12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMACIÓN75Competencia para aprender a aprender• Adaptar as observacións particulares ás teorías xerais sobre a enerxía.• Facerse preguntas sobre os procesos de transformación da enerxía e obter respostas empregando diversas estratexiase metodoloxías que permitan valorar a información dispoñible.• Desenvolver habilidades para obter información e para transformala en coñecemento propio.Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co aforro enerxético e co respecto polo medio.• Propoñer interrogantes que pretenden estimular a iniciativa persoal e a procura de información sobre as vantaxese inconvenientes de cada fonte de enerxía.ContidosCONCEPTOS• A enerxía como propiedade dos sistemas materiais.• Formas de manifestarse a enerxía.• Cambios de forma: transformacións da enerxía.• As fontes de enerxía.• A enerxía é escasa: o aforro enerxético.PROCEDEMENTOS• Deseño e realización de experiencias e investigacións que permitan medir e obter datos, construír e empregartáboas e gráficos, recoñecer causa-efecto e formular hipóteses que poñan de manifesto as diferenzas entre traballoe esforzo.• Análise e observación das distintas maneiras de manifestarse a enerxía na vida cotiá.• Comprobación mediante un sinxelo experimento de como a enerxía potencial se transforma en enerxía cinética eesta en eléctrica e en enerxía lumínica.• Comprobación mediante un sinxelo experimento das relacións que existen entre a enerxía cinética e a potencial ecomo un corpo acumula enerxía potencial.• Comprobación mediante un sinxelo experimento de que a enerxía nin se crea nin se destrúe, senón que permanececonstante nunha transformación e degrádase.• Coñecemento das medidas de aforro enerxético e a súa aplicación na vida cotiá.• Análise e interpretación de gráficas e diagramas que permitan valorar as consecuencias ambientais do incrementode emisións de CO 2 e a súa relación co aumento do efecto invernadoiro e o cambio climático.• Observación, deseño e realización de esquemas e debuxos que permitan valorar as vantaxes da arquitectura bioclimáticae a construción de casas ecolóxicas.• Deseño e realización de experimentos sinxelos para construír un modelo de muíño eólico.ACTITUDES• Reflexión sobre a importancia que ten a enerxía e a súa influencia na calidade de vida.• Interese por realizar traballos con orde e limpeza.• Actitude rigorosa e científica na realización de experimentos e na aplicación de procedementos de investigación.• Colaboración positiva e respecto polos demais nas actividades conxuntas.• Respecto pola realidade dos datos e observacións, aínda que contradigan as hipóteses ou desexos propios.• Toma de conciencia da necesidade da limitación dos recursos enerxéticos e dos efectos nocivos que a dilapidaciónda enerxía ten para o medio.• Sensibilización ante a necesidade de adoptar medidas encamiñadas a favorecer o aforro enerxético.• Toma de conciencia da importancia de utilizar fontes de enerxía limpas e renovables e valoración na súa xustamedida das consecuencias negativas para o medio do uso das enerxías non renovables.Criterios de avaliacióna.1) Describe a enerxía como a capacidade dos sistemas materiais para producir entre os seus elementos interacciónsque provocan transformacións ou cambios que poden ser físicos, químicos, xeolóxicos e biolóxicos.b.1) Explica os conceptos de enerxía, traballo e esforzo.c.1) Describe as distintas manifestacións da enerxía, que recibe distintos nomes segundo as accións e os cambiosque provoca ou os fenómenos aos que se asocia.c.2) Coñece os conceptos de enerxía cinética e potencial e as variables de que dependen.c.3) Mide e compara datos para amosar as diferenzas e as relacións entre enerxía cinética e potencial.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!