30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

40 DÍAS CONTRA A COVID-19


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel

fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron

moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.

Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da

situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

150 propostas destinadas aos concellos, ao tecido social e á cidadanía en confinamento e que agora queremos trasladarvos

recollidas nun documento para que coñezades todas e cada unha delas.

O traballo realizado polos concellos desta provincia e a Deputación foi efectivo para controlar a epidemia, pero ningún

concello quedará excluído do impacto negativo que a situación terá sobre a actividade económica e os grupos

sociais máis vulnerables.

Por iso, agora que iniciamos unha nova fase de desescalada temos que estar preparadas e preparados para asumir

outro complicado escenario no que teremos que demostrar, unha vez máis, que somos as administracións máis

próximas á cidadanía. Un novo momento no que a unidade e colaboración entre todas as administracións locais,

galegas e estatais é fundamental para garantir unha saída desta situación igualitaria e equitativa para toda a cidadanía.

A búsqueda de sinerxias tén que ser parte do noso traballo, sempre sen esquecer as competencias que temos

asumidas cada administración.

Queremos agradecervos de xeito especial todo o traballo feito ata o momento, e que lle trasladedes no nome do

Goberno provincial a todo o persoal municipal a gratitude da Administración provincial pola máxima e exquisita

colaboración que tiveron estes días coas traballadoras e traballadores desta institución.

A estas e estes últimos queremos tamén agradecerlles de forma pública todo o esforzo realizado, e compartir con

vós que, sen elas e eles, estas 150 medidas que vos presentamos non serían posibles.

Carmela Silva Rego

César Mosquera Lorenzo

Presidenta da Deputación de Pontevedra

Vicepresidente da Deputación de Pontevedra

-2-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

ÍNDICE

MEDIDAS ADOPTADAS PARA A ASISTENCIA INMEDIATA FRONTE Á SITUACIÓN DE EMERXENCIA

• Liña de axuda extraordinaria COVID-19

• Adianto da liña de axudas de emerxencia

• Adianto do Plan de servizos sociais comunitarios básicos e servizo de axuda no fogar

• Fondo de liquidez do ORAL

• Cambios nas bases da liña 2 do Plan Concellos (amortizacións)

• Liberalización de fondos para a reactivación económica

5-6

MEDIDAS ADOPTADAS PARA FACILITAR A XESTIÓN DOS CONCELLOS DURANTE A PANDEMIA

7-12

• Plan Concellos

• Plan DepoRemse

• Plan de reequilibrio

• ORAL

• Novas Tecnoloxías

• Cohesión Social

• Igualdade

• Consorcio Contraincendios

• Comunicación cos concellos

MEDIDAS ADOPTADAS PARA MELLORAR A SITUACIÓN PRESENTE E FUTURA

• No ámbito da promoción económica e do emprego

• No ámbito do turismo

• No ámbito da igualdade

• No ámbito das infraestruturas

• No ámbito da cultura

• No ámbito da transición ecolóxica

• No ámbito do deporte

• No ámbito da mobilidade e da cooperación transfronteiriza

• No Plan Revitaliza

13-22

-3-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

MEDIDAS ADOPTADAS QUE AFECTAN AO TECIDO SOCIAL E EMPRESARIAL DOS CONCELLOS

• Patrimonio e Lingua e Arquivo

• Infraestruturas

• Igualdade

• Turismo

• Cohesión Social

• Deportes

• Cultura

• Xuventude

23-26

CAMPAÑAS LANZADAS PARA O ENTRETEMENTO DA CIDADANÍA NO CONFINAMENTO

• Desde Comunicación e Web

• Desde o Museo

• Desde Promoción Económica

• Desde Xuventude

• Desde Deporte

• Desde Turismo

• Desde o CAAN

• Desde Cultura

27-29

-4-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

MEDIDAS ADOPTADAS PARA A ASISTENCIA INMEDIATA FRONTE

Á SITUACIÓN DE EMERXENCIA

Inxección de liquidez inmediata de máis de 28 millóns de euros para axilizar a atención ás persoas e aos colectivos

máis vulnerables.

• Liña de axuda extraordinaria COVID-19. Dotación: 1.270.000 euros

Nova liña creada para axudar a loitar contra a pandemia.

Solicitárona o 100 % dos concellos de menos de 20.000 habitantes.

Cobre os seguintes gastos: atención a persoas maiores que vivan soas e ás que se

atopen en situación de risco para a prestación das necesidades de alimentación e

hixiene; desinfección das dependencias municipais, necesidades básicas da cidadanía,

incluídos os medios que se empreguen para a repartición de alimentos e produtos

de primeira necesidade a domicilio; aquelas outras necesidades de carácter

básico e de natureza asimilada.

• Adianto da liña de axudas de emerxencia. Dotación: 500.000 euros

Solicitárona o 100 % dos concellos de menos de 20.000 habitantes (52).

Modificáronse as bases para posibilitalas sen necesidade de xustificación previa e

para atender de xeito inmediato as necesidades das persoas en situación ou risco

de exclusión social, principalmente con menores ao cargo, persoas con diversidade

funcional e dependentes.

• Adianto do Plan de servizos sociais comunitarios básicos e servizo de axuda no fogar.

Dotación total: 2.370.000 euros

Solicitárona 49 dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes.

Obxectivo: que os concellos poidan recibir as cantidades que lles corresponden de

xeito anticipado para facerlle fronte con axilidade a esta situación; o prazo para as

xustificacións manterase ata o 26 de febreiro de 2021.

Ademais, puideron incluír os gastos de EPI e desinfección, destinados ao persoal de

servicios sociais e servizo de axuda no fogar.

-5-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• Fondo de liquidez do ORAL. Dotación: 21.000.000 euros

Os concellos poden percibir, de modo extraordinario, o importe da súa recadación

do ano pasado a modo de anticipo, cun desembolso de 21 millóns de euros e dispoñendo

da liquidez en 48 horas.

