12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

86PROGRAMACIÓNTratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para a comprensión da natureza da calore a temperatura, os seus efectos, formas de propagación e de utilización: seccións, detalles ampliados, vistas defronte ou de perfil e modelos a escala esixen de destrezas de razoamento para analizar a información que proporcionanos debuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 212) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.Deseñar experimentos para comprobar os efectos da calor sobre os corpos, a natureza dos illantes térmicos ou ofuncionamento dun barco de vapor en compañía de afeccionados á física, analizar os datos proporcionados polasgráficas para coñecer os cambios de estado e coñecer o funcionamento dun motor de gasolina de catro tempos,esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa, na resolución de problemasreais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 208) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre os fenómenos relacionadoscoa calor e a temperatura e os sitios onde se pode descargar información sobre o funcionamento do motorde combustión interna e externa. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento da competencia dixital, estimulandoo manexo de estratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software e aproveitar e analizarcriticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáA actividade Lazos co medio (páxina 207) pretende reflexionar sobre a importancia da máquina de vapor como elementodesencadeante da primeira revolución industrial e do motor de combustión interna, que utiliza como combustibleos derivados do petróleo, como elemento desencadeante da segunda revolución industrial e valorar as profundastransformacións que causaron ambos os descubrimentos nos sistemas de traballo e na estrutura da sociedade.A Ciencia explícanos o mundo (páxina 213) reflexiona sobre o quecemento global e como está a influír no cambioclimático en Galicia e, en coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas até aquí, son parte desta competenciabásica as actitudes que pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 213) para fomentar o aforroenerxético mediante a utilización do illamento térmico nas vivendas.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que mostran a natureza da calor, dos seus efectos sobre os corpos, as súas formas de propagarse eas súas aplicacións, así como a natureza da temperatura como magnitude que mide a enerxía interna dos corpos, eas fotografías e debuxos que mostran o funcionamento dos distintos tipos de motores de combustión, contribúen aodesenvolvemento desta competencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo requirepoñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade, ao percibir e enriquecerse con diferentes realidadesdo mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba e Compara tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa (páxina 203), Observa e experimenta (páxina 209), Exercita a túa memoria (páxina210), Aplica o teu coñecemento (páxina 210) e Resolve o problema (páxina 211) permiten ser consciente doque se sabe e do que é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas, identificare manexar a diversidade de respostas posibles diante dunha mesma situación ou problema utilizando diversasestratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa informacióndispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 212) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalAs actividades Comproba…, Compara… e Observa e experimenta (páxina 209) permiten desenvolver a capa-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!