21.02.2015 Views

Untitled

Untitled

Untitled

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Director editorial:

Manuel Bragado Rodríguez

Edición:

Xosé Manuel Moo Pedrosa

Deseño da cuberta:

Miguel Vigo López

Maquetación:

Paula Pérez Vázquez

Produción:

Antón Pérez Fernández

Teresa Rodríguez Martínez

Redacción:

Noa Orizales Iglesias

Lingua e literatura 3º ESO. Proposta didáctica

© Agustín Fernández Paz, Xosé Lastra Muruais, Xosé Manuel Moo Pedrosa, Ramón Nicolás Rodríguez,

Noa Orizales Iglesias, Emiliano Orizales Orizales, Anaír Rodríguez Rodríguez, 2004

© Edicións Xerais de Galicia, S. A. 2004

Dr. Marañón, 12 - 36211 VIGO

xerais@xerais.es

ISBN: 84-9782-223-4

Depósito Legal: VG. 903-2004

Printed in Spain

Impreso en Gráficas Numen

García Barbón, 106

36201 - Vigo

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución

ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación

ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autori z a c i ó n .

INTRODUCIÓN

Introdución

A materia de lingua galega e literatura na ESO oriéntase tanto á aprendizaxe instrumental do

idioma como á comprensión da realidade lingüística de Galicia, co obxecto de desenvolver nos

escolares, ademais do uso correcto, unha actitude de aprecio e de sensibilidade cara á lingua galega

e a súa aceptación social.

É conveniente, nesta etapa, asumir a bagaxe lingüística do alumnado como punto de partida

desde o que suxerir e achegar modelos normativos que amplíen as súas capacidades de comunicación.

Este punto de partida non é alleo á análise e á comprensión do medio sociolingüístico en

que viven os alumnos nin aos factores (socioeconómicos, culturais, etc.) que interveñen nel. Polo

tanto, partindo das aprendizaxes adquiridas na educación primaria, a ESO debe favorecer o uso

funcional da lingua como instrumento de comunicación e de representación, pero tamén a conciencia

crítica sobre a situación do idioma e a súa permanencia histórica. Agora ben, o fomento

do uso (procedementos) e do aprecio (actitudes) deberá constatarse, obxectivamente, na práctica

e nos coñecementos teóricos de alumnos e alumnas.

En consecuencia, a aprendizaxe de Lingua galega e literatura na ESO estará orientada a un triplo

obxectivo: o progreso do alumnado no dominio das destrezas instrumentais (escoitar, falar,

ler e escribir) e dos coñecementos teóricos xa adquiridos na educación primaria, o coñecemento

histórico e a comprensión crítica da evolución e da realidade actual da lingua e o coñecemento

da literatura galega (etapas, autores e obras), como manifestación dunha cultura diferenciada e

como referente para as súas propias producións.

Consideramos que todas as áreas lingüísticas que buscan o desenvolvemento e a mellora da

capacidade de comprensión e expresión deberían participar dun marco de referencia común e

duns criterios didácticos coherentes, respectando a especificidade de cada unha delas. Por ese

motivo, recoméndase a súa coordinación interdepartamental e intradepartamental.

A formación lingüística ten un carácter continuo ao longo das diversas etapas educativas e non

existen tanto diferenzas de contidos, canto diferenzas na intensidade con que se traballan. Malia

esa dificultade, derivada do carácter progresivo na aprendizaxe dunha lingua (que ten sido descrito

coa metáfora da espiral), na proposta optouse por presentar contidos separados para cada

curso, aínda que na práctica destrezas e coñecementos comparezan conxuntamente. Consideramos

importante que a aprendizaxe da lingua oral e da lingua escrita se efectúen en estreita relación,

xa que se apoian mutuamente, e as deficiencias na primeira (mala entoación, pobreza léxica,

incoherencia, etc.) aparecen reflectidas na segunda. Así pois, o traballo basearase en

actividades interdependentes e complementarias relacionadas coa comprensión e a expresión de

enunciados orais e a comprensión e a produción de textos escritos.

3

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

A reflexión sobre o código, como base para o uso práctico, semella a fórmula máis axeitada para

conseguir a competencia comunicativa oral e escrita do alumnado, que deberá incluír os inevitables

aspectos teóricos. Consideramos importante, para mellorar o uso oral e escrito, a adquisición

do léxico patrimonial, para o que se inclúen campos léxicos aglomerados arredor de catro eixes

temáticos (a persoa, as relacións sociais, o territorio e a natureza, as institucións, as tradicións e

os costumes), que non exclúen outros.

A incorporación ao estudo da materia do importante papel que os medios de comunicación

teñen na sociedade actual achega novas técnicas de traballo (procura de información en redes

informáticas, uso dos correctores ortográficos, etc.) que veñen sumarse ás estratexias tradicionais

(uso dos dicionarios, bibliotecas, etc.). E, nesa aprendizaxe multifuncional da lingua, ten un papel

de relevo a dimensión estética que representa a literatura. O camiño máis axeitado para achegarse

a ela é a lectura, como fonte de pracer e de formación, a partir de textos que resulten de interese

para alumnas e alumnos.

Todas as materias do currículo da Educación Secundaria Obrigatoria precisan da linguaxe, tanto

para seren transmitidas como para seren adquiridas. En consecuencia, desenvolver as capacidades

lingüísticas, e os obxectivos desta materia, non debe ser responsabilidade exclusiva do profesorado

de lingua galega e literatura, senón preocupación compartida por todo o equipo

educativo.

4

OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA

Obxectivos xerais de etapa

• Utilizar a lingua galega, oralmente e por escrito, como instrumento para a comunicación

interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

• Utilizar a lingua galega para a comprensión e para a elaboración de informacións orais e escritas,

atendendo ás características formais de cada unha delas.

• Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias históricas

que condicionaron a súa evolución.

• Coñecer as linguaxes específicas e analizar criticamente as funcións sociais dos medios de

comunicación de masas.

• Valorar as variedades xeográficas do galego con vistas á aprendizaxe da lingua estándar libre

de interferencias e prexuízos.

• Identificar os elementos formais e os mecanismos da lingua nos planos fonético-fonolóxico,

morfosintáctico, léxico-semántico e textual.

• Recoñecer os elementos temáticos, estruturais e expresivos que caracterizan un texto literario,

así como as principais obras, autores e períodos máis significativos da literatura galega.

• Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, apreciando a literatura galega como patrimonio

cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.

5

CONTIDOS

Contidos

COMUNICACIÓN

• Os medios de comunicación escritos: os xornais e outras publicacións periódicas.

• Análise das seccións e dos xéneros periodísticos.

LINGUA E SOCIEDADE

• Historia interna da lingua: orixe do galego e a súa evolución.

• A normalización e a normativización lingüística do galego.

ESTUDO DA LINGUA

• Repaso das regras básicas de acentuación e de puntuación. A acentuación diacrítica, das palabras

compostas, da interrogación e da exclamación.

• Clases de palabras: substantivo (flexión de xénero e número, tipos de substantivos), adxectivo

(determinantes), pronome, verbo (estrutura, distinción regular/irregular, formas non persoais,

perífrases), adverbio, preposición, conxunción e interxección.

• Léxico: o territorio e a natureza (a toponimia, a aldea e a cidade, países e habitantes [os xentilicios];

o clima, o campo, a montaña e o mar, as árbores e as plantas, os animais vertebrados

e invertebrados, etc.).

• Formación de palabras: derivación e composición.

• Identificación de voces patrimoniais e de cultismos.

TÉCNICAS DE TRABALLO

• Técnicas de procura de información en soportes tradicionais (bibliografías, revistas especializadas,

bibliotecas, etc.).

7

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

LITERATURA

• Características fundamentais dos períodos da literatura galega que se estudan neste curso.

• A lírica medieval: recoñecemento de diferentes tipos de cantigas.

• A decadencia e o rexurdimento da literatura galega: Rosalía de Castro, Curros e Pondal.

• Lectura e comentario de textos dos autores estudados neste curso.

ACTITUDES, VALORES E NORMAS

• Respecto polas normas básicas de conduta que rexen o intercambio comunicativo.

• Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a comunicación

lingüística.

• Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crítico de expresións que supoñan prexuízos

lingüísticos.

• Valoración crítica dos factores políticos, económicos e sociolingüísticos que condicionaron a

evolución da lingua e da literatura galegas.

• Valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva e consideración positiva

dos esforzos individuais, colectivos e institucionais a favor da normalización lingüística.

• Valoración dos medios de comunicación de masas na sociedade actual a partir do coñecemento

progresivo das súas linguaxes específicas.

• Interese pola propiedade expresiva oral e escrita, e polo emprego de locucións, léxico e frases

características da lingua galega.

• Interese pola lectura como fonte de satisfacción persoal, de coñecemento e de información.

• Interese por expresar as propias ideas, sentimentos e fantasías mediante diferentes formas literarias.

8

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Criterios de avaliación

• Utilizar a lingua galega, oralmente e por escrito, da forma máis axeitada á situación comunicativa.

• Utilizar a lingua galega oralmente e por escrito para elaborar todo tipo de producións (descricións,

narracións, diálogos, etc.) atendendo ás súas diferentes estruturas formais.

• Utilizar a lingua galega para elaborar información, respectando as convencións ortográficas,

a partir dos medios de comunicación tradicionais e das novas tecnoloxías.

• Consultar diferentes fontes de información, lingüísticas e non lingüísticas, co obxecto de realizar

traballos de investigación adecuados ao seu nivel.

• Integrar os vínculos que se establecen entre a persoa, o territorio, a cultura e a lingua.

• Debater sobre un tema, tras a busca e selección de información, establecendo unha liña argum

e n t a t i va propia e respectando as regras sociocomunicativas e pragmáticas que re xen o debate.

• Elaborar un resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema determinado.

• Recoñecer as características das principais etapas, obras e autores da literatura galega que se

estudan neste curso.

• Utilizar as propias ideas e experiencias para a produción de textos de intención literaria.

9

ESTRUTURA

Estrutura de Lingua e literatura 3º ESO

Para a elaboración deste libro, confeccionouse un conxunto de 12 unidades didácticas nas cales,

a través dun variado abano de actividades, se van traballando distintos bloques temáticos. Debemos

matizar que a incorporación dun elevado número de actividades nalgúns dos apartados que

trataremos non se corresponde coa necesidade real de realizalos todos. Por este motivo as actividades

deben ser entendidas como unha oferta de propostas, destinadas a cubrir por completo as

necesidades educativas de cada tipo de alumnado, non sendo necesario para a comprensión global

da unidade e para a xeración de coñecemento a realización de todas elas.

Unha vez feita esta aclaración, cómpre comentar que os contidos transversais propios deste terceiro

curso aparecen integrados nas distintas unidades ao longo do libro, tanto a través de exercicios

explicitamente dedicados a que o alumnado desenvolva unha boa capacidade crítica cara a

si mesmo e cara aos demais, como a través da selección temática de textos relativos á igualdade

sexual, respecto ao medio ambiente, etc.

