09.03.2020 Views

Guía das aves do litoral da provincia de Pontevedra

Esta guía, editada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO/BirdLife, ten o obxectivo de apostar polo turismo ornitolóxico non só para o gozo, senón para sensibilizar a poboación sobre a necesidade de conservar os seus tesouros naturais para o futuro, xa que coñecer e sentir a natureza e as súas aves nos sosega e nos fai felices.

Esta guía, editada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO/BirdLife, ten o obxectivo de apostar polo turismo ornitolóxico non só para o gozo, senón para sensibilizar a poboación sobre a necesidade de conservar os seus tesouros naturais para o futuro, xa que coñecer e sentir a natureza e as súas aves nos sosega e nos fai felices.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.



A NATUREZA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A provincia de Pontevedra alberga unha gran variedade de espazos naturais valiosos e

fascinantes, desde as augas do océano Atlántico, que baten con violencia nas agrestes

costas peninsulares e insulares, ata rías, esteiros, chairas intermareais, enseadas, lagoas

litorais ou sistemas dunares que dan paso a suaves praias.

Tamén as zonas interiores da provincia contan con paraxes de extraordinaria beleza

e biodiversidade: serras altas, ríos, vales, praderías, turbeiras, bosques autóctonos,

mosaicos de campiña etc., sen esquecernos das súas vilas e cidades, que conforman

entre todos uns ecosistemas privilexiados para a observación máis diversa de aves.

Por todo isto a nosa provincia acolle a única Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife de

Galicia, situada no concello do Grove, que ademais é a reserva ornitolóxica máis grande

de España e a única que conta con medio mariño.

A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife, www.seo.org) é a ONG científica

e conservacionista máis antiga de España, dedicada ao estudo, a conservación e a

divulgación das aves e a natureza. Con BirdLife Internacional está presente en 121

países, traballando por un mundo rico en biodiversidade no que o ser humano e a

natureza convivan en harmonía.

Esta guía, editada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO/BirdLife,

ten o obxectivo de apostar polo turismo ornitolóxico non só para o gozo, senón para

sensibilizar a poboación sobre a necesidade de conservar os seus tesouros naturais para

o futuro, xa que coñecer e sentir a natureza e as súas aves nos sosega e nos fai felices.

OBSERVACIÓN DE AVES

Para gozar das nosas saídas ornitolóxicas ao campo é recomendable levar uns

prismáticos (de 8 ou 10 x 42 aumentos) ou un telescopio terrestre se imos identificar

aves a longa distancia e nun punto fixo de observación. Tamén se recomenda levar un

caderno de campo en papel ou dixital para anotar aquilo que nos resulte de interese,

así como a guía de aves.

A ou o observador debe ser o máis discreto e silencioso posible e, sobre todo, debe ter

unha conduta ética tanto coas aves coma cos seus hábitats. Un bo comportamento fai

que a persoa observadora de aves se converta nunha embaixadora da conservación.

1


IDENTIFICACIÓN DUNHA AVE

Para identificar correctamente unha especie teremos que prestar atención aos seguintes

aspectos:

Tamaño. É a primeira pista. Tomaremos como referencia aves de tamaño coñecido (pardal,

pomba, aguia) e compararemos o tamaño da que estamos a observar coas que coñecemos

para determinar se se trata dunha ave pequena, mediana ou grande.

Hábitat. Aínda que hai aves que poden vivir en ambientes moi diversos, xeralmente a

zona na que nos movemos elimina un certo número de aves que nunca a frecuentan. Por

exemplo, os cullereiros non aparecen nas montañas nin as perdices na praia.

Época do ano. Terémola en conta para descartar un gran número de especies que nos visitan

durante un período concreto. Algunhas só as poderemos observar durante a primavera e o

verán, outras no outono e no inverno, e algunhas durante os seus pasos migratorios.

Conduta. Durante a época nupcial, ao alimentarse ou nos seus voos, hai aves que presentan

comportamentos moi característicos. Por exemplo, o voo circular a media altura do miñato.

Proporcións. A forma e as proporcións do corpo tamén nos axudan. Por exemplo, as pegas

teñen a cola moi longa. A forma do bico, a lonxitude das patas e o pescozo ou a forma das

ás son tamén caracteres moi útiles.

Marcas e cores. Moitas aves teñen marcas de cor, coma o babeiro negro do macho de

pardal, que nos axudan na identificación. É un aspecto que pode cambiar dependendo das

condicións de luz, a idade e o sexo das aves, polo que é aconsellable certa cautela.

Forma do voo. Observar como voa unha ave (recto coma o picapeixe, ondulante coma unha

lavandeira, en zigzag...) facilita a súa identificación.

Canto. Cada especie ten o seu canto ou reclamo diferente. Coa práctica aprenderase a

recoñecelos. Hai diferentes recursos (apps, webs, CD...) que nos axudarán a familiarizarnos

con eles.

2


TOPONIMIA DUNHA AVE

3


Nos apuntamentos sobre cada especie aparece o nome vulgar (galego, castelán)

seguido do nome científico. A continuación, inclúese unha breve descrición sobre a ave:

características morfolóxicas máis representativas e algunhas indicacións sobre a súa

bioloxía, o hábitat ou a época do ano na que é posible a súa observación. Esta descrición

vai acompañada dun debuxo que facilita a súa identificación.

Ao longo da guía empréganse unha serie de símbolos e notas:

COMO USAR ESTA GUÍA

SEXO:

♂ Macho

♀ Femia (en moitas especies os exemplares novos son case idénticos ás

femias adultas; nestes casos, xunto ao símbolo de femia, engádese

xuv. entre paréntese)

STATUS FENOLÓXICO. CANDO APARECE A AVE?

n Residente, reprodutora

n Estival, reprodutora

n Invernante, non reprodutora (as inmaturas poderían estar presentes todo o ano)

n Presente en paso migratorio

PLUMAXE:

Ad.: adulta

Xuv.: xuvenil, ave con plumaxe medrada no niño e aínda sen mudar.

