30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Ξ NO ÁMBITO DA TRANSICIÓN ECOLÓXICA

Ademais de adiantar as bases das subvencións a confrarías de pesca e marisqueo e cooperativas agrogandeiras,

traballouse na elaboración de convenios co sector agrogandeiro e forestal para a divulgación da investigación sobre

o cambio climático, o mantemento de bosques e a sustentabilidade enerxética para explotacións agrogandeiras na

provincia de Pontevedra, todos eles listos para asinar tras o levantamento do estado de alarma.

E ademais:

• Continuouse cos traballos de mantemento dos campos de fútbol.

• Seguiuse co proxecto STRAEE para os puntos limpos e está en estudo unha proposta para a convocatoria

dos proxectos LIFE.

• Trabállase no proxecto Depofroitos: na plataforma de teleformación do programa Depofroitos,

con catro accións formativas en liña. Labores de titorización e asesoramento na formación en liña.

• No CAAN, aínda que o centro está pechado ao público, mantense o traballo de recollida de

animais en situación de emerxencia. Durante o estado de alarma xa se rescataron case 60

cans e cadelas abandonadas.

Ξ NO ÁMBITO DO DEPORTE

A Deputación de Pontevedra revalida a súa aposta polo deporte da provincia co adianto de axudas por importe de

case 3 millóns de euros para as e os deportistas coa marca DepoDan e DepoPromesa, para os clubs de alta competición

e os equipos do deporte nacional e náutico e clubs federados, porque é plenamente consciente da difícil

situación que nestes tempos da COVID-19 tamén está a vivir o deporte da provincia.

Pero esta situación lévanos á:

• Revisión de todas as actividades deportivas propias da Deputación (Depo Andainas,

Depo BTT, Depo Desafio), en espera das decisións que o Goberno central adopte para a

desescalada.

• Cancelación das 209 Deporte Escolas que estaban en marcha na provincia con motivo da

suspensión da actividade docente presencial. Participaban máis de 10.000 nenas e nenos.

• Suspensión das competicións feminina e masculina da Copa Deputación de Fútbol.

• En colaboración con Comunicación estase elaborando unha campaña de promoción do deporte

con deportistas destacadas e destacados da provincia como participantes.

-21-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!