis para continuar

recomendándoa.

O verán constitúe, para a maioría, un deses

períodos acaídos para achegarse a aquelas

novidades acabadas de saír do prelo mais tamén é

posible que este tempo poida erixirse como o ideal

para volver a ollada lectora un pouco atrás,

nalgúns casos un pouco máis atrás, e decidirse

a retomar aquel libro que, por circunstancias

diversas, puido quedar varado nas primeiras

páxinas ou aqueloutro que aínda agarda unha

oportunidade, para poder conseguilo ou para

retiralo do andel da biblioteca.

Así pois se cadra estes días que agora se presentan

poidan ser datas acaídas para este exercicio

Manuel Veiga

O profesor de

vegliota

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 144 páxinas

ISBN: 978-84-9782-706-5

15,80 €

Aínda non se abateran días un tanto

infelices para o futuro do idioma

cando Manuel Veiga, tras dúas novelas

publicadas con anterioridade, ofreceu,

a medio camiño entre a novela e o

ensaio, unha lúcida reflexión arredor

de conceptos como a identidade, a

resistencia ou a asimilación coa lingua

como obxecto de reflexión.

Incorporando unha homenaxe implícita

a Reimundo Patiño a través da figura

do falante de vegliota óptase por

construír un universo literario alicerzado

nunha viaxe en tren realizada polo

protagonista: un profesor depurado

e perseguido, posuidor de dous

manuscritos de corte ensaístico sobre o

vegliota que titula significativamente

«Klemperer» e «Ferrer i Gironès»;

unha viaxe, por certo, cargada de

intención, pois nada hai gratuíto

nesta entrega, de xeito que se trata da

derradeira que realiza un tren chamado

«arrancatravesas» e que aproveitará

o seu percorrido para ir arrincando as

trabes que compoñían a vía pola que

circulaba. Unha estraña e simbólica

viaxe, así pois, que lle dá forma a unha

alegoría que, hoxe máis que nunca,

convén coñecer.

que entendo como axeitados para «rescatar»

algúns títulos, nesta ocasión narrativos, máis ou

menos próximos no tempo e que ao meu xuízo non

defraudarán... Sobre eles semella que pasou moito

tempo pois a vixencia das novidades, como obxecto

de atención mediática, en librarías ou revistas,

vén sendo cada vez máis efémera, mais non debera

ser así.

Non se persegue, por último, ocultar recentes

e probablemente valiosas novidades senón,

por unha vez, recuperar tamén a presenza de

libros nosos que, se cadra, puideron tamén pasar

desapercibidos.

Marica Campo

Memoria para

Xoana

Espiral Maior Rústica

13,5 × 21 cm 64 páxinas

ISBN: 84-95625-40-7

10 €

Publicado xa no ano 2002 e galardoado

no seu día pola Asociación de Escritores

en Lingua Galega Memoria para Xoana

articúlase como un exercicio narrativo

no que unha muller lle relata en voz

alta, a unha filla que agarda e que

nacerá axiña, o pasado da súa familia,

as raigames nas que se afonda nunha

liñaxe, con aberta preheminencia

do feminino, marcada polo esforzo e

orgullo superador de seculares atrancos

ata o tempo presente, tecendo unha

cadea intanxíbel de vida que vai desde

Pepa a Toupa ata Xoana, pasando

por Rosa Pérez, Carolina, Carme e a

protagonista, todas a teceren un soño

propio –esa memoria recorrente–

que entenden necesario para a

supervivencia.

Un libro cheo de matices épicos e

con axustadas doses de emoción,

sensibilidade e tenrura que, ademais,

afonda con sinceridade nas poliédricas

relacións humanas e que mesmo encerra

unha inequívoca dimensión simbólica

e metonímica da nosa historia, de

Galicia e do seu futuro que, loxicamente,

representa esa Xoana que ha de vir,

afortalada xa pola memoria dos seus.