A primeira muda ten lugar nun momento variable, desde unhas semanas

tras abandonar o niño no verán (paxaros pequenos) ata case un ano

despois, a finais do inverno (grandes rapaces)

Inm.: inmatura

Inv.: plumaxe de inverno ou non reprodutora. Algunhas aves presentan unha

plumaxe diferente segundo a época do ano. De forma sinxela, podemos dicir

que aparecen plumaxes de inverno (apagadas) e plumaxes de verán (máis

vistosas) cun obxectivo claro: a reprodución

Rep.: plumaxe reprodutora (ver máis información en inv.)

4



n Ganso de cara negra. Barnacla carinegra

Branta bernicla

Ganso pequeno, negro, con popa branca. Presenta

distintivas manchas brancas aos lados do pescozo.

Aliméntase de recursos vexetais mariños. É unha especie

escasa, en aparente aumento e presente nos principais

intermareais con zostera.

n Cullerete. Cuchara común

Spatula clypeata

Dálle nome o seu bico, de grandes dimensións, que

utiliza para filtrar crustáceos, insectos e sementes.

O macho ten a cabeza e o pescozo verdes, o peito

branco e os flancos castaños. Aliméntase en lameiros

abundantes en materia orgánica.

n Pato frisado. Ánade friso

Mareca strepera

Pato nadador discreto pola súa coloración agrisada na

que só destacan a popa negra e o espellete branco.

Algunhas parellas, en número crecente, reprodúcense

nas zonas húmidas do Umia-O Grove.

6


n Pato asubiador. Silbón europeo

Mareca penelope

Macho de cabeza avermellada con fronte amarela, cola

negra e ventre branco. Ao voar son moi rechamantes

as bandas brancas nas ás. É moi numeroso no

inverno e distribúese por variedade de zonas húmidas

costeiras.

n Lavanco. Ánade azulón

Anas platyrhynchos

É o pato máis común. Os machos teñen a cabeza e o

pescozo verdes metalizados e colar branco, as femias son

pardas. En ambos os sexos o espellete é azul intenso. É

reprodutor en todo tipo de ambientes acuáticos. En período

non reprodutor chegan, ademais, aves doutros países.

n Pato rabilongo. Ánade rabudo norteño

Anas acuta

Pato con cabeza cor chocolate, pescozo longo e cola

longa apuntada cara arriba, o que lle dá un aspecto

elegante. É o pato típico do norte ligado aos fríos en

Europa.

7


n Cerceta. Cerceta común

Anas crecca

O máis pequeno dos nosos patos. O macho ten un

anteface verde esmeralda e unha mancha amarela na

popa. Presenta unha conduta nerviosa. O seu voo é baixo,

rápido e de traxectoria errática. O número de exemplares

aumenta claramente nos invernos máis fríos.

n Pato cristado. Porrón moñudo

Aythya fuligula

Pato mergullador. Os machos locen unha contrastada

plumaxe negra con flancos brancos e un característico

moño traseiro colgante. Inverna en distintos ambientes

acuáticos. O seu número descendeu notablemente.

n Pentumeiro. Negrón común

Melanitta nigra

Pato mariño. Os machos son de cor negra, mentres

que as femias teñen tons pardos. Pódense observar

grupos alimentándose preto da costa. Cun pequeno

salto impúlsanse para mergullarse e capturar

crustáceos.

8


n Mergo cristado. Serreta mediana

Mergus serrator

Pato mariño co bico longo, estreito e serrado e

cunha característica crista despeiteada. Mergúllase

e impúlsase baixo a auga coas súas ás para comer

pequenos peixes. Na provincia de Pontevedra invernan

algúns exemplares; o número baixou moito, aínda que

o esteiro do Ulla segue a ser un dos mellores espazos

de España para a súa observación.

n Mobella grande. Colimbo grande

Gavia immer

As fermosas mobellas grandes son aves que nadan e

se mergullan con gran facilidade. Nacen na tundra

de Islandia, desde onde se desprazan ás nosas rías e

baías para pasar o inverno. As súas cores invernais son

discretas, en tons negros e brancos. O seu canto é difícil

de esquecer. A baía da Lanzada é un dos mellores puntos

de España para a súa observación.

n Pardela cincenta. Pardela cenicienta

Calonectris borealis

Pardela grande, coas partes superiores pardo

agrisadas, as inferiores brancas e o bico

forte amarelado. Voa batendo as ás de forma

pausada e con longos pairos que acariñan as

ondas. Algunhas parellas nidifican no Parque

Nacional desde o 2007.

9


n Furabuchos balear. Pardela balear

Puffinus mauretanicus

Esta pardela de pequeno tamaño, en Perigo Crítico de Extinción, pasa polas nosas costas durante as migracións.

Estas aves sedimentan nas rías durante algún tempo para alimentarse e descansar, pero nos últimos anos o seu

número está en descenso. O dorso é escuro e as partes inferiores cor crema. Obsérvanse pairando en grupo ao

nivel da auga ou formando balsas sobre o mar.

10


n Cullereiro. Espátula común

Platalea leucorodia

Outra xoia da provincia de Pontevedra. Dálle o nome a forma do bico; cando se alimenta debuxa semicírculos

con el mentres camiña por augas pouco profundas para detectar pequenas presas. Na Reserva Ornitolóxica do

Grove e Intermareal Umia-O Grove localízase a principal zona de invernada e paso migratorio galego, o que lle

confire á zona importancia internacional.

11


rep.

inv.

n Mergullón pequeno. Zampullín común

Tachybaptus ruficollis

Ave pequena e repoluda de gran flotabilidade.

Mergúllase frecuentemente. Aniña en ríos e zonas

húmidas con vexetación de beira. No inverno

pode ocupar augas máis abertas. Come insectos,

caramuxos e alevíns.

n Garza real. Garza real

Ardea cinerea

É a garza máis abundante, de gran tamaño e tons

grises e negros. A súa silueta ao voar caracterízase

polas súas longas patas e o pescozo repregado;

queda inmóbil sobre augas pouco profundas

e utiliza o seu bico a modo de arpón, o que

sorprende os peixes dos que se alimenta.

n Garzota grande. Garceta grande

Ardea alba

Garza grande e esvelta, de bico amarelo no inverno e

patas amarelas, pescozo moi longo e plumaxe branca.

Fundamentalmente invernante. Ata hai uns anos era rara;

actualmente é escasa pero regular.

