30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel

fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron

moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.

Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da

situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

150 propostas destinadas aos concellos, ao tecido social e á cidadanía en confinamento e que agora queremos trasladarvos

recollidas nun documento para que coñezades todas e cada unha delas.

O traballo realizado polos concellos desta provincia e a Deputación foi efectivo para controlar a epidemia, pero ningún

concello quedará excluído do impacto negativo que a situación terá sobre a actividade económica e os grupos

sociais máis vulnerables.

Por iso, agora que iniciamos unha nova fase de desescalada temos que estar preparadas e preparados para asumir

outro complicado escenario no que teremos que demostrar, unha vez máis, que somos as administracións máis

próximas á cidadanía. Un novo momento no que a unidade e colaboración entre todas as administracións locais,

galegas e estatais é fundamental para garantir unha saída desta situación igualitaria e equitativa para toda a cidadanía.

A búsqueda de sinerxias tén que ser parte do noso traballo, sempre sen esquecer as competencias que temos

asumidas cada administración.

Queremos agradecervos de xeito especial todo o traballo feito ata o momento, e que lle trasladedes no nome do

Goberno provincial a todo o persoal municipal a gratitude da Administración provincial pola máxima e exquisita

colaboración que tiveron estes días coas traballadoras e traballadores desta institución.

A estas e estes últimos queremos tamén agradecerlles de forma pública todo o esforzo realizado, e compartir con

vós que, sen elas e eles, estas 150 medidas que vos presentamos non serían posibles.

Carmela Silva Rego

César Mosquera Lorenzo

Presidenta da Deputación de Pontevedra

Vicepresidente da Deputación de Pontevedra

-2-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!