14.05.2017 Views

Katrine Switzer

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

1ª muller aviadora

Earhart

Amelia

Amelia Mary Earhart, naceu en Atchinson (Kansas) o 24 de xullo de 1897 e finou no océano Pacífico o

2 de xullo de 1937, foi unha aviadora estadounidense, célebre polas súas marcas de voo e por tentar a

primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial.

Amelia deu mostras dunha personalidade inqueda e audaz que se involucraba en actividades propias

dos mozos: escalaba árbores, deslizábase en zorra e disparaba a ratas cun rifle. Tamén tiña como

pasatempo reunir recortes de xornais de mulleres famosas que sobresaían en actividades tradicionais

dos homes.

En 1920 asistiu xunto coa súa familia a un espectáculo aéreo en California e quedou prendida dos

avións. Conseguiu que a levasen a bordo dun biplano no que voou por 10 minutos sobre Os Ánxeles,

as súas palabras acerca desta experiencia foron: axiña que como despegamos eu sabía que tería que

voar de agora en diante.

En outubro de 1922 tivo o seu primeiro récord de altitude ao voar a 14.000 pés de altura. En 1925

uniuse á Asociación Aeronáutica Nacional. Investiu diñeiro para construír unha pista de aterraxe,

vendeu avións e promoveu a aviación especialmente en mulleres. Xa comezaba a facerse dun nome na

sociedade. O Boston Globe recoñecíaa como unha das mellores pilotos dos Estados Unidos.

O 26 de abril de 1927, o capitán H.H. Railey preguntoulle se quería ser a primeira muller en cruzar o

Atlántico. Wilmer Stultz e Louis Gordon serían os que pilotaran o avión, , ao que chamaron Amizade

e Amelia foi nomeada comandante do voo.

Despegaron o 3 de xuño de 1928 e arribaron en Berry Pourt no sur de Gales (xa con pouca gasolina)

e non en Irlanda como fora planeado. A mesma Amelia recoñeceu que todo o traballo fixérono os

pilotos , pero ao arribar os reporteiros ignoráronos e abordárona a ela. Recibiu felicitacións do mesmo

presidente Coolidge.

A súa fama creceu nos medios de comunicación e comezou a dar presentacións públicas grazas ao

traballo de George Putnam. Axudouna a publicar o seu libro Twenty Hours, Forty Minutes, e

acompañábaa a todas partes. Foi tanta a unión de ambos os dous que acabaron casando en 1931.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!