Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
M A R Z O 2 0 1 7
Mulleres
galegas.
I N F O R M A C I Ó N B Á S I C A
Rosalía de Castro
María Pita
Maruja Mallo
Emilia Pardo Bazán
Sofía Casanova
María Barbeito
de Castro
Rosalía
Escritora Galega
24 de febreiro de 1837 - 15 de xullo de 1885
Rosalía de Castro foi una poetisa e novelista galega. Foi considerada una das grandes poetisas da literatura española do
século XIX e representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras relevantes do Rexurdimento galego.
Naceu o 24 de Febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. Filla dun sacerdote e dunha muller fidalga de escasos recursos
económicos. Nesta situación, faise cargo dela a súa madriña que era una sirventa da súa nai.
Ata os 8 anos, Rosalía viviu baixo a custodia dunha tía materna na aldea de Castro de Ortoño en Ames. Nesta aldea toma
conciencia da dureza da vida labrega e das costumes da vida rural: lingua, costumes, crenzas...
En 1850 trasládase a Santiago a vivir coa súa nai. Nesta época recibe clases básicas de música e debuxo e asiste con
asiduidade ao Liceo da Xuventude xunto con personalidades destacadas da época.
En 1856, trasládase a vivir a Madrid. Un ano despois Rosalía publica un folleto de poesías chamado La Flor. Nesta época
coñece a Manuel Murguía co que casa en 1858. Murguía foi a primeira persoa que anima a Rosalía a que siga escribindo,
sendo o responsable da publicación de Cantares gallegos.
O matrimonio tivo sete fillos (dous deles morreron de maneira prematura) e todos eles naceron en Galicia a pesares de que
cambiaron de domicilio en múltiples ocasións. Existen referencias a que viviron en A Coruña, Madrid, Santiago, Lugo,
Extremadura, Andalucía, Castilla La Mancha e Levante. En Simancas foi onde Rosalía escribiu gran parte das composicións
de Follas Novas.
É a partir de 1871 cando Rosalía se instala definitivamente en Galicia e a partires de 1875 establece a súa residencia en
Padrón.
En 1885 falece a causa dunha enfermidade e o seu corpo descansa no Panteón de Galegos Ilustres en Santiago de
Compostela.
A publicación de Cantares Gallegos en 1863 supón o culmen do Rexurdimento das Letras Galegas. Rosalía dotou a lingua
galega de prestixio como lingua literaria e reflexou nas súas obras as pésimas condicións nas que se atopaba a sociedade
rural galega ao mesmo tempo que reivindicaba o galego fronte o castelán e a Galiza fronte a España.
A valoración da obra de Rosalía non chegou ata despois da súa norte. Os seus maiores promotores foron os escritores da
xeneración do 98. Con motivo do centenario da publicación da obra Cantares Gallegos, a Real Academia Galega declara o 17
de maio como Día das Letras Galegas, dedicando esta data cada ano a un escritor galego. Asimesmo o 24 de febrero
conmemórase o Día de Rosalía.
Enlaces de interese:
Biografia de Rosalía. https://es.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro
Rosalía pequeniña. Uxía. Editorial Galaxia. (2013). Dispoñible na Biblioteca
Parece una rosa. Isabel Pintado. Espiral Maior (2011). Dispoñible na Biblioteca
Galegas. Novos Vieiros (2007). Dispoñible na Biblioteca
Pita
María
Heroína galega
María Mayor Fernández de Cámara e Pita (Sigrás, 1565-1643), coñecida como María Pita, foi unha heroína na defensa de
A Coruña en 1589 contra a Armada Británica.
O 3 de maio de 1589 as tropas inglesas chegan a A Coruña dirixidas polo almirante e antigo corsario, sir Francis Drake.
O ataque forma parte da estratexia da raíña de Inglaterra, Isabel I para arrebatarlle o trono de Portugal ao rei Felipe II (Rei
de España dende 1556 e de Portugal dende 1580).
Os ingleses, tras cercar a cidade de A Coruña, abriron unha brecha na muralla e comezaron o asalto á cidade vella.
Durante este ataque, asasinan ao marido de María Pita. Chea de rabia, arrebata a lanza da bandeira inglesa e coa mesma
mata ao alférezs que dirixía o asalto. O alférez era irmán do almirante sir Francis Drake. Este feito desmoralizou á tropa
inglesa, composta po 12000 efectivos e provocou a súa retirada.
