13.07.2015 Views

1 - Biblos

1 - Biblos

1 - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Carmen BlancoMaría MariñoMaría Mariño Carou é a autora homenaxeada no Día das Letras Galegasde 2007. Poeta de formación autodidacta, naceu en Noia o 8 de xuño de 1907e finou en Parada do Courel en 1967. A súa obra resulta especialmentesorprendente pola destrución que realiza da linguaxe, sobre todo no planoda sintaxe, a fin de lograr a máxima forza expresiva, feito que levou a UxíoNovoneyra a cualificala como «dinamiteira da fala». É a terceira muller aquen a Real Academia Galega dedica o 17 de maio, desde 1963.VICTORIA SANJURJOFERNÁNDEZ (ED.)María Mariño.Obra completaRecolle Palabra no tempo e Verbacomeza, precedidos dun estudobiobibliográfico.XeraisRústica14,5 × 22 cm 224 páxinasISBN: 84-9782-491-115 €MARÍA MARIÑOMás allá del tiempoEscrito en castelán, María Mariñorematou o texto en 1965e nel combina prosa e verso.Acompañado de fotografías edun estudo elaborado por HelenaGonzález, profesora de LiteraturaGalega na Universitatde Barcelona.Alvarellos Editora Rústica13,5 × 20,5 cm 180 páxinasISBN: 978-84-89323-15-516,15 €A Entrevista12«Hai na vidae obra deMaría Mariñoun atractivomisterioque lle dáencanto evalor á súapoesía»CARMEN BLANCO(COORD.)Día das letrasgalegas 2007.María Mariño CarouNovas achegas á poética de MaríaMariño da man de A. López-Casanova, M.ª X. Nogueira, M.F. Rodríguez, Olga Novo e a propiaCarmen Blanco.USCRústica17 × 24 cm 134 páxinasISBN: 978-84-9750-795-017,10 €CARMEN BLANCOMaría Mariño.Vida e ObraAmplo e e revelador percorridoarredor da dimensión humana,biográfica, literaria e históricaasí como as influencias de Rosalíae Novoneyra.XeraisRústica17 × 24 cm 160 páxinasISBN: 978-84-9782-537-510 €M.ª PILAR GARCÍA NEGROMaría Mariñono ronsel dasescritoras galegasAproximación á súa poesía,unha escolma «subxectiva eimpresionista».Edicións Laiovento Rústica14 × 21 cm 88 páxinasISBN: 978-84-8487-119-310 €+11ESPERANZA MARIÑODAVILA‘Dicionario’ MaríaMariñoLimiar de Darío Xohán Cabana.TresCtresRústica15 × 21 cm 168 páxinasISBN: 978-84-935562-4-211 €PATRICIA ARIASCHACHERO (ED.)María Mariño.Antoloxía poéticaGalaxiaRústica13,5 × 19 cm 168 páxinasISBN: 978-84-8288-816-38,90 €Á venda só en pedido conxuntopor importe superior a 9 €ANTÓN RIVEIRO COELLOA voz do lagoRelato de ficción no que unhadas coprotagonistas é MaríaMariño.GalaxiaRústica14,5 × 17 cm 108 páxinasISBN: 978-84-8288-712-88,90 €Á venda só en pedido conxuntopor importe superior a 9 €XERARDO AGRAFOXOBiografía de MaríaMariñoDocumentación gráfica da mande Suso Xogaina.GalaxiaRústica13,5 × 19 cm 176 páxinasISBN: 978-84-8288-257-48,90 €Á venda só en pedido conxuntopor importe superior a 9 €FRAN ALONSOA vida secreta deMaría MariñoIlustracións de Fino Lorenzo.XeraisRústica13,5 × 19 cm 100 páxinasISBN: 978-84-9782-575-77,25 €Á venda só en pedido conxuntopor importe superior a 9 €17 de maio13Estudosa de María Mariño e dasúa obra desde hai xa moitos anos,a ensaísta e profesora CarmenBlanco é autora de dúas das obrasque apareceron recentementesobre a figura que este anocentra a celebración do Día dasLetras Galegas.Anxo Quintela—Vida e obra son dúas compoñentes básicasque no caso de María Mariño condiciónanseentre si.—Ambas están intrinsecamente relacionadas,están moi unidas e envoltasambas nun grande misterio, nun atractivomisterio que lle dá encanto e valorá súa obra. A súa vida estamos aíndadescubríndoa. E a obra tamén, pesea que xa houbo importantes estudossobre ela. Neste ano estanse atopandocousas moi interesantes sobre o valorda súa poesía.—O libro céntrase nunha análise da recepciónda obra de María Mariño e na súaanálise literaria.