12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

36PROGRAMACIÓNA actividade A Ciencia explícanos mundo (páxina 69) fai referencia á importancia dalgúns invertebrados na naturezacomo axentes polinizadores. En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas até aquí, son parte destacompetencia básica as actitudes que pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 69), que trata de salientaro dano causado aos insectos polos axentes insecticidas e as vantaxes da agricultura ecolóxica.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que mostran os diferentes ciclos biolóxicos, os tipos de reprodución asexual, a estrutura e a funcióndos elementos dunha flor de anxiosperma, os tipos de polinización, os procesos de produción de gametos,fecundación e desenvolvemento embrionario dos animais e, en especial, do ser humano, contribúen ao desenvolvementodesta competencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecemento e gozo require poñer enfuncionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecerse con diferentes realidadesdo mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderAs actividades Comproba... e Compara... tratan de adaptar os principios ou teorías xerais ás condicións particularesdo seu contorno e capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Pensa… (páxina 55), Observa e experimenta (páxina 65), Exercita a túa memoria (páxina66), Aplica o teu coñecemento (páxina 66) e Resolve o problema (páxina 67), permiten ser consciente doque se sabe e do que é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de suxerir preguntas, identificare manexar a diversidade de respostas posibles ante unha mesma situación ou problema empregando diversasestratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa informacióndispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 68) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións semellantese contextos diversos.Autonomía e iniciativa personalAs actividades Comproba..., Compara... e Observa e experimenta (páxina 65), permiten desenvolver a capacidadede elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos e de levar adiante as accións precisas para desenvolver asopcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificar elevar a cabo proxectos. Require, xa que logo, poder reelaborar as ideas previas ou elaborar outras novas, buscarsolucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 51) suxire no inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal de maneira que se encamiñe á procura de información. Permite ademais explorar as distintasopcións, de maneira que os alumnos e as alumnas poidan elixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Colección de murais e diapositivas sobre os procesos de reprodución sexual e asexual en plantas e animais quedescriban as principais etapas dos seus ciclos biolóxicos.• Colección de preparacións microscópicas sobre pole e emisión do tubo polínico, estrutura do carpelo e sacoembrionario en espermafitas, etcétera.• Modelo anatómico dunha flor de anxiosperma.• Recolección e observación dalgunhas flores características recolectadas na primavera.• Lupa, microscopio e material xeral de microscopía.• Un vaso de cristal, auga, algodón e catro ou cinco feixóns.Libros• ATTENBOROUGH, D. e col. El planeta vivo. Editorial Plaza & Janés-Tusquets-Museu de la Ciència.• ATTENBOROUGH, D. e col. La vida a prueba. Editorial Plaza & Janés-Tusquets-Museu de la Ciència.• AUDESIRK, T e AUDESIRK, G. Biología. Editorial Prentice Hall.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!