12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN99ContidosCONCEPTOS• O ollo: o órgano da visión.• O oído: o órgano da audición e do equilibrio.• As calidades do son.• Como captan o son os animais.PROCEDEMENTOS• Interpretación de debuxos; deseño e elaboración de experimentos sinxelos e modelos que permitan comprendero funcionamento do ollo e do oído como receptores de ondas.• Comparación e establecemento de analoxías e diferenzas entre as estruturas e o funcionamento do ollo e a cámarafotográfica.• Análise e interpretación de debuxos que enganan ao noso cerebro e observación dalgunhas claves ou asociaciónscausantes das ilusións ópticas.• Observación dunha escala de intensidades sonoras e análises dos efectos que provoca o ruído intenso.• Comparación e establecemento de analoxías e diferenzas entre os oídos de diferentes animais.• Deseño e realización de experimentos sinxelos destinados a emitir hipóteses e comprobar a existencia de radiaciónsinvisibles na luz solar.ACTITUDES• Identificación de certos comportamentos e actitudes que poden resultar prexudiciais para a visión.• Coñecemento e valoración dos efectos nocivos para o medio da contaminación lumínica.• Coñecemento e valoración dos efectos nocivos para a saúde do ruído e dos sons de alta intensidade (contaminaciónsonora).• Tolerancia e respecto polas diferenzas individuais, físicas e psíquicas.Criterios de avaliacióna.1) Describe os elementos característicos do ollo e o seu funcionamento.a.2) Explica a traxectoria que segue a luz cando penetra no ollo pola pupila e como se forma a imaxe na retina.b.1) Relaciona o papel que desempeña o cerebro na formación das imaxes visuais, sinalando algunhas asociaciónsou claves que son causa dos erros de percepción nas ilusións ópticas.b.2) Presenta hipóteses, deseña e realiza experimentos sinxelos que permitan identificar e comprobar a presenzade radiacións invisibles na luz solar.c.1) Explica o modo de propagación das ondas sonoras dende o pavillón auditivo até o caracol e o cerebro.d.1) Diferencia as calidades do son, intensidade, ton e timbre, as súas unidades de medida.e.1) Coñece algúns dos efectos prexudiciais do son para a saúde.f.1) Compara o oído de diferentes animais e identifica algúns órganos sensoriais que permiten captar o son nos animais.f.2) Describe o fenómeno da ecolocalización nos morcegos.Orientacións metodolóxicasSe na unidade anterior estudabamos os tipos de ondas, as súas características e algúns fenómenos relacionadosco movemento ondulatorio, nesta unidade, continuación da anterior (e dos contidos sobre os sentidos xa estudadosna unidade 3), trataremos dos sistemas de receptores encargados de captar diferentes tipos de ondas electromagnéticase sonoras. A idea fundamental que subxace en toda a unidade é que seremos capaces de indagara existencia dun tipo de onda se dispoñemos do receptor adecuado, como se pon de manifesto na actividadeObserva e experimenta da páxina 249.O universo humano é fundamentalmente visual e sonoro, pero iso non quere dicir que non existan outros universos,invisibles e inaudibles para nós, aínda que perceptibles para algúns animais. Non sabemos que sensación teriamosse fósemos quen de oír os ultrasóns na escuridade da noite ou se nos espertase pola mañá un forte infrasón procedentede terras afastadas. Tampouco saberiamos cal sería a nosa reacción se nun instante fugaz puidésemos ver acoloración das flores dun prado iluminadas con luz ultravioleta.Cando vemos a luz das estrelas no firmamento, só somos capaces de captar un dos tipos de radiación electromagnéticaque emiten: a luz visible, un conxunto de radiacións comprendidas entre os 400 e os 700 nanómetros. Pero sedispuxésemos dun radiotelescopio, seriamos capaces de detectar ondas de radio procedentes de galaxias afasta-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!