12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

<strong>Juan</strong> <strong>Eduardo</strong> <strong>Panadero</strong> <strong>Cuartero</strong> (<strong>coord</strong>.)<strong>Aurora</strong> <strong>Lozano</strong> <strong>Montero</strong>Andrés Bayón FernándezAntonio Olazábal FlórezAna Mª Bayón Fernández<strong>Juan</strong> Ángel Agüello GonzálezMª Rosario Fuente


PROGRAMACIÓN POR UNIDADES


16PROGRAMACIÓNUNIDADE 1: As funcións de nutriciónObxectivosa) Comprender que todos os seres humanos estamos formados por células, agrupadas en tecidos, órganos e sistemas,que a célula é a unidade anatómica e fisiolóxica de todos os seres vivos e tamén a unidade de orixe.b) Coñecer e describir a estrutura e o funcionamento dos principais órganos e sistemas do corpo humano.c) Comprender que os organismos son sistemas materiais en que materia, enerxía e información circulan nun procesode continuo fluxo e intercambio co medio e que os grandes grupos de seres vivos utilizan estratexias diferentespara realizar con éxito as funcións de nutrición.d) Coñecer que os seres vivos necesitan nutrientes que lles proporcionen materia e enerxía e describir os métodosutilizados polas plantas para utilizar a enerxía do Sol, así como os empregados polos animais para obter a enerxíados alimentos previamente elaborados polas plantas.e) Relacionar os procesos de dixestión coa necesidade de transformar os alimentos nos seus nutrientes molecularescorrespondentes, de tamaño o suficientemente pequeno para que poidan ser absorbidos e transportados polosangue.f) Comprender a necesidade de obter osíxeno para utilizalo na obtención de enerxía e describir os sistemas encargadosde captalo do aire ou da auga e transportalo até as células.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Suxerir interrogantes sobre os diferentes sistemas de nutrición e respiración existentes nos seres vivos, conobxecto de provocar un debate que estimule a capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintasá propia.• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes tipos de células, os compoñentes das células e sobre a clasificacióndos animais en función da maneira que teñen de captar os nutrientes.• Interpretar e comprender a realidade da enorme diversidade do mundo dos seres vivos e organizar e autorregularo coñecemento dotándoo de coherencia.Competencia matemática• Confeccionar debuxos que axuden a comprender a estrutura interna das células, e os compoñentes e órganos dossistemas de nutrición e respiración.• Realizar cálculos, aplicando os coñecementos de microscopía, para calcular o tamaño real dos microorganismos,a partir dos datos obtidos e dos aumentos do microscopio.• Interpretar os esquemas que explican o proceso da fotosíntese e a respiración, e os debuxos dos diversos órganosdos animais establecendo relacións entre a súa forma e a súa función.Competencia no coñecemento e interacción co medio físico• Identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de adquirir criteriosque permitan comprender o funcionamento dos mecanismos mediante os cales os animais e plantas adquiren osnutrientes e a enerxía que precisan.• Adquirir técnicas de observación para analizar os diversos tipos de células existentes e a variedade de sistemasde respiración, nutrición e circulación dos seres vivos.• Comprender a relación existente entre a estrutura dos sistemas de nutrición e o contorno onde viven as diferentesespecies.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar os problemas que proporcionan os debuxos de órganos e aparatos e sacar conclusións dos distintosniveis de complexidade.• Observar preparacións microscópicas e realizar cálculos cos datos obtidos, con obxecto de interpretar o significadodas nosas observacións.• Usar determinadas páxinas web sobre as técnicas microscópicas e sobre a nutrición autótrofa das plantas e ostipos de nutrición heterótrofa animal.Competencia social e cidadá• Tomar conciencia da importancia da actividade científica e coñecer os principais descubrimentos arredor dacélula.• Coñecer o traballo do naturalista e as calidades que debe ter alguén que queira gozar observando a natureza.• Valorar a diversidade de órganos e sistemas de respiración e nutrición dos diversos organismos como parte esencialda riqueza do contorno.


PROGRAMACIÓN17Competencia cultural e artística• Utilizar as imaxes obtidas ao microscopio como fonte de enriquecemento e gozo para poñer en funcionamento ainiciativa, a imaxinación e a creatividade.• Apreciar e gozar cos diversos órganos, sistemas e mecanismos que empregan os seres vivos para levar a cabo osseus procesos de nutrición, circulación, respiración e excreción.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos xerais sobre a nutrición nos seres vivos aos animais e plantas observados no nosocontorno.• Desenvolver habilidades para obter información sobre os procesos de nutrición e para transformala en coñecementopropio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previos e coa propia experienciapersoal.Autonomía e iniciativa persoal• Analizar os procesos de nutrición e respiración, suxerindo un conxunto de interrogantes que estimulen a iniciativapersoal encamiñada á procura de información.• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado e respecto da natureza adquirindo as calidades quedeben caracterizar a un naturalista.ContidosCONCEPTOS• A vida en acción.• A célula viva.• Organismos unicelulares e pluricelulares.• Funcións de nutrición.• Sistema dixestivo.• Sistema circulatorio: un sistema de transporte.• Sistema excretor.• Sistema respiratorio: o alento vital.PROCEDEMENTOS• Manexo do microscopio e da lupa binocular para a observación das principais características das células eucariotase do seu agrupamento en tecidos, órganos e sistemas.• Elaboración de murais e informes que permitan organizar a información, mediante a observación, a comparacióne o contraste das características fundamentais, e establecer semellanzas e diferenzas entre os distintos sistemas(dixestivo, respiratorio, cardiovascular e excretor) dos animais vertebrados e invertebrados, tanto acuáticos comoterrestres.• Utilización de modelos anatómicos, murais e diapositivas que permitan situar correctamente a posición que ocupanos distintos órganos e sistemas no corpo humano e coñecer o seu funcionamento.• Formulación de hipóteses que tenten explicar a interdependencia entre un factor abiótico (a luz) e a produción deamidón nas plantas e deseño e realización de experiencias e investigacións que traten de comprobalas.ACTITUDES• Valoración da diversidade de animais e plantas como parte esencial da riqueza do contorno e da calidade de vidados humanos.• Respecto por todas as formas de vida e toma de conciencia das actividades humanas que causan o exterminio dafauna e da flora.• Interese polo coñecemento dos distintos tipos de nutrición e dos efectos que teñen sobre a saúde os hábitosalimentarios.• Análise crítica do papel que desempeñan as plantas e as algas na produción de alimentos e toma de concienciadas causas que provocan o reparto desigual de alimentos e recursos nas distintas rexións do planeta.• Valoración da orde, a limpeza e as normas de seguridade no traballo de laboratorio para a obtención duns resultadoscorrectos e para evitar riscos innecesarios.• Toma de conciencia do privilexio que supón vivir neste mundo, de que, para ser naturalista, abonda con ter amorá natureza e curiosidade polo mundo que nos arrodea e tamén da valoración da importancia de adoptar un códigode conduta.


18PROGRAMACIÓNCriterios de avaliacióna.1) Explica as analoxías e diferenzas entre células procariotas e eucariotas e entre célula eucariota animal evexetal.a.2) Describe os principais compoñentes da célula eucariota e as funcións que desempeñan.b.1) Debuxa e sitúa os principais órganos e sistemas do corpo humano e describe as funcións que desempeñan.c.1) Relaciona os procesos de obtención de osíxeno e eliminación do dióxido de carbono, mediante o sistema respiratorio,cos procesos de combustión dos carburantes metabólicos que teñen lugar nas mitocondrias dascélulas.c.2) Explica os diferentes sistemas de respiración en ambientes acuáticos e terrestres.d.1) Explica as características da fotosíntese e describe os procesos da nutrición vexetal.d.2) Analiza a relación existente entre a luz solar, o proceso de fotosíntese e a formación de amidón nunha folla.e.1) Relaciona os procesos dixestivos e respiratorios coa función que desempeña o sistema circulatorio nos animaisinvertebrados e vertebrados.e.2) Clasifica os distintos tipos de animais en función do seu tipo de nutrición e das súas estratexias alimentarias.e.3) Describe as características dos distintos tipos de sistemas dixestivos.f.1) Explica as diferenzas entre sistemas circulatorios abertos e pechados.Orientacións metodolóxicasNesta unidade abordarase a nutrición inicialmente como a introdución no organismo e emprego por este da materiae enerxía necesarias para que desenvolva a súa actividade vital. A respiración pode tratarse por analoxía co fenómenoda combustión, por medio da cal o individuo emprega a enerxía dos alimentos para manter constante a súatemperatura, para realizar movementos, para medrar, etc. Ademais, será salientado o feito de que a respiración éun proceso común, tanto no seu desenvolvemento como no seu obxectivo, para animais e plantas. En relación coneste concepto pódese comentar o de metabolismo.Moitos alumnos e alumnas consideran que as plantas incorporan substancias procedentes exclusivamente do solo,ignorando o papel do dióxido de carbono. Ademais, con frecuencia reducen a fotosíntese a un intercambio de gasese, o que é máis grave, considérana como a forma que utilizan as plantas «para respirar». Deberá facerse unha aproximaciónsinxela ao concepto de nutrición vexetal e destacarase a forma diferente en que vexetais e animais obteñenos seus nutrientes orgánicos. Os alumnos e alumnas coñecerán a importancia que ten a fotosíntese na natureza,como fonte primordial da obtención de alimentos para a propia planta e para os animais herbívoros, e de xeracióndo osíxeno atmosférico. Coñecerán tamén a necesidade da luz solar como fonte de enerxía da reacción, sen acal este fenómeno non pode producirseDebemos partir dos coñecementos que xa se adquiriron sobre carburantes metabólicos, nutrientes, alimentos e principiosinmediatos, de maneira que cando estudemos a dixestión poidamos explicala como un conxunto de procesosmecánicos e químicos que transforman os alimentos en nutrientes, que son os principios inmediatos que se incorporanás nosas células e tecidos. Esta necesidade de destruír os tecidos e células que forman parte dos alimentos(carnes, peixes, verduras...) para convertilos nas súas unidades moleculares constituíntes (os principios inmediatos)xorde ante os requisitos que impoñen os sistemas de absorción e transporte polo sangue: as moléculas de grantamaño non se poderían absorber no intestino, nin transportarse disoltas no sangue, nin atravesar as membranascelulares para ser empregadas no metabolismo. Debe quedar claro que dixerir significa romper ligazóns de moléculasgrandes para convertilas en unidades máis pequenas.A actividade Comproba en que lugar da célula eucariota se almacena a información (páxina 11) pretendefacer notar que a diferenza entre célula procariota e eucariota está no grao de complexidade e na forma que teñende gardar a información, é dicir, o ADN. A eucariota é máis complexa e gárdaa no núcleo; mentres que a procariotaé máis simple, carece de núcleo e o ADN está disperso por toda a célula. Neste caso, o concepto estruturante é ainformación, ou instrucións básicas para o mantemento da vida; a partir deste concepto constrúense todos osdemais: xene, ADN, núcleo...A actividade Compara a célula eucariota cunha fábrica (páxina 12) pretende facilitar a comprensión das funciónsque desempeñan os orgánulos celulares por analoxía coas funcións que desempeñan os compoñentes dunhafábrica. En realidade, o interior dunha célula eucariota é semellante a unha complexísima fábrica bioquímica enminiatura onde transcorren as reaccións metabólicas. O metabolismo é o conxunto de reaccións químicas que manteñena vida dun organismo, que é unha das propiedades que permiten diferenciar entre os seres vivos e o mundoinorgánico inanimado. Sen metabolismo non hai vida, xa que a vida está baseada nos cambios químicos que demaneira incesante teñen lugar entre as biomoléculas e os bioelementos que compoñen o noso corpo.


PROGRAMACIÓN19O metabolismo traballarase cun nivel de formulación moi simple, como transformacións que se producen na célulapara poder aproveitar a materia e a enerxía procedentes dos nutrientes. Débese introducir agora a necesidade defacer chegar o osíxeno até as mitocondrias, para que teñan lugar os procesos oxidativos que nos proporcionan enerxíavital. Sería desexable eliminar as connotacións negativas que ten o termo «químico» na vida cotiá. Cando dicimosque «todo é química» sempre nos referimos aos contaminantes ambientais ou á presenza de aditivos químicosnos alimentos. Toda a nosa vida, e a dos animais e plantas que nos arrodean, baséase nas reaccións químicas dometabolismo.A actividade Lazos coa Historia da Ciencia (páxina 13) trata de iniciar os alumnos e alumnas na Historia dasCiencias, mediante textos que relatan o modo de producirse a invención do microscopio, os descubrimentos das primeirascélulas e os principios da teoría celular. Trátase de amosar a época en que viviron os homes e mulleres dedicadosá actividade científica e os momentos en que tiveron lugar os grandes descubrimentos científicos.A actividade Comproba como podemos utilizar o microscopio para observar células e microorganismosinvisibles a simple vista (páxina 14) introdúcenos no manexo do microscopio e na preparación de mostras. Nestesentido, a actividade Pensa... (páxina 14) permite que os alumnos e alumnas apliquen os coñecementos adquiridossobre microscopía para calcular o tamaño real dun microorganismo a partir dos datos que proporciona o seu tamañoaparente e o número de aumentos utilizados para a súa observación.Os debuxos e esquemas da páxina 17 pretenden ilustrar a importancia que ten a fotosíntese na natureza, como fonteprimordial da obtención de alimentos para a propia planta e para os animais herbívoros, así como para a xeracióndo osíxeno da atmosfera. Neste sentido, a actividade Observa e experimenta (páxina 27) propón un problema quesuscita a formulación de hipóteses, co obxecto de que os alumnos e alumnas tenten explicar a interdependenciaentre un factor abiótico (a luz) e a produción de amidón nas plantas e deseñen experiencias e investigacións e tratende comprobalas.Os contidos das páxinas 18-22 amosan que os animais empregan estratexias diferentes para realizar con éxito asfuncións de nutrición; neste sentido, a actividade Compara o tamaño do intestino en distintos animais vertebrados(páxina 22) trata de relacionar a lonxitude do intestino dos animais herbívoros coa necesidade de inxerirmaiores cantidades de alimento e con maior frecuencia, debido a que os alimentos de orixe vexetal son máis pobresen proteínas e as fibras de celulosa que conteñen son máis difíciles de dixerir.Por último, os contidos da páxina 23 salientan que tanto os sistemas circulatorios abertos como pechados nacenevolutivamente ante a necesidade de transportar nutrientes e osíxeno a todos os rincóns do organismo pluricelulare recoller os produtos de refugallo. Débese destacar a diferenza entre os procesos de excreción, que eliminan residuosmetabólicos celulares mediante filtración a través de órganos como os riles ou os nefridios, e o proceso dedefecación que elimina residuos non dixeribles no tubo dixestivo.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 9) suxire no inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre diversos fenómenosrelacionados coas características das células procariotas e eucariotas, as distintas estratexias alimentarias paraobter os nutrientes e os sistemas de respiración, que suscitan un debate en que se debe estimular o desenvolvementoda capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espíritocrítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións e de aceptar e realizar críticascon espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender que a célula é a unidade estrutural e funcional de todos os seres vivos, asícomo a natureza dos sistemas implicados nas funcións de nutrición autótrofa e heterótrofa e organizar e autorregularo coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticas aodefinir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactar respostas breves, clasificar como verdadeiro oufalso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 26) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre as técnicasmicroscópicas e a organización microscópica dos seres vivos, a nutrición autótrofa das plantas e os tipos de nutriciónheterótrofa, que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribirtextos sinxelos en diferentes linguas e empregar esas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos amósanse destacados en cadros ao longo da unidade e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 26), pretenden estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre diversos fenómenos relacionados co estudo da estrutura e función das células procariotas e eucariotas, o fun-


20 PROGRAMACIÓNcionamento do microscopio óptico, a organización en tecidos, órganos e sistemas dos seres pluricelulares, a nutriciónautótrofa vexetal e, en especial, o fenómeno da fotosíntese, os tipos de nutrición heterótrofa animal e as características,funcionamento e tipos de sistemas dixestivos, circulatorios e respiratorios e fomentar neles a habilidadepara extraer a información esencial tras a lectura da Unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 31), xunto coa cuestión que se suxire aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que amosa Libros que te poden axudar(páxina 31) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para adolescentes que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de maneira oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida en que os elementos e razoamentos matemáticos básicosson utilizados no estudo microscópico das células e tecidos e dos órganos e sistemas encargados das funcións denutrición, para enfrontarse e dar explicación a aquelas situacións que os precisan:• Cálculo dos aumentos totais do microscopio óptico e aplicación dos coñecementos adquiridos sobre microscopíapara calcular o tamaño real dun microorganismo a partir dos datos que proporciona o seu tamaño aparente e onúmero de aumentos utilizados para a súa observación.• Representación e interpretación da realidade a partir da información dispoñible para a confección de maquetas edebuxos a escala que axuden a comprender o fenómeno da fotosíntese, así como a anatomía e o funcionamentodos diferentes órganos e sistemas implicados na nutrición heterótrofa.• Análise da interdependencia entre un factor abiótico (a luz) e a produción de amidón nas plantas e deseño deexperiencias e investigacións que traten de comprobala.• Interpretación de gráficas que permiten deducir a actividade biolóxica da levadura, Saccharomices cerevisiae, noproceso de fermentación do mosto da uva.• Comparación do tamaño do intestino en distintos animais vertebrados.• Representación do proceso dixestivo dos ruminantes mediante esquemas e frechas que indican o sentido e adirección en que se desprazan os alimentos a través dos distintos compartimentos do estómago.• Representación do proceso da respiración branquial dos peixes óseos mediante esquemas e frechas que indicano sentido e a dirección en que se desprazan a auga, o osíxeno e o dióxido de carbono a través das laminiñas branquiais.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoAs actividades Comproba en que lugar da célula eucariota se almacena a información (páxina11), Comparaa célula eucariota cunha fábrica (páxina12), Comproba como podemos utilizar o microscopio para observarcélulas e microorganismos invisibles a simple vista (páxina 14), Pensa... (páxina 14), Compara o tamañodo intestino en distintos animais vertebrados (páxina 22), Observa e experimenta (páxina 27) e Resolveo problema (páxina 29) permiten o desenvolvemento desta competencia, que fai posible identificar preguntas ouproblemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de comprender que a célula constitúe a unidadeestrutural e funcional de todos os seres vivos, que a estrutura e o funcionamiento dunha célula eucariota son semellantesao dunha fábrica en miniatura, que o microscopio nos permite observar células e microorganismos invisiblesa simple vista, así como a natureza da anatomía e o funcionamento dos sistemas implicados nas funcións de nutriciónautótrofa e heterótrofa.O feito de coñecer en que lugar da célula se almacena a información xenética, describir a morfoloxía e a funcióndos orgánulos celulares responsables do metabolismo, aprender o funcionamento do microscopio e o uso das técnicasmicroscópicas, distinguir os distintos sistemas implicados nas funcións de nutrición, describir os elementosque interveñen na nutrición autótrofa das plantas e, en especial, os que se encargan de levar a cabo o proceso defotosíntese, comprender as diferenzas entre os distintos tipos de nutrición heterótrofa animal, explicar o funcionamentodos distintos tipos de sistemas dixestivos, respiratorios, circulatorios e excretores, implica a habilidade progresivapara poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizar observacións directas e indirectas dediversos fenómenos microscópicos, formular preguntas; localizar, obter, analizar e representar información cualitativae cuantitativa sobre as causas do distinto tamaño do intestino en distintos animais vertebrados, as diferenzasentre os sistemas circulatorios abertos e pechados, os tipos de respiración en ambientes acuáticos e terrestres, erealizar predicións e inferencias sobre a interdependencia entre un factor abiótico (a luz) e a produción de amidónnas plantas.A axeitada percepción do espazo físico en que se desenvolve a actividade humana, así como a habilidade para interactuarco espazo circundante, ponse de manifesto ao estudar os principios do naturalista na actividade A cienciaexplícanos o mundo (páxina 31) e os códigos de conduta do naturalista na actividade Ti decides (páxina 31).


PROGRAMACIÓN 21Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para o estudo da célula e a comprensióndos fenómenos biolóxicos implicados nas funcións de nutrición: seccións, detalles ampliados, vistas de frenteou de perfil e modelos a escala esixen de destrezas de razoamento para analizar a información que proporcionan osdebuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 30) precisan o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.Observar preparacións microscópicas, calcular o número de aumentos e o tamaño real dun obxecto microscópico eanalizar a interdependencia entre un factor abiótico (a luz) e a produción de amidón nas follas dunha planta duranteo proceso de fotosíntese, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa, naresolución de problemas reais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 26) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre as técnicas microscópicase a organización microscópica dos seres vivos e os sitios onde se poden descargar esquemas, gráficos etáboas sobre a nutrición autótrofa das plantas e os tipos de nutrición heterótrofa animal. Esta actividade está dirixidaao desenvolvemento da competencia dixital, estimulando o manexo de estratexias para identificar e resolverproblemas de hardware e de software e aproveitar e analizar criticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáA actividade Lazos coa Historia da Ciencia (páxina 13) amosa a época en que viviron os homes e mulleres dedicadosá actividade científica e os momentos en que tiveron lugar os grandes descubrimentos científicos relacionadosco xeito de se producir a invención do microscopio, os descubrimentos das primeiras células e os principios dateoría celular.A actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 31) fai referencia a que non é indispensable ser experto biólogopara ser naturalista; basta con ter amor á natureza e curiosidade polo mundo que nos arrodea. En coherenciacoas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica as actitudes que pretendedesenvolver a actividade Ti decides (páxina 31), que tratan de resaltar que a primeira cousa, e a máis importante,que debe aprender un naturalista, é un código de conduta: debe lembrar o privilexio que significa vivir neste mundo,por iso mesmo debe tratalo con cortesía e respecto.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que amosan a estrutura e a función das células procariotas e eucariotas, o funcionamento do microscopioóptico, a organización en tecidos, órganos e sistemas dos seres pluricelulares, a nutrición autótrofa vexetal e,en especial, o fenómeno da fotosíntese, os tipos de nutrición heterótrofa animal e as características, funcionamentoe tipos de sistemas dixestivos, circulatorios e respiratorios, contribúen ao desenvolvemento desta competencia.A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo precisa poñer en funcionamento a iniciativa, aimaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecerse con diferentes realidades do mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba... e Compara... tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa (páxina 14), Observa e experimenta (páxina 27), Exercita a túa memoria (páxina28), Aplica o teu coñecemento (páxina 28) e Resolve o problema (páxina 29), permiten ser consciente do quese sabe e do que é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de suxerir preguntas, identificare manexar a diversidade de respostas posibles ante unha mesma situación ou problema utilizando diversasestratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa informacióndispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 30) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións semellantese contextos diversos.


22PROGRAMACIÓNAutonomía e iniciativa persoalAs actividades Comproba..., Compara... e Observa e experimenta (páxina 27) permiten desenvolver a capacidadede elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver asopcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificar elevar a cabo proxectos. Require, por tanto, poder reelaborar os esbozos previos ou elaborar novas ideas, procurarsolucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 9) propón no inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimular ainiciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de maneira que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Microscopio, lupa binocular e material xeral de microscopía.• Colección de preparacións microscópicas e diapositivas de células e tecidos.• Murais e modelos anatómicos do corpo humano e dos principais órganos e sistemas de animais e plantas.• Modelo de home clástico.• Unha planta de xeranio.• Tres vasos de precipitado.• Alcol e lugol.• Tres caixas de Petri, pinzas e tesoiras.• Papel de aluminio.• Chisqueiro, soporte e enreixado para quentar.Libros• AUDESIRK, T. e AUDESIRK, G. Biología. La vida en la Tierra. Editorial Prentice Hall.• AYENSU, E. Los ritmos de la vida. Editorial Debate.• BYLES, M. Experimentamos con los sentidos. Editorial Edelvives.• BRITISH MUSEUM (Natural History). Biología humana. Ediciones Akal.• CURTIS, H. e BARNES, N.S. Biología. Editorial Panamericana.• FERRÁNDIZ, S. e col. Atlas de Fisiología. Editorial Edibook.• HANN, J. Guía práctica ilustrada para los amantes de la ciencia. Editorial Blume.• HICKMAN, ROBERTS eLARSON. Zoología. Editorial McGraw-Hill-Interamericana.• HOAGLAND, M. Las raíces de la vida. Salvat Editores.• JESSOP. Invertebrados, teoría y problemas. Editorial McGraw-Hill-Interamericana• LERAUT, P. Les insectes. Editorial Bordas.• MINELLI, G. De la célula al hombre. Ediciones SM.• ROBERTS, M. V. B. Biology for life. Editorial Nelson.• STIDWORTHY, J. Aprende a ser un buen ecólogo. Parramón Ediciones.• STOCKLEY, C. Diccionario de Biología. Editorial Montena.• VARIOS. Cómo funciona la Naturaleza. Editorial Debate.• VARIOS. Diccionario visual del cuerpo humano. Editorial Altea.• VARIOS. El mundo de la ciencia. Ediciones Nauta.• VARIOS. Enciclopedia visual de los seres vivos. Ediciones El País-Altea.• VARIOS. L’evolution de la vie. Editorial Armand Colin.Revistas mensuais• Natura.• Quercus.• Muy Interesante.• Investigación y Ciencia.• Alambique.• Enseñanza de las Ciencias.Software• Biología. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.• DIGESTIO. La digestión: el aparato digestivo. PNTIC 90. MEC.• Ciencias Naturales. Enciclopedia temática. CD-ROM. Editorial Lafer.• Zoología. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.


PROGRAMACIÓN23• Botánica. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.• http://w3.cnice.mec.es/recursos/pntic98/Ofrece diversos programas relacionados co corpo humano.• centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/cc_naturales/Aparato%20Digestivo.ppt.Excelente presentación en PowerPoint do sistema dixestivo.• centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/cc_naturales/elcuerpohumano1.ppt.Excelente presentación en PowerPoint dos diferentes sistemas do corpo humano.Vídeos• Animales al límite. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC, El País.• Animales en el campo de batalla: el lobo. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC, El País.• Instinto depredador: armas mortíferas. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC, El País.• Leopardos al acecho. National Geographic.• El cuerpo humano. CD-ROM. Anaya interactiva.• La enciclopedia sobre El cuerpo humano, editada polo Club Internacional do libro (varios autores), subminístrasecunha colección de vídeos.• Consultar en Asociación Española de Cine e Imagen Científicos (programa de cine científico FECYT).Tel.: 915 646 912.• Pola grande abundancia e diversidade de títulos, é axeitado contactar cos servizos de videoteca dos Centros deProfesores e de diferentes editoriais, como Enciclopedia Británica, Open University, Serveis de Cultura Popular;San Pablo, TVE., Ministerio de Educación, Comunidades Autónomas, UNED e coas diferentes cadeas de televisión(documentais sobre fauna, flora e natureza de Cousteau, Attenborough, Rodríguez de la Fuente, etc.).Ambientais• Visitas a museos, zoolóxicos, xardíns botánicos e a exposicións interactivas sobre o mundo dos animais e o corpohumano que se levan a cabo en museos e casas da ciencia.• Participación en actividades de formación específica que levan a cabo determinadas institucións (caixas de aforros,concellos, comunidades autónomas, etc.) en forma de cursiños, conferencias e exposicións.• Percorrido por un mercado para observar os distintos tipos de animais e plantas que utilizamos como alimentos,as súas características e formas de presentación.Persoais• Excursións, saídas ao campo e observación dos costumes alimentarios dalgúns pequenos animais que viven nosxardíns e preto das nosas vivendas, as súas migracións periódicas, os hábitats onde viven, as súas formas de aniñar,etcétera.• Desenvolver unha actitude crítica ante as prácticas coleccionistas e o comercio de animais exóticos.• Acudir a conferencias e exposicións que contribúan a mellorar os coñecementos sobre o funcionamento do nosocorpo, e o dos animais e plantas.• Aproveitar as vacacións para viaxar a rexións onde existan Parques Naturais e ecosistemas de interese especialpola riqueza e variedade da súa fauna e flora (humidais, lagoas, rexións costeiras, etc.).• Aprender o uso da cámara fotográfica e da cámara de vídeo e confeccionar un álbum de fotografías e unha videotecacos animais e plantas máis característicos da túa rexión en relación coa forma que teñen de alimentarse.


24PROGRAMACIÓNUNIDADE 2: As funcións de relaciónObxectivosa) Identificar a relación co medio como unha das funcións esenciais para a supervivencia dos seres vivos.b) Diferenciar os aspectos esenciais da <strong>coord</strong>inación nerviosa e a <strong>coord</strong>inación hormonal.c) Comprender como se leva a cabo o proceso de <strong>coord</strong>inación nos seres vivos.d) Describir a maneira en que se realiza a transmisión de información e a <strong>coord</strong>inación de funcións nos seresvivos.e) Coñecer os fundamentos da <strong>coord</strong>inación nerviosa e describir os tipos de sistemas nerviosos dos principais gruposde animais.f) Coñecer os diversos tipos de movemento que realizan os animais en resposta á súa adaptación aos diferentesmedios.g) Coñecer algunhas das hormonas máis importantes e as súas funcións, así como as glándulas que as producen.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Debater sobre as funcións de relación nos seres vivos, estimulando o desenvolvemento da capacidade de ler,escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas ás propias.• Estruturar o coñecemento sobre os sistemas de <strong>coord</strong>inación dos seres vivos, os seus órganos sensoriais e o seusistema nervioso.• Suxerir interrogantes sobre a variedade de sistemas de relación dos seres vivos co contorno.Competencia matemática• Elaborar esquemas e debuxos para comprender o funcionamento do sistema nervioso e os órganos sensoriais dosseres vivos.• Calcular a duración das viaxes en avión considerando os desfases producidos pola existencia de distintos fusoshorarios.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico• Identificar a diversidade de mecanismos de relación dos seres vivos co seu contorno e con outros seres vivos.• Comprender as características que identifican e diferencian os distintos órganos sensoriais e os diversos sistemasnerviosos.• Poñer en práctica procesos de indagación científica: realizar observacións, directas ou indirectas, dos procesos derelación e formular preguntas: localizar, obter, analizar e representar información sobre as formas de relación dosseres vivos.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos para comprender o funcionamento do sistema nervioso e hormonale o dos órganos dos sentidos.• Utilizar diferentes páxinas web dedicadas aos órganos sensoriais, sistemas hormonais e outras funcións derelación.Competencia social e cidadá• Valorar a diversidade de órganos e sistemas de relación entre os seres vivos como parte esencial da riqueza docontorno.• Entender o aproveitamento que os seres humanos obtemos do coñecemento dos mecanismos de funcionamentodos seres vivos.• Comprender a importancia da etoloxía como ciencia que estuda o comportamento animal e as relacións entre osindividuos dunha especie e a súa relación co contorno.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar observando a gran variedade de sistemas de relación existentes entre os seres vivos.• Utilizar os esquemas e debuxos dos órganos dos sentidos para desenvolver a creatividade e a imaxinación.Competencia para aprender a aprender• Adaptar as observacións particulares de determinados animais ou órganos ás teorías xerais sobre os sistemas depercepción da luz, o son, os olores, etcétera.• Enunciarse preguntas sobre os procesos de transferencia de información entre os seres vivos e obter respostasutilizando diversas estratexias e metodoloxías que permitan valorar a información dispoñible.


PROGRAMACIÓN25Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coñecemento dos fenómenos observados no noso contornonatural.• Analizar os mecanismos e procesos de transferencia de información entre os animais, suxerindo un conxunto deinterrogantes que estimulen a iniciativa persoal encamiñada á procura de información.ContidosCONCEPTOS• A relación co medio: a sensibilidade. Sistemas de <strong>coord</strong>inación.• O sistema nervioso. As neuronas.• Os nervios. Os órganos de <strong>coord</strong>inación nerviosa.• Os órganos sensoriais. Receptores químicos: o olfacto e o gusto.• Percepción das vibracións, o son, a luz, o magnetismo, a electricidade, o tacto, a calor, o frío, a dor e mais a percepcióndo tempo.• A evolución do sistema nervioso. O sistema nervioso humano.• A conduta e o movemento. Movemento muscular.• O movemento en relación co medio. Conduta relacionada co movemento.• A <strong>coord</strong>inación hormonal. Coordinación hormonal en animais e en vexetais.PROCEDEMENTOS• Descrición das funcións do sistema nervioso.• Descrición dalgunhas das principais hormonas animais e vexetais e as súas funcións.• Expresión dos coñecementos adquiridos empregando a linguaxe oral e escrita con propiedade.• Interpretación de diagramas e debuxos e comunicación a outros das ideas e argumentacións propias.• Manexo de láminas e esquemas para identificar os principais órganos nerviosos e as glándulas endócrinas máisimportantes.• Selección da información relacionada coa función de relación entre a ofrecida por distintas páxinas web.ACTITUDES• Recoñecemento da importancia da ciencia nas nosas vidas e a transcendencia do método científico para o seudesenvolvemento.• Desenvolvemento da curiosidade ante o estudo das funcións de relación dos seres vivos.• Valoración dos diferentes tipos de comportamento dos seres vivos.• Coidado e protección do medio natural.• Comprensión da necesidade de desenvolver ao máximo, a nivel persoal, as capacidades do cerebro humano.• Desenvolvemento do interese pola ciencia como forma de coñecer o medio que nos arrodea.Criterios de avaliacióna.1) Comprende o mecanismo xeral de actuación dos sistemas de <strong>coord</strong>inación e relación dos seres vivos.b.1) Diferencia os mecanismos de <strong>coord</strong>inación nerviosa e hormonal e as súas características.c.1) Describe os tipos principais de órganos sensoriais e os tipos de estímulos que poden recoller.d.1) Describe o proceso de transmisión da información no sistema nervioso.e.1) Recoñece os diferentes tipos de sistemas nerviosos nos animais e os seus principais órganos.e.2) Identifica os principais órganos do sistema nervioso central e do sistema nervioso periférico humano e as funciónsque desempeñan.f.1) Comprende a importancia do movemento nos animais e as principais adaptacións para desprazarse en diferentesmedios.f.2) Valora a importancia que ten o movemento na conduta e mais nos tipos de condutas que poden desenvolver osanimais.g.1) Coñece as principais glándulas endócrinas do corpo humano e algunhas das hormonas máis importantes queson segregadas por elas.Orientacións metodolóxicasNesta unidade preséntase para os alumnos de maneira sinxela, como corresponde ao nivel a que vai destinado, oconxunto de procesos que constitúen as funcións de relación e as súas bases anatómicas, co obxecto de que adquiranuns coñecementos elementais sobre a anatomía, a fisioloxía e a evolución do sistema nervioso e do sistema hormonal,cuxas respostas aos factores ambientais constitúen a base do comportamento.