Neste momento solicitaron fondos adiantados os seguintes concellos: Arbo, Ponte

Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Catoira, Cuntis e Ponteareas.

• Cambios nas bases da liña 2 do Plan Concellos (amortizacións) Dotación: 3.000.000 euros

Habilítase a posibilidade de cambios nas solicitudes xa realizadas por outras que

permitan realizar gastos relacionados coa loita contra a pandemia.

A día de hoxe solicitaron modificacións os concellos de Dozón, Gondomar, Lalín,

Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures e Vila de Cruces.

• Liberalización de fondos para a reactivación económica

Todo o persoal administrativo da Deputación de Pontevedra está a traballar o 100

% en remoto e coa instrución clara de mobilizar todos os recursos derivados de certificacións,

xustificacións de subvencións, pagamento de facturas, devolucións de

garantías e calquera outra xestión que poida supoñer a reactivación da economía da

provincia.

-6-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

MEDIDAS ADOPTADAS PARA FACILITAR A XESTIÓN DOS CONCELLOS

DURANTE A PANDEMIA

Ademais desa inxección inmediata traballouse en diferentes servizos e plans na procura da axilización de recursos,

tramitacións e ampliacións de prazos que facilitasen o labor dos concellos neste momento tan complicado.

Cómpre destacar o cumprimento total da instrución dada a todos os servizos para a axilización dos pagamentos

aos concellos, tanto no referente a certificacións de obra coma de subvencións.

Ξ PLAN CONCELLOS

• Liña 1 do Plan Concellos (obras)

Suspensión durante o estado de alarma de todos os prazos de execución e xustificación das obras

correspondentes ás convocatorias do Plan Concellos aínda en vigor.

Aínda así:

Liña 1 do Plan Concellos 2019

Malia a suspensión seguimos tramitando as certificacións presentadas polos concellos e axilizándoas

o máximo posible para pagarlles aos provedores, ante a evidente necesidade de

mobilización de recursos económicos

O prazo de xustificación remata o 31 de decembro de 2020

Liña 1 do Plan Concellos 2020 (29.700.000 €)

Aínda que o prazo de presentación dos proxectos remataba o 3 de abril ampliarase na mesma

cantidade de días que non computaron polo estado de alarma.

Estamos a analizar e queremos acordar coa corporación provincial, a posibilidade

de modificar o Plan Concellos e incluso o Orzamento 2020 para garantir a utilización

de recursos para gastos derivados da loita contra o COVID- 19

-7-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• Liña 2 do Plan Concellos (amortizacións)

Liña 2 do Plan Concellos 2019

O prazo de xustificacións da liña 2 remataba o 30 de marzo.

A esta liña tampouco se lle computarán os días por causa do estado de alarma.

Liña 2 do Plan Concellos 2020

O prazo de presentación remataba o 3 de abril, e ampliarase na mesma cantidade de días

que non computaron polo estado de alarma.

Como xa dixemos, nesta liña habilitouse a posibilidade de cambios nas solicitudes xa feitas

por outras que lles permitan realizar gastos relacionados coa loita contra a pandemia.

• Liña 3 do Plan Concellos (emprego)

Liña 3 do Plan Concellos 2019

Como o prazo de presentación das xustificacións finalizaba en febreiro, non se viu afectada

polo estado de alarma.

Queda pendente a tramitación dos expedientes de tres concellos por requirimento de documentación

complementaria.

Liña 3 do Plan Concellos 2020

O prazo de presentación remataba o 3 de abril e ampliarase na mesma cantidade de días que

non computaron polo estado de alarma.

Permitiuse a modificación das solicitudes xa concedidas no momento de decretarse o estado

de alarma para readaptar a súa solicitude aos meses do ano nos que se pensa poidan

traballar estas persoas cos prazos que se estima que os concellos poidan contratar.

A día de hoxe solicitaron modificacións os concellos de Agolada Baiona, Bueu, O Grove, O

Porriño, Ribadumia e Silleda.

O prazo segue aberto, tanto para a modificación das xa solicitadas coma para as novas solicitudes.

-8-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ PLAN DEPOREMSE

• Prórroga dos prazos do Plan DepoRemse

Acordouse prorrogar a 11 meses (o máximo que permite a Lei de subvencións) os

prazos de execución e xustificación.

O prazo de execución finalizaba este 30 de xuño e agora adíase ata o 31 de maio de

2021.

Outros catro meses para xustificar desde o remate da obra.

Trátase dun dos plans de obra pública máis ambicioso que hai en marcha na provincia

pois abrangue máis de 31 actuacións de seguridade viaria repartidas noutros tantos

concellos. Investimento total da Deputación de Pontevedra: 11 millóns de euros.

Ξ PLAN DE REEQUILIBRIO

• Prórroga dos prazos do Plan de Reequilibrio

As obras que están sen finalizar neste momento ampliaron o seu prazo no mesmo

período de duración do estado de alarma.

Sabemos dos problemas que teñen algúns concellos para finalizar as súas obras

deste plan por causas alleas (suspensións de pagos das empresas contratadas,

modificacións de obra por situacións non previstas no proxecto...).

Por iso, e ante a imposibilidade de facer máis prórrogas neste plan, estamos analizando

vías para evitar que se perdan eses recursos.

-9-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ ORAL

• Prórroga ata novo aviso do período de pago voluntario das taxas, actualmente en período

de cobranza.

Afecta aos concellos de Arbo, Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Catoira,

Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Agolada, Lalín,

Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Poio,

Ponteareas, Portas, Rodeiro, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga e

Vilanova de Arousa.

Esta prórroga xa é efectiva desde o día 17, data na que se asinou a súa aprobación

por resolución. Para o resto dos concellos con taxas delegadas no ORAL, cuxo período

de pagamento aínda non está en vigor, tamén queda suspendido o pagamento

voluntario.

• Suspensión dos períodos de pagamento voluntario para a cidadanía e as empresas.

