12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMACIÓN43• Análise dos datos dunha táboa e construción de gráficas que permiten distinguir elos dunha cadea trófica e a relacióndepredador-presa.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoAs actividades Observa e experimenta (páxina 85) e Resolve o problema (páxina 87) permiten o desenvolvementodesta competencia, que fai posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas enprobas, coa finalidade de comprender que a enerxía flúe nos ecosistemas unidireccionalmente: procede do Sol,almacénase en forma de enerxía química pola fotosíntese e é «consumida» por todos os niveis tróficos do ecosistema;mentres que non ocorre o mesmo coa achega de materia, que se debe reciclar unha e outra vez porque osbioelementos a partir dos cales se nutren os diferentes compoñentes do ecosistema son recursos limitados epódense esgotar.O feito de coñecer que o ecosistema é un conxunto de seres vivos (biocenose) e non vivos (biótopo) que se relacionanentre si de formas diversas intercambiando materia e enerxía, que presenta unha determinada estrutura e función,que todos os elementos do ecosistema dependemos das plantas e, en último termo, do Sol, que o tecido quedá vida ao ecosistema é a rede trófica, implica a habilidade progresiva para poñer en práctica os procesos de indagacióncientífica: realizar observacións directas e indirectas de diversos fenómenos ecolóxicos; formular preguntas;localizar, obter, analizar e representar información cualitativa e cuantitativa sobre as cadeas e redes tróficas, os factoresabióticos limitantes, o punto óptimo de cada factor, as marxes de tolerancia, e as pirámides de fluxo de enerxíae realizar predicións e inferencias sobre as relacións depredador-presa e as súas consecuencias nos mecanismosde autorregulación nos ecosistemas.A axeitada percepción do espazo físico en que se desenvolve a actividade humana, así como a habilidade para interactuarco espazo circundante, ponse de manifesto ao estudar os fenómenos de bioacumulación e amplificación biolóxicadalgúns tóxicos ambientais e tratar de resaltar as graves consecuencias destes velenos nos niveis tróficossuperiores da cadea trófica e no ecosistema en xeral.Tratamento da información e competencia dixitalA ilustración desta unidade é unha parte esencial da información necesaria para a comprensión da estrutura e funcióndo ecosistema: seccións, detalles ampliados, vistas de fronte ou de perfil e modelos a escala esixen de destrezasde razoamento para analizar a información que proporcionan os debuxos, relacionala, sintetizala e facer deduciónsdos distintos niveis de complexidade.As actividades Recoñécelo? e Que falta? (páxina 88) requiren o dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual e gráfica) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como a aplicación dosdiferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, en distintas situacións econtextos.Observar os factores bióticos e abióticos dun ecosistema, a disposición das diferentes cadeas nas redes tróficas, ofluxo de enerxía e a reciclaxe da materia, esixe ser competente na xestión e procesado de información abundante ecomplexa, na resolución de problemas reais e no traballo en contornos colaborativos.A actividade Lapis e rato (páxina 84) inclúe as direccións de determinadas páxinas web sobre a transferencia daenerxía nos ecosistemas e os sitios onde se poden descargar esquemas, gráficos e táboas sobre a estrutura e a funcióndos ecosistemas. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento da competencia dixital, estimulando omanexo de estratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software e aproveitar e analizar criticamentea información proporcionada.Competencia social e cidadáA actividade Pensa... (páxina 76) pon de manifesto o xeito de se organizaren os individuos en familias. A actividadeEnerxía da biomasa (páxina 80) pretende resaltar a importancia do aforro enerxético e a procura de novas fontesde enerxía renovables. Os gráficos sobre bioacumulación e amplificación biolóxica da páxina 81 e as actividadesResolve o problema (páxina 87) tratan de resaltar as graves consecuencias e os conflitos creados nos ecosistemase no contorno polas actividades humanas e pola súa particular forma de intervención na biosfera, especialmentea problemática xerada pola bioacumulación e amplificación biolóxica de substancias tóxicas como o DDT, o dieldrín(un parente do DDT) e metais pesados como o mercurio.En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica as actitudesque pretende desenvolver a actividade Ti decides (páxina 89) para evitar a contaminación dos ecosistemas.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que amosan a estrutura e a función dos ecosistemas, as interaccións entre os factores bióticos eabióticos, a disposición das diferentes cadeas nas redes tróficas, o fluxo de enerxía e a reciclaxe da materia, con-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!