12


n Garzota. Garceta común

Egretta garzetta

Garza de bonita plumaxe branca, claramente máis

pequena que a garzota grande. Os adultos teñen

longas patas negras coas dedas amarelas moi visibles

ao voar. Aínda que é unha especie invernante, na

provincia de Pontevedra está a única colonia de cría

de Galicia.

inm.

n Mascato. Alcatraz atlántico

Morus bassanus

A nosa ave mariña de maior tamaño e máis

numerosa. De cor branca, coa punta das ás negra e

a cabeza amarelada; os exemplares máis novos son

escuros. Durante a migración é frecuente observar

desde a costa bandos realizando espectaculares

picados e mergullándose para pescar.

ad.

n Corvo mariño grande. Cormorán grande

Phalacrocorax carbo

Ave grande de cor negra e aspecto robusto. A

diferenza da maioría das acuáticas, as súas plumas

móllanse con facilidade, polo que abre as ás para

secalas nas rochas ou nos postes. Invernante

común.

ad.

inm.

13


inm.

ad.

n Corvo mariño cristado. Cormorán moñudo

Phalacrocorax aristotelis

É menor e máis esvelto que o corvo mariño grande. Ten plumaxe negra con irisacións verdosas. En época

de cría presenta un penacho na cabeza. É emblema do Parque Nacional por posuír un dos maiores núcleos

de cría da península ibérica, aínda que o seu número está en forte declive.

14


n Aguia pescadora. Águila pescadora

Pandion haliaetus

Bonita rapaz con anteface negro. Aliméntase de peixes,

que captura en espectaculares lances. É habitual

observala descansando sobre algún poste. Trátase dunha

especie escasa pero regular e en lixeiro aumento nos

nosos esteiros e rías.

n Gabián. Gavilán común

Accipiter nisus

Pequena rapaz forestal con gran capacidade de manobra

e aceleración para voar entre as ramas do bosque detrás

de pequenas aves. As súas ás son curtas e redondeadas

e a súa cola longa. A femia é notablemente maior que

o macho.

n Azor. Azor común

Accipiter gentilis

Cazador forestal potente e discreto, moi parecido ao

gabián pero máis grande, polo que pode atrapar presas

medianas. Posúe ás curtas, anchas e redondeadas e

cola longa, que o dotan de gran mobilidade na espesura.

O macho é máis pequeno que a femia.

15


n Tartaraña das xunqueiras. Aguilucho lagunero occidental

Circus aeruginosus

Rapaz moi asociada a zonas húmidas que sobrevoa moi lentamente

marcando un “V” coas súas ás anchas e longas. A diferenza das femias

e dos exemplares novos (marróns con ombros ocres), os machos adultos

teñen parte das súas ás de cor gris. Aliméntase de vertebrados propios

das zonas que frecuenta.

n Miñato. Busardo ratonero

Buteo buteo

Moi frecuente nos nosos campos. De corpo compacto e plumaxe

algo variable, desde o pardo escuro ata tons máis claros. Aliméntase

principalmente de roedores, que axexa desde un poste ou unha rama.

É habitual velo voar en círculos a media altura.

n Rascón. Rascón europeo

Rallus aquaticus

De difícil observación polos seus costumes tímidos

e crepusculares. Os adultos posúen un longo bico

curvado e vermello. Común en áreas encharcadas con

vexetación palustre abundante. Emite un berro agudo

similar ao dun porquiño.

16


n Galiñola. Gallineta común

Gallinula chloropus

Expresa a súa alarma con sacudidas da popa

pedresa. O bico é vermello coa punta amarela.

Peteira entre a vexetación das beiras. Nada a

impulsos rítmicos. É común en canaveiras, ríos,

lagoas e charcas.

n Galiñola negra. Focha común

Fulica atra

De plumaxe negra e bico branco. En época

reprodutora é moi territorial e reclama a miúdo.

Nadadora e mergulladora que frecuenta augas

tranquilas con abundante vexetación palustre e

somerxida. A súa poboación sufriu un descenso

importante nos últimos anos.

n Gabita. Ostrero euroasiático

Haematopus ostralegus

Limícola grande, branca e negra, coas patas e o bico

vermellos. Obsérvase en praias, costas rochosas,

esteiros e rías e aliméntase de crustáceos e moluscos.

A Reserva Ornitolóxica do Grove é a principal localidade

de invernada de España; nos últimos anos algunhas

parellas crían en illotes da ría de Arousa.

17


n Avefría. Avefría europea

Vanellus vanellus

Asociada á chegada do frío e dos xeos invernais. A súa

aparencia é inconfundible por ser a única limícola con crista

e dorso escuro con reflexos verdosos. Ocupa espazos abertos,

desde marismas e esteiros a campos húmidos. En pasteiros

interiores adóitase asociar coa píldora dourada.

n Píldora dourada. Chorlito dorado europeo

Pluvialis apricaria

Similar á píldora cincenta pero con plumaxe homoxénea de

tons dourados vistosos que se mimetizan co terreo. É propia

de pasteiros, aínda que na fachada atlántica tamén ocupa

dunas e intermareais. Na nosa provincia é unha invernante

escasa e localizada; a súa presenza increméntase en

invernos rigorosos.

n Píldora cincenta. Chorlito gris

Pluvialis squatarola

Limícola robusta de tamaño medio, bico curto

e plumaxe agrisada. Identifícase ao voar por

unha notoria mancha negra na axila. Habita en

praias con extensos intermareais. A súa chamada

queixosa “pliuííí” pódese oír facilmente.

18


xuv.

n Píllara das dunas. Chorlitejo patinegro

Charadrius alexandrinus

Unha das xoias da avifauna da provincia que aínda aniña nalgunhas praias e dunas, coma na Reserva Ornitolóxica

do Grove. O seu capirote pardo e as súas patas negras diferénciana doutras píllaras, do mesmo xeito que o seu

colar negro, que nunca se pecha. Os seus poliños e o niño, case imperceptibles na area, vense prexudicados

polos usos recreativos, a limpeza mecánica e os cans que se levan aos areais. É unha especie catalogada como

Vulnerable en Galicia. En 2019 foi elixida Ave do Ano en España.

