30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ ORAL

• Prórroga ata novo aviso do período de pago voluntario das taxas, actualmente en período

de cobranza.

Afecta aos concellos de Arbo, Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Catoira,

Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Agolada, Lalín,

Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Poio,

Ponteareas, Portas, Rodeiro, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga e

Vilanova de Arousa.

Esta prórroga xa é efectiva desde o día 17, data na que se asinou a súa aprobación

por resolución. Para o resto dos concellos con taxas delegadas no ORAL, cuxo período

de pagamento aínda non está en vigor, tamén queda suspendido o pagamento

voluntario.

• Suspensión dos períodos de pagamento voluntario para a cidadanía e as empresas.

• Suspensión dos calendarios fiscais actuais ata a súa actualización, para a cidadanía e as

empresas.

• Aprobación do Plan personalizado COVID-19 para o fraccionamento do pago de taxas e

impostos, en concreto do IBI, IAE e IVTM, para todas as persoas contribuíntes, autónomas

e Pemes.

Poderán acollerse a este plan personalizado antes do dia 15 de xuño do 2020. O pagamento

pode efectuarse en 6 mensualidades co limite máximo da última cota o dia 5 do mes de

decembro do ano 2020

Todos os recibos personalizados terán que domiciliarse. É importante a colaboración dos

concellos na difusión de esta medida

• Estamos a prestar asesoramento aos concellos, que teñen as súas competencias delegadas

no ORAL,sobre as posible modificación das súas ordenanzas fiscais , a súa aplicación e os

seus efectos.

• Clave segura. Novo servizo para facilitar o acceso á Oficina Virtual en condicións de seguridade

durante a crise. A persoa contribuínte debe dirixirse telefonicamente ao ORAL

e responder un cuestionario de identificación. Logo remíteselle por correo electrónico o

procedemento para darse de alta con clave.

• Reactiva ABANCA. Estamos a traballar coa entidade bancaria para modificar o Plan anual

Activa que, dotado con 50 millóns de euros, estará dirixido a familias, empresas, persoas

autónomas e corporacións locais. Esperamos que estea listo en breve, para contribuír á

potenciación do desenvolvemento social e económico da provincia.

-10-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!