Cada unha das doce unidades que compoñen o libro, responde a unha mesma estrutura, dividida

en oito apartados. O libro estrutúrase arredor dun sistema de dobres páxinas, que xeralmente

serven de marco para delimitar o alcance dos apartados que se detallan a continuación; mais cómpre

considerar que nalgúns casos presentan unha estrutura de dúas dobres páxinas, dado que así

o esixía o volume de contidos tratados:

1. LECTURA

2. TRABALLO CO TEXTO

3. FORMAS DE COMUNICACIÓN

4. OS NOMES DAS COUSAS (Léxico)

5. A LINGUA POR DENTRO (Morfosintaxe)

6. ESCRIBIMOS BEN (Ortografía)

7. O QUE PASOU NESE TEMPO (Historia da lingua e da literatura)

• ESCOLMA

• TEXTO + COMENTARIO

8. LINGUA E SOCIEDADE

11

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

Examinemos agora os contidos e os tipos de actividades presentes en cada un dos apartados:

1. LECTURA

Cada unha das doce unidades de que está composto este libro de 3º de ESO, iníciase cunha dobre

páxina que se corresponde cunha proposta de lectura. Estas lecturas tratan de aproximar o alumnado

aos textos mínimos recollidos no currículo correspondente a este nivel educativo. Así, podemos

atopar nesta proposta textos informativos, argumentativos, xornalísticos, de opinión, narrativos,

bandas deseñadas, etc.

Os textos que se inclúen neste apartado, foron seleccionados dunha escolma previa moito máis

ampla. Os criterios segundo os cales se deu prevalencia a uns textos sobre os outros foron varios:

• En primeiro lugar, tratouse de seleccionar textos que estivesen relacionados dalgún xeito cos

contidos traballados en cada unha das doce unidades do libro.

• Na selección, pretendeuse que os fragmentos fosen atractivos, con calidade literaria e suficientemente

motivadores como para propiciar o achegamento ao libro de que proceden.

• Buscouse que os textos resultantes servisen de punto de partida para a realización dunha

ampla variedade de actividades relacionadas cos contidos da unidade a que pertencía o texto

seleccionado.

• Coidouse que houbese un equilibrio entre as lecturas que ofertaban protagonistas femininos

e as que o facían con masculinos, tratando así de enmarcar estas lecturas nos principios da

coeducación.

• Outro dos criterios de discriminación duns textos sobre outros foi a medida en que se axustaban

aos contidos mínimos esixidos polo Deseño Curricular da Área de Lingua galega e literatura.

A maioría dos textos literarios que incluímos nesta proposta, correspóndense con libros enmarcados

dentro do que se coñece como literatura xuvenil, aínda que algúns deles tamén forman parte

da oferta lectora para adultos.

No que se refire ás ilustracións que acompañan algunhas lecturas, realizadas por Luís Castro

Enjamio, son boa mostra do alto nivel que está a acadar a ilustración no noso país.

2. TRABALLO CO TEXTO

A dobre páxina que presentamos con este título engloba unha serie de actividades que xiran arredor

do texto da lectura, sendo estas de carácter oral ou escrito, individual ou grupal.

A tipoloxía base das tarefas propostas acolle unha ampla gama de exercicios, sendo os máis destacados

aqueles que propoñen:

• Actividades de comprensión de lectura.

• Actividades relacionadas cos centros de interese que haxa nela.

• Actividades sobre algún aspecto formal da lectura.

• Actividades sobre algún elemento léxico ou morfosintáctico presente no texto.

• Actividades de expresión persoal, tanto oral como escrita.

12

ESTRUTURA

3. FORMAS DE COMUNICACIÓN

Este apartado está orientado a mellorar as capacidades produtivas do alumnado, a través da agrupación

de todos os contidos referidos ao estudo e á práctica da tipoloxía textual. Mentres que na

dobre páxina anterior as actividades viñan dadas en función das posibilidades da lectura, neste

apartado os contidos de cada unidade están programados de antemán, de maneira que seguen

unha secuencia definida.

Neste apartado, como é natural, adquire unha importancia sobranceira o amplo e variado abano

de textos que serven de exemplo e de material de traballo para conseguir unha aprendizaxe

significativa dos contidos cognitivos que se queren transmitir. Deste xeito, ao remate das doce

unidades, os alumnos e alumnas terán abordado textos narrativos, descritivos, informativos, argumentativos,

diálogos, entrevistas, bandas deseñadas, etc.

Ao ser, asemade, un apartado orientado á aprendizaxe de procedementos, atópanse nel actividades

encamiñadas a que os rapaces e rapazas realicen os seus propios textos de acordo coas pautas

que se lles dan.

4. OS NOMES DAS COUSAS

De acordo coa nosa proposta didáctica, o estudo e ampliación do léxico ocupa un lugar importante

en cada unha das unidades. Seleccionouse un campo léxico para cada unidade, que se aborda

con enfoques diversos: tanto co apoio das ilustracións, realizadas por Santiago Gutiérrez, coma

a través dunha variada gama de atractivas actividades que buscan a ampliación do léxico activo

dos alumnos e alumnas.

O eixo temático predominante ao longo de todos os vocabularios é o mundo natural, sendo

este tratado dende todas as súas vertentes: xeográfica, física, animal, climática, humana, etc.

Os criterios para seleccionar o vocabulario deste apartado foron dous principalmente:

• A adaptación aos mínimos marcados polo Deseño Curricular da Área de Lingua galega e literatura.

• A selección dentro de cada campo léxico, dos vocábulo que mellor definen a realidade galega,

e que polo tanto están presentes no día a día do alumnado, fronte a aqueles que non teñen

ápice de presenza na nosa realidade.

5. A LINGUA POR DENTRO

Xa quedou apuntado que a reflexión metalingüística tiña un lugar importante na etapa da ESO,

sempre que se tratase dende unha perspectiva instrumental. De aí que a meirande parte do espazo

que ocupan estes apartados se corresponda con dúas dobres páxinas, coa excepción das relacións

semánticas, das voces patrimoniais, das preposicións e adverbios, e das conxuncións e interxeccións;

estes catro últimos bloques, constitúen un repaso de contidos tratados en cursos

anteriores, feito este polo que a súa extensión non resulta tan ampla coma no resto dos casos de

morfoloxía.

Neste apartado trátanse os contidos seleccionados no Deseño Curricular Base para cada nivel

dun xeito secuenciado e sempre dende un enfoque eminentemente práctico. A oferta de actividades,

que pretende ser ampla e variada, así como os numerosos textos que serven de exemplo e

de material de traballo, poden ser útiles para que o alumnado aprenda satisfactoriamente uns contidos

considerados áridos tradicionalmente.

13

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

Estes contidos complétanse, dalgún xeito, co apéndice morfolóxico e ortográfico que aparece

contra o final do libro. Unha separata que contén, resumidos, os principais cadros dos paradigmas

gramaticais. Cremos que esta separata pode ser de moita utilidade porque, deste xeito, o

alumnado sempre terá a man uns contidos que, sen ter que aprendelos de memoria, é preciso consultar

en numerosas ocasións.

6. ESCRIBIMOS BEN

Este apartado preséntase reforzado con respecto a anos anteriores, dadas as enormes carencias

ortográficas que presenta o alumnado actual. As páxinas, céntranse na norma ortográfica, mais

tendo sempre presente que o coñecemento ou descoñecemento de determinadas normas non

garante unha correcta execución destas. Polo tanto, este apartado combina o estudo e reflexión

sobre as normas ortográficas cun exhaustivo programa de exercicios prácticos cos cales se pretende

contribuír a mellorar as competencias escritas do alumnado.

7. O QUE PASOU NESE TEMPO

O tratamento das principais figuras e movementos literarios dende a época medieval ata o Rexurdimento

é o contido principal deste bloque de apartados. Trátase de avanzar contidos sobre aqueles

aspectos xa introducidos na literatura do curso anterior, mais sen meterse nos feitos literarios

e autores posteriores ao XIX, xa que estes serán tratados en 4º.

Con este apartado preténdese dotar o alumno dunha base teórica que lle permita analizar e

identificar as características dos distintos movementos literarios e autores tratados na escolma que

se engade tras este bloque.

Os contidos esenciais atópanse dispersos ao longo da dobre páxina que ocupa, xa que a nosa

proposta didáctica vai encamiñada a que o alumno ou alumna realice unha aprendizaxe construtivista

froito da análise, comprensión e posterior plasmación da información. O apartado mestura

datos biográficos con datos doutra índole como características dos autores, introducións ao

contexto sociocultural, marcas propias dos movementos literarios, etc. Non pretendemos polo

tanto, que o alumno ou alumna realice un labor memorístico sobre os datos achegados nestas

páxinas, senón que sexa orientado á sintetización dos contidos e á discriminación entre o máis e

o menos relevante de cada apartado.

14

• ESCOLMA

Como o seu nome ben indica, este é un apartado que recolle unha serie de textos que apoian

os contidos teóricos. A meirande parte dos textos desta escolma son poéticos, dado que os contidos

que se abordan neste curso de literatura correspóndense con autores eminentemente líricos e

con períodos históricos en que a lírica galega estaba en auxe.

Algúns poemas van acompañados dunha breve descrición do contido, para facilitarlles aos

alumnos a súa comprensión. Estes versos supoñen un apoio importante aos contidos teóricos que

se desenvolveron na unidade anterior, polo que pode servir como medio onde poñer a proba os

conceptos adquiridos tanto en unidades anteriores como na propia unidade.

• TEXTO + COMENTARIO

Dado que en 4º de ESO teremos que abordar o comentario de texto dun xeito máis exhaustivo,

pareceunos conveniente introducir neste curso unha introdución. Deste xeito proponse neste

apartado un texto relacionado co contido literario da unidade e unhas preguntas-guía sobre el.

ESTRUTURA

A estrutura que presenta este apartado é a seguinte: nunha das páxinas intégrase a proposta de

texto literario; e na páxina oposta introdúcese o comentario guiado cun amplo abano de actividades

que tratan dende aspectos formais do texto, ata aspectos de desenvolvemento de habilidades

lectoras e comprensivas do alumnado. Algunhas destas actividades están tamén enfocadas a

relacionar os autores con outros contemporáneos, precursores ou posteriores; ou a realizar unha

integración destes en correntes de pensamento ou movementos histórico-políticos.

As excelentes ilustracións que acompañan os textos propostos para comentar foron realizadas

polo ilustrador galego Fino Lorenzo.

8. LINGUA E SOCIEDADE

Hai nove unidades no libro que contan con este apartado onde se recolle o estudo de contidos

de carácter sociolingüístico e de historia da lingua.

Ao remate de cada unha das unidades atoparemos uns xogos de lingua realizados por Celia

Díaz Núñez que reforzarán determinados aspectos tratados na unidade correspondente.

15

CONTIDOS

Unidade 1

CONCEPTOS

• Os elementos presentes no proceso de comunicación: emisor, receptor, mensaxe, canle, código

e contexto.

• O rexistro culto, coloquial e vulgar.

• Campo semántico: a paisaxe natural.

• A formación e composición de palabras.

• As familias léxicas.

• Ortografía: o alfabeto, os dígrafos e os fonemas.

• Usos lingüísticos e identidades lingüísticas.

PROCEDEMENTOS

• Comprensión do sentido global dun texto literario, identificando os grandes temas presentes

neste.