• Suspensión dos calendarios fiscais actuais ata a súa actualización, para a cidadanía e as

empresas.

• Aprobación do Plan personalizado COVID-19 para o fraccionamento do pago de taxas e

impostos, en concreto do IBI, IAE e IVTM, para todas as persoas contribuíntes, autónomas

e Pemes.

Poderán acollerse a este plan personalizado antes do dia 15 de xuño do 2020. O pagamento

pode efectuarse en 6 mensualidades co limite máximo da última cota o dia 5 do mes de

decembro do ano 2020

Todos os recibos personalizados terán que domiciliarse. É importante a colaboración dos

concellos na difusión de esta medida

• Estamos a prestar asesoramento aos concellos, que teñen as súas competencias delegadas

no ORAL,sobre as posible modificación das súas ordenanzas fiscais , a súa aplicación e os

seus efectos.

• Clave segura. Novo servizo para facilitar o acceso á Oficina Virtual en condicións de seguridade

durante a crise. A persoa contribuínte debe dirixirse telefonicamente ao ORAL

e responder un cuestionario de identificación. Logo remíteselle por correo electrónico o

procedemento para darse de alta con clave.

• Reactiva ABANCA. Estamos a traballar coa entidade bancaria para modificar o Plan anual

Activa que, dotado con 50 millóns de euros, estará dirixido a familias, empresas, persoas

autónomas e corporacións locais. Esperamos que estea listo en breve, para contribuír á

potenciación do desenvolvemento social e económico da provincia.

-10-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ NOVAS TECNOLOXÍAS

• A aposta tecnolóxica da Deputación nos últimos 5 anos, coa posta en marcha da plataforma

de Administración electrónica, fixo posible que máis de 5.650 traballadoras e traballadores

municipais estean teletraballando durante esta crise. Isto supuxo unha CONTRIBU-

CIÓN DECISIVA A FREAR A EXTENSIÓN DA PANDEMIA.

• Instalación da plataforma necesaria para a realización das reunións de órganos colexiados

nos 52 concellos da provincia que están na plataforma de Administración electrónica

da Deputación. Ata o día de hoxe adheríronse 43 concellos e unha mancomunidade.

• Copia de seguridade na nube. O servizo de copia de seguridade na nube para os concellos

será unha realidade en canto se levante o estado de alarma porque o soporte tecnolóxico

xa está ultimado (aínda non operativo).

Ξ COHESIÓN SOCIAL

• Reforzo do servizo de teleasistencia

Novo protocolo de actuación para intensificar as chamadas de seguimento das persoas

cubertas por este servizo.

O servizo atende un total de 653 persoas, das que 126 carecen de ningún apoio familiar

ou social.

Estas últimas reciben chamadas diarias. Ao resto das persoas usuarias faránselles

chamadas de seguimento semanais.

Ademais, pódense tramitar novas altas por urxencia para aquelas usuarias e usuarios

que o precisen.

(Ata agora 23 novas altas e máis de 700 actuacións)

-11-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ IGUALDADE

• Seguimento do servizo ATENPRO (de asistencia a vítimas de violencia de xénero)

adaptado ao procedemento electrónico. Nos concellos de menos de 20.000 habitantes

hai 69 mulleres co dispositivo de telefonía móbil e telecomunicación, o que permite

que as usuarias poidan contactar en calquera momento cun centro atendido por persoal

especializado durante as 24 horas do día e os 365 dias do ano. HAI 3 NOVAS ALTAS

DESDE O INICIO DO ESTADO DE ALARMA, que implicaron a posta en funcionamento de

3 DISPOSITIVOS móbiles novos con localizadores GPS.

Ξ CONSORCIO DE BOMBEIROS

• Creación dunha nova unidade de desinfección constituída por persoal e vehículos dos

parques para a desinfección dos exteriores dos puntos de atención continuada (PAC) e centros

de saúde de ata 17 concellos de Pontevedra.

• Xunto a esta iniciativa a Deputación de Pontevedra está a desinfectar periodicamente o

Centro Príncipe Felipe e os accesos ao Pazo provincial e ao Edificio Administrativo.

• A estas accións únese o lanzamento dunha guía, elaborada por persoal técnico da Estación

Fitopatolóxica Areeiro, con recomendacións aos concellos para a limpeza e desinfección

para combater a pandemia.

Ξ COMUNICACIÓN COS CONCELLOS

• Comunicación permanente coas entidades locais e coa FEGAMP, explicando as axudas

extraordinarias, modificacións de bases e adiantos de liquidez dispoñibles na Deputación.

• Traslado aos concellos de todas as guías e protocolos postos en marcha na Deputación.

o Saídas de nenas e nenos

o Recomendacións para o uso do material hixiénico

o Recomendacións no posto de traballo

o Preguntas e respostas da COVID-19

o Medidas hixiénicas para a prevención de contaxios

o Recomendacións para o manexo domiciliario dos residuos nos fogares

o Impacto emocional da COVID-19

o Recomendacións para o apoio emocional de nenas e nenos

o Teléfonos de atención ás vítimas de violencia machista

• Ademais, a imprenta da Deputación Provincial está á disposición dos concellos para a impresión

dos carteis e guías que precisen, dándolle prioridade ao material referido á COVID-19

-12-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

MEDIDAS ADOPTADAS PARA MELLORAR A SITUACIÓN PRESENTE

E FUTURA

Ξ NO ÁMBITO DA PROMOCIÓN ECONÓMICA E DO EMPREGO

Sabemos da importancia do traballo que fan os gobernos locais na procura de mellores condicións para a cidadanía

nesta situación de confinamento, da necesidade que teñen nos territorios de mobilización de recursos e do impulso

da economía.

