30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• Xuntanza telemática coa Secretaría de Estado e a Rede Estatal de Destinos Intelixentes

para avaliar a situación e comezar a deseñar estratexias para despois da COVID-19.

• Participación no Consello Galego de Turismo, no que se abordou un Plan de seguridade

para o que propoñemos un selo de confianza sanitaria e paquetes conxuntos con Portugal

e outros destinos galegos.

• Celebración da Mesa provincial de turismo, realizada con éxito mediante videoconferencia.

• En redacción os protocolos de funcionamento para as oficinas de Turismo con formación

en liña das e dos informadores ante a nova situación.

Neste punto hai que informar os concellos de que:

O ICTE (Instituto para a Calidade Turística de España), organismo que xestiona o Q de calidade,

é o organismo encargado pola Secretaría de Estado de Turismo para elaborar os Protocolos

de garantía sanitaria en espazos públicos locais ou de xestión local coma praias

(costa e fluviais), museos e oficinas de turismo. Todo isto enmárcase no “Proxecto nacional

de especificacións técnicas e selo de garantía para a prevención da COVID-19”, impulsado

polo Ministerio de Industria e Turismo.

Segundo anunciaron o venres 24 de abril, a semana do 11 de maio poderían publicarse xa algúns

deses protocolos, que tamén afectarán a todos os subsectores do turismo e diferentes

produtos turísticos. Serán en total 19 especificacións técnicas nos seguintes epígrafes:

Hoteis e apartamentos turísticos, servizos de restauración, aloxamento rural, cámping e

cidades de vacacións, albergues turísticos e hostels, balnearios, axencias de viaxes, campos

de golf, turismo industrial, transporte turístico, turismo activo, portos deportivos, ocio

nocturno, praias, oficinas de información turística, espazos naturais protexidos, museos e

espazos públicos singulares.

• Campaña “Viaxa mañá” para unha promoción diferente. O audiovisual que puxemos en

soportes dixitais alcanzou unha difusión extraordinaria: 54.000 visualizacións en medios,

25.000 descargas na web da Deputación, 1,5 millóns de impresións, un alcance no Twitter

de Turismo Rías Baixas de 14.000 persoas e 25.000 no Facebook, nas redes da Deputación

13.000 impresións e 4.000 visualizacións cun impacto de 80.000.

• Campaña #21Days21Destinations para coñecer durante o confinamento, en liña, algúns

dos recursos turísticos máis destacados da nosa provincia.

• Cómpre facer mención especial a dous dos items máis importantes para o turismo da

provincia: as festas de interese internacional e nacional e os Rías Baixas Fest.

-17-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!