• Análise dun texto escrito recoñecendo as catro propiedades textuais (adecuación, coherencia,

cohesión e gramaticalidade).

• Produción de textos orais planificados atendendo aos distintos rexistros con que conta a lingua,

segundo a situación e o contexto en que se producen.

• Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántico tratado: a

paisaxe natural.

• Creación dun dicionario persoal onde se irán incluíndo os novos vocábulos tratados na área

de «Os nomes das cousas», poñendo atención en que a redacción sexa axeitada ao tipo de

información que se recollerá no texto explicativo de cada unha das palabras.

• Identificación de diferentes tipos de textos, así como da principal función comunicativa que

cumpren.

• Emprego dos diferentes procedementos utilizados para a formación de palabras.

17

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Identificación das vinte e tres letras do alfabeto galego, asociándoas correctamente cos fonemas

que representan.

• Realización de exercicios de recoñecemento e identificación dos dígrafos.

• Busca de patróns de comportamento que se correspondan cos usos lingüísticos do galego na

nosa comunidade e posterior reflexión sobre as identidades que cada un dos usos xera.

ACTITUDES

• Interese pola comprensión global dun texto.

• Autoesixencia na correcta formación de palabras derivadas e compostas e en tarefas de produción

de familias léxicas.

• Interese por adquirir e utilizar dun xeito progresivo un léxico persoal cada vez máis amplo e

preciso.

• Curiosidade por coñecer as características morfolóxicas da lingua galega.

• Interese pola correcta expresión oral e escrita, valorando a autocorrección.

• Interese por analizar e reflexionar sobre os conflitos lingüísticos que o rodean e por atopar as

causas da existencia de usos e identidades lingüísticas distintas.

• Aceptación das distintas identidades e usos lingüísticos presentes na nosa sociedade.

Unidade 2

CONCEPTOS

• O texto narrativo: elementos constitutivos e estrutura.

• A voz narradora e o punto de vista.

• O prefixo hiper- e as grafías b e v.

• Campo semántico: o rural.

• Os sufixos alterativos, derivativos, diminutivos, aumentativos e despectivos.

• O substantivo: clasificación semántica, morfoloxía, xénero e número.

• Ortografía:

–As grafías e fonemas do sistema vocálico.

–Os ditongos, tritongos e hiatos.

–As sílabas tónicas e átonas.

• Literatura:

–A lingua e a literatura galegas na Idade Media.

–As orixes da lírica galega medieval.

–Os xéneros líricos medievais.

• Comentario literario: Johán García de Guilhade (cantiga de amor).

• As variantes dialectais.

18

CONTIDOS

PROCEDEMENTOS

• Manexo do dicionario á hora de contextualizar o vocabulario que aparece nas lecturas.

• Distinción, nun texto dado, dos elementos constitutivos dunha narración (personaxes, argumento,

espazo e tempo), así como da súa estrutura e da voz narradora empregada.

• Recoñecemento do significado do prefixo hiper-.

• Realización de actividades de ampliación do léxico tratado: o rural.

• Elaboración de mapas conceptuais que establezan as relacións semánticas e morfolóxicas que

se poden dar no substantivo.

• Identificación de ditongos, tritongos e hiatos tanto en palabras illadas como en palabras integradas

en textos con sentido propio.

• Compresión do sentido global e das implicacións derivadas de establecer unha división entre

sílabas átonas e tónicas.

• Interpretación da representación gráfica que teñen as vogais no noso idioma e identificación

da pronuncia das distintas representacións fonéticas das vogais estudadas.

• Análise das distintas tipoloxías líricas medievais, prestando especial atención á súa forma

característica.

• Selección das características básicas que determinan a tipoloxía dunha cantiga medieval.

• Identificación das variantes dialectais galegas, así como establecemento de relacións entre un

determinado trazo dialectal e os distintos bloques dialectais presentes na nosa comunidade

autónoma.

ACTITUDES

• Afección pola lectura de obras de carácter narrativo e gusto pola autoxeración deste tipo de

textos literarios.

• Valoración da importancia de ampliar progresivamente o propio vocabulario e de adquirir

estruturas lingüísticas cada vez máis complexas e elaboradas.

• Autoesixencia no correcto emprego das regras de sufixación.

• Interese crecente por asimilar as características internas dos procesos morfolóxicos que rexen

a lingua galega.

• Aceptación do carácter convencional das normas de representación gráfica dos distintos fonemas

vocálicos galegos.

• Autoesixencia á hora de producir correctamente textos que conteñan ditongos, tritongos e

hiatos.

• Aprecio polo patrimonio histórico-literario galego, como fonte de coñecemento da propia

cultura.

• Respecto polas variedades dialectais da lingua galega e toma de conciencia da riqueza lingüística

que supoñen.

• Conciencia da necesidade de avanzar no proceso de normalización da lingua, tanto individual

como socialmente.

19

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

Unidade 3

CONCEPTOS

• A descrición obxectiva e subxectiva.

• Campo semántico: a paisaxe do mar.

• O adxectivo: morfosintaxe e graos.

• Adxectivos especificativos e explicativos.

• A frase adxectiva e as funcións dos adxectivos.

• Ortografía:

–O sistema consonántico.

–A clasificación das consoantes segundo o punto e o modo de articulación, e segundo a vibración

das cordas vocais.

• Literatura:

–A tradición manuscrita e os cancioneiros.

–Recursos formais e tipoloxía das cantigas de amigo.

• Comentario literario: Meendinho (cantiga de amigo).

• A desigualdade social das linguas: o bilingüismo e a diglosia.

PROCEDEMENTOS

• Comprensión global dun texto e contextualización do vocabulario novo que nel aparece.

• Autoxeración de bloques temáticos sobre os que traballar descricións obxectivas e subxectivas,

tanto de xeito oral como escrito.

• Realización de actividades de ampliación do léxico tratado: a paisaxe do mar.

• Uso correcto da adxectivación nos textos de produción propia, e detección de posibles erros

na utilización de adxectivos nas producións alleas.

• Recoñecemento de frases adxectivas e das funcións sintácticas que realizan os adxectivos dentro

delas.

• Realización de actividades encamiñadas a familiarizar o alumnado cos distintos graos do

adxectivo.

• Observación dos fonemas e das grafías do sistema consonántico e a súa identificación.

• Formación de cadros representativos dos tres sistemas de clasificación fonética das consoantes:

modo e punto de articulación e vibración das cordas vocais.

• Contextualización das cantigas de amigo e establecemento dunha liña conectora entre a tradición

manuscrita e os cancioneiros, e as cantigas de amigo.

• Lectura de composicións líricas medievais identificando os trazos máis representativos das

cantigas de amigo.

• Elaboración de cantigas de amigo de produción propia seguindo as características propias

desta produción medieval.

20

CONTIDOS

• Realización de traballos de campo onde se recollan as diversas situacións de diglosia que se

dan na sociedade actual.

• Elaboración dunha táboa comparativa das distintas políticas europeas encamiñadas á consecución

do bilingüismo.

• Análise da situación social do galego e do castelán, identificando as normas implícitas que a

regulan e desvelando os prexuízos subxacentes.

ACTITUDES

• Interese por expresar e reproducir de forma sintética e analítica as ideas fundamentais dun

texto.

• Interese por adquirir unha destreza cada vez maior na correcta elaboración de textos descritivos,

tanto de carácter subxectivo como obxectivo.

• Actitude positiva cara ás actividades de clase que contribúan a mellorar a competencia comunicativa.

• Aceptación razoada das normas internas que rexen o funcionamento da lingua, e fomento do

interese por adquirir un dominio progresivo dela.

• Autoesixencia no correcto emprego no vocabulario do alumnado das distintas gradacións do

adxectivo.

• Interese pola distinción entre adxectivos especificativos e epítetos.

• Aceptación razoada da clasificación das consoantes segundo o modo e o punto de articulación,

e segundo a vibración das cordas vocais, e comprensión da importancia desta clasificación

para a estruturación dos estudos lingüísticos.

• Aprecio polas formas literarias galegas que se produciron noutro tempo, valorándoas como

legado histórico de grande importancia cultural.

• Reflexión sobre a situación diglósica que vive na actualidade Galicia.

• Valoración da importancia da normalización da situación lingüística galega para a consecución

dunha sociedade bilingüe.

Unidade 4

CONCEPTOS

• O diálogo: estilos, trazos definitorios e función dentro da narración.

• Campo semántico: a paisaxe urbana.

• Os determinantes: os artigos (determinados e indeterminados) e os demostrativos.

• A segunda forma do artigo.

• Ortografía: os grupos consonánticos bl, cl, fl, gl, pl, tl, ct, cc, gm, gn, pn, ps, pt, bd, bs, bt, bx,

bm, cn, cd, mn.

• Literatura:

–As cantigas de escarnio e maldicir.

–As cantigas de Santa María.

21

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

–Resumo dos testemuños de prosa medieval.

• Comentario literario: Afonso X o Sabio (cantiga relixiosa) e Martín Soarez (cantiga satírica).

PROCEDEMENTOS

• Comprensión do sentido global dun texto literario identificando os grandes temas presentes

nel.

• Lectura de distintas tipoloxías textuais dialogadas.

• Elaboración de textos dialogados, empregando as convencións que se utilizan para a súa

representación na escrita.

• Realización de actividades de ampliación do léxico tratado: a paisaxe urbana.

• Identificación dos determinantes demostrativos.

• Realización de actividades enfocadas a distinguir os artigos determinados dos indeterminados.

• Creación de patróns de autoavaliación ortográfica.

• Realización de prácticas ortográficas que propicien o uso correcto dos grupos consonánticos

cultos.

• Manexo do dicionario e de materiais específicos para resolver dúbidas relacionadas con problemas

ortográficos.

• Realización de actividades de lectura, análise e comentario dunha escolma de textos pertencentes

á tradición literaria medieval.

• Observación dos trazos que diferencian as cantigas relixiosas das profanas ou satíricas.

ACTITUDES

• Actitude positiva cara ás actividades de clase que axuden a mellorar a competencia comunicativa.

• Valoración das distintas posibilidades de plasmación da oralidade no plano escrito a través do

recurso ao diálogo.

• Interese por incluír no seu vocabulario palabras necesarias para designar obxectos propios da

paisaxe urbana.

• Interese por coñecer os procesos internos de funcionamento da lingua, especialmente no

tocante ao uso dos artigos e dos determinantes demostrativos.

• Autoesixencia no correcto uso da segunda forma do artigo.

• Interese por adquirir dun xeito progresivo un dominio correcto dos grupos consonánticos

cultos.

• Coidado na ortografía empregada na produción de textos.

• Afección pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros e épocas.

• Interese pola lectura e coñecemento dunha das máis importantes producións literarias en lingua

galega na época medieval: as cantigas de Santa María.

22

CONTIDOS

Unidade 5

CONCEPTOS

• Os textos expositivo-informativos: o seu contido, a súa estrutura e a súa forma de expresión.

• Campo semántico: os animais salvaxes.

• Os determinantes posesivos, indefinidos e numerais.

• As formas distributivas posesivas: cadanseu, cadanseus, cadansúa e cadansúas.

