21.02.2020 Views

Rompe, xoga en igualdade

Con esta propuesta queremos reivindicar la igualdad entre hombres y mujeres y la concienciación social visualizando la posición de asimetría y discriminación de la mujer en las distintas sociedades, germen de la violencia machista

Con esta propuesta queremos reivindicar la igualdad entre hombres y mujeres y la concienciación social visualizando la posición de asimetría y discriminación de la mujer en las distintas sociedades, germen de la violencia machista

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.





Con esta proposta queremos reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación

social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades,

xerme da violencia machista. Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si

mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse

para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do

xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como a transmisión de valores.

As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran

medida as condutas das nenas e dos nenos.

Mostralas intervidas como mulleres obxecto e representando a realidade da desigualdade das

mulleres na sociedade entendemos que resulta didáctico, esclarecedor e reivindicativo.

Das bonecas intervidas, creación e textos: Isabel Blanco

Da dirección artística, instalacións e cartaz: Irene Silva Xiráldez

Da fotografía: Noemi Chantada (Islandia Producciones)

Do audiovisual: La Resistance Comunicación e Innovación, S. L.



A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o fin da discriminación e a violencia

sistemática contra a metade da poboación mundial son absolutamente necesarios se queremos

acadar unha sociedade verdadeiramente xusta. A omisión e a invisibilización das mulleres e os

seus logros son un dos maiores inimigos cos que nos enfrontamos. O que non se nomea non

existe; o que non se ve non existe e o que non existe non é, non está.

Pero si estamos. Estamos e somos, centos, milleiros.

Estamos nas escolas e nos hospitais, no campo e no mar, nos fogares e nos despachos, nas

guerras e na paz, na fame e na abundancia, na ciencia e na xustiza, nos montes e nas chairas, nas

artes e nas letras.

E somos. Somos a metade do mundo no que vives. Só tes que mirar. Cando o fagas pregúntate se

queres para ti o que ves. Se non o queres ROMPE.

ROMPE cos muros e o silencio

cos mitos e cos berros

co espazo que te afoga

e o teito de cristal.

ROMPE cos lazos e coas cordas

coas bocas que non bican

coas verbas ferintes e mesquiñas

co medo e a infame tiranía.

ROMPE coas mans ensanguentadas

que premen e mutilan

cos cantos das sereas

e os contos de princesas.

XOGA a gabear montañas

sucar os sete mares

cruzar o firmamento

da man da liberdade.


voda

Non quero casar

con quen comigo

quere ser Amo e non marido

#Barbitortadevoda


nai de aluguer

ALuGASE

1 Ventre-cuarto. Cociñna.

Praza de garaxe opcional

#Barbiventredealuguer


ZAPATO DE TAcoN

Non quero alturas de artifIcio.

Eu quero voar

#BarbitacOns


Princesas

Nin princesas, nin coroas,

nin PRINCIPES que queiran vodas

#Barbiprincesa


PROSTITUCION

MERCADORIA DE BEIZOS SEN BICOS,

SEN VERBAS NIN RISOS. QUE MERCAS?

#BarbiCLUB


BELEZA

ESPELLINO, ESPELLINO,

CANDO ME VAS DEVOLVER

A MINA FERMOSA ALMA ENCADEADA?

#BarbiESCRAVADABELEZA


CASA

TERRITORIO DE CONQUISTAS

DE RAINA SOLITARIA

REGALOCHO

#BarbiRAINADACASA


GARAVATAS

A MORTE SILANDEIRA,

COMA NAS GUERRAS SEN BATALLA

#BarbiAFORCADA


ESCOLA

NON HAI MURO NIN ATRANCO

QUE POIDAN CORTAR AS MINAS AS,

GRANDES E BRANCAS

COMA MONTANAS NEVADAS

#BarbiESTUDANTE


GOLPEADA

SACO DE COMBATE SEN REGRAS;

SEN MAIS REGRAS QUE AS DO que BATE

#BarbiMALTRAtADA


MUNDO

O MUNDO ENTEIRO ao LOMBO,

UN LOMBO ESGOTADO

QUE NON PODE MAIS COA CARGA

#BarbiCOMUNDOAOLOMBO


reloxo

...e pasa a vida, minuto a minuto

#Barbicocinoparatodoscadadia


traballo

axioma de igualdade: se x=Y, ergo y=x

#Barbitraballadora


noivos

se noiva queres, quereme libre

#Barbinoiva


floreiro

#BarbImullerfLoreiro


matrimonio infantil

o futuro arrebatado,

coma o rapto das sabinas

#Barbinenacasadaaforza


exercito

sermos tantas, moitas, todas. sermos


cristal

rompe!




Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!