20.02.2015 Views

Prisciliano eo priscilianismo. Da condena á rehabilitación - Biblos

Prisciliano eo priscilianismo. Da condena á rehabilitación - Biblos

Prisciliano eo priscilianismo. Da condena á rehabilitación - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Breviario - Narrativa

6

Breviario

Agustín Fernández Paz.

1. A AELG, a través dunha

carta asinada por Cesáreo

Sánchez e Mercedes Queixas,

solicitou o nomeamento

como Doutor Honoris Causa

para Agustín e o 20 de xuño

de 2012 o Departamento de

Filoloxía Galega e Latina da

Universidade de Vigo decidiu

aprobar esta proposta por

maioría. Enténdoo como un

acto de xustiza este máximo

recoñecemento universitario;

tamén o foi a emocionante

Homenaxe que se celebrou 0

30 dese mesmo mes en Vigo.

Beizóns para Agustín.

Vidal Bolaño. Xa temos autor

2. para as Letras 2013. Recoñezo

a miña satisfacción con esta

escolla, como igualmente

a amosaría con algúns dos

candidatos que se barallaban.

O dramaturgo compostelán

posúe incontestables méritos

para este nomeamento e

coido que debe ser un ano

para que se fale tamén de

teatro galego, que se proxecte

a relevancia deste xénero

na nosa sociedade e que se

mellore a súa saúde. Quedou

Rosalía de Castro fóra

desta escolla, que sería unha

elección magnífica pois 1963,

cando se lle dedicou, queda

xa ben lonxe. Con todo,

conxecturo que non ha ser

difícil que o Parlamento de

Galicia e outras entidades,

seguindo o ronsel do ocorrido

con Álvaro Cunqueiro en

2011, e no presente ano

con Celso Emilio Ferreiro,

poidan acordar dedicar o

2013 a enxalzar a memoria

rosaliana. Unha e outra

celebración non as entendo

como incompatibles; é máis,

teño para min que resultan

felizmente complementarias.

Oxalá así sexa.

Non esquezo que estamos no

3. verán e non vou recomendar

ningún título concreto aquí

mais si apunto algúns dos

volumes que, por diversas

razóns, agardo que me poidan

acompañar este tempo: En

vías de extinción, de María

Reimóndez, Tempo de outono

de Mario Regueira, Iria de

Anxo Angueira, a biografía

sobre Murguía que subscribe

X.R. Barreiro e os Rapoemas

de Aid. Falaremos deles.

Conclúo coa referencia

4. a un novo selo editorial:

Fabulatorio, que chega da

man de «desescribir»: un

estudio galego de deseño

gráfico e editorial. Os seus

primeiros pasos son moi

prometedores e, desde aquí,

deséxolles toda a sorte do

mundo.

Xesús Constenla

15.724

Obra dun enorme poder metafórico que fala dun

territorio asentado no lombo dunha ave durmida.

O autor (Ferrol, 1963) traslada ó lector a unha

Patria presidida pola figura do Gran Mariscal. Nela

vaise desencadear unha traxedia de toda unha familia

e a partires de aí cambiará o destino de quen

logran sobrevivir.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 248 páxinas

ISBN: 978-84-9914-363-7

16,62 €

MANUEL IGLESIAS

TURNES

As rapazas de Xan

Obra coral con vocación de

entreter e divertir. Unha visión

próxima da vida dunha

aldea galega a mediados do

pasado século.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 296 páxinas

ISBN: 978-84-9914-367-5

19 €

ANXO ANGUEIRA

Iria

Ambientada nos sesenta do

século XX, cando comeza a

agromar a primeira resistencia

activa antifranquista, tece

unha memoria polifónica do

Ulla e mais da Arousa.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 328 páxinas

ISBN: 978-84-9914-362-0

19 €

Xavier Alcalá

Tres motivos para ler

esta novela, a dicir do

autor:

Relato realista,

histórico e detallado,

procedente de fontes

ignoradas na Cuba

postrevolucionaria.