• O emprego das formas de meu, de teu, de seu para expresar ‘propiedade exclusiva’ ou ‘feito por

propia natureza’.

• Ortografía:

–As regras de acentuación: acentuación de agudas, graves e esdrúxulas.

–A acentuación das palabras compostas.

• A lingua galega no esplendor medieval e a introdución do castelán en Galicia: as Guerras

Irmandiñas e a Santa Irmandade.

PROCEDEMENTOS

• Elaboración de textos expositivo-informativos relacionados con noticias ou eventos de actualidade.

• Selección dun texto expositivo-informativo de actualidade e identificación da súa estrutura,

do seu contido e da súa forma de expresión.

• Realización de actividades de ampliación do léxico tratado: os animais salvaxes.

• Realización de actividades onde se empreguen os distintos tipos de determinantes traballados:

posesivos, indefinidos e numerais.

• Identificación de textos en que as formas distributivas posesivas sexan empregadas incorrectamente.

• Realización de actividades encamiñadas a facer un uso correcto das expresións de meu, de teu,

de seu para expresar ‘propiedade exclusiva’ ou ‘feito por propia natureza’.

• Emprego dos acentos gráficos con corrección.

• Identificación das distintas modalidades de palabras compostas e das distintas formas de

acentuación que requiren.

• Utilización de dicionarios enciclopédicos e das novas tecnoloxías para localizar información

relevante para o estudo dos fenómenos históricos que influenciaron o desenvolvemento literario

do galego.

• Utilización das técnicas de dedución informativa para comprender os procesos históricos nos

que se viu envolto o galego.

ACTITUDES

• Interese por analizar e sintetizar as ideas contidas nos textos expositivo-informativos.

• Valoración e respecto polas normas que rexen o intercambio comunicativo.

23

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Curiosidade por coñecer novos animais salvaxes e as palabras para designalos.

• Autoesixencia no coñecemento das distintas formas baixo as que poden aparecer os determinantes

posesivos, numerais e indefinidos.

• Actitude positiva cara ás actividades de clase encamiñadas a mellorar a competencia lingüística

e a introducir no vocabulario cotiá expresións en desuso.

• Autoesixencia no uso correcto das normas de acentuación, tanto de palabras simples como

compostas.

• Actitude crítica ante os fenómenos lingüísticos e sociais actuais.

• Interese por coñecer a evolución histórica da nosa lingua en relación coa situación actual.

Unidade 6

CONCEPTOS

• Os textos argumentativos: claves para a súa correcta construción.

• Elementos constituíntes dun texto argumentativo: exposición, hipótese, desenvolvemento e

conclusión.

• Campo semántico: as herbas, as árbores e as froitas.

• As relacións de afinidade semántica: sinonimia, polisemia e homonimia.

• As relacións de oposición semántica: antónimos, complementarios e inversos.

• As relacións de xerarquía semántica: hiperonimia, hiponimia e cohiponimia.

• Ortografía:

–O til diacrítico.

–A acentuación dos interrogativos e exclamativos.

• Lingua e literatura:

–Achegamento histórico, artístico e social ás circunstancias en que se desenvolveu a literatura

galega entre os séculos XV e XVIII.

–Os Séculos Escuros e o Prerrexurdimento.

–A lingua galega entre 1500 e 1840.

• Comentario literario: Xoán Manuel Pintos (poema que inaugura unha tradición de obras

que reflexionan sobre Galicia, a súa historia e as súas xentes).

PROCEDEMENTOS

• Manexo do dicionario para a contextualización do vocabulario presente no texto.

• Identificación e recoñecemento das principais liñas temáticas e estruturais que definen un

texto argumentativo.

• Elaboración de guións e esquemas relativos a un determinado tema, que sirvan de base para

a elaboración de textos argumentativos.

• Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántico tratado (as

herbas, as árbores e as froitas).

24

CONTIDOS

• Identificación das principais relacións semánticas estudadas: sinonimia, polisemia, homonimia,

antónimos, complementarios, inversos, hiperonimia, hiponimia e cohiponimia.

• Utilización correcta do til diacrítico nos textos escritos.

• Coñecemento das normas de acentuación que rexen no uso dos pronomes interrogativos e

exclamativos.

• Razoamento das principais causas que levaron a literatura galega a gardar tres séculos de silencio

e ao galego a se converter só nun vehículo de comunicación oral.

• Elaboración dun resumo-esquema dos feitos máis destacados da ilustración e do prerrexurdimento

galegos.

• Coñecemento das principais figuras literarias do prerrexurdimento galego e, a través delas, da

etapa previa ao Rexurdimento.

ACTITUDES

• Actitude positiva cara ás actividades de clase orientadas a mellorar as capacidades comunicativas,

especialmente no referido á exposición e argumentación das propias ideas.

• Receptividade, interese e respecto polas opinións alleas.

• Identificación das distintas partes de que se compón un texto argumentativo (exposición,

hipótese, demostración e conclusión).

• Interese por adquirir un dominio máis específico do vocabulario referido ás herbas, árbores

e froitas que existen no noso ecosistema.

• Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.

• Aceptación razoada do uso do til diacrítico como sistema de distinción de palabras homógrafas.

• Recoñecemento e interese por coñecer as causas e as consecuencias da represión sufrida polo

galego nos Séculos Escuros.

• Valoración da situación histórica previa ao Rexurdimento, considerando os factores sociais e

políticos que o posibilitaron.

Unidade 7

CONCEPTOS

• Descrición dos principais textos periodísticos: a noticia e a crónica.

• Campo semántico: os insectos e os utensilios para o coidado do xardín.

• Os pronomes persoais tónicos e átonos: morfoloxía, funcións e regras de colocación.

• Os pronomes de solidariedade: che, lle, vos e lles.

• Ortografía: o emprego do punto e seguido, do punto e á parte, do punto final, dos dous puntos

e dos puntos suspensivos.

• O contexto histórico-social do Rexurdimento e do nacemento do galeguismo.

25

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Lingua e literatura:

–Aspectos biográficos de Rosalía de Castro.

–A situación da lingua galega ata 1936: o período de eclosión, de emerxencia, de modernización

e o nacemento do Estatuto de Autonomía.

• Comentario literario: Rosalía de Castro (poesía intimista).

PROCEDEMENTOS

• Comprensión do sentido global de textos periodísticos informativos, identificando os principais

contidos presentes neles.

• Análise formal dos titulares periodísticos, distinguindo entre os informativos e os valorativos.

• Análise da estrutura e das especificidades comunicativas da noticia e da crónica, para incorporalas

aos textos de produción propia.

• Realización de actividades de ampliación do léxico tratado: os insectos e os utensilios para o

coidado do xardín.

• Práctica da colocación correcta do pronome.

• Emprego axeitado dos pronomes te e che nas producións orais e escritas.

• Execución de actividades encamiñadas a mellorar a competencia escrita do alumnado,

empregando con coherencia e adecuación as distintas regras de puntuación aprendidas na

unidade.

• Interpretación das causas e consecuencias dos procesos históricos sufridos pola nosa lingua

dende 1840 ata 1936.

• Coñecemento da figura literaria de Rosalía de Castro, e a través dela, da etapa do Rexurdimento.

• Interpretación de textos líricos escollidos, pertencentes á produción literaria de Rosalía de

Castro, atendendo ás súas características formais, estruturais e temáticas.

ACTITUDES

26

• Actitude crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación, con especial atención aos

recursos que empregan para influír no público e para a transmisión de contidos ideolóxicos

ou valorativos.

• Interese pola realización de actividades emprendedoras relacionadas co mundo periodístico,

a información, a opinión, etc.

• Conciencia da importancia da lingua escrita no intercambio social e como medio para fixar

o pensamento e acceder á información.

• Autoesixencia na produción de textos escritos propios.

• Comprensión da necesidade de ampliar o seu vocabulario persoal con palabras de campos

semánticos que designan seres ou obxectos do seu contorno, neste caso os insectos e os apeiros

do xardín.

• Conciencia da importancia de facer un correcto uso das convencións ortográficas á hora de

producir textos comunicativos, coherentes e ben estruturados.

• Coidado nas regras de puntuación empregadas na produción de textos escritos.

CONTIDOS

• Corrección nos textos propios e alleos dos fallos de puntuación final, inxerencia de puntos

suspensivos e inclusión dos dous puntos.

• Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística da identidade colectiva.

• Interese pola lectura e coñecemento da obra literaria de Rosalía de Castro, valorando a súa

influencia na época actual.

Unidade 8

CONCEPTOS

• Metodoloxía e recursos para analizar unha reportaxe.

• Campo semántico: os animais domésticos.

• Os verbos e a súa morfoloxía. Modos e tempos verbais.

• Os verbos regulares e irregulares e as alternancias vocálicas.

• Ortografía: o emprego da coma e do punto e coma.

• Literatura: vida, obra e contextualización temporal de Curros Enríquez no Rexurdimento.

• Comentario literario: Manuel Curros Enríquez (poema social).

PROCEDEMENTOS

• Manexo do dicionario para adquirir novas acepcións de vocabulario xa aprendido.

• Realización de resumos e comentarios de reportaxes aparecidos en diferentes medios diferenciando

as ideas principais das secundarias, recoñecendo as intencións comunicativas subxacentes,

identificando os principais recursos expresivos empregados e expresando a opinión

persoal.

• Incorporación de novo léxico ao vocabulario relacionado cos animais domésticos.

• Identificación dos aspectos morfolóxicos do verbo e emprego correcto das formas dos diferentes

tempos verbais.

• Recoñecemento e segmentación do tema verbal e do sufixo flexional nas formas verbais máis

usuais.

• Comprensión das normas internas que rexen o funcionamento da lingua.

• Creación de textos facendo un uso correcto das normas de puntuación aprendidas nesta unidade

e en unidades anteriores.

• Coñecemento da figura literaria de Curros Enríquez e da súa época, con especial atención a

aqueles trazos da súa poética que influíron determinantemente no facer literario posterior.

ACTITUDES

• Actitude crítica ante as mensaxes periodísticas que reciben no seu contorno e interese por se

manter informados dos principais sucesos de actualidade.

• Valoración crítica da visión que os medios de comunicación dan da nosa realidade social e

cultural.

27

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Actitude positiva cara ás actividades da aula orientadas a estimular e mellorar as capacidades

comunicativas.

• Receptividade, interese e respecto polas opinións alleas.

• Interese por adquirir un dominio progresivo do vocabulario referido aos animais domésticos.

• Curiosidade por ampliar o coñecemento dos verbos regulares e irregulares, así como interese

por descubrir as relacións morfosintácticas en que se enmarcan.

• Aceptación razoada da necesidade e da importancia que teñen as convencións lingüísticas na

norma escrita, para desembocar en textos eficaces na comunicación entre as persoas.

• Valoración positiva da figura literaria de Curros Enríquez.

• Interese pola lectura de textos líricos pertencentes ao Rexurdimento, e pola súa comprensión

e interpretación.

• Afección pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros e épocas, utilizando criterios

propios de selección, interpretación e valoración.

Unidade 9

CONCEPTOS

• Os xéneros periodísticos de opinión: a editorial, o artigo de opinión e a columna.