A tradición di que este feito se levou a cabo ao grito de "Quen teña honra que me siga". Xunto con María Pita outras
mulleres de A Coruña axudaron a defender a cidade. María Pita estivo casada catro veces e tivo catro fillos. Ao enviuvar
por derradeira vez, o rei Felipe II concedeulle unha pensión que equivalía ao soldo dun alférez máis cinco escudos mensuais
e concedeulle un permiso de exportación de mulas de España a Portugal
En agosto de 2008, Salvamento Marítimo bautizou a un dos seus buques de salvamento como o "María Pita" con base
actual en Galicia.
Iberia ten un Airbus A340 para rutas intercontinentales bautizado co seu nome.
A empresa de transporte interurbano Castromil (Monbus) ten un autobús bautizado "María Pita".
Existe en A Coruña un hotel da cadena Meliá chamado "María Pita
Enlaces de interese:
Biografía de María Pita. https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Pita
El Ministerio del Tiempo (María Pita).
http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-ministerio-del-tiempo/capitulo-13-virus-otro-tiempo-gripe-espanola-cuarentena/35217
56/
Galegas. Novos Vieiros (2007). Dispoñible na Biblioteca
Mallo
Maruja
Pintora
Maruja Mallo naceu o 5 de xaneiro de 1902 en Viveiro, Lugo e morreu o 6 de febreiro de 1995 en Madrid. Foi pintora e
está considerada como unha artista da xeneración do 27.
Foi a cuarta filla dos catorce fillos que tivo o matrimonio formado por Justo Gómez (funcionario) e Maria do Pilar González
(de ascendencia galega). Un dos seus irmáns foi o escultor Cristino Mallo.
Por mor do traballo do seu pai, a súa familia trasladábase con frecuencia de cidade. Durante a súa estancia en Avilés,
comeza a súa formación na Escola de Artes e Oficios e recibe clases particulares. Con 20 anos, a súa familia trasládase a
Madrid e Maruja entra a estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando onde estudou ata 1926. En Madrid
relaciónase con artistas como Salvador Dalí, Federico García Lorca ou Rafael Alberti.
Na década dos anos 20 (século XX) traballa para numerosas publicacións como A Gaceta Literaria e realiza portadas de
varios libros. Ortega e Gasset coñece os seus cadros en 1928 e organiza a súa primeira exposición nos salóns da Revista de
Occidente, obtendo un gran éxito. Colaborou con Alberti ata 1931. En 1932 obtén unha pensión para ir a París onde coñece
entre outros a Joan Miró e participa en numerosas tertulias. A súa primeira exposición tivo lugar na Galería Pierre Loeb en
1932. Alí comezou a súa etapa surrealista e relacionouse con outrs grandes pintores da época.
Regresou a Madrid en 1933 e participou activamente na Sociedade de Artistas Ibéricos. Era tal a súa notoriedade, que o
gobernó francés comprou un dos seus cadros para expoñelo no Museo Nacional de Arte Moderno. Nese mesmo ano e
comprometida coa República, desenvolve unha triple dedicación docente como profesora de debuxo no Instituto de Arévalo,
no Instituto Escola de Madrid e na Escola de Cerámica de Madrid.
Ao comezo da guerra civil de 1939, Maruja Mallo escapa a Portugal onde a recibe Gabriela Mistal que era embaixadora de
Chile en Portugal. A propia Gabriela axúdaa a trasladarse a Buenos Aires onde realiza unha serie de conferencias sobre
pintura e onde estaría exiliada durante 25 anos. En Arxentina tamén e moi recoñecida e realiza exposicións en Brasil, París e
Nova York. Maruja Mallo segue a viaxar e a pintar e tamén publica no ano 1942 o libro Maruja Mallo onde se reproducen
textos seus. Regresa a España no ano 1962, tras vintecinco anos de exilio. Instálase en Madrid e realiza unha exposición na
Galería Mediterráneo. Tras ser unha grande figura do surrealismo de preguerra, é unha gran descoñecida na súa terra.
No ano 1979, comeza a súa última etapa pictórica con 77 anos. Ofrécenlle varias exposicións e Medalla de Ouro ao mérito
nas Belas Artes concedida polo Ministerio de Cultura en 1982. En 1990 recibe a Medalla de Ouro da Comunidade de
Madrid e ao ano seguinte a Medalla de Galicia. No ano 1993 celébrase unha exposición antolóxica en Santiago de
Compostela para inaugurar o Centro GFalego de Arte Contemporáneo. Máis tarde a exposición é trasladada ao Museo de
Bellas Artes de Buenos Aires. O 6 de febreiro de 1995 morre en Madrid aos 93 anos.