A Deputación non é allea a iso, polo que traballa nas seguintes medidas, que teñen unha relación directa no territorio:

• Cumprimento total da instrución para a axilización dos pagamentos a empresas e persoas

autónomas pola realización de obras, subministracións ou prestación de servizos. No

último trimestre o PMP estivo en torno aos 10 días, e agora conseguimos reducilo a 9. Esperamos

unha redución aínda superior no dato do mes de abril.

• Servizo de información práctica para as persoas autónomas e pemes da provincia que precisen

de información e consulta durante os vindeiros tres meses.

Este servizo realizará as seguintes actividades:

Análise das medidas adoptadas, publicacións especializadas e actualización das

novidades para consulta por parte das persoas interesadas.

Realización de 4 webdinars sobre as seguintes temáticas de ámbito fiscal e financeiro.

Implicacións fiscais de medidas COVID-19 (aprazamentos, suspensións, bonificacións).

Implicacións legais de medidas COVID-19 (xestión de ERTE, problemas operativos

etc.).

Implicacións financeiras de COVID-19 (préstamos, avais, ICO, IGAPE, RED.es etc.).

Implicacións de axudas directas para a reactivación económica (dixitalización, seguridade,

sustentabilidade etc.).

Publicación mediante newsletter, preguntas frecuentes, boas prácticas, infografías

ou guías para publicación periódica nas redes sociais de DEPO.

-13-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• Impulso de 20 novas empresas a través do 1.º Coworking de Barro en liña. Programa

impulsado en colaboración coa Escola de Organización Industrial, coa presenza na inauguración

do secretario de Estado de Industria, Raúl Blanco.

• Ofrecemento ás empresas viveiristas de Barro e Lalín para aprazar alugueres e exoneralas

do pagamento nos casos de cesamento de actividade.

• Plan de Continxencia para asesorar empresas na crise. Gracias ao lanzamento de este plan

de Atención persoal puxemos en marcha 378 asesoramentos a 220 empresas da provincia.

• Dentro de esta Plan de Continxencia, lanzamos unha Nova oferta de novas accións formativas

impartidas de xeito online, debido ao suspenso das actividades formativas presenciais.

As novas accións formativas, que se suman ás xa establecidas, versan sobre xestión de redes

sociais ou blogues, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting,

ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

“Promociona o teu negocio con Google My Business”,

“Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web”,

“Como vender en Vinted”.

“Como vender os teus produtos nun marketplace”,

“Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico”,

“Vende os teus produtos en Facebook e Instagram”,

“Intelixencia artificial: que é e como funciona”,

Coa ampliación de esta oferta, nas formacións on line, achegámonos a un total de 343 persoas

en tan so catro días.

Dende a posta en marcha dos talleres telemáticos achegámonos a 1.415 persoas.

Por territorios, a formación achegouse ao Baixo Miño (36%), Pontevedra-Cangas (20%), e

o Salnés e Caldas (19%)

-14-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• Reforzo da formación en liña para as pemes, con ducias de obradoiros en liña para os que

houbo que ampliar as prazas dada a enorme demanda. Cursos de ciberseguridade, tráfico

web, técnicas de márketing e xestión de redes sociais destinados a pequenas empresas.

• Adhesión ao movemento CovidMakers para axudar á creatividade e reorientación da capacidade

produtiva de EPI por parte de persoas voluntarias e tamén empresas. Inclusión na

newsletter de SmartPeme dos vínculos a actividades maker. Tamén se puxo a disposición

dos CovidMakers do Centro Provincial de Economía Dixital de Barro.

• Organización de webinars (seminarios en liña en formato vídeo) para formar persoas

autónomas e pemes en márketing e actividade en liña. Tivemos ao prestixioso divulgador

económico José María O´Kean, con máis de 250 persoas emprendedoras que o seguiron.

• Posta en marcha dunha aceleradora para o comercio, que iniciou a súa apertura o 27 deste

mes coas inscricións, e comeza co asesoramento a partir do 25 de maio.

• Realízase promoción en redes de produtos turísticos locais para o turismo de interior

de cara ao POSTCOVID-19 (termalismo, Ruta do Viño, Maceiras en Flor, turismo rural etc.).

• Lanzamento da campaña do produto de proximidade, como medida de apoio ás e aos

produtores do campo e do mar.

• Lanzamento dunha campaña para a dinamización do comercio local, como medida de

apoio ao pequeno comercio.

• Prioridade ás análises realizadas no Areeiro que manteñan actividades produtivas e/ou

comerciais e a produtos vexetais destinados á venda.

• Publicación dos boletíns fitosanitarios despois de revisión de parcelas e continuidade

da actividade de asesoramento técnico e tamén nos viveiros e sementeiros da Estación

Fitopatolóxica.

• Adianto das bases das subvencións ás confrarías de pesca e marisqueo e cooperativas

agrogandeiras.

Dotación de 450.000 € para que vaian preparando a documentación. O prazo de presentación

de solicitudes abrirase cando remate o estado de alarma, co obxectivo de axudar o sector

primario a revitalizar a economía.

-15-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ao tempo tamén se axilizou o pagamento das subvencións do ano 2019 e que chegaron

ás confrarías dos seguintes concellos: Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda,

A Illa de Arousa, Moaña, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa,

Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

As cooperativas que recibiron as axudas son dos concellos de Lalín, Forcarei, Ribadumia e

Rodeiro.

• Apoio ao sector gandeiro da provincia e especial atención ás fábricas de pensos co

mantemento da actividade 100 % presencial de Mouriscade.

• Traballamos para o lanzamento de novas medidas de apoio para o sector gandeiro.

Ξ NO ÁMBITO DO TURISMO

O turismo é, sen dúbida, o sector económico que máis vai ter que adaptarse tras esta crise, e é necesaria unha reacción

rápida para colocar a provincia de Pontevedra no rumbo dunha estratexia nova e adaptada ás circunstancias e

ao escenario que se abre.

Ademais da axilización tanto no pagamento coma na tramitación de todas as liñas de subvencións para o tecido

social do sector puxemos en marcha:

• Encargo urxente do Plan de reactivación. Un estudo de impacto da COVID-19 no turismo

da provincia que estará dispoñible a principios de maio e será a primeira “foto” do estado

do sector tras esta crise.