• Campo semántico: os paxaros.

• As formas nominais do verbo: o infinitivo, o xerundio e o participio.

• As perífrases verbais e os seus valores.

• O infinitivo conxugado.

• Ortografía:

–O uso das comiñas simples e dobres.

–O uso do apóstrofo.

• Lingua e literatura:

–Vida, obra e contexto histórico-social de Eduardo Pondal.

–O ossianismo, o celtismo e o helenismo na obra de Pondal.

–A lingua galega dende a posguerra ata a actualidade.

• Comentario literario: Eduardo Pondal (Os pinos).

PROCEDEMENTOS

28

• Realización de resumos e comentarios de editoriais, columnas, etc., que teñan aparecido en

revistas ou xornais de actualidade, nos seus diversos formatos, diferenciando as ideas principais

das secundarias; recoñecendo as intencións comunicativas subxacentes; identificando os principais

recursos expre s i vos empregados e expresando con propiedade a súa opinión persoal.

• Elaboración de columnas de opinión e outros textos periodísticos, adaptándose á forma e ás

técnicas que lle son específicas ao formato escollido.

• Ampliación do vocabulario referido ao campo semántico tratado: os paxaros.

CONTIDOS

• Uso correcto do infinitivo conxugado nas producións orais e escritas.

• Recoñecemento das comiñas como marca textual e identificación dos seus usos.

• Coñecemento da figura literaria de Eduardo Pondal e da súa época.

• Análise da transposición político-social da obra lírica de Pondal, comprendendo cal é o significado

de cada un dos elementos incluídos na súa poética (helenismo, bardismo, ossianismo,

celtismo, etc.).

ACTITUDES

• Sensibilidade e, no seu caso, actitude crítica ante o contido ideolóxico das obras literarias e

ante determinados temas e expresións que supoñen unha discriminación social, racial, sexual,

etc.

• Interese por adquirir e utilizar dun xeito progresivo un léxico persoal máis amplo e preciso.

• Valoración das opinións alleas e propias, potenciando como valor positivo a iniciativa para

crear revistas, xornais, ou calquera outro tipo de publicacións na escola ou fóra dela.

• Esforzo por inserir nas conversas e nas producións escritas perífrases verbais con corrección.

• Aceptación razoada das normas de funcionamento internas da lingua.

• Interese por adquirir un dominio pleno das formas do infinitivo conxugado, tanto a nivel

escrito como oral.

• Autoesixencia no emprego das normas de puntuación estudadas ata o momento tratando de

mellorar o seu uso nas redaccións propias.

• Interese polos movementos políticos e sociais que fixeron da obra de Pondal un baluarte do

nacionalismo galego.

• Receptividade, interese e respecto polo himno galego e a súa transcendencia para Galicia.

Unidade 10

CONCEPTOS

• A importancia da literatura e dos seus valores reais.

• Pasos necesarios para a realización dunha entrevista: preparación, realización e redacción.

• Cuestión para a análise das entrevistas.

• Campo semántico: o mundo do mar.

• As voces patrimoniais, os cultismos e os semicultismos.

• Ortografía:

–O uso do guión.

–A partición de palabras a final de liña.

• Lingua e literatura:

–A literatura popular de transmisión oral e as súas tipoloxías.

–A presenza da lingua galega en internet.

• Comentario literario: «O raposo e o galo» (conto popular).

29

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

PROCEDEMENTOS

• Manexo do dicionario para buscar o significado contextualizado de determinadas palabras

dun texto.

• Observación e identificación dos pasos seguidos na elaboración dunha entrevista.

• Elaboración de entrevistas a persoeiros do contorno do alumnado ou a alumnos ou persoas

que realicen labores destacados dentro da comunidade educativa, tomando como esqueleto

da entrevista as preguntas-guía estudadas na unidade.

• Realización de actividades de ampliación do léxico tratado: o mundo do mar.

• Recoñecemento do sistema de interrelacións existente entre as palabras patrimoniais, os cultismos

e os semicultismos.

• Profundización na análise da linguaxe atendendo á súa evolución histórica e clasificando

palabras do vocabulario cotiá nas tres categorías estudadas.

• Emprego correcto do guión e recoñecemento das normas que rexen a partición de palabras

a final de liña.

• Observación das distintas formas literarias enmarcadas na chamada literatura popular, atendendo

á súa forma e temática, e valoración da súa importancia para a creación dunha tradición

literaria popular en lingua galega.

• Descubrimento das posibilidades expresivas e lúdicas da lingua, a través da produción de textos

de intención literaria (fábulas, contos, etc.).

ACTITUDES

• Interese por realizar materiais periodísticos de calidade, dominando as técnicas necesarias

para preparar unha entrevista con orixinalidade e corrección formal e ortográfica.

• Valoración das entrevistas como un medio de información válido e personalizado que permite

o acceso a información non recollida noutros tipos de xéneros informativos.

• Gusto pola lectura de entrevistas periodísticas de actualidade.

• Interese por adquirir e mellorar a competencia lingüística, facendo uso do vocabulario relativo

ao mundo do mar.

• Valoración da propia lingua e das alleas tendo en conta que estas son produtos históricos froito

da interacción de distintas linguas e culturas ao longo dos séculos.

• Curiosidade por coñecer as orixes etimolóxicas dalgúns dos cultismos e semicultismos existentes

na lingua galega.

• Interese por mellorar a competencia escrita incrementando o seu coñecemento das normas

ortográficas, que neste caso fan referencia ao uso do guión e á correcta separación de palabras

a final de liña.

• Aprecio polo patrimonio literario propio, como expresión lingüística da identidade colectiva

dunha comunidade lingüística.

30

CONTIDOS

Unidade 11

CONCEPTOS

• A linguaxe publicitaria: a interacción entre o texto e a imaxe.

• Recursos estilísticos da publicidade.

• Campo semántico: o tempo meteorolóxico.

• As preposicións e as locucións preposicionais.

• As frases preposicionais e as súas funcións.

• O adverbio e as locucións adverbiais.

• As frases adverbiais e as súas funcións.

• Ortografía:

–Situacións de uso das parénteses.

–O uso dos signos de interrogación e exclamación.

• O proceso de normalización lingüística e o establecemento das normas ortográficas, gramaticais

e léxicas que constitúen o galego estándar.

PROCEDEMENTOS

• Formación dun criterio propio e ben fundamentado á hora de elaborar documentos escritos

ou xulgar producións literarias.

• Comparación de distintas formas publicitarias (TV, radio, internet...) e análise dos distintos

recursos estilísticos empregados por cada unha delas, prestando especial atención á intencionalidade

de cada un deles.

• Realización de modelos escolares de mensaxes publicitarias, estimulando a creatividade do

alumnado, flexibilizando os criterios referidos á temática e contido das mensaxes, mais

fomentando sempre o respecto cara aos demais e cinguíndose aos principios da coeducación

(rexeitamento dos anuncios con contidos claramente sexistas).

• Realización de actividades encamiñadas a mellorar a precisión con que o alumnado designa

os cambios climáticos e atmosféricos que vive a cotío.

• Recoñecemento das distintas funcións sintácticas que poden desempeñar as preposición e os

adverbios, e identificación de locucións prepositivas e locucións adverbiais, distinguindo en

cada caso as diferenzas ou matizacións no significado.

• Elaboración de textos en que se empregue con corrección e exactitude o guión.

• Coñecemento das normas que rexen a partición de palabras a final de liña.

• Estudo da progresión normalizadora levada a cabo polos distintos axentes encargados de fixar

a normativa lingüística galega.

• Comparación das circunstancias en que se atopa o proceso de normalización lingüística en

Galicia coa situación que viven outras linguas xa normalizadas.

ACTITUDES

• Conciencia do carácter persuasivo do mundo publicitario e da variedade de recursos que

emprega para atraer os consumidores.

31

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Actitude crítica ante as mensaxes publicitarias, especialmente cara aquelas que presentan contidos

sexistas ou racistas, así como as que comportan algún tipo de discriminación ou degradación

das persoas.

• Conciencia da necesidade da existencia de medios de comunicación en galego, e valoración

do papel normalizador que cumpren os medios que empregan o galego (inclusive nos espazos

publicitarios) como lingua habitual.

• Creatividade nas producións tanto orais como escritas do alumnado.

• Interese por adquirir un vocabulario máis preciso á hora de designar os cambios climáticos e

atmosféricos.

• Aceptación razoada das normas de funcionamento internas da lingua.

• Curiosidade por coñecer as funcións sintácticas desempeñadas polos adverbios e preposicións

integrados nas súas producións escritas e orais.

• Autoesixencia na produción de textos escritos propios e interese por incorporar progresivamente

as novas normas gráficas aprendidas nesta unidade: o guión e a partición de palabras.

• Interese e valoración do esforzo normalizador que están a realizar os distintos axentes envoltos

nas tarefas de normalización lingüística.

Unidade 12

CONCEPTOS

• Os cómics. A linguaxe verboicónica e as elipses narrativas. Os códigos visuais e lingüísticos.

• A relevancia do guión na banda deseñada.

• Campo semántico: a toponimia.

• As conxuncións coordinantes, subordinantes, oracionais e as locucións conxuntivas.

• Ortografía:

–O uso das maiúsculas e das minúsculas.

–O uso da diérese.

PROCEDEMENTOS

32

• Elaboración de bandas deseñadas incorporando todas as técnicas e características propias deste

xénero, respectando as creacións alleas e valorando as propias.

• Creación dun cómic común, no cal cada alumno ou alumna deseñará unha viñeta, tratando

algún tema relacionado coa solidariedade e a convivencia en paz, fomentando o traballo en

grupo e coordinado entre os integrantes da aula.

• Análise formal dos elementos verboicónicos presentes nos cómics, elaborando comparativas

en que se especifiquen as características deste tipo atopadas en cada un dos deseños consultados

ou seleccionados.

• Realización de actividades de ampliación do léxico tratado: a toponimia.

• Coñecemento e corrección no emprego dos tres tipos de conxuncións estudados, identificando

en cada caso a súa tipoloxía (copulativas, temporais, adversativas, condicionais, etc.).

CONTIDOS

• Prácticas de integración nun só texto de todas as regras ortográficas aprendidas ao longo curso,

prestando especial atención ao correcto uso das maiúsculas e da diérese.

ACTITUDES

• Iniciativa á hora de acudir a exposicións ou encontros onde a banda deseñada sexa a protagonista,

apreciando o labor que están a desempeñar os novos valores galegos neste campo,

tradicionalmente vedado á lingua galega.

• Consideración da importancia da inclusión do galego nos cómics como un indicador máis

do proceso de normalización lingüística.

• Interese pola lectura de bandas deseñadas e outros textos literarios en lingua galega como

alternativa de ocio.

• Valoración e respecto polas normas estipuladas socialmente para os intercambios comunicativos,

así como interese por escoitar as opinións alleas e ser expositor das propias.

• Valoración da importancia de coñecer os distintos nomes dos pobos e cidades galegos e as

súas orixes etimolóxicas como vía para recuperar a toponimia tradicional e como instrumento

de utilidade para a designación de áreas emerxentes.

