Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
M A R Z O 2 0 1 7
Mulleres
relevantes
da Historia.
I N F O R M A C I Ó N B Á S I C A
Cleopatra
Frida Khalo
Coco Chanel
Ana Frank
María Montessori
Isabel La Católica
Aretha Franklin
Jane Goodal
Raiña de Exipto
Cleopatra
(Alejandría, 69 - 30 a. C.)
Foi a última raiña de Exipto, pertencente á dinastía dos Lágidas ou Ptolomeos. Filla de Ptolomeo XII,
casou co seu propio irmán, Ptolomeo XIII, co que herdou o trono no ano 51 a. C. a idade de 17 anos.
Pronto xurdiron os conflitos entre os dous irmáns e esposos, que levaron o destroamento de Cleopatra.
Nemargantes, a súa sorte cambiou ao chegares ata Exipto, as loitas civiles de Roma. Foi entonces,
cando coñeceu a Xulio César que tomou partido por Cleopatra no conflito co seu irmán e conseguiu
que recuperase o trono de Exipto. Cleopatra casa co seu outro irmán Ptolomeo XIV, a quen manexa
fácilmente. Ademais trata de empregar a súa influenza sobre César para reestablecer a hexemonía de
Exipto no Mediterráneo oriental como aliada de Roma; o nacemento dun fillo de ambos (Cesarión)
parecía reforzar esa posibilidade.
Tras o asesinato de Julio César no 44 a. C., Cleopatra seduciu a Marco Antonio, sucesor de Julio César.
Cleopatra e Marco Antonio impuxeron a súa forza en Oriente creando un novo reino helenístico e
conquistaron Armenia no ano 34.
Foi entón, cando estalou a "Guerra Ptolomeica" (32 - 30 a. C.) pola que Augusto levou ata Exipto a
súa guerra contra Marco Antonio. O enfrontamento definitivo tivo lugar na batalla naval de Actium
(31), na que a flota de Marco Antonio foi derrotada fácilmente ao abandoalo os exipcios. Marco
Antonio conseguiu fuxir e refuxiarse con Cleopatra en Alexandría. Cando as tropas de Augusto
tomaron a cidade, Marco Antonio suicidouse.
Cleopatra tentou seducir a Octavio Augusto para salvar a súa vida e o trono. Octavio mostrouse
insensible aos seus encantos e Cleopatra suicidouse, facéndose morde por una áspid. Octavio matou a
Cesarión, fillo de Cleopatra, extinguíndose así a dinastía ptolomeica e anexionando Exipto ao Imperio
Romano.
Enlaces de interese:
Cleo. Colección Miranda. Edelvives (2016). Dispoñile na Biblioteca
Asterix y Cleopatra.https://www.youtube.com/watch?v=S6hgRLP8EVY
Biografía de Cleopatra.http://algarabianinos.com/explora/cleopatra-una-reina-bella-e-inteligente/
Kahlo
Frida
Pintora
Naceu o 6 de xullo de 1907 en Cayoacán, México nunha casa coñecida como a Casa Azul. Foi a
terceira das catro fillas de Matilde Calderón e do fotógrafo Guillermo Kahlo.
En 1913 sufriu un ataque de poliomelite que lle afectou de forma permanente ao uso da súa perna
dereita.
Sendo una rapaza de 16 anos, mentres realizaa estudos na Escola Nacional Preparatoria, coñece ao
pintor Diego Rivera que estaba a pintar o seu mural
A Creación na escola. Nese tempo, resulta
fatalmente ferida, nun accidente de tranvía e durante a súa recuperación e cando se inicia na pintura.
Tres anos máis tarde, preséntale os seus traallos a Diego Rivera e éste anímaa a seguir pintando. O 21
de Agosto de 1929 contraen matrimonio. Ela tiña 21 anos e el 46.
Os seus cadros mostran aspectos dolorosos da súa vida, que a mantivo durante moito tempo postrada
nunha cama.
O 13 de xullo de 1954 morreu en Cayoacán aos 47 anos. A súa casa foi doada a nación de México e
transformada no museo que leva o seu nome.