• Elaboración dun novo Plan estratéxico de turismo 2021-2023. O actual plan remataba

este ano pero adiantamos a elaboración do seguinte

• Formación en liña SICTED. Participaron 104 empresas nos cursos en liña para revalidar

ou obter o certificado do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos

(SICTED).

Son concellos de toda a provincia a excepción dos xeodestinos Sanxenxo, Baiona, O Condado-A

Paradanta e Terras do Norte que teñen o seu propio órgano xestor de calidade.

-16-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• Xuntanza telemática coa Secretaría de Estado e a Rede Estatal de Destinos Intelixentes

para avaliar a situación e comezar a deseñar estratexias para despois da COVID-19.

• Participación no Consello Galego de Turismo, no que se abordou un Plan de seguridade

para o que propoñemos un selo de confianza sanitaria e paquetes conxuntos con Portugal

e outros destinos galegos.

• Celebración da Mesa provincial de turismo, realizada con éxito mediante videoconferencia.

• En redacción os protocolos de funcionamento para as oficinas de Turismo con formación

en liña das e dos informadores ante a nova situación.

Neste punto hai que informar os concellos de que:

O ICTE (Instituto para a Calidade Turística de España), organismo que xestiona o Q de calidade,

é o organismo encargado pola Secretaría de Estado de Turismo para elaborar os Protocolos

de garantía sanitaria en espazos públicos locais ou de xestión local coma praias

(costa e fluviais), museos e oficinas de turismo. Todo isto enmárcase no “Proxecto nacional

de especificacións técnicas e selo de garantía para a prevención da COVID-19”, impulsado

polo Ministerio de Industria e Turismo.

Segundo anunciaron o venres 24 de abril, a semana do 11 de maio poderían publicarse xa algúns

deses protocolos, que tamén afectarán a todos os subsectores do turismo e diferentes

produtos turísticos. Serán en total 19 especificacións técnicas nos seguintes epígrafes:

Hoteis e apartamentos turísticos, servizos de restauración, aloxamento rural, cámping e

cidades de vacacións, albergues turísticos e hostels, balnearios, axencias de viaxes, campos

de golf, turismo industrial, transporte turístico, turismo activo, portos deportivos, ocio

nocturno, praias, oficinas de información turística, espazos naturais protexidos, museos e

espazos públicos singulares.

• Campaña “Viaxa mañá” para unha promoción diferente. O audiovisual que puxemos en

soportes dixitais alcanzou unha difusión extraordinaria: 54.000 visualizacións en medios,

25.000 descargas na web da Deputación, 1,5 millóns de impresións, un alcance no Twitter

de Turismo Rías Baixas de 14.000 persoas e 25.000 no Facebook, nas redes da Deputación

13.000 impresións e 4.000 visualizacións cun impacto de 80.000.

• Campaña #21Days21Destinations para coñecer durante o confinamento, en liña, algúns

dos recursos turísticos máis destacados da nosa provincia.

• Cómpre facer mención especial a dous dos items máis importantes para o turismo da

provincia: as festas de interese internacional e nacional e os Rías Baixas Fest.

-17-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL E NACIONAL

Esta provincia ten un total de 5 festas de interese turístico internacional e outras 5 de interese turístico

nacional. Cada unha delas conta cun patrocinio da Deputación de Pontevedra para a súa celebración.

Neste momento:

• Celebráronse tan só dúas internacionais: A Arribada de Baiona e o Cocido de Lalín

• Tiveron que suspenderse tanto a Festa de Vilagarcía de Arousa coma a da Reconquista

de Vigo, que non se celebrarán este ano

• Decidiron o aprazamento na súa celebración da Festa da Lamprea de Arbo, adiada

ata a Lamprea seca no inverno

A situación do resto dependerá das medidas de desescalada para determinarse a súa celebración,

polo que terá lugar unha reunión con concellos con eventos pendentes:

De calquera xeito, contarán con todo o apoio da Deputación para, no caso de celebrarse, manter a

subvención nominativa; os concellos recibirán as cantidades que poidan ser efectivamente xustificadas.

Internacionais:

• Corpus de Ponteareas (pendente)

• Albariño de Cambados (queren reformular)

• Rapa das Bestas de Sabucedo (queren reformular)

Nacionais:

• Marisco do Grove (pendente)

• Hispanidade de Baiona (pendente)

FESTIVAIS MUSICAIS RÍAS BAIXAS FEST

Estamos a traballar en manter liñas de colaboración que lles permitan aos promotores musicais destes

eventos turísticos ou ben reformular as programacións deste ano ou ben traballar na promoción

do próximo ano ante a imposibilidade de realizar estes eventos con garantías sanitarias. MÁXIMA

PRIORIDADE.

Os festivais son Portamérica, en Caldas de Reis; Vive Nigrán, en Nigrán; SinSal, en Redondela;

e Revenidas e Atlantic Fest, en Vilagarcía de Arousa. Con todas as alcaldesas e alcaldes

destas localidades manteremos un encontro para marcar unha estratexia de traballo de

cara a garantir a realización futura destes eventos, que son un importante polo de desenvolvemento

turístico.

-18-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ NO ÁMBITO DA IGUALDADE

A situación de confinamento das vítimas obrígalles ás administracións a poñer en funcionamento accións

que lles axuden ás mulleres e que lles recorden que non están soas.

A Deputación, coma sempre, estará ao lado das vítimas e colaborando activamente cos concellos na

procura da visibilización desta lacra.

Por iso traballamos en:

• Axilización do pagamento a concellos e entidades de máis de 320.000 € polos programas

desenvolvidos en materia de igualdade e de loita contra a violencia machista no ano 2019.