19


n Píllara real. Chorlitejo grande

Charadrius hiaticula

Limícola de pequeno tamaño. Ten as patas alaranxadas e

a cabeza voluminosa, cun bico laranxa curto e negro na

punta. Aliméntase de invertebrados que localiza coa vista e

atrapa tras unha rápida carreiriña.

n Mazarico chiador. Zarapito trinador

Numenius phaeopus

Diferénciase do mazarico real por ser de menor

tamaño e ter o bico máis pequeno con respecto

ao corpo. Na súa cabeza altérnanse liñas claras e

escuras. Adoita alimentarse en lameiros, praias e,

ocasionalmente, en prados húmidos.

n Mazarico real. Zarapito real

Numenius arquata

A limícola de maior tamaño e bico moi longo

e curvado. De movementos pausados, sonda

profundamente os lodos nos que se alimenta.

É común no inverno nas nosas costas. O seu

reclamo é “cur-líí, cur-líí”.

20


n Mazarico rubio. Aguja colipinta

Limosa lapponica

Ten as patas e o bico algo máis curtos que o mazarico

rabinegro e o bico lixeiramente curvado cara arriba. Ao voar

carece de marcas alares. Frecuenta variedade de hábitats

costeiros.

n Mazarico rabinegro. Aguja colinegra

Limosa limosa

Ten o bico longo e fino, que introduce no lodo na

busca de invertebrados. A súa cola e as súas marcas

alares brancas e negras identifícano ao voar. Está máis

ligado a zonas de lodo que o mazarico rubio.

n Virapedras. Vuelvepiedras común

Arenaria interpres

Limícola pequena cun rechamante debuxo escuro no

peito e cor pardoagrisada no dorso. O seu característico

debuxo dorsal faino inconfundible ao voar. Como o seu

nome indica, utiliza o bico para voltear pedras e algas

buscando pequenos invertebrados na beira.

21


n Pilro gordo. Correlimos gordo

Calidris canutus

É o pilro máis grande e repoludo, coas patas e o

bico relativamente curtos e a plumaxe gris bastante

uniforme. É unha limícola escasa tanto na provincia de

Pontevedra coma no resto da península.

n Pilro ferruxento. Correlimos zarapitín

Calidris ferruginea

Pilro grande e estilizado, co bico longo e

lixeiramente curvado, similar ao dos mazaricos.

É unha especie migratoria escasa, sobre todo

na primavera, cando é posible vela coa

plumaxe nupcial avermellada.

rep.

inv.

n Pilro tridáctilo. Correlimos tridáctilo

Calidris alba

Limícola pequena, repoluda e de tons brancos que atoparemos

en intermareais e nas beiras das praias. Peteira nerviosamente

a area húmida acompañando o vaivén das ondas con breves

carreiras.

22


n Pilro común. Correlimos común

Calidris alpina

A limícola máis abundante, chega a formar bandos moi

numerosos que voan en zigzag sobre os intermareais.

Aliméntase á présa de invertebrados nas zonas de lama.

Se conserva a plumaxe nupcial, a gran mancha negra

da súa barriga faino inconfundible.

rep.

inv.

n Pilro escuro. Correlimos oscuro

Calidris maritima

Limícola escasa que non adoita frecuentar praias,

marismas ou enseadas, senón rochedos expostos ao

embate das ondas. É robusta, de patas curtas de cor

laranxa apagada e bico apenas curvado cara abaixo.

n Pilro pequeno. Correlimos menudo

Calidris minuta

É o máis pequeno dos pilros. Ten as patas e o

bico negros e as partes inferiores brancas en

todas as plumaxes. Nos últimos anos apréciase

a presenza duns poucos exemplares no inverno.

xuv.

inv.

23


n Becacina común. Agachadiza común

Gallinago gallinago

De tamaño medio e coloración moi críptica, co bico

moi longo e recto. Adoita levantarse con voo rápido

e en zigzag. Aliméntase en augas pouco profundas e

prados húmidos. É habitual no inverno en variedade

de zonas húmidas de auga doce.

n Bilurico das rochas. Andarríos chico

Actitis hypoleucos

Limícola coa plumaxe parda nas partes superiores

e cun característico entrante branco desde os lados

do peito ata o pescozo. Oscila a súa cola arriba e

abaixo en forma de vaivén, e o bater das súas ás

é ríxido e trémulo. Adoitan observarse exemplares

solitarios.

n Bilurico patirrubio. Archibebe común

Tringa totanus

Limícola co bico e as patas longas e laranxas e o corpo repoludo.

Presenta unha característica franxa alar branca moi visible ao

voar. Aliméntase en beiras pouco profundas de invertebrados

que captura no lodo e comparte espazo con outras limícolas.

24


n Bilurico claro. Archibebe claro

Tringa nebularia

De coloración bastante clara, dominada por tons

esbrancuxados e agrisados. Ten as patas longas e verdosas

e o bico longo e lixeiramente curvado cara arriba. Ao voar

as súas patas superan a cola e non posúe unha franxa alar

branca, o que o distingue do bilurico común.

n Gaivota chorona. Gaviota reidora

Croicocephalus ridibundus

Pequena gaivota que, con plumaxe nupcial, presenta

a cabeza negra. No inverno só mantén un punto

negro detrás do ollo. Forma bandos numerosos e

ruidosos en rías e costas.

n Gaivota cabecinegra. Gaviota cabecinegra

Ichthyaetus melanocephalus

Preciosa gaivota, pequena e moi clara. No inverno

presenta a cabeza branca cunha especie de anteface;

o seu bico e as súas patas son de cor vermella

intensa. Coa plumaxe reprodutora, toda a cabeza é

negra e aveludada. Nas nosas rías frecuenta praias,

intermareais, portos...

25


n Gaivota cana. Gaviota cana

Larus canus

De aspecto doce e tamaño medio. Ten a cabeza máis

redondeada e as patas e o bico amarelo-verdosos. O

Umia-O Grove, dentro da Reserva Ornitolóxica do Grove,

é o principal espazo de invernada en España desta

escasa gaivota.

n Gaivotón. Gavión atlántico

Larus marinus

De aspecto poderoso, é a gaivota máis grande.

Ten o dorso practicamente negro e as patas

rosadas. É unha especie común pero escasa en

Galicia como invernante, aínda que recentemente

tamén aparece como reprodutora rara. As Rías

Baixas albergan algunhas das poboacións máis

importantes de España.

xuv.

ad.

n Gaivota patiamarela. Gaviota patiamarilla

Larus michahellis

A máis común das gaivotas e de tamaño grande. Os

adultos presentan as costas e as ás prateadas e as

patas e o bico amarelos. No Parque Nacional das

Illas Atlánticas atópase unha das maiores colonias do

mundo, o que lle confire un gran valor. Nas últimas

décadas están a asentarse colonias nalgunhas zonas

urbanas.

