12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN95Actividades como Pensa (páxina 219), Observa e experimenta (páxina 233), Exercita a túa memoria (páxina234), Aplica o teu coñecemento (páxina 234) e Resolve o problema (páxina 235) permiten ser consciente doque se sabe e do que é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas,identificar e manexar a diversidade de respostas posibles diante dunha mesma situación ou problema utilizandodiversas estratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa informacióndispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 236) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalAs actividades Comproba..., Compara... e Observa e experimenta (páxina 233), permiten desenvolver a capacidadede elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolveras opcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificare levar a cabo proxectos. Require, polo tanto, poder reelaborar as formulacións previas ou elaborar novas ideas,buscar solucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 215) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de xeito que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Un recipiente con auga para producir ondas (mellor se se dispón da cubeta de ondas que adoitan ter os laboratoriosde física e química), cunha cortiza ou un barquiño de papel.• Unha goma elástica, diapasóns e cordas de guitarra.• Dous tubos de cartón, duns vinte e cinco ou trinta centímetros, un cartón liso e outro rugoso (como os que se vendencos ovos, por exemplo) e un reloxo espertador antigo, dos que fan tic-tac.• Tres cartolinas cun orificio no centro, plastilina e unha lanterna.• Espellos planos, cóncavos e convexos (no seu defecto, unha culler nova e puída).• Un vaso con auga, unha palliña, unha taza e unha moeda.• Colección de lentes cóncavas, convexas e prismas (pódese utilizar unha lupa e as lentes dos alumnos e alumnasmiopes ou hipermétropes).• Modelo anatómico do ollo.• Debuxos murais, diapositivas ou transparencias que mostren o ollo miope e hipermétrope e a corrección das anomalíasvisuais mediante as lentes.• Lupa simple e binocular, microscopio, prismáticos e catalexo (ou telescopio).• Tres lanternas ou focos con filtros transparentes de cor vermella, verde e azul.• Pinturas de varias cores (polo menos deben estar a color maxenta, o cian e o amarelo).Libros• AGUILAR, J. e SENENT, F. Cuestiones de Física. Editorial Reverté.• ARDLEY, N. Diccionario de la Ciencia. Editorial Plaza & Janés.• ARDLEY, N. 101 grandes experimentos. Ediciones B.• BLANCO PRIETO, F. Física cotidiana. Editorial Alhambra.• BRYANT, D. Física. Ediciones Pirámide.• BURNIE, D. Luz. Ediciones Altea.• FERNÁNDEZ, J. Atlas de física. Ediciones Jover.• HANN, J. Ciencia en tus manos. Editorial Plaza & Janés-Tusquets.• HANN, J. Guía práctica ilustrada para los amantes de la ciencia. Editorial Blume.• JENNINGS, T. Luz e color. Ediciones SM.• JENNINGS, T. Sonidos. Ediciones SM.• MUÑOZ, J. e col. Atlas de física. Edibook.• MURPHY, B. Experimentamos con la luz. Editorial Edelvives.• ORTIZ, M. T. E SANTOS, M. Física cercana. Editorial Bruño.• PARSONS, A. Experimenta con el sonido. Ediciones SM.• PERELMAN, Y. Física recreativa. Mr. Ediciones.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!