30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ NO ÁMBITO DA MOBILIDADE E COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

• Encargo dun estudo urxente para analizar o impacto socioeconómico da COVID-19 na

zona transfronteiriza do río Miño afectada polo estado de alarma español e portugués.

• Difusión e divulgación entre os concellos dunha mensaxe en vídeo de Francesco Tonucci,

ideólogo das cidades para as nenas e os nenos, dirixido ás crianzas, con consellos para o

confinamento.

Ξ NO PLAN REVITALIZA

• Mantemento da actividade dos centros de compostaxe comunitaria dependentes da

Deputación con total normalidade ao ser o tratamento de lixo un servizo esencial.

• Garantía técnica de que a compostaxe é un sistema de xestión segura para os residuos,

incluso con máis fiabilidade ca outros modelos de tratamento máis habituais debido á termolabilidade

dos virus e as altas temperaturas sostidas acadadas no proceso de compostar.

• Instalación de carteis con recomendacións hixiénicas en todos os centros de compostaxe

comunitaria para evitar posíbeis contaminacións cruzadas ás persoas usuarias.

• Cambio do centro de gravidade da xeración de biorresiduos dos grandes produtores á produción

doméstica, constatando que as achegas da cidadanía aos CCC se duplicaron como

media en todas as comarcas e incluso se cuadriplicaron en áreas puntuais.

• Produción de peza audiovisual coa intervención das mestras e mestres composteiros responsables

das áreas de traballo parabenizando a cidadanía polo seu bo facer coa compostaxe

durante o período de alarma e convidándoa a compartir as súas experiencias co

cancelo #EuComposto.

• Implantación dun seguimento específico e pormenorizado dos composteiros individuais

con chamadas telefónicas semanais aos preto de 6.000 fogares que participan no

Revitaliza co fin de comprobar a corrección do proceso de compostaxe.

• Reactivación do proceso de selección de persoal e subvención aos concellos para a contratación

de MECOS en 14 deles con incorporación o vindeiro 15 de maio.

-22-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!