• Autoesixencia ortográfica no uso de maiúsculas e minúsculas á hora de materializar proxectos

literarios ou nas redaccións do día a día.

• Interese por empregar con corrección e exactitude a diérese nas palabras que a levan na lingua

galega.

33

BIBLIOGRAFÍA

Bibliografía e discografía

A bibliografía que aquí presentamos recolle un conxunto de títulos de interese, útiles para o traballo

na aula. Optamos por seleccionar só aquelas publicacións nas cales, sen esquecer a teoría,

ten unha maior importancia a dimensión práctica. É dicir, onde se atopan propostas de actividades

para facer na aula; pero tamén títulos en que se ofrece unha fundamentación teórica desas

actividades prácticas.

Os títulos aparecen clasificados en dez grandes apartados: os do primeiro son textos de carácter

xeral, cunha visión totalizadora da área de lingua; os outros pertencen a distintos bloques

temáticos con carácter orientativo, xa que moitos libros non abordan só aspectos referidos a un

bloque concreto, senón que abranguen tamén temas doutros.

DE CARÁCTER XERAL

CASSANY, Daniel; LUNA, Miguel; SANZ, Gloria (1994): Enseñar lengua. Graó Editorial.

CHOCA (1981): Vocabulario elemental galego (Vocabulario, introdución e ordenación de Xosé

Xove). Ed. Galaxia.

DÍAZ NÚÑEZ, Celia (2002): Restra de letras. Xerais.

GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Manuel; GARCÍA MATEO, Carmen; RODRÍGUEZ BANGA, Eduardo; FER-

NÁNDEZ REI, Elisa (2002): Dicionario de verbos galegos LAVERCA. Xerais.

Grupo Nadir (1995): Taller de lengua y literatura (1). Ediciones de la Torre.

HERMIDA GULÍAS, Carmen (2002): Ortografía práctica. Sotelo Blanco.

LOMAS, Carlos; OSORO, Andrés (comp.) (1993): El enfoque comunicativo en la enseñanza de la

lengua. Papeles de Pedagogía-Paidós.

LOMAS, Carlos; OSORO, Andrés; TUSÓN, Amparo (1993): Ciencias del lenguaje, competencia

comunicativa y enseñanza de la lengua. Papeles de Pedagogía-Paidós.

MEDRANO, Carlos L. (1994): 50 xogos de lingua. Técnicas de comunicación oral e escrita. Xerais.

VV.AA. (1992): Vocabulario temático ilustrado galego, français, español, english. Ed. Galaxia.

LINGUA E SOCIEDADE

ARNAU, Joaquim e outros (1992): La educación bilingüe. ICE Univ. Barcelona / Horsori.

MORENO, Victoria (1991): As linguas de España. C. de Cultura.

RAMALLO, Fernando e REI DOVAL, Gabriel (1995): Publicidade e lingua galega. Consello da Cultura

Galega.

35

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

PORTAS, Manuel (1993): Lingua e sociedade na Galiza. Bahía Edicións.

RODRÍGUEZ, Francisco (1991): Conflicto lingüístico e ideoloxía. Laiovento.

Seminario de Sociolingüística (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. Real

Academia Galega.

Seminario de Sociolingüística (1995): Usos lingüísticos en Galicia. Real Academia Galega.

Seminario de Sociolingüística (1996): As actitudes lingüísticas. Real Academia Galega.

SIGUÁN, Miguel (coord.) (1991): La enseñanza de la lengua. ICE Univ. Barcelona / Horsori.

SIGUÁN, Miguel (1992): España plurilingüe. Alianza Editorial.

SIGUÁN, Miguel (1996): La Europa de las lenguas. Alianza Editorial.

SILVA-VALDIVIA, Bieito (coord.) (1994): Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico.

ICE Universidade de Santiago.

TUSÓN, Jesús (1990): Mal de linguas. Edicións Positivas.

LINGUA ORAL

ALONSO, Francisco e outros (1992): Curso de lengua. Técnicas de expresión oral e escrita. Coloquio.

BADÍA, Dolors e outros (1986): Expresión oral. Alhambra.

BADÍA, Dolors; VILA, Montserrat (1993): Juegos de expresión oral y escrita. Graó.

CASSANY, D., LUNA, M. e SANZ, G. (1994): Enseñar lengua. Graó.

HERÁNS, Carlos; PATIÑO, Enrique (1982): Teatro y escuela. Laia/Cuadernos de Pedagogía.

MEDRANO, Carlos L. (1994): 50 xogos de lingua. Xerais.

MUÑOZ SAÁ, Begoña; SARMIENTO MACÍAS, María Xesús; ALONSO PINTOS, Serafín (2004): Claro

e seguido 2. Un enfoque comunicativo na didáctica da lingua. Expresión oral. Xerais.

MUÑOZ SAÁ, Begoña; SARMIENTO MACÍAS, María Xesús; ALONSO PINTOS, Serafín (2004): Claro

e seguido 1. Un enfoque comunicativo na didáctica da lingua. Comprensión oral. Xerais.

REGUEIRA, Xosé Luís (Coord.) (1998): Os sons da lingua. Xerais.

RIERA, Ignasi e outros (1986): Expresión oral. Alhambra.

VIEITES, Manuel F. (1992): Facer teatro. Xerais.

VILA, Montserrat e outros (1995): Expresión oral. Alhambra.

LINGUA ESCRITA

ADELA KOHAN, Silvia (1992): Consignas para un joven escritor. Octaedro.

ADDELL, Pilar; SÁNCHEZ DE ENCISO, Juan (1993): Puntería. Cómo utilizar los puntos y las comas.

Octaedro.

BUELA PIEDRA, Pilar (2000): Técnicas de expresión escrita. Xerais.

CALERO HERAS, José (1995): De la letra al texto. Taller de escritura. Octaedro.

CASSANY, Daniel (1989): Describir el escribir. Cómo se aprende a escribir. Paidós.

CASSANY, Daniel (1995): La cocina de la escritura. Anagrama.

DOURAL ROCHA, Ana (1995): Didáctica da redacción. Narración e descrición. Xerais.

FRANCO, Ana (1988): Escribir, un juego literario. Alhambra.

GARCÍA TEIJEIRO, Antonio (1990): Disfrutar escribindo. A narración e a poesía nas aulas. Galaxia.

HARGUINDEY, Henrique; PAZOS, Xosé Manuel (1995): Estilo de exercicios para exercicios de estilo.

Xerais.

MORENO, Víctor (1994): El deseo de escribir. Pamiela.

MOURIÑO CAGIDE, Xabier (1995): Curso de técnicas de expresión escrita. Tambre.

MUÑOZ SAÁ, Begoña; SARMIENTO MACÍAS, María Xesús; ALONSO PINTOS, Serafín (2004): Claro

e seguido 4. Un enfoque comunicativo na didáctica da lingua. Expresión escrita. Xerais.

MUÑOZ SAÁ, Begoña; SARMIENTO MACÍAS, María Xesús; ALONSO PINTOS, Serafín (2004): Claro

e seguido 3. Un enfoque comunicativo na didáctica da lingua. Comprensión escrita. Xerais.

36

BIBLIOGRAFÍA

QUENEAU, Raymond (1995): Exercicios de estilo. Xerais.

ZAPATA LERGA, Pablo (1986): Adios a la gramática. Diputación de Valladolid.

LINGUA COMO OBXECTO DE REFLEXIÓN

ÁLVAREZ, Rosario; REGUEIRA, Manuel; MONTEAGUDO, Henrique (1986 ): Gramática galega.

Galaxia.

ÁLVAREZ, Rosario; XOVE, Xosé (2002): Gramática da lingua galega. Galaxia.

ARIAS LÓPEZ, Valentín (1993): Libro de estilo. Consellería de Cultura.

ARIAS LÓPEZ, Valentín (1993): Prontuario ortográfico de galego. Edic. do Cumio.

CALERO HERAS, José (1992): Entre palabras. Para aprender a manejar el diccionario. Octaedro.

CAMPS, Anna e outros (1989): La enseñanza de la ortografía. Graó.

FEIXÓ CID, Xosé (2004): Gramática da lingua galega. Síntese práctica. Xerais.

FERNÁNDEZ LÓPEZ, Sonsoles (1987): Didáctica de la gramática. Narcea.

FREIXEIRO MATO, Xosé Ramón (2000): Gramática da lingua galega II. Morfosintaxe. Edicións A

Nosa Terra.

Real Academia Galega, Intituto da Lingua Galega (1995): Normas morfolóxicas e ortográficas da

lingua galega. Real Academia Galega.

LINGUA LITERARIA

CALVO CARRILLA, José Luis (1987): Acercarse a la literatura. Alhambra.

FERNÁNDEZ Luis; MARTÍN, Rosa Mª (1995): Comentario de textos literarios. Almadraba.

MORENO, Víctor (1988): El juego poético en la escuela. Pamiela.

RODRÍGUEZ FER, Claudio (1991): Arte literaria. Xerais.

ROSALES, Manuel (2002): A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual. Xerais.

HISTORIA DA LITERATURA

CARBALLO CALERO, Ricardo (1981): Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia, 3ª ed.

GUTIÉRREZ IZQUIERDO, Ramón (2000): Lecturas de nós. Introducción á literatura galega. Xerais.

LOURENZO, Manuel e PILLADO, Francisco (1979): O teatro galego. Edicións do Castro.

MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luís (1984): De Pondal a Novoneyra. Xerais.

RODRÍGUEZ, Francisco (1990): Literatura galega contemporánea (problemas de método e interpretación).

Edicións do Cumio.

TARRÍO VARELA, Anxo (1994): Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Xerais.

VIEITES, Manuel F. (1996): Manual e escolma da literatura dramática galega. Sotelo Blanco.

VILAVEDRA, Dolores (coord.) (1995): Diccionario da literatura galega. 1: Autores. Galaxia.

—(1997): Diccionario da literatura galega. 2: Revistas periódicas. Galaxia.

—(1999): Historia da literatura galega. Galaxia.

VV.AA. (1996): Historia da literatura galega. A Nosa Terra-ASPG, 5 volumes.

VV.AA. (1998): Actas das I Xornadas das letras galegas en Lisboa. Xunta de Galicia.

ANIMACIÓN Á LECTURA

CALLEJA, Seve (1988): Lecturas animadas. Mensajero.

CALLEJA, Seve (1992): Todo está en los cuentos. Mensajero.

DO M E C H, Carmen; MA RT Í N, Ni e ves; DE LG A D O, Mª Cruz (1994): Animación a la lectura. Po p u l a r.

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín (1989): Ler en galego (1) Estratexias e libros para a animación á lectura

dende as aulas. Ir Indo.

37

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

MORENO, Víctor (1985): El deseo de leer. Pamiela.

PENNAC, Daniel (1993): Como unha novela. Xerais.

RODARI, Gianni (1995): Gramática de la fantasía. Libros del Bronce.

RODARI, Gianni (1987): Ejercicios de fantasía. Aliorna.

VV. AA. (1991): Animación á lectura. Xerais.

LITERATURA POPULAR

BLANCO, Domingo (1992): Poesía popular de Galicia (2 vols.). Xerais.

CABANILLAS, Ramón (198): Cancioneiro popular galego. Galaxia.

