12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

68PROGRAMACIÓNUNIDADE 8: As rochas magmáticas e as rochas metamórficasObxectivosa) Coñecer os diferentes tipos de rochas que existen na natureza e os procesos de transformación do seu ciclo xeolóxico.b) Identificar as características principais das rochas magmáticas e metamórficas máis comúns e os procesos implicadosna súa formación.c) Observar e recoller datos de forma sistemática sobre algunha das propiedades das rochas e empregalos para asúa clasificación.d) Describir algunhas aplicacións e utilidades das rochas magmáticas e metamórficas como recursos naturais.e) Identificar nun mapa a distribución xeográfica das grandes unidades de relevo de España e das rochas que ascompoñen.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes grupos de rochas, as súas características e os sistemas de clasificación,fomentando a habilidade para extraer a información esencial tras a lectura da unidade.• Interpretar e comprender a realidade da enorme diversidade do mundo das rochas e organizar e autorregular ocoñecemento dotándoo de coherencia.• Expoñer conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á petroloxía e no rigor das definicións.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar a diversidade de rochas presente en Galicia, así como percibir a necesidade da extracción de rochaspara as sociedades industrializadas.• Adquirir técnicas de observación, como o emprego do microscopio petrográfico, para identificar os principais tiposde rochas a partir da súa composición mineralóxica e da súa textura.• Percibir o espazo físico en que se desenvolve a vida e a actividade humana, xa que o noso planeta, a paisaxe quenos rodea, o chan que pisamos e moitos dos obxectos útiles e ornamentais están constituídos por rochas.Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar as ilustracións como unha parte esencial da información necesaria para a comprensión das rochas.• Usar determinadas páxinas web dedicadas ás rochas e ás ciencias da Terra.• Distinguir entre os diferentes grupos de rochas e aplicar estes coñecementos para representalos nun sistema declasificación.Competencia social e cidadá• Valorar as contribucións da xeoloxía e o emprego e as aplicacións das rochas na nosa forma de vida.• Entender o aproveitamento que os seres humanos obtivemos das rochas durante miles de anos.• Comprender a importancia da conservación dos monumentos e desenvolver unha conciencia sobre o valor dos edificiosemblemáticos e monumentos.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar coas rochas empregadas ao longo da historia da humanidade para a construción de monumentose esculturas.• Utilizar as imaxes das rochas como fonte de enriquecemento e gozo para poñer en funcionamento a iniciativa, aimaxinación e a creatividade ao percibir os complexos procesos de formación das rochas.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos xerais sobre as rocas ás características particulares do contorno e describir novasobservacións e ordenalas, agrupalas, clasificalas e identificar semellanzas e diferenzas.• Desenvolver habilidades para obter información sobre as rochas e para transformala en coñecemento propio, relacionandoe integrando a nova información cos coñecementos previos e coa propia experiencia persoal.Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado e respecto de monumentos e esculturas.• Analizar os procesos de formación das rochas suxerindo un conxunto de interrogantes que estimulen a iniciativapersonal encamiñada á procura de información.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!