26PROGRAMACIÓNOrientacións para adquirir as competencias básicasÉ importante que os estudantes comprendan o concepto de sensibilidade e a necesidade duns sistemas de <strong>coord</strong>inaciónpara que as funcións dos órganos e sistemas dos seres vivos se dirixan ao mantemento da vida. Polotanto, débese incidir no mecanismo básico de captación de información polos órganos receptores e da súa transmisiónpara os órganos do sistema nervioso central por medio dos nervios sensitivos. Debido á gran diversidadeque existe nos órganos sensoriais dos animais, este apartado ten un especial interese dende o punto de vista dametodoloxía, xa que permite afondar na idea de adaptación ao medio, ao igual que acontece coas distintas formasde movemento e desprazamento que son o resultado da adaptación aos distintos medios e a orixe das pautasde actuación e movemento que dan lugar á conduta. Por outra parte, a evolución do sistema nervioso dendeas formas máis sinxelas até a complexidade que ten o sistema nervioso humano permite incidir na idea da evolución.Os estudantes deben coñecer cales son os órganos do sistema nervioso central humano encargados daelaboración de respostas, tanto voluntarias como reflexas, e dos mecanismos de transmisión para os órganosefectores. O achegamento ao estudo da <strong>coord</strong>inación hormonal, das súas características diferenciadoras respectoda <strong>coord</strong>inación nerviosa e o coñecemento das principais hormonas do corpo humano e dos vexetais serve paracompletar a visión global sobre a función de relación.Os apartados Comproba… serven para presentar os contidos obxecto de estudo dende o descubrimento, xa queneles se subministra aos estudantes a información necesaria sobre distintos aspectos: o mecanismo xeral de actuacióndos órganos responsables da relación (páxina 34), a forma en que se organizan os axóns neuronais para formarun nervio (páxina 35), a organización do ollo composto dos insectos (páxina 37), as diferenzas que existen entre ossistemas nerviosos centrais dos distintos grupos de vertebrados (páxina 38) ou a <strong>coord</strong>inación de movementos muscularesnecesaria para o voo dos insectos (páxina 41). Os apartados Compara… serven para ofrecer a informaciónincidindo nas diferenzas que existen entre os exterorreceptores e os interorreceptores (páxina 34) e entre o movementomuscular dos artrópodos e dos vertebrados (páxina 40). Nos apartados Sabíalo? téntase chamar a atencióndo alumnado sobre un órgano exclusivo como é o de Jacobson das serpes (páxina 36), sobre a existencia dunhaseparación das funcións somáticas e autónomas no sistema nervioso central (páxina 39), sobre a adaptación dasquenllas ao movemento na auga (páxina 41) e sobre o proceso de aprendizaxe que se basea no xogo entre animaisnovos (páxina 42). Co apartado Pensa… (páxina 40), inténtase que os alumnos comprendan como pode actuar aarmazón hidrostática no caso dos anélidos en asociación cos músculos para permitir o movemento destes animais.O apartado Lazos coa... Ecoloxía (páxina 42) serve para que os alumnos comprendan como as pautas de comportamentodos animais teñen unha gran transcendencia sobre as comunidades en que viven.Na actividade Observa e experimenta (páxina 45), exponse un sinxelo experimento para que os alumnos poidaninvestigar eles sós o movemento e o comportamento animal en resposta a un estímulo como é a luz.Ao longo da unidade propóñense actividades que teñen como finalidade a de revisar o aprendido e que poden servirde base para elaborar probas de avaliación, mentres que as actividades dos apartados Exercita a túa memoria,Aplica o teu coñecemento (páxina 46) e Resolve o problema (páxina 47) son ferramentas para valorar aadquisición das distintas competencias que se intentan desenvolver ao longo da unidade.Competencia en comunicación lingüísticaA adquisición desta competencia supón a utilización correcta da linguaxe como instrumento de comunicación oral eescrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecementoe de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e a conduta. Por outra parte, a lectura ea escritura son accións que supoñen e reforzan as habilidades que permiten buscar, recompilar e procesar informacióne ser competente á hora de comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos con intencións comunicativasou creativas diversas.Pola súa importancia para o progreso da aprendizaxe, esta competencia trabállase de maneira continua ao longo detoda a unidade, mediante os seguintes aspectos:A exposición das ideas e dos conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía específica da unidadee coa busca do rigor nas definicións.O traballo sobre textos que teñen o obxectivo de motivar os alumnos, como é o caso do breve texto inicial do cadroSe aínda non o sabes… (páxina 33) e dos libros recollidos no apartado Libros que te poden axudar (páxina 49),que teñen como finalidade potenciar a comprensión lectora dos alumnos.A actividade Mira… (páxina 33) suxire interrogantes cuxa finalidade é abrir un breve debate sobre os contidos quese desenvolverán nesta unidade e que pode servir para elaborar un primeiro diagnóstico sobre os coñecementosxerais que os alumnos teñen sobre as funcións de relación nos seres vivos.As actividades da unidade serven para que os alumnos poidan empregar e desenvolver as súas destrezas lingüísticas


PROGRAMACIÓN27ao ter que completar textos, definir termos, redactar respostas breves, corrixir enunciados, elixir a resposta correctae clasificar algunhas afirmacións como verdadeiras ou falsas.Na actividade Lapis e rato (páxina 44) ofrécese información sobre algunhas páxinas web que tratan sobre o temada medida da materia. Nelas e de forma amena pódese obter información dunha maneira que favorece a utilizaciónde diferentes recursos lingüísticos.A actividade Resume e ordena as túas ideas (páxina 44) ten como obxectivo estruturar de forma sintética o coñecementodos nosos estudantes sobre as funcións de relación e fomentar neles a práctica de obter as ideas esenciaisdos diferentes conceptos presentados na Unidade.Na actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 49) proponse a lectura dun breve texto científico sobre ostraballos de Konrad Lorenz. Con iso inténtase desenvolver a comprensión lectora e facer unha reflexión sobre aimportancia da observación para o avance da ciencia, así como sobre o feito de que a percepción de fenómenos aparentementesimples e naturais que non parecen ter maior transcendencia pode ser de grande importancia para oestudo dos seres vivos e dos seus mecanismos de <strong>coord</strong>inación e relación. As cuestións expostas nesta actividadepretenden que os alumnos manifesten a súa opinión sobre a importancia que estes traballos poden ter e sobre aposible relevancia que a investigación con modelos animais pode ter para coñecer as bases do comportamentohumano.Competencia matemáticaUn dos aspectos que se contemplan na competencia matemática é a habilidade para interpretar e expresar con claridadee precisión informacións, datos e argumentacións. O devandito feito aumenta a posibilidade real de seguiraprendendo ao longo da vida, tanto no ámbito escolar ou académico como fóra del, e favorece a participación efectivana vida social. En consecuencia, a competencia matemática supón a habilidade para seguir determinados procesosde pensamento como son a indución e a dedución, e aplicar algúns algoritmos de cálculo ou elementos dalóxica, feito que conduce a identificar a validez dos razoamentos e a valorar o grao de certeza asociado aos resultadosderivados dos razoamentos válidos.O apartado Comproba como actúan os órganos responsables da relación (páxina 34) pode contribuír adesenvolver esta competencia, pois ao tratarse dunha situación en que se producen diferentes sucesos encadeadospermite realizar o seguimento das cadeas argumentais para identificar as ideas fundamentais e estimar a lóxica ea validez das argumentacións propostas.No apartado Observa e experimenta (páxina 45), proponse a construción dun terrario para realizar o experimentoproposto na actividade, para o cal se indican cales son as medidas máis apropiadas. É unha posibilidade real de utilizara actividade matemática nun contexto moi concreto como é a medida das pezas de madeira necesarias paralevar a cabo a actividade.O apartado Resolve o problema (páxina 47) ofrece a posibilidade de desenvolver esta capacidade ao propoñeralgunha actividade onde o cálculo da duración dunhas viaxes en avión é imprescindible e obriga ademais a ter enconta os desfasamentos que son producidos pola existencia de distintos fusos horarios.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoNesta competencia cómpre salientar a habilidade para interactuar co mundo físico polo que se posibilita así acomprensión de sucesos. Incorpora habilidades para desenvolverse axeitadamente en ámbitos da vida e do coñecementomoi diferentes e para interpretar o mundo, feito que esixe a aplicación dos conceptos e principios básicosque permiten a análise dos fenómenos dende os diferentes campos de coñecemento científico involucrados.Esta competencia permite identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidadede comprender e tomar decisións sobre o mundo físico. Supón a aplicación destes coñecementos e procedementose permite dar resposta ao que se percibe como demandas ou necesidades das persoas, das organizaciónse do ambiente.A actividade Compara exterorreceptores e interorreceptores (páxina 34) pode ser útil para o desenvolvementodesta competencia, posto que nela se expón ao alumno a existencia de receptores de información nos organismos,tanto a nivel externo como no interior do corpo, cuxa finalidade é recoller a información que será transmitidaaos órganos responsables da <strong>coord</strong>inación.A actividade Observa e experimenta (páxina 45) propón unha investigación sinxela para comprobar de quemaneira inflúen os factores do medio sobre os organismos, circunstancia que é un exemplo claro de interacciónco medio físico. Isto pódese facer con moita facilidade, por exemplo empregando un procedemento indirecto comoé a medida do volume de auga que o obxecto desaloxa e que constitúe un claro exemplo de interacción co mundofísico.


28PROGRAMACIÓNAs actividades propostas nos apartados Aplica o teu coñecemento (páxina 46), e Resolve o problema (páxina47) permiten o desenvolvemento desta competencia, que fai posible o uso dos coñecementos adquiridos para resolverdistintos tipos de problemas, algúns dos cales poden formularse na vida das persoas.Na actividade Ti decides (páxina 49), exponse un problema que está directamente relacionado coa concienciaciónsobre a relación entre o ser humano e o contorno natural en que vive, neste caso sobre a necesidade de reducir acontaminación acústica e a derivada do exceso de iluminación artificial.Tratamento da información e competencia dixitalO desenvolvemento da habilidade de buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento,é o fundamento desta competencia. Ao longo desta unidade incídese unha e outra vez en que a recepciónde información, a súa integración e a elaboración de respostas axeitadas é imprescindible para o mantemento davida dos organismos. Por outra parte, o acceso á información e a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratadada maneira máis axeitada é un elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.Os apartados Comproba como é o ollo dun insecto (páxina 37) e Comproba como é o sistema nervioso dosvertebrados (páxina 38) ofrecen, respectivamente, información gráfica sobre a estrutura do ollo dos insectos esobre as diferenzas máis importantes que existen entre os encéfalos dos principais grupos de vertebrados. A análisedas imaxes e a identificación desas diferenzas contribúe a desenvolver esta competencia nos alumnos.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 48) requiren o uso de linguaxes específicas básicas (textual, icónica,visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicación dos diferentes tiposde información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situacións e contextos.A actividade Lapis e rato (páxina 44) inclúe os enderezos dalgunhas páxinas web sobre as funcións de relaciónestudadas nesta unidade. Esta actividade diríxese ao desenvolvemento da competencia dixital, estimulando o manexode estratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software e aproveitar e analizar criticamentea información proporcionada.Competencia social e cidadáComo unha parte fundamental desta competencia están as habilidades sociais que permiten saber que os conflitosde valores e intereses forman parte da convivencia, permiten tamén resolvelos con actitude construtiva e tomar decisiónscon autonomía. A dimensión ética da competencia social e cidadá entraña ser consciente dos valores do contorno,avalialos e reconstruílos afectiva e racionalmente para crear progresivamente un sistema de valores propio ecomportarse en coherencia con eles ao afrontar unha decisión ou un conflito. O coñecemento da capacidade de relaciónco medio que teñen en maior ou menor medida todos os seres vivos pode servir para sentar as bases da necesidadedo respecto do medio natural e do medio en que se desenvolven as persoas.A actividade Ti decides (páxina 49) intenta desenvolver a conciencia sobre a problemática ambiental e achegaideas para paliar a incidencia do ser humano sobre o medio natural.Competencia cultural e artísticaUn dos aspectos que inclúe esta competencia é o de poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividadepara expresarse mediante códigos artísticos. Algunhas das imaxes (debuxos, fotografías) que forman parteda unidade poden contribuír ao desenvolvemento desta competencia.A actividade Sabíalo? (páxina 42) pode contribuír ao desenvolvemento desta competencia, xa que propón que aimportancia do xogo na relación non está só limitada á especie humana, senón que forma parte das actividades querealizan os individuos máis novos de moitas especies de animais, como unha pauta de conduta necesaria para adquiriroutras capacidades.O apartado A ciencia explícanos o mundo (páxina 49) dá pautas do que significa ter conciencia da evolución dopensamento, até o punto de que unha nova forma de analizar as relacións entre individuos de diferentes especiespode dar lugar ao nacemento dunha nova póla da ciencia, como é a etoloxía, ademais de supoñer unha fonte de imaxesestéticas e fomentar unha actitude de aprecio da creatividade.Competencia para aprender a aprenderAprender a aprender supón dispoñer de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendode maneira cada vez máis eficaz e autónoma segundo os propios obxectivos e necesidades. Esta unidadepode contribuír a adquirir conciencia das propias capacidades e do proceso e as estratexias necesarias para desenvolvelas,así como do que pode facer un só, e do que se pode facer con axuda doutras persoas ou recursos. Algúnsdos conceptos tratados nesta unidade, en relación coas ferramentas básicas do traballo científico, están directamenteconectados con esta competencia. As actividades Mira… (páxina 33), Compara exterorreceptores e inte-


PROGRAMACIÓN29rorreceptores (páxina 34), Comproba como actúan os órganos responsables da relación (páxina 34),Comproba como é un nervio (páxina 35), Sabíalo? (páxina 36), Comproba como é o ollo dun insecto (páxina37), Comproba como é o sistema nervioso dos vertebrados (páxina 38) permiten introducir novas ideas e conceptossobre a base doutros coñecementos previos e facilitarlles aos alumnos e ás alumnas as estratexias para desenvolvero seu propio proceso de aprendizaxe.As actividades Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 48) sonactividades que desenvolven habilidades precisas no proceso de obtención da información, individualmente ou deforma cooperativa e, moi especialmente, para transformala en coñecemento propio, mediante a relación e a integraciónda nova información. Esta fora adquirida cos coñecementos previos e coa propia experiencia persoal esabendo ademais aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións semellantes e en contextos diferentes.Autonomía e iniciativa persoalÁ adquisición desta competencia contribúen en gran medida as actividades prácticas e aquelas en que se requirea busca de información para atopar unha solución a un problema exposto en relación co estudado na unidade.A responsabilidade, o coñecemento que teñen os alumnos e as alumnas de si mesmos, o amor propio, a creatividade,a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de calcular os posibles riscos e de afrontar os problemas,así como a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros e deasumir riscos son valores e actitudes persoais de cuxa interacción resulta a consecución desta competencia. Domesmo xeito, a capacidade de elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesariaspara desenvolver as opcións e plans persoais son algúns dos puntos esenciais para o seu axeitado desenvolvemento.A actividade Mira… (páxina 33) relaciónase directamente coa competancia da autonomía e iniciativa persoal, aopermitir que os alumnos emitan as súas opinións e preconceptos sobre algúns dos conceptos e ideas que son oobxecto da unidade.A actividade Pensa en como se desprazan algúns animais de corpo brando (páxina 40) permite achegar informaciónpara que os alumnos deduzan, en aplicación dos coñecementos adquiridos, a necesidade dunhas estruturasque sirvan de apoio para que se poida desprazar o corpo dos animais de corpo brando dos que trata a actividade,como son os anélidos.O apartado Comproba como voan os insectos (páxina 41) ofrece a información necesaria para que os alumnoselaboren a súa propia idea de como o movemento muscular asociado co deseño das pezas do exoesqueleto dosinsectos permite o elevado ritmo de movemento das ás destes animais.Recursos didácticosMateriais• Láminas e murais de anatomía do sistema nervioso.• Modelos anatómicos (corpo humano clásico).Libros• ATTENBOROUGH, D. La vida a prueba. Plaza y Janés.• BYLES, M. Experimentamos con los sentidos. Edelvives.• CHINERY, M. Guía práctica ilustrada para los amantes de la naturaleza. Editorial Blume.• COLVIN, L. Enciclopedia de la naturaleza. Ediciones Susaeta.• GOLDSTEIN, B. Sensación y percepción. Editorial Paraninfo.• GUELL, I. El cerebro al descubierto. Editorial Kairós.• KAHLE, W. Sistema nervioso y órganos de los sentidos. Edciones Omega.• MAIER, R. Comportamiento animal: un enfoque evolutivo y ecológico. McGraw-Hill.• MILLER, J. El cuerpo humano. Editorial Montena.• PARKER, S. Atlas visual del cuerpo humano. Editorial Bruño.• RAYNER, C. Atlas del cuerpo y de la mente. Ediciones Folio.• ROS J. Comportamiento animal. Prensa Científica.• SLATER, P. El comportamiento animal. Cambridge University Press.• TAIZ, L. Fisiología vegetal. Universitat Jaume I.


30PROGRAMACIÓN• TAYLOR, B. Las migraciones de los animales. Ediciones SM.• THIBODEAU, G.A. e PATTON, K. T. Estructura y función del cuerpo humano. Elsevier.• WELLS, M. Animales inferiores. Ediciones. Guadarrama.Revistas• Muy interesante.• Mente y Cerebro.• Conocer.• Newton.• Investigación y Ciencia.• National Geographic.• Mundo científico.• Ciencia & Vida.• Alambique.Software• Gran enciclopedia del cuerpo humano. Discovery Channel.• Enciclopedia multimedia Encarta. Microsoft.• Enciclopedia universal Micronet DVD.InternetCentro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/2ESO/Funcseres/contenidos.htmOfrece unha gran variedade de recursos con actividades sobre as funcións dos seres vivos.Centro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://www.cnice.mec.es/pamc/pamc_2000/2000_cuerpo_humano_interactivo/Aplicación que realiza un percorrido polo esqueleto humano, os sentidos e o aparato excretor, ofrecendo ademais unbanco de actividades arredor destes contidos.ABCdatoshttp://www.abcdatos.com/tutoriales/tutorial/l8832.htmlTitorial La relación en plantas y animales, obtido a partir do CNICE do MEC.Educatecahttp://www.educateca.com/Interesante páxina que inclúe ligazóns a informes de diferentes recursos.IES La Rábida. Huelva. Lourdes Luengohttp://www.arrakis.es/~lluengo/endocrino.htmlPáxina elaborada pola profesora Lourdes Luengo do IES La Rábida que contén información sobre o sistema endócrinohumano.Natureza educativahttp://www.natureduca.com/anat_indice_funcrelac.php#inicioPáxina con información completa sobre as funcións de relación.


PROGRAMACIÓN31UNIDADE 3: As funcións de reproduciónObxectivosa) Comprender o significado de ciclo vital ou biolóxico dun ser vivo.b) Recoñecer as vantaxes e atrancos dos procesos de reprodución sexual e asexual.c) Describir as características e mais os tipos de reprodución asexual dos organismos unicelulares, as plantas eos animais.d) Describir as características da reprodución sexual das plantas.e) Diferenciar entre polinización e fecundación e valorar a función que desempeñan os insectos polinizadores.f) Observar os procesos que teñen lugar durante a xerminación dunha semente de xudía e analizar os cambios queexperimenta no transcurso do tempo.g) Describir como se leva a cabo a reprodución sexual nos animais, os tipos de fecundación e mais as clases dedesenvolvemento embrionario.h) Interpretar os esquemas e debuxos que poñen de manifesto as diferenzas anatómicas entre o corpo masculino eo femenino e explicar os procesos que teñen lugar durante a fecundación do óvulo polo espermatozoide.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Presentar interrogantes sobre o concepto de ciclo vital, as características e vantaxes da reprodución sexual, asfuncións que desempeñan as sementes e os froitos, e a reprodución dos seres humanos.• Estruturar o coñecemento sobre a estrutura dunha flor de anxiosperma e sobre os procesos implicados na reproduciónsexual dos animais.• Describir os principais conceptos tratados ao longo da unidade, tipos de reprodución, mecanismos e órganosimplicados, etcétera.Competencia matemática• Elaborar esquemas e debuxos para comprender os diversos tipos de reprodución asexual que se poden dar nosseres vivos.• Interpretar gráficas que permitan comprender o tipo de metamorfose que experimenta un insecto.• Confeccionar maquetas e debuxos a escala que permitan identificar os distintos compoñentes dos diferentes sistemasreprodutores de plantas e animais.Competencia no coñecemento e interacción co medio físico• Identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de comprender o conceptode ciclo biolóxico e as características e tipos de reprodución sexual e asexual.• Poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizar observacións directas ou indirectas de diversosmicroorganismos, animais e plantas, que nos permitan comprender procesos como o desenvolvemento embrionario,a polinización ou a xerminación dunha semente.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveisde complexidade.• Utilizar diversas páxinas web para obter información sobre as funcións de reprodución, e sitios onde descargaresquemas, gráficos e animacións dos diversos tipos de reprodución sexual e asexual.• Distinguir entre os distintos tipos de reprodución e aplicar estes coñecementos para representalos nun sistemade clasificación.Competencia social e cidadá• Valorar a importancia económica das plantas cultivadas para o ser humano.• Comprender o papel dos invertebrados no proceso de polinización e as consecuencias para a agricultura do usode insecticidas.• Concienciarse da importancia do coñecemento do ciclo vital dos seres vivos para dispoñer de información útil contradeterminadas enfermidades causadas por organismos patóxenos.Competencia cultural e artística• Utilizar os debuxos dos mecanismos e órganos de reprodución como fonte de enriquecemento e gozo para desenvolvera imaxinación e a creatividade ao percibir a diversidade destes procesos.Competencia para aprender a aprender• Comprender como os sistemas xerais de reprodución se adaptan ás condicións particulares do contorno. Para iso,os alumnos deben describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas e identificar semellanzas ediferenzas.


32PROGRAMACIÓN• Desenvolver habilidades para obter información sobre as funcións de reprodución e para transformala en coñecementopropio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previos e coa propia experienciapersoal.Autonomía e iniciativa persoal• Analizar os procesos de reprodución suxerindo un conxunto de interrogantes que estimulen a iniciativa persoal ea procura de información sobre eses procesos.• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado e o respecto por todas as formas de vida.ContidosCONCEPTOS• O sentido da reprodución.• A reprodución asexual: todos idénticos.• A reprodución sexual: semellantes pero non idénticos.• Reprodución asexual dos organismos unicelulares.• Reprodución asexual dos animais.• Reprodución asexual das plantas.• Reprodución sexual das anxiospermas: plantas con semente, flor e froito.• Reprodución sexual dos animais.• Reprodución sexual do ser humano.PROCEDEMENTOS• Manexo do microscopio e da lupa binocular para a observación dalgunhas etapas características do ciclo biolóxicodalgúns organismos microscópicos e das plantas espermafitas.• Utilización de modelos tridimensionais, murais e diapositivas que faciliten a comprensión dos tipos de reproduciónasexual das plantas e permitan situar correctamente a posición que ocupan os distintos órganos sexuais daflor das anxiospermas e as funcións que desempeñan.• Utilización de modelos anatómicos, murais e diapositivas que permitan situar correctamente a posición que ocupanos distintos órganos sexuais no corpo humano e nalgúns animais e que faciliten a comprensión dos tipos defecundación e de desenvolvemento embrionario.• Elaboración de hipóteses e deseño de experiencias que amosen as causas das sucesivas transformacións queteñen lugar durante a xerminación dunha semente de xudía.• Deseño de experiencias sinxelas de xerminación de bulbos, tubérculos, enxertos, gallos, etc., que faciliten a comprensióndas diferenzas que existen entre os procesos naturais de reprodución asexual das plantas e os procesosde multiplicación asexual inducidos polo ser humano.• Elaboración de hipóteses que permitan xustificar a íntima relación que existe entre as plantas con flores e odesenvolvemento dalgunhas formas de vida animal, como os insectos.• Análises de gráficas que permitan comprender o tipo de metamorfose que experimenta un insecto e a causa dassúas mudas periódicas.ACTITUDES• Toma de conciencia da importancia económica das plantas cultivadas, dos seus enxertos e gallos e dos seus froitose sementes como fonte de alimentos para os seres humanos e os animais.• Coidado e respecto por todas as formas de vida, tanto no medio natural como na aula.• Toma de conciencia da importancia que ten para a medicina o coñecemento dos ciclos biolóxicos dos organismosunicelulares patóxenos para encontrar remedios que deteñan a súa multiplicación.• Valoración da agricultura ecolóxica e da importancia dalgúns invertebrados presentes na natureza como axentespolinizadores.• Adquisición de comportamentos e hábitos que favorezan a resolución de problemas.• Desenvolvemento de actitudes solidarias e tolerantes e reflexión sobre determinados tópicos sexuais discriminatoriosno home ou na muller carentes de fundamento científico.Criterios de avaliacióna.1) Explica as características do ciclo vital ou biolóxico dun ser vivo.b.1) Describe e compara os procesos de reprodución sexual e asexual e analiza as vantaxes e atrancos de cada undos procesos.c.1) Realiza esquemas e debuxos que amosen os diferentes tipos de reprodución asexual en organismos unicelulares,en plantas e en animais.


PROGRAMACIÓN33c.2) Describe o proceso de reprodución mediante partenoxénese.d.1) Realiza esquemas e debuxos que amosen os elementos que compoñen a estrutura dunha flor de anxiospermae describe as funcións que realizan.d.2) Explica o ciclo biolóxico das plantas anxiospermas, valorando as vantaxes que supón a utilización do tubopolínico.d.3) Diferencia entre fecundación e polinización nas plantas espermafitas e explica a formación dos froitos e assementes, así como os seus mecanismos de dispersión.f.1) Explica os procesos que tenen lugar durante a xerminación dunha semente de xudía.g.1) Realiza esquemas e debuxos que amosen os procesos implicados na reprodución sexual dos animais.g.2) Diferencia entre procesos de desenvolvemento embrionario directo e indirecto.h.1) Compara as estruturas anatómicas masculinas e femininas do ser humano e explica o papel que desempeñanna reprodución.Orientacións metodolóxicasPara abordar o estudo da funcións de reprodución, convén lembrar os contidos impartidos o curso anterior (véxaseunidade 1 do libro de Ciencias da Natureza de 1º), para refrescar a memoria sobre algúns conceptos que volveremosempregar nesta unidade, como organismos unicelulares e pluricelulares, ciclo biolóxico, reproduciónsexual e asexual, gametos, desenvolvemento embrionario, etc., ademais dos contidos impartidos sobre animaisinvertebrados e vertebrados nas unidades 2 e 3, respectivamente, e sobre fungos, plantas e algas na unidade 4do mesmo libro.A actividade Compara o ciclo vital de dous seres vivos diferentes (páxina 52) mostra dous tipos de desenvolvementoembrionario, un directo (o do caracol) e outro indirecto (o dunha bolboreta) mediante unha metamorfosecompleta, que facilita a comprensión das etapas polas que atravesa sucesivamente un ser vivo.A actividade Compara a reprodución asexual dunha ameba coa reprodución sexual do ser humano (páxina55) ilustra os inconvenientes da reprodución sexual: a diferenza entre a sinxeleza e a rapidez do proceso de reproduciónasexual dun organismo unicelular, como a ameba, e a complexidade e lentitude do proceso de reproduciónsexual dos seres humanos.Pola contra, a actividade Pensa... (páxina 55) ilustra as vantaxes da reprodución sexual: é unha fonte de variación(de diferenzas entre descendentes e proxenitores, de diversidade entre individuos da mesma especie), polo querepresenta un avance evolutivo, xa que tales variacións ou diferenzas permiten ou facilitan a adaptación dos individuosdunha especie aos cambios do contorno e, polo tanto, a súa supervivencia. Na fotografía pódese apreciar queos caracois que posúen cores que lles permiten mimetizarse co fondo pasarán máis desapercibidos para os seusdepredadores naturais, pero non se distinguirán e poden ser pisados, mentres que os de cores máis claras resaltaránmáis e evitarán ser pisados, pero serán máis facilmente atacados polos seus depredadores naturais. Ambas ascaracterísticas, polo tanto, son beneficiosas ou prexudiciais en función das variacións do ambiente: presenza dedepredadores ou de paseantes.A actividade Compara como se reproducen asexualmente diferentes organismos unicelulares (páxina 56),xunto cos contidos e ilustracións das páxinas 57 e 58, establecen as analoxías e diferenzas entre distintos procedementosde reprodución asexual en organismos unicelulares, animais e plantas.A actividade Lazos... coa Medicina (páxina 56) mostra a importancia que ten o coñecemento do ciclo vital, é dicir,da forma en que se reproducen os organismos patóxenos, como o Plasmodium responsable da malaria (unha doenzaque se transmite pola picadura do mosquito Anopheles), para atopar un remedio que deteña a multiplicacióndeste e outros organismos nocivos para a saúde. A actividade Lazos coa Economía (páxina 58) pretende destacara importancia económica das plantas cultivadas para o ser humano, dos seus bulbos, rizomas, cormos, tubérculos,etcétera.Os contidos e ilustracións das páxinas 59 e 60 describen os elementos que compoñen a estrutura dunha flor deanxiosperma e as funcións que realizan, explican as vantaxes que supón a utilización do tubo polínico, a formacióndos froitos e as sementes, así como os seus mecanismos de dispersión, e os procesos que teñen lugar durantea xerminación. Neste sentido, débese poñer de manifesto a estreita relación existente entre algúns tipos deflores anxiospermas (as que posúen polinización entomógama) e algúns insectos, como as abellas, Esta íntimarelación entre insectos e plantas fainos pensar que a evolución das plantas, até a aparición das flores e a evolucióndos insectos polinizadores deberon producirse de maneira simultánea. Ademais, convén destacar o feito deque as plantas non poden moverse, pero si poden viaxar e colonizar novos territorios: fano mediante os seus froitose sementes.


34PROGRAMACIÓNOs contidos e ilustracións das páxinas 61-62, xunto coa actividade Compara o crecemento e desenvolvementode dous animais ovíparos: un con desenvolvemento indirecto e o outro con desenvolvemento directo(páxina 62) salientan que o proceso da reprodución sexual dos animais implica tres etapas sucesivas: formación dosgametos, fecundación (interna ou externa) e desenvolvemento embrionario (directo ou indirecto, e, neste últimocaso, mediante metamorfose completa ou incompleta, segundo o tipo de animal).A actividade Compara o sistema reprodutor feminino co masculino (páxina 63) seranos de grande axuda paraintroducir agora o concepto de reprodución humana (mediante calquera tipo de material de que se dispoña, dispositivas,modelos anatómicos, etc.) para establecer un debate que nos permita indagar e detectar moitas ideas erróneas,favorecidas pola presenza desoutro currículo oculto, que se adquiren nestas idades en que o pudor e a timidezpoden actuar como barreiras que impiden unha axeitada educación sexual.Por último, a actividade Observa e experimenta (páxina 65) pretende que os alumnos e alumnas elaboren hipótesese deseñen experiencias que permitan demostrar as causas das sucesivas transformacións que teñen lugardurante a xerminación dunha semente de feixón.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 51) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre diversos fenómenosrelacionados co concepto de ciclo vital, as características e vantaxes da reprodución sexual, as funcións que desempeñanas sementes e os froitos e a reprodución dos seres humanos, que suscitan un debate en que se debe estimularo desenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidadee espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións e de aceptare realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender as características do ciclo vital ou biolóxico dun ser vivo e os procesos dereprodución sexual e asexual, coñecer os elementos que compoñen a estrutura dunha flor de anxiosperma e asfuncións que realizan, diferenciar entre fecundación e polinización nas plantas espermafitas, explicar a formacióndos froitos e as sementes, así como os seus mecanismos de dispersión e comprender os procesos implicados nareprodución sexual dos animais; e organizar e autorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia.Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticas ao definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados,redactar respostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 64) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre as funcións dereprodución, que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribir textossinxelos en diferentes linguas e utilizar ditas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstranse destacados en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 64), pretenden estruturar o coñecemento dos nosos alumnos ealumnas sobre diversos fenómenos relacionados co estudo das funcións de reprodución, as vantaxes e inconvenientesda reprodución sexual e asexual, os diferentes tipos de reprodución asexual en organismos microscópicos,animais e plantas, os elementos que compoñen a estrutura dunha flor de anxiosperma e as funcións que realizan,as vantaxes da utilización do tubo polínico, a formación dos froitos e as sementes, así como os seus mecanismosde dispersión e os procesos que teñen lugar durante a xerminación, o proceso da reprodución sexual dosanimais e, en especial, do ser humano, e fomentar a habilidade para extraer a información esencial tras a lecturada Unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 69), xunto coa cuestión que se expónao final, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que tepoden axudar (páxina 69) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimularo pracer pola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral eescrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida que os elementos e razoamentos matemáticos básicos sonutilizados no estudo das funcións de reprodución para se afrontar e dar explicación a aquelas situacións que oprecisan:• Interpretación da realidade a partir da información dispoñible para interpretar gráficas que permitan comprendero tipo de metamorfose que experimenta un insecto e a causa das súas mudas periódicas.


PROGRAMACIÓN35• Representación de distintos modelos de desenvolvemento embrionario en animais mediante esquemas e frechasque indican o sentido e a dirección en que se suceden as etapas dos seus ciclos biolóxicos.• Representación e interpretación da realidade a partir da información dispoñible para a confección de maquetas edebuxos a escala que axuden a identificar os distintos compoñentes dos diferentes sistemas reprodutores enplantas e animais.• Aplicación de estratexias de resolución de problemas.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoAs actividades Compara o ciclo vital de dous seres vivos diferentes (páxina 52), Compara a reproduciónasexual dunha ameba coa reprodución sexual do ser humano (páxina 55), Pensa... (páxina 55), Pensa comose reproducen asexualmente diferentes organismos unicelulares (páxina 56), Compara o crecemento edesenvolvemento de dous animais ovíparos: un con desenvolvemento indirecto e o outro con desenvolvementodirecto (páxina 62), Compara o sistema reprodutor feminino co masculino (páxina 63), Observa eexperimenta (páxina 65) e Resolve o problema (páxina 67) permiten o desenvolvemento desta competencia, quefai posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de comprendero concepto de ciclo biolóxico e as características e os tipos de reprodución sexual e asexual en microorganismos,animais e plantas.O feito de coñecer as vantaxes e inconvenientes da reprodución sexual e asexual, comprender as diferenzas entreos distintos tipos de reprodución asexual en organismos microscópicos, animais e plantas, describir a morfoloxíae a función dos elementos que compoñen a estrutura dunha flor de anxiosperma e as funcións que realizan, diferenciarentre fecundación e polinización nas plantas espermafitas, explicar a formación dos froitos e as sementes,así como os seus mecanismos de dispersión, e comprender os procesos implicados na reprodución sexual dosanimais, implica a habilidade progresiva para poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizarobservacións directas e indirectas de diversos fenómenos microscópicos, formular preguntas; localizar, obter, analizare representar información cualitativa e cuantitativa sobre as causas que provocan as mudas do saltón, asdiferenzas entre os procesos de desenvolvemento embrionario directo e indirecto, os tipos de polinización, e realizarpredicións e inferencias sobre as distintas etapas polas que atravesa unha semente de feixón cando xermolaaté que se converte nunha planta adulta.A axeitada percepción do espazo físico onde se desenvolve a actividade humana, así como a habilidade para interactuarco espazo circundante, ponse de manifesto ao estudar na actividade A ciencia explícanos o mundo (páxina 69)e na actividade Ti decides (páxina 69) a importancia dalgúns invertebrados na natureza como axentes polinizadores.Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para o estudo dos procesos de reproduciónsexual e asexual en microorganismos, animais e plantas: seccións, detalles ampliados, vistas de fronte ou deperfil e modelos a escala esixen de destrezas de razoamento para analizar a información que proporcionan os debuxos,relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 68) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicación dosdiferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situacións econtextos.Analizar as etapas polas que transcorren diferentes ciclos biolóxicos, observar a variabilidade xenética das poboaciónse valorar a importancia adaptativa da reprodución sexual, e elaborar hipóteses que permitan xustificar a causadas mudas periódicas dun insecto, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa,na resolución de problemas reais e no traballo en situacións colaborativas.A actividade Lapis e rato (páxina 64) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre as funcións de reprodución,e os sitios onde se poden descargar esquemas, gráficos e animacións sobre os distintos tipos de reproduciónsexual e asexual de microorganismos, animais e plantas. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento dacompetencia dixital, estimulando o manexo de estratexias para identificar e resolver problemas de hardware e desoftware e aproveitar e analizar criticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáA actividade Lazos coa Medicina (páxina 56) mostra a importancia que ten o coñecemento do ciclo vital dos organismospatóxenos, como o Plasmodium responsable da malaria (unha doenza que se transmite pola picadura do mosquitoAnopheles), para atopar un remedio que deteña a multiplicación deste e outros organismos nocivos para asaúde. A actividade Lazos... coa Economía (páxina 58) pretende destacar a importancia económica das plantascultivadas para o ser humano.


36PROGRAMACIÓNA actividade A Ciencia explícanos mundo (páxina 69) fai referencia á importancia dalgúns invertebrados na naturezacomo axentes polinizadores. En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas até aquí, son parte destacompetencia básica as actitudes que pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 69), que trata de salientaro dano causado aos insectos polos axentes insecticidas e as vantaxes da agricultura ecolóxica.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que mostran os diferentes ciclos biolóxicos, os tipos de reprodución asexual, a estrutura e a funcióndos elementos dunha flor de anxiosperma, os tipos de polinización, os procesos de produción de gametos,fecundación e desenvolvemento embrionario dos animais e, en especial, do ser humano, contribúen ao desenvolvementodesta competencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo require poñer enfuncionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecerse con diferentes realidadesdo mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba... e Compara... tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa… (páxina 55), Observa e experimenta (páxina 65), Exercita a túa memoria (páxina66), Aplica o teu coñecemento (páxina 66) e Resolve o problema (páxina 67), permiten ser consciente doque se sabe e do que é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de suxerir preguntas, identificare manexar a diversidade de respostas posibles ante unha mesma situación ou problema empregando diversasestratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa informacióndispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 68) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións semellantese contextos diversos.Autonomía e iniciativa personalAs actividades Comproba..., Compara... e Observa e experimenta (páxina 65), permiten desenvolver a capacidadede elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos e de levar adiante as accións precisas para desenvolver asopcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificar elevar a cabo proxectos. Require, xa que logo, poder reelaborar as ideas previas ou elaborar outras novas, buscarsolucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 51) suxire no inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal de maneira que se encamiñe á procura de información. Permite ademais explorar as distintasopcións, de maneira que os alumnos e as alumnas poidan elixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Colección de murais e diapositivas sobre os procesos de reprodución sexual e asexual en plantas e animais quedescriban as principais etapas dos seus ciclos biolóxicos.• Colección de preparacións microscópicas sobre pole e emisión do tubo polínico, estrutura do carpelo e sacoembrionario en espermafitas, etcétera.• Modelo anatómico dunha flor de anxiosperma.• Recolección e observación dalgunhas flores características recolectadas na primavera.• Lupa, microscopio e material xeral de microscopía.• Un vaso de cristal, auga, algodón e catro ou cinco feixóns.Libros• ATTENBOROUGH, D. e col. El planeta vivo. Editorial Plaza & Janés-Tusquets-Museu de la Ciència.• ATTENBOROUGH, D. e col. La vida a prueba. Editorial Plaza & Janés-Tusquets-Museu de la Ciència.• AUDESIRK, T e AUDESIRK, G. Biología. Editorial Prentice Hall.


PROGRAMACIÓN37• BROWN, V. Manual del naturalista aficionado. Martínez Roca Ediciones.• BRYAN, J. El milagro de la vida. Editorial Beascoa.• BURNIE, D. Naturaleza en tus manos. Editorial Plaza & Janés-Tusquets-Museu de la Ciència.• CHINERY, M. Guía práctica ilustrada para los amantes de la Naturaleza. Editorial Blume.• COLVIN, L. e col. Enciclopedia de la Naturaleza. Susaeta Ediciones.• CURTIS, H eBARNES, S. Biología. Editorial Panamericana.• FERRÁNDIZ, S. e col. Atlas de Fisiología. Editorial Edibook.• HANN, J. Guía práctica ilustrada para los amantes de la ciencia. Editorial Blume.• HICKMAN, R. e LARSON. Zoología. Editorial McGraw-Hill-Interamericana.• MILLER, J. e col. El cuerpo humano. Editorial Montena.• MILLER, J. The Facts of Life. Editorial Viking Penguin.• MINELLI, G. Historia de la vida sobre la Tierra. T.1. De la célula al hombre. Ediciones SM.• MOREIRAS, J. Guía de iniciación á natureza. Editorial Galaxia.• PANINI, G. P. e col. ¿Qué es la vida? Ediciones Montena.• PARKER, S. Atlas visual del cuerpo humano. Editorial Bruño.• PARKER, S. Cómo funciona nuestro cuerpo. Editorial Plaza y Janés.• PARKER, S. El cuerpo humano. Ediciones Altea.• VARIOS. A natureza. A Nosa Terra.• VARIOS. El cuerpo humano. Editorial Beascoa.• VARIOS. El gran libro de consulta. Editorial El País-Altea.• VARIOS. El mundo de la ciencia. Ediciones Nauta.• VARIOS. Enciclopedia del mundo de los animales. Editorial Planeta.• VARIOS. Enciclopedia visual de los seres vivos. Ediciones El País-Altea.• VARIOS. La aventura de la vida. Ediciones Larousse.• VARIOS. L’evolution de la vie. Editorial Armand Colin.• VIVERO, XURXO DE. Eses nobrez cazadores. Edicións Xerais.Revistas mensuais• Natura.• Quercus.• Muy Interesante.• Investigación y Ciencia.• Alambique.• Enseñanza de las Ciencias.Software• El cuerpo humano. CD-ROM. Anaya interactiva.• Biología. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.• Ciencias Naturales. Enciclopedia temática. CD-ROM. Editorial Lafer.• Zoología. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.• Botánica. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.• http://w3.cnice.mec.es/recursos/pntic98/Ofrece diversos programas relacionados co corpo humano.• centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/cc_naturales/elcuerpohumano1.ppt.Excelente presentación en PowerPoint dos diferentes sistemas do corpo humano.Vídeos• Enciclopedia Británica Educacional: Serie Ciencias de la vida.• Centro de Publicacións do Ministerio de Educación e Ciencia: El aparato reproductor.• A enciclopedia sobre El cuerpo humano, editada polo Club Internacional do libro (varios autores), subminístrasecunha colección de vídeos dos diferentes sistemas corporais.• Consultar en Asociación Española de Cine e Imagen Científicos (programa de cine científico FECYT). Tel.: 915 646 912.• Pola grande abundancia e diversidade de títulos, é preciso contactar cos servicios de videoteca dos Centros deProfesores e de diferentes editoriais, como Enciclopedia Británica, Open University, Serveis de Cultura Popular,San Pablo, TVE, Ministerio de Educación, Comunidades Autónomas, UNED e coas diferentes cadeas de televisión(documentais sobre fauna, flora e natureza de Cousteau, Attenborough, Rodríguez de la Fuente, etc.).