FERRO RUIBAL, Xesús (1988): Refraneiro galego básico. Galaxia.

GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel (1983): Lendas galegas de tradición oral. Galaxia.

HARGUINDEY, Henrique; BARRIO, Maruxa (1983): Contos populares. Galaxia.

HARGUINDEY, Henrique; BARRIO, Maruxa (1994): Antoloxía do conto popular galego. Galaxia.

LÓPEZ TABOADA, Carme; SOTO ARIAS, Mª Rosario (1995): Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua

galega. Galinova.

MARIÑO FERRO, Xosé Ramón (1995): Aparicións e Santa Compaña. Ed. do Cumio.

MARTÍN, Paco (1985): ¿Que cousa é cousa?. O libro das adiviñas. Galaxia.

NOIA CAMPOS, Camiño (2002): Contos galegos de tradición oral. Nigratrea.

QUINTÁNS SUÁREZ, Manuel (1992): Antoloxía de contos populares de Galicia. Tambre.

SCHUBART, Dorothé; SANTAMARINA, Antón (1987): Cantigas populares. Galaxia.

LINGUA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN

ACEVEDO, Juan (1981): Para hacer historietas. Popular.

ALO N S O D E LA TO R R E NÚ Ñ E Z, J. R. (1993): Vi a xe ó interior dun periódico. Consellería de Cu l t u r a .

ALONSO DE LA TORRE NÚÑEZ, J. R. (1993): A prensa na aula. Coñece o teu periódico. Lea.

APARICI, Roberto (coord.) (1993): La revolución de los medios audiovisuales. Ediciones de la Torre.

CERMEÑO, Xosé (1993): A televisión. Consellería de Cultura.

CERMEÑO, Xosé (1993): A publicidade. Consellería de Cultura.

CORZO, José Luis (1986): Leer periódicos en clase. Popular.

ECO, Umberto (1968): Apocalípticos e integrados ante la cultura de masas. Lumen.

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín (1992): Os cómics nas aulas. Xerais.

JURADO, J. e GILABERT, L. (1994): El taller de prensa en tu clase. Octaedro.

NOVO FOLGUEIRA, Paulino (1999): Diccionario de uso para a comunicación. Xerais.

ALGUNHA DISCOGRAFÍA EN QUE SE MUSICAN TEXTOS DA LITERATURA GALEGA

Amancio Prada: Vida e morte (1974).

Amancio Prada: Rosalía de Castro (1984).

Amancio Prada: Caravel de caraveles (1984).

Amancio Prada: Leliadoura (1980).

Amancio Prada: A dama e o cabaleiro (1987)

Benedicto: Pola unión (1977).

Carlos Núñez: A irmandade das estrelas (1996)

Cumbre: A espesura do camiño (1980).

Dolores Plata: Lúa descolorida (1987)

Emilio Cao: Cartas mariñas (1989)

Fuxan os Ventos: Sementeira (1978).

Grupo de Cámara de Compostela: Trovadores y neotrovadores gallego-portugueses (1986).

38

BIBLIOGRAFÍA

Grupo Universitario de Cámara de Compostela: Cantigas de Santa María, Códice Calixtino e

Martin Códax (1984).

Juan Pardo: Galicia, miña nai dos dous mares (1976).

Luar na Lubre: Beira Atlántica (1990).

Mareira: Mareira (1980)

María Manuela e Miguel: Barco na alba (1990).

Na Lúa: Ondas do mar de Vigo (1988).

Quenlla, A: Romance (Hª da lingua galega) (1989).

Quenlla, A: Máis alá da néboa (1990).

Resentidos, Os: Fracaso Tropical (1988).

Saraibas: Unha terra, un pobo, unha fala (1980)

Suso Vaamonde: Os soños na gaiola (1976).

Suso Vaamonde: Amenceres (1986).

Suso Vaamonde: Cantarolas para xente miúda (1986).

Tamara, Los: Na fermosa Galicia (1985).

Uxía: Entre cidades (1991).

Xistra: Temporal (1989).

Xocaloma: Soio un soño (1979).

Xocaloma: Rosas de luz (1991).

39

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS POR UNIDADES

Unidade 1

• Traballar a comprensión e a análise textual.

• Manexar o dicionario para mellorar a asimilación de vocabulario contextualizado.

• Recoñecer as catro propiedades textuais (adecuación, coherencia, cohesión, gramaticalidade).

• Recoñecer e elaborar distintos tipos de mensaxes escritas (carta, telegrama, fax) coa finalidade

de poder satisfacer as propias necesidades comunicativas.

• Traballar as situacións comunicativas con público (en concreto nun debate), atendendo ao

labor de documentación e preparación previa, así como ás normas que rexen estes intercambios

comunicativos.

• Distinguir os distintos rexistros da lingua (culto, coloquial e vulgar).

• Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (a paisaxe

natural).

• Identificar e formar palabras derivadas e compostas, e construír familias léxicas regulares e

irregulares.

• Identificar letras e dígrafos do galego a partir dun texto dado.

• Pronunciar con corrección os fonemas asociados a cada unha das vinte e tres letras do alfabeto.

• Fomentar unha actitude favorable ao emprego do galego e rexeitar actitudes contrarias ao seu

uso.

Unidade 2

• Manexar o dicionario para buscar o significado de determinadas palabras nun texto.

• Traballar a comprensión e análise textual.

• Ler e analizar distintos textos narrativos, recoñecendo a súa estrutura interna e identificando

neles o argumento, os personaxes, o espazo e o tempo.

• Distinguir a voz narradora e o punto de vista dende o que está tratada unha obra ou fragmento

narrativo.

41

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Utilizar os coñecementos adquiridos para elaborar textos narrativos de produción propia con

corrección, adecuación ás normas que rexen os textos narrativos e coherencia.

• Recoñecer o significado do prefixo hiper- e manexar con soltura o uso das grafías b e v.

• Adquirir unha maior amplitude do léxico propio do campo semántico tratado (o rural).

• Traballar a formación de novas palabras mediante o correcto uso dos distintos tipos de sufixos

tratados nesta unidade.

• Identificar e clasificar os distintos tipos de substantivos presentes nun texto dado.

• Clasificar palabras segundo conteñan ditongo, tritongo ou hiato, e distinguir con claridade

e precisión as sílabas átonas das tónicas.

• Coñecer os distintos matices que se dan no sistema vocálico do galego, e utilizar correctamente

e segundo corresponda, vogais abertas ou pechadas nas súas manifestacións orais.

• Aceptar a adquisición de bagaxe literaria como unha parte máis do proceso de formación

dunha base cultural e lingüística común.

• Interesarse pola lectura e o coñecemento das obras da lírica medieval.

• Coñecer e respectar a existencia das diferentes variedades dialectais e sociais da lingua.

• Recoñecer as marcas que caracterizan as distintas variedades lingüísticas existentes en Ga l i c i a .

• Valorar a pluralidade lingüística como un símbolo de riqueza cultural e literaria, e non como

un impedimento para o desenvolvemento dun pobo.

Unidade 3

42

• Adquirir unha habilidade cada vez maior no emprego do dicionario para solucionar problemas

relacionados co significado do vocabulario.

• Utilizar axeitadamente as técnicas propias da produción de textos descritivos, tanto obxectivos

como subxectivos, estruturándoos de xeito coherente e cohesionado.

• Ampliar o léxico persoal mediante a adquisición de novos vocábulos referidos ao campo léxico

da paisaxe do mar.

• Recoñecer cando un adxectivo funciona como epíteto e cando como explicativo, facendo un

correcto uso da adxectivación na xeración de producións escritas e orais propias.

• Integrar nas súas producións escritas adxectivos nos distintos graos tratados nesta unidade.

• Identificar as distintas funcións morfosintácticas que desempeñan os adxectivos dentro da

oración.

• Familiarizarse coa representación fonética das consoantes existentes no alfabeto galego, e

coñecer o sistema de clasificación das consoantes segundo o modo ou o punto de articulación,

e segundo a vibración das cordas vocais.

• Coñecer e comprender o significado das cantigas medievais para a recuperación da evolución

histórica da lingua galega.

• Recoñecer as características fundamentais que definen as cantigas de amigo medievais.

• Valorar o feito literario como bagaxe cultural e patrimonial de todos os galegos.

• Tomar conciencia da necesidade de avanzar no proceso de normalización lingüística, tanto

individual como socialmente, valorando o idioma propio como elemento esencial da identidade

comunitaria dun pobo e da súa memoria colectiva.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS POR UNIDADES

• Concienciarse da situación conflitiva que vive o galego, entendendo os problemas de diglosia,

bilingüismo substitutorio e as esperanzas que alberga o proxecto de normalización lingüística.

Unidade 4

• Comprender e asimilar as ideas contidas nun texto literario e plasmalas con coherencia por

escrito.

• Recoñecer as partes dialogadas dentro dun texto narrativo, e analizar os diferentes xeitos de

representar un diálogo na escrita.

• Escribir diversos diálogos, empregando os procedementos máis usuais para a súa representación

na escrita.

• Adquirir novo vocabulario pertencente ao campo semántico tratado (a paisaxe urbana).

• Identificar nun texto os distintos tipos de determinantes, explicando as súas características

morfolóxicas.

• Empregar axeitadamente a segunda forma do artigo.

• Aceptar a necesidade da existencia de normas unificadoras da lingua escrita.

• Mellorar as capacidades lingüísticas facendo un uso correcto dos grupos consonánticos bl, cl,

fl, gl, pl, tl, ct, cc, gm, gn, pn, ps, pt, bd, bs, bt, bx, bm, cn, cd, mn.

• Recoñecer os recursos empregados na lírica medieval para a produción de cantigas de escarnio

ou maldicir.

• Coñecer as cantigas de Santa María e valorar a súa importancia como documento histórico

e literario que actuou como testemuña da evolución da lingua galega, permitíndonos configurar

a árbore xenealóxica e evolutiva do galego.

Unidade 5

• Manexar o dicionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.

• Comprender o sentido global dun texto non literario e plasmar as súas ideas principais por

escrito de xeito esquemático.

• Producir textos expositivo-informativos dando previamente os pasos necesarios para a súa

planificación: procura de información, elaboración de esquemas, etc., e afacéndose a revisar

e corrixir os borradores.

• Utilizar, na lectura de textos informativos, as estratexias axeitadas para recoller os contidos

principais: subliñado de palabras clave e ideas relevantes, resumos, esquemas e fichas.

• Distinción entre textos informativos e outros tipos de textos que non o son.

• Empregar con corrección o novo vocabulario adquirido referente aos animais salvaxes.

• Recoñecer os determinantes posesivos, indefinidos e numerais en todas as súas formas e

manifestacións.

• Incorporación ás producións escritas e orais das formas distributivas do posesivo (cadanseu,

cadanseus, cadansúa, cadansúas) e de fórmulas propias do galego para expresar ‘propiedade

exclusiva’ ou ‘feito por propia natureza’ (de meu, de teu, de seu).

43

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Mellorar a competencia lingüística a través do uso correcto das normas de acentuación gráfica,

tanto de palabras simples como compostas.

• Coñecer as circunstancias en que se produciu a introdución do castelán no reino de Galicia

e cal era a situación dos tres idiomas considerados na Galicia medieval.