26


n Gaivota escura. Gaviota sombría

Larus fuscus

Gaivota coas patas e o bico amarelos. Distínguese

doutras gaivotas de similar aspecto por ter o dorso

e as ás de cor gris escura. Aínda que é unha

gaivota migradora e invernante, algúns exemplares

reprodúcense no Parque Nacional.

n Carrán cristado. Charrán patinegro

Thalasseus sandwicensis

Ave esvelta moi ligada ao litoral. Ten cabeza e

patas negras e a coroa despeiteada. O bico é negro

coa punta amarela e o voo rápido. Bate as ás e

mergúllase para pescar pequenos peixes. O seu

reclamo “kerric, kerric” é un son típico das nosas

costas e portos.

n Palleira grande. Págalo grande

Stercorarius skua

Ave mariña rapaz grande e de plumaxe parda.

As súas ás son puntiagudas e o seu voo directo

e decidido. Persegue gaivotas e carráns para que

solten os peixes que capturaron e despois inxerilos.

Tamén se observan estas aves durante o inverno no

noso litoral.

27


n Carolo. Alca común

Alca torda

Álcido de zonas costeiras que inverna de forma

solitaria ou en pequenos grupos. Ave compacta,

branca e negra, co bico ancho, romo e aplanado.

Mergúllase impulsada polas patas e as ás para

perseguir peixes.

n Pombo torcaz. Paloma torcaz

Columba palumbus

Pomba de gran tamaño e manchas brancas nas ás

e aos lados do pescozo. Aniña nas árbores e come

grans e herba no chan. A poboación nativa aumenta

no inverno coa chegada de bandos migrantes.

n Rula. Tórtola europea

Streptopelia turtur

Especie grácil; visitante estival que se reproduce

en bosquetes, sebes e ribeiras. Aliméntase de

sementes e brotes de herbas. O abandono do

rural, a caza e os cultivos tratados con herbicidas

inflúen no declive da especie. O seu canto é un

adorable arrolo típico da primavera.

28


n Rula turca. Tórtola turca

Streptopelia decaocto

Especie similar á europea pero de aspecto máis estilizado, de

cor gris clara e con medio colar negro nos adultos. É habitual

en contornos rurais humanizados e urbanos. O canto consiste

nun “tu-tu, tú” repetido insistentemente.

n Curuxa. Lechuza común

Tyto alba

Fermosa rapaz nocturna, branca, co dorso dourado e

o rostro en forma de corazón. Asociada a construcións

humanas coma edificios abandonados ou igrexas, que

utiliza de refuxio durante o día ou para a reprodución.

Eficaz depredadora de ratos que viu moi minguadas as

súas poboacións pola desaparición dos seus lugares

de nidificación, o abandono do rural e os atropelos en

estradas. Emite un son moi sonoro e metálico.

n Moucho. Mochuelo europeo

Athene noctua

Pequeno e repoludo bufo de carácter solitario, de costumes tanto

nocturnos coma diúrnos. Ten a plumaxe de tons marróns e agrisados

profusamente salpicados de branco. É frecuente observalo nos

postes dos campos de cultivo. Aliméntase de insectos e pequenos

vertebrados. Produce variedade de reclamos agudos que lembran

un miaño. Especie en declive, non só na provincia de Pontevedra

senón en toda Galicia.

29


n Avenoiteira cincenta. Chotacabras europeo

Caprimulgus europaeus

Ave crepuscular propia de zonas de arboredo sen

cobertura de matogueira, de plumaxe críptica e ás e

cola longas. Durante o día permanece no chan oculta

e pola noite caza avelaíñas ao voo. O seu canto é un

“rrurrrrrurrrurr” parecido ao afastado ruído dun motor.

n Cirrio común. Vencejo común

Apus apus

Son as aves máis aéreas, xa que pasan case toda a súa vida voando.

Teñen as ás longas en forma de fouce e cola curta forcada. Son

beneficiosas por comer millóns de insectos. Alegran as cidades co

seu berro “cirrrííí” e as súas acrobacias entre edificios, en cuxos

ocos aniñan. Vense afectadas por restauracións arquitectónicas non

coidadosas e pola nova edificación, que non lles ofrece cavidades.

n Cirrio pálido. Vencejo pálido

Apus pallidus

Moi parecido no comportamento e na fisionomía ao cirrio común

pero de coloración lixeiramente máis clara. Presenta os mesmos

problemas de conservación que os comúns. É escaso en Galicia;

unha das maiores colonias de cría atópase no concello de

Sanxenxo.

30


n Picapeixe. Martín pescador común

Alcedo atthis

De voo rápido, esta bonita ave de cores metalizadas

é propia de ecosistemas de ribeira. Necesita noiros

areosos para escavar o seu niño. Aliméntase de

animaliños acuáticos aos que axexa desde un

pousadoiro e captura tras un rápido mergullo.

n Peto real. Pico picapinos

Dendrocopos major

Paxaro carpinteiro de tons intensos e definidos e carácter

solitario. Habita zonas boscosas onde fura as árbores co

seu forte bico. Tamborila na primavera. É maioritariamente

insectívoro, pero tamén consome froitos.

n Peto verde. Pito real ibérico

Picus sharpei

É o máis común e estendido paxaro carpinteiro. Destacan

o seu dorso de tonalidades verdosas, o píleo vermello e a

bigoteira vermella nos machos e negra nas femias. A súa

presenza recoñécese polo ganido. É habitual en arboredos

ribeiregos, bosques caducifolios e áreas axardinadas.