Enlaces de interese:
Biografía. https://es.wikipedia.org/wiki/Maruja_Mallo
Galegas. Novos Vieiros (2007). Dispoñible na Biblioteca
Unidade didáctica.
http://blogsonrisasdecolores.blogspot.com.es/2011/03/unidad-didactica-maruja-mallo-8-marzo.html
Vídeo sobre la vida y obra de Maruja Mallo.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-maruja-mallo/966721/
Pardo Bazán
Emilia
Escritora
Naceu o 16 de setembro de 1851 en A Coruña no seo dunha familia aristocrática. Recibe formación nun colexio francés e aos
nove anos comeza a demostrar interese pola escritura. Na súa adolescencia publica algún versos no Almanaque de Soto
Freire.
Casa aos dezasete anos e cando o seu pai e nomeado diputado das Cortes, trasládase a Madrid coa súa familia e o seu
marido. Alí entra en contacto coa vida cultural da capital. Coa guerra carlista toda a familia marcha a Francia e viaxan por
Europa, onde Emilia aprende inglés e alemán e onde descubre a literatura francesa que lle causa un gran impacto.
Con vintecinco anos derrota a Concepción Arenal nun certame de ensaio cunha obra sobre o teato do Padre Feijoo. Ese
mesmo ano, nace o seu primeiro fillo ao que lle adica o seu único libro de poemas. Escribe a súa primeira novela, Pascual
López, o ano que nace o seu segundo fillo.
Os artículos que publicara con anterioridade quedan compilados no libro La cuestión palpitante que tivo un grande impacto
social e o escándalo orixinado leva a que seu marido lle pida que deixe de escribir. Este feito motiva a súa separación en
1884.
Segue a escribir e cando seu pai morre no ano 1890, aproveita a herdanza para crear unha revista escrita por ela. Asiste ao
Congreso Pedagóxico onde denuncia a desigualdade entre homes e mulleres. Propón a Concepción Arenal para a Academia
Real da Lingua pero foi rexeitada. Tampouco a aceptarían a ela pese a ser o máximo exponente do realismo xunto a Clarín
e Galdós.
En 1906 é a primeira muller en presidir a Sección de Literatura do Ateneo de Madrid e a primeira en ocupar unha cátedra
de literatura na Universidade Central de Madrid, aínda que so asistiu un estudante a clase. Cando morreu, o 12 de maio de
1921, conseguirá o título de Catedrática de Literaturas Neolatinas.
Emilia Pardo Bazán foi unha grande escritora, ademáis dunha intelectual e loitadora incansable polo acceso á cultura das
mulleres e polo seu recoñecemento social. Converteuse na primeira periodista española que deu como froito o libro máis
importante do feminismo español: A España Moderna na Muller Española.
Enlaces de interese:
Biografía: http://www.escritores.org/biografias/451-emilia-pardo-bazan
Galegas. Novos Vieiros (2007). Dispoñible na Biblioteca
Mujeres en la Historia (vídeo):
http://www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-historia-emilia-pardo-bazan/849428/
Casanova
Sofía
Primeira muller española
corresponsal de guerra.
,Nace o 30 de setembro de 1861 en A Coruña e morre en Polonia o 16 de xaneiro de 1958.
Foi unha poeta, novelista, xornalista e a primeira española que se converteu en corresponsal permanente nun país
extranxeiro e en corresponsal de guerra.
O seu pai abandona a súa familia cando Sofía era moi pequena o que os deixa sen recursos económicos e
sobreviven grazas a axuda do avó. Aos 12 anos trasládase coa súa nai, e irmáns a Madrid onde estuda poesía e
declamación. Aos 15 anos publica os seus primeiros poemas no Faro de Vigo.
Con 20 anos é unha poetisa consagrada, que se move con asidudidade pola Corte do rei Alfonso XII. En 1885 o
propio rei costea a edición do seu libro "Poesías". Relaciónase con outras escritoras da época como Filomena Dato,
Emilia Pardo Bazán ou Clara Campoamor. Esta última preséntalle ao que será o seu marido, o profesor e
diplomático polaco, Wicenty Lutostawski e co que ten catro fillas. Tras casar, trasládase a vivir a Polonia pero
veranea todos os anos en Galicia polo que Sofía pode manter unha relación moi directa coa súa terra..
Viaxa moito, por mor do seu traballo e o do seu marido o que lle permite dominar seis idiomas: francés, inglés,
italiano, polaco, portugués e ruso ademáis do galego e do castelán. Coñece a grandes personalidades como
Tolstoi e Marie Curie.