38PROGRAMACIÓNAmbientais• Visitas a exposicións interactivas sobre a reprodución e o corpo humano que se levan a cabo en museos e casasda ciencia.• Solicitar a colaboración de expertos que poidan facilitar a comprensión dalgunhas cuestións relacionadas coasexualidade e coa adquisición de estratexias para a resolución de problemas.• Participación en actividades de formación específica que levan a cabo determinadas institucións (Caixas de aforros,concellos, comunidades autónomas, etc.) en forma de cursiños, conferencias e exposicións.Persoais• Mellorar o noso uso da linguaxe e esixirnos a nós e aos demais un comportamento cívico e afectivo co obxectivode favorecer o noso desenvolvemento persoal e emocional, e o de todos aqueles cos que nos relacionamos.• Desenvolver estratexias de razoamento indutivo e dedutivo que faciliten a resolución dos problemas.• Acudir a conferencias que contribúan a mellorar os coñecementos sobre a reprodución e a sexualidade.InternetProxecto Biosfera. CNICEhttp://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/2ESO/Funcseres/index.htmUnidade didáctica sobre as funcións dos seres vivos.Libros vivos. Edicións SMhttp://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1180Ofrece excelente información sobre a reprodución en animais e plantas. Pódese utilizar para encerado dixital.Universidade de Estremadurahttp://www.unex.es/botanica/presenta.htmWeb da Universidade de Estremadura sobre ciclos biolóxicos dos vexetais con animacións.Maseducativahttp://www.maseducativa.com/cgibin/busqueda.cgi?boolean=OR&case=Insensitive&terms=BlO01Ofrece unha extensa colección de ligazóns con outras páxinas web relacionadas coa botánica.Didáctica de Bioloxía Vexetalhttp://www.creaweb.fr/bv/Curso de bioloxía vexetal (en francés). Inclúe unha descrición dos vexetais, as súas células, tecidos e ciclos de reprodución,un estudo detallado dos seus principais grupos e un test de autoavaliación.Online Biology Bookhttp://gened.emc.maricopa.edu/bio/bio181/BIOBK/BioBookTOC.htmlCurso completo de Bioloxía on-line.Serviceviehttp://www.servicevie.com/02sante/Corps_humain/corpshumain.cfmPáxina en francés. Corpo humano virtual, dividido en órganos, aparatos e sistemas.Human Anatomy Onlinehttp://www.innerbody.com/htm/body.htmlEstudo interactivo da anatomía do corpo humano.Visible Embryohttp://visembryo.comWeb educativa sobre o desenvolvemento fetal do embrión. Un recurso de información sobre o desenvolvementohumano, o concepto do nacemento. Ofrece ilustracións detalladas do desenvolvemento do feto segundo a semanade xestación deste. A espiral representa as 40 semanas do embarazo.


PROGRAMACIÓN39UNIDADE 4: O tránsito de enerxía nos ecosistemasObxectivosa) Describir a estrutura e a función que desempeñan os compoñentes dun ecosistema e relacionar e comparar assúas características esenciais coas de calquera outro sistema natural ou artificial.b) Identificar os factores vivos (biocenose) e mais os non vivos (biotopo) que constitúen o contorno ou ambientedun organismo.c) Interpretar os diagramas que representan cadeas e redes tróficas sinxelas e comprender as relacións tróficas quese establecen nun ecosistema.d) Interpretar gráficas que permitan comprender a influencia dos factores abióticos no ecosistema e describir osconceptos de punto óptimo, marxe de tolerancia e factor limitante.e) Comprender a importancia dos organismos fotosintéticos como produtores do ecosistema e valorar a importanciados mecanismos de autorregulación que manteñen o equilibrio entre o número de produtores, consumidorese descompoñedores.f) Analizar criticamente e valorar as actitudes e os comportamentos individuais e colectivos que contribúen a protexero planeta en que vivimos e a reparar, aínda que sexa en parte, o dano que xa se cometeu.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Debater sobre as relacións que se establecen entre os seres vivos e entre estes e o contorno en que viven, estimulandoa capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia.• Describir os principais conceptos tratados ao longo da unidade: ecosistema, biotopo, biocenose, cadea trófica,etcétera.• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes tipos de ecosistemas e sobre a diversidade de relacións que se establecenentre os seres vivos.Competencia matemática• Representar as cadeas e redes tróficas mediante diagramas de frechas.• Analizar os datos dunha táboa e construír gráficas que permitan distinguir os chanzos dunha cadea trófica e a relacióndepredador-presa.• Interpretar gráficas que permitan deducir o punto óptimo, a marxe de tolerancia e os límites de tolerancia dun factorabiótico.• Representar o fluxo de enerxía dun ecosistema mediante gráficas e pirámides de fluxo de enerxía.Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico• Comprender as relacións que se establecen entre os seres vivos dun ecosistema, e a influencia dos factores bióticose abióticos.• Identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de adquirir criteriosque permitan comprender o funcionamento das cadeas tróficas e o fluxo de enerxía dos ecosistemas.• Adquirir técnicas de observación para determinar as interconexións entre as cadeas tróficas e o nivel trófico aoque pertence un organismo.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos de ecosistemas e cadeas tróficas, e sacar conclusións dosdistintos niveis de complexidade.• Usar páxinas web de onde se poidan descargar esquemas, gráficos e táboas sobre a estrutura e función dos ecosistemas.• Distinguir os diversos tipos de relación entre os seres vivos e aplicar estes coñecementos para representalosmediante esquemas sinxelos.Competencia social e cidadá• Concienciarse sobre as graves consecuencias que se derivan da alteración dun ecosistema cando, por exemplo,desaparece un dos seus niveis tróficos.• Coñecer as consecuencias para os ecosistemas da actividade humana, especialmente o fenómeno da bioacumulacióne amplificación biolóxica de substancias tóxicas.• Entender o concepto de biomasa, como fonte de enerxía renovable, que pode ser utilizada como combustible poloser humano.Competencia cultural e artística• Utilizar os debuxos como fonte de enriquecemento e gozo para desenvolver a imaxinación e a creatividade ao percibira diversidade e complexidade do noso contorno natural.


40PROGRAMACIÓN• Apreciar os diversos ecosistemas como parte substancial do patrimonio cultural de Galicia.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos teóricos xerais sobre os ecosistemas e as cadeas tróficas ás observacións realizadasno contorno onde se vive.• Suxerirse preguntas sobre o tipo de relacións existentes entre os seres vivos e sobre os fluxos de enerxía que seproducen nos ecosistemas.• Describir diversas observacións dos ecosistemas onde vivimos, e ordenalas, agrupalas, clasificalas, identificarsemellanzas e diferenzas, etcétera.Autonomía e iniciativa persoal• Analizar os coñecementos adquiridos na unidade, suxerindo interrogantes que estimulen a iniciativa persoal encamiñadaá observación do noso contorno e á procura de información.• Transformar as ideas en accións e propoñerse e planificar proxectos de estudo de diversos ecosistemas parafomentar o placer pola observación e a investigación.ContidosCONCEPTOS• Oikos: a casa. Un sitio para vivir.• As relacións: o ecosistema.• Quen come a quen?: as cadeas tróficas.• O fluxo de enerxía nos ecosistemas.• A reciclaxe da materia.• O equilibrio nos ecosistemas.PROCEDEMENTOS• Observación e representación das características dun sistema artificial e comparación coas dun ecosistemanatural.• Análise e identificación dos factores bióticos e abióticos que inflúen no ecosistema.• Interpretación de gráficas que permiten deducir o punto óptimo, a marxe de tolerancia e os límites de toleranciadun factor abiótico.• Identificación das relacións alimentarias que se establecen nun ecosistema e representación das cadeas e redestróficas mediante diagramas de frechas en murais e informes.• Representación do fluxo de enerxía dun ecosistema mediante gráficas e pirámides de fluxo de enerxía que facilitana comprensión dos fenómenos de bioacumulación e amplificación biolóxica.• Observación e identificación dalgúns organismos descompoñedores que participan na reciclaxe da materia.• Análise dos datos dunha táboa e construción de gráficas que permiten distinguir os elos dunha cadea trófica e arelación depredador-presa.ACTITUDES• Recoñecemento e valoración da función que cumpren os diferentes compoñentes do ecosistema e a súa contribuciónao seus equilibrio.• Sensibilización e toma de conciencia ante as accións que provocan a ruptura do equilibrio natural, a destrucióndos hábitats, o exterminio da fauna e a flora e a contaminación do planeta.• Coidado e respecto polo mantemento da diversidade de animais e plantas e do medio físico, como parte esencialda riqueza do contorno e da calidade de vida dos humanos.• Defensa do medio ante as actividades humanas responsables da súa contaminación e degradación e valoracióndos efectos que teñen para a saúde os contaminantes ambientais.• Valoración das actitudes e comportamentos ecoloxistas que contribúen a protexer o planeta en que vivimos e areparar, aínda que sexa en parte, o dano que xa se cometeu.Criterios de avaliacióna.1) Describe algúns factores abióticos que permiten establecer diferenzas entre uns biotopos e outros e coñece ascaracterísticas xerais dos distintos organismos que constitúen a comunidade ou biocenose.b.1) Diferencia entre o ambiente ou contorno dun organismo e o ecosistema ao que pertence.b.2) Distingue entre feitos, hipóteses e teorías; e suxire problemas sinxelos de interacción entre un factor abióticoe unha poboación de seres vivos de fácil manexo, mantendo algunhas variables controladas, co obxectivo decomprender o concepto de factor limitante, punto óptimo, marxe de tolerancia e límites de tolerancia.


PROGRAMACIÓN41c.1) Distingue os distintos niveis tróficos dun ecosistema, identifica algúns organismos pertencentes a cada un destesniveis e elabora e interpreta cadeas e redes tróficas en ecosistemas sinxelos, terrestres e acuáticos.c.2) Deseña e realiza experiencias e investigacións, recolle datos e analízaos, elabora gráficas e establece conclusiónssinxelas que se deriven delas e exponas de forma clara, que permita distinguir o nivel trófico ao que pertenceun organismo nun ecosistema.d.1) Describe o fluxo de enerxía e a reciclaxe da materia nun ecosistema e representa o fluxo de enerxía mediantepirámides de fluxo.d.2) Explica os conceptos de bioacumulación e amplificación biolóxica.e.1) Identifica algúns organismos descompoñedores que participan nos procesos de reciclaxe da materia e valora asúa importancia nos ecosistemas.e.2) Recoñece e valora as repercusións beneficiosas que ten a actividade dos fungos, os microorganismos e demaisorganismos descompoñedores sobre o ambiente.f.1) Elabora murais e informes sobre as actividades humanas que contribúen á perda de bosque e á mortandade deanimais en mares, ríos e lagos en cada rexión e valora a disposición á suxestión de interrogantes ante feitos efenómenos que ocorren arredor de nós.Orientacións metodolóxicasTalvez os nosos alumnos e alumnas non teñan demasiado clara a diferenza entre ser ecoloxista e ser ecólogo. Poderesultar un pouco decepcionante para eles comprobar que a ecoloxía, como ciencia que estuda os ecosistemas, presentaun grao de abstracción e unha dificultade de estudo considerables. Non esperan que estes temas conteñanfórmulas, diagramas, gráficos..., ademais dunha carga conceptual que, en ocasións, é difícil de precisar: hábitat, biótopo,nicho ecolóxico, pirámide de enerxía, ou de biomasa, produtividade, etc. Ademais, dende hai algún tempointroducíronse termos como medio, desenvolvemento sustentable, impacto ambiental, biodiversidade e outros comoconservación da natureza e ecoloxismo («conciencia verde»), que parecen opoñerse ao progreso, ao desenvolvementoe ao mantemento da calidade de vida.Para aclarar esta terminoloxía, na actividade Comproba a presenza dos elementos que compoñen o mediodun ser vivo co cal establece un conxunto de relacións (páxina 72) introdúcese o concepto de medio dunser vivo, tanto no que atinxe ao seu aspecto inanimado (biótopo) como no que atinxe ao conxunto de seres vivosque o rodean (biocenose), co obxectivo de crear unha base conceptual sobre a que asentar posteriormente os termosde ciencias ambientais, paisaxe e impacto ambiental e outros conceptos que aparecerán en cursos posteriores,como por exemplo biodiversidade e desenvolvemento sustentable, que requiren a cooperación dun conxuntode disciplinas, como a bioloxía, a xeoloxía, a física e química e tamén a socioloxía, a psicoloxía e a economía.Nesta unidade tentaremos harmonizar os dous sentidos ou acepcións que pode ter a ecoloxía. Na actividadeComproba a disposición dos elementos dun sistema de calefacción (páxina 74) trátase a ecoloxía comounha aplicación da Teoría de Sistemas, de xeito que se amosa como unha ciencia que estuda un tipo particularde sistema natural, o ecosistema, defínese polos elementos vivos e non vivos que compoñen a súa estrutura epola función que desempeñan estes elementos. Ademais, caracterízase pola presenza de mecanismos de autorregulaciónque manteñen o equilibrio entre o número de produtores, consumidores e descompoñedores. Estesconceptos vólvense tratar na actividade Compara a estrutura e o funcionamento de tres ecosistemas diferentes(páxina 75).A actividade Pensa... (páxina 76) pretende destacar a influencia e interdependencia dos factores bióticos no ecosistema,xa que todos os organismos viven xuntos e son imprescindibles. Nin as plantas nin os animais poden vivirindependentemente uns dos outros, e tampouco poden vivir independentes dos fungos, das bacterias e doutrosmicroorganismos. No ecosistema, as vidas dos organismos dependen da interconexión cos demais seres vivos queforman a comunidade ou biocenose e co espazo físico en que viven, é dicir, o biótopo. Todos dependemos de todo ede todos, de xeito que, se se modifica algunha das súas compoñentes, provócase a alteración de todas as demais.Por esta razón, estase iniciando a cría en catividade da tartaruga boba, unha gran depredadora de medusas, co finde devolvelas ao mar Mediterráneo e así contribuír ao control das poboacións de medusas cuxa proliferación converteunasen verdadeiras pragas.De todas as relacións que poden xurdir nun ecosistema (competencia, simbioses, etc.), destácanse as relacións tróficasou alimentarias, que se representan mediante diagramas de frechas, nas cadeas e redes tróficas, e diagramaspiramidais, tal como se indica nos debuxos das páxinas 78 e 79. Os diagramas que amosan as pirámides de fluxo deenerxía permiten comprender a lei do 10 % que explica o decrecemento da biomasa acumulada e, polo tanto, a enerxía,cando pasamos dun nivel trófico ao seguinte e tamén facilita a comprensión dos fenómenos de bioacumulacióne amplificación biolóxica.


42PROGRAMACIÓNNa actividade Comproba onde van parar as biomoléculas e os bioelementos que compoñen as célulasdos organismos cando morren (páxina 82) salienta o papel desempeñado polos organismos descompoñedorescomo elementos básicos da reciclaxe da materia e establécese a comparación entre o fluxo unidireccional da enerxíaque procede do Sol, absórbese na fotosíntese e consómese pola respiración durante o transcurso da vida, e osciclos que experimentan os bioelementos que compoñen os nutrientes que, ao ser recursos limitados, deben reciclarseunha e outra vez.A actividade Observa e experimenta (páxina 85) achéganos un pouco máis á complexidade que supón o estudodos ecosistemas. Proponse un problema que suscite a formulación de hipóteses que tenten explicar que as interconexiónsentre as cadeas tróficas son, polo xeral, tan complexas, que debemos pensar máis nun organismo determinadocomo parte dunha rede trófica, que como un chanzo illado pertencente a unha cadea linear. O problema dasmaruxiñas e dos pulgóns pon de manifesto que nun ecosistema existen mecanismos de autorregulación que manteñeno equilibrio entre o número de produtores, consumidores e descompoñedores. Aínda que o número de individuosde cada poboación flutúa entre un máximo e un mínimo, o termo medio pódese considerar un valor constante.Na actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 89) fálase das bacterias como un grupo de organismos queten unha influencia maior que a dos seres humanos canto á capacidade de modificación do medio.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 71) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre diversos fenómenosrelacionados coa dinámica dos ecosistemas, como a actividade dos recicladores, a autorregulación dos ecosistemas,as relacións depredador-presa ou o fenómeno de bioacumulación dun tóxico ambiental, que suscitan un debate enque se debe estimular o desenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintasá propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emociónse de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender a realidade do tránsito da enerxía nos ecosistemas, e organizar e autorregularo coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticasao definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactar respostas breves, clasificar como verdadeiroou falso, etcétera.A actividade de Lapis e rato (páxina 84) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre a dinámica dosecosistemas que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribir textossinxelos en diferentes linguas e a utilizar ditas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstrase en recadros e, xunto coa actividade Resumee ordena as túas ideas (páxina 84), pretenden estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnas sobrediversos fenómenos relacionados co estudo da estrutura e función do ecosistema, a natureza do biótopo e da biocenose,as relacións que se dan entre os distintos tipos de factores bióticos e abióticos, as cadeas e redes tróficas,o fluxo unidireccional da enerxía e a reciclaxe da materia, e fomentar neles a habilidade para extraer a informaciónesencial tras a lectura da unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 89), xunto coa cuestión que se expón aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que te podenaxudar (páxina 89) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida que os elementos e razoamentos matemáticos básicos sonutilizados no estudo dos ecosistemas para se afrontar e dar explicación a aquelas situacións que o precisan:• Análise e identificación dos factores bióticos e abióticos que inflúen no ecosistema.• Interpretación de gráficas que permiten deducir o punto óptimo, a marxe de tolerancia e os límites de toleranciadun factor abiótico.• Identificación das relacións alimentarias que se establecen nun ecosistema e representación das cadeas e redestróficas mediante diagramas de frechas.• Representación do fluxo de enerxía dun ecosistema mediante gráficas e pirámides de fluxo de enerxía


PROGRAMACIÓN43• Análise dos datos dunha táboa e construción de gráficas que permiten distinguir elos dunha cadea trófica e a relacióndepredador-presa.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoAs actividades Observa e experimenta (páxina 85) e Resolve o problema (páxina 87) permiten o desenvolvementodesta competencia, que fai posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas enprobas, coa finalidade de comprender que a enerxía flúe nos ecosistemas unidireccionalmente: procede do Sol,almacénase en forma de enerxía química pola fotosíntese e é «consumida» por todos os niveis tróficos do ecosistema;mentres que non ocorre o mesmo coa achega de materia, que se debe reciclar unha e outra vez porque osbioelementos a partir dos cales se nutren os diferentes compoñentes do ecosistema son recursos limitados epódense esgotar.O feito de coñecer que o ecosistema é un conxunto de seres vivos (biocenose) e non vivos (biótopo) que se relacionanentre si de formas diversas intercambiando materia e enerxía, que presenta unha determinada estrutura e función,que todos os elementos do ecosistema dependemos das plantas e, en último termo, do Sol, que o tecido quedá vida ao ecosistema é a rede trófica, implica a habilidade progresiva para poñer en práctica os procesos de indagacióncientífica: realizar observacións directas e indirectas de diversos fenómenos ecolóxicos; formular preguntas;localizar, obter, analizar e representar información cualitativa e cuantitativa sobre as cadeas e redes tróficas, os factoresabióticos limitantes, o punto óptimo de cada factor, as marxes de tolerancia, e as pirámides de fluxo de enerxíae realizar predicións e inferencias sobre as relacións depredador-presa e as súas consecuencias nos mecanismosde autorregulación nos ecosistemas.A axeitada percepción do espazo físico en que se desenvolve a actividade humana, así como a habilidade para interactuarco espazo circundante, ponse de manifesto ao estudar os fenómenos de bioacumulación e amplificación biolóxicadalgúns tóxicos ambientais e tratar de resaltar as graves consecuencias destes velenos nos niveis tróficossuperiores da cadea trófica e no ecosistema en xeral.Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para a comprensión da estrutura e funcióndo ecosistema: seccións, detalles ampliados, vistas de fronte ou de perfil e modelos a escala esixen de destrezasde razoamento para analizar a información que proporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facer deduciónsdos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 88) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicación dosdiferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situacións econtextos.Observar os factores bióticos e abióticos dun ecosistema, a disposición das diferentes cadeas nas redes tróficas, ofluxo de enerxía e a reciclaxe da materia, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante ecomplexa, na resolución de problemas reais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 84) inclúe as direccións de determinadas páxinas web sobre a transferencia daenerxía nos ecosistemas e os sitios onde se poden descargar esquemas, gráficos e táboas sobre a estrutura e a funcióndos ecosistemas. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento da competencia dixital, estimulando omanexo de estratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software e aproveitar e analizar criticamentea información proporcionada.Competencia social e cidadáA actividade Pensa... (páxina 76) pon de manifesto o xeito de se organizaren os individuos en familias. A actividadeEnerxía da biomasa (páxina 80) pretende resaltar a importancia do aforro enerxético e a procura de novas fontesde enerxía renovables. Os gráficos sobre bioacumulación e amplificación biolóxica da páxina 81 e as actividadesResolve o problema (páxina 87) tratan de resaltar as graves consecuencias e os conflitos creados nos ecosistemase no contorno polas actividades humanas e pola súa particular forma de intervención na biosfera, especialmentea problemática xerada pola bioacumulación e amplificación biolóxica de substancias tóxicas como o DDT, o dieldrín(un parente do DDT) e metais pesados como o mercurio.En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica as actitudesque pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 89) para evitar a contaminación dos ecosistemas.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que amosan a estrutura e a función dos ecosistemas, as interaccións entre os factores bióticos eabióticos, a disposición das diferentes cadeas nas redes tróficas, o fluxo de enerxía e a reciclaxe da materia, con-


44PROGRAMACIÓNtribúen ao desenvolvemento desta competencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozorequire poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecerse con diferentesrealidades do mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba... e Compara... tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan aos alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas,clasificalas, identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa (páxina 76), Observa e experimenta (páxina 85), Exercita a túa memoria, Aplica oteu coñecemento (páxina 86) e Resolve o problema (páxina 87) permiten ser consciente do que se sabe e do queé necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas, identificar e manexar adiversidade de respostas posibles diante dunha mesma situación ou problema utilizando diversas estratexias emetodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa información dispoñible.Onde está a mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 88) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións semellantese contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalAs actividades Comproba..., Compara... e Observa e experimenta (páxina 85) permiten desenvolver a capacidadede elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver asopcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificar elevar a cabo proxectos. Require, polo tanto, poder reelaborar as formulacións previas ou elaborar novas ideas, buscarsolucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 71) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de xeito que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Microscopio, lupa binocular e material xeral de microscopía.• Caderno de campo e materiais necesarios para a observación e estudo dos animais, as plantas, os fungos e osmicroorganismos do solo (prismáticos, cámara fotográfica, etc.).• Coleccións de diapositivas e murais da fauna e flora típicas dos diferentes ecosistemas.• Papel cuadriculado, lapis e regra para construír gráficas.• Táboas de datos sobre poboacións de maruxiñas e pulgóns.Libros• ATTENBOROUGH, D. e col. Planeta vivo. Editorial Plaza y Janés-Tusquets-Museu de la Ciència.• AYENSU, V. V. e col. Los ritmos de la vida. Editorial debate.• BRITISH MUSEUM (Natural History). Las cadenas naturales. Ediciones Akal.• BRITISH MUSEUM (Natural History). La naturaleza trabaja. Ediciones Akal.• BURGER, B. Hogar sin química. Editorial Integral.• BURNIE, D. Naturaleza en tus manos. Editorial Plaza y Janés-Tusquets-Museu de la Ciència.• CARMEN, L. Investigando el bosque. Editorial Teide.• CHINERY. Guía ilustrada para los amantes de la naturaleza. Editorial Blume.• COLVIN, L. e col. Enciclopedia de la Naturaleza. Susaeta Ediciones.• DORDA, J. e col. Cuaderno de campo. Guía para observar la naturaleza en la Península Ibérica. Editado por Cruz RojaEspañola.• GARCÍA, M. A. Atlas de Ecología. Editorial Edibook.• HARE, T. Enciclopedia de ecología. Ediciones SM.• HARE, T. Mundos Naturales. Editorial Blume.• JAVNA J. 50 cosas que los niños pueden hacer para salvar la Tierra. Emecé• LOVELOCK, J. Gaia. Una ciencia para curar el planeta. Editorial Integral.• LINCOLN, R. J. e col. Diccionario de ecología, evolución y taxonomía. Editorial Fondo de Cultura Económica.• MORGAN, S. Ecología y medio ambiente. Editorial Debate.• PARKER, S. Dime cómo funciona la Naturaleza. Editorial Larousse.• RICO, M. Educación ambiental. Editorial Cincel.


PROGRAMACIÓN45• SCOTT, M. Ecología. Editorial Edebé.• SEIDENBERG, S. Ecología y conservación de la Naturaleza. Ediciones Altea.• STIDWORTHY, J. Aprende a ser un buen ecólogo. Parramón Ediciones.• VARIOS. Cómo funciona la Naturaleza. Editorial Debate.• VARIOS. Elementos básicos para Educación ambiental. Editado por el Ayuntamiento de Madrid.Revistas mensuais• Natura.• Quercus.• Muy Interesante.• Investigación y Ciencia.• Alambique.• Enseñanza de las Ciencias.Software• Ciencias Naturales. Enciclopedia temática. CD-ROM. Editorial Lafer.• Zoología. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.• Botánica. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.Vídeos• Animales al límite. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC. El País.• Animales en el campo de batalla: el lobo. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC. El País.• Visión salvaje. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC. El País.• Instinto depredador: armas mortíferas. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC. El País.• Leopardos al acecho. National Geographic.• Consultar en Asociación Española de Cine e Imagen Científicos (programa de cine científico FECYT).Tel.: 915 646 912.• Pola grande abundancia e diversidade de títulos, é preciso contactar cos servizos de videoteca dos Centros deProfesores e de diferentes editoriais, como Enciclopedia Británica, Open University, Serveis de Cultura Popular,San Pablo, TVE, Ministerio de Educación, Comunidades Autónomas, UNED e coas diferentes cadeas de televisión(documentais sobre fauna, flora e natureza de Cousteau, Attenborough, Rodríguez de la Fuente, etc.).Ambientais• Visitas a museos, zoolóxicos, xardíns botánicos e casas da Ciencia.• Excursións, saídas ao campo ou aos parques da cidade e observación de animais, plantas, fungos e organismosdo solo.Persoais• Observación dos costumes alimentarios dalgúns pequenos animais que viven nos xardíns e preto das nosas vivendas,as súas migracións periódicas, os hábitats onde viven, as súas formas de aniñar, etcétera.• Aproveitar as vacacións para viaxar a rexións onde existan Parques Naturais e ecosistemas de interese especialpola riqueza e variedade da súa fauna e flora (humidais, lagoas, rexións costeiras, etc.)• Aprender o uso da cámara fotográfica e da cámara de vídeo e confeccionar un álbum de fotografías e unha videotecacos animais, as plantas e os fungos máis característicos da rexión.• Contactar con asociacións ecoloxistas e de defensa da Natureza (Greenpeace, ADENA, CODA, SEO, Adega,Verdegaia, etc.).InternetCentro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://www.cnice.mec.esPáxina web do MEC onde se ofrecen diversos recursos para as Ciencias da Natureza. Para esta unidade destacandous proxectos:– Proxecto «Explorando o Medio Ambiente Europeo». Esta web pretende servir de orientación a profesores e estudantesde centros educativos de Ensino Primario e Secundario de toda Europa para desenvolver actividades prácticase leccións teóricas que melloren o coñecemento dos problemas que afectan ao medio.– Proxecto «Environnment on line», páxina con información e actividades sobre temas ambientais que serve de guíaa estudantes e profesores de Educación Primaria e Secundaria para as discusións de clase.


46 PROGRAMACIÓNAsociación española de Ecoloxía Terrestrehttp://www.aeet.org/Contén excelentes artigos da revista Ecosistemas.Centro nacional de información e comunicación educativahttp://recursos.cnice.mec.es/biosfera/profesor/2eso/1.htmUnidade didáctica interactiva do proxecto Biosfera.Escola Superior de Enxeñeiros da Universidade de Navarrahttp://www1.ceit.es/Asignaturas/Ecologia/Hipertexto/04Ecosis/100Ecosis.htm#Funcionamiento%20del%20ecosistemaCapítulo Ecosistemas do libro electrónico Ciencias de la Tierra y del Medio Ambiente.Universidad de California. Museo de Paleontoloxíahttp://www.ucmp.berkeley.edu/Ofrece un glosario sobre os termos ecolóxicos máis empregados.Environnment Canadahttp://www.ec.gc.ca/fenvhome.htmlEste sitio proporciona información sobre os cambios climáticos, a contaminación do aire, da auga, dos ecosistemas,etc. Inclúe programas gobernamentais de Canadá para a prevención da polución.Online Biology Bookhttp://gened.emc.maricopa.edu/bio/bio181/BIOBK/BioBookcommecosys.htmlCurso de ecoloxía que inclúe un conxunto de definicións previas, estudo da estrutura e funcionamento dun ecosistema,clasificación das biocenoses (tipos de biomas terrestres e acuáticos), equilibrio, sucesións, etc.Ecojobhttp://www.ulg.ac.be/cifen/inforef/swi/ecojob.htmEcojob é un programa didáctico en francés que permite abordar de maneira interactiva o estudo dos principais mecanismosecolóxicos: relacións inter e intraespecíficas, fenómenos de sucesión vexetal, relacións depredador-presa,relacións parasito-hospedador, factores bióticos e abióticos dun ecosistema, a acción humana sobre o medio natural,técnicas de ecoloxía de campo, loita biolóxica, etcétera.


PROGRAMACIÓN47UNIDADE 5: Ecosistemas acuáticosObxectivosa) Coñecer a distribución e as características dos principais ecosistemas acuáticos.b) Relacionar cada ecosistema acuático coas características físicas das zonas sobre as que se asentan.c) Identificar os organismos vivos que habitan en cada ecosistema acuático.d) Relacionar algunhas características dos seres vivos coas condicións físicas en que viven.e) Coñecer a distribución da flora e a fauna dos distintos ecosistemas acuáticos.f) Valorar criticamente as consecuencias das alteracións dos ecosistemas acuáticos, tales como a perda da biodiversidade,a contaminación, a erosión, a eutrofización das augas, etcétera.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Interpretar e comprender a realidade da enorme diversidade do mundo acuático e da gran variedade de flora efauna que alberga.• Estruturar o coñecemento sobre a distribución e características dos principais ecosistemas acuáticos.• Debater sobre a relación existente entre as características dos seres vivos e as condicións físicas en que viven.Competencia no coñecemento e interacción co medio físico• Percibir o espazo físico en que se desenvolve a vida acuática e a actividade humana, tanto a grande escala comono contorno inmediato.• Reflexionar sobre a importancia dos recursos naturais que o ser humano obtén a partir dos ríos, mares e océanos.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos dos ecosistemas mariños para comprender as súas característicase coñecer os organismos vivos que os habitan.• Usar determinadas páxinas web dedicadas a ecosistemas mariños, especialmente espaxos protexidos.Competencia social e cidadá• Tomar conciencia da importancia da conservación dos ecosistemas acuáticos para o desenvolvemento sustentabledo planeta.• Valorar os perigos que supon a perda de biodiversidade en ríos e mares, a contaminación das augas, a erosión,etcétera.• Reflexionar sobre a importancia económica dos ecosistemas mariños, tanto polos recursos minerais e alimenticiosque proporcionan como polo seu papel na industria do turismo.Competencia cultural e artística• Utilizar os esquemas e debuxos dos ecosistemas acuáticos para desenvolver a creatividade e para gozar apreciandoa súa enorme diversidade.• Apreciar e gozar analizando a relación entre as características dos seres vivos coas condicións físicas en queviven.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos xerais sobre os ecosistemas ás especiais características do mundo acuático.• Facerse preguntas sobre as relacións existentes entre os diversos seres vivos dun ecosistema acuático.• Analizar o que sabemos sobre o mundo marino e o que é necesario aprender.Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co respecto polo medio, a defensa da biodiversidade, a loita contraa contaminación dos ríos e os mares, etcétera.• Análise crítica da importancia económica dos mares e océanos para o desenvolvemento futuro da especiehumana.• Presentar interrogantes co obxecto de estimular a iniciativa personal e a procura de información sobre a enormebiodiversidade do mundo acuático.ContidosCONCEPTOS• O medio acuático.• As rexións polares.• O océano Atlántico.• O mar Mediterráneo.