31


n Lagarteiro común. Cernícalo vulgar

Falco tinnunculus

Rapaz de pequeno tamaño con ás afiadas e

cola longa. Presenta o dorso pardo avermellado

e a cabeza azulada no macho. Adoita quedar

suspendida no aire mentres move as súas ás

e outea o chan na busca de roedores, réptiles,

anfibios ou insectos en zonas abertas e con

poucas árbores.

n Falcón peregrino. Halcón peregrino

Falco peregrinus

Falcón vigoroso coas ás apuntadas e a cola

relativamente curta. Ten o dorso e a cabeza

pizarrentos, as partes inferiores claras e

a bigoteira negra. Caza aves mediante

persecucións e picados moi rápidos. Aniña

en cortados, cantís e edificios.

n Gaio. Arrendajo euroasiático

Garrulus glandarius

Córvido de hábitos forestais e carácter fuxidío. A súa

vistosa plumaxe ten tonalidade parda; posúe cola

negra, o sobrecú branco e os bordos das ás azuis. Nas

nosas áreas arborizadas encóntranse boas densidades.

32


n Pega. Urraca común

Pica pica

A súa presenza é habitual no contorno urbano e

agrícola. Ten plumaxe pedresa e longa cola con

reflexos verdes e azulados. Desprázase con voos

áxiles e directos. Tanto a súa capacidade para

adaptarse a case todo tipo de ambientes coma

a amplitude da súa dieta proporcionáronlle un

grande éxito.

n Corvo pequeno. Corneja negra

Corvus corone

Córvido de tamaño mediano e cor negra, moi

común na provincia, onde ocupa todo tipo de

hábitats. Posúe unha inxustificada mala fama que

esquece o seu beneficioso papel como controlador

de pragas agrícolas.

n Ferreiriño negro. Carbonero garrapinos

Periparus ater

Insectívoro abundante que prospecta as poliñas e as

follas das copas do arboredo. É característico o seu

parche branco detrás da cabeza. Se non hai troncos

ocos aniña entre raíces en buracos do chan. O seu

canto é un típico “tisú-tisú-tisú”.

33


n Ferreiro real. Carbonero común

Parus major

Ave insectívora de cores azuladas, verdosas e

amareladas. Adopta diferentes posturas acrobáticas

cando se alimenta nas ramas. Residente en todo

tipo de arboredo, incluídos parques, xardíns e

plantacións de froiteiras. O seu canto é moi

característico: “chi-chi-pán, chi-chi-pán”.

n Laverca. Alondra común

Alauda arvensis

Aláudido típico de tons pardos e estriado escuro.

De costumes terrestres en zonas desarboradas

e abertas coma dunas, pasteiros ou formacións

de matogueira baixa. Emite un canto longo e

continuado mentres ascende a grande altura. No

inverno recibimos aves norteñas.

34

n Andoriña común. Golondrina común

Hirundo rustica

Con gorxa vermella, cabeza e dorso azul metálico e cola

forcada que a fai inconfundible nos seus voos a rentes

do chan. Os seus niños son cuncos de barro en paredes,

pontes e alpendres. Do mesmo xeito que os cirrios e demais

hirundínidos, é unha gran cazadora de insectos; o seu número

está en retroceso.


n Andoriña do cu branco. Avión común occidental

Delichon urbicum

Similar á andoriña común pero con cola curta, sobrecú e partes

inferiores brancas. Tamén constrúe niños con barro, pero en colonias,

nas cornixas e beirados dos edificios. Está en declive pola escaseza

de lugares onde atopar barro para o niño e pola eliminación deliberada

e ilegal destes.

n Rousinol bravo. Cetia ruiseñor

Cettia cetti

Ave de carácter esquivo e de cor parda que se esconde

entre as marañas arbustivas de ribeira. O seu reclamo

delátaa: unha súbita explosión “cuchí-cuchí-cuchí”.

Especie ben distribuída, cuxo número aumenta no inverno.

n Ferreiriño rabilongo. Mito común

Aegithalos caudatus

Paxariño de cola moi longa que forma bandos

familiares inquietos e ruidosos que percorren

as árbores revisando as súas pólas. Fai un niño

precioso, en forma de ovo revestido de liques, con

entrada circular por arriba.

35


n Picafollas musical. Mosquitero musical

Phylloscopus trochilus

Este paxariño é un migrador posnupcial común,

frecuente en todo tipo de arboredo e zonas

arbustivas. Diferénciase do resto dos picafollas por

ser máis amarelo, coas patas e o bico pálidos (non

negros) e o dorso dun ton verdoso máis brillante.

n Picafollas europeo. Mosquitero común

Phylloscopus collybita

De tonalidade verdosa, é común en zonas

arborizadas e arbustivas onde persegue insectos

nas ramas e voa para capturalos. Tamén se alimenta

de froitos. O seu canto é un inconfundible “chif,

chaf, chif, chaf”.

n Folosa das canaveiras. Carricero común

Acrocephalus scirpaceus

Especie de tons pardos uniformes. Distribúese polas

principais zonas húmidas do litoral. O seu canto longo

e agradable asóciase ao período estival e ás masas de

carriceira e outras vexetacións palustres.

36


n Folosa amarela. Zarcero políglota

Hippolais polyglotta

Paxaro pequeno, amarelo-verdoso e fuxidío,

amante da espesura, salvo cando canta no alto

dos arbustos. Desenvolve unha parola rápida, fluída

e monótona. É dos últimos paxaros que chegan

na primavera.

n Carriza dos xuncos. Cistícola buitrón

Cisticola juncidis

Asociada a zonas con carriceiras, xunqueiras e

herbais densos. Debido ao seu pequeno tamaño

resulta máis fácil de detectar polo seu canto “tsip,

tsip, tsip”, que emite mentres voa coa súa típica

traxectoria ondulante.

n Papuxa das amoras. Curruca capirotada

Sylvia atricapilla

Fácil de recoñecer polo seu capirote, negro no macho

e marrón na femia. Ocupa zonas frescas e húmidas

con abundante sotobosque. O seu atractivo e fermoso

canto é moi musical. Aumenta o seu número no

inverno.

37


n Papuxa do mato. Curruca rabilarga

Sylvia undata

Paxariño escuro e de cola longa que se move entre

a vexetación con gran cautela. O seu carácter é

inquieto e fuxidío. É unha ave insectívora residente

en matogueiras de pequeno e mediano porte.

n Papuxa cabecinegra. Curruca cabecinegra

Sylvia melanocephala

Papuxa cun anel ocular vermello que destaca sobre o

capuchón negro e a gorxa branca. O seu voo é inquieto e

percorre distancias curtas coa cola en abanico. Gusta de

zonas de matogueira e arbustos densos.

n Carriza. Chochín paleártico

Troglodytes troglodytes

Diminuta ave que se move na matogueira coma se fose

un rato, coa pequena cola levantada. Difícil de ver pero

recoñecible polo seu potente e explosivo canto. Atópase en

bosques, xardíns, sebes e canaveiras.

