12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN101• Cálculo das diferentes traxectorias que seguen os raios de luz cando entran pola pupila dun ollo até que se formaa imaxe na retina.• Realización de medicións e análises de datos para comprobar a existencia de radiacións invisibles na luz solar.• Interpretación das traxectorias que describen as ondas sonoras no proceso de ecolocalización dos morcegos.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoEsta competencia trabállase ao identificar as accións que permiten prever os principais riscos para a saúde queteñen determinados hábitos e comportamentos nocivos relacionados co oído e a vista; coñecer os atrancos do ruído;valorar a importancia de respectar as normas prescritas para iluminar correctamente as cidades e evitar a contaminaciónlumínica; e aplicar coñecementos científicos básicos para valorar criticamente as informacións supostamentecientíficas dos medios de comunicación e mensaxes publicitarias, de maneira que se posibilita a comprensión desucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora da calidade de vida das persoas.Con iso trátase de xerar nos nosos alumnos e alumnas comportamentos e hábitos respectuosos cos órganos dos sentidos,coa saúde e co medio, especialmente en relación co ruído e a iluminación.As actividades Compara a intensidade en decibelios dalgúns sons, Perigo! Contaminación acústica (páxina244), Compara o oído de diferentes animais (páxina 246), xunto con Observa e experimenta (páxina 249),Resolve o problema (páxina 251) e A Ciencia explícanos o mundo (páxina 253) permiten o desenvolvementodesta competencia, que fan posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coafinalidade de adquirir os criterios que permiten comprender a natureza e o funcionamento dos receptores sensoriaisresponsables dos sentidos do oído, vista e equilibrio; identificar e localizar os principais órganos sensoriais da audiciónnos animais.Describir a anatomía e o funcionamento dos órganos responsables da vista, o oído e o equilibrio; comprender aimportancia para a saúde auditiva de determinados hábitos e comportamentos; coñecer as principais medidas hixiénicaspara prever a contaminación acústica e lumínica; identificar as causas da percepción errónea nas ilusións ópticas;comprender o funcionamento da liña lateral dos peixes e as causas da ecolocalización e identificar as calidadesdo son, implica a habilidade progresiva para poñer en práctica os procesos de indagación científica: realizar cálculose observacións directas e indirectas; formular preguntas; localizar, obter, analizar e representar informacióncualitativa e cuantitativa sobre os sentidos; expoñer e contrastar hipóteses; e realizar predicións e inferencias sobrea existencia de radiacións invisibles na luz solar.Forma parte desta competencia o estudo das repercusións que teñen determinados hábitos e comportamentos nadeterioración da saúde visual e auditiva e da calidade do medio, como o ruído excesivo e a iluminación incorrecta,e faise referencia ao papel que xoga a presión do grupo e a publicidade no desenvolvemento destas patoloxías, ondese pon de manifesto a axeitada percepción do espazo físico en que se desenvolven os sentidos en relación coa saúdee a doenza, así como a habilidade para interactuar co espazo circundante: resolver problemas relacionados cos sentidose coas causas que provocan as doenzas relacionadas con estes órganos e sistemas.En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas até aquí, son parte desta competencia básica as actitudesque pretenden desenvolver a actividade Ti decides (páxina 253) para coñecer e valorar a adquisición de comportamentose hábitos que favorezan a loita contra a contaminación lumínica.Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para comprender as características dosprincipais órganos e sistemas relacionados cos sentidos da vista, o oído e o equilibrio: seccións, detalles ampliados,vistas de fronte ou de perfil e modelos a escala esixen de destrezas de razoamento para analizar a información queproporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facer deducións dos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 252) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicacióndos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situaciónse contextos.Comprender a anatomía e o funcionamento dos órganos responsables da vista, o oído e o equilibrio; coñecer a importanciapara a saúde visual e auditiva de determinados hábitos e comportamentos; identificar as causas da percepciónerrónea nas ilusións ópticas; identificar as calidades do son, diferenciar entre ultrasóns e infrasóns, comprendero funcionamento dos órganos sensoriais dos animais encargados de captar o son, así como as causas do fenómenoda ecolocalización e deseñar experimentos para detectar a presenza de radiacións solares invisibles para oollo humano, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante e complexa, na resolución deproblemas reais, na toma de decisións e no traballo en contornos colaborativos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!