—Eses son os dos piares. Antes de entrarna propia vida hai que analizar amitificación e mistificación que sufriuou que tivo a sorte de ter María Mariñocomo figura literaria. Por un lado foi unmito descuberto e creado con grandefermosura polo seu amigo e compañeirocourelán Uxío Novoneyra. El foi quena guiou na súa creación poética e o mentorque a deu a coñecer ao mundo literario.Dixo dela palabras fermosas. Chamounanova Rosalía, dinamiteira da fala,noiesa do Courel, a primeira poeta místicade Galicia... era unha poeta á que admirabamoitísimo. Para el era a gran poeta,entre todos os homes e mulleres, doséculo XX. A mellor. Quedou admiradocando descubriu as súas creacións. E comunicouese entusiasmo por exemplo aXosé Luís Mendez Ferrín, e comunicoumoa min cando era moi noviña en Lugo a finaisdos setenta e nos anos oitenta, quefoi cando por iso mesmo comencei xa ainvestigar sobre a súa vida e obra. Perohoubo outra xente que non respondeu aese entusiasmo tan grande que tiña UxíoNovoneyra con respecto a María Mariño.Xentes que, como ela vivía alí arredadano Courel e non tiña relación co mundoliterario, comezaron a mistificar a súa figura,a pensar que era unha invención deNovoneyra, a desconfiar de que ela mesmafixera a súa obra. Por iso está inmersanestes dous misterios que avalan entrea mistificación da noiesa que foi vivirao Courel, onde naceu para a poesía, e amuller ensombrecida polo gran poetaUxío Novoneyra.—Neste sentido, na introdución do librohai unha confesión súa, doutra banda nadahabitual, na que di que non lle gorentabanada facer este libro porque sabía quetería que pasear, aínda que só fose intelectualmente,polas guerras do país.—Dixen o que sentía. Cando me pediuo director de Xerais o libro aló no verán,axiña que se soubo a quen estaría dedicadoo Día das Letras, díxenlle que nonme apetecía nada... pero despois acepteiinmediatamente. Precisamente MaríaMariño foi utilizada, como son utilizadasmoitas veces, moitísimas máis veces asmulleres, para guerras poéticas e políticasdoutro tipo, para defender distintasposicións políticas e poéticas. Nos anoscincuenta e nos sesenta, había unhasguerras xordas no mundo cultural, poroutra parte como as que hai hoxe, quepadeceu María Mariño. Estaban os que adefendían e os que a atacaban...—Posturas que se reflectiron tamén nopropio debate da Real Academia Galegapara designala como protagonista destasLetras.—Estas políticas son doutro tipo, peroseguen estando vivas hoxe. A polémicasuscitouse no seo da Academia porqueaínda hai moita xente que non cre na vozpoética de María Mariño, e na Academiaestivo representada por Xesús AlonsoMontero; e xente que si, que tivo a MéndezFerrín á fronte. Pero á marxe desasdúas liñas, houbo outras moitas voces.Este é un debate que non está posto porescrito pero que está influíndo nas antoloxíasque se están a facer e nas que nonaparece malia ser unha gran poeta, asícomo noutra serie de cousas.—Unha voz poética que grazas ao Día dasLetras Galegas se está dando a coñecer e valorandocada vez máis.—Claro que si. Eu tiven a sorte de poderacceder ao material da poeta que estágardado no arquivo Novoneyra grazas áamabilidade da súa muller, Elba Rei, epuiden ver cal era a verdade do procesode creación de María Mariño. Existe unhavoz orixinal e auténtica desa gran poeta.Nononeyra era un poeta moito máis cultoca ela, que era unha muller cunha pequenaformación porque desde pequenativera que deixar os estudos e poñerse atraballar de costureira. Era lectora e autodidacta.Novoneyra, cun profundo coñecementopoético, guiouna, corrixiu assúas creacións orixinais e así temos hoxegrazas ao seu bo sentido poético a obraperfeccionada da grande poeta que éMaría Mariño.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!