38


n Estorniño pinto. Estornino pinto

Sturnus vulgaris

De cor negra con reflexos metálicos verde-azulados,

salpicada de pequenas manchas. No inverno recibimos

un importante continxente de aves de Europa que

se alimentan en grupos. Forman grandes bandos ao

chegar aos seus durmideiros á tardiña, dando todo un

espectáculo.

n Estorniño negro. Estornino negro

Sturnus unicolor

De cor negra púrpura na primavera, queda salpicado

por pintas abrancazadas no inverno. É difícil de

diferenciar do pinto no outono. Forma bandos ao

alimentarse e no durmideiro, ao que acode con voo

rápido e directo. Cría baixo tellas e en troncos ocos.

n Merlo común. Mirlo común

Turdus merula

De mediano tamaño e cola longa, con bico

e anel ocular alaranxados. Común en zonas

forestais e xardíns urbanos, é das primeiras

aves que comezan a cantar, un musical

canto que entoa mesmo antes do amencer.

39


n Tordo común. Zorzal común

Turdus philomelos

De costumes terrestres, é frecuente observalo no chan.

Ten o dorso marrón liso e as partes inferiores claras

con manchas escuras. Consome vermes, insectos e

caracois. Desde as árbores emite un potente canto

afrautado que xa se oe no inverno.

n Paporrubio. Petirrojo europeo

Erithacus rubecula

Fácil de identificar grazas á súa mancha laranxa na

cara, no pescozo e no peito. De corpo repoludo, postura

ergueita e actitude confiada. No inverno resulta moi

común en case calquera ambiente, tamén en parques

e xardíns. Adoita deixarse ver en arbustos ou no chan

mentres busca insectos. O seu canto “melancólico”

tamén se oe nos días fríos.

n Rabirrubio. Colirrojo tizón

Phoenicurus ochruros

Preciosa ave negra de cola vermella e mancha branca

nas súas ás. De carácter solitario, atópase asociada a

rochedos e terreos despexados, secos e pedregosos,

tamén en zonas urbanas e no contorno rural.

40


n Chasco. Tarabilla europea

Saxicola rubicola

Pequeno e repoludo, os machos presentan cabeza negra,

peito alaranxado e sobrecú branco. Ligado a zonas abertas, é

habitual observalo na parte alta dunha mata axitando de forma

nerviosa as ás e a cola.

inm.

n Pardal. Gorrión común

Passer domesticus

Coñecido e familiar das nosas aldeas, vilas e

cidades. Os machos teñen boina gris e babeiro

negro; as femias e os exemplares novos son

pardos. Seguen unha dieta baseada en grans

e restos de comida. É unha das nosas aves

máis comúns, que viu moi minguadas as súas

poboacións nos últimos anos.

n Azulenta. Acentor común

Prunella modularis

Paxaro discreto, de plumaxe escura, bico fino e

puntiagudo. De comportamento fuxidío, gústalle moverse

por diversos ambientes entre a vexetación baixa. Come

sementes e insectos. O seu número aumenta no inverno.

41


n Lavandeira amarela. Lavandera boyera

Motacilla flava

Ave de tons amarelos e verdosos. A subespecie

ibérica ten a cabeza agrisada, unha marcada

cella branca e a gorxa da mesma cor. Ligada a

zonas abertas húmidas coma prados e pasteiros

encharcados, marismas, áreas palustres ou esteiros.

n Lavandeira real. Lavandera cascadeña

Motacilla cinerea

É a lavandeira máis esvelta e fluvial. De cola moi

longa, que balancea continuamente, e tons grises

e amarelos. Localizable en cursos de auga coma

arroios e regatos, e no inverno tamén nas costas.

n Lavandeira branca. Lavandera blanca

Motacilla alba

ver.

Ave moi común que presenta unha plumaxe

contrastada en branco e negro. Move a súa cola

continuamente mentres captura insectos no chan.

Forma durmideiros de miles de individuos nas árbores

durante o outono e o inverno.

inv.

42


n Pica dos prados. Bisbita pratense

Anthus pratensis

De plumaxe listada con cores discretas que a mimetizan

co chan e hábitos terrestres e gregarios. Ten preferencia

polas campiñas húmidas, polas que se move polo chan

entre a vexetación. Adoita reunirse en pequenos bandos

que se disgregan con facilidade.

n Verderolo. Verderón común

Chloris chloris

Podería describirse como un “pardal verde”. Presenta

aspecto compacto, bico robusto e plumaxe verdosa

con manchas amarelas nas ás e na cola. Cría

en arbustos e árbores de parques e na campiña

agrícola.

n Liñaceiro. Pardillo común

Linaria cannabina

Macho con fronte e peito vermellos na primavera;

femia listada. De carácter gregario, adoita formar

bandos, moitas veces con outras especies

granívoras. Aniña en zonas baixas de árbores e

arbustos en ambientes abertos.

43


n Xílgaro. Jilguero europeo

Carduelis carduelis

Ave de plumaxe vistosa cunha careta vermella. No

inverno forma grupos que se pousan en cardos para

alimentarse das súas sementes, en ocasións en bandos

mixtos con outros frinxílidos. É unha das aves que máis

se captura ilegalmente para ser engaiolada polo seu

precioso canto.

n Xirín. Serín verdecillo

Serinus serinus

Ave amarelada pequena e co bico curto; a femia é máis

gris e listada que o macho. Abunda todo o ano en parques,

xardíns, hortas ou cultivos. O seu canto lembra o son de

fritir. Fóra da época de cría forma bandos mixtos con

outros frinxílidos.

n Escribenta común. Escribano soteño

Emberiza cirlus

Habitante de lindeiros de cultivos, soutos e hortas.

O macho reprodutor loce un rechamante babeiro

negro na gorxa e un anteface da mesma cor,

entre franxas amarelas. O seu canto é monótono,

coma o son dun tambor.

