12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

26PROGRAMACIÓNOrientacións para adquirir as competencias básicasÉ importante que os estudantes comprendan o concepto de sensibilidade e a necesidade duns sistemas de <strong>coord</strong>inaciónpara que as funcións dos órganos e sistemas dos seres vivos se dirixan ao mantemento da vida. Polotanto, débese incidir no mecanismo básico de captación de información polos órganos receptores e da súa transmisiónpara os órganos do sistema nervioso central por medio dos nervios sensitivos. Debido á gran diversidadeque existe nos órganos sensoriais dos animais, este apartado ten un especial interese dende o punto de vista dametodoloxía, xa que permite afondar na idea de adaptación ao medio, ao igual que acontece coas distintas formasde movemento e desprazamento que son o resultado da adaptación aos distintos medios e a orixe das pautasde actuación e movemento que dan lugar á conduta. Por outra parte, a evolución do sistema nervioso dendeas formas máis sinxelas até a complexidade que ten o sistema nervioso humano permite incidir na idea da evolución.Os estudantes deben coñecer cales son os órganos do sistema nervioso central humano encargados daelaboración de respostas, tanto voluntarias como reflexas, e dos mecanismos de transmisión para os órganosefectores. O achegamento ao estudo da <strong>coord</strong>inación hormonal, das súas características diferenciadoras respectoda <strong>coord</strong>inación nerviosa e o coñecemento das principais hormonas do corpo humano e dos vexetais serve paracompletar a visión global sobre a función de relación.Os apartados Comproba… serven para presentar os contidos obxecto de estudo dende o descubrimento, xa queneles se subministra aos estudantes a información necesaria sobre distintos aspectos: o mecanismo xeral de actuacióndos órganos responsables da relación (páxina 34), a forma en que se organizan os axóns neuronais para formarun nervio (páxina 35), a organización do ollo composto dos insectos (páxina 37), as diferenzas que existen entre ossistemas nerviosos centrais dos distintos grupos de vertebrados (páxina 38) ou a <strong>coord</strong>inación de movementos muscularesnecesaria para o voo dos insectos (páxina 41). Os apartados Compara… serven para ofrecer a informaciónincidindo nas diferenzas que existen entre os exterorreceptores e os interorreceptores (páxina 34) e entre o movementomuscular dos artrópodos e dos vertebrados (páxina 40). Nos apartados Sabíalo? téntase chamar a atencióndo alumnado sobre un órgano exclusivo como é o de Jacobson das serpes (páxina 36), sobre a existencia dunhaseparación das funcións somáticas e autónomas no sistema nervioso central (páxina 39), sobre a adaptación dasquenllas ao movemento na auga (páxina 41) e sobre o proceso de aprendizaxe que se basea no xogo entre animaisnovos (páxina 42). Co apartado Pensa… (páxina 40), inténtase que os alumnos comprendan como pode actuar aarmazón hidrostática no caso dos anélidos en asociación cos músculos para permitir o movemento destes animais.O apartado Lazos coa... Ecoloxía (páxina 42) serve para que os alumnos comprendan como as pautas de comportamentodos animais teñen unha gran transcendencia sobre as comunidades en que viven.Na actividade Observa e experimenta (páxina 45), exponse un sinxelo experimento para que os alumnos poidaninvestigar eles sós o movemento e o comportamento animal en resposta a un estímulo como é a luz.Ao longo da unidade propóñense actividades que teñen como finalidade a de revisar o aprendido e que poden servirde base para elaborar probas de avaliación, mentres que as actividades dos apartados Exercita a túa memoria,Aplica o teu coñecemento (páxina 46) e Resolve o problema (páxina 47) son ferramentas para valorar aadquisición das distintas competencias que se intentan desenvolver ao longo da unidade.Competencia en comunicación lingüísticaA adquisición desta competencia supón a utilización correcta da linguaxe como instrumento de comunicación oral eescrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecementoe de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e a conduta. Por outra parte, a lectura ea escritura son accións que supoñen e reforzan as habilidades que permiten buscar, recompilar e procesar informacióne ser competente á hora de comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos con intencións comunicativasou creativas diversas.Pola súa importancia para o progreso da aprendizaxe, esta competencia trabállase de maneira continua ao longo detoda a unidade, mediante os seguintes aspectos:A exposición das ideas e dos conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía específica da unidadee coa busca do rigor nas definicións.O traballo sobre textos que teñen o obxectivo de motivar os alumnos, como é o caso do breve texto inicial do cadroSe aínda non o sabes… (páxina 33) e dos libros recollidos no apartado Libros que te poden axudar (páxina 49),que teñen como finalidade potenciar a comprensión lectora dos alumnos.A actividade Mira… (páxina 33) suxire interrogantes cuxa finalidade é abrir un breve debate sobre os contidos quese desenvolverán nesta unidade e que pode servir para elaborar un primeiro diagnóstico sobre os coñecementosxerais que os alumnos teñen sobre as funcións de relación nos seres vivos.As actividades da unidade serven para que os alumnos poidan empregar e desenvolver as súas destrezas lingüísticas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!