30.04.2020 Views

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables. Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

Estamos ante unha das crises máis importantes da nosa historia, na que as entidades locais estamos a xogar un papel
fundamental. Todos os esforzos postos en marcha polos gobernos municipais e provincial nestes 40 días deron
moitos froitos na protección das persoas, sobre todo entre os colectivos máis vulnerables.
Desde a Deputación puxemos á disposición dos concellos recursos extraordinarios para afrontar a inmediatez da
situación e case 150 propostas e accións que partiron dos servizos provinciais.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

40 DÍAS CONTRA A COVID-19

MEDIDAS ADOPTADAS QUE AFECTAN AO TECIDO SOCIAL E

EMPRESARIAL DOS CONCELLOS

Ξ PATRIMONIO E LINGUA E ARQUIVO

• Divulgación do portal web AtoPO, con fondos documentais do Arquivo provincial, o Museo

e arquivos municipais. Multiplicáronse por 4 as visitas á web.

• Reforzo da publicación de artigos relacionados cos fondos propios na web arquivos.depo.gal.

• Campaña en redes sociais para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, para coñecer as

portadas dos seus libros en galego favoritos.

Ξ INFRAESTRUTURAS

• Contacto fluído e permanente coas empresas coas que temos obras en execución para

minimizar as incidencias que poidan xurdir, para executar a obra e para o control de

certificacións, en aras de axilizar os pagamentos ás empresas.

• Contrato de asistencias técnicas de redacción de proxectos para novas obras en viarios provinciais,

para estar preparados para lanzar contratos no momento no que se levante o estado

de alarma.

Ξ IGUALDADE

• Aprobáronse as seguintes bases durante o estado de alarma, para ir axilizando expedientes

de cara ao levantamento:

o Bases de subvencións a entidades de iniciativa social para o fomento da igualdade

de oportunidades e loita contra a violencia de xénero para o ano 2020, que suporán

unha inxección de 108.000 €.

• Tramitación das solicitudes presentadas das subvencións nominativas aprobadas no Orzamento

do ano 2020.

• Continúase coas tramitacións das xustificacións de subvencións 2019 para garantir a liquidez

dos colectivos.

-23-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!