• Lanzamento das campañas:

o “Fronte á violencia de xénero non estás soa”, de sensibilización das mulleres

vítimas de violencias machistas obrigadas a convivir co seu agresor.

o “A importancia dos coidados”, para darlle visibilidade ao papel das mulleres nos

coidados e potenciar a corresponsabilidade.

Ξ NO ÁMBITO DAS INFRAESTRUTURAS

É fundamental para os concellos garantir a seguridade viaria en todo o seu territorio; por iso, desde a

Deputación mantivemos o empeño pola conservación de todas as vías de titularidade provincial.

• Reorganizáronse os postos de traballo, dos que resultan esenciais para o normal

funcionamento do servizo de infraestruturas.

• No caso das brigadas, o persoal de coordinación de brigadas, condutores de maquinaria,

persoal de vixilancia, topógrafas e topógrafos e enxeñeiras e enxeñeiros están

totalmente localizados para atender calquera incidencia nas nosas estradas.

• Reforzo das gardas das brigadas, coa ampliación a tres unidades, unha por zona.

• Planificación das próximas necesidades de investimento e preparación dos procedementos

administrativos, para que en canto cese o estado de alarma darlle entre todos

un pulo á economía produtiva.

• Axilización dos contratos marco de mantemento e conservación das vías

provinciais 2020-2021.

-19-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ NO ÁMBITO DA CULTURA

Son moitas as medidas que se adoptaron para intentar mitigar a situación de empresas culturais, da

industria do cine e da música, das e dos autónomos da cultura, así como do tecido social, axilizando

todas as liñas de axuda e incluso aprobando novas bases de subvencións de cara á saída do estado de

confinamento.

No caso dos concellos son as cuestións coas que se ven directamente ligados:

• Subvencións e obras de rehabilitación do patrimonio artístico 2019

Todos os expedientes presentados polos concellos para a súa aprobación e pagamento están

xa revisados polo persoal técnico e pagados ou propostos para o pagamento (salvo os

que solicitaron prórroga).

O prazo de xustificación fixado para o 30 de xuño ampliouse segundo o Decreto do estado

de alarma.

• Musigal

Estamos á espera do decreto de desescalada para valorar a súa continuidade ou a súa reformulación

a modelos de espectáculos con menos cantidade de público ou actuacións nas

rúas.

Todos os contratos están preparados no seu trámite administrativo interior, pero sen lanzar,

na espera de novas datas.

• Festivais de cine

Son elementos dinamizadores das economías municipais. O seu mantemento tamén é prioridade

para o Goberno da Deputación. Por iso mantivemos reunións virtuais coas e cos

organizadores para garantir flexibilidade na tramitación das axudas ante cambios na programación,

así como o acordo do lanzamento dunha marca de calidade integral para toda

a provincia.

As bases para esta anualidade 2020 xa se lanzaron e neste momento estamos analizando as

propostas que se foron recibindo.

Os festivais de cine da nosa provincia que cumprían cos requisitos establecidos para optar a

esta liña de axuda no 2019 son: FICBUEU, de Bueu; Festival de Curtas Armandiña, de Poio;

Novos Cinemas, de Pontevedra; Cans, do Porriño; Play-Doc, de Tui; Festival Primavera, de

Vigo; Cine Inclusivo, de Vigo; e Curtas Film, de Vilagarcía de Arousa.

Esperamos novas incorporacións neste ano 2020.

-20-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ NO ÁMBITO DA TRANSICIÓN ECOLÓXICA

Ademais de adiantar as bases das subvencións a confrarías de pesca e marisqueo e cooperativas agrogandeiras,

traballouse na elaboración de convenios co sector agrogandeiro e forestal para a divulgación da investigación sobre

o cambio climático, o mantemento de bosques e a sustentabilidade enerxética para explotacións agrogandeiras na

provincia de Pontevedra, todos eles listos para asinar tras o levantamento do estado de alarma.

E ademais:

• Continuouse cos traballos de mantemento dos campos de fútbol.

• Seguiuse co proxecto STRAEE para os puntos limpos e está en estudo unha proposta para a convocatoria

dos proxectos LIFE.

• Trabállase no proxecto Depofroitos: na plataforma de teleformación do programa Depofroitos,

con catro accións formativas en liña. Labores de titorización e asesoramento na formación en liña.

• No CAAN, aínda que o centro está pechado ao público, mantense o traballo de recollida de

animais en situación de emerxencia. Durante o estado de alarma xa se rescataron case 60

cans e cadelas abandonadas.

Ξ NO ÁMBITO DO DEPORTE

A Deputación de Pontevedra revalida a súa aposta polo deporte da provincia co adianto de axudas por importe de

case 3 millóns de euros para as e os deportistas coa marca DepoDan e DepoPromesa, para os clubs de alta competición

e os equipos do deporte nacional e náutico e clubs federados, porque é plenamente consciente da difícil

situación que nestes tempos da COVID-19 tamén está a vivir o deporte da provincia.

Pero esta situación lévanos á:

• Revisión de todas as actividades deportivas propias da Deputación (Depo Andainas,

Depo BTT, Depo Desafio), en espera das decisións que o Goberno central adopte para a

desescalada.

• Cancelación das 209 Deporte Escolas que estaban en marcha na provincia con motivo da

suspensión da actividade docente presencial. Participaban máis de 10.000 nenas e nenos.

• Suspensión das competicións feminina e masculina da Copa Deputación de Fútbol.

• En colaboración con Comunicación estase elaborando unha campaña de promoción do deporte

con deportistas destacadas e destacados da provincia como participantes.

-21-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ NO ÁMBITO DA MOBILIDADE E COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

• Encargo dun estudo urxente para analizar o impacto socioeconómico da COVID-19 na

zona transfronteiriza do río Miño afectada polo estado de alarma español e portugués.

• Difusión e divulgación entre os concellos dunha mensaxe en vídeo de Francesco Tonucci,

ideólogo das cidades para as nenas e os nenos, dirixido ás crianzas, con consellos para o

confinamento.