48PROGRAMACIÓN• O río.• Os humidais.• Os humidais do noso contorno.PROCEDEMENTOS• Identificación das principais características físicas dos ecosistemas acuáticos.• Establecemento das relacións entre algúns habitantes dos ecosistemas acuáticos e as súas característicasfísicas.• Recoñecemento da situación e os valores naturais dalgúns dos humidais do noso contorno.• Identificación das alteracións sufridas polos ecosistemas acuáticos e a súa relación con distintas actividadeshumanas.• Consulta de páxinas web e selección de información relacionada coa localización, a flora e a fauna de diferentesecosistemas acuáticos, tanto a nivel mundial como a nivel español.• Elaboración de murais e informes que amosen as principais características dos distintos ecosistemas acuáticos.• Tratamento e análise da información.• Elaboración e interpretación de gráficos e diagramas.• Comprobación de hipóteses.• Exposición de resultados.ACTITUDES• Curiosidade cara ao estudo da diversidade paisaxística do noso país.• Valoración da perda de biodiversidade acuática.• Sensibilización pola defensa do medio.• Actitude crítica e reflexiva ante as actividades humanas que provocan a desaparición da flora e a fauna dos ecosistemasacuáticos.• Interese por realizar os traballos con orde e limpeza.• Desenvolvemento de hábitos de respecto pola natureza.• Valoración da orde no traballo de laboratorio.• Disposición a traballar con rigor científico.• Desenvolver o interese pola ciencia como forma de coñecer o medio que nos rodea.Criterios de avaliacióna.1) Identifica as características máis importantes dos principais ecosistemas acuáticos.a.2) Distribúe os principais ecosistemas acuáticos ao longo da xeografía mundial.b.1) Relaciona as características dos distintos ecosistemas acuáticos coas condicións físicas sobre as que seasentan.c.1) Identifica os distintos seres vivos que habitan en cada ecosistema acuático.d.1) Relaciona as características propias dos distintos seres vivos coas condicións físicas dos ecosistemas acuáticosque habitan.e.1) Distribúe a flora e a fauna dos ecosistemas acuáticos.e.2) Coñece os principais humidais do noso contorno.f.1) Recoñece as alteracións que sufriron os ecosistemas acuáticos como consecuencia da acción humana.f.2) Valora criticamente as consecuencias dalgunha acción humana sobre os ecosistemas acuáticos.Orientacións metodolóxicasNesta unidade abránguense os distintos ecosistemas acuáticos que podemos estudar no noso planeta, a Terra. Asprimeiras cuestións suxeridas no epígrafe Mira… (páxina 91) pretenden situar o alumnado na súa realidade máispróxima, pedíndolles que, cos coñecementos que posúen até o momento, opinen sobre a existencia de vida no continenteantártico; que recoñezan algúns seres vivos, como a leituga de mar; que indiquen o lugar onde viven algúnsorganismos, como as lontras; ou que descubran a existencia de grandes humidais onde as aves migratorias atopanun punto de descanso nas súas longas viaxes.Na descrición dos distintos ecosistemas acuáticos trátase de manter unha estrutura uniforme, describindo asprincipais características físicas dos biotopos que os sustentan e distribuíndo a flora e a fauna que constitúen asúa biocenose.No bloque-diagrama da páxina 92 represéntanse as diferentes rexións que podemos atopar nos océanos, cuxa distribuciónvai depender da súa proximidade á costa así como da súa profundidade. Debemos recalcar aos alumnos e


PROGRAMACIÓN49alumnas que en cada unha delas existen unhas propiedades físicas distintas e, por iso, uns animais e vexetais característicos.A actividade Compara o ecosistema ártico co ecosistema antártico (páxina 93) trata de poñer de manifestoas semellanzas e as diferenzas que existen entre o ecosistema ártico e o ecosistema antártico tanto na súa localizacióncomo nas especies animais e vexetais que neles habitan.A actividade Sobrevivir no frío (páxina 93) chama a atención sobre as adaptacións que moitos animais posúen parasobrevivir no seu contorno. Neste caso, os animais polares. Moitos deles mantéñense quentes grazas ao pelo e ásplumas que serven para reter ao seu redor burbullas de aire e actuar igual ca un illante. Algúns son grandes, arredondados,cunha grosa capa de graxa baixo a pel que fai que se conserven quentes e teñen orellas pequenas paragardar a calor.A actividade Lazos coa Economía (páxina 94) serve de base para o debate sobre a importancia económica dos océanos,como o Atlántico, pero tendo en conta a importancia de conservar a biodiversidade e que todos os seres vivoscumprimos unha función no equilibrio dos ecosistemas. Debemos facer fincapé en que a principal ameaza da biodiversidademariña é a destrución dos hábitats naturais, o comercio de moitas especies, a sobreexplotación de especiespesqueiras e a contaminación.O apartado Observa e experimenta (páxina 107) pretende explicar aos alumnos e alumnas que ademais de identificaras aves acuáticas estudando o seu tamaño, as súas cores, o seu comportamento, o seu canto ou o seu voo,existen outras características identificatorias, sobre todo de lonxe ou a contraluz, como é a súa forma.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaPola súa importancia para o progreso da aprendizaxe, esta competencia trabállase de forma continua ao longo detoda a unidade, mediante os seguintes aspectos:A actividade Mira… (páxina 91) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que suscitan un debateen que se debe estimular o desenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintasá propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas eemocións, e de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade que poñen en xogo destrezas lingüísticas: definir termos, redactar respostas breves e clasificarcomo verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 106) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre oceanografía,bioloxía mariña, temas de contaminación mariña, lagoas e humidais galegos que permiten comprender e utilizardiferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribir textos sinxelos en diferentes linguas e utilizar ditas linguasen contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade amósase destacada en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 106), pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre o medio acuático, os tipos de ecosistemas acuáticos mariños e de auga doce e fomentar neles a habilidadepara extraer a información esencial tras a lectura da Unidade.A propia exposición dos conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á ecoloxía acuáticae no rigor das definicións.O traballo sobre textos científicos ao cabo da unidade na actividade A ciencia explícanos o mundo (páxina 111)está enfocado en gran medida a desenvolver a comprensión lectora.A bibliografía que se amosa en Libros que te poden axudar (páxina 111) é unha mostra de libros de divulgaciónda Ciencia para mozos que pretende estimular o pracer pola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocenlendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoEstreitamente vinculada ás ciencias. Desta maneira, podemos destacar desta competencia a axeitada percepción doespazo físico en que se desenvolven a vida e mais a actividade humana, tanto a grande escala como no contornoinmediato.Do mesmo xeito, coa sección Lazos con… (páxina 94), dedicada nesta unidade á economía, preténdese traballar oemprego responsable dos recursos naturais e a protección da saúde individual e colectiva. Son parte desta compe-


50PROGRAMACIÓNtencia básica o saber considerar que a extracción de petróleo, gas natural, minerais de ferro, titanio e circón, asícomo os recursos pesqueiros son unha necesidade para as sociedades industrializadas ante a crecente demanda dematerias primas, pero hai que ter en conta o forte impacto ambiental e, en ocasións, a forte contaminación do medioque ocasiona a utilización dos combustibles fósiles.Tratamiento da información e competencia dixitalTamén moi relacionada coa actividade científica, nesta unidade trabállase de forma aplicada na sección A cienciaexplícanos o mundo (páxina 111), onde os alumnos e alumnas deben buscar información utilizando as fontes dispoñiblese, por outro, na organización de datos para responder ás cuestións expostas. As actividades Recoñécelo?e Que falta? requiren do dominio de linguaxes específicas básicas (textual, numérica, icónica, visual e gráfica) edas súas pautas de decodificación e transferencia, así como da aplicación dos diferentes tipos de información, assúas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situacións e contextos.A competencia dixital é, por outra parte, o obxecto do epígrafe Lapis e rato (páxina 106), co que se pretende queaprendan a utilizar, racionalmente e de modo eficiente, as ferramentas multimedia que ofrece internet.Competencia social e cidadáNesta unidade desenvólvese fundamentalmente mediante a toma de conciencia de que cada un é responsable dassúas propias accións e de que a conservación da Natureza depende de todos. Entre as habilidades desta competenciatamén salienta a actitude crítica e rigor intelectual, respectando a realidade dos datos e das observacións, aíndaque contradigan as hipóteses propias. Reflexión crítica sobre as alteracións sufridas polos ecosistemas e do papelprimordial do ser humano dentro e sobre os ecosistemas. Valoración do respecto e defensa do medio. Valoración críticadas mensaxes publicitarias relacionadas co consumo. Reflexión sobre a práctica de actividades de lecer na natureza.Valoración da importancia do medio para unha industria como o turismo. Toma de conciencia da necesidade depreservar as paraxes naturais. Reflexión sobre os hábitos persoais de emprego do tempo libre na natureza. A actividadeTi decides (páxina 111), encamiñada a evitar a contaminación do mar, pretende desenvolver a concienciasobre os valores da contorna e mostrar un sentimento de cidadanía global.Competencia cultural e artísticaEsta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais eartísticas. Incorpora o coñecemento básico dos principais recursos das diferentes linguaxes artísticas, así como dasobras máis relevantes do patrimonio nacional. O conxunto de destrezas que configuran esta competencia fan referenciaá habilidade para apreciar e gozar co estudo e observación dos ecosistemas acuáticos. As ilustracións quemostran os diferentes ecosistemas acuáticos que podemos atopar no noso planeta contribúen á adquisición destacompetencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo, require poñer en funcionamento ainiciativa, a imaxinación e a creatividade, ao percibir e enriquecerse con diferentes realidades do mundo da arte eda cultura.Así mesmo, require poñer en funcionamento as actitudes de rexeitamento polas prácticas coleccionistas daquelesanimais e vexetais que poidan ocasionar un grave expolio de Patrimonio Natural tanto da propia comunidade, comodoutras comunidades. Debemos fomentar a defensa do Patrimonio Natural que pertence a todos os cidadáns.Competencia para aprender a aprenderOs conceptos tratados nesta unidade trabállanse especificamente mediante actividades de diversos tipos:• Compara o ecosistema ártico co ecosistema antártico (páxina 93) trata de adaptar os principios xerais áscondicións particulares do seu contorno e capacitar os alumnos e alumnas para novas observacións, ordenalas,agrupalas, clasificalas, identificar semellanzas e diferenzas, etcétera.• As actividades Observa e experimenta (páxina 107), Exercita a túa memoria, Aplica o teu coñecemento(páxina 108) e Resolve o problema (páxina 109) permiten ser consciente do que se sabe e do que é necesarioaprender.• As actividades Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 110) sonactividades que desenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e,moi en especial, para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información coscoñecementos previos e coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidadesen situacións parecidas e contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalÁ adquisición desta competencia –transformar as ideas en accións– contribúe en gran medida a actividade Observae experimenta (páxina 107) que permite desenvolver a capacidade de elixir con criterio propio, de imaxinar proxec-


PROGRAMACIÓN51tos e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans persoais. Require, por tanto, poderreelaborar as exposicións previas e elaborar novas ideas, procurar solucións e levalas á práctica. A organización,programación e realización de saídas á costa, á ribeira dun río, un lago, unhas marismas ou unha charca próxima álocalidade do alumnado poden contribuír, de igual maneira, a desenvolver esta capacidade.A actividade Mira… (páxina 91) suxire no inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á procura de información. Permite explorar as distintas opcións, de maneira que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Materiais necesarios para a observación e o estudo dos animais, as plantas, as algas, os fungos e o plancto:caderno de campo, prismáticos, cámara de fotos, lapis, pinturas de cores…• Colección de diapositivas e murais da flora e a fauna típicas dos diferentes ecosistemas acuáticos.Libros• AMMANN, K. La vida en las aguas dulces. Editorial Teide.• ATTENBOROUGH, D. e col. Planeta vivo. Editorial Plaza y Janés-Turquets-Museu de la Ciencia.• BAUCHOT, M. L. e col. Guía de los peces de mar de España y de Europa. Ediciones Omega.• CASADO, S. e col. Guía de los lagos y humedales de España. J. M. Reyero Editor.• CORBERA, J. e col. Peces de mar de la península Ibérica. Editorial Planeta.• CHINERY. Guía práctica ilustrada para los amantes de la naturaleza. Editorial Blume.• DURRELL, G. e col. La guía del naturalista. Editorial Blume.• GANERI, A. Atlas visual de los océanos. Ed. Bruño.• GARCÍA, D. e col. Ríos y riberas. Enciclopedia de la naturaleza española. Editorial Debate-Círculo de lectores.• HUTCHINSON, S e col. Océanos. Libros cúpula.• LÓPEZ, J. El río: sistema biológico. Guía didáctica para escolares. Editado por el Principado de Asturias.• NEEDHAM, J. e col. Guía para el estudio de los seres vivos de las aguas dulces. Editorial Reverté.• PARKER, S. El río y la laguna. Ediciones Altea.• VARIOS. Atlas el País. El País-Aguilar.• VARIOS. El libro de la Naturaleza. Editado pola Junta de Castilla y León.Revistas mensuais• Muy interesante.• Ecología.• Conocer.• Newton.• Investigación y ciencia.• National Geographic.• Natura.• Quercus.Software• Botánica. Enciclopedia temática. CD-ROM Interactic. Editorial Argos Vergara.• Ciencias naturales. Enciclopedia temática. CD-ROM. Editorial Lafer.Vídeos• Serie: Ciencias de la Tierra. Enciclopedia Británica Educacional.• El mar. DVD 6. DidaVisión. Didaco.• Dada a grande abundancia de títulos, contactar cos servizos de videoteca dos CFIEs e as diferentes cadeas detelevisión (documentais sobre fauna, flora, e natureza de Cousteau, Attenborough, Rodríguez de la Fuente, etc.)InternetRede de Parques Nacionaishttp://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/Páxina do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño en que se pode atopar a historia, conservación,biodiversidade, guías e visitas virtuais da Rede de Parque Nacionais.


52PROGRAMACIÓNFauna Ibérica. Ministerio de Ciencia e Innovaciónhttp://www.fauna-iberica.mnc.csic.es/Nesta páxina pódese atopar información sobre distintas especies da fauna española.Maseducativahttp://www.maseducativa.com./cgi-bin/busqueda.cgiEsta páxina ofrece ligazóns con outras en que se pode atopar información sobre diversos temas, como fotografíasde animais, animais en extinción, árbores de España, plantas, etcétera.


PROGRAMACIÓN53UNIDADE 6: Ecosistemas terrestres: biomasObxectivosa) Comprender a importancia dos principais factores xeográficos e climáticos, na distribución dos seres vivos naTerra e coñecer os principais biomas terrestres, como conxuntos de ecosistemas que albergan a flora e fauna doplaneta, así como as súas características ambientais.b) Elaborar informes claros, precisos e coa terminoloxía científica axeitada nos que se expoñan as conclusións obtidasnos diferentes estudos realizados.c) Valorar a utilidade do traballo en grupo na resolución de problemas tales como a conservación e protección dosecosistemas terrestres.d) Recoñecer a importancia de protexer os ecosistemas terrestres e os biomas, para contribuír á propia supervivenciada especie humana e á dos demais seres vivos.e) Valorar o estado de conservación dos ecosistemas terrestres e biomas, e as consecuencias que ten para o medioe para os seres humanos a súa destrución e a perda de biodiversidade.f) Desenvolver unha actitude crítica e comprometida para contribuír á solución dalgúns problemas ocasionadospolo desenvolvemento científico e tecnolóxico e a degradación e o deterioro dos ecosistemas terrestres.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes tipos de ecosistemas e biomas terrestres, as súas características eas súas principais diferenzas.• Propoñer interrogantes sobre a variedade de ecosistemas que susciten un debate que desenvolva a capacidadede ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico.Competencia matemática• Interpretar as gráficas e os datos relativos ao clima nos diversos ecosistemas.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar a diversidade de ecosistemas existentes na Península Ibérica e en Galicia.• Comprender as características que identifican e diferencian os ecosistemas e biomas terrestres.• Identificar preguntas e obter conclusións baseadas en probas, co obxectivo de comprender as características dosseres vivos presentes en cada ecosistema.• Concienciarse sobre a variedade de ecosistemas e sobre a utilidade para o ser humano de conservar esta biodiversidade.Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar determinadas páxinas web para obter información sobre os diversos espazos naturais protexidos existentesna Península Ibérica e no resto do mundo.• Comprender, a través das ilustracións da unidade, as diferenzas entre os diversos ecosistemas e biomas terrestres,analizando a información que proporcionan os debuxos.Competencia social e cidadá• Valorar a diversidade de ecosistemas como parte esencial da riqueza do contorno e da calidade de vida da especiehumana.• Concienciar contra o deterioro e a contaminación de todos os ecosistemas, salientando o concepto de cidadaníaglobal.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar cos diversos ecosistemas, valorando que tamén constitúen parte do patrimonio cultural dunharexión ou país.• Utilizar as ilustracións como fonte de enriquecemento e gozo para desenvolver a imaxinación e a creatividade aopercibir diversos contornos naturais.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos xerais sobre os ecosistemas ás características particulares do contorno onde se vive.• Suxerirse preguntas sobre os diversos ecosistemas e analizar as observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, etc.


54PROGRAMACIÓNAutonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado e o respecto de todas as formas de vida e do mantementodo medio físico e dos seres vivos como parte esencial do contorno.• Presentar interrogantes que pretenden estimular a iniciativa personal, encamiñada á procura de información, desenvolvendoa capacidade de elixir con criterio propio.ContidosCONCEPTOS• Biomas e zonas bioclimáticas. A ecosfera. A distribución dos principais biomas.• A tundra e a taiga.• As pradarías e a sabana.• O deserto.• A laurisilva.• O bosque mediterráneo. A devesa.• O bosque caducifolio. A carballeira. O faial.• O bosque de coníferas.• A pluvisilva.• Ecosistemas do noso contorno: hábitats urbanos.• Espazos naturais protexidosPROCEDEMENTOS• Elaboración e interpretación de gráficos que conteñan datos das accións sobre o medio e das causas que provocaronesas accións.• Identificación das principais características físicas dos ecosistemas terrestres e biomas.• Establecemento das relacións entre algúns habitantes dos ecosistemas terrestres e biomas e as súas característicasfísicas.• Descrición das características dos diferentes ecosistemas terrestres peninsulares.• Recoñecemento das características que diferencian os habitantes dos distintos ecosistemas terrestres e biomas.• Identificación das alteracións sufridas polos ecosistemas terrestres e biomas e a súa relación con distintas actividadeshumanas.• Elaboración de conclusións e comunicación dos resultados mediante a redacción de informes, exposicións orais,elaboración de murais, etcétera.ACTITUDES• Toma de conciencia da importancia dos ecosistemas e biomas e rexeitamento das actividades humanas que provocana súa contaminación e o seu deterioro.• Valoración da perda de biodiversidade e análise crítica das actividades humanas que ocasionan a desaparición deespecies da flora e da fauna dos ecosistemas.• Valoración crítica das vantaxes e atrancos que o desenvolvemento científico e tecnolóxico ten sobre o medio e osecosistemas terrestres.• Apreciación da importancia do desenvolvemento sustentable e análise crítica das accións correctoras e das técnicasalternativas que permitean extraer e utilizar recursos sen danar o medio.Criterios de avaliacióna.1) Identifica as características máis importantes dos principais ecosistemas e biomas terrestres.a.2) Relaciona as características dos distintos ecosistemas e biomas terrestres coas condicións físicas das zonassobre as que se asenta.a.3) Identifica os distintos seres vivos que habitan cada ecosistema e bioma terrestre e determina algunhas especiesen perigo de extinción que sexan moi representativas.a.4) Relaciona as características propias dos distintos seres vivos coas condicións físicas dos ecosistemas quehabitan.a.5) Describe a distribución da flora nos seus diferentes estratos (arbóreo, arbustivo e herbáceo) nos diferentes ecosistemase biomas terrestres.b.1) Utiliza conceptos científicos básicos que permitan comprender as relacións que existen entre os seres humanose o seu contorno.b.2) Desenvolve estratexias que permitan observar e descubrir situacións, clasifica a información e ademais planificaactividades.


PROGRAMACIÓN55c.1) Recoñece algunhas alteracións importantes que sufriron os ecosistemas e biomas terrestres como consecuenciada acción humana e valora a importancia dos exemplos de desenvolvemento sustentable nalgúns ecosistemasterrestres como a devesa.d.1) Elabora murais e informes que reflictan a influencia das actividades humanas sobre o equilibrio dos ecosistemasterrestres.e.1) Valora criticamente as consecuencias da acción humana sobre os ecosistemas.f.1) Recolle datos para estudar os problemas da desertización e a perda de biodiversidade e explica a necesidadede establecer espazos protexidos para a conservación de determinados ecosistemas.Orientacións metodolóxicasAo analizar os distintos ecosistemas e biomas, téntase manter unha estrutura uniforme describindo as principaiscaracterísticas físicas dos biotopos que os sustentan e distribuíndo a flora e a fauna que constitúen a súa biocenose.Tamén se describen algunhas modificacións que sufriron como consecuencia da acción humana e resáltase anecesidade de establecer un modelo de desenvolvemento sustentable e de manter a biodiversidade.Na actividade Mira… (páxina 113), que inicia o desenvolvemento da Unidade, trátase de coñecer as ideas previasque os alumnos teñen respecto a determinados ecosistemas e ao tipo de flora e fauna que neles se pode atopar,mesmo no seu contorno máis próximo como o ecosistema cidade.Coa actividade Comproba que a devesa é un exemplo de desenvolvemento sostible (páxina 119), preténdeseque coñezan a importancia do modelo de desenvolvemento sustentable e a súa viabilidade, tomando como exemploa devesa, para que vexan a necesidade de optar polo modelo de desenvolvemento sustentable como única formade acadar un equilibrio entre desenvolvemento económico e protección e conservación do medio.Na actividade Compara o clima… (páxina 121), amósanse dúas características climáticas, que determinan a existenciade dous grandes e importantes tipos de ecosistemas terrestres, o bosque mediterráneo e o bosque de zonastépedas, como a carballeira.Na páxina 123, amósase a distribución dunha especie vexetal de grande importancia e que require unha especialprotección, o pinsapo. Na seguinte páxina, amósase un problema análogo, o da supervivencia dalgúns grupos deindíxenas das selvas tropicais, vítimas en moitas ocasións do egoísmo e da sobreexplotación destes espazosnaturais tan importantes.A actividade Compara algunhas características dos grandes primates da pluvisilva (páxina 124), taménamosa o problema de supervivencia das tres especies de primates máis próximas ao home na evolución: gorila, orangutáne chimpancé. Todo iso dentro do contexto da necesidade de conservación da pluvisilva, como bioma en granmedida que regula o funcionamento da biosfera ou ecosfera.Ao estudar os ecosistemas do noso contorno, como as cidades, (páxinas 126 e 127), podemos observar flora e faunaespecífica, que aínda que implantada de forma moi artificial, como é o caso das plantas, permítenos realizar algunhasactividades fóra da aula.Noméanse os espazos naturais protexidos, os parques naturais, reservas da biosfera e zonas ramsar (páxinas 128 e129), como importantes exemplos do patrimonio natural dun país, que é necesario protexer e conservar, para as xeraciónspresentes e especialmente para as xeracións futuras. A conservación da natureza expón a necesidade de elaborarleis que protexan o medio. Desde esta perspectiva, amósanse aquí algúns espazos naturais representantes dediferentes figuras de protección, coas que se pretende levar a cabo unha eficaz protección da natureza.A actividade Observa e experimenta (páxina 131) ten como obxectivo que os alumnos utilicen certas técnicas paradiferenciar algunhas especies animais polas súas características; neste caso trátase de especies moi representativasdalgúns ecosistemas ibéricos.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaPola súa importancia para o progreso da aprendizaxe, esta competencia trabállase de forma continua ao longo de todaa unidade, mediante os seguintes aspectos: a propia exposición dos conceptos, con especial énfase no manexo correctoda terminoloxía, a lectura e a análise dos Compara, Comproba e Pensa, e as Actividades en que se poñen enxogo destrezas lingüísticas, definir, completar, redactar, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Mira... (páxina 113) suxire ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que deben estimular odesenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia, con sensibilida-


56PROGRAMACIÓNde e espírito crítico; de expresar adecuadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións e de aceptar erealizar críticas con espírito construtivo.As actividades de final de páxina e as actividades do final da unidade inclúen gran variedade de cuestiónsque estimulan as habilidades para representarse mentalmente, interpretar e comprender a diversidade de ecosistemasterrestres e biomas, e organizar e autorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmotempo, desenvólvense destrezas lingüísticas a definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactarrespostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade de Lapis e rato (páxina 130) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre ecosistemasterrestres e biomas, que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribirtextos sinxelos en diferentes linguas e a utilizar esas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade amósanse destacados en cadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 130), pretenden estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre os ecosistemas terrestres e fomentar neles a habilidade para extraer a información esencial tras a lectura daunidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 135), xunto coa descrición que se expónao final, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que te podenaxudar (páxina 135) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaNesta unidade trabállase a partir da interpretación de gráficas e mediante o manexo e análise de datos, que sonnecesarios para cuantificar a intensidade dos impactos ambientais que as actividades humanas orixinan nos diferenteselementos do medio.Na actividade Compara... (páxina 121) compárase o clima das zonas de bosque mediterráneo coas zonas de bosquetépedo, como a carballeira.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físicoToda a unidade, a partir do título, está impregnada desta competencia. Mediante o seu desenvolvemento resultaposible identificar preguntas e obter conclusións, coa finalidade de comprender e tomar decisións sobre os ecosistemasterrestres e biomas. Pódese dicir que todos os contidos e actividades da unidade desenvolven esta competencia.As actividades Compara (páxinas 121 e 124), Comproba (páxina 119), Observa e experimenta (páxina131) eResolve o problema (páxina 133) permiten o desenvolvemento desta competencia, xa que se fan preguntas ou problemase obtéñense conclusións baseadas en probas, coa finalidade de identificar e analizar algunhas característicasdos ecosistemas terrestres e biomas.En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica as actitudesque pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 135) para a sensibilización dos alumnos, sobre a necesidadede protexer e conservar as selvas tropicais.Tratamento da información e competencia dixitalÉ unha competencia moi relacionada coa actividade científica. Na unidade trátase, por un lado, na organización e otratamento de datos como nalgunhas actividades, Compara e Comproba, e, doutra banda, mediante o uso dasnovas tecnoloxías da información como Internet.A ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para a comprensión da actividadehumana no medio: seccións, mapas e ilustración de procesos, que requiren destrezas de razoamento para analizara información que proporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveis decomplexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 134) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.A actividade Lapis e rato (páxina 130) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web de información ambientalonde se describen espazos naturais protexidos e as súas características. Esta actividade está dirixida ao desen-


PROGRAMACIÓN57volvemento da competencia dixital, estimulando o manexo de estratexias para identificar e resolver problemas dehardware e de software e aproveitar e analizar criticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáEsta unidade ten unha dimensión social moi importante porque unha gran parte dos seus contidos son actitudinais,aínda que, como é evidente, tratados dende a perspectiva ambiental. Por iso, tamén toda a unidade está impregnadadesta competencia. A descrición de cada un dos ecosistemas e biomas, pretende sensibilizar os alumnos sobrea importancia destes espazos e a necesidade de protexelos e a responsabilidade que temos os cidadáns, á marxedas autoridades a quen corresponden as grandes decisións.A actividade Ti decides (páxina 135), pretende desenvolver a conciencia sobre os valores do contorno, non tan próximo,como é o caso da selva tropical e amosar un sentimento de cidadanía global.Competencia cultural e artísticaAínda que no patrimonio cultural e artístico xeralmente se engloban monumentos históricos, pontes ou pinturas eesculturas, o desenvolvemento desta unidade pretende que os alumnos comprendan que a comprensión e o coñecementodos ecosistemas terrestres e biomas, tamén debe formar parte do patrimonio cultural dunha rexión ou unpaís.Competencia para aprender a aprenderOs conceptos desta unidade están directamente conectados con esta competencia. Mediante os Pensa, Comparae Comproba, desenvólvense as capacidades de reflexión e de relación.As actividades Comproba que a devesa é un exemplo de desenvolvemento sustentable, onde se respectao medio (páxina 119) e Compara algunhas características dos grandes primates da pluvisilva (páxina124), capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas, identificarsemellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Observa e experimenta (páxina 131), Exercita a túa memoria, (páxina 132), Aplica o teucoñecemento (páxina 132) e Resolve o problema (páxina 133), permiten ser conscientes do que se sabe e doque é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas, identificar e manexara diversidade de respostas posibles diante dunha mesma situación ou problema, utilizando diversas estratexiase metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa información dispoñible.Onde está a mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 134) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalÁ adquisición desta competencia contribúe co traballo de buscar información e relacionar os datos dispoñibles sobrealgúns problemas ambientais.As actividades Compara e Comproba permiten desenvolver a capacidade de elixir con criterio propio e de levaradiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas enaccións, é dicir, propoñerse obxectivos e planificar e levar a cabo proxectos. Require, polo tanto, poder reelaborar asformulacións previas ou elaborar novas ideas, buscar solucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 113) expón, ao inicio da unidade, un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de xeito que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosLibros• ATTENBOROUGH, D. e col. El planeta vivo. Plaza & Janés. Barcelona.• BARTOLOMÉ, J. e VEGA, I. Naturaleza en España. WWF/Adena, Debate-Círculo de Lectores.


58PROGRAMACIÓN• BLANCO, E. e col. Los bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Editorial Planeta.• BLAS ARITIO, L. Guía de los parques nacionales españoles. Incafo.• BRITISH MUSEUM (Natural History). La naturaleza trabaja. Editorial Akal.• BRITISH MUSEUM (Natural History). Las cadenas naturales. Editorial Akal.• DOMÍNGUEZ, L. M. Guía de la fauna callejera. Rubes Editorial, S. L.• HARE, T. Enciclopedia de la Ecología I. Ediciones SM.• HARE, T. e GORDON, J. Enciclopedia de la Ecología II. Ediciones SM.• HARE, T. La destrucción de los hábitats. Ediciones SM.• HEINRICH D. e HERGT, M. Atlas de ecología. Alianza Editorial.• JOHNSON, H. El bosque. Editorial Blume.• LUCHT, I. El año en el bosque. Editorial Blume.• MAYOL, J. e col. Islas. Enciclopedia de la naturaleza de España. Editorial Debate-Círculo de lectores.• PALOMERO, G. e col. El bosque atlántico. Enciclopedia de la naturaleza de España. Editorial Debate-Círculo de lectores.• PARRA, F. Monte mediterráneo. Enciclopedia de la naturaleza de España. Editorial Debate-Círculo de lectores.• RODRIGUEZ DE LA FUENTE, F. Enciclopedia de la fauna Ibérica y Europea. Editorial Salvat.• RODRIGUEZ, J. L. Parques Nacionales de España. Editorial Everest.• SMIT, R.L. e SMIT, T. M. Ecología. Pearson Educación.• SERRANO, J. e col. Canarias. Enciclopedia de la naturaleza de España. Editorial Debate-Círculo de lectores.• VARIOS. Atlas El País. Editado por El País-Aguilar.• VARIOS. Busca los animales de tu ciudad. Susaeta Ediciones.• VARIOS. El libro de la Naturaleza. Editado pola Junta de Castilla y León.Revistas mensuais• Investigación y Ciencia.• Muy Interesante.• National Geografic.• Natura.• Quercus.Vídeos• Dada a grande abundancia de títulos, é aconsellable contactar cos servizos de viodeoteca de diferentes centros einstitucións e coas diferentes canles de televisión.Ambientais• Excursións a diferentes ecosistemas terrestres e espazos protexidos.• Observación e realización de actividades en parques e xardíns do contorno do centro.• Utilización das cámaras fotográficas e videográficas para elaborar reportaxes de ambos tipos sobre a fauna e aflora características de distintas zonas.• Observación das paraxes máis próximas e da influencia dos seres humanos sobre elas.• Contactar con asociacións ecoloxistas e de defensa da natureza (ADEGA, VERDE-GAIA, ADENA, CODA, SEO, etc.).InternetMinisterio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariñohttp://www.mma.esPáxina do Ministerio de Medio Ambiente, onde se pode atopar información ambiental sobre espazos protexidos,estratexias de desenvolvemento sustentable, etcétera.Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC)http://www.fauna-iberica.mnc.csic.es/Nesta páxina pódese atopar información sobre distintas especies da fauna española.Ministerio de Educación e Cienciahttp://www.cnice.mec.es/profesores/asignaturas/É unha páxina do Ministerio de Educación, sobre recursos para diferentes materias. Entre elas están as relacionadascos aspectos ambientais.


PROGRAMACIÓN59UNIDAD 6: Ecosistemas terrestres: biomasConsellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiciahttp://medioambiente.xunta.esA páxina da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia contén moita informaciónsobre os temas ambientais. Parte desta información é de tipo xeral e pode ser útil para os alumnos. En calqueracaso, as Consellerías de Medio Ambiente das diferentes Comunidades Autónomas teñen a súa páxina web e conexemplos de gran calidade; polo que recomendamos a súa visita.


60PROGRAMACIÓNUNIDADE 7: A Terra en acción: a enerxía interna do planetaObxectivosa) Comprender que a superficie da Terra non é unha entidade estática e que non forma unha capa continua, senónque se atopa fragmentada en anacos, chamados placas litosféricas.b) Comprender e utilizar correctamente os símbolos utilizados para describir procesos xeolóxicos e interpretar e elaborarmapas e ilustracións científicas (ampliacións, detalles, representacións simbólicas, etc.) que permitanconstruír modelos, comparar e contrastar.c) Establecer relacións causa-efecto entre a manifestación dalgúns fenómenos xeolóxicos, como a expansión dosfondos oceánicos, a deriva dos continentes, a sismicidade, o vulcanismo e a formación de montañas e a causaque os provoca, que é o movemento das placas litosféricas.d) Distinguir entre as forzas internas creadoras do relevo, cuxo motor é a calor interna da Terra e as forzas externaserosivas, cuxo motor é o Sol; e que a loita entre ambos tipos de forzas dá lugar ao relieve e á modelaxe dapaisaxe.e) Comprender que os volcáns e os terremotos son as manifestacións máis evidentes da liberación paroxística daenerxía interna da Terra e valorar as normas para predicir, prever e corrixir os riscos derivados destes fenómenosxeolóxicos.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Suxerir interrogantes sobre a estrutura da Terra, a causa dos terremotos e a orixe das montañas e volcáns.• Describir os principais conceptos tratados ao longo da unidade.• Debater sobre os fenómenos xeolóxicos relacionados coa dinámica interna da Terra e a tectónica de placas.Competencia matemática• Confeccionar debuxos para comprender a estrutura interna da Terra e interpretar mapas que representen as diversasplacas litosfericas e a súa influencia na aparición de fenómenos xeolóxicos.• Elaborar esquemas e debuxos que representen pregamentos e fallas.• Resolver problemas relacionados coa magnitude e intensidade dos terremotos.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar preguntas e obter conclusións baseadas en probas co obxectivo de comprender a orixe de terremotose volcáns.• Propoñer e contrastar hipóteses sobre o proceso de formación das montañas.• Comprender a dinámica interna da Terra e os seus efectos sobre a superficie terrestre.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveisde complexidade.• Utilizar diversas páxinas web para obter información sobre a tectónica de placas, vulcanismo, terremotos, etcétera.Competencia social e cidadá• Concienciarse dos perigos dos terremotos e volcáns e sobre as medidas de predición, prevención e corrección.• Coñecer a importancia das medidas de autoprotección para minimizar os danos causados polos fenómenos ecolóxicose o labor social realizado por Protección Civil.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar coas ilustracións da dinámica interna da Terra.• Utilizar as imaxes como fonte de enriquecemento e gozo, para poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinacióne a creatividade, ao percibir e enriquecerse con diversos fenómenos da natureza.Competencia para aprender a aprender• Suxerir preguntas sobre a orixe das montañas e sobre as diversas causas dos terremotos e volcáns.• Tratar de adaptar os principios e teorías xerais aos fenómenos particulares do contorno.• Describir diversas observacións xeolóxicas, ordenalas agrupalas, clasificalas, identificar semellanzas e diferenzas,etcétera.Autonomía e iniciativa persoal• Analizar os fenómenos xeolóxicos suxerindo un conxunto de interrogantes que estimulen a iniciativa persoal enca-


PROGRAMACIÓN61minada á procura de información.• Transformar as ideas en accións, e propoñerse e planificar proxectos de estudo dos fenómenos xeolóxicos.ContidosCONCEPTOS• Estrutura en capas da Terra.• Tectónica de placas: consecuencias do movemento das placas.• Volcáns: o lume interno.• Seísmos: cando a Terra treme.• Montañas e cordais: o teito do mundo.• O relevo da superficie terrestre.PROCEDEMENTOS• Deseño de experiencias sinxelas que permitan construír modelos para explicar a existencia de correntes de convecciónno interior da Terra.• Interpretación e elaboración de mapas que permitan comprender a existencia de placas litosféricas, a deriva doscontinentes e relacionar a distribución de volcáns e terremotos cos bordos das placas litosféricas.• Interpretación de mapas e esquemas das áreas de distribución do rego sísmico e volcánico nas diferentesComunidades Autónomas.• Comparación dos efectos das distintas ondas sísmicas e comprobación dalgunhas medidas de autoprotección quese deben adoptar fronte a un terremoto.• Interpretación de esquemas e debuxos que representan pregamentos e fallas.• Análise de gráficas e utilización de nomogramas para o cálculo da magnitude e da intensidade dun seísmo.ACTITUDES• Valoración das normativas legais sobre predición, prevención e corrección de riscos sísmicos e volcánicos que pretendenminimizar os efectos devastadores destas catástrofes.• Recoñecemento e valoración da eficacia do traballo en grupo para a resolución de problemas e desenvolvementodo sentido crítico e da rigorosidade intelectual, respectando a realidade dos datos e observacións, aínda que contradiganas hipóteses propias.• Coñecemento e valoración das repercusións sociais e históricas que tiveron determinadas concepcións non científicassobre algúns fenómenos xeolóxicos.• Recoñecemento e valoración do traballo dos científicos vulcanólogos que investigan o comportamento dos volcáns,ás veces con risco para as súas vidas.Criterios de avaliacióna.1) Explica a distribución en capas dos materiais rochosos do interior da Terra.b.1) Describe as causas dos movementos horizontais das placas litosféricas.b.2) Identifica nun mapa cales son as principais placas litosféricas e os seus bordos.c.1) Relaciona os bordos das placas coa distribución dos volcáns, os terremotos, as fosas abisais e algúns cordaisde montañas.d.1) Describe as características dun volcán e as principais clases de erupcións volcánicas.d.2) Describe os tipos de ondas sísmicas, os seus efectos e os métodos de medición da magnitude e a intensidadesísmica.e.1) Coñece os métodos de predición, prevención e corrección dos riscos sísmicos e volcánicos.e.2) Explica o proceso de formación das montañas e indica cales son os ambientes onde ten lugar este proceso.e.3) Coñece as principais unidades xeolóxicas e paisaxísticas de España.e.4) Explica as principais características do relevo dos continentes e dos fondos oceánicos.Orientacións metodolóxicasA idea fundamental desta unidade é o estudo das forzas internas da Terra, creadoras de relevo, cuxo motor é a enerxíaou calor interna, responsable do movemento das placas litosféricas. Como consecuencia deste movemento, fórmanseas montañas, xorden volcáns e terremotos, expándense os océanos e os continentes viaxan á deriva. En contraposiciónactúan as forzas externas erosivas, cuxo motor é o Sol, que de maneira constante destrúen o relevo. Aconsecuencia desta interacción é a paisaxe, que cambia co tempo.


