12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

16PROGRAMACIÓNUNIDADE 1: As funcións de nutriciónObxectivosa) Comprender que todos os seres humanos estamos formados por células, agrupadas en tecidos, órganos e sistemas,que a célula é a unidade anatómica e fisiolóxica de todos os seres vivos e tamén a unidade de orixe.b) Coñecer e describir a estrutura e o funcionamento dos principais órganos e sistemas do corpo humano.c) Comprender que os organismos son sistemas materiais en que materia, enerxía e información circulan nun procesode continuo fluxo e intercambio co medio e que os grandes grupos de seres vivos utilizan estratexias diferentespara realizar con éxito as funcións de nutrición.d) Coñecer que os seres vivos necesitan nutrientes que lles proporcionen materia e enerxía e describir os métodosutilizados polas plantas para utilizar a enerxía do Sol, así como os empregados polos animais para obter a enerxíados alimentos previamente elaborados polas plantas.e) Relacionar os procesos de dixestión coa necesidade de transformar os alimentos nos seus nutrientes molecularescorrespondentes, de tamaño o suficientemente pequeno para que poidan ser absorbidos e transportados polosangue.f) Comprender a necesidade de obter osíxeno para utilizalo na obtención de enerxía e describir os sistemas encargadosde captalo do aire ou da auga e transportalo até as células.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Suxerir interrogantes sobre os diferentes sistemas de nutrición e respiración existentes nos seres vivos, conobxecto de provocar un debate que estimule a capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintasá propia.• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes tipos de células, os compoñentes das células e sobre a clasificacióndos animais en función da maneira que teñen de captar os nutrientes.• Interpretar e comprender a realidade da enorme diversidade do mundo dos seres vivos e organizar e autorregularo coñecemento dotándoo de coherencia.Competencia matemática• Confeccionar debuxos que axuden a comprender a estrutura interna das células, e os compoñentes e órganos dossistemas de nutrición e respiración.• Realizar cálculos, aplicando os coñecementos de microscopía, para calcular o tamaño real dos microorganismos,a partir dos datos obtidos e dos aumentos do microscopio.• Interpretar os esquemas que explican o proceso da fotosíntese e a respiración, e os debuxos dos diversos órganosdos animais establecendo relacións entre a súa forma e a súa función.Competencia no coñecemento e interacción co medio físico• Identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de adquirir criteriosque permitan comprender o funcionamento dos mecanismos mediante os cales os animais e plantas adquiren osnutrientes e a enerxía que precisan.• Adquirir técnicas de observación para analizar os diversos tipos de células existentes e a variedade de sistemasde respiración, nutrición e circulación dos seres vivos.• Comprender a relación existente entre a estrutura dos sistemas de nutrición e o contorno onde viven as diferentesespecies.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar os problemas que proporcionan os debuxos de órganos e aparatos e sacar conclusións dos distintosniveis de complexidade.• Observar preparacións microscópicas e realizar cálculos cos datos obtidos, con obxecto de interpretar o significadodas nosas observacións.• Usar determinadas páxinas web sobre as técnicas microscópicas e sobre a nutrición autótrofa das plantas e ostipos de nutrición heterótrofa animal.Competencia social e cidadá• Tomar conciencia da importancia da actividade científica e coñecer os principais descubrimentos arredor dacélula.• Coñecer o traballo do naturalista e as calidades que debe ter alguén que queira gozar observando a natureza.• Valorar a diversidade de órganos e sistemas de respiración e nutrición dos diversos organismos como parte esencialda riqueza do contorno.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!