Enlaces de interese:
Frida. Colección Miranda. Edelvives (2016). Disponible na Biblioteca
Biografía de Frida para niños. https://www.youtube.com/watch?v=zd_Mtyi-9Zs
Unidade didáctica sobre Frida Kahlo. http://www.eleparaninos.com/2015/09/unidad-didactica-frida-kahlo-y-los-ninos.html
Chanel
Coco
Diseñadora
Coco Chanel, seudónimo de Gabrielle Chanel (Saumur, Francia, 19 de agosto de 1883 - París, 10 de
xaneiro de 1971), foi una diseñadora de alta costura francesa fundadora da marca Chanel.
É a única diseñadora de moda que figura na lista das cen persoas máis influintes do século XX da
revista Times.
Foi una das modistas máis prolíficas e máis innovadoras durante a Primeira Guerra mundial. Creou
una liña de roupa informal, sinxela e cómoda. Ademais tamén diseñou bolsos, perfumes, sombreiros, e
xoias. O seu perfume Chanel nº 5 é un produto mundialmente coñecido.
Criouse nun orfanato de monxas, e foi coñecida pola súa determinación, ambición e vitaidade que
aplicaa a súa vida profesional e social. Alcanzou o éxito como empresaria e figura socialmente relevante
a principios do século XX gracias aos contactos que o seu traballo lle proporcionaba.
Durante os últimos anos da súa vida, convertérase nunha persoa tirana e moi solitaria. A comezos de
1971 estaa enferma, afectada pola artrosis, aínda que seguía a traballar con normalidade. Coco morreu
o 10 de xaneiro aos 87 anos como consecuencia dun ataque cardíaco na súa haitación do hotel Ritz,
onde residiu por máis de 30 anos.
Enlaces de interese:
Coco. Colección Miranda. Edelvives (2016). Dispoñile na Biblioteca
Biografía de Coco Chanel. https://www.youtube.com/watch?v=lGlXzu5uNY4
Frank
Ana
Autora do Diario de Ana Frank
Annelies Maria Frank Höllander, nace en Frankfurt am Main ( Hesse-Alemania)o 20 de xuño de
1929. Seus país eran Otto Heinrich y Edith e tiña una irmá chamada Margot, que era dous anos
maior ca ela. A familia era xudea, polo que tiveron que trasladarse dende Alemania ata Holanda no
ano 1933, xa que en Ámsterdam atoparon durante un tempo a paz que buscaban lonxe do seu país
natal.
Sendo una nena de 13 anos, Ana viu nunha tenda cercana a súa casa, uns dietarios. Entón, tivo a idea
de relatar a súa vida nun deles, todo o que lle ía sucedendo a súa familia e a ela. De seguida, pediulle
ao seu pai que lle mercara un diario para o seu aniversario.
No ano 1940 as tropas alemanas invaden Holanda. A familia de Ana xa non se atopa a salvo. Do ano
1942 a 1944 Ana relata no seu diario todo o que acontece ao seu redor. De como os alemán invaden
Holanda, de como tratan ao pobo holandés e a comunidade xudea.
O 5 de xullo de 1942 son reclamados pola xustiza alemana, mediante una citación para ser enviados a
campos de concentración.
A familia asustada, escóndese detrás do edificio onde o pai de Ana traballaba. O novo refuxio familiar
irase ampliando con outros xudeus que, coma eles buscaban un lugar para non ser deportados.
Detrás dunha estantería con libros xiratoria que tapaba a entrada de acceso a dúas habitacións,
convivían os Frank con varias persoas, en total 8 persoas.
En outubro de 1942, mentres escoitaban as noticias dunha emisora inglesa, anuncian como morren os
prisioneiros xudeus nas cámaras de gas. Esta noticia provoca as primeiras pelexas no seu escondite.
Dous anos máis tarde atopan ós Frank eas outras persoas que se es escondían con eles, xa que uns
veciños os denuncian.
