12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

98PROGRAMACIÓNUNIDADE 12: Visión e audición: receptores de luz e sonObxectivos didácticosa) Identificar os principais compoñentes e o funcionamento do ollo humano.b) Comprender a natureza das percepcións e as causas das ilusións ópticas.c) Describir os principais compoñentes do oído humano e o seu funcionamento como receptor de ondas sonoras.d) Analizar as calidades do son e comprender que o oído humano é un receptor de ondas sonoras incapaz de detectaros ultrasóns e os infrasóns.e) Coñecer e valorar os efectos nocivos para a saúde do ruído e dos sons moi intensos.f) Comprender como captan o son os animais e describir o funcionamento e a localización dos seus órganos sensoriais.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Formularse interrogantes sobre a estrutura e funcionamento dos órganos relacionados cos sentidos da vista e dooído.• Debater acerca da forma en que captan o son os animais, a percepción visual que temos dos obxectos e as ilusiónsópticas.• Interpretar e comprender a realidade da diversidade e complexidade dos órganos sensoriais que teñen os seresvivos.Competencia matemática• Confeccionar debuxos para comprender a estrutura e funcionamento do oído e do ollo humano.• Representar as traxectorias dos raios de luz cando entran no ollo e como se forma a imaxe na retina.• Analizar e formular hipóteses acerca da percepción errónea nas ilusións ópticas.Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico• Concienciarse sobre a importancia de evitar a contaminación acústica e lumínica nas cidades.• Comprender a importancia para a saúde de determinados hábitos relacionados cos sentidos da vista e o oído.• Adquirir técnicas de observación para comprender o funcionamento do ollo e do oído e a existencia das ilusiónsópticas.Tratamento da información e a competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos do ollo humano e sacar conclusións do mecanismo de funcionamentoe da súa complexidade.• Coñecer as causas que fan que o noso cerebro teña unha percepción errónea da realidade e perciba ilusións ópticas.Competencia social e cidadá• Concienciarse sobre a importancia de manter hábitos saudables e evitar a contaminación acústica e sonora nascidades.• Valorar a diversidade de mecanismos que presentan os seres vivos para percibir a presenza doutros seres ouobxectos e comprender as aplicacións prácticas que o ser humano obtivo deste coñecemento.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar cos debuxos que mostran os órganos dos sentidos, valorando a súa complexidade e a precisióndo seu deseño.• Poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade, ao percibir e enriquecerse coa gran variedadede mecanismos que empregan os seres vivos para percibir o seu contorno.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os principios xerais da óptica e a acústica para comprender os compoñentes e funcionamento do ollo eoído humano.• Analizar como as diferentes especies animais elaboran diversas estratexias para obter información do contornoque os rodea.Autonomía e iniciativa persoal• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado da saúde e co mantemento do medio físico, evitando acontaminación lumínica e acústica.• Analizar os procesos de captación do son e a luz polos seres vivos, expoñendo un conxunto de interrogantes queestimulen a iniciativa persoal e a busca de información sobre eses procesos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!