12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

108PROGRAMACIÓNf.1) Resolve cuestións sobre corpos mergullados nun líquido.g.1) Describe un átomo e as súas partículas subatómicas.g.2) Relaciona símbolos con nomes dos elementos químicos.h.1) Describe o Sistema Periódico dos elementos.h.2) Enumera os elementos das familias principais do Sistema Periódico.i.1) Formula e nomea compostos químicos binarios.Orientacións metodolóxicasAs actividades Pensa… e Comproba o carácter relativo do movemento (páxina 256) buscan a comprensión docarácter relativo do movemento. Así mesmo, a necesidade de establecer un punto de referencia é fundamental paraaprender a calcular distancias a partir de posicións e velocidades a partir de distancias e tempos.É importante a resolución de problemas sinxelos de velocidade e aceleración, para adquirir destreza na conversiónde unidades por factores de conversión tal como se expuxo o pasado curso e para practicar a resolución de ecuaciónsonde teñen que despexar a incógnita.Débense facer exercicios de movementos con axuda de táboas e gráficas para adquirir destreza na interpretacióndas mesmas.Na actividade Compara os valores da posición e da velocidade dun movemento (páxina 260) indúcese aoalumnado a reflexionar sobre un movemento cotián, a caída libre. É interesante que recoñeza que se trata dun movementode velocidade variable, que varía progresivamente co tempo o que conduce a unha aceleración constante ea unha variación non linear da posición co tempo.A actividade Compara que teñen en común as seguintes situacións (páxina 262) serve para identificar forzacomo causa, ao tempo que se ve a posibilidade de que unha forza produza distintos efectos: deformacións e cambiosde movemento.A actividade Pensa… da páxina 262 axuda a ver as forzas en exemplos cotiáns e convida a identificar a forza desustentación nos avións como a responsable de que non caian.Realízase unha aproximación ao carácter vectorial das forzas no punto 7.2, da páxina 265, que nos debe levar á sumade forzas e á comprensión do equilibrio.Relaciónase forza con deformación e forza con aceleración, é dicir, troco na velocidade dun movemento. Propóñensenumerosos exemplos ilustrativos destes fenómenos causa-efecto.Analízase a gravidade como fenómeno universal que aplicado aos corpos atraídos pola Terra recibe o nome de peso.Diferénciase entre as magnitudes masa e peso dun corpo e practícase o cálculo dunha a partir da outra.Realízase un inicio ao estudo dos corpos mergullados nun fluído: o Principio de Arquímedes e as súas repercusiónsna flotación dos corpos.A actividade Compara o tamaño dun átomo co dunha célula… (páxina 272) mostra a diferenza de tamañosentre o mundo macroscópico, apreciable para os nosos sentidos e o mundo do microscópico, ao que pertencen osátomos e as partículas subatómicas.Introdúcense as fórmulas dalgunhas destas substancias e a explicación da devandita simboloxía. Neste punto é convenientefacer continuas referencias a compostos coñecidos para conectar o marco teórico ou microscópico comacroscópico ou observable.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaO comentario inicial sobre a Física e Química, propón o desafío de observar, de descubrir, a través do discurso científicodebidamente estruturado e argumentado usando con precisión os termos.A actividade Mira... (páxina 255) suxerida ao principio da unidade estimula a capacidade de ler, analizar situaciónsque o alumno xa coñece e que debe contrastar coas súas ideas previas ao estudo da unidade. Ideas relacionadas comovemento, con diversos tipos de forzas como a de rozamento, a lei de gravitación, por que os corpos aboian ouafunden, etcétera.Competencia matemáticaO tratamento dos datos experimentais que se obteñen ao facer o estudo dun movemento, de distancias e de tempos,fan que o alumnado teña que cuantificar un fenómeno como o descrito ou teña que «medir» forzas cun dinamómetroe facer as súas correspondentes gráficas, para logo obter datos a través delas, como na actividade deObserva e experimenta... (páxina 281).

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!