62PROGRAMACIÓNA actividade Comproba onde se localízan os volcáns e terremotos (páxina 138) pretende ilustrar mediante undebuxo que a litosfera non forma unha capa continua senón que se atopa fragmentada en placas litosféricas, queaboian no manto, e están limitadas porlos bordos de placa. A actividade Compara as correntes de convecciónxeradas nun líquido quente coas correntes de convección do interior da Terra (páxina 139) facilita a comprensióndun fenómeno xeolóxico, como as correntes de convección que se establecen entre a poboación e o manto quentese a litosfera fría, mediante a observación dun modelo sinxelo das correntes de convección que se forman ao quentarauga nun recipiente en cuxa superficie aboian unhas pedriñas de xeo.Para ilustrar o movemento das placas no debuxo central da páxina 140 pódese facer referencia ás escaleiras mecánicasduns grandes almacéns ou ás cintas transportadoras; tamén se pode utilizar a metáfora da pota de sopa candoferve, a calor do fondo fai que a sopa quente ascenda e as substancias que aboian na súa superficie móvense continuamente,como os continentes á deriva: os debuxos da marxe da páxina 140 ilustran estes movementos na fragmentaciónde Panxea.Resulta útil gardar recortes de prensa sobre terremotos e erupcións volcánicas recentes e marcar nun mapamundicon bandeiriñas de cores o lugar onde se produciron, para utilizar estes datos como axentes motivadores quepoidan inducir os nosos alumnos e alumnas a preguntarse por que se dan estes fenómenos con máis frecuencianuns lugares que noutros.As ilustracións das páxinas 141 e 142 mostran que a actividade volcánica se localiza nos puntos quentes, nas dorsaisoceánicas e nas zonas de subducción, que son os lugares do planeta onde as erupcións volcánicas se converten nungrave risco para as persoas e os seus bens. Neste sentido, a actividade Pensa... (páxina 145) pretende facer reflexionarsobre unha das medidas de prevención do risco volcánico: a construción de vivendas con tellados inclinados pararesistir mellor o impacto da chuvia de piroclastos.A gráfica que mostra a relación entre a escala de magnitudes de Richter e a escala de intensidades MSK da páxina148 e as actividades Compara os efectos das distintas ondas sísmicas e Comproba algunhas medidas deautoprotección que podes adoptar fronte a un terremoto (páxina 147) tratan de resaltar as graves consecuenciasdestes fenómenos violentos e a necesidade de adoptar medidas de autoprotección para minimizar os danos.A actividade Comproba como é posible atopar nas montañas fósiles enterrados hai millóns de anos nofondo dos océanos (páxina 150) pon de manifesto un aparente paradoxo e é que as partes máis elevadas do planeta,as montañas, teñen a súa orixe nos sedimentos acumulados nas zonas máis profundas, as fosas oceánicas. Débeseresaltar o aspecto cíclico de transformación dunhas rochas noutras, xa que os materiais erosionados de antigas oroxeniasson os sedimentos a partir dos cales se formarán as novas cadeas montañosas. Convén coñecer a distribución daszonas de risco sísmico e volcánico en España e realizar traballos sobre cálculos de magnitudes e intensidades de sismosdiferentes, tal como se explica en Observa e experimenta (páxina 155).O texto da actividade A ciencia explícanos o mundo e a actividade Ti decides (páxina 159) pretenden establecerdebates sobre as normativas de construción sismorresistente e outras tendentes a minimizar os riscos sísmicos. Paraiso, pódese dispoñer dos datos sobre os últimos grandes sismos e os consellos sobre o comportamento diante dunhacatástrofe deste tipo que mostran algunhas das páxinas web que figuran en Lapis e rato (páxina 154).Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 137) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre diversos fenómenosxeolóxicos relacionados coa dinámica interna da Terra, como os volcáns, os sismos e as oroxenias, que suscitanun debate en que se debe estimular o desenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opiniónsdistintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propiasideas e emocións e de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender a realidade da tectónica de placas e das súas manifestacións e organizar eautorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticasao definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactar respostas breves, clasificar como verdadeiroou falso, etcétera.A actividade de Lapis e rato (páxina 154) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre a dinámicainterna da Terra que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribirtextos sinxelos en diferentes linguas e utilizar ditas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade amósase subliñada en cadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 154), pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre diversos fenómenos xeolóxicos relacionados coa dinámica interna da Terra e a tectónica de placas e fomen-


PROGRAMACIÓN63tar neles a habilidade para extraer a información esencial tras a lectura da unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 159), xunto coa cuestión que se expón aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se amosa en Libros que te podenaxudar (páxina 159) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida que os elementos e razoamentos matemáticos básicos sonutilizados no estudo da dinámica interna da Terra para se enfrontar e dar explicación a aquelas situacións que oprecisan:• Análise de sismogramas e cálculo da amplitude máxima das ondas S e do tempo de desfasamento entre asondas S e as ondas P.• Utilización de nomogramas para o cálculo da magnitude dun sismo na escala de Richter.• Análise de gráficas que mostran a relación entre a escala de magnitudes de Richter e a escala de intensidadesMSK.• Interpretación de mapas que permitan comprender a existencia de placas litosféricas, a deriva dos continentese relacionar a distribución de volcáns e terremotos cos bordos das placas litosféricas.• Interpretación de mapas e esquemas das áreas de distribución da rego sísmico e volcánico nas diferentesComunidades Autónomas.• Elaboración de esquemas e debuxos que representan pregamentos e fallas.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoAs actividades Observa e experimenta (páxina 155) e Resolve o problema (páxina 157) permiten o desenvolvementodesta competencia, que fai posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas,coa finalidade de comprender que a peculiar dinámica interna do noso planeta e a calor que almacena no seuinterior son responsables de que manifeste tectónica de placas.O feito de coñecer que a teoría da tectónica de placas proporciona unha explicación conxunta dos grandes fenómenosxeolóxicos, que as correntes de convección transcorren incesantemente dende a poboación ata o litosfera, queo fondo dos océanos nace continuamente a expensas do magma xurdido do manto e, ao cabo do tempo volve denovo a el, nun incesante proceso cíclico que é causa dunha gran variedade de fenómenos xeolóxicos, como a actividadesísmica e volcánica e a formación de montañas, implica a habilidade progresiva para poñer en práctica osprocesos de indagación científica: realizar observacións directas e indirectas de diversos fenómenos xeolóxicos; formularpreguntas; localizar, obter, analizar e representar información cualitativa e cuantitativa sobre a distribucióndas placas litosféricas e os seus bordos; expoñer e contrastar hipóteses sobre a expansión do fondo dos océanos ea deriva continental, e realizar predicións e inferencias sobre o movemento das placas litosféricas e as súas consecuenciasxeolóxicas.A axeitada percepción do espazo físico en que se desenvolve a actividade humana, así como a habilidade parainteractuar co espazo circundante ponse de manifesto ao estudar a distribución do rego sísmico e volcánico e tratarde resaltar as graves consecuencias destes fenómenos violentos.Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para a comprensión da estrutura internada Terra e a súa dinámica: seccións, detalles ampliados, vistas de fronte ou de perfil e modelos a escala esixende destrezas de razoamento para analizar a información que proporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facerdeducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 158) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.Observar as deformacións das rochas, pregamentos e fallas, na compaña de afeccionados á xeoloxía, analizar osdatos proporcionados polos sismogramas para calcular a magnitude dun sismo, e coñecer as devastadoras consecuenciasda liberación paroxística de enormes cantidades de enerxía interna en forma de sismos e volcáns, así comoa forma de mitigar os seus riscos, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa,na resolución de problemas reais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 154) inclúe as direccións de determinadas páxinas web sobre os fenómenos xeolóxicosrelacionados coa tectónica de placas e os sitios onde se poden descargar animacións que permiten reproduciro movemento das placas litosféricas. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento da competencia dixital,


64PROGRAMACIÓNestimulando o manexo de estratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software e aproveitare analizar criticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáAs actividades Compara os efectos das distintas ondas sísmicas (páxina 147), Comproba algunhas medidasde autoprotección que podes adoptar fronte a un terremoto (páxina 147) e A Ciencia explícanos omundo (páxina 159) tratan de resaltar as graves consecuencias da actividade sísmica e a necesidade de levar a cabomedidas de predición, prevención e corrección, así como de adoptar medidas de autoprotección para minimizar osdanos. En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica asactitudes que pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 159) para colaborar con Protección Civil na protecciónfronte ao risco sísmico.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que amosan a estrutura interna da Terra e a dinámica das placas litosféricas e as fotografías e debuxosda actividade sísmica e volcánica, a formación das montañas, a expansión do fondo dos océanos e a deriva continental,contribúen ao desenvolvemento desta competencia. O emprego destas imaxes como fonte de enriquecementoe gozo require poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecersecon diferentes realidades do mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba... e Compara... tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan aos alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas,clasificalas, identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa (páxina 145), Observa e experimenta (páxina 155), Exercita a túa memoria (páxina156), Aplica o teu coñecemento (páxina 156) e Resolve o problema (páxina 157) permiten ser consciente doque se sabe e do que é preciso aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de facerse preguntas, identificare manexar a diversidade de respostas posibles ante unha mesma situación ou problema utilizando diversas estratexiase metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa información dispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 158) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal, sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións semellantese contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalAs actividades Comproba..., Compara... e Observa e experimenta (páxina 155) permiten desenvolver a capacidadede elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolveras opcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificare levar a cabo proxectos. Require, xa que logo, poder reelaborar as ideas previas ou elaborar outras novas, buscarsolucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 137) suxire no comezo da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa personal dirixida á procura de información. Permite explorar as distintas opcións, de maneira que poidanelixir de maneira autónoma a opción más axeitada.Recursos didácticosMateriais• Diapositivas, posters e murais sobre os volcáns e os tipos de erupcións.• Papel milimetrado para construír gráficas.• Compás, lapis de cores, regras e outros utensilios de debuxo.• Diapositivas sobre o mapamundi dos fondos oceánicos, o mapa das placas e os seus bordos e o da distribución deseísmos e terremotos.• Diapositivas dos efectos catastróficos dos terremotos e os volcáns.• Diapositivas de pregamentos e fallas.• Globo terráqueo e mapas xeográficos.• Alfinetes con bandeiriñas de cores para sinalar.


PROGRAMACIÓN65Libros• AGUILERA, A. e col. Geología en imágenes. Rueda.• ANGUITA, F. e MORENO, F. Geología: procesos externos. Luis Vives.• ANGUITA, F. e MORENO, F.Geología: procesos internos. Luis Vives.• ANGUITA, F. Origen e historia de la Tierra. Rueda.• ATTENBROUGH, D. e col. El planeta vivo. P&J-Tusquets-Museu de la Ciéncia.• BEAUTIER, F. e DAVOT, F. Descubrir la Tierra. Ediciones Larousse.• BROWN, B. e MORGAN, L. El planeta milagroso. Ediciones Destino.• CATTERMOLE, P. La Tierra y otros planetas. Editorial Debate.• CENTENO, J. e col. Geomorfología práctica. Rueda.• CORBERÓ, V. e col. Trabajar mapas. Alhambra-Longman.• DAPPLES, E. Geología básica en ciencias e ingeniería. Ediciones Omega.• DURAN, H. e col. Atlas de Geología. Editorial Edibook.• ELSON, D. La Tierra. Ediciones del Prado.• ERICKSON, J. El misterio de los océanos. McGraw-Hill.• FARNDON, J. La Tierra en tus manos. Plaza & Janés, Tusquets.• FOUCAULT, A. e RAOULT, J. F. Diccionario de Geología. Masson.• GANERI, A. e CORBELLA, L. Atlas visual de los océanos. Ed. Bruño.• GEOLOGICAL MUSEUM. Historia de la Tierra. Ediciones Akal.• LAMBERT, D. Guía Cambridge de la Tierra. Editorial Edaf.• LANTCOËF, A. e col. La Tierra se enfada. Edelvives.• MELÉNDEZ, B. e FUSTER, M. Geología. Ediciones Paraninfo.• ROTHERY, D. Aprende tú solo Geología. Ediciones Pirámide.• STRAHLER, A. N. Geología física. Ediciones Omega.• STRAHLER, A. N. Geografía física. Ediciones Omega.• THACKRAY, J. La edad de la Tierra. Ediciones Akal.• VAN ROSE, S. Atlas visual de la Tierra. Ed. Bruño.• VAN ROSE, S. Los terremotos. Ediciones Akal.• VAN ROSE, S. e col. Los volcanes. Ediciones Altea.• VARIOS. ¿Qué es qué? Santillana. Ediciones Altea.• VARIOS. Atlas de geomorfología. Alianza Editorial.• VARIOS. Cómo funciona la Naturaleza. Editorial Debate.• VARIOS. El gran libro de consulta. Editorial El País-Altea.• WATT, A. Diccionario ilustrado de la Geología. Editorial Everest.Revistas mensuais• Investigación y Ciencia.• Muy Interesante.• National Geographic.• Enseñanza de las Ciencias de la Tierra.• Alambique.• Geo.Vídeos• Serie Ciencias de la Tierra. Enciclopedia Británica Educacional.• Serie El planeta milagroso. TVE-IBM.• Serie Planeta Tierra. TVE-IBM.Consultar en Asociación Española de Cine e Imagen Científicos (programa de cine científico FECYT).Tel.: 915 646 912.Pola grande abundancia e diversidade de títulos, é conveniente contactar cos servizos de videoteca dos Centros deProfesores e de diferentes editoriais, como Enciclopedia Británica, Open University, Serveis de Cultura Popular; SanPablo, TVE, Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, UNED e coas diferentes canles de televisión.Software• Geología. Enciclopedia temática CD-ROM. Editorial Lafer.• Geode. Ciencias de la Tierra. Introducción a la geología física. Editorial Prentice Hall.• The Theory of Plate Tectonics Version 2.1 é un CD-ROM que amosa unha exploración dinámica de como as placas litosféricasda Terra cambian a través do tempo. Pódese adquirir en http://www.tasagraphicarts.com/progplate.html.• Visitar a páxina de Earth Science educational software en http://www.eoascientific.com/index.php.• Catálogo en liña de software científico en http://www.chemedia.com/chemsoft.htm.


66PROGRAMACIÓNAmbientais• Indagación nas hemerotecas sobre os lugares onde aconteceron terremotos recentes e os seus efectos destrutivos.• Excursións e itinerarios xeolóxicos previamente programados para identificar no terreo os distintos tipos de volcánse outras formacións xeolóxicas.• Visitas a museos interactivos e casas da Ciencia.• Visitas a puntos de interese xeolóxico (PIG).Persoais• Contactar con Protección Civil e outras organizacións para obter información sobre o comportamento ante ascatástrofes naturais, como os terremotos e as erupcións volcánicas.• Recollida de información en revistas e na prensa diaria sobre a actividade sísmica e volcánica do planeta.• Fotografar paisaxes volcánicas e montañosas nas excursións e durante as vacacións e analizar as causas da súamorfoloxía.• Asistir a conferencias sobre os fenómenos xeolóxicos relacionados coa tectónica de placas.InternetXunta de Andalucíahttp://www.juntadeandalucia.es/averroes/manuales/tectonica_animada/tectonanim.htmAnimacións de tectónica global, volcáns e seísmos.Tectónica de placashttp://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2000/tectonica/index_1.htmUnidade didáctica sobre tectónica de placas con excelentes ilustracións e actividades.Deriva continental e tectónica de placashttp://web.educastur.princast.es/proyectos/biogeo_ov/4a_ESO/02_placas/INDICE.htmUnidade didáctica on-line sobre a deriva continental e a tectónica de placas.Tectónica de placashttp://www.portalciencia.net/geolotec.htmlContidos on-line sobre tectónica de placas.Instituto Xeográfico Nacionalhttp://www.ign.es/ign/es/IGN/home.jspÉ a web do Instituto Xeográfico Nacional que proporciona información sobre sismoloxía e volcanoloxía referida atodo o territorio nacional.Instituto Andaluz de Xeofísicahttp://www.ugr.es/~iag/É a páxina web do Instituto Andaluz de Xeofísica, da Universidade de Granada, que proporciona abundante informaciónsobre os terremotos actuais e sobre os grandes terremotos históricos en Andalucía. Tamén contén informaciónsobre algunhas normas de comportamento ante este tipo de catástrofes.Protección Civilhttp://www.proteccioncivil.org/es/Recomendaciones/Recomendacións da Dirección Xeral de Protección Civil en caso de emerxencias.Terremotos e outros desastres naturaishttp://www.angelfire.com/nt/terremotosWeb con fotos e detalles históricos de terremotos e outros desastres naturais.Galbishttp://www.galbis.orgEspazo para a difusión da investigación interdisciplinar en terremotos.Actividade tectónica e volcánica globalhttp://denali.gsfc.nasa.gov/research/lowman/lowman.htmlEsta páxina web ofrece gran diversidade de mapas que amosan a tectónica global e a actividade volcánica no últimomillón de anos.


PROGRAMACIÓN67Leccións elementaishttp://volcano.und.nodak.edu/downloads/stack.htmIEsta páxina web en inglés ofrece un conxunto de leccións elementais sobre tectónica de placas, terremotos, volcáns,rochas e minerais e historia da Terra.Universidade de Berkeleyhttp://www.ucmp.berkeley.edu/geology/tectonics.htmlExcelente páxina web da Universidade de Berkeley sobre tectónica de placas, que amosa imaxes e animacións sobrea deriva continental e as posicións dos continentes ao longo do tempo.A dinámica terrestrehttp://pubs.usgs.gov/publications/text/dynamic.htmlEsta páxina web en inglés amosa excelentes imaxes sobre a dinámica terrestre e a teoría da tectónica de placas, asúa historia e desenvolvemento e as consecuencias desta actividade terrestre sobre as poboacións.Erupcións volcánicashttp://www.geocities.com/CapeCanaveral/Lab/6093/Volcanes.htmDescrición dos principais tipos de erupcións volcánicas.The Geological Societyhttp:// www.geolsoc.org.uk/gs3etfrm.htmlRecursos para a aprendizaxe en Ciencias da Terra. Comprende diversos apartados, como o estudo dos pregamentos,as fallas, os fósiles, o tempo xeolóxico, rochas e minerais, etcétera.Geoscience Course Resourceshttp:// www.uh.edu/ ~jbutler/anon/anoncoursessub.htmlCurso completo de xeoloxía que inclúe gran variedade de recursos propostos por diversas universidades de EE.UU.The Tarbuck & Lutgens Serieshttp:// www.prenhall.com/tarbuckRecursos para a aprendizaxe en Ciencias da Terra. Comprende exercicios de revisión, actualizacións, suxestións delecturas e enlaces con outras páxinas.


68PROGRAMACIÓNUNIDADE 8: As rochas magmáticas e as rochas metamórficasObxectivosa) Coñecer os diferentes tipos de rochas que existen na natureza e os procesos de transformación do seu ciclo xeolóxico.b) Identificar as características principais das rochas magmáticas e metamórficas máis comúns e os procesos implicadosna súa formación.c) Observar e recoller datos de forma sistemática sobre algunha das propiedades das rochas e empregalos para asúa clasificación.d) Describir algunhas aplicacións e utilidades das rochas magmáticas e metamórficas como recursos naturais.e) Identificar nun mapa a distribución xeográfica das grandes unidades de relevo de España e das rochas que ascompoñen.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes grupos de rochas, as súas características e os sistemas de clasificación,fomentando a habilidade para extraer a información esencial tras a lectura da unidade.• Interpretar e comprender a realidade da enorme diversidade do mundo das rochas e organizar e autorregular ocoñecemento dotándoo de coherencia.• Expoñer conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á petroloxía e no rigor das definicións.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar a diversidade de rochas presente en Galicia, así como percibir a necesidade da extracción de rochaspara as sociedades industrializadas.• Adquirir técnicas de observación, como o emprego do microscopio petrográfico, para identificar os principais tiposde rochas a partir da súa composición mineralóxica e da súa textura.• Percibir o espazo físico en que se desenvolve a vida e a actividade humana, xa que o noso planeta, a paisaxe quenos rodea, o chan que pisamos e moitos dos obxectos útiles e ornamentais están constituídos por rochas.Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar as ilustracións como unha parte esencial da información necesaria para a comprensión das rochas.• Usar determinadas páxinas web dedicadas ás rochas e ás ciencias da Terra.• Distinguir entre os diferentes grupos de rochas e aplicar estes coñecementos para representalos nun sistema declasificación.Competencia social e cidadá• Valorar as contribucións da xeoloxía e o emprego e as aplicacións das rochas na nosa forma de vida.• Entender o aproveitamento que os seres humanos obtivemos das rochas durante miles de anos.• Comprender a importancia da conservación dos monumentos e desenvolver unha conciencia sobre o valor dos edificiosemblemáticos e monumentos.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar coas rochas empregadas ao longo da historia da humanidade para a construción de monumentose esculturas.• Utilizar as imaxes das rochas como fonte de enriquecemento e gozo para poñer en funcionamento a iniciativa, aimaxinación e a creatividade ao percibir os complexos procesos de formación das rochas.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos xerais sobre as rocas ás características particulares do contorno e describir novasobservacións e ordenalas, agrupalas, clasificalas e identificar semellanzas e diferenzas.• Desenvolver habilidades para obter información sobre as rochas e para transformala en coñecemento propio, relacionandoe integrando a nova información cos coñecementos previos e coa propia experiencia persoal.Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado e respecto de monumentos e esculturas.• Analizar os procesos de formación das rochas suxerindo un conxunto de interrogantes que estimulen a iniciativapersonal encamiñada á procura de información.


PROGRAMACIÓN69ContidosCONCEPTOS• As rochas: definición e tipos.• Rochas magmáticas: formación e situación. Texturas magmáticas. Rochas extrusivas e intrusivas.• Rochas metamórficas. Formación das rochas metamórficas. O metamorfismo. Tipos.PROCEDEMENTOS• Observación de distintas rochas magmáticas e metamórficas e clasificación destas atendendo ás característicasobservadas nelas.• Secuenciación dos distintos procesos que levan á formación dunha rocha.• Recollida de rochas para a súa identificación.• Recoñecemento e identificación de rochas comúns mediante o emprego de claves.• Identificación das principais rochas que compoñen o relevo español e coñecemento dos seus principais empregose aplicacións.• Tratamento e análise da información.• Visualización de paisaxes naturais da Península e os arquipélagos en fotografías e diapositivas.• Elaboración e interpretación de gráficos e diagramas.• Comprobación de hipóteses.• Exposición de resultados.• Consulta de páxinas web e selección de información relacionada coas rochas.ACTITUDES• Recoñecemento da importancia dos procesos xeolóxicos na formación dos diferentes tipos de rochas.• Curiosidade cara á identificación de rochas magmáticas e metamórficas comúns mediante o uso de claves.• Aprecio pola interpretación de modelos sobre a formación de rochas e a distribución dos principais tipos de rochasmagmáticas e metamórficas.• Interese pola identificación das rochas que compoñen o relevo español e o coñecemento dos seus principais usose aplicacións.• Reflexión sobre a importancia científica das rochas e rexeitamento das prácticas coleccionistas de determinadosexemplares, que forman parte do patrimonio científico e cultural das diferentes comunidades..• Reflexión crítica sobre o impacto ambiental das extraccións de rochas.• Valoración da orde no traballo de laboratorio.• Disposición a traballar con rigorosidade científica.• Desenvolver o interese pola ciencia como forma de coñecer o medio que nos arrodea.Criterios de avaliacióna.1) Recoñece os principais tipos de rochas.b.1) Relaciona os distintos tipos de rochas magmáticas e metamórficas co seu proceso de formación e co ciclo dasrochas.b.2) Describe os distintos procesos que están implicados na formación dos diferentes tipos de rochas, secuenciandoas fases de que constan estes procesos.c.1) Observa algunhas propiedades das rochas, como a reacción con ácido clorhídrico, formación de láminas, homoxeneidade,etcétera.c.2) Recolle datos da observación e emprégaos para clasificar as rochas mediante claves sinxelas.Orientacións metodolóxicasUnha das dificultades que se presenta á hora de abordar esta unidade é a de harmonizar algo tan próximo como asrochas con algo tan afastado como os seus procesos de formación. Debemos facer reflexionar os alumnos e alumnassobre o feito de que os grupos de rochas que existen na natureza son diferentes porque tamén son diferentesos ambientes en que se formaron. Co Comproba da páxina 166 preténdese aclarar que o ciclo das rochas permiteexplicar as sucesivas transformacións e interconversións dunhas rochas noutras.Noutro apartado introduciuse unha clave moi sinxela que permite a clasificación dalgunhas rochas a partir de certoscoñecementos sobre os exemplares a estudar e da observación destes. A maioría dos criterios son observablesa simple vista, se ben algúns requiren unha simple manipulación, como engadir ácido para ver a reacción de efervescenciaque produce.As aplicacións das rochas é un aspecto que adquire certa relevancia neste nivel educativo. Coa actividade Pensa (páxina170) trátase de establecer unha relación entre o concepto teórico de «unidade litolóxica» e a súa proximidade a nós.


70PROGRAMACIÓNA última parte da unidade trata de dar unha visión xeral das rochas e relevos que forman España. Sublíñase a existenciade diferentes unidades litolóxicas, cada unha delas cunhas rochas determinadas que condicionan as distintaspaisaxes, así como a súa modelaxe.Na actividade Observa e experimenta (páxina 169) explícase o manexo do microscopio petrográfico, co obxectivode familiarizar os alumnos e alumnas coa súa utilización para que, deste xeito, poidan coñecer e identificar deforma máis precisa algunhas rochas en lámina delgada.No apartado A ciencia explícanos o mundo (páxina 173) descríbese como os traballos do ilustre xeólogo IsidroParga Pondal supuxeron o asentamento da moderna xeoloxía galega.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaPola súa importancia para o progreso da aprendizaxe, esta competencia trabállase de maneira continua ao longo detoda a unidade, mediante os seguintes aspectos:A actividade Mira… (páxina 161) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que suscitan un debateonde se debe estimular o desenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintasá propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións,e de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade onde se poñen en xogo destrezas lingüísticas: definir termos, redactar respostas brevese clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 168) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre rochas e relevosdo noso país que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribir textossinxelos en diferentes linguas e utilizar ditas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstrase destacada en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 168) pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre as rochas magmáticas, as rochas metamórficas e os relevos e paisaxes da Península, así como fomentar nelesa habilidade para extraer a información esencial tras a lectura da unidade.A propia exposición dos conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á litoloxía e no rigordas definicións.O traballo sobre textos científicos da actividade A ciencia explícanos o mundo (páxina 173) enfocado en granmedida a desenvolver a comprensión lectora.A bibliografía que se amosa en Libros que te poden axudar (páxina 173) é unha mostra de libros de divulgaciónda Ciencia para mozos que pretende estimular o pracer pola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocenlendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoEstreitamente vinculada ás ciencias. Desta forma, podemos destacar desta competencia a axeitada percepción doespazo físico en que se desenvolven a vida e a actividade humana, tanto a grande escala como no contorno inmediato,xa que o noso planeta, a Terra, a paisaxe que nos rodea, o chan que pisamos e moitos dos obxectos útiles eornamentais están constituídos por rochas. Son parte desta competencia básica o saber considerar que a extracciónde rochas é unha necesidade para as sociedades industrializadas diante da crecente demanda de materias primas,pero hai que ter en conta o forte impacto ambiental e, en ocasións, a forte contaminación do medio que ocasionanas explotacións das canteiras. Tamén se debe incidir sobre a importancia da paisaxe, dos materiais de construcióne das edificacións na calidade de vida.Tratamento da información e competencia dixitalTamén moi relacionada coa actividade científica, nesta unidade trabállase de forma aplicada na sección A cienciaexplícanos o mundo (páxina 173), onde os alumnos e alumnas deben buscar información utilizando as fontes dispoñiblese, por outro, na organización de datos para responder as cuestións expostas. As actividades Recoñécelo?e Que falta? (páxina 172) requiren do dominio de linguaxes específicas básicas (textual, numérica, icónica, visual egráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicación dos diferentes tipos de información,as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situacións e contextos. A competenciadixital é, por outra parte, o obxecto da actividade Lapis e rato (páxina 168), co que se pretende que aprendan a uti-


PROGRAMACIÓN71lizar, racionalmente e de modo eficiente, as ferramentas multimedia que ofrece internet.Competencia social e cidadáNesta unidade esta competencia desenvólvese fundamentalmente mediante a valoración das achegas da xeoloxía,uso e aplicacións das rochas, á nosa forma de vida. Entre as habilidades desta competencia tamén destaca a actitudecrítica e rigor intelectual, respectando a realidade dos datos e das observacións, aínda que contradigan as hipótesespropias. Valoración crítica das mensaxes publicitarias relacionadas co consumo. A actividade Ti decides(páxina 173), encamiñada a evitar a alteración dos monumentos, pretende desenvolver a conciéncia sobre o valordos edificios emblemáticos e monumentos, e mostrar así un sentimento de cidadanía global.Competencia cultural e artísticaEsta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais eartísticas. Incorpora o coñecemento básico dos principais recursos das diferentes linguaxes artísticas, así como dasobras máis salientadas do patrimonio nacional. O conxunto de destrezas que configuran esta competencia refírensetanto á habilidade para apreciar e gozar coas rochas utilizadas ao longo da historia da humanidade como materiaisartísticos, como a aquelas relacionadas co emprego destes recursos naturais na expresión artística para a construciónde monumentos e esculturas. Así mesmo, require poñer en funcionamento as actitudes de rexeitamento polasprácticas coleccionistas daquelas rochas que poidan ocasionar un grave expolio de patrimonio cultural tanto da propiacomunidade, como doutras comunidades.Competencia para aprender a aprenderOs conceptos tratados nesta unidade trabállanse especificamente mediante actividades de diversos tipos:Comproba que as rochas están en constante transformación (páxina 166) trata de adaptar os principios xeraisás condicións particulares do seu contorno e capacitar os alumnos e alumnas para novas observacións, ordenalas,agrupalas, clasificalas, identificar semellanzas e diferenzas, etcétera.As actividades Observa e experimenta (páxina 169), Exercita a túa memoria (páxina 170), Aplica o teu coñecemento(páxina 170) e Resolve o problema (páxina 171) permiten ser conscientes do que se sabe e do que énecesario aprender.As actividades Pensa, Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina172) son actividades que desenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración–e, moi en especial, para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova informacióncos coñecementos previos e coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidadesen situacións parecidas e contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalÁ adquisición desta competencia –transformar as ideas en accións– contribúe en gran medida a actividade Observae experimenta (páxina 169). Permite desenvolver a capacidade de elixir con criterio propio, de imaxinar proxectose de levar adiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans persoais. Require, polo tanto, poderreelaborar as formulacións previas e elaborar novas ideas, buscar solucións e levalas á práctica. A organización, programacióne realización de excursións e itinerarios xeolóxicos e as visitas a museos e casas das Ciencias poden contribuír,de igual maneira, a desenvolver esta capacidade.A actividade Mira… (páxina 161) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de xeito que poidanelixir de forma autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Colección de mostras de rochas magmáticas e metamórficas.• Colección de diapositivas ou fotografías de rochas magmáticas e metamórficas.• Material de campo xeitado para recoller rochas.• Microscopio petrográfico.• Mostras de preparacións de láminas de rochas.• Diapositivas e fotografías de paisaxes peninsulares.Libros• AGUEDA, J., e col. Geología. Rueda.• BUSBEY, A e col. Rocas y fósiles. Editorial Planeta.• COENRAADS, R. Rocas y fósiles. Libros Cúpula.• DAPPLES, E. Geología básica en ciencias e ingeniería. Ediciones Omega.


72PROGRAMACIÓN• DURAN, H. e col. Atlas de Geología. Editorial Edibook.• ELSON, D. La Tierra. Ediciones del Prado.• FARNDON, J. La Tierra en tus manos. Museo de las Ciencias. Fundación La Caixa. Plaza & Janés. Tusquets.• FLORISTÁN, A. España, país de contrastes geográficos naturales. Editorial Síntesis.• FONT, M. Atlas de Geología. Ediciones Jover.• FOUCAULT, A. e RAOULT, J. F. Diccionario de geología. Masson.• GRIBBIN, J. La Tierra en movimiento. Salvat Editores.• LABERT, D. Guía Cambridge de la Tierra. Editorial Edaf.• LEGORBURU, P. e BARRUTIA, G. Ciencias naturales. Ediciones SM.• MELÉNDEZ, B. e FUSTER, M. Geología. Ediciones Paraninfo.• SCHUMANN, W. Manual para coleccionistas de Rocas y Minerales. Ediciones Omega.• STRAHLER, A. N. Geografía física. Ediciones Omega.• TARBUCK E. J. e LUTGENS, F. K. Ciencias de la Tierra. Una introducción a la geología física. Editorial Prentice Hall.• VARIOS. Cómo funciona la naturaleza. Editorial Debate.• VARIOS. Diccionario visual Altea de la Tierra. Editorial Santillana.• VARIOS. El gran libro de consulta. Editorial El País-Altea.• VARIOS. Guía de minerales y rocas. Editorial Grijalbo.• VARIOS. Rocas y fósiles. Editorial Planeta.• VARIOS. Diccionario ilustrado de la Geología. Editorial Everest.• WICANDER, R. e MONROE, J. Fundamentos de geología. Thomson editores.Revistas mensuais• Muy interesante.• Conocer.• Newton.• Investigación y Ciencia.• Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT).• National Geographic.Software• Geología. Enciclopedia temática CD-Rom. Editorial Lafer.• Geode. Ciencias de la Tierra. Introducción a la geología física. Editorial Prentice Hall.Vídeos• Enciclopedia Británica Educacional. Serie: Ciencias de la Tierra.• Minerales y rocas. Producido por Encyclopedia brittanica. Áncora.• Rocas que forman la superficie de la Tierra. MEC• TVE-IBM. Serie El planeta milagroso.• TVE-IBM. Serie Planeta Tierra.InternetNatural Resources Canadahttp:// agc.bio.ns.ca/GEONT é un centro virtual de recursos para quen enseña xeoloxía en secundaria: experiencias, material pedagóxico,actividades na aula, etcétera.James Madison Universityhttp:// www.jmu.edu/geologyPáxina do Departamento de Xeoloxía e Ciencias Ambientais da James Madison University. Inclúe un museo de mineraiscon coleccións de todo o mundo.The Tarbuck & Lutgens Serieshttp:// www.prenhall.com/tarbuckRecursos para a aprendizaxe en Ciencias da Terra. Comprende exercicios de revisión sobre minerais, lecturas recomendadase referencias a outras páxinas.The Geological Societyhttp:// www.geolsoc.org.ukRecursos para a aprendizaxe en Ciencias da Terra. Comprende diversos apartados, como o estudo dos fósiles, otempo xeolóxico, rochas e minerais, etcétera.


PROGRAMACIÓN73Iris Educational Linkshttp://www.iris.edu/edu/edulinks.htmPáxina que ofrece numerosas ligazóns relacionadas coas ciencias xeolóxicas.The Structural Geology Pagehttp://www.science.smith.edu/departments/Geology/Structure_Resources/Contén un atlas virtual de minerais e rochas, estruturas xeolóxicas e bibliografía.Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terrahttp://www.aepect.orgSitio virtual da Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT), cuxa proposta é difundir experiencias,noticias, aplicacións, etc., do ensino das Ciencias da Terra.Leccións elementaishttp:// volcano.und.nodak.edu/downloads/stack.htmlEsta páxina web ofrece un conxunto de leccións elementais sobre rochas, minerais, volcáns, tectónica de placas,terremotos e historia da Terra.


74PROGRAMACIÓNUNIDADE 9: A enerxía e as súas fontesObxectivosa) Describir a enerxía como unha propiedade dos sistemas materiais e que todo sistema material é unha porción doUniverso cuxas dimensións varían, dende a escala global do Universo até as partículas submicroscópicas quecompoñen a materia.b) Distinguir entre traballo e esforzo e relacionar a enerxía coa capacidade para a realización de traballo.c) Distinguir as distintas formas de manifestarse a enerxía e asociar os distintos nomes que recibe a enerxía coasaccións e os cambios que provoca ou os fenómenos aos que se asocia.d) Coñecer as transformacións da enerxía e os seus xeitos de transferirse.e) Relacionar o principio de conservación da enerxía coas transformacións e transferencias enerxéticas.f) Distinguir entre fontes de enerxía renovables e non renovables, e valorar a enorme importancia que teñen as fontesde enerxía na nosa sociedade.g) Analizar criticamente os riscos que carrexa a obtención, transporte e emprego de enerxías non renovables nonoso planeta.h) Tomar conciencia da limitación dos recursos enerxéticos e a súa dilapidación polos países desenvolvidos e valoraras medidas para loitar contra a dilapidación enerxética.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes tipos de enerxía, como son orixinados, como se manifestan e comose transforman.• Suxerir interrogantes sobre a transformación da enerxía que provoquen un debate en que se debe desenvolver acapacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico.• Expoñer conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á enerxía e as súas fontes.Competencia matemática• Construír diagramas sectoriais que representen a porcentaxe de consumo de cada tipo de enerxía.• Confeccionar maquetas e debuxos para comprender o funcionamento das instalacións e mecanismos produtoresde enerxía.• Interpretar diagramas e gráficas que permitan valorar as consecuencias ambientais do incremento de emisións deCO 2 e a súa relación co aumento do efecto invernadoiro e co cambio climático.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar preguntas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de comprender as sucesivas transformaciónsentre as diversas formas de enerxía.• Poñer en práctica procesos de indagación científica: realizar observacións, directas ou indirectas, de diversas fontesde enerxía, formular preguntas: localizar, obter, analizar e representar información sobre as formas de transferirseou propagarse enerxía.• Reflexionar sobre a enerxía como un ben escaso, caro e contaminante, e valorar as medidas que podemos tomarpara loitar contra a dilapidación enerxética.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos para comprender o funcionamento das instalacións produtorasde enerxía, así como os procesos de transformación de enerxía.• Deseñar experimentos para comprobar as transformacións da enerxía e analizar os datos proporcionados polasgráficas para comprender os efectos contaminantes das enerxías non renovables.• Usar diversas páxinas web dedicadas á enerxía e ás súas fontes.Competencia social e cidadá• Considerar a enerxía como un ben escaso e concienciarse sobre a necesidade de tomar medidas de aforro enerxético.• Comprender os efectos contaminantes dalgunhas fontes de enerxía e adquirir conciencia sobre a importancia denon contaminar, entendendo a loita contra o cambio climático como unha tarefa global, prioritaria para a supervivenciada humanidade.Competencia cultural e artística• Utilizar os esquemas e debuxos sobre os procesos de produción e transformación da enerxía, para desenvolver aimaxinación e a creatividade, e para gozar apreciando a complexidade destes procesos.


