12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMACIÓN 21Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para o estudo da célula e a comprensióndos fenómenos biolóxicos implicados nas funcións de nutrición: seccións, detalles ampliados, vistas de frenteou de perfil e modelos a escala esixen de destrezas de razoamento para analizar a información que proporcionan osdebuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 30) precisan o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.Observar preparacións microscópicas, calcular o número de aumentos e o tamaño real dun obxecto microscópico eanalizar a interdependencia entre un factor abiótico (a luz) e a produción de amidón nas follas dunha planta duranteo proceso de fotosíntese, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa, naresolución de problemas reais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 26) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre as técnicas microscópicase a organización microscópica dos seres vivos e os sitios onde se poden descargar esquemas, gráficos etáboas sobre a nutrición autótrofa das plantas e os tipos de nutrición heterótrofa animal. Esta actividade está dirixidaao desenvolvemento da competencia dixital, estimulando o manexo de estratexias para identificar e resolverproblemas de hardware e de software e aproveitar e analizar criticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáA actividade Lazos coa Historia da Ciencia (páxina 13) amosa a época en que viviron os homes e mulleres dedicadosá actividade científica e os momentos en que tiveron lugar os grandes descubrimentos científicos relacionadosco xeito de se producir a invención do microscopio, os descubrimentos das primeiras células e os principios dateoría celular.A actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 31) fai referencia a que non é indispensable ser experto biólogopara ser naturalista; basta con ter amor á natureza e curiosidade polo mundo que nos arrodea. En coherenciacoas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica as actitudes que pretendedesenvolver a actividade Ti decides (páxina 31), que tratan de resaltar que a primeira cousa, e a máis importante,que debe aprender un naturalista, é un código de conduta: debe lembrar o privilexio que significa vivir neste mundo,por iso mesmo debe tratalo con cortesía e respecto.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que amosan a estrutura e a función das células procariotas e eucariotas, o funcionamento do microscopioóptico, a organización en tecidos, órganos e sistemas dos seres pluricelulares, a nutrición autótrofa vexetal e,en especial, o fenómeno da fotosíntese, os tipos de nutrición heterótrofa animal e as características, funcionamentoe tipos de sistemas dixestivos, circulatorios e respiratorios, contribúen ao desenvolvemento desta competencia.A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo precisa poñer en funcionamento a iniciativa, aimaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecerse con diferentes realidades do mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba... e Compara... tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa (páxina 14), Observa e experimenta (páxina 27), Exercita a túa memoria (páxina28), Aplica o teu coñecemento (páxina 28) e Resolve o problema (páxina 29), permiten ser consciente do quese sabe e do que é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de suxerir preguntas, identificare manexar a diversidade de respostas posibles ante unha mesma situación ou problema utilizando diversasestratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa informacióndispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 30) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións semellantese contextos diversos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!