12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

76PROGRAMACIÓNd.1) Aplica os coñecementos sobre as transformacións da enerxía para a resolución de problemas sinxelos e paraexplicar as causas dalgúns fenómenos cotiáns, como a produción de electricidade nun pantano ou mediante adinamo dunha bicicleta.e.1) Recoñece que o traballo é unha das formas de transferirse ou propagarse a enerxía e realizar investigaciónsque permitan establecer relacións entre a enerxía aplicada e o traballo realizado.e.2) Explica o principio de conservación da enerxía e a degradación que experimenta a enerxía cando se transformaou se transfire.e.3) Describe as distintas transformacións enerxéticas que se producen en distintos tipos de centrais eléctricas atéque se produce a electricidade.f.1) Distingue as fontes de enerxía non renovables das renovables.f.2) Recoñece as vantaxes para a conservación do medio que representan as fontes de enerxía renovables.g.1) Identifica de forma crítica as actividades humanas que impulsan a dilapidación da enerxía e o abuso dos combustiblesfósiles.h.1) Enuncia algunhas medidas para loitar contra a dilapidación de enerxía.Orientacións metodolóxicasAo longo desta unidade exponse o mesmo problema en varias ocasións, e é que algúns termos teñen un significadofísico preciso que non sempre se axusta ao sentido que ten na linguaxe coloquial. Isto ocorre co concepto de enerxíae a súa relación co traballo e coa diferenza entre traballo e esforzo. Convén, polo tanto, poñer de manifesto asideas previas que teñen os nosos alumnos e alumnas sobre estas cuestións e, a partir delas, establecer pontes econexións que nos permitan aloxar correctamente nos seus esquemas conceptuais os conceptos físicos que aparecennesta unidade, co fin de favorecer a súa comprensión e memorización, de xeito que poden máis tarde utilizalospara a resolución de problemas.A actividade Compara distintas manifestacións en que se emprega, transporta ou almacena enerxía (páxina177) pretende investigar as ideas previas dos alumnos e alumnas sobre as diferentes manifestacións da enerxía, dexeito que o concepto de enerxía se manifeste como «forza en acción», responsable de todo o que ocorre no Universo.A actividade Comproba como podes producir luz co movemento dunha pedra (páxina 179) pon de manifestoa serie de transformacións que permiten converter a enerxía potencial almacenada na pedra en enerxía cinética, eesta en enerxía eléctrica. A actividade Comproba como un corpo acumula enerxía potencial (páxina 179) mostraas sucesivas transformacións entre a enerxía cinética e a enerxía potencial no bote que se move. A conclusióná que deberían chegar os alumnos e alumnas con estas dúas experiencias é que os tipos de enerxía se manifestannas transformacións e os distintos nomes que recibe a enerxía non son máis que consecuencia dos cambios que provocaou os fenómenos aos que se asocia. Sobre esta cuestión insístese de novo na actividade Comproba de ondeprocede a luz do faro da túa bicicleta (páxina 180).A actividade Comproba coa punta do teu nariz que a enerxía permanece constante nunha transformación(páxina 181) permite comprobar cun sinxelo experimento o principio da conservación da enerxía, aínda que, claroestá, non podemos comprobar cunha simple pelota que a continua perda de enerxía en cada oscilación se convirtaen calor. O concepto de traballo (e tamén o de calor, na unidade 10, e o de onda, na unidade 11) débense introducircomo unha das formas que ten a enerxía de transferirse ou propagarse. De xeito que se non hai transferencia só sefai un esforzo, pero non se realiza traballo.O esquema da páxina 180 mostra que, agás a xeotérmica e a nuclear, todas as demais formas de enerxía obtéñense,mediante distintas transformacións, a partir da enerxía do Sol. A enerxía electromagnética do Sol propágase enforma de luz, calor, etc. A calor evapora a auga dos mares e forma as nubes. Tamén quenta a Terra de forma desiguale forma os ventos, que arrastran as nubes até os continentes. A auga das nubes almacena enerxía potencial.Ao chover, a enerxía potencial transfórmase en enerxía cinética. Nos pantanos, a auga embalsada almacena enerxíapotencial. Cando a auga cae dende certa altura, a enerxía potencial transfórmase de novo en enerxía cinética,que move unha turbina e un xerador e transfórmase en enerxía eléctrica, que se transporta até as cidades e as vivendas.Por outra parte, a enerxía da luz solar transfórmase en enerxía química almacenada nas ligazóns das moléculasdos seres vivos e dos alimentos. En épocas pasadas, algúns organismos quedaron enterrados e deron lugar aocarbón e ao petróleo, que almacenan enerxía química. As centrais térmicas queiman carbón e petróleo e transformana enerxía química en enerxía eléctrica. As centrais nucleares son as únicas que non dependen do Sol, xa quetransforman a enerxía nuclear de determinados compostos radioactivos en enerxía eléctrica.Os contidos, esquemas e debuxos das páxinas 186-193 pretenden que os alumnos e alumnas aprendan a diferenciarentre as enerxías renovables e as non renovables e que a enerxía debe utilizarse sen facer un gasto innecesario,como un ben escaso que é, ademais, caro e contaminante.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!