12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

90PROGRAMACIÓNUNIDADE 11: Enerxía e ondas: luz e sonObxectivosa) Comprender a natureza do movemento ondulatorio e as características que definen unha onda.b) Coñecer que a luz e o son son dúas formas diferentes de propagación da enerxía en forma de ondas.c) Explicar a formación do eco como resultado da reflexión do son e analizar algunha das súas aplicacións, como o sónar.d) Describir a natureza da luz e das radiacións que compoñen o espectro electromagnético.e) Comprender os fundamentos da reflexión e a refracción da luz.f) Deseñar experimentos sinxelos que permitan comprender a propagación da luz e a formación de imaxes nos espellose lentes.g) Coñecer as aplicacións dos espellos e das lentes para a construción de instrumentos ópticos e para a correccióndalgunhas anomalías da visión.h) Observar a síntese aditiva das cores-luz e a síntese subtractiva das cores-pigmento.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre a natureza das ondas, as súas características e os diversos tipos de ondas existentes.• Formularse interrogantes sobre a propagación das ondas e sobre fenómenos como a reflexión e a refracción.• Describir os principais conceptos de óptica e acústica tratados ao longo da unidade.Competencia matemática• Resolución de problemas sinxelos sobre a velocidade de propagación das ondas sonoras e luminosas.• Interpretar debuxos e esquemas que permitan comprender a forma en que se propagan a luz e o son e fenómenoscomo a reflexión e a refracción.• Elaborar esquemas sinxelos para determinar a traxectoria dos raios luminosos e así interpretar as imaxes que seforman nos espellos e nas lentes.• Aplicar as leis da reflexión e da refracción para explicar diversos fenómenos ópticos da vida cotiá.Competencia no coñecemento e interacción co medio físico• Identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, co obxecto de entender fenómenoscomo o eco, as interferencias, a reverberación e o fundamento científico das ecografías, o sónar, etcétera.• Comprender a natureza da luz, como se propaga, como se dispersa nun prisma, como se reflicte nun espello ecomo se refracta nunha lente.• Poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizar observacións de diversos fenómenos ópticos esonoros da vida cotiá, así como do proceso de formación das cores.Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar ilustracións e esquemas para comprender os procesos de propagación de ondas sonoras e luminosas, anatureza da luz e os conceptos de lonxitude de onda e frecuencia.• Analizar a información que proporcionan os debuxos para comprender a estrutura e funcionamento do ollo e fenómenoscomo o eco, o arco iris, a formación de imaxes nos espellos, a utilidade dos diversos tipos de lentes, etcétera.• Usar diversas páxinas web sobre os fenómenos relacionados coa luz e o son.Competencia social e cidadá• Comprender os posibles efectos nocivos para a saúde de determinadas radiacións como a ultravioleta.• Concienciarse da importancia das aplicacións prácticas da óptica para a construción de instrumentos ópticos utilizadosna vida cotiá.• Entender o aproveitamento que os seres humanos obtivemos da comprensión das ondas sonoras.Competencia cultural e artística• Utilizar os esquemas e debuxos das ondas sonoras e lumínicas para desenvolver a creatividade e a imaxinación.• Apreciar e gozar observando fenómenos ópticos e sonoros no noso contorno natural: o arco da vella, o eco, arefracción na auga, a formación das cores, etcétera.Competencia para aprender a aprender• Adaptar as observacións particulares de fenómenos ópticos e sonoros ás teorías xerais sobre a natureza da luz edo son e sobre as súas formas de propagación.• Desenvolver habilidades para obter información sobre os procesos de propagación da luz e do son e transformalaen coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previos e coa propiaexperiencia persoal.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!