26.04.2017 Views

GUÍA MARZO MULLERES RELEVANTES

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Montessori

María

Educadora

Naceu o 31 de Agosto de 1870 en Italia, no seo dunha familia burguesa católica.

Estudou enxeñería aos 14 anos, logo bioloxía e logo Mediciña na universidade Roa, graduándose como

a primeira muller médico de Italia en 1896. Tamén estudou Antropoloxía e obtivo un doutorado en

filosofía. Desenvolveu a súa propia clasificación ds enfermidades mentais.

Cando Italia conseguiu independizarse, o país sufriu un deterioro económico. María interesouse polas

condicións sociais, especialmente das mulleres. En 1898, nun congreso en Turín expuso a importancia da

educación e a atención a nenos con deficiencias mentais e planteou a relación entre abandono infantil e

o desenvolvemento posterior da delincuencia.

Entre 1898 e 1900 traballou con nenos considerados perturados mentalmente e deuse conta de que

estes nenos tiñan potencialidades que podían ser desenvolvidas e que tiñan dereito a una vida mellor.

Montessori defendeu que a educación tiña que basearse nun triángulo: ambiente - amor - neno. Crea a

súa propia pedagoxía e materiais e defende que o neno debe desenvolverse por si mesmo e que o

adulto so lle pode proporcionar os medios necesarios. Reciiu a Lexión de Honor de Francia pola súa

destacada labor no campo da educación, así como a condecoración Honoris Causa da Universidade de

Ámsterdam e foi proposta tres veces para o Nobel da Paz.

Enlaces de interese:

Una vida dedicada a los niños. Película sobre su vida https://www.youtube.com/watch?v=BT248M49YgU

Método Montessori. https://prezi.com/ye06ymk3s3z1/maria-montessori-vida-y-obra/

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!