Ξ NO PLAN REVITALIZA

• Mantemento da actividade dos centros de compostaxe comunitaria dependentes da

Deputación con total normalidade ao ser o tratamento de lixo un servizo esencial.

• Garantía técnica de que a compostaxe é un sistema de xestión segura para os residuos,

incluso con máis fiabilidade ca outros modelos de tratamento máis habituais debido á termolabilidade

dos virus e as altas temperaturas sostidas acadadas no proceso de compostar.

• Instalación de carteis con recomendacións hixiénicas en todos os centros de compostaxe

comunitaria para evitar posíbeis contaminacións cruzadas ás persoas usuarias.

• Cambio do centro de gravidade da xeración de biorresiduos dos grandes produtores á produción

doméstica, constatando que as achegas da cidadanía aos CCC se duplicaron como

media en todas as comarcas e incluso se cuadriplicaron en áreas puntuais.

• Produción de peza audiovisual coa intervención das mestras e mestres composteiros responsables

das áreas de traballo parabenizando a cidadanía polo seu bo facer coa compostaxe

durante o período de alarma e convidándoa a compartir as súas experiencias co

cancelo #EuComposto.

• Implantación dun seguimento específico e pormenorizado dos composteiros individuais

con chamadas telefónicas semanais aos preto de 6.000 fogares que participan no

Revitaliza co fin de comprobar a corrección do proceso de compostaxe.

• Reactivación do proceso de selección de persoal e subvención aos concellos para a contratación

de MECOS en 14 deles con incorporación o vindeiro 15 de maio.

-22-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

MEDIDAS ADOPTADAS QUE AFECTAN AO TECIDO SOCIAL E

EMPRESARIAL DOS CONCELLOS

Ξ PATRIMONIO E LINGUA E ARQUIVO

• Divulgación do portal web AtoPO, con fondos documentais do Arquivo provincial, o Museo

e arquivos municipais. Multiplicáronse por 4 as visitas á web.

• Reforzo da publicación de artigos relacionados cos fondos propios na web arquivos.depo.gal.

• Campaña en redes sociais para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, para coñecer as

portadas dos seus libros en galego favoritos.

Ξ INFRAESTRUTURAS

• Contacto fluído e permanente coas empresas coas que temos obras en execución para

minimizar as incidencias que poidan xurdir, para executar a obra e para o control de

certificacións, en aras de axilizar os pagamentos ás empresas.

• Contrato de asistencias técnicas de redacción de proxectos para novas obras en viarios provinciais,

para estar preparados para lanzar contratos no momento no que se levante o estado

de alarma.

Ξ IGUALDADE

• Aprobáronse as seguintes bases durante o estado de alarma, para ir axilizando expedientes

de cara ao levantamento:

o Bases de subvencións a entidades de iniciativa social para o fomento da igualdade

de oportunidades e loita contra a violencia de xénero para o ano 2020, que suporán

unha inxección de 108.000 €.

• Tramitación das solicitudes presentadas das subvencións nominativas aprobadas no Orzamento

do ano 2020.

• Continúase coas tramitacións das xustificacións de subvencións 2019 para garantir a liquidez

dos colectivos.

-23-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• Estanse a tramitar as solicitudes de entidades para participar no programa Conectadas

2020 e subvencións aos concellos 2020 para proceder á notificación unha vez se reinicien

os prazos do procedemento administrativo.

• Suspendéronse os programas de “Violencia zero” e as actividades que se estaban desenvolvendo

nos centros educativos.

Ξ TURISMO

• Videoconferencias e relación continua cos distintos subsectores afectados.

• Continúase coas tramitacións das xustificacións das subvencións 2019 para garantir a liquidez

dos colectivos.

Ξ COHESIÓN SOCIAL

• Suspensión dos programas de Cohesión Social ata coñecer as condicións de desescalada

(En ruta coa Depo, Depo en marcha e Depotermal).

• Continúase coas tramitacións das xustificacións das subvencións 2019 para garantir a liquidez

dos colectivos.

Ξ DEPORTES

• Continúase coas tramitacións das xustificacións das subvencións 2019 para garantir a liquidez

dos clubs.

• Aprobáronse as seguintes bases durante o estado de alarma, para ir axilizando expedientes

de cara o levantamento:

o Axudas aos clubs para deporte náutico por un importe de 500.000,00 €, que se van

poder solicitar en canto remate o estado de alarma.

o Axudas para os clubs de ámbito nacional por importe de 775.000,00 €, que, igual que

o anterior, podedes solicitar en canto remate o estado de alarma.

o Axudas a clubs de elite da provincia por importe de 632.500,00 €.

o Axudas a deportistas de Alto nivel e Promesas por un importe de 250.000,00 €, para

solicitar tan pronto remate o estado de alarma.

-24-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• En canto ás solicitudes de subvencións do ano 2020 para os clubs federados as interesadas

e interesados seguen a presentar a súa solicitude e vaise revisando a documentación para

requirirlle que emenden a que non está correcta, para ir axilizando expedientes de cara ao

levantamento do estado de alarma.

• Continúanse tramitando as xustificacións de subvencións concedidas durante o ano 2019.

Ξ CULTURA

• Aprobación das seguintes bases de subvencións durante o estado de alarma para ir axilizando

expedientes de cara ao levantamento:

o actividades culturais

o participación en festivais ou certames internacionais

• Continúanse tramitando as xustificacións de subvencións concedidas durante o ano 2019.

• En canto ás solicitudes de subvencións do ano 2020 para os festivais do Audiovisual e os de

Música e Artes escénicas as e os interesados seguen presentando a súa solicitude e vaise

revisando a documentación para requirirlle que emenden a que non está correcta, para ir

axilizando expedientes de cara ao levantamento do estado de alarma.

• Paralización administrativa na fase de resolución do programa Pontegal, en espera das decisións

que adopte o Goberno para a desescalada. Estanse recibindo solicitudes de incorporación

de grupos e inclúense no catálogo diariamente.