Ramón Caride

O frío azul

Sotelo Blanco Rústica

16 × 21 cm 128 páxinas

ISBN: 978-84-7824-540-6

10,50 €

Galardoada no premio de novela

curta Lueiro Rey hai poucos anos,

Caride ofrece, no ronsel das novelas

de aventuras, as peripecias biográficas

de Lourenzo: un frade e ex militar

desapiadado, agora enclaustrado por

propia vontade no mosteiro de Oseira

nas primeiras décadas do século XVI,

dono dun pasado avolto e certamente

insospeitado.

A este piar xúntaselle o das novelas

góticas pois velaí o obxecto que desata

toda a misteriosa intriga: un anel

misterioso que nos conduce por veces

ao terror, noutras ocasións aos vieiros

da morte –ese frío azul– ou mesmo

á presenza do amor no medio dunha

atmosfera desacougante e cun pano

de fondo tecido cos acontecementos

estraños e angustiosos que

protagonizan os personaxes femininos,

con especial atención Inés ou Xálima e

Ildara. Finalmente, o autor non esquece

o modelo da novela histórica pois

non en van se introducen referencias

do mundo medieval, retratado

con precisión e sendo evocado coa

transparencia necesaria, agromando

aquí e acolá a sombra do Santo Oficio, os

convictos de apostasía, o escurantismo,

os libros prohibidos, os partidarios

de Sabela a Católica e de Xohana a

Beltranexa... Todo serve para esculcar

nas fendas e no máis escuro da alma

humana, tamén para erixir un canto

contra a intolerancia e contra os poderes

inquisitoriais e de todo tipo.

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO

AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO

2008 E PREMIO ASOCIACIÓN DE

ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

(INFANTIL - XUVENIL) 2008

Xabier P. Docampo e

Xosé Cobas

O libro

das viaxes

imaxinarias

Xerais

Cartonado

19,5 × 29 cm 224 páxinas

ISBN: 978-84-9782-918-8

19,66 €

Se cumprise realizar unha escolla onde

se citasen unha ducia dos supostamente

denominados libros da década, ao

meu ver este título non debería faltar.

Argumentos para xustificar o dito é ben

certo que son moitos mais non viría

mal lembrar, alén desa conxunción,

acaída como poucas, entre imaxe o

texto, a afouteza e o enxeño para se

internar por un universo temático que

pode parecer moi tripado, mais desde o

que se demostra como é posible poder

renovar e volver interesar a un lector

nun texto fonte e clave de todo o que

veu despois como é a Odisea, e por riba

facelo levando canda si a compañeiros

de viaxe como son Cunqueiro, Borges,

Kawabata, Robert Burton ou Bruce

Chatwin, sen deixar de facer chiscadelas

a toda a potencialidade que encerra a

propia tradición oral.

É este un libro dono dunha fulgurante

clareza que se evidencia en cada páxina,

en cada liña. Un libro, en fin, que non é

quen de ocultar a sapiencia e o talento

que o alicerza.

Premio de novela

por entregas de

La Voz de Galicia

Alberto Ramos

Con acuse de

recibo

Biblos

Cartonado

16 × 22 cm 112 páxinas

ISBN: 978-84-937323-9-4

15€

E atrévome coa última recomendación

que é o «rescate» máis recente no

tempo dos que aquí se presentan. Con

el permítome reivindicar a actividade

e presenza do que teño denominado

noutros lugares como autores e autoras

da «factoría Biblos» e que apunta a esa

ricaz promoción de autores novos que

se dan a coñecer ao abeiro do premio

Biblos-Pazos de Galicia para un escritor

menor de 25 anos. Ramos conseguírao,

no seu día, con Dor pantasma (2006)

e Con acuse de recibo, premio de

novela por entregas La Voz de Galicia,

testemuña a súa feliz continuidade no

ámbito creativo.

Esta novela permítelle a Ramos exhibir

as súas dotes como narrador, moi atento

ao meu ver ás técnicas de filiación

cinematográfica, para atreverse con

inequívoca fortuna a artellar unha

orixinal filodetectivesca, erixida sobre

un fondo que esculca na identidade

persoal e familiar, con grande

efectividade no que atinxe ao deseño de

situacións, ao tratamento outorgado a

personaxes e atmosferas que beirean, en

ocasións, a dimensión do misterioso ou

do descoñecido.

Ramón Nicolás

Narrativa

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!