PROGRAMACIÓN75Competencia para aprender a aprender• Adaptar as observacións particulares ás teorías xerais sobre a enerxía.• Facerse preguntas sobre os procesos de transformación da enerxía e obter respostas empregando diversas estratexiase metodoloxías que permitan valorar a información dispoñible.• Desenvolver habilidades para obter información e para transformala en coñecemento propio.Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co aforro enerxético e co respecto polo medio.• Propoñer interrogantes que pretenden estimular a iniciativa persoal e a procura de información sobre as vantaxese inconvenientes de cada fonte de enerxía.ContidosCONCEPTOS• A enerxía como propiedade dos sistemas materiais.• Formas de manifestarse a enerxía.• Cambios de forma: transformacións da enerxía.• As fontes de enerxía.• A enerxía é escasa: o aforro enerxético.PROCEDEMENTOS• Deseño e realización de experiencias e investigacións que permitan medir e obter datos, construír e empregartáboas e gráficos, recoñecer causa-efecto e formular hipóteses que poñan de manifesto as diferenzas entre traballoe esforzo.• Análise e observación das distintas maneiras de manifestarse a enerxía na vida cotiá.• Comprobación mediante un sinxelo experimento de como a enerxía potencial se transforma en enerxía cinética eesta en eléctrica e en enerxía lumínica.• Comprobación mediante un sinxelo experimento das relacións que existen entre a enerxía cinética e a potencial ecomo un corpo acumula enerxía potencial.• Comprobación mediante un sinxelo experimento de que a enerxía nin se crea nin se destrúe, senón que permanececonstante nunha transformación e degrádase.• Coñecemento das medidas de aforro enerxético e a súa aplicación na vida cotiá.• Análise e interpretación de gráficas e diagramas que permitan valorar as consecuencias ambientais do incrementode emisións de CO 2 e a súa relación co aumento do efecto invernadoiro e o cambio climático.• Observación, deseño e realización de esquemas e debuxos que permitan valorar as vantaxes da arquitectura bioclimáticae a construción de casas ecolóxicas.• Deseño e realización de experimentos sinxelos para construír un modelo de muíño eólico.ACTITUDES• Reflexión sobre a importancia que ten a enerxía e a súa influencia na calidade de vida.• Interese por realizar traballos con orde e limpeza.• Actitude rigorosa e científica na realización de experimentos e na aplicación de procedementos de investigación.• Colaboración positiva e respecto polos demais nas actividades conxuntas.• Respecto pola realidade dos datos e observacións, aínda que contradigan as hipóteses ou desexos propios.• Toma de conciencia da necesidade da limitación dos recursos enerxéticos e dos efectos nocivos que a dilapidaciónda enerxía ten para o medio.• Sensibilización ante a necesidade de adoptar medidas encamiñadas a favorecer o aforro enerxético.• Toma de conciencia da importancia de utilizar fontes de enerxía limpas e renovables e valoración na súa xustamedida das consecuencias negativas para o medio do uso das enerxías non renovables.Criterios de avaliacióna.1) Describe a enerxía como a capacidade dos sistemas materiais para producir entre os seus elementos interacciónsque provocan transformacións ou cambios que poden ser físicos, químicos, xeolóxicos e biolóxicos.b.1) Explica os conceptos de enerxía, traballo e esforzo.c.1) Describe as distintas manifestacións da enerxía, que recibe distintos nomes segundo as accións e os cambiosque provoca ou os fenómenos aos que se asocia.c.2) Coñece os conceptos de enerxía cinética e potencial e as variables de que dependen.c.3) Mide e compara datos para amosar as diferenzas e as relacións entre enerxía cinética e potencial.


76PROGRAMACIÓNd.1) Aplica os coñecementos sobre as transformacións da enerxía para a resolución de problemas sinxelos e paraexplicar as causas dalgúns fenómenos cotiáns, como a produción de electricidade nun pantano ou mediante adinamo dunha bicicleta.e.1) Recoñece que o traballo é unha das formas de transferirse ou propagarse a enerxía e realizar investigaciónsque permitan establecer relacións entre a enerxía aplicada e o traballo realizado.e.2) Explica o principio de conservación da enerxía e a degradación que experimenta a enerxía cando se transformaou se transfire.e.3) Describe as distintas transformacións enerxéticas que se producen en distintos tipos de centrais eléctricas atéque se produce a electricidade.f.1) Distingue as fontes de enerxía non renovables das renovables.f.2) Recoñece as vantaxes para a conservación do medio que representan as fontes de enerxía renovables.g.1) Identifica de forma crítica as actividades humanas que impulsan a dilapidación da enerxía e o abuso dos combustiblesfósiles.h.1) Enuncia algunhas medidas para loitar contra a dilapidación de enerxía.Orientacións metodolóxicasAo longo desta unidade exponse o mesmo problema en varias ocasións, e é que algúns termos teñen un significadofísico preciso que non sempre se axusta ao sentido que ten na linguaxe coloquial. Isto ocorre co concepto de enerxíae a súa relación co traballo e coa diferenza entre traballo e esforzo. Convén, polo tanto, poñer de manifesto asideas previas que teñen os nosos alumnos e alumnas sobre estas cuestións e, a partir delas, establecer pontes econexións que nos permitan aloxar correctamente nos seus esquemas conceptuais os conceptos físicos que aparecennesta unidade, co fin de favorecer a súa comprensión e memorización, de xeito que poden máis tarde utilizalospara a resolución de problemas.A actividade Compara distintas manifestacións en que se emprega, transporta ou almacena enerxía (páxina177) pretende investigar as ideas previas dos alumnos e alumnas sobre as diferentes manifestacións da enerxía, dexeito que o concepto de enerxía se manifeste como «forza en acción», responsable de todo o que ocorre no Universo.A actividade Comproba como podes producir luz co movemento dunha pedra (páxina 179) pon de manifestoa serie de transformacións que permiten converter a enerxía potencial almacenada na pedra en enerxía cinética, eesta en enerxía eléctrica. A actividade Comproba como un corpo acumula enerxía potencial (páxina 179) mostraas sucesivas transformacións entre a enerxía cinética e a enerxía potencial no bote que se move. A conclusióná que deberían chegar os alumnos e alumnas con estas dúas experiencias é que os tipos de enerxía se manifestannas transformacións e os distintos nomes que recibe a enerxía non son máis que consecuencia dos cambios que provocaou os fenómenos aos que se asocia. Sobre esta cuestión insístese de novo na actividade Comproba de ondeprocede a luz do faro da túa bicicleta (páxina 180).A actividade Comproba coa punta do teu nariz que a enerxía permanece constante nunha transformación(páxina 181) permite comprobar cun sinxelo experimento o principio da conservación da enerxía, aínda que, claroestá, non podemos comprobar cunha simple pelota que a continua perda de enerxía en cada oscilación se convirtaen calor. O concepto de traballo (e tamén o de calor, na unidade 10, e o de onda, na unidade 11) débense introducircomo unha das formas que ten a enerxía de transferirse ou propagarse. De xeito que se non hai transferencia só sefai un esforzo, pero non se realiza traballo.O esquema da páxina 180 mostra que, agás a xeotérmica e a nuclear, todas as demais formas de enerxía obtéñense,mediante distintas transformacións, a partir da enerxía do Sol. A enerxía electromagnética do Sol propágase enforma de luz, calor, etc. A calor evapora a auga dos mares e forma as nubes. Tamén quenta a Terra de forma desiguale forma os ventos, que arrastran as nubes até os continentes. A auga das nubes almacena enerxía potencial.Ao chover, a enerxía potencial transfórmase en enerxía cinética. Nos pantanos, a auga embalsada almacena enerxíapotencial. Cando a auga cae dende certa altura, a enerxía potencial transfórmase de novo en enerxía cinética,que move unha turbina e un xerador e transfórmase en enerxía eléctrica, que se transporta até as cidades e as vivendas.Por outra parte, a enerxía da luz solar transfórmase en enerxía química almacenada nas ligazóns das moléculasdos seres vivos e dos alimentos. En épocas pasadas, algúns organismos quedaron enterrados e deron lugar aocarbón e ao petróleo, que almacenan enerxía química. As centrais térmicas queiman carbón e petróleo e transformana enerxía química en enerxía eléctrica. As centrais nucleares son as únicas que non dependen do Sol, xa quetransforman a enerxía nuclear de determinados compostos radioactivos en enerxía eléctrica.Os contidos, esquemas e debuxos das páxinas 186-193 pretenden que os alumnos e alumnas aprendan a diferenciarentre as enerxías renovables e as non renovables e que a enerxía debe utilizarse sen facer un gasto innecesario,como un ben escaso que é, ademais, caro e contaminante.


PROGRAMACIÓN77Por último, a actividade Observa e experimenta (páxina 193) pretende que os alumnos e alumnas constrúan unmuíño eólico e presten atención á diferenza entre traballo realizado e enerxía potencial acumulada e ás transformaciónsque teñen lugar entre a enerxía cinética do vento (eólica) e a enerxía potencial acumulada na bóla capaz dedesenvolver un traballo.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 175) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre as transformaciónsda enerxía; os distintos nomes que recibe a enerxía non son máis que consecuencia dos cambios que provoca ou osfenómenos aos que se asocia, Así, suscítase un debate en que se debe estimular o desenvolvemento da capacidadede ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresaraxeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións, e de aceptar e realizar críticas con espíritoconstrutivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender a realidade das manifestacións da enerxía, e organizar e autorregular ocoñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticas ao definirconceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactar respostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso,etcétera.A actividade de Lapis e rato (páxina 192) ofrece información para visitar distintas páxinas Web sobre a enerxía, assúas manifestacións e as súas fontes, que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así comoaprender a escribir textos sinxelos en diferentes linguas e utilizar esas linguas en contextos comunicativos de usocotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade amósase salientada en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 192), pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos ealumnas sobre diversos fenómenos relacionados coa enerxía, como a capacidade dos sistemas materiais paraproducir interaccións entre os seus elementos que proporcionan transformacións ou cambios e coas fontes deenerxía, as súas vantaxes e inconvenientes e fomentar neles a habilidade para extraer a información esencial trasa lectura da unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 197), xunto coa cuestión que se expón aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que te podenaxudar (páxina 197) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida en que os elementos e razoamentos matemáticos básicosson utilizados no estudo da enerxía para afrontar e dar explicación a aquelas situacións que o precisan:• Realización de medidas e análise de datos que permitan deseñar experiencias encamiñadas a comprobar as sucesivastransformacións da enerxía.• Interpretación de debuxos e esquemas que permitan comprender o funcionamento de diversas centrais enerxéticas.• Análise dos elementos que interveñen na arquitectura bioclimática e interpretación de esquemas que mostran aorientación e as características dunha casa ecolóxica.• Interpretación de diagramas e gráficas sobre o consumo de distintas fontes de enerxía.• Interpretación de diagramas e gráficas que permitan valorar as consecuencias ambientais do incremento de emisiónsde CO 2 e a súa relación co aumento do efecto invernadoiro e o cambio climático.• Toma de datos e realización de medidas para construír un modelo de muíño eólico.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoAs actividades Observa e experimenta (páxina 193) e Resolve o problema (páxina 195) permiten o desenvolvementodesta competencia, que fai posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas,coa finalidade de comprender as sucesivas transformacións entre a enerxía cinética e a enerxía potencial e ascaracterísticas das distintas fontes de enerxía, as súas vantaxes e inconvenientes.O feito de coñecer que os tipos de enerxía se manifestan nas transformacións, que os distintos nomes que recibe aenerxía non son máis que consecuencia dos cambios que provoca ou os fenómenos aos que se asocia, implica ahabilidade progresiva para poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizar observacións directas e


78PROGRAMACIÓNindirectas de diversos fenómenos; formular preguntas; localizar, obter, analizar e representar información cualitativae cuantitativa sobre a transferencia ou propagación da enerxía dende a posición que ocupa un corpo a outra, oudende un corpo a outro en forma de calor, ondas ou traballo; suxerir e contrastar hipóteses sobre o principio da conservaciónda enerxía e realizar predicións e inferencias sobre a utilización de distintas fontes de enerxía, renovablese non renovables ou as súas consecuencias ambientais.A adecuada percepción do espazo físico en que se desenvolve a actividade humana, así como a habilidade parainteractuar co espazo circundante ponse de manifesto nas actividades Pensa... (páxina 188) e Resolve o problema(páxina 195), ao reflexionar sobre a enerxía como un ben escaso, caro e contaminante e ao valorar as medidasque podemos tomar para loitar contra a dilapidación enerxética.Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para a comprensión da natureza da enerxía,as súas manifestacións e as súas fontes: seccións, detalles ampliados, vistas de fronte ou de perfil e modelosa escala esixen de destrezas de razoamento para analizar a información que proporcionan os debuxos, relacionala,sintetizala e facer deducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 196) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.Deseñar experimentos para comprobar as transformacións da enerxía, en compañía de afeccionados á física, analizaros datos proporcionados polas gráficas para coñecer as causas do incremento do efecto invernadoiro e coñeceras vantaxes e inconvenientes dos diferentes tipos de enerxía renovables e non renovables e as devastadoras consecuenciasque pode ter o cambio climático, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundantee complexa, na resolución de problemas reais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 192) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre os fenómenos relacionadoscoa enerxía e as súas fontes e os sitios onde se pode descargar información sobre as vantaxes e inconvenientesdas enerxías renovables e non renovables. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento da competenciadixital, estimulando o manexo de estratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software eaproveitar e analizar criticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáAs actividades Pensa... (páxina 188), Resolve o problema (páxina 195) e os contidos sobre as medidas para loitarcontra a dilapidación enerxética e sobre as características da arquitectura bioclimática e a casa ecolóxica (páxinas190-191), tratan de resaltar a necesidade de considerar a enerxía como un ben escaso, caro e contaminante. Encoherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica as actitudes quepretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 197) para fomentar o aforro enerxético.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que mostran as manifestacións da enerxía e as súas transformacións e as fotografías e debuxos quemostran o funcionamento das distintas centrais enerxéticas e os esquemas da casa ecolóxica, contribúen ao desenvolvementodesta competencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo require poñer enfuncionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecerse con diferentes realidades domundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba... e Compara... tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa (páxina 188), Observa e experimenta (páxina 193), Exercita a túa memoria, Aplica oteu coñecemento (páxina 194) e Resolve o problema (páxina 195) permiten ser conscientes do que se sabe e doque é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas, identificar e manexara diversidade de respostas posibles diante dunha mesma situación ou problema utilizando diversas estratexias emetodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa información dispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 196) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos pre-


PROGRAMACIÓN79vios e coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalAs actividades Comproba..., Compara... e Observa e experimenta (páxina193) permiten desenvolver a capacidadede elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos e de levar adiante as accións necesarias para desenvolveras opcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificare levar a cabo proxectos. Require, polo tanto, poder reelaborar as formulacións previas ou elaborar novas ideas,buscar solucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 179) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de xeito que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Soporte vertical e suxeitadores de soporte (noces).• Unha dinamo de bicicleta unida por un cable co foco.• Unha corda atada a unha pedra e outra atada a unha pelota.• Un bote cilíndrico con tapa, unha goma elástica e unha porca.• Cinta métrica ou regra.• Dúas bobinas de fío (grande e pequena) e un lapis.• Tapón de cortiza, mondadentes e soporte de madeira.• Cinta adhesiva, plastilina e anacos de cartón.Libros• AGUILAR, J. e SENENT, F. Cuestiones de Física. Editorial Reverté.• ARDLEY, N. Diccionario de la Ciencia. Editorial Plaza & Janés.• ARDLEY, N. 101 grandes experimentos. Ediciones B.• BLANCO PRIETO, F. Física cotidiana, Editorial Alhambra.• BRYANT, D. Física. Ediciones Pirámide.• CHALLONER, J. Energía. Ciencia visual. Ediciones Altea. Santillana.• CLARK, J. Materia y energía. Editorial Debate.• ESTEBAN, A. ¿Qué es la energía? Granada Ediciones.• FERNÁNDEZ, J. Atlas de física. Ediciones Jover.• HANN, J. Ciencia en tus manos. Editorial Plaza & Janés. Tusquets.• HANN, J. Guía práctica ilustrada para los amantes de la ciencia. Editorial Blume.• JENNINGS, T. El calor. Ediciones SM.• MUÑOZ, J. e col. Atlas de física. Edibook.• ORTIZ, M. T. e SANTOS, M. Física cercana. Editorial Bruño.• PERELMAN, Y. Física recreativa. Mr Ediciones.• PUIGDOMÉNECH ROSELL, P. Los caminos de la Física. Salvat Editores.• UNESCO. Nuevo manual de la Unesco para la enseñanza de las ciencias. Edhasa.• VARIOS. Enciclopedia de la Ciencia. Susaeta Ediciones.• VARIOS. Experimentos Quest. Ediciones Rialp.• VARIOS. Física (Physical Science Study Committee). Editorial Reverté.• VARIOS. Guía didáctica de la energía. IDAE. MOPU.• VARIOS. La construcción de las ciencias físico- químicas. Editorial Nau Llibres.• VARIOS. Manuales de energías renovables. MICYT. Edición especial Cinco Días. Grupo de Estudios Económicos.• VARIOS. ¿Qué es qué? Ediciones Altea.• VITA-FINZI, C. La energía. ¿Cómo se obtiene y cómo se utiliza? Parramón Ediciones.• WICKS, K. Ciencia recreativa. Marcombo.Revistas mensuais• Investigación y Ciencia.• Muy Interesante.• Enseñanza de las Ciencias.• Alambique.


80PROGRAMACIÓNVídeosVídeos para a ensinanza da Física en:http://www.tecnoedu.com/Videos/VideoFis.phphttp://www.catedu.es/cienciaragon/http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/intro/video/video_4.xhtmlhttp://www.umce.cl/~fisica/REC_AUDIOVISUALES.htmConsultar en Asociación Española de Cine e Imagen Científicos (programa de cine científico FECYT). Tel.: 915 646 912.Pola grande abundancia e diversidade de títulos, é conveniente contactar cos servizos de videoteca dos Centros deProfesores e de diferentes editoriais, como Enciclopedia Británica, Open University, Serveis de Cultura Popular, SanPablo, TVE, Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, UNED e coas diferentes canles de televisión.SoftwareCD-ROM. Enciclopedia de la Ciencia 2.0. Colección Millenium. Dorling Kindersley.CD-ROM. Juega con las Ciencias. Colección Millenium. Dorling Kindersley.CD-ROM. Descargas do Portal aragonés para o ensino da física e a química en secundaria:http://www.catedu.es/cienciaragon/index.php?option=com_content&task=section&id=13&Itemid=131Software sobre o ensino da física en:http://www.fisicarecreativa.com/sitios_vinculos/fisica_sg_vinc/physics_sg1.htmhttp://www.tesa.com.ar/Soft/Fisica.phpO ensino das matemáticas, física e química asistida en:http://w3.cnice.mec.es/recursos/pntic98/bachillerato.htmAmbientais• Visitar algunha central eléctrica e comprobar como se almacena, se transforma e se transporta a enerxía, segundosexa unha central hidroeléctrica, térmica, eólica, etcétera.• Visitar museos e casas da ciencia que presenten experiencias interactivas para comprobar as diferentes transformaciónsda enerxía, o principio de conservación, o funcionamento das máquinas, etcétera.• Poden realizarse visitas a algunha central hidroeléctrica, térmica, eólica, etcétera.Persoais• Realizar experiencias caseiras e sinxelas, que non resulten perigosas, coa bicicleta ou unha dinamo, para comprobaras transformacións da enerxía.• Participar en debates e asociacións ecoloxistas e interesarse polos distintos tipos de enerxías alternativas e a problemáticaambiental que ocasiona a dilapidación enerxética.• Observar as consecuencias ambientais que ocasionan algunhas transformacións enerxéticas, como a contaminaciónprovocada polos automóbiles ou as calefaccións e aproveitar as vacacións para realizar excursións e comprobara contaminación e o impacto ambiental causados pola extracción dalgúns combustibles, como o carbón.• Elaborar murais ou informes sobre as distintas centrais de enerxía que os alumnos e alumnas viron nos lugaresque visitasen e conseguir información dos seus familiares e amizades para que lles indiquen de onde chega a enerxíaeléctrica que reciben na súa localidade.InternetCentro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://www.cnice.mec.es/Ofrece unha gran variedade de recursos para a aula: laboratorio virtual de Física; Física con ordenador: un recursointeractivo; Física para a ESO; un proceso moi corrente: medir; etcétera.Recursos educativos CEPA Pablo Guzmánhttp://centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/lecciones_fisica/index.htmNesta web podes atopar abundante información sobre a enerxía e as fontes de enerxía.Greenpeacehttp://www.greenpeace.org/espana/campaigns/energ-a/energ-a-limpia/renovablesEsta web de Greenpeace contén excelentes esquemas sobre enerxías renovables.


PROGRAMACIÓN81Centro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://newton.cnice.mec.es/3eso/energia/index.htmlUnidade didáctica sobre a enerxía.Chemediahttp://www.chemedia.com/É un portal da ciencia e a técnica en Iberoamérica que ofrece información, recursos, experimentos, etc., de numerosaspólas da ciencia: física, química, nutrición, ambiente, etcétera.The physics classroom tutorialhttp://www.glenbrook.k12.il.us/gbssci/phys/Class/Bboard.html#energyCurso de Física interactiva. O capítulo dedicado a enerxía, traballo e potencia inclúe a explicación, mediante diversosexemplos e actividades animadas e interactivas, dos conceptos fundamentais, con numerosos exercicios e problemasresoltos.Universidade do País Vascohttp://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/dinamica/dinamica.htmEstudo da dinámica con experiencias interactivas. Inclúe o estudo da enerxía e o traballo e a conservación da enerxía.M. Casco Associateshttp://www.mcasco.com/p1outln.htmlÉ un curso sobre a mecánica clásica con applets moi sinxelos que explican e complementan os conceptos. Pertenceá empresa M. Casco Associates, que ofrece tamén software de Física gratuíto.Visual Physicshttp://library.thinkquest.org/10170/main.htmOutro gran traballo, con applets de nivel elemental, sobre aspectos de dinámica, como a enerxíae o traballo. Páxina moi ben construída, onde se complementan os applets con gráficos explicativos.Off Campushttp://www.offcampus.es/interactivo.dir/recursos/labo.htmContén diversos experimentos sobre a enerxía: a potencia das pernas, engrenaxes, rodamentos, conservación daenerxía.Centro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://www.pntic.mec.esOfrece unha gran variedade de recursos para a aula: laboratorio virtual de física; Física con ordenador, un recursointeractivo; Física para a ESO, etcétera.European Enviroment Agencyhttp://themes.eea.eu.int/theme.php/activities/energyA páxina web da Axencia Europea do Ambiente contén información sobre a utilización de enerxías renovables e nonrenovables e a súa influencia no medio.Léctornethttp://www.lector.net/verfeb00/salud6.htmOfrece información sobre o uso das enerxías non renovables, o impacto ambiental e a súa influencia sobre a saúdehumana.


82PROGRAMACIÓNUNIDADE 10: Calor e temperaturaObxectivosa) Describir a natureza da enerxía interna dunha substancia e relacionala coa axitación ou enerxía cinética das partículasque a compoñen.b) Comprender que a temperatura é unha magnitude da materia relacionada coa súa enerxía interna, explicar comose mide e cales son as súas unidades.c) Distinguir os conceptos de temperatura e calor: a súa relación e a diferenza entre ambos os conceptos.d) Descubrir, coñecer e explicar os efectos da calor sobre os corpos: variación da súa temperatura, dilatación e cambiosde estado.e) Experimentar coa calor e descubrir que flúe ou se propaga por condución, radiación e convección.f) Comprobar que existen corpos bos e malos condutores da calor e valorar a importancia dos materiais que actúancomo illantes térmicos.g) Valorar a busca de novas fontes de enerxía e o desenvolvemento de novas tecnoloxías que permitiron a construciónde máquinas e ferramentas, cada vez máis sofisticadas, que facilitan a realización do traballo, como amáquina de vapor e o motor de gasolina.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Suxerir cuestións que susciten un debate sobre a natureza da calor e as súas aplicacións e a diferenza entre calore temperatura. O obxectivo é desenvolver a capacidade de ler, escoitar e ter en conta opinións distintas ás propias.• Definir conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á calor, os seus efectos e as súasformas de propagación.• Estruturar o coñecemento sobre a temperatura, a calor, os cambios de estado, a propagación da calor e a utilidadeda calor nos motores de combustión.Competencia matemática• Interpretar os gráficos e os datos relativos aos sucesivos cambios de estado.• Elaborar esquemas e debuxos que permitan comprender o funcionamento dos motores de combustión interna eexterna.• Análise comparativa entre as escalas Celsius e Fahrenheit, e estudo das fórmulas que permiten a conversión dosdatos entre ambas as dúas escalas.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas co obxectivo de comprender os conceptosde calor e temperatura.• Poñer en práctica procesos de indagación científica, realizar observacións, directas ou indirectas, sobre a dilatacióne os cambios de estado.• Suxerir e contrastar hipóteses sobre as formas de propagación da calor.• Reflexionar sobre a calor como unha fonte de enerxía, cuxa utilización provocou fondas transformacións sociaisao longo da historia.Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar as ilustracións e esquemas para comprender os procesos de transferencia de calor e os cambios deestado.• Analizar a información que proporcionan os debuxos para comprender o funcionamento dos motores de combustióninterna e externa.• Utilizar diversas páxinas web para obter información sobre os cambios de estado e os diferentes tipos de motoresde combustión.Competencia social e cidadá• Tomar conciencia da importancia da máquina de vapor como elemento desencadeante da primeirarevolución industrial, e do motor de combustión interna, como desencadeante da segunda revolución industrial.• Valorar a importancia dos illantes térmicos, como elemento de aforro enerxético nas vivendas.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar analizando os diversos procesos da natureza debido a cambios de estado e a mecanismos detransferencia de calor.• Utilizar os esquemas e debuxos dos motores de combustión, para desenvolver a creatividade e para gozar apreciandoo funcionamento destes sistemas.


PROGRAMACIÓN83Competencia para aprender a aprender• Adaptar as observacións particulares de fenómenos naturais ás teorías xerais sobre a calor e a temperatura.• Suxerir preguntas sobre os procesos de transferencia de calor e cambios de estado e obter respostas utilizandodiversas estratexias e metodoloxías que permitan valorar a información dispoñible.Autonomía e iniciativa persoal• Suxerir interrogantes que pretenden estimular a iniciativa persoal e a procura de información sobre os procesosrelacionados coa calor.• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coñecemento dos fenómenos observados no noso contornonatural.ContidosCONCEPTOS• Un mundo moi axitado: a enerxía interna.• Efectos da calor sobre os corpos.• A calor móvese e flúe: propágase.• Utilización da calor: motores de combustión.PROCEDEMENTOS• Deseño e realización de experiencias que permitan apreciar indirectamente a axitación interna das moléculas deauga.• Realización de investigacións sobre as formas de incrementar a enerxía interna dun corpo.• Realización de experimentos sinxelos para analizar e cuantificar algúns efectos da calor sobre os corpos, como adilatación dos gases.• Observación e comparación das medidas da temperatura entre as escalas Celsius e Fahrenheit.• Deseño e realización de experiencias e investigacións que permitan medir e obter datos, construír e usar táboase gráficos, recoñecer causa-efecto e formular hipóteses que poñan de manifesto os cambios de estado que teñenlugar ao quentar un recipiente con xeo.• Observación, deseño e realización de experiencias sinxelas para distinguir as distintas formas de propagación dacalor.• Experimentación con distintos corpos para comprobar o carácter condutor ou illante da calor.• Deseño de experiencias para comprobar o funcionamento dun barco de vapor.• Construción dun destilador de auga mediante a utilización da calor do Sol como fonte de enerxía.ACTITUDES• Valoración da importancia da enerxía e a súa influencia na calidade de vida.• Interese por realizar traballos con orde e limpeza.• Actitude rigorosa e científica na realización de experimentos e na aplicación de procedementos de investigación.• Colaboración positiva e respecto aos demais nas actividades conxuntas.• Respecto á realidade dos datos e observacións, aínda que contradigan as hipóteses ou desexos propios.• Sensibilización ante a necesidade de adoptar medidas encamiñadas a favorecer o illamento térmico das vivendascomo contribución ao aforro enerxético.• Reflexión sobre a importancia da utilización da calor como fonte de enerxía nos motores de combustión.• Valoración da busca de novas fontes de enerxía e do desenvolvemento de novas tecnoloxías como motor da evoluciónhumana e da civilización, que permitiron a construción de máquinas que facilitan a realización do traballo,como a máquina de vapor e o motor de gasolina.• Valoración da importancia da máquina de vapor como elemento desencadeante da primeira revolución industriale do motor de combustión interna, que utiliza como combustible os derivados do petróleo, como elemento desencadeanteda segunda revolución industrial e toma de conciencia das fondas transformacións que causaron nos sistemasde traballo e na estrutura da sociedade.Criterios de avaliacióna.1) Realiza investigacións que permiten apreciar indirectamente a axitación interna das moléculas da auga.b.1) Coñece as ecuacións ou fórmulas que permiten converter os graos Celsius en graos Fahrenheit e aplícaas paraa resolución de problemas sinxelos.c.1) Comprende os conceptos de calor e temperatura e as unidades en que se miden.c.2) Entende o concepto de calor como unha forma de «enerxía en tránsito», coñece as unidades en que se mide edistingue a diferenza entre o termo calor no seu sentido científico e o sentido coloquial do termo.


84PROGRAMACIÓNd.1) Describe os efectos que producen as variacións de temperatura nalgúns corpos: os cambios de estado e adilatación.d.2) Interpreta gráficas que permiten describir os cambios de estado que se producen cando se quenta un recipientecon xeo.e.1) Coñece as diferentes formas de propagación da calor e cal é o medio de transmisión en cada caso.f.1) Deseña experiencias que permiten comprobar se un material é bo ou mal condutor da calor e diferenciar entremateriais condutores e illantes.g.1) Describe o funcionamento da máquina de vapor e do motor de gasolina de catro tempos.g.2) Valora a importancia da máquina de vapor como elemento desencadeante da primeira revolución industriale do motor de combustión interna como elemento desencadeante da segunda revolución industrial e valoraas fondas transformacións que causaron ambos descubrimentos nos sistemas de traballo e na estrutura dasociedade.Orientacións metodolóxicasAo longo desta unidade preséntase o mesmo problema en varias ocasións e é que algúns termos teñen un significadofísico preciso que non sempre se axusta ao sentido que ten na linguaxe coloquial. Isto acontece co conceptode calor e coa diferenza entre calor e temperatura. Convén, xa que logo, poñer de manifesto as ideas previas queteñen os nosos alumnos e alumnas sobre estas cuestións e, a partir delas, establecer pontes e conexións que nospermitan aloxar correctamente nos seus esquemas conceptuais os conceptos físicos que aparecen nesta unidade,co obxectivo de favorecer a súa comprensión e memorización, de maneira que poidan utilizalos máis tarde para aresolución de problemas da vida cotiá.A actividade Compara dúas formas de incrementar a enerxía interna dun corpo (páxina 201) pretende resaltaro feito de que se pode incrementar a axitación interna das partículas dun corpo e, polo tanto, a súa temperatura,de distintas formas, como por exemplo, subministrando calor ou mediante o rozamento e a fricción.Na actividade Comproba como podes inflar un globo sen ter que soprar (páxina 202) realízase unha sinxelaexperiencia para demostrar que os gases tamén se dilatan pola calor. Preténdese que os alumnos e alumnas reflexionensobre como pequenos cambios de temperatura dos corpos poden ser claramente observables: unha botellafría non presenta ningunha diferenza dunha botella quente, non se ve o aire do seu interior, pero podemos apreciara dilatación do aire con axuda dun pequeno globo.Na actividade Compara a gradación das escala Celsius e a escala Fahrenheit (páxina 203) estúdase unhaaplicación práctica da dilatación: o termómetro e as diferentes escalas graduadas de temperatura (a de Celsius e ade Fahrenheit; omitiuse a de Kelvin).A actividade Pensa... (páxina 203) introduce os alumnos e alumnas na utilización do método científico, co obxectivode que realicen experiencias e investigacións que lles permitan medir e obter datos, construír e usar táboas egráficos, recoñecer causa-efecto e formular hipóteses que poñan de manifesto os cambios de estado que teñen lugarao quentar un recipiente con xeo.Na actividade Comproba como podes indagar se un material é bo condutor da calor (páxina 204) explícanseas diferenzas entre condutores e illantes da calor, feito que pode servir para explicar as utilidades que poden teros illantes na confección de pezas de abrigo e na construción.Os debuxos e esquemas da páxina 205 ilustran as distintas formas de propagación da calor e nas páxinas 206-207ilústranse os esquemas dunha máquina de vapor e dun motor de gasolina de catro tempos, que facilitan a comprensióndo seu funcionamento.Por último, a actividade Observa e experimenta (páxina 209) pretende que os alumnos e alumnas constrúan undestilador de auga con utensilios caseiros, que funciona con enerxía solar, e presten atención aos diferentes cambiosde estado que teñen lugar durante o proceso de destilación de auga.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 199) suxire no inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre a natureza da calore as súas aplicacións e a diferenza entre calor e temperatura, que suscitan un debate no cal se debe estimular odesenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidadee espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións, e de aceptar erealizar críticas con espírito construtivo.


PROGRAMACIÓN85As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender a realidade da natureza da calor, dos seus efectos sobre os corpos, as súasformas de propagarse e as súas aplicacións, así como a natureza da temperatura como magnitude que mide a enerxíainterna dos corpos, e organizar e autorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmotempo, desenvólvense destrezas lingüísticas ao definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactarrespostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 208) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre a calor e a temperatura,que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribir textos sinxelosen diferentes linguas e utilizar ditas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstrase destacado en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 208), pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre diversos fenómenos relacionados coa temperatura como magnitude que mide a enerxía interna, coa calorcomo unha forma de enerxía en tránsito, a dilatación e os cambios de estado como efectos da calor sobre os corpos,a propagación da calor mediante condución, radiación e convección e a utilización da calor no motor de combustióne fomentar neles a habilidade para extraer a información esencial tras a lectura da unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 213), xunto coa cuestión que se expón aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que te podenaxudar (páxina 213) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida que os elementos e razoamentos matemáticos básicos son utilizadosno estudo da calor e a temperatura para se afrontar e dar explicación a aquelas situacións que o precisan:• Deseño de experiencias, realización de medidas e análise de datos que permitan comprobar os sucesivos cambiosde estado.• Interpretación de debuxos e esquemas que permitan comprender o funcionamento de diversos motores de combustióninterna e externa, como a máquina de vapor.• Análise comparativa entre as escalas Celsius e Fahrenheit de medida da temperatura e estudo das fórmulas quepermiten a conversión dos datos entre ambas as escalas.• Análise dos elementos que interveñen no illamento térmico.• Interpretación de diagramas e gráficas sobre a dilatación dos corpos e as formas de propagación da calor.• Interpretación de diagramas e gráficas que permitan comprender a natureza das correntes de convección e a súaparticipación no voo dalgunhas aves e dos avións sen motor.• Toma de datos e realización de medidas para construír un modelo de destilador de auga.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoAs actividades Observa e experimenta (páxina 209), Aplica o teu coñecemento (páxina 210) e Resolve o problema(páxina 211) permiten o desenvolvemento desta competencia, que fai posible identificar preguntas ou problemase obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de comprender a temperatura como magnitude quemide a enerxía interna e a calor como unha forma de enerxía en tránsito.O feito de comprender que se pode incrementar a axitación interna das partículas dun corpo e, polo tanto, a súa temperatura,subministrando calor ou mediante o rozamento e a fricción, e coñecer que a calor é unha forma de enerxíaque se transfire, transfórmase e pode realizar traballo, implica a habilidade progresiva para poñer en práctica osprocesos de indagación científica: realizar observacións directas e indirectas de diversos fenómenos físicos; formularpreguntas; localizar, obter, analizar e representar información cualitativa e cuantitativa sobre a dilatación e oscambios de estado, que son efectos da calor sobre os corpos; expoñer e contrastar hipóteses sobre a propagaciónda calor mediante condución, radiación e convección e realizar predicións e inferencias sobre a utilización da calorno motor de combustión e as súas consecuencias históricas, sociais e ambientais.A axeitada percepción do espazo físico en que se desenvolve a actividade humana, así como a habilidade para interactuarco espazo circundante ponse de manifesto nas actividades Compara…, Comproba… e Pensa (páxina203), ao reflexionar sobre a calor como unha forma de enerxía (as súas fontes son escasas, caras e contaminantes),cuxa utilización provocou profundas transformacións sociais no transcurso da historia da humanidade.


86PROGRAMACIÓNTratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para a comprensión da natureza da calore a temperatura, os seus efectos, formas de propagación e de utilización: seccións, detalles ampliados, vistas defronte ou de perfil e modelos a escala esixen de destrezas de razoamento para analizar a información que proporcionanos debuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 212) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.Deseñar experimentos para comprobar os efectos da calor sobre os corpos, a natureza dos illantes térmicos ou ofuncionamento dun barco de vapor en compañía de afeccionados á física, analizar os datos proporcionados polasgráficas para coñecer os cambios de estado e coñecer o funcionamento dun motor de gasolina de catro tempos,esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa, na resolución de problemasreais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 208) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre os fenómenos relacionadoscoa calor e a temperatura e os sitios onde se pode descargar información sobre o funcionamento do motorde combustión interna e externa. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento da competencia dixital, estimulandoo manexo de estratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software e aproveitar e analizarcriticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáA actividade Lazos co medio (páxina 207) pretende reflexionar sobre a importancia da máquina de vapor como elementodesencadeante da primeira revolución industrial e do motor de combustión interna, que utiliza como combustibleos derivados do petróleo, como elemento desencadeante da segunda revolución industrial e valorar as profundastransformacións que causaron ambos os descubrimentos nos sistemas de traballo e na estrutura da sociedade.A Ciencia explícanos o mundo (páxina 213) reflexiona sobre o quecemento global e como está a influír no cambioclimático en Galicia e, en coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas até aquí, son parte desta competenciabásica as actitudes que pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 213) para fomentar o aforroenerxético mediante a utilización do illamento térmico nas vivendas.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que mostran a natureza da calor, dos seus efectos sobre os corpos, as súas formas de propagarse eas súas aplicacións, así como a natureza da temperatura como magnitude que mide a enerxía interna dos corpos, eas fotografías e debuxos que mostran o funcionamento dos distintos tipos de motores de combustión, contribúen aodesenvolvemento desta competencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo requirepoñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade, ao percibir e enriquecerse con diferentes realidadesdo mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba e Compara tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa (páxina 203), Observa e experimenta (páxina 209), Exercita a túa memoria (páxina210), Aplica o teu coñecemento (páxina 210) e Resolve o problema (páxina 211) permiten ser consciente doque se sabe e do que é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas, identificare manexar a diversidade de respostas posibles diante dunha mesma situación ou problema utilizando diversasestratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa informacióndispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 212) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalAs actividades Comproba…, Compara… e Observa e experimenta (páxina 209) permiten desenvolver a capa-


PROGRAMACIÓN87cidade de elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolveras opcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificare levar a cabo proxectos. Require, polo tanto, poder reelaborar as formulacións previas ou elaborar novasideas, buscar solucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 199) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de xeito que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Chisqueiro de butano, reixa e termómetro.• Dous recipientes, un con auga fría e outro con auga quente.• Algún colorante (tinta, por exemplo).• Vasos de precipitado pirex (para quentar auga).• Botella de vidro e un globo.• Culleres de distintos materiais (aceiro, plástico e madeira) e un tubo de vidro.• Manteiga e pedras de azucre.• Madeira de ocume, serra de calar, arames, tubo de vidro con tapón de cortiza ou estoxo metálico dun cigarro puroe gomas.• Auga da billa salgada, estrutura metálica dunha lámpada ou arame, bolsa de plástico transparente e cinta adhesiva,bandexa de plástico de cor negra, vaso de vidro e unha pedra redonda.Libros• AGUILAR, J e SENENT, F. Cuestiones de Física. Editorial Reverté.• ARDLEY, N. Diccionario de la Ciencia. Editorial Plaza & Janés.• ARDLEY, N. 101 grandes experimentos. Ediciones B.• BLANCO PRIETO, F. Física cotidiana, Editorial Alhambra.• BRYANT, D. Física. Ediciones Pirámide.• CHALLONER, J. Energía. Ciencia visual. Ediciones Altea. Santillana.• CLARK, J. Materia y energía. Editorial Debate.• ESTEBAN, A. ¿Qué es la energía? Granada Ediciones.• FERNÁNDEZ, J. Atlas de física. Ediciones Jover.• HANN, J. Ciencia en tus manos. Editorial Plaza & Janés. Tusquets.• HANN, J. Guía práctica ilustrada para los amantes de la ciencia. Editorial Blume.• JENNINGS, T. El calor. Ediciones SM.• MUÑOZ, J. e col. Atlas de física. Edibook.• ORTIZ, M. T. e SANTOS, M. Física cercana. Editorial Bruño.• PERELMAN, Y. Física recreativa. Mr Ediciones.• PUIGDOMÉNECH ROSELL, P. Los caminos de la Física. Salvat Editores.• UNESCO. Nuevo manual de la Unesco para la enseñanza de las ciencias. Edhasa.• VARIOS. Enciclopedia de la Ciencia. Susaeta Ediciones.• VARIOS. Experimentos Quest. Ediciones Rialp.• VARIOS. Física (Physical Science Study Committee). Editorial Reverté.• VARIOS. Guía didáctica de la energía. IDAE. MOPU.• VARIOS. La construcción de las ciencias físico-químicas. Editorial Nau Llibres.• VARIOS. Manuales de energías renovables. MICYT. Edición especial Cinco Días. Grupo de Estudios económicos.• VARIOS. ¿Qué es qué? Ediciones Altea.• VITA-FINZI, C. La energía. ¿Cómo se obtiene y cómo se utiliza? Parramón Ediciones.• WICKS, K. Ciencia recreativa. Marcombo.Revistas mensuais• Investigación y Ciencia.• Muy Interesante.• Enseñanza de las Ciencias.• Alambique.