En decembro de 1944, os membros da familia son separados: Ana e Margot son trasladas a Alemania
e levadas ao campo de concetración de Bergen - Belsen. O 6 de xaneiro de 1945 morre a súa nai Edith
no campo de concentración de Auschwitz. Uns meses máis tarde, aos 16 anos de idade morre Ana de
tifus no campo de concentración, e pouco tempo despois ca súa irmá.
O seu pai, Otto, sobreviviu ó holocaustoque foi quen contou a súa vida e deu a coñecer o diario da súa
filla, que chegaría a ser un dos mellores bestsellers do mundo actual
Enlaces de interese:
Ana Frank: un canto a la vida. Minibiografías. Susaeta. Dispoñible na Biblioteca
La corta vida de Ana Frank. https://www.youtube.com/watch?v=mz6my29YwaQ
Montessori
María
Educadora
Naceu o 31 de Agosto de 1870 en Italia, no seo dunha familia burguesa católica.
Estudou enxeñería aos 14 anos, logo bioloxía e logo Mediciña na universidade Roa, graduándose como
a primeira muller médico de Italia en 1896. Tamén estudou Antropoloxía e obtivo un doutorado en
filosofía. Desenvolveu a súa propia clasificación ds enfermidades mentais.
Cando Italia conseguiu independizarse, o país sufriu un deterioro económico. María interesouse polas
condicións sociais, especialmente das mulleres. En 1898, nun congreso en Turín expuso a importancia da
educación e a atención a nenos con deficiencias mentais e planteou a relación entre abandono infantil e
o desenvolvemento posterior da delincuencia.
Entre 1898 e 1900 traballou con nenos considerados perturados mentalmente e deuse conta de que
estes nenos tiñan potencialidades que podían ser desenvolvidas e que tiñan dereito a una vida mellor.
Montessori defendeu que a educación tiña que basearse nun triángulo: ambiente - amor - neno. Crea a
súa propia pedagoxía e materiais e defende que o neno debe desenvolverse por si mesmo e que o
adulto so lle pode proporcionar os medios necesarios. Reciiu a Lexión de Honor de Francia pola súa
destacada labor no campo da educación, así como a condecoración Honoris Causa da Universidade de
Ámsterdam e foi proposta tres veces para o Nobel da Paz.
Enlaces de interese:
Una vida dedicada a los niños. Película sobre su vida https://www.youtube.com/watch?v=BT248M49YgU
Método Montessori. https://prezi.com/ye06ymk3s3z1/maria-montessori-vida-y-obra/
La Católica
Isabel
Reina de España
Naceu o 22 de abril de 1451 en Madrigal de las Altas Torres. Filla de Juan II e da súa segunda muller
Isabel de Portugal. Cando morre o seu pai, ocupa o trono o seu hermanastro Enrique IV. A princesa
Isabel foi enviada xunto coa súa nai a Arévalo. Os seus primeiros anos transcurriron xunto ao seu
irmán Alfonso, dous anos menor, e xunto a súa nai, unha muller moi depresiva.
Recibiu unha boa educación dende pequeña e viviu rodeada por un excelente grupo de damas de
compañía e titores dos que recibiu unha formación humanística baseada na gramática, retórica,
pintura, filosofía e historia.
O 25 de outubro de 1464, o seu irmán Alfonso é designado herdeiro do Reino de Castilla. Catro anos
máis tarde more e no Pacto de Toros de Guisando (1468), recoñece a Isabel como herdeira e sucesora
dos seus reinos. No ano 1469 contrae matrimonio con Fernando de Aragón. Ao enterarse Enrique IV,
de que o matrimonio se consumara sin o seu consentimento anulou o Pacto de Guisando e declarou a
súa filla Juana A Beltranexa como lexítima herdeira ao trono.
Prodúcese unha loita polo poder no que sae victoriosa Isabel. Isabel e Fernando inauguraron o Estado
Moderno, finalizaron a Reconquista e iniciaron o camino cara a unidade territorial e fixeron da
monarquía autoritaria unha nova forma de organización interna. Tras conquistar Granada, expulsan
aos musulmáns do seu reino. Establecen a Inquisición (1478) para preservar a fe católica e lograr a
conversión ou emigración de xudeus e moriscos.