• Interesarse polos feitos históricos que determinaron a evolución da lingua e da literatura galegas

na época medieval.

Unidade 6

• Asimilar o sentido global dun texto argumentativo identificando as ideas principais e os argumentos

presentes nel, reparando na súa organización e estruturación.

• Elaborar textos escritos de carácter argumentativo organizando de xeito lóxico e coherente as

ideas que se queren transmitir.

• Producir textos escritos con propiedade léxica, corrección ortográfica e formal, e axeitada

presentación gráfica.

• Incluír no seu repertorio de vocabulario aquelas palabras que designan herbas, árbores ou

froitas propias do seu contorno.

• Reflexionar sobre as distintas relacións semánticas que se establecen entre as palabras (sinonimia,

polisemia, homonimia, antónimos, complementarios, inversos, hiperonimia, hiponimia

e cohiponimia) e utilizar as novas palabras derivadas desas relacións para mellorar o seu

léxico activo.

• Adquirir un dominio pleno do uso do til diacrítico para diferenciar palabras homógrafas.

• Tomar conciencia do carácter convencional da norma ortográfica, manifestada, por exemplo,

na utilización do til diacrítico e aceptar de xeito razoado as normas de funcionamento interno

da lingua, comprendendo a importancia da súa existencia para a normalización social da

lingua.

• Interesarse polos procesos históricos que deron orixe á nosa historia literaria e cultural, valorando

na súa xusta medida aqueles factores que xeraron a literatura tal e como a entendemos

na actualidade.

• Identificar os principais procesos sufridos pola literatura galega entre os séculos XV e XVIII.

• Coñecer as causas do longo silencio literario e cultural que se viviu en Galicia entre os séculos

XVI e XIX e as consecuencias derivadas da relegación do galego ao ámbito puramente oral.

• Interese polo fenómeno denominado Prerrexurdimento, que vive Galicia na primeira metade

do século XIX, e valoración do contexto histórico no cal se produce este renacer da cultura

galega.

Unidade 7

44

• Traballar a comprensión e a análise textual, manexando o dicionario para buscar o significado

de determinadas palabras dentro dun contexto dado.

• Fomentar a capacidade crítica e de análise do alumnado respecto das informacións que reciben,

e analizar os titulares periodísticos, distinguindo entre informativos e valorativos, e identificando

os recursos utilizados nestes últimos para introducir a dimensión valorativa.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS POR UNIDADES

• Comprender o sentido global dos textos periodísticos de carácter informativo, como a noticia

e a crónica, e identificar os principais contidos presentes neles.

• Realizar xornais e revistas escolares, utilizando na redacción dos textos os recursos aprendidos

a través da análise dos aparecidos nos xornais comerciais.

• Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (os insectos e

os utensilios para o coidado do xardín).

• Recoñecer e distinguir con corrección os pronomes tónicos dos átonos, prestando especial

atención ás funcións sintácticas que desempeñan.

• Utilizar de xeito correcto os pronomes de solidariedade nas propias producións orais e escritas.

• Fomentar o instinto de superación entre os alumnos e alumnas no referente á mellora da calidade

nas súas producións escritas, atendendo especialmente á implementación dunha correcta

puntuación nas redaccións.

• Incluír os sistemas de puntuación estudados nos propios textos e identificar erros deste tipo

en textos xa elaborados.

• Valorar o contexto histórico-social en que se produce o Rexurdimento galego, entendendo a

súa importancia para a literatura creada a posteriori e para a historia literaria do galego.

• Reflexionar sobre o influxo da obra de Rosalía de Castro nunha gran parte dos poetas e poetisas

que a sucederon, extraendo do material literario proposto aqueles aspectos, tanto socioculturais

como literarios, que lle deron especial relevancia á súa obra.

• Comprender e analizar, dende as súas varias vertentes, a resposta que se orixina en Galicia

arredor de 1840, ante o proceso unificador do goberno central.

• Interesarse polos distintos movementos políticos e sociais que sacoden Galicia no século XIX

(provincialismo, federalismo, rexionalismo, nacionalismo) e na primeira metade do XX

(nacemento do Grupo Nós e das Irmandades da Fala, plebiscito sobre o Estatuto de Autonomía,

etc).

• Valorar o feito literario como produto lingüístico, estético e sociocultural.

Unidade 8

• Escribir reportaxes empregando as técnicas e recursos específicos para a creación deste tipo

de textos.

• Realizar lecturas de diversas reportaxes e realizar resumos dos seus contidos, e comentarios

persoais sobre elas, diferenciando as ideas principais das secundarias, recoñecendo a intención

comunicativa subxacente e identificando os principais recursos expresivos utilizados.

• Ampliar o léxico persoal mediante a adquisición do referido ao campo semántico tratado (os

animais domésticos).

• Recoñecer nun texto dado os verbos regulares identificando o tema e o sufixo flexional, e

indicar se este é de tipo modo-temporal ou número-persoal.

• Coñecer os modos e os tempos verbais existentes na lingua galega e conxugar os verbos

correctamente de acordo cos paradigmas e casos irregulares estudados na aula.

• Redactar correctamente e empregando a puntuación e marcas textuais axeitadas en cada caso.

• Comprender as especificidades da lectura e da escritura en galego, derivadas da situación

sociolingüística do idioma, e analizar a súa influencia no noso sistema literario, tomando

como punto de partida o redescubrimento da lingua escrita no Rexurdimento.

45

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Interesarse pola lectura e coñecemento da obra literaria de Curros Enríquez, así como pola

súa biografía, extraendo dos datos concretos referidos a este, conclusións máis amplas sobre

o Rexurdimento galego.

Unidade 9

• Realizar resumos e esquemas dos textos lidos, diferenciando as súas partes e ideas, e estruturando

dun xeito lóxico os seus contidos.

• Fomentar unha actitude crítica no referente á convivencia de razas, potenciando as solucións

integracionistas fronte ás de mero respecto.

• Analizar diversos textos periodísticos de opinión, distinguindo o seu tema e idea ou ideas

principais e secundarias, dando conta dos argumentos empregados.

• Respectar as opinións e quendas nos debates entre os membros da aula, traballando a non

discriminación por causa de sexo, relixión ou raza.

• Incrementar o número de vocábulos referidos ao campo semántico tratado nesta unidade (os

paxaros).

• Achegarse ao significado das diferentes clases de perífrases verbais, especialmente a aquelas

que son exclusivas do noso idioma, e incorporar a súa utilización á práctica oral e escrita.

• Comprender e asimilar as regras referidas ao uso dos infinitivos conxugados.

• Aceptar de xeito razoado as normas de funcionamento da lingua, e comprender a importancia

da súa existencia para a normalización social da lingua.

• Achegarse á obra de Eduardo Pondal e interesarse polo papel que desempeñou como impulsor

do Rexurdimento.

• Interesarse pola lectura de autores doutras épocas que xogaron un papel determinante na

conformación da literatura galega tal e como hoxe a entendemos.

• Interesarse polos símbolos públicos e oficiais da comunidade galega, amosando interese polo

seu significado e respectando o seu emprego.

Unidade 10

46

• Coñecer e utilizar as entrevistas persoais como un medio máis de obtención de información,

recoñecendo os pasos seguidos na súa elaboración e observando aqueles que se omitiron.

• Adquirir destreza na elaboración de entrevistas adecuadas a cada contexto, tanto orais como

escritas.

• Fomentar a creación de xornais, revistas ou calquera outro tipo de manifestación textual no

contorno escolar.

• Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (o mundo do

mar).

• Identificar a evolución sufrida polas palabras patrimoniais existentes no galego, explicando

en cada caso segundo que regras ten evolucionado.

• Mellorar as capacidades comunicativas escritas do alumnado a través da correcta utilización

dos recursos ortotipográficos á súa disposición.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS POR UNIDADES

• Gozar coa lectura de textos literarios de toda clase de procedencias, aprendendo a valorar na

xusta medida a súa calidade formal, léxico-ortográfica, estética, histórica e cultural.

• Apreciar o patrimonio de orixe popular, como expresión da nosa cultura tradicional, e achegarse

ás diferentes tipoloxías textuais presentes na nosa tradición.

• Valorar o feito literario como un produto lingüístico, estético e sociocultural.

Unidade 11

• Manexar o dicionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.

• Mellorar a capacidade crítica do alumnado, ensinándolles a distinguir as mensaxes persuasivas

e como facerlles fronte.

• Recoñecer e clasificar os principais recursos formais presentes nos textos publicitarios.

• Adquirir unha maior precisión e variedade léxica na denominación dos distintos estados climáticos

e atmosféricos.

• Utilizar de xeito correcto as preposicións, e coñecer as funcións que tanto estas como as locución

preposicionais poden desenvolver dentro dunha frase, cláusula ou oración.

• Identificar as funcións desempeñadas polos adverbios e polas locucións adverbiais nos propios

textos e nos alleos.

• Interesarse por coñecer as normas internas de funcionamento da lingua como método para

mellorar as súas capacidades comunicativas escritas e orais.

• Inserir axeitadamente os signos de interrogación e exclamación aprendidos nos seus textos e

detectar posibles erros nos textos xa elaborados.

• Comprender, dun xeito integral, os aspectos que comprende o proceso de normalización da

nosa lingua, valorando a importancia do desenvolvemento dunha norma escrita que fixe e

regularice o uso do galego.

• Motivar o alumnado para que emprenda actividades encamiñadas á normalización lingüística

do galego e para que teña unha actitude crítica ante os distintos fenómenos sociais en que

a normalización xoga un papel activo.

Unidade 12

• Traballar a comprensión e análise de produtos literarios atípicos: os cómics.

• Comprender a especificidade narrativa dos cómics, valorando o papel primordial da elipse

narrativa na articulación do relato.

• Analizar os elementos característicos da linguaxe verboicónica a través da análise de distintas

producións gráficas, preferiblemente galegas.

• Reparar na importancia que ten o guión como elemento xerador de todo o que logo será a

plasmación gráfica do cómic.

• Fomentar o desenvolvemento das capacidades creativas do alumnado atendendo ás convencións

existentes na produción de bandas deseñadas.

• Aprender a traballar en grupo respectando as quendas de intervención e a opinión dos

demais, ao tempo que integran a súa propia visión das cousas.

47

PROPOSTA DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA 3º ESO

• Coñecer algúns dos topónimos máis significativos da xeografía galega e valorar a importancia

do coñecemento do seu proceso de construción como vía para a recuperación da toponimia

tradicional.

• Mostrar interese pola recuperación das formas propias da lingua galega na toponimia, reflexionando

sobre a anormal situación que motivou a súa deturpación.

• Identificar os distintos tipos de conxuncións estudadas na unidade nun texto dado, e integralos

en fragmentos de texto que precisen deles.

• Coñecer as grafías das distintas interxeccións existentes no galego, e incorporalas ás propias

producións orais e escritas.

• Identificar aquelas palabras que nas sílabas güe e güi levan diérese e aqueles verbos que para

se diferenciar do subxuntivo adoptan esta forma ortográfica.

• Comprender a importancia das convencións ortográficas para a fixación dun idioma.

48

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!