88PROGRAMACIÓNSoftware• CD-ROM. Enciclopedia de la Ciencia 2.0. Colección Millenium. Dorling Kindersley.• CD-ROM. Juega con las Ciencias. Colección Millenium. Dorling Kindersley.• CD-ROM. Descargas do Portal aragonés para o ensino da física e a química en secundaria:http://www.catedu.es/cienciaragon/index.php?option=com_content&task=section&id=13&Itemid=131Software sobre o ensino da física en:• http://www.fisicarecreativa.com/sitios_vinculos/fisica_sg_vinc/physics_sg1.htmhttp://www.tesa.com.ar/Soft/Fisica.phpO ensino das matemáticas, física e química asistida en:• http://w3.cnice.mec.es/recursos/pntic98/bachillerato.htmVídeosVídeos para o ensino da Física en:• http://www.tecnoedu.com/Videos/VideoFis.php• http://www.catedu.es/cienciaragon/• http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/intro/video/video_4.xhtml• http://www.umce.cl/~fisica/REC_AUDIOVISUALES.htmConsultar na Asociación Española de Cine e Imagen Científicos (programa de cine científico FECYT). Tel.: 915 646 912.Pola grande abundancia e diversidade de títulos, é conveniente contactar cos servizos de videoteca dos Centros deProfesores e de diferentes editoriais, como Enciclopedia Británica, Open University, Serveis de Cultura Popular, SanPablo, TVE, Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, UNED e coas diferentes canles de televisión.Ambientais• Visitar algunha fábrica de automóbiles.• Visitar museos e casas da ciencia que presenten experiencias interactivas para comprobar os efectos da calorsobre os corpos, as súas formas de propagación, o funcionamento dos motores de combustión, etcétera.• Poden realizarse visitas a algunha central térmica para comprobar o funcionamento das turbinas de vapor.• Asistir a conferencias e debates sobre a importancia histórica da máquina de vapor e do motor de combustióninterna na transformación da sociedade.Persoais• Realizar experiencias caseiras e sinxelas, que non resulten perigosas, para comprobar as distintas formas de incrementara enerxía interna e, xa que logo, a temperatura dos corpos, para observar os cambios de estado do xeocando se quenta, para comprobar a dilatación dos gases ou para comprobar se un material é bo ou mal condutorda calor.• Participar en debates sobre a necesidade de illar termicamente as vivendas, como medida de aforro enerxético.• Observar as consecuencias ambientais que ocasionan os motores de combustión interna e comprobar a contaminacióne o impacto ambiental causados pola extracción dalgúns combustibles, como o carbón e o petróleo.• Elaborar murais ou informes sobre as distintas fábricas de automóbiles que os alumnos e alumnas viron nos lugaresque visitaron e recoller información dos seus familiares e amizades para que lles indiquen as vantaxes e inconvenientesdos motores que utilizan.InternetCentro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://www.cnice.mec.es/Ofrece unha gran variedade de recursos para a aula: laboratorio virtual de Física; Física con ordenador, un recursointeractivo; Física para a ESO; un proceso moi corrente, medir; etcétera.Centro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://recursos.cnice.mec.es/quimica/ulloa1/segundo/inicio.htmEstudo da enerxía, a calor e a temperatura.Recursos educativos CEPA Pablo Guzmánhttp://centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/lecciones_fisica/index.htmNesta web podes atopar abundante información sobre a enerxía e as fontes de enerxía.


PROGRAMACIÓN89Centro nacional de información e comunicación educativa (CNICE)http://newton.cnice.mec.es/3eso/energia/index.htmlUnidade didáctica sobre a enerxía.C.P. Garcilaso de la Vegahttp://centros4.pntic.mec.es/~garcil2/index.htmlExcelente web con animacións sobre o funcionamento de distintos tipos de motores de combustión.The physics classroom tutorialhttp://www.glenbrook.k12.il.us/gbssci/phys/Class/Bboard.html#energyCurso de Física interactiva. O capítulo dedicado á enerxía, traballo e potencia inclúe a explicación, mediante diversosexemplos e actividades animadas e interactivas, dos conceptos fundamentais, con numerosos exercicios e problemasresoltos.Universidade do País Vascohttp://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/dinamica/dinamica.htmEstudo da dinámica con experiencias interactivas. Inclúe o estudo da enerxía e o traballoe a conservación da enerxía.Visual Physicshttp://library.thinkquest.org/10170/main.htmOutro gran traballo, con applets de nivel elemental, sobre aspectos de dinámica, como a enerxíae o traballo. Páxina moi ben construída, onde se complementan os applets con gráficos explicativos.Off campushttp://www.offcampus.es/interactivo.dir/recursos/labo.htmContén diversos experimentos sobre a enerxía: a potencia das pernas, engrenaxes, rodamentos, conservación daenerxía.Chemediahttp://www.chemedia.com/É un portal da ciencia e da técnica en Iberoamérica que ofrece información, recursos, experimentos, etc., de numerosaspólas da ciencia.Centro Unesco Euskal Herriahttp://www.unescoeh.org/manual/html/energia.htmlPáxina monográfica sobre a enerxía e os seus usos. Contén actividades e xogos de simulación.


90PROGRAMACIÓNUNIDADE 11: Enerxía e ondas: luz e sonObxectivosa) Comprender a natureza do movemento ondulatorio e as características que definen unha onda.b) Coñecer que a luz e o son son dúas formas diferentes de propagación da enerxía en forma de ondas.c) Explicar a formación do eco como resultado da reflexión do son e analizar algunha das súas aplicacións, como o sónar.d) Describir a natureza da luz e das radiacións que compoñen o espectro electromagnético.e) Comprender os fundamentos da reflexión e a refracción da luz.f) Deseñar experimentos sinxelos que permitan comprender a propagación da luz e a formación de imaxes nos espellose lentes.g) Coñecer as aplicacións dos espellos e das lentes para a construción de instrumentos ópticos e para a correccióndalgunhas anomalías da visión.h) Observar a síntese aditiva das cores-luz e a síntese subtractiva das cores-pigmento.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre a natureza das ondas, as súas características e os diversos tipos de ondas existentes.• Formularse interrogantes sobre a propagación das ondas e sobre fenómenos como a reflexión e a refracción.• Describir os principais conceptos de óptica e acústica tratados ao longo da unidade.Competencia matemática• Resolución de problemas sinxelos sobre a velocidade de propagación das ondas sonoras e luminosas.• Interpretar debuxos e esquemas que permitan comprender a forma en que se propagan a luz e o son e fenómenoscomo a reflexión e a refracción.• Elaborar esquemas sinxelos para determinar a traxectoria dos raios luminosos e así interpretar as imaxes que seforman nos espellos e nas lentes.• Aplicar as leis da reflexión e da refracción para explicar diversos fenómenos ópticos da vida cotiá.Competencia no coñecemento e interacción co medio físico• Identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, co obxecto de entender fenómenoscomo o eco, as interferencias, a reverberación e o fundamento científico das ecografías, o sónar, etcétera.• Comprender a natureza da luz, como se propaga, como se dispersa nun prisma, como se reflicte nun espello ecomo se refracta nunha lente.• Poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizar observacións de diversos fenómenos ópticos esonoros da vida cotiá, así como do proceso de formación das cores.Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar ilustracións e esquemas para comprender os procesos de propagación de ondas sonoras e luminosas, anatureza da luz e os conceptos de lonxitude de onda e frecuencia.• Analizar a información que proporcionan os debuxos para comprender a estrutura e funcionamento do ollo e fenómenoscomo o eco, o arco iris, a formación de imaxes nos espellos, a utilidade dos diversos tipos de lentes, etcétera.• Usar diversas páxinas web sobre os fenómenos relacionados coa luz e o son.Competencia social e cidadá• Comprender os posibles efectos nocivos para a saúde de determinadas radiacións como a ultravioleta.• Concienciarse da importancia das aplicacións prácticas da óptica para a construción de instrumentos ópticos utilizadosna vida cotiá.• Entender o aproveitamento que os seres humanos obtivemos da comprensión das ondas sonoras.Competencia cultural e artística• Utilizar os esquemas e debuxos das ondas sonoras e lumínicas para desenvolver a creatividade e a imaxinación.• Apreciar e gozar observando fenómenos ópticos e sonoros no noso contorno natural: o arco da vella, o eco, arefracción na auga, a formación das cores, etcétera.Competencia para aprender a aprender• Adaptar as observacións particulares de fenómenos ópticos e sonoros ás teorías xerais sobre a natureza da luz edo son e sobre as súas formas de propagación.• Desenvolver habilidades para obter información sobre os procesos de propagación da luz e do son e transformalaen coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previos e coa propiaexperiencia persoal.


PROGRAMACIÓN91Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e aptitudes relacionados coa importancia para a saúde e para o progreso científico de cienciascomo a óptica e a acústica.• Expoñer interrogantes que pretenden estimular a iniciativa persoal e a busca de información acerca dos fenómenosópticos e sonoros.• Estruturar o coñecemento sobre a natureza das ondas, as súas características e os diversos tipos de ondas existentes.• Suxerirse interrogantes sobre a propagación das ondas e sobre fenómenos como a reflexión e a refracción.• Describir os principais conceptos de óptica e acústica tratados ao longo da unidad.ContidosCONCEPTOS• Ondas: unha forma estraña de viaxar.• As ondas sonoras: tras as pegadas do son.• O eco: a reflexión do son.• Luz: enerxía que se propaga.• A luz propágase en liña recta.• Luz e cor: o espectro visible.• A luz reflíctese ou rebota.• A luz refráctase ou desvíase.• A través das lentes.PROCEDEMENTOS• Observación da forma de propagación das ondas na auga dun estanque ou dun recipiente cando se produce unhaperturbación.• Deseño e realización de experiencias sinxelas que permitan comprender como se produce, se propaga e se reflicteun son.• Interpretación das imaxes que faciliten a comprensión do sónar e da ecografía.• Resolución de problemas sobre a velocidade de propagación das ondas sonoras e luminosas.• Deseño e realización de experiencias sinxelas que permitan a interpretación dos fenómenos de reflexión dasondas sonoras e de reflexión, refracción e dispersión das ondas luminosas.• Interpretación das imaxes que se forman nos espellos e nas lentes.• Aplicación das lentes na construción dalgúns instrumentos ópticos sinxelos e na corrección dalgunhas anomalíasda visión.• Deseño e realización de sinxelos experimentos encamiñados á descomposición da luz branca e á exploración dosefectos das mesturas de cores.ACTITUDES• Recoñecemento e valoración da eficacia do traballo en grupo, desenvolvemento do sentido crítico e do rigor intelectual,respectando a realidade dos datos e observacións, aínda que contradigan as hipóteses propias.• Recoñecemento e valoración da importancia dos fenómenos ondulatorios na civilización actual e da transcendenciadas súas aplicacións en diversos ámbitos da actividade humana, como as comunicacións, a investigación, asanidade, etcétera.• Valoración da importancia da utilización de determinados materiais para a construción de auditorios de músicacon gran calidade acústica.• Coñecemento e valoración dos efectos nocivos para a saúde de determinadas radiacións electromagnéticas, comoa radiación ultravioleta.Criterios de avaliacióna.1) Explica como se define unha onda.b.1) Distingue entre as formas de propagación das ondas sonoras e as electromagnéticas e compara as súas distintasvelocidades de propagación.b.2) Aplica os datos sobre propagación das ondas sonoras e luminosas para a resolución de problemas sinxelos.b.3) Deseña experimentos sinxelos que permiten comprender como se produce e se propaga un son.c.1) Coñece as causas do eco e da reverberación e explica as características que deben cumplir as superficiesreflectantes e a distancia mínima á que se deben atopar.d.1) Resolve problemas sinxelos que utilicen o concepto de raio luminoso e de propagación da luz en liña recta.


92PROGRAMACIÓNd.2) Comprende a natureza do espectro visible e a percepción das cores.e.1) Distingue os diferentes tipos de imaxes, reais ou virtuais, dereitas ou invertidas, grandes ou pequenas, que seforman como consecuencia da reflexión nos espellos e da refracción nas lentes.f.1) Analiza e explica algúns fenómenos debidos á refracción da luz.g.1) Sinala as aplicacións das lentes para a corrección dalgunhas anomalías da visión.g.2) Interpreta e elabora ilustracións científicas que permitan construír modelos de lentes, de espellos e do ollohumano, para comparar e contrastar o funcionamento das lentes e o do cristalino do ollo.h.1) Analiza a descomposición da luz branca, distingue entre cores primarias da luz e da pintura e analiza algunhasdas mesturas de cores.Orientacións metodolóxicasO movemento ondulatorio é un tema cuxa complexidade excede o nivel que sería desexable nun curso de 2.º deEducación Secundaria; porén, a formación de ondas nun estanque de auga é un fenómeno cotián que calquera dosnosos alumnos e alumnas puido observar. Baseándonos nesta observación debemos intentar que asimilen o conceptode onda como unha forma estraña de viaxar, é dicir, unha das formas que ten de propagarse a enerxía (a perturbación)sen que haxa desprazamento de materia, poñendo como exemplo o barquiño que sobe e baixa coas cristase os vales da onda, pero que non se despraza lateralmente. E esta forma de viaxar é a que utilizan dous tipos deondas que todos coñecemos: o son e a luz.O que caracteriza a cada tipo de onda é a súa lonxitude de onda, que é inversamente proporcional á súa frecuencia, e áenerxía que leva asociada. No caso das ondas sonoras, o experimento da goma ao vibrar, estudado na actividadeComproba como se produce un son (páxina 218), mostra que o son é xerado cando algo vibra e que esta vibraciónnecesita un medio material, sólido, líquido ou gasoso, para propagarse (na Lúa non oiriamos nada) (non se debe confundira necesidade dun medio material para a propagación das ondas sonoras co feito de que nos fenómenos ondulatoriosnon se propaga a materia, só se propaga a enerxía da perturbación). Os experimentos que se levaron a cabo para demostrareste fenómeno, como os de Guericke e Boyle, móstranse na actividade Lazos coa Historia da Ciencia (páxina 219)A actividade Pensa... (páxina 219) permítenos comprobar, mediante cálculos sinxelos, a distancia aproximada á que seatopa unha tormenta (sería conveniente consultar os contidos sobre a velocidade nas páxinas 258-259 da unidade 13).Unha das características de todo movemento ondulatorio é que pode sufrir reflexión cando choca cunha barreirareflectante. A reflexión do son nunha superficie que non o absorbe orixina o eco, como se comproba na actividadeComproba como se reflicte o son (páxina 220), aínda que este fenómeno require que a barreira reflectante sesitúe, como mínimo, a 17 metros da fonte que emite o son. En relación con este fenómeno, amósanse dúas aplicaciónsdo eco: a ecografía, que permite interpretar imaxes como a que mostra a actividade Lazos coa medicina(páxina 220) e o sónar (páxina 221).Outra clase de ondas son as electromagnéticas, onde se inclúe a luz, que, a diferenza das ondas sonoras, non requirenmedios materiais para a súa propagación, é dicir, propáganse á velocidade da luz tanto a través do baleiro comoa través de medios materiais. O conxunto de todas estas radiacións ordenadas en función da súa lonxitude de onda(ou da súa frecuencia) constitúe o espectro electromagnético. Evidentemente, non é este o momento nin o lugarapropiado para realizar unha disquisición sobre a natureza da luz e a dualidade onda-corpúsculo. No seu lugar, proponsea actividade Comproba como se propaga a luz en liña recta (páxina 224) que nos introduce directamenteno concepto de raio luminoso e feixe de raios, e permite comprobar que cando o medio é homoxéneo e transparente,a luz propágase en liña recta.A luz, como todo movemento ondulatorio, experimenta fenómenos de reflexión e refracción. Na actividade Comprobacomo se forma unha imaxe (páxina 226) lévase a cabo un sinxelo experimento que pon de manifesto a multiplicidadede imaxes, pequenas, grandes, dereitas, do revés, etc., que se producen nos espellos segundo sexan planos,cóncavos ou convexos. Débese destacar que a reflexión da luz non se produce unicamente cando a superficie ondeincide a luz é pulida e brillante, como un espello (reflexión especular). Todas as superficies reflicten en maior ou menormedida a luz que reciben (reflexión difusa). Debido precisamente á reflexión difusa podemos ver os obxectos; inclusoa luz sería invisible se non chocase con algo e se reflectise, como se mostra na actividade (!) da páxina 222.Outra característica da luz é que se refracta cando pasa dun medio transparente a outro de distinto índice de refracción,é dicir, a outro medio polo que viaxa con distinta velocidade. É difícil establecer unha relación causa-efecto entreo troco de velocidade que experimenta a luz e o troco de dirección que experimenta o raio refractado (talvez se poderíapoñer o exemplo dun desfile de soldados que se moven á mesma velocidade; se os do extremo dereito da formaciónvan freando o seu paso, o resultado é que a formación xira lentamente para a dereita, e viceversa). Cando os conceptosnon se poden comprender facilmente, deben converterse en feitos. Ademais, neste nivel de comprensión optamospor asociar os dous fenómenos como un único feito: cando a luz se refracta, cambia de velocidade e de dirección.


PROGRAMACIÓN93A actividade Comproba como parece distorsionarse un lapis ao pasar do aire á auga (páxina 228) e o experimentoda moeda que reaparece desta mesma páxina pretenden aumentar a motivación dos alumnos e alumnaspara que comprendan máis facilmente a formación de imaxes virtuais como consecuencia da refracción da luz. Unhadas aplicacións de máis transcendencia e utilidade social do fenómeno da refracción é a fabricación de lentes cóncavase convexas, utilizadas na construción de instrumentos ópticos, como o telescopio e o microscopio e na correccióndalgunhas anomalías da visión, como a miopía e a hipermetropía. Por último, a descomposición da luz visiblemediante un prisma e a obtención do espectro coloreado introdúcenos no mundo das cores, cuxas sumas e restaspermiten diferenciar claramente entre cores-luz e cores-pigmento, tal como se mostra na actividade Observa eexperimenta (páxina 233).Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 215) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre a propagación das ondas,a necesidade de medios materiais para a propagación do son, o espectro visible e o fenómeno da refracción da luz medianteas lentes como o cristalino, que suscitan un debate en que se debe estimular o desenvolvemento da capacidade de ler,escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar axeitadamente–en fondo e forma– as propias ideas e emocións, e de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarse mentalmente,interpretar e comprender a realidade do fenómeno ondulatorio, e organizar e autorregular o coñecementoe a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticas ao definir conceptos,identificar conceptos mal clasificados, redactar respostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 232) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre as ondas sonorase os fenómenos de reflexión e refracción da luz, que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos,así como aprender a escribir textos sinxelos en diferentes linguas e utilizar as ditas linguas en contextos comunicativosde uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstranse destacados en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 232), pretenden estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre diversos fenómenos relacionados coa natureza e propiedades das ondas, a propagación e a reflexión doson, a natureza da luz e do espectro visible, a súa propagación en liña recta, a reflexión e refracción da luz, a formaciónde imaxes mediante lentes e espellos e a síntese aditiva e subtractiva entre cores-luz e cores-pigmento, efomentar neles a habilidade para extraer a información esencial tras a lectura da unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 237), xunto coa cuestión que se expón aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que te podenaxudar (páxina 237) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida en que os elementos e razoamentos matemáticos básicosson utilizados no estudo da luz e do son para enfrontarse e dar explicación a aquelas situacións que os precisan:• Análise de datos e resolución de problemas sinxelos sobre a velocidade de propagación das ondas sonoras e luminosas.• Interpretación de debuxos e esquemas que permitan comprender o movemento ondulatorio e a propagación da luze do son.• Toma de datos e realización de medidas para construír un modelo que permita demostrar a propagación da luz enliña recta.• Realización de medidas e análise de datos que permitan deseñar experiencias encamiñadas a comprobar como sereflicte o son e a interpretar o funcionamento do sónar.• Realización de medidas e elaboración de debuxos das traxectorias dos raios luminosos que permitan interpretaras imaxes que se forman nos espellos e nas lentes.• Aplicación das leis da reflexión e da refracción para xustificar distintos fenómenos ópticos da vida cotiá.• Realización de medidas e elaboración de debuxos das traxectorias dos raios luminosos que permitan xustificar ouso de lentes cóncavas e convexas para corrixir determinadas anomalías da visión.• Análise dos elementos que interveñen na descomposición da luz branca e na síntese aditiva e subtractiva entrecores-luz e cores-pigmento.• Interpretación de diagramas e gráficas sobre a utilización dos fornos solares.


94PROGRAMACIÓNCompetencia no coñecemeento e a interacción co mundo físicoAs actividades Observa e experimenta (páxina 233) e Resolve o problema (páxina 235) permiten o desenvolvementodesta competencia, que fai posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas,coa finalidade de coñecer que todos as cores que nos rodean se poden formar a partir de tan só tres cores, mediantea síntese aditiva e subtractiva entre cores primarias-luz e cores primarias-pigmento e comprender as causas dos distintosfenómenos ópticos e sonoros da vida cotiá, como o eco ou as distintas imaxes xeradas por lentes e espellos.O feito de coñecer que unha onda non é máis que a propagación dunha perturbación, que o son é unha forma deenerxía que se orixina cando algo vibra e necesita medios materiais para a súa propagación, que a súa reflexión dálugar ao eco e é o fundamento da ecografía e do sónar, que a luz se comporta como unha dualidade onda-corpúsculo,propágase en liña recta, dispérsase por un prisma e orixina o espectro visible, reflíctese nos espellos e se refractamediante as lentes cóncavas e convexas, implica a habilidade progresiva para poñer en práctica os procesos deindagación científica: realizar observacións directas e indirectas de diversos fenómenos ópticos e sonoros; formularpreguntas; localizar, obter, analizar e representar información cualitativa e cuantitativa sobre os tipos de imaxes quese forman nos espellos e as lentes; expoñer e contrastar hipóteses sobre a formación das cores; e realizar prediciónse inferencias sobre o uso de distintos tipos de lentes para corrixir determinadas anomalías da visión.A axeitada percepción do espazo físico onde se desenvolve a actividade humana, así como a habilidade para interactuarco espazo circundante ponse de manifesto nas actividades Pensa... (páxina 219), que nos permite comprobarmediante cálculos sinxelos a distancia aproximada á que se atopa unha tormenta, e Resolve o problema (páxina235), ao reflexionar sobre as aplicacións da óptica na vida cotiá, como a forma de rotular a palabra AMBULANCIA.Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para a comprensión da natureza daluz e do son: seccións, detalles ampliados, vistas de fronte ou de perfil e modelos a escala esixen de destrezasde razoamento para analizar a información que proporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facer deduciónsdos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 236) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicación dos diferentestipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situacións e contextos.Deseñar experimentos para comprobar a propagación da luz e a reflexión do son en compañía de afeccionados á física,realizar cálculos sinxelos para comprobar se se achega unha tormenta e realizar trucos de maxia baseados nareflexión e refracción da luz, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa,na resolución de problemas reais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 232) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre os fenómenos relacionadoscoa luz e o son e os sitios onde se poden descargar distintos applets sobre algúns aspectos da óptica, así comoanimacións e vídeos que nos faciliten a comprensión da formación das imaxes nos espellos e as lentes. Esta actividadeestá dirixida ao desenvolvemento da competencia dixital, estimulando o manexo de estratexias para identificar eresolver problemas de hardware e de software e aproveitar e analizar criticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáA actividade Comproba como se reflicte o son (páxina 220) facilita a comprensión do fenómeno do eco e, en relacióncon este fenómeno, móstranse dúas aplicacións do eco: a ecografía, que permite interpretar imaxes como a que mostraa actividade Lazos coa medicina (páxina 220), e o sónar, unha técnica esencial para a busca de bancos de pesca.A actividade Pensa... (páxina 219) axúdanos a calcular a distancia á que se atopa unha tormenta, Resolve o problema(páxina 235) contén distintas actividades que permiten interpretar correctamente algúns fenómenos ópticos e sonorosda vida cotiá, e a actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 237) reflexiona sobre os efectos da contaminaciónacústica. En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas até aquí, son parte desta competenciabásica as actitudes que pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 237) para valorar os efectos nocivos paraa saúde de determinadas radiacións electromagnéticas, como a radiación ultravioleta.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que mostran a natureza das ondas sonoras e lumínicas e as fotografías e debuxos que mostran comose propagan, como se reflicten e como se refractan, contribúen ao desenvolvemento desta competencia. A utilizacióndestas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo require poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinacióne a creatividade ao percibir e enriquecerse con diferentes realidades do mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba... e Compara... tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.


PROGRAMACIÓN95Actividades como Pensa (páxina 219), Observa e experimenta (páxina 233), Exercita a túa memoria (páxina234), Aplica o teu coñecemento (páxina 234) e Resolve o problema (páxina 235) permiten ser consciente doque se sabe e do que é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas,identificar e manexar a diversidade de respostas posibles diante dunha mesma situación ou problema utilizandodiversas estratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa informacióndispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 236) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalAs actividades Comproba..., Compara... e Observa e experimenta (páxina 233), permiten desenvolver a capacidadede elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolveras opcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificare levar a cabo proxectos. Require, polo tanto, poder reelaborar as formulacións previas ou elaborar novas ideas,buscar solucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 215) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de xeito que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Un recipiente con auga para producir ondas (mellor se se dispón da cubeta de ondas que adoitan ter os laboratoriosde física e química), cunha cortiza ou un barquiño de papel.• Unha goma elástica, diapasóns e cordas de guitarra.• Dous tubos de cartón, duns vinte e cinco ou trinta centímetros, un cartón liso e outro rugoso (como os que se vendencos ovos, por exemplo) e un reloxo espertador antigo, dos que fan tic-tac.• Tres cartolinas cun orificio no centro, plastilina e unha lanterna.• Espellos planos, cóncavos e convexos (no seu defecto, unha culler nova e puída).• Un vaso con auga, unha palliña, unha taza e unha moeda.• Colección de lentes cóncavas, convexas e prismas (pódese utilizar unha lupa e as lentes dos alumnos e alumnasmiopes ou hipermétropes).• Modelo anatómico do ollo.• Debuxos murais, diapositivas ou transparencias que mostren o ollo miope e hipermétrope e a corrección das anomalíasvisuais mediante as lentes.• Lupa simple e binocular, microscopio, prismáticos e catalexo (ou telescopio).• Tres lanternas ou focos con filtros transparentes de cor vermella, verde e azul.• Pinturas de varias cores (polo menos deben estar a color maxenta, o cian e o amarelo).Libros• AGUILAR, J. e SENENT, F. Cuestiones de Física. Editorial Reverté.• ARDLEY, N. Diccionario de la Ciencia. Editorial Plaza & Janés.• ARDLEY, N. 101 grandes experimentos. Ediciones B.• BLANCO PRIETO, F. Física cotidiana. Editorial Alhambra.• BRYANT, D. Física. Ediciones Pirámide.• BURNIE, D. Luz. Ediciones Altea.• FERNÁNDEZ, J. Atlas de física. Ediciones Jover.• HANN, J. Ciencia en tus manos. Editorial Plaza & Janés-Tusquets.• HANN, J. Guía práctica ilustrada para los amantes de la ciencia. Editorial Blume.• JENNINGS, T. Luz e color. Ediciones SM.• JENNINGS, T. Sonidos. Ediciones SM.• MUÑOZ, J. e col. Atlas de física. Edibook.• MURPHY, B. Experimentamos con la luz. Editorial Edelvives.• ORTIZ, M. T. E SANTOS, M. Física cercana. Editorial Bruño.• PARSONS, A. Experimenta con el sonido. Ediciones SM.• PERELMAN, Y. Física recreativa. Mr. Ediciones.


96PROGRAMACIÓN• PUIGDOMÉNECH ROSELL, P. Los caminos de la Física. Salvat Editores.• RICHARD, E. Fisicolandia. Editorial Selector.• TAYLOR, K. Luz. Editorial Bruño.• VARIOS. Enciclopedia de la Ciencia. Susaeta Ediciones.• VARIOS. Experimentos Quest. Rialp Ediciones.• VARIOS. Física. (Physical Science Study Committee). Editorial Reverté.• VARIOS. La construcción de las ciencias físico-químicas. Editorial Nau Llibres.• VARIOS. Nuevo manual de la Unesco para la enseñanza de las ciencias. Edhasa.• VARIOS. ¿Qué es qué? Ediciones Altea.• VARIOS. Visión luz y color. Editorial Anaya.• WICKS, K. Ciencia recreativa. Marcombo.Revistas mensuais• Investigación y Ciencia. • Muy Interesante.• Enseñanza de las Ciencias. • Alambique.Software• Di luz. Pntic do MEC.• Laboratorio de óptica geométrica. Edicinco.• CD-ROM. Enciclopedia de la Ciencia 2.0. Colección Millenium. Dorling Kindersley.• CD-ROM. Juega con las Ciencias. Colección Millenium. Dorling Kindersley.• CD-ROM. Descargas do Portal aragonés para o ensino da física e a química en secundaria:http://www.catedu.es/cienciaragon/index.php?option=com_content&task=section&id=13&Itemid=131Software sobre o ensino da física en:• http://www.fisicarecreativa.com/sitios_vinculos/fisica_sg_vinc/physics_sg1.htm• http://www.tesa.com.ar/Soft/Fisica.phpO ensino das matemáticas, física e química asistida en:http://w3.cnice.mec.es/recursos/pntic98/bachillerato.htmVídeosVídeos para o ensino da Física en:• http://www.tecnoedu.com/Videos/VideoFis.php• http://www.catedu.es/cienciaragon/• http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/intro/video/video_4.xhtml• http://www.umce.cl/~fisica/REC_AUDIOVISUALES.htmConsultar na Asociación Española de Cine e Imagen Científicos (programa de cine científico FECYT). Tel.: 915 646 912.Pola grande abundancia e diversidade de títulos, é conveniente contactar cos servizos de videoteca dos Centros deProfesores e de diferentes editoriais, como Enciclopedia Británica, Open University, Serveis de Cultura Popular, SanPablo, TVE, Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, UNED e coas diferentes cadeas de televisión.Ambientais• Visitas a museos e casas da ciencia que presenten experiencias interactivas sobre a propagación da luz e do son.• Deseño e realización de experimentos no laboratorio de física.• Visitas nas ferias ás casas do riso, para mirarse nos distintos espellos e observar as imaxes distorsionadas quereflicten.Persoais• Realizar experimentos caseiros, sempre que sexan sinxelos e non sexan perigosos, coas lentes e os espellos.• Se se constrúe un pequeno anteollo ou se mira a través duns prismáticos ou un telescopio, debe terse en contaque: NUNCA DEBEMOS MIRAR DIRECTAMENTE O SOL: PODERIAMOS DANAR A VISTA DE FORMA IRREPARA-BLE; TAMPOUCO DEBEMOS MIRAR DIRECTAMENTE A LÚA CANDO ESTÁ CHEA.• Probar a facer trucos de maxia baseados na reflexión e a refracción da luz, como o da moeda que reaparece ou oda lectura de textos no espello.


PROGRAMACIÓN97InternetThe physics classroom tutorialhttp://www.glenbrook.k12.il.us/gbssci/phys/Class/BBoard.htmlCurso completo de Física que ofrece contidos interactivos que facilitan o estudo das ondas: ondas sonoras e a música;ondas, luz e cor; reflexión e refracción, e formación de imaxes en espellos e lentes.Virtual Physics Laboratoryhttp://www.phy.ntnu.edu.tw/java/indexPopup.htmlEsta páxina web ofrece un conxunto de applets sobre ondas: foco emisor de ondas en movemento (efecto Dopplere onda de choque); localización dun avión supersónico; transmisión de ondas (reflexión e refracción); ondas transversaise lonxitudinais; formación de imaxes en lentes converxentes e diverxentes.Acústica básicahttp://personal.redestb.es/azpiroz/acusticap.htmlCurso de son e de acústica básica.Offcampushttp://www.offcampus.es/interactivo.dir/recursos /labo.htmContén experimentos sobre óptica.


98PROGRAMACIÓNUNIDADE 12: Visión e audición: receptores de luz e sonObxectivos didácticosa) Identificar os principais compoñentes e o funcionamento do ollo humano.b) Comprender a natureza das percepcións e as causas das ilusións ópticas.c) Describir os principais compoñentes do oído humano e o seu funcionamento como receptor de ondas sonoras.d) Analizar as calidades do son e comprender que o oído humano é un receptor de ondas sonoras incapaz de detectaros ultrasóns e os infrasóns.e) Coñecer e valorar os efectos nocivos para a saúde do ruído e dos sons moi intensos.f) Comprender como captan o son os animais e describir o funcionamento e a localización dos seus órganos sensoriais.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Formularse interrogantes sobre a estrutura e funcionamento dos órganos relacionados cos sentidos da vista e dooído.• Debater acerca da forma en que captan o son os animais, a percepción visual que temos dos obxectos e as ilusiónsópticas.• Interpretar e comprender a realidade da diversidade e complexidade dos órganos sensoriais que teñen os seresvivos.Competencia matemática• Confeccionar debuxos para comprender a estrutura e funcionamento do oído e do ollo humano.• Representar as traxectorias dos raios de luz cando entran no ollo e como se forma a imaxe na retina.• Analizar e formular hipóteses acerca da percepción errónea nas ilusións ópticas.Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico• Concienciarse sobre a importancia de evitar a contaminación acústica e lumínica nas cidades.• Comprender a importancia para a saúde de determinados hábitos relacionados cos sentidos da vista e o oído.• Adquirir técnicas de observación para comprender o funcionamento do ollo e do oído e a existencia das ilusiónsópticas.Tratamento da información e a competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos do ollo humano e sacar conclusións do mecanismo de funcionamentoe da súa complexidade.• Coñecer as causas que fan que o noso cerebro teña unha percepción errónea da realidade e perciba ilusións ópticas.Competencia social e cidadá• Concienciarse sobre a importancia de manter hábitos saudables e evitar a contaminación acústica e sonora nascidades.• Valorar a diversidade de mecanismos que presentan os seres vivos para percibir a presenza doutros seres ouobxectos e comprender as aplicacións prácticas que o ser humano obtivo deste coñecemento.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar cos debuxos que mostran os órganos dos sentidos, valorando a súa complexidade e a precisióndo seu deseño.• Poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade, ao percibir e enriquecerse coa gran variedadede mecanismos que empregan os seres vivos para percibir o seu contorno.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os principios xerais da óptica e a acústica para comprender os compoñentes e funcionamento do ollo eoído humano.• Analizar como as diferentes especies animais elaboran diversas estratexias para obter información do contornoque os rodea.Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado da saúde e co mantemento do medio físico, evitando acontaminación lumínica e acústica.• Analizar os procesos de captación do son e a luz polos seres vivos, expoñendo un conxunto de interrogantes queestimulen a iniciativa persoal e a busca de información sobre eses procesos.