Puxo gram empeño na expansión do seu reino polo Atlántico, que se iniciou nas Canarias e que
culminaría co descubrimento de América en 1492.
Faleceu o 26 de Novembro de 1504, no Palacio Real en Medina de Campo. Os seus restos descansan
xunto aos do seu esposo na Capilla Real de Granada, onde tamén se atopan os da súa filla Juana e o
seu marido Felipe El Hermoso.
Enlaces de interese:
Isabel La Católica: La reina absoluta. Minibiografías. Susaeta. Disponible na biblioteca.
Biografía de Isabel La Católica .http://www.mujeresenlahistoria.com/2012/09/la-reina-isabel-i-de-castilla-
Vídeo: http://www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-historia-isabel-catolica/524237/
Franklin
Aretha
Cantante
Nace en Menphis en 1942. Cantante estadounidense de soul. Iniciouse na música cantando
góspel na igrexa do seu pai. Xa dende moi xovenciña destaca polas súas excelentes dotes para
a música e inicia a súa carreira en solitario cun repertorio de música soul
A partires dos anos 60 é coñecida como a Reina do Soul, gracias a calidade da súa voz e a
súa expresividade. En 1967 o seu álbum I never loved a man vendeu máis dun millón de
copias.
Ao longo de máis de cincuenta anos da súa incansable carreira, Aretha Franklin viu publicados
uns sesenta traballos e recibiu incontables galardóns e recoñecementos.
.
Enlaces de interese:
Biografía de Aretha Franklin: http://www.todomusica.org/aretha_franklin/
Cancións de Aretha:
http://www.dailymotion.com/video/xrqlw_aretha-franklin-respect_music
https://www.youtube.com/watch?v=STKkWj2WpWM
https://www.youtube.com/watch?v=cGXU7268Z50
Goodall
Jane
Cantante
Jane Goodall naceu o 3 de abril de 1934 en Londres no seo dunha familia de clase media.
Pasou a súa infancia e xuventude na casa familiar de Bournemouth, rodeada de animais e
soñando con escribir sobre os animais en África. Aos 23 anos, comezou a facer realidade o seu
soño viaxando a Kenia, onde traallou co famoso antropólogo Louis Leakly, ata que este a
enviou en 1960 a Gambe (Tanzania) coa misión de investigar por vez primeira aos
chimpa´ncés salvaxes da zona. Coa sola compañía da súa nai e dun cociñeiro , puxo a súa
tenda na selva e comezou o seu proxecto de investigación que en teoría ía durar 6 meses e que
xa se prolonga por máis de medio siglo.
Os resultados das súas exhaustivas investigacións, revolucionaron á comunidade científica e
fascinaron ao mundo enteiro a partires dos documentais do National Geographic, entre outros.
A súa perseverancia, intuición, simpatía e capacidade de oservación permitiron otra luz no
descoñecido mundo dos chimpa´ncés, revelando a súa conducta, guerra entre grupos, crianza
entre outros aspectos. O seu traallo, proseguido pola Fundación Jane Goodall, cumpre 55 anos
e constitúe unha das investigacións máis prolongadas sore animais en liberdade.
Foi considerada unha das mulleres científicas de maior impacto no século XX. É Doutora en
Etoloxía pola Universidade de Cambridge e Doctora Honoris Causa por máis de 45
universidades do mundo, incluíndo dúas institucións españolas. Foi distinguida con máis de 100
premios internacionais, incluindo o Premio príncipe de Asturias de Invewstigación en 2003.
.
En abril de 2002 foi nomeada Mensaxeira da Paz de nación Unidas. En 2009 foi nomeada
patrocinadora oficial do Ano do Gorila pola ONU.
Enlaces de interese:
Biografía de Jane Goodall: http://www.janegoodall.es/es/biografia.html
Vídeo sobre Jane: http://www.elmundo.es/especiales/2007/10/ciencia/jane_goodall/hablando/index.html
Jane. Colección Miranda. Edelvives. (2016).l Disponible na Biblioteca