30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

MEDIDAS ADOPTADAS PARA A ASISTENCIA INMEDIATA FRONTE

Á SITUACIÓN DE EMERXENCIA

Inxección de liquidez inmediata de máis de 28 millóns de euros para axilizar a atención ás persoas e aos colectivos

máis vulnerables.

• Liña de axuda extraordinaria COVID-19. Dotación: 1.270.000 euros

Nova liña creada para axudar a loitar contra a pandemia.

Solicitárona o 100 % dos concellos de menos de 20.000 habitantes.

Cobre os seguintes gastos: atención a persoas maiores que vivan soas e ás que se

atopen en situación de risco para a prestación das necesidades de alimentación e

hixiene; desinfección das dependencias municipais, necesidades básicas da cidadanía,

incluídos os medios que se empreguen para a repartición de alimentos e produtos

de primeira necesidade a domicilio; aquelas outras necesidades de carácter

básico e de natureza asimilada.

• Adianto da liña de axudas de emerxencia. Dotación: 500.000 euros

Solicitárona o 100 % dos concellos de menos de 20.000 habitantes (52).

Modificáronse as bases para posibilitalas sen necesidade de xustificación previa e

para atender de xeito inmediato as necesidades das persoas en situación ou risco

de exclusión social, principalmente con menores ao cargo, persoas con diversidade

funcional e dependentes.

• Adianto do Plan de servizos sociais comunitarios básicos e servizo de axuda no fogar.

Dotación total: 2.370.000 euros

Solicitárona 49 dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes.

Obxectivo: que os concellos poidan recibir as cantidades que lles corresponden de

xeito anticipado para facerlle fronte con axilidade a esta situación; o prazo para as

xustificacións manterase ata o 26 de febreiro de 2021.

Ademais, puideron incluír os gastos de EPI e desinfección, destinados ao persoal de

servicios sociais e servizo de axuda no fogar.

-5-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!