30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

• Reforzo da formación en liña para as pemes, con ducias de obradoiros en liña para os que

houbo que ampliar as prazas dada a enorme demanda. Cursos de ciberseguridade, tráfico

web, técnicas de márketing e xestión de redes sociais destinados a pequenas empresas.

• Adhesión ao movemento CovidMakers para axudar á creatividade e reorientación da capacidade

produtiva de EPI por parte de persoas voluntarias e tamén empresas. Inclusión na

newsletter de SmartPeme dos vínculos a actividades maker. Tamén se puxo a disposición

dos CovidMakers do Centro Provincial de Economía Dixital de Barro.

• Organización de webinars (seminarios en liña en formato vídeo) para formar persoas

autónomas e pemes en márketing e actividade en liña. Tivemos ao prestixioso divulgador

económico José María O´Kean, con máis de 250 persoas emprendedoras que o seguiron.

• Posta en marcha dunha aceleradora para o comercio, que iniciou a súa apertura o 27 deste

mes coas inscricións, e comeza co asesoramento a partir do 25 de maio.

• Realízase promoción en redes de produtos turísticos locais para o turismo de interior

de cara ao POSTCOVID-19 (termalismo, Ruta do Viño, Maceiras en Flor, turismo rural etc.).

• Lanzamento da campaña do produto de proximidade, como medida de apoio ás e aos

produtores do campo e do mar.

• Lanzamento dunha campaña para a dinamización do comercio local, como medida de

apoio ao pequeno comercio.

• Prioridade ás análises realizadas no Areeiro que manteñan actividades produtivas e/ou

comerciais e a produtos vexetais destinados á venda.

• Publicación dos boletíns fitosanitarios despois de revisión de parcelas e continuidade

da actividade de asesoramento técnico e tamén nos viveiros e sementeiros da Estación

Fitopatolóxica.

• Adianto das bases das subvencións ás confrarías de pesca e marisqueo e cooperativas

agrogandeiras.

Dotación de 450.000 € para que vaian preparando a documentación. O prazo de presentación

de solicitudes abrirase cando remate o estado de alarma, co obxectivo de axudar o sector

primario a revitalizar a economía.

-15-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!