Mostra da implicación

galega na revolución

suprapartidaria e

interclasista, da

que se aproveitou o

castrismo.

Visión feminina dunha

guerra en que os

heroes serían homes

barbudos.

Verde oliva

Novela sobre a intrahistoria da revolución cubana a través

da experiencia de Mariana, unha galega que formou

parte da rede secreta coa que o Movemento 26-J organizou

unha guerra paralela á das tropas de Fidel Castro.

O relato de Mariana, en primeira persoa, está baseado

na experiencia de Juana Maseda Samartín, de quen Xavier

Alcalá coñeceu por terceiros un relato do acontecido

que dista moito da versión oficial. «O que nos importaba

–comenta Alcalá a propósito do libro– era relatar

a tempestade que se abateu sobre Cuba entre marzo de

1952 e decembro de 1958; e facelo desde o punto de

vista dunha rapaza galega e burguesa á que nada, en

principio, se lle perdera nunha pelexa entre cubanos».

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 416 páxinas

ISBN: 978-84-9865-447-9

21,80 €

Mariña Pérez Rei

Contrapicados

Novela coral na que se cruzan personaxes dispares

observados desde un igualador ángulo límite. A cama

é un obxecto que gaña co claroscuro. Os pacientes

dun hospital saben que a intimidade se desprende

ao xeito dunha gran carapola, ao tempo que van

nacendo moitas emocións lentas e algunha que outra

vertixinosa. Un ataque de indignación e imbecilidade

pode chegar a consumir trescentas calorías. A pituitaria

e a amígdala son dúas grandes descoñecidas.

O frío é branco porque as sinestesias suceden;

ademais, non é verdade que a auga sexa insípida:

sabe a sede. Os personaxes masculinos olen a carballo

rebolo; os femininos, a figueiras novas e a tinta

roubada. A cámara enfoca os seus rostros e convérteos

en personaxes contrapicados, secundarios

ou relevantes, imperfectos ou sublimes, pequenos

cameos que saen ao paso dun narrador omnisciente

e irresponsable que abandona as súas funcións.

Sotelo Blanco Rústica

14 × 25 cm 210 páxinas

ISBN: 978-84-7824-622-9

15 €

XERARDO QUINTIÁ

Hotel Cidade Sur

Oito historias que se sitúan

entre novos edificios e leiras

semiabandonadas, nas marxes

esquecidas dun mundo

urbano que comeza a amosar

os dentes da explotación.

Galaxia

Rústica

14 × 21 cm 168 páxinas

ISBN: 978-84-9865-413-4

14 €

REXINA VEGA

Dark Butterfly

A loita dunha corredora exhausta

que procura o derradeiro

alento para chegar á

meta. Un literal descenso aos

infernos ante o que a psiquiatría

revela a súa impotencia.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 176 páxinas

ISBN: 978-84-9914-336-1

15,81 €

Gonzalo López Abente

A narrativa

mariña

Edición de Suso Sambade Soneira que recupera catro

novelas curtas do escritor muxián: O diputado

por Beiramar (1918), O novo xuez (1922), Buserana

(1925) e Fuxidos (1926). Ambientadas na costa, o

mar xoga un importante papel nalgunhas delas.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 248 páxinas

ISBN: 978-84-9914-376-7

17,10 €

PEDRO FEIJOO

Os fillos do mar

A un arquitecto mediocre mórrelle

unha clienta en estrañas

circunstancias. A partir de

aquí, vese involucrado nunha

intrigante trama na que tamén

parece estar envolta a

familia da muller morta.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 432 páxinas

ISBN: 978-84-9914-346-0

19,95 €

GORETTI FARIÑA

Orlando pendurado

Con Orlando pendurado, un

protagonista argallante que

principia namorado e remata

furioso, a autora quixo trazar

un relato entre existencial e

costumista, cun resultado entre

piadoso e retranqueiro.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 80 páxinas

ISBN: 978-84-9914-345-3

14,60 €

Narrativa

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!