44


n Escribenta das canaveiras. Escribano palustre

Emberiza schoeniclus

Outra xoia da nosa avifauna. O macho, na plumaxe nupcial, loce a gorxa e a cabeza de intensa cor negra

con colar e bigoteira brancos. Moi dependente das zonas húmidas onde habita. A escribenta das canaveiras

é unha subespecie endémica da nosa rexión (Emberiza schoeniclus lusitanica), en Perigo de Extinción

debido á modificación do seu hábitat. No inverno recibimos numerosos exemplares da subespecie europea.

45


De todos os espazos considerados de alto valor ambiental dentro da

provincia destacamos aquí algunhas áreas costeiras onde as aves

son as protagonistas.

Moitas delas son Áreas Importantes para a Conservación das Aves

(IBAS) e, ademais, están protexidas por diferentes figuras: Rede

Natura 2000 (Zonas de Especial Protección para as Aves, ZEPA,

e Zonas de Especial Conservación, ZEC), Humidais de Importancia

Internacional dentro do Convenio RAMSAR ou Zonas de Especial

Protección dos Valores Naturais.


Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón

e lagoa Bodeira (O Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados e A Illa de Arousa)

No Complexo Intermareal Umia-O Grove intégrase a Reserva Ornitolóxica do Grove de SEO/BirdLife

(única Reserva Ornitolóxica de Galicia, a maior de España e a única que conta con medio mariño).

Sen dúbida, o mellor lugar da nosa comunidade e un dos mellores da península para a observación

de aves acuáticas invernantes, tanto pola diversidade coma pola sorprendente cantidade de

exemplares que acolle, e onde o admirado cullereiro ten a principal localidade de invernada e paso

migratorio galego, o que lle confire á zona unha clara importancia internacional.

ESPECIES MÁIS DESTACADAS

Miles de acuáticas invernando: gabitas, virapedras, mazaricos, píldoras, píllaras, biluricos ou avefrías.

Varias especies de patos coma o pato rabilongo e o asubiador; tamén a garza real, a garzota, o

corvo mariño grande, o gaivotón, a gaivota cana ou a cabecinegra.

No contorno do complexo intermareal e nas lagoas hai aves tan interesantes coma o mergullón

pequeno, a galiñola negra, o rascón, a becacina común e a escribenta das canaveiras iberoccidental

(en Perigo de Extinción).

E do outro lado do istmo, a baía da Lanzada conta cunha enorme riqueza ornitolóxica mariña: a

mobella grande, o pentumeiro, o carrán cristado, o carolo, o mascato e algunha palleira grande.

Pasado o inverno, gozaremos de especies en Perigo Crítico de Extinción coma o furabuchos balear,

ou Vulnerables coma o corvo mariño cristado e a píllara das dunas, limícola adorable que aínda

nidifica nas súas praias.

47


Esteiro do Miño (A Guarda, Tomiño e O Rosal)

O afortunado encontro do río Miño co océano crea un belísimo esteiro con extensos intermareais,

illas fluviais, ribeiras palustres ou un litoral areoso e rochoso que dan acubillo, no inverno e nas

migracións, tanto a aves acuáticas e mariñas coma a aves rapaces e paxariños que buscan refuxio

na carriceira.

ESPECIES MÁIS DESTACADAS

Poderemos gozar de limícolas coma a becacina común, o bilurico patirrubio e claro, o pilro tridáctilo,

o mazarico real e o mazarico chiador, o mazarico rubio, o virapedras, a píldora cincenta, a gabita, a

píllara real e a avefría, ademais de diferentes patos e garzas; tamén da gaivota chorona, do gaivotón

ou do corvo mariño cristado e grande.

Nas carriceiras e xunqueiras atoparemos o picapeixe, a carriza dos xuncos, a escribenta das

canaveiras, o rascón e a tartaraña das xunqueiras campando.

Descansando sobre un poste ou sobrevoando o río encontraremos a aguia pescadora, da que

poderemos observar o seu espectacular método de pesca.

48


Enseada de San Simón (Vilaboa, Redondela, Soutomaior e Pontevedra)

Situada no máis profundo da ría de Vigo, o pouco calado da enseada e o influxo das mareas orixinan

amplos bancos de area e chairas de lama que atraen no inverno e nas migracións, da primavera e

do outono, aves acuáticas e mariñas. Tamén os bosques ben conservados dos contornos das salinas

de Ulló son fogar de múltiples paseriformes.

ESPECIES MÁIS DESTACADAS

Ademais do pato asubiador (que en San Simón ten un dos mellores lugares de invernada de Galicia)

e outras anátidas atractivas coma o ganso de cara negra, o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o

bilurico patirrubio e claro, o pilro común, a píllara real, o mazarico chiador e ardeidos coma a garza

real e a garzota; tamén se atopan gaivotas varias, o corvo mariño grande e vistosos paseriformes

do contorno das salinas coma o picapeixe ou o xílgaro.

49


Desembocadura do Lérez e Intermareal Combarro-Lourido

(Pontevedra e Poio)

Ao fondo da ría de Pontevedra, o Lérez verte as súas augas sobre o mar e achega ricos sedimentos

a un interesante intermareal no que as áreas de lodo e area atraen gran diversidade de aves.

ESPECIES MÁIS DESTACADAS

Limícolas coma a píldora cincenta, o bilurico patirrubio, o mazarico chiador, o virapedras, o pilro

común, o bilurico das rochas ou aves mariñas coma o pentumeiro, o carolo, o carrán cristado ou

o corvo mariño grande. Tamén destacan os ardeidos coma a garza real ou a garzota e incluso

podemos atopar cullereiros e algún ganso de cara negra.

50


Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

(Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira)

Formado polos arquipélagos das illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, a biodiversidade dos seus

fondos mariños, o seu valor xeolóxico e paisaxístico e a súa flora e fauna extraordinaria fano único.

ESPECIES MÁIS DESTACADAS

Desde abril a xuño, nidificando en cantís, atópanse o corvo mariño cristado, a gaivota patiamarela, a

gaivota escura e a pardela cincenta, de grande interese ornitolóxico porque supoñen boa parte das

aves mariñas que se reproducen na península ibérica. Entre maio e novembro, o contorno marítimo

das illas tamén é zona de alimentación do furabuchos balear, co que é posible cruzarse na ruta

polo mar, ademais do mascato, o carrán cristado ou a palleira grande.

51


NOTAS

52



Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!