12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMACIÓN19O metabolismo traballarase cun nivel de formulación moi simple, como transformacións que se producen na célulapara poder aproveitar a materia e a enerxía procedentes dos nutrientes. Débese introducir agora a necesidade defacer chegar o osíxeno até as mitocondrias, para que teñan lugar os procesos oxidativos que nos proporcionan enerxíavital. Sería desexable eliminar as connotacións negativas que ten o termo «químico» na vida cotiá. Cando dicimosque «todo é química» sempre nos referimos aos contaminantes ambientais ou á presenza de aditivos químicosnos alimentos. Toda a nosa vida, e a dos animais e plantas que nos arrodean, baséase nas reaccións químicas dometabolismo.A actividade Lazos coa Historia da Ciencia (páxina 13) trata de iniciar os alumnos e alumnas na Historia dasCiencias, mediante textos que relatan o modo de producirse a invención do microscopio, os descubrimentos das primeirascélulas e os principios da teoría celular. Trátase de amosar a época en que viviron os homes e mulleres dedicadosá actividade científica e os momentos en que tiveron lugar os grandes descubrimentos científicos.A actividade Comproba como podemos utilizar o microscopio para observar células e microorganismosinvisibles a simple vista (páxina 14) introdúcenos no manexo do microscopio e na preparación de mostras. Nestesentido, a actividade Pensa... (páxina 14) permite que os alumnos e alumnas apliquen os coñecementos adquiridossobre microscopía para calcular o tamaño real dun microorganismo a partir dos datos que proporciona o seu tamañoaparente e o número de aumentos utilizados para a súa observación.Os debuxos e esquemas da páxina 17 pretenden ilustrar a importancia que ten a fotosíntese na natureza, como fonteprimordial da obtención de alimentos para a propia planta e para os animais herbívoros, así como para a xeracióndo osíxeno da atmosfera. Neste sentido, a actividade Observa e experimenta (páxina 27) propón un problema quesuscita a formulación de hipóteses, co obxecto de que os alumnos e alumnas tenten explicar a interdependenciaentre un factor abiótico (a luz) e a produción de amidón nas plantas e deseñen experiencias e investigacións e tratende comprobalas.Os contidos das páxinas 18-22 amosan que os animais empregan estratexias diferentes para realizar con éxito asfuncións de nutrición; neste sentido, a actividade Compara o tamaño do intestino en distintos animais vertebrados(páxina 22) trata de relacionar a lonxitude do intestino dos animais herbívoros coa necesidade de inxerirmaiores cantidades de alimento e con maior frecuencia, debido a que os alimentos de orixe vexetal son máis pobresen proteínas e as fibras de celulosa que conteñen son máis difíciles de dixerir.Por último, os contidos da páxina 23 salientan que tanto os sistemas circulatorios abertos como pechados nacenevolutivamente ante a necesidade de transportar nutrientes e osíxeno a todos os rincóns do organismo pluricelulare recoller os produtos de refugallo. Débese destacar a diferenza entre os procesos de excreción, que eliminan residuosmetabólicos celulares mediante filtración a través de órganos como os riles ou os nefridios, e o proceso dedefecación que elimina residuos non dixeribles no tubo dixestivo.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 9) suxire no inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre diversos fenómenosrelacionados coas características das células procariotas e eucariotas, as distintas estratexias alimentarias paraobter os nutrientes e os sistemas de respiración, que suscitan un debate en que se debe estimular o desenvolvementoda capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espíritocrítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións e de aceptar e realizar críticascon espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender que a célula é a unidade estrutural e funcional de todos os seres vivos, asícomo a natureza dos sistemas implicados nas funcións de nutrición autótrofa e heterótrofa e organizar e autorregularo coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticas aodefinir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactar respostas breves, clasificar como verdadeiro oufalso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 26) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre as técnicasmicroscópicas e a organización microscópica dos seres vivos, a nutrición autótrofa das plantas e os tipos de nutriciónheterótrofa, que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribirtextos sinxelos en diferentes linguas e empregar esas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos amósanse destacados en cadros ao longo da unidade e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 26), pretenden estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre diversos fenómenos relacionados co estudo da estrutura e función das células procariotas e eucariotas, o fun-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!