En 1905 decide instalarse definitivamente en Madrid, tras separarse do seu marido, aos 43 anos de idade. Realiza
colaboracións literarias con diferentes publicacións e pola súa casa pasan persoalidades como Ramón e Cajal ou
Castelao que ilustra o seu libro "Princesa del amor hermoso" (1909). Pronuncia conferencias e participa nas
chamadas "obras sociais".
En 1906 é elexida membro da Real Academia Galega e en 1911 entra a formar parte da Academia Española da
Poesía.
Viaxa frecuentemente a Polonia para ver aos seus fillos, Durante esas viaxes, en 1914, estala a Primeira Guerra
Mundial. Despois dun mes de resistencia diríxese a Varsovia onde fai de enfermeira de batallóns moribundos. Esta
viaxe márcaa profundamente e cambia a súa vida.
É nesta etapa cando comeza a súa faceta como corresponsal de guerra. A súa actividade por toda Europa
permítelle vivir acontecementos como a formación do Partido Bolchevique, a Primeira e Segunda Guerra Mundial,
ademáis da persecución dos xudeos polo réxime nazi en Varsovia.
En 1952 a Real Academia Galega a nomea Académica de Honra.
Morreu no ano 1958 en Polonia, quedando sen cumplir o seu desexo de acabar os seus días en España.
.
Enlaces de interese:
Biografía de Sofía Casanova: https://es.wikipedia.org/wiki/Sof%C3%ADa_Casanova
Quen coñece a Sofía Casanova? (vídeo): https://www.youtube.com/watch?v=VzOgpfq_j7A
Conferencia sobre Sofía Casanova: https://www.youtube.com/watch?v=4YSduOJ1TXs
Galegas. Novos Vieiros (2007). Dispoñible na Biblioteca
Barbeito
María
Profesora
María Barbeito foi unha auténtica renovadora da educación en Galicia. Pertenceu ao Instituto de Estudos Galegos
e a Real Academia Galega. Obtivo varios premios literarios e recibiu diversas condecoracións.
Foi unha destacada profesora, pedagoga e escritora e unha das figuras femininas máis destacadas de Galicia no
primeiro terzo do século XX. Foi a principal pedagoga galega da época.
Naceu en A Coruña en 1880 e morreu na mesma cidade o 20 de novembro de 1970 con 90 anos. Despois de
realizar os estudos de Maxisterio comezou o seu exercicio profesional como mestra de párvulos en 1901, pasando
en 1902 á escola da Garda que con ela chegaría a ser un modélico centro graduado durante a II República.
María Barbeito tivo unha intensa actividade profesional e académica como profesora, como especialista na
didáctica infantil e como mestra - inspectora por nomeamento directo do Ministerio de Instrucción Pública en 1933,
unha das primeiras mestras - inspectoras nomeadas; foi publicista, conferenciante a favor dos dereitos dos nenos e
das mulleres; impulsora de institucións sociais e unha muller sempre presente na vida social e cultural da cidade de
A Coruña.
En 1932 formou parte da Xunta Superior de Beneficencia. Estivo atenta ao funcionamento da Casa Cuna e do
Tribunal Tutelar de Menores na súa cidade. Foi unha gran defensora da emancipación da muller e da educación
sen discriminación das mulleres.
Pola súa labor foi condecorada coas Ordes de beneficencia e de Alfonso XII e coa Medalla de Ouro da Cruz
Vermella.
No ámbito pedagóxico estivo influida pola pedagoga italiana María Montessori.. Aboliu os sistemas memorísticos,
foi partidaria de flexibilizar a obligatoriedade da enseñanza confesional. Estaba convencida de que había que abrir
a porta da escola á cultura galega. Introduciu nas suas escolas a observación antropolóxica e o uso de fichas para
o estudo psíquico individualizado de cada alumno.
Gracias a unha viaxe becada puido coñecer as prácticas e innovacións educativas de moitas escolas europeas que
transmitiu aos docentes galegos. Todo isto plasmouno no seu libro "Países e Escolas" que non se editaría ata 1975.
En 1936 foi expedientada e condeada ao ostracismo. Un tempo no que ela emprendeu a tradución de textos e a
confección de diversos traballos como o adicado a figura de Concepción Arenal, entre outras actividades.
Enlaces de interese:
Biografía de María Barbeito:
http://cousasdegalizia.blogspot.com.es/2009/03/maria-barbeito-una-renovadora-de-la.html
http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=81