PROGRAMACIÓN57volvemento da competencia dixital, estimulando o manexo de estratexias para identificar e resolver problemas dehardware e de software e aproveitar e analizar criticamente a información proporcionada.Competencia social e cidadáEsta unidade ten unha dimensión social moi importante porque unha gran parte dos seus contidos son actitudinais,aínda que, como é evidente, tratados dende a perspectiva ambiental. Por iso, tamén toda a unidade está impregnadadesta competencia. A descrición de cada un dos ecosistemas e biomas, pretende sensibilizar os alumnos sobrea importancia destes espazos e a necesidade de protexelos e a responsabilidade que temos os cidadáns, á marxedas autoridades a quen corresponden as grandes decisións.A actividade Ti decides (páxina 135), pretende desenvolver a conciencia sobre os valores do contorno, non tan próximo,como é o caso da selva tropical e amosar un sentimento de cidadanía global.Competencia cultural e artísticaAínda que no patrimonio cultural e artístico xeralmente se engloban monumentos históricos, pontes ou pinturas eesculturas, o desenvolvemento desta unidade pretende que os alumnos comprendan que a comprensión e o coñecementodos ecosistemas terrestres e biomas, tamén debe formar parte do patrimonio cultural dunha rexión ou unpaís.Competencia para aprender a aprenderOs conceptos desta unidade están directamente conectados con esta competencia. Mediante os Pensa, Comparae Comproba, desenvólvense as capacidades de reflexión e de relación.As actividades Comproba que a devesa é un exemplo de desenvolvemento sustentable, onde se respectao medio (páxina 119) e Compara algunhas características dos grandes primates da pluvisilva (páxina124), capacitan os alumnos e alumnas para describir novas observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas, identificarsemellanzas e diferenzas, planificalas, etcétera.Actividades como Observa e experimenta (páxina 131), Exercita a túa memoria, (páxina 132), Aplica o teucoñecemento (páxina 132) e Resolve o problema (páxina 133), permiten ser conscientes do que se sabe e doque é necesario aprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas, identificar e manexara diversidade de respostas posibles diante dunha mesma situación ou problema, utilizando diversas estratexiase metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa información dispoñible.Onde está a mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 134) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalÁ adquisición desta competencia contribúe co traballo de buscar información e relacionar os datos dispoñibles sobrealgúns problemas ambientais.As actividades Compara e Comproba permiten desenvolver a capacidade de elixir con criterio propio e de levaradiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans persoais. Supón poder transformar as ideas enaccións, é dicir, propoñerse obxectivos e planificar e levar a cabo proxectos. Require, polo tanto, poder reelaborar asformulacións previas ou elaborar novas ideas, buscar solucións e levalas á práctica.A actividade Mira... (páxina 113) expón, ao inicio da unidade, un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. Permite explorar as distintas opcións, de xeito que poidanelixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosLibros• ATTENBOROUGH, D. e col. El planeta vivo. Plaza & Janés. Barcelona.• BARTOLOMÉ, J. e VEGA, I. Naturaleza en España. WWF/Adena, Debate-Círculo de Lectores.
58PROGRAMACIÓN• BLANCO, E. e col. Los bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Editorial Planeta.• BLAS ARITIO, L. Guía de los parques nacionales españoles. Incafo.• BRITISH MUSEUM (Natural History). La naturaleza trabaja. Editorial Akal.• BRITISH MUSEUM (Natural History). Las cadenas naturales. Editorial Akal.• DOMÍNGUEZ, L. M. Guía de la fauna callejera. Rubes Editorial, S. L.• HARE, T. Enciclopedia de la Ecología I. Ediciones SM.• HARE, T. e GORDON, J. Enciclopedia de la Ecología II. Ediciones SM.• HARE, T. La destrucción de los hábitats. Ediciones SM.• HEINRICH D. e HERGT, M. Atlas de ecología. Alianza Editorial.• JOHNSON, H. El bosque. Editorial Blume.• LUCHT, I. El año en el bosque. Editorial Blume.• MAYOL, J. e col. Islas. Enciclopedia de la naturaleza de España. Editorial Debate-Círculo de lectores.• PALOMERO, G. e col. El bosque atlántico. Enciclopedia de la naturaleza de España. Editorial Debate-Círculo de lectores.• PARRA, F. Monte mediterráneo. Enciclopedia de la naturaleza de España. Editorial Debate-Círculo de lectores.• RODRIGUEZ DE LA FUENTE, F. Enciclopedia de la fauna Ibérica y Europea. Editorial Salvat.• RODRIGUEZ, J. L. Parques Nacionales de España. Editorial Everest.• SMIT, R.L. e SMIT, T. M. Ecología. Pearson Educación.• SERRANO, J. e col. Canarias. Enciclopedia de la naturaleza de España. Editorial Debate-Círculo de lectores.• VARIOS. Atlas El País. Editado por El País-Aguilar.• VARIOS. Busca los animales de tu ciudad. Susaeta Ediciones.• VARIOS. El libro de la Naturaleza. Editado pola Junta de Castilla y León.Revistas mensuais• Investigación y Ciencia.• Muy Interesante.• National Geografic.• Natura.• Quercus.Vídeos• Dada a grande abundancia de títulos, é aconsellable contactar cos servizos de viodeoteca de diferentes centros einstitucións e coas diferentes canles de televisión.Ambientais• Excursións a diferentes ecosistemas terrestres e espazos protexidos.• Observación e realización de actividades en parques e xardíns do contorno do centro.• Utilización das cámaras fotográficas e videográficas para elaborar reportaxes de ambos tipos sobre a fauna e aflora características de distintas zonas.• Observación das paraxes máis próximas e da influencia dos seres humanos sobre elas.• Contactar con asociacións ecoloxistas e de defensa da natureza (ADEGA, VERDE-GAIA, ADENA, CODA, SEO, etc.).InternetMinisterio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariñohttp://www.mma.esPáxina do Ministerio de Medio Ambiente, onde se pode atopar información ambiental sobre espazos protexidos,estratexias de desenvolvemento sustentable, etcétera.Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC)http://www.fauna-iberica.mnc.csic.es/Nesta páxina pódese atopar información sobre distintas especies da fauna española.Ministerio de Educación e Cienciahttp://www.cnice.mec.es/profesores/asignaturas/É unha páxina do Ministerio de Educación, sobre recursos para diferentes materias. Entre elas están as relacionadascos aspectos ambientais.