• Tramitación das subvencións nominativas contempladas no orzamento de cultura neste

ano 2020.

• Contactos co sector para analizar perspectivas a medio prazo de colectivos coma os festivais

audiovisuais e de cinema.

-25-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ XUVENTUDE

• Remate da formación prevista dentro do programa “DepoEmprende” na Escola, ESO e FP,

con 3 horas en liña que restaban por impartirse trala suspensión da actividade presencial.

• Adianto da convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude para canalizar o talento que

se está a amosar nas redes sociais. Incremento da dotación económica ata os 32.000 euros

(10.000 euros máis).

• Coordinación e seguimento diario da situación dos estudantes ERASMUS que están en Italia.

Seguimento dos retornos.

-26-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

CAMPAÑAS LANZADAS PARA O ENTRETEMENTO DA CIDADANÍA

NO CONFINAMENTO

Ξ DESDE COMUNICACIÓN E WEB

• Reorganización da WEB para sinalar as informacións relativas a COVID-19. Disposición de protocolos

de acción, comisión de seguimento, medidas etc. #DepoInforma.

• Elaboración de materiais para difusión da información relativa COVID-19, manuais de acción,

limpeza etc.

Ξ DESDE O MUSEO

• Reorganización da programación de exposicións para procurar que teña unha afectación o máis

reducida posible na tarefa divulgativa.

• Divulgación no Facebook de fotos 360º comentadas de pezas que pertencen ás exposicións

permanentes.

• Visitas virtuais e vídeos divulgativos en redes sociais sobre as exposicións temporais que estaban

abertas no momento do peche dos edificios: Leopoldo Nóvoa e Debuxantas.

• Posta en marcha da iniciativa ‘O Museo en Familia’, na que periodicamente se colgan actividades

dirixidas a toda a familia, especialmente ás crianzas:

-Pinta con Nóvoa

-Debuxantas

-Fai o teu monicreque!

-Orixinal ou copia! Atopa as 10 diferencias, para difundir a obra de Castelao.

• Exposición virtual ‘Xogamos, lemos e debuxamos na casa’, na que convida a ser comisarios dunha

mostra tras seguir vídeos explicativos do persoal técnico do Museo, para logo fotografar a selección

de obxectos e subila ao Facebook do Museo.

• A cultura segue en marcha. Difusión de vídeos de xente da arte relacionada co Museo de Pontevedra

para dar a coñecer o seu día a día de creatividade, que non para durante a corentena.

• Celebración do Día do Libro. Lendo a Castelao. Actividade co relato ‘O pai do Migueliño’.

• Escolla da nova identidade visual a través dun proceso 100 % telemático: xa estaba en marcha

antes de decretarse o estado de alarma.

• Reimpulso dos estudos previos á rehabilitación dos edificios centrais e á construción do

Edificio Arqueolóxico de Valdecorvos (roza da parcela, taquimétrico, xeotécnico).

-27-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ DESDE PROMOCIÓN ECONÓMICA

• Organización de webiners (seminarios en liña en formato vídeo) para formar a autónomas

e autónomos e PEMES en márketing e actividade en liña. Tivemos ao prestixioso divulgador

económico José María O`Kean con máis de 250 persoas emprendedoras que o

seguiron.

Ξ DESDE XUVENTUDE

• Adianto da convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude para canalizar o talento

que se está a amosar nas redes sociais. Incremento da dotación económica ata os 32.000

euros (10.000 euros máis).

• Vídeo de difusión e promoción da participación nos Premios provincias á Xuventude.

• Lanzamento do concurso Desde a túa Xanela, para que as e os máis pequenos debuxen o

que ven desde as casas.

• Lanzamento da campaña #PincipiñxsDosLibros, con entregas de libros e xogos, con motivo

do Día do libro.

Ξ DESDE DEPORTES

• O “Deporte coa provincia contigo” Elaboración e difusión dun vídeo de deportistas da provincia de

Pontevedra, respecto polas medidas de confinamento e ánimo pola situación .

• “A Deputación co deporte da provincia”. Campaña de divulgación das axudas deportivas e información

dos novos prazos de solicitude por mor da COVID-19

Ξ DESDE TURISMO

• Campaña “Aves desde a casa” con SEO Birdlife.

• Campaña “Viaxa mañá” para unha promoción diferente. O audiovisual que puxemos en soportes

dixitais alcanzou unha difusión extraordinaria: 54.000 visualizacións en medios; 25.000 descargas

na web da Deputación; 1,5 millóns de impresións; un alcance no Twitter de Turismo Rías Baixas

de 14.000 persoas e 25.000 en Facebook; nas redes da Deputación 13.000 impresións e 4.000

visualizacións cun impacto de 80.000.

• Campaña #21Days21Destinations para coñecer durante o confinamento, en liña, algúns dos recursos

turísticos máis destacables da nosa provincia.

• Campaña difusión dos recursos turísticos do arquivo. Vilas termais, conxuntos históricos, pazos,

festas de interese…

-28-


40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ DESDE CAAN

• Campañas contra o abandono de mascotas

Ξ DESDE CULTURA

• Celebración virtual do Día do Teatro (27 marzo) con enlaces a Pontegal y Plan Concellos.

• Lanzouse a campaña Mes de abril cultural cunha oferta en liña a través das webs da Deputación

de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.

• Celebración do Día das Artes (15 de abril). Dedicado a Domingo Antonio de Andrade, arquitecto

do barroco galego, incluíndo unha proposta de Rutas da Arquitectura pola provincia.

• Celebración do Día Internacional do Libro (23 abril) para o que lanzamos unha ampla programación

virtual: viaxe literaria polo mundo, recomendación de autores de referencia e

campaña en RRSS con etiquetas.

• Celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril) posta en valor da data e recoñecemento

aos clubs de danza da provincia.

-29-


Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!