PROGRAMACIÓN99ContidosCONCEPTOS• O ollo: o órgano da visión.• O oído: o órgano da audición e do equilibrio.• As calidades do son.• Como captan o son os animais.PROCEDEMENTOS• Interpretación de debuxos; deseño e elaboración de experimentos sinxelos e modelos que permitan comprendero funcionamento do ollo e do oído como receptores de ondas.• Comparación e establecemento de analoxías e diferenzas entre as estruturas e o funcionamento do ollo e a cámarafotográfica.• Análise e interpretación de debuxos que enganan ao noso cerebro e observación dalgunhas claves ou asociaciónscausantes das ilusións ópticas.• Observación dunha escala de intensidades sonoras e análises dos efectos que provoca o ruído intenso.• Comparación e establecemento de analoxías e diferenzas entre os oídos de diferentes animais.• Deseño e realización de experimentos sinxelos destinados a emitir hipóteses e comprobar a existencia de radiaciónsinvisibles na luz solar.ACTITUDES• Identificación de certos comportamentos e actitudes que poden resultar prexudiciais para a visión.• Coñecemento e valoración dos efectos nocivos para o medio da contaminación lumínica.• Coñecemento e valoración dos efectos nocivos para a saúde do ruído e dos sons de alta intensidade (contaminaciónsonora).• Tolerancia e respecto polas diferenzas individuais, físicas e psíquicas.Criterios de avaliacióna.1) Describe os elementos característicos do ollo e o seu funcionamento.a.2) Explica a traxectoria que segue a luz cando penetra no ollo pola pupila e como se forma a imaxe na retina.b.1) Relaciona o papel que desempeña o cerebro na formación das imaxes visuais, sinalando algunhas asociaciónsou claves que son causa dos erros de percepción nas ilusións ópticas.b.2) Presenta hipóteses, deseña e realiza experimentos sinxelos que permitan identificar e comprobar a presenzade radiacións invisibles na luz solar.c.1) Explica o modo de propagación das ondas sonoras dende o pavillón auditivo até o caracol e o cerebro.d.1) Diferencia as calidades do son, intensidade, ton e timbre, as súas unidades de medida.e.1) Coñece algúns dos efectos prexudiciais do son para a saúde.f.1) Compara o oído de diferentes animais e identifica algúns órganos sensoriais que permiten captar o son nos animais.f.2) Describe o fenómeno da ecolocalización nos morcegos.Orientacións metodolóxicasSe na unidade anterior estudabamos os tipos de ondas, as súas características e algúns fenómenos relacionadosco movemento ondulatorio, nesta unidade, continuación da anterior (e dos contidos sobre os sentidos xa estudadosna unidade 3), trataremos dos sistemas de receptores encargados de captar diferentes tipos de ondas electromagnéticase sonoras. A idea fundamental que subxace en toda a unidade é que seremos capaces de indagara existencia dun tipo de onda se dispoñemos do receptor adecuado, como se pon de manifesto na actividadeObserva e experimenta da páxina 249.O universo humano é fundamentalmente visual e sonoro, pero iso non quere dicir que non existan outros universos,invisibles e inaudibles para nós, aínda que perceptibles para algúns animais. Non sabemos que sensación teriamosse fósemos quen de oír os ultrasóns na escuridade da noite ou se nos espertase pola mañá un forte infrasón procedentede terras afastadas. Tampouco saberiamos cal sería a nosa reacción se nun instante fugaz puidésemos ver acoloración das flores dun prado iluminadas con luz ultravioleta.Cando vemos a luz das estrelas no firmamento, só somos capaces de captar un dos tipos de radiación electromagnéticaque emiten: a luz visible, un conxunto de radiacións comprendidas entre os 400 e os 700 nanómetros. Pero sedispuxésemos dun radiotelescopio, seriamos capaces de detectar ondas de radio procedentes de galaxias afasta-


100PROGRAMACIÓNdas, invisibles a simple vista. Con receptores apropiados poderiamos ver como é o universo no ultravioleta, no infravermelloe na radiación X ou gamma.Ao principio da Unidade estúdase o ollo humano como receptor de luz e destácase o papel esencial que desempeñao cerebro na creación de imaxes visuais (para favorecer a comprensión do funcionamento do ollo, compárase asúa estrutura e funcionamento coa cámara fotográfica no exercicio 1 das actividades de ampliación da PDD).Precisamente é este papel desempeñado polo cerebro o responsable da aparición das ilusións ópticas: non nosenganan os nosos ollos, senón o noso cerebro, cando visualizamos algúns debuxos como os que aparecen nas páxinas241 e 251 do libro de texto e no exercicio 2 das actividades de ampliación da PDD .O debuxo da páxina 243 ilustra con claridade a forma de propagación das ondas sonoras dende o pavillón auditivoaté o tímpano, o cerco de pequenos osos e o caracol. No exercicio 2 de Resolve o problema (páxina 251) destácasea idea da necesidade dun medio material, como o aire, para a propagación das ondas sonoras causadas polavibración dun obxecto. Analízanse as calidades do son, intensidade, ton e timbre, e nas actividades Compara aintensidade en decibelios dalgúns sons e Perigo! Contaminación acústica (páxina 244) ponse de manifestoa relación entre a intensidade sonora e os efectos prexudiciais para a saúde.A actividade Compara o oído de diferentes animais (páxina 246), xunto con A Ciencia explícanos o mundo(páxina 253) introdúcenos noutros mundos sonoros, é dicir, nos diferentes órganos sensoriais que dispoñen os animaispara percibir sons, como é o caso do morcego co seu sistema de ecolocalización.Orientacións para adquirir as competencias básicasCOMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICAA actividade Mira... (páxina 239) suxire no comezo da unidade un conxunto de interrogantes que suscitan undebate sobre a estrutura e o funcionamento dos principais órganos e sistemas relacionados cos sentidos da vistae do oído, tanto no corpo humano cono nos animais, co obxectivo de fomentar o interese e a curiosidade polo funcionamentodos receptores sensoriais da luz e do son, en que se debe estimular o desenvolvemento da capacidadede ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresaraxeitadamente –no fondo e mais na forma– as propias ideas e emocións e de aceptar e realizar críticas conespírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente e comprender o funcionamento dos órganos e sistemas responsables da visión e a audición e interpretaras ilusións ópticas; e organizar e autorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmotempo, desenvólvense destrezas lingüísticas ao definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactarrespostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 248) ofrece información para visitar distintas páxinas web relacionadas cos sentidosda vista e do oído nos seres humanos e nos animais, que permiten comprender e utilizar diferentes recursoslingüísticos, así como aprender a escribir textos sinxelos en diferentes linguas e utilizar as ditas linguas en contextoscomunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstrase destacada en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 248), pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre o ollo humano como receptor de luz e o oído como receptor de sons e sentido do equilibrio, así como sobre asilusións ópticas, as calidades do son, a relación entre a intensidade sonora e os efectos prexudiciais para a saúde,e os diferentes órganos sensoriais que posúen os animais para percibir sons, co fin de fomentar neles a habilidadepara extraer a información esencial tras a lectura da unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 253), xunto coa cuestión que se expón aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que te podenaxudar (páxina 253) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida en que os elementos e razoamentos matemáticos básicosson utilizados no estudo dos órganos e sistemas responsables dos sentidos da visión, a audición e o equilibrio, paraenfrontarse e dar explicación a aquelas situacións que os precisan:• Representación e interpretación da realidade a partir da información dispoñible para a confección de maquetas edebuxos a escala que axuden a comprender o funcionamento do ollo e do oído como receptores sensoriais.• Aplicación de estratexias de resolución de problemas e emisión de hipóteses que permitan identificar a percepciónerrónea nas ilusións ópticas.


PROGRAMACIÓN101• Cálculo das diferentes traxectorias que seguen os raios de luz cando entran pola pupila dun ollo até que se formaa imaxe na retina.• Realización de medicións e análises de datos para comprobar a existencia de radiacións invisibles na luz solar.• Interpretación das traxectorias que describen as ondas sonoras no proceso de ecolocalización dos morcegos.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoEsta competencia trabállase ao identificar as accións que permiten prever os principais riscos para a saúde queteñen determinados hábitos e comportamentos nocivos relacionados co oído e a vista; coñecer os atrancos do ruído;valorar a importancia de respectar as normas prescritas para iluminar correctamente as cidades e evitar a contaminaciónlumínica; e aplicar coñecementos científicos básicos para valorar criticamente as informacións supostamentecientíficas dos medios de comunicación e mensaxes publicitarias, de maneira que se posibilita a comprensión desucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora da calidade de vida das persoas.Con iso trátase de xerar nos nosos alumnos e alumnas comportamentos e hábitos respectuosos cos órganos dos sentidos,coa saúde e co medio, especialmente en relación co ruído e a iluminación.As actividades Compara a intensidade en decibelios dalgúns sons, Perigo! Contaminación acústica (páxina244), Compara o oído de diferentes animais (páxina 246), xunto con Observa e experimenta (páxina 249),Resolve o problema (páxina 251) e A Ciencia explícanos o mundo (páxina 253) permiten o desenvolvementodesta competencia, que fan posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coafinalidade de adquirir os criterios que permiten comprender a natureza e o funcionamento dos receptores sensoriaisresponsables dos sentidos do oído, vista e equilibrio; identificar e localizar os principais órganos sensoriais da audiciónnos animais.Describir a anatomía e o funcionamento dos órganos responsables da vista, o oído e o equilibrio; comprender aimportancia para a saúde auditiva de determinados hábitos e comportamentos; coñecer as principais medidas hixiénicaspara prever a contaminación acústica e lumínica; identificar as causas da percepción errónea nas ilusións ópticas;comprender o funcionamento da liña lateral dos peixes e as causas da ecolocalización e identificar as calidadesdo son, implica a habilidade progresiva para poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizar cálculose observacións directas e indirectas; formular preguntas; localizar, obter, analizar e representar informacióncualitativa e cuantitativa sobre os sentidos; expoñer e contrastar hipóteses; e realizar predicións e inferencias sobrea existencia de radiacións invisibles na luz solar.Forma parte desta competencia o estudo das repercusións que teñen determinados hábitos e comportamentos nadeterioración da saúde visual e auditiva e da calidade do medio, como o ruído excesivo e a iluminación incorrecta,e faise referencia ao papel que xoga a presión do grupo e a publicidade no desenvolvemento destas patoloxías, ondese pon de manifesto a axeitada percepción do espazo físico en que se desenvolven os sentidos en relación coa saúdee a doenza, así como a habilidade para interactuar co espazo circundante: resolver problemas relacionados cos sentidose coas causas que provocan as doenzas relacionadas con estes órganos e sistemas.En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas até aquí, son parte desta competencia básica as actitudesque pretenden desenvolver a actividade Ti decides (páxina 253) para coñecer e valorar a adquisición de comportamentose hábitos que favorezan a loita contra a contaminación lumínica.Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para comprender as características dosprincipais órganos e sistemas relacionados cos sentidos da vista, o oído e o equilibrio: seccións, detalles ampliados,vistas de fronte ou de perfil e modelos a escala esixen de destrezas de razoamento para analizar a información queproporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 252) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.Comprender a anatomía e o funcionamento dos órganos responsables da vista, o oído e o equilibrio; coñecer a importanciapara a saúde visual e auditiva de determinados hábitos e comportamentos; identificar as causas da percepciónerrónea nas ilusións ópticas; identificar as calidades do son, diferenciar entre ultrasóns e infrasóns, comprendero funcionamento dos órganos sensoriais dos animais encargados de captar o son, así como as causas do fenómenoda ecolocalización e deseñar experimentos para detectar a presenza de radiacións solares invisibles para oollo humano, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa, na resolución deproblemas reais, na toma de decisións e no traballo en contornos colaborativos.


102PROGRAMACIÓNA actividade Lapis e rato (páxina 248) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre a vista, o oído e asilusións ópticas. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento da competencia dixital, estimulando o manexo deestratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software e aproveitar e analizar criticamente ainformación proporcionada.Competencia social e cidadáOs acontecementos que conduciron ao estudo do sentido da ecolocalización nos morcegos, descritos na actividadeA ciencia explícanos o mundo (páxina 253) pretenden contribuír a que os nosos alumnos e alumnas entendan aachega que as diferentes culturas fixeron á evolución e progreso da humanidade, comprendan criticamente a realidadehistórica e social do mundo, a súa evolución, os seus logros e os seus problemas.A adquisición de hábitos e comportamentos saudables que poidan ser útiles para o mantemento da calidade de vidadas persoas ponse de manifesto na actividade Perigo! Contaminación acústica (páxina 244), que mostra a relaciónentre a intensidade sonora e os efectos prexudiciais para a saúde. A polémica que suscita o ruído, especialmentenos espazos públicos, debe fomentar o debate social e estimular o exercicio dos dereitos e deberes da cidadanía,co fin de que os alumnos e alumnas valoren a adopción dun estilo de vida saudable, identifiquen e controlenos principais estados emocionais, teñan un coñecemento axustado e positivo de si mesmos, mostren unha actitudepositiva e construtiva diante da vida, preveñan e afronten situacións de risco, tomen decisións persoais de formaautónoma, contrastada e responsable e coñezan e practiquen o diálogo como ferramenta básica de comunicación.Así mesmo, o coñecemento das consecuencias da mala iluminación nas cidades incide tamén na necesidade de coidaro medio en que habitan os seres humanos e os demais seres vivos. Neste sentido, a actividade Ti decides (páxina253) está encamiñada a concienciar os nosos alumnos e alumnas sobre a necesidade de coidar do medio e loitarcontra a contaminación lumínica. Polo mesmo motivo, rexéitanse as actividades que provoquen contaminaciónacústica e lumínica e consumo desaxeitado, e foméntase o interese polo coñecemento dos principais hábitos de vidasaudables e das habilidades para a vida. Iso permitirá ao alumnado elixir opcións máis respectuosas co seu benestarfísico, social e mental, e co medio e desenvolver un espírito solidario con todos os cidadáns e, en xeral, con todosos seres vivos que habitan o noso planeta.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que mostran as características dos órganos dos sentidos do oído, vista e equilibrio, as diferentes ilusiónsópticas que «enganan» ao noso cerebro e os experimentos coa luz encamiñados a detectar radiacións invisiblesao ollo humano, contribúen á adquisición desta competencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecementoe gozo require poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecersecon diferentes realidades do mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderActividades como Observa e experimenta (páxina 249), Exercita a túa memoria, Aplica o teu coñecemento(páxina 250) e Resolve o problema (páxina 251) permiten ser consciente do que se sabe e do que é necesarioaprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas, identificar e manexar a diversidade derespostas posibles diante dunha mesma situación ou problema utilizando diversas estratexias e metodoloxías quepermitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa información dispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 252) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalA actividade Mira... (páxina 239) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. A actividade Ti decides (páxina 253) permite explorar asdistintas opcións, de xeito que poidan elixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Colección de lentes e prismas, cartolina branca e negra.• Termómetro (que non sexa clínico, para que poida rexistrar temperaturas inferiores a 35 o C).• Unha cámara fotográfica réflex (a ser posible que sexa de mecanismo sinxelo).• Modelos anatómicos do ollo e do oído e debuxos murais.


PROGRAMACIÓN103• Colección de debuxos que mostren distintas ilusións ópticas, como os de M. C. Escher.• Un globo de goma, un molde de pastelaría, unha bandexa metálica de forno e unha culler, ou instrumentos semellantes.• Un sonómetro (a ser posible) para a medición da intensidade sonora.• Diapositivas dalgúns animais, como golfiños, morcegos, abellas, serpes, elefantes e curuxas.Libros• ARDLEY, N. Diccionario de la ciencia. Editorial Plaza & Janés.• ARDLEY, N. 101 grandes experimentos. Ediciones B.• AGUILAR, J. e SENENT, F. Cuestiones de física. Editorial Reverté.• BLANCO PRIETO, F. Física cotidiana. Editorial Alhambra.• BURNIE, D. Luz. Altea Ediciones.• CLARK, J. Materia y energía. Editorial Debate.• DRÖSCHER, V. B. La magia de los sentidos en el reino animal. Editorial Planeta.• HANN, J. Ciencia en tus manos. Editorial Plaza & Janés-Tusquets.• HANN, J. Guía práctica ilustrada para los amantes de la ciencia. Editorial Blume.• JENNINGS, T. Luz y color. Ediciones SM.• JENNINGS, T. Sonidos. Ediciones SM.• LANGFORD, M. La fotografía paso a paso. Editorial Hermann Blume.• MURPHY, B. Experimentamos con la luz. Editorial Edelvives.• ORTIZ, M. T. e SANTOS, M. Física cercana. Editorial Bruño.• PARSONS, A. Experimenta con el sonido. Ediciones SM.• PERELMAN, Y. Física recreativa. Mr Ediciones.• PUIGDOMÉNECH ROSELL, P. Los caminos de la física. Salvat Ediciones.• ROBERTS, M. V. B. Biology for life. Editorial Nelson.• VARIOS. Cómo funciona la naturaleza. Editorial Debate.• VARIOS. Enciclopedia de la ciencia. Susaeta Ediciones.• VARIOS. Experimentos Quest. Rialp Ediciones.• VARIOS. L´Evolution de la vie. Editorial Armand Colin.• VARIOS. Nuevo manual de la Unesco para la enseñanza de las ciencias. Editorial Edhasa.• VARIOS. ¿Qué es qué? Altea Ediciones.• VARIOS. Visión luz y color. Editorial Anaya.• WICKS, K. Ciencia recreativa. Marcombo.Revistas• Natura.• Quercus.• Muy Interesante.• Investigación y Ciencia.• Mente y cerebro.• National Geographic.• Alambique.• Enseñanza de las Ciencias.Software• El cuerpo humano 2.0. Colección Millenium. Dorling Kindersley.• Ciencias Naturales. Enciclopedia temática CD-ROM. Editorial Lafer.• Zoología. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.• Botánica. Enciclopedia temática. CD-ROM Interact. Editorial Argos Vergara.• Diluz. PNTIC. MEC.• Ciencias Naturales. Enciclopedia temática CD-ROM. Ediciones Lafer.• Enciclopedia temática CD-ROM, Interac. Editorial Argos-Vergara.• http://w3.cnice.mec.es/recursos/pntic98/Ofrece diversos programas relacionados co corpo humano.• http://centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/cc_naturales/elcuerpohumano1.pptExcelente presentación en PowerPoint dos diferentes sistemas do corpo humano.Vídeos• Visión salvaje. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC. El País.• Animales al límite. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC. El País.


104PROGRAMACIÓN• Animales en el campo de batalla: el lobo. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC. El País.• Instinto depredador: armas mortíferas. Documentales fascinación por la naturaleza. BBC. El País.• Leopardos al acecho. National Geographic.• Consultar en Asociación Española de Cine e Imagen Científicos (programa de cine científico FECYT).Tel.: 915 646 912.• Pola grande abundancia e diversidade de títulos, é conveniente contactar cos servizos de videoteca dos Centrosde Profesores e de diferentes editoriais, como Enciclopedia Británica, Open University, Serveis de Cultura Popular,San Pablo, TVE, Ministerio de Educación, Comunidades Autónomas, UNED e coas diferentes cadeas de televisión(documentais sobre fauna, flora e natureza de Cousteau, Attenborough, Rodríguez de la Fuente, etc.).Ambientais• Visitas a museos e casas da ciencia.• Visitas a exposicións que mostren as ilusións ópticas en debuxos e pinturas, como os de M. C. Escher.• Excursións, saídas ao campo ou aos parques da cidade e observación de animais e os seus costumes.Persoais• Aproveitar as vacacións para viaxar ao campo e visitar os zoolóxicos para observar as características peculiaresdos receptores de luz e son dalgúns animais.• Aprender o uso da cámara fotográfica e as técnicas elementais para revelar fotografías en branco e negro.• Intentar realizar debuxos capaces de enganar o noso sentido da vista.InternetProxecto Biosfera. CNICEhttp://www.xunta.es/contidos/sec/bioloxia/biosfera/profesor/recursos-geologia.htm.PROXECTO BIOSFERA consta de unidades didácticas multimedia interactivas, ferramentas e recursos para as materiasde Bioloxía e Xeoloxía no Ensino Secundario Obrigatorio e o Bacharelato, que aproveitan as vantaxes que ofreceno ordenador en internet.CNICE.MEChttp://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2000/cuerpo/index.html.CORPO HUMANO INTERACTIVO ofrece un percorrido polo sistema excretor, o esqueleto e os sentidos.Educypediahttp://www.educypedia.be/education/anatomy.htmEnciclopedia que ofrece información sobre diversos temas relacionados coa anatomía e o funcionamento dos órganose sistemas do corpo humano.The Human Body´s Senseshttp://www.cln.org/themes/hearing.htmlEsta páxina ofrece un conxunto de ligazóns con outras web relacionadas co sistema nervioso e os sentidos.Serviceviehttp://www.servicevie.com/02sante/Corps_humain/corpshumain.cfmCorpo humano virtual, dividido en órganos, aparatos e sistemas.O Corpo Humanohttp://platea.pntic.mec.es/%7Ejamunoz/fichas/cuerpo.htmProgramas educativos de libre distribución: inclúe o corpo humano, publicado por Innova Multimedia.Human Anatomy Onlinehttp://www.innerbody.com/htm/body.htmlEstudo interactivo de anatomía do corpo humano.Escuela universitaria de Óptica y Optometríahttp://www.semanasalud.ua.es/semana_3/ojo_acom.htmPáxina web sobre a acomodación, o sistema mediante o cal enfoca o ollo humano a calqueradistancia e os síntomas causados por un exceso de acomodación.


PROGRAMACIÓN105As seguintes páxinas ofrecen excelentes imaxes das ilusións ópticas:Sabías que…?http://www.sabiasque.info/ilusiones.htmPortalmixwww.portalmix.com/efectos/Psicoactivawww.psicoactiva.com/ilusion.htmCybercolegaswww.cybercolegas.com/opticas.htmGeocitieswww.geocities.com/magotrix/optics1.htmHoruswww.horusgo.com/ilusionesopticas.htmUrumelburumelb.tripod.com/opticas_index.htm


106PROGRAMACIÓNUNIDADE 13: A física e a química na nosa vidaObxectivosa) Utilizar os conceptos básicos necesarios para o estudo do movemento: punto de referencia, traxectoria, posición,distancia percorrida, velocidade e aceleración.b) Aplicar os conceptos básicos do movemento ao estudo do MRU e do MRUA.c) Elaborar e interpretar as gráficas s-t e v-t para o estudo dos movementos.d) Utilizar os conceptos básicos necesarios para o estudo das forzas: masa, aceleración, gravidade, peso e presión.e) Recoñecer os fenómenos cotiáns do rozamento e a gravidade como forzas que actúan por contacto e a distancia,respectivamente. Distinguir masa e peso.f) Coñecer as causas de que os corpos aboien ou afundan a través do Principio de Arquímedes.g) Recoñecer os átomos como pezas que forman a materia e distinguir os distintos tipos de agrupamento.h) Coñecer o Sistema Periódico dos elementos e valorar o seu carácter clasificador da materia.i) Formular compostos sinxelos e relacionar algunhas das fórmulas con substancias coñecidas.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre os diversos tipos de movementos e forzas que existen na natureza, así como sobrea linguaxe da química, indispensable para representar elementos e compostos.• Suxerir interrogantes que susciten un debate sobre a natureza da forza da gravidade e sobre as causas de que oscorpos aboien, analizando o Principio de Arquímedes.• Describir os principais conceptos de Física e Química tratados ao longo da unidade con especial énfase na introduciónda formulación química.Competencia matemática• Representar mediante gráficas os datos experimentais que se obteñen ao estudar os movementos dos corpos.• Resolver problemas en que participan diversas forzas utilizando vectores para representar a súa intensidade,dirección, sentido e punto de aplicación.• Utilizar as ecuacións matemáticas que describen os diversos tipos de movemento e as leis fundamentais da dinámicapara resolver problemas de Física.Competencia no coñecemento e interacción co medio físico• Poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizar observacións, recoller datos, resolver problemas esacar conclusións baseadas en probas, coa finalidade de identificar os diversos tipos de movementos e forzas.• Percibir o espazo físico en que se desenvolve a vida e a actividade humana e que os fenómenos que observamosao noso redor están sometidos ás leis da Física e a Química.Tratamento da información e competencia dixital• Relacionar o concepto de forza da gravidade coa Lei da gravitación universal formulada por Newton, diferenciandoos conceptos de masa e peso.• Utilizar diversas páxinas web para obter información sobre modelos atómicos, táboas periódicas e programasinteractivos de formulación química.• Analizar a información que proporcionan debuxos e esquemas para comprender e resolver problemas de forzas emovementos.Competencia social e cidadá• Tomar conciencia da importancia da formación química para comprender e representar a enorme variedade desubstancias e compostos que existen na natureza.• Entender o aproveitamento que os seres humanos obtivemos do coñecemento das leis do movemento dos corpos,e a súa importancia para o desenvolvemento tecnolóxico da humanidade.• Comprender como a Física nos proporciona as ferramentas para mirar o universo e comprender o seu funcionamento;e como a Química nos permite introducirnos na compresión da materia.• Valorar como o coñecemento da estrutura e natureza das substancias de uso cotián permite á sociedade un axeitadotratamento dos residuos, con vistas á súa reutilización e eliminación.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos xerais sobre as leis da Física a exemplos concretos do noso contorno; e describir novasobservacións e ordenalas, agrupalas, clasificalas e identificar semellanzas e diferenzas.


PROGRAMACIÓN107• Facerse preguntas sobre as forzas da natureza e mais sobre a estrutura interna de todo tipo de substancias ecompostos.• Desenvolver habilidades para obter información sobre os procesos físicos e químicos e para transformala en coñecementopropio.ContidosCONCEPTOS• Movemento como cambio de posición respecto dun punto de referencia.• Movementos cotiáns: as súas traxectorias.• Distancias e tempos: velocidade.• A aceleración como cambio de velocidade.• O movemento rectilíneo e uniforme e o movemento rectilíneo uniformemente acelerado: a caída libre.• As forzas: como se miden, como se representan mediante vectores e como se suman cando actúan varias á vez.• Os efectos das forzas: deformacións, cambios no movemento ou equilibrio.• As leis da dinámica.• As forzas de rozamento e as forzas gravitatorias no noso mundo.• A forza peso na Terra.• O Principio de Arquímedes: os efectos do empuxe.• Os átomos: a súa estrutura e as distintas clases. A Táboa Periódica.• Formas de agruparse os átomos: moléculas e redes.• Formulación química básica (1.º nivel)PROCEDEMENTOS• Elaboración e utilización de gráficas s-t e v-t para o estudo do movemento.• Observación de distintos movementos que se producen na vida cotiá para a súa clasificación segundo o tipo detraxectoria e a súa velocidade constante ou variable.• Busca de fenómenos reais que permitan estudar forzas de rozamento e forzas gravitatorias.• Proposta de situacións onde se observe a capacidade dunha forza para deformar un obxecto, ou para cambiar asúa velocidade ou dirección.• Interpretación de situacións onde actúen varias forzas á vez.• Resolución de problemas de movementos e forzas.• Realización de experiencias con corpos que afunden e corpos que aboian.• Descrición do átomo con debuxos.• Elaboración dunha táboa periódica.• Interpretación de fórmulas químicas.• Relacionar fórmulas con nomes de diversas substancias químicas.ACTITUDES• Coñecemento e valoración de normas de seguridade viaria.• Adquisición de rigor no manexo de datos para resolución de problemas.• Recoñecemento da Física como ciencia que analiza feitos cotiáns.• Respecto e apreciación polo traballo dos científicos.• Curiosidade polo coñecemento dos elementos e compostos químicos.• Valoración da Química como ciencia que contribúe a mellorar a nosa calidade de vida.• Respecto polas normas de seguridade no laboratorio.Criterios de avaliacióna.1) Explica os conceptos de posición, traxectoria, distancia percorrida, velocidade e aceleración.b.1) Clasifica os movementos segundo as súas traxectorias.b.2) Realiza cambios de unidade.c.1) Transforma unha táboa de valores na gráfica correspondente.c.2) Interpreta gráficas s-t e v-t de movementos.d.1) Relaciona forzas con deformacións (Lei de Hooke) e forzas con aceleracións (Lei fundamental da Dinámica).d.2) Distingue masa de peso dun corpo.d.3) Identifica un dinamómetro.e.1) Calcula forzas gravitatorias entre dous corpos.e.2) Resolve problemas de forzas e movementos.


108PROGRAMACIÓNf.1) Resolve cuestións sobre corpos mergullados nun líquido.g.1) Describe un átomo e as súas partículas subatómicas.g.2) Relaciona símbolos con nomes dos elementos químicos.h.1) Describe o Sistema Periódico dos elementos.h.2) Enumera os elementos das familias principais do Sistema Periódico.i.1) Formula e nomea compostos químicos binarios.Orientacións metodolóxicasAs actividades Pensa… e Comproba o carácter relativo do movemento (páxina 256) buscan a comprensión docarácter relativo do movemento. Así mesmo, a necesidade de establecer un punto de referencia é fundamental paraaprender a calcular distancias a partir de posicións e velocidades a partir de distancias e tempos.É importante a resolución de problemas sinxelos de velocidade e aceleración, para adquirir destreza na conversiónde unidades por factores de conversión tal como se expuxo o pasado curso e para practicar a resolución de ecuaciónsonde teñen que despexar a incógnita.Débense facer exercicios de movementos con axuda de táboas e gráficas para adquirir destreza na interpretacióndas mesmas.Na actividade Compara os valores da posición e da velocidade dun movemento (páxina 260) indúcese aoalumnado a reflexionar sobre un movemento cotián, a caída libre. É interesante que recoñeza que se trata dun movementode velocidade variable, que varía progresivamente co tempo o que conduce a unha aceleración constante ea unha variación non linear da posición co tempo.A actividade Compara que teñen en común as seguintes situacións (páxina 262) serve para identificar forzacomo causa, ao tempo que se ve a posibilidade de que unha forza produza distintos efectos: deformacións e cambiosde movemento.A actividade Pensa… da páxina 262 axuda a ver as forzas en exemplos cotiáns e convida a identificar a forza desustentación nos avións como a responsable de que non caian.Realízase unha aproximación ao carácter vectorial das forzas no punto 7.2, da páxina 265, que nos debe levar á sumade forzas e á comprensión do equilibrio.Relaciónase forza con deformación e forza con aceleración, é dicir, troco na velocidade dun movemento. Propóñensenumerosos exemplos ilustrativos destes fenómenos causa-efecto.Analízase a gravidade como fenómeno universal que aplicado aos corpos atraídos pola Terra recibe o nome de peso.Diferénciase entre as magnitudes masa e peso dun corpo e practícase o cálculo dunha a partir da outra.Realízase un inicio ao estudo dos corpos mergullados nun fluído: o Principio de Arquímedes e as súas repercusiónsna flotación dos corpos.A actividade Compara o tamaño dun átomo co dunha célula… (páxina 272) mostra a diferenza de tamañosentre o mundo macroscópico, apreciable para os nosos sentidos e o mundo do microscópico, ao que pertencen osátomos e as partículas subatómicas.Introdúcense as fórmulas dalgunhas destas substancias e a explicación da devandita simboloxía. Neste punto é convenientefacer continuas referencias a compostos coñecidos para conectar o marco teórico ou microscópico comacroscópico ou observable.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaO comentario inicial sobre a Física e Química, propón o desafío de observar, de descubrir, a través do discurso científicodebidamente estruturado e argumentado usando con precisión os termos.A actividade Mira... (páxina 255) suxerida ao principio da unidade estimula a capacidade de ler, analizar situaciónsque o alumno xa coñece e que debe contrastar coas súas ideas previas ao estudo da unidade. Ideas relacionadas comovemento, con diversos tipos de forzas como a de rozamento, a lei de gravitación, por que os corpos aboian ouafunden, etcétera.Competencia matemáticaO tratamento dos datos experimentais que se obteñen ao facer o estudo dun movemento, de distancias e de tempos,fan que o alumnado teña que cuantificar un fenómeno como o descrito ou teña que «medir» forzas cun dinamómetroe facer as súas correspondentes gráficas, para logo obter datos a través delas, como na actividade deObserva e experimenta... (páxina 281).


PROGRAMACIÓN109O uso e resolución de ecuacións matemáticas con variables físicas contribúe a que se aprecie a estreita relaciónentre as Matemáticas e a Física.A aplicación de estratexias de resolución de problemas e a selección das técnicas axeitadas para calcular, representare interpretar a realidade a partir da información dispoñible, así como resolver os problemas numéricos que sepropoñen como actividades axudarán ao alumnado a dominar en grao suficiente esta competencia.Competencia no coñecemento e interacción co mundo físicoPara axudar ao coñecemento dos fenómenos naturais é preciso o traballo científico dado o seu carácter creativo:interese sobre os fenómenos que se dan na natureza de carácter físico ou químico, suxerir conxecturas, elaborarestratexias, obter conclusións, facer deseños experimentais, analizar os resultados...Supón para o alumnado un exercicio de demostración do seu espírito crítico na observación da realidade, así comouns hábitos de consumo responsables na vida cotiá.Esta competencia, por último, debe significar recoñecer a natureza e límites da actividade investigadora, base dosavances en física e química, como construción social do coñecemento a través da historia.Tratamento da información e competencia dixitalEsta unidade de Física e Química incorpora diferentes habilidades, que van dende o acceso á información até a súatransmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a comunicacióncomo elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.Así mesmo, esta competencia permite procesar e xestionar axeitadamente información abundante e complexa,resolver problemas reais e acceder á información que está na rede para visualizar, dende modelos atómicos, diferentestáboas periódicas e programas interactivos de formulación química.Aspectos importantes da Química e a información á que temos acceso a través do mundo dixital, xogan un papel primordialno avance do estudo científico. Ademais, o tratamento da información e a competencia dixital implican serunha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva, así como ter unha actitude crítica na valoración dainformación dispoñible.Competencia social e cidadáEstas disciplinas científicas, sintetizadas nesta unidade, deben proporcionar ao alumnado uns coñecementos básicose unha formación como cidadáns responsables.Analizar como determinados debates foron fundamentais no avance da ciencia, vai contribuír a que o alumnadoentenda mellor cuestións importantes que axudarán a que comprenda a evolución da sociedade en épocas pasadase analizar a sociedade actual.Propóñense actividades de reflexión como a da última páxina Ti decides… (páxina 285) sobre problemas que afectanmoito á sociedade, como a reciclaxe e a eliminación de residuos de substancias de uso cotián que requiren untratamento racional.Competencia para aprender a aprenderEsta unidade coas actividades que se propoñen, xa sexan numéricas ou conceptuais, permite que o alumnado constrúaa súa propia información e os seus propios modelos de coñecemento, case sempre a partir da súa experienciae das súas ideas previas.A aventura que supón enfrontarse a problemas abertos, tentar obter solucións, vai potenciar o espírito crítico e demaneira notable vai introducir o alumnado na aventura de «facer ciencia».Recursos didácticosMateriais• Cintas métricas e regras.• Cronómetros.• Papel milimetrado.• Dinamómetros.• Balanza.• Plastilina.• Resortes.• Balón de fútbol.• Material xeral de laboratorio.


110PROGRAMACIÓN• Modelos moleculares comerciais ou realizados polos propios alumnos e alumnas en clase con plastilina, porexpáne mondadentes.• Recipientes de produtos de limpeza con etiquetas de composición.Libros• AMERICAN CHEMICAL SOCIETY. Química en la comunidad. Addison-Wesley.• BERMÚDEZ, M. L. Qué es la materia. Granada Ediciones.• BLANCO PRIETO, F. El laboratorio en casa. Pearson Alhambra Longman.• BLANCO, F. Física cotidiana. Alhambra Longman.• COOPER, C. Materia. Ediciones Altea.• DELGADO, A. M. Las fuerzas y sus efectos. Granada Ediciones.• DRIVER, R. e col. Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. Ediciones Morata.• ESTELLA, J. Programa docente de Química para formación de profesores de EGB. Narcea Ediciones.• HANN, J. Ciencia en tus manos. Plaza y Janes.• LAFFERTY, P. Fuerza y movimiento. Ediciones Altea.• MUÑOZ PUCH, J. Atlas de Física. Edibook.• NYE, B. Ciencias recreativas. Martínez Roca.• OSBORNE, R. El aprendizaje de las Ciencias. Narcea Ediciones.• PERELMAN, Y. Física recreativa. Mr Ediciones.• PRIETO, T. e col. La materia y los materiales. Editorial Síntesis.• RIESCO, P. LÓPEZ, J. La materia. Editorial Bruño.• SANMARTÍ, N, PUJOL, R. Guía Praxis de Ciencias de la Naturaleza. Editorial Praxis.• WICKS, K. Ciencia recreativa. Marcombo.Revistas mensuais• Alambique.• La enseñanza de las ciencias.• Newton.• Conocer.• Muy interesante.Software• La enseñanza de las matemáticas, física y química asistida. PNTIC. MEC.• Química I y II. Ediciones SM.Vídeos• YouTube.• Videoteca dos CPR, MEC e cadeas de TV.Ambientais e persoais• Pistas de deporte do colexio ou instituto.• Laboratorio de física e química.• Todo o contorno rural ou urbano.• Visita a un museo da ciencia.• No fogar pódense observar diversos compostos químicos (alimentación, limpeza).InternetGoberno de Canariashttp://www.educa.rcanaria.es/Portal que ofrece sinxelas experiencias para realizar na aula, así como a suxestión de cuestións para buscar na casa.Contén numerosos debuxos ilustrativos de carácter motivador.


PROGRAMACIÓN111Sir Isaac Newtonhttp://starchild.gsfc.nasa.gov/docs/StarChild/whos_who_level2/newton.htmlPáxina dedicada a Newton que contén biografía e numerosos exemplos de aplicación das súas leis.Universidade do País Vascohttp://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/cinematica/cinematica.htmEstudo dos distintos tipos de movemento con experiencias interactivas.Universidade do País Vascohttp://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/dinamica/dinamica.htmEstudo da dinámica con experiencias interactivas. Inclúe o estudo das leis de Newton.Fortunecitywww.fortunecity.com/campus/dawson/196/relev1.htmIlustra as reaccións químicas que ocorren nun automóbil mediante o uso do cómic.Educaplushttp://www.educaplus.org/sp2002/juegos/jtpmuda.htmlAplicación que permite poñer a proba o coñecemento dos elementos na táboa periódica, os seus símbolos e situación.Universum. Museo das ciencias. Universidad Nacional Autónoma de México.www.universum.unam.mx/quimica/htmlPáxina do Universum-Museo das ciencias que explica as diversas actividades que se realizan na sala de química docitado museo.Centro Nacional de Educación Química. Universidad Nacional Autónoma de México.www.cneq.unam.mxPáxina do Centro Nacional de Educación Química. Contén vínculos con outros temas relacionados coa química.Fundación Empresa Polar. Venezuela.http://www.fpolar.org.ve/quimica/fasciculo6.pdfInteresante páxina sobre os elementos químicos, con numerosas imaxes e curiosidades como a súa orixe e historia.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!