12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN33c.2) Describe o proceso de reprodución mediante partenoxénese.d.1) Realiza esquemas e debuxos que amosen os elementos que compoñen a estrutura dunha flor de anxiospermae describe as funcións que realizan.d.2) Explica o ciclo biolóxico das plantas anxiospermas, valorando as vantaxes que supón a utilización do tubopolínico.d.3) Diferencia entre fecundación e polinización nas plantas espermafitas e explica a formación dos froitos e assementes, así como os seus mecanismos de dispersión.f.1) Explica os procesos que tenen lugar durante a xerminación dunha semente de xudía.g.1) Realiza esquemas e debuxos que amosen os procesos implicados na reprodución sexual dos animais.g.2) Diferencia entre procesos de desenvolvemento embrionario directo e indirecto.h.1) Compara as estruturas anatómicas masculinas e femininas do ser humano e explica o papel que desempeñanna reprodución.Orientacións metodolóxicasPara abordar o estudo da funcións de reprodución, convén lembrar os contidos impartidos o curso anterior (véxaseunidade 1 do libro de Ciencias da Natureza de 1º), para refrescar a memoria sobre algúns conceptos que volveremosempregar nesta unidade, como organismos unicelulares e pluricelulares, ciclo biolóxico, reproduciónsexual e asexual, gametos, desenvolvemento embrionario, etc., ademais dos contidos impartidos sobre animaisinvertebrados e vertebrados nas unidades 2 e 3, respectivamente, e sobre fungos, plantas e algas na unidade 4do mesmo libro.A actividade Compara o ciclo vital de dous seres vivos diferentes (páxina 52) mostra dous tipos de desenvolvementoembrionario, un directo (o do caracol) e outro indirecto (o dunha bolboreta) mediante unha metamorfosecompleta, que facilita a comprensión das etapas polas que atravesa sucesivamente un ser vivo.A actividade Compara a reprodución asexual dunha ameba coa reprodución sexual do ser humano (páxina55) ilustra os inconvenientes da reprodución sexual: a diferenza entre a sinxeleza e a rapidez do proceso de reproduciónasexual dun organismo unicelular, como a ameba, e a complexidade e lentitude do proceso de reproduciónsexual dos seres humanos.Pola contra, a actividade Pensa... (páxina 55) ilustra as vantaxes da reprodución sexual: é unha fonte de variación(de diferenzas entre descendentes e proxenitores, de diversidade entre individuos da mesma especie), polo querepresenta un avance evolutivo, xa que tales variacións ou diferenzas permiten ou facilitan a adaptación dos individuosdunha especie aos cambios do contorno e, polo tanto, a súa supervivencia. Na fotografía pódese apreciar queos caracois que posúen cores que lles permiten mimetizarse co fondo pasarán máis desapercibidos para os seusdepredadores naturais, pero non se distinguirán e poden ser pisados, mentres que os de cores máis claras resaltaránmáis e evitarán ser pisados, pero serán máis facilmente atacados polos seus depredadores naturais. Ambas ascaracterísticas, polo tanto, son beneficiosas ou prexudiciais en función das variacións do ambiente: presenza dedepredadores ou de paseantes.A actividade Compara como se reproducen asexualmente diferentes organismos unicelulares (páxina 56),xunto cos contidos e ilustracións das páxinas 57 e 58, establecen as analoxías e diferenzas entre distintos procedementosde reprodución asexual en organismos unicelulares, animais e plantas.A actividade Lazos... coa Medicina (páxina 56) mostra a importancia que ten o coñecemento do ciclo vital, é dicir,da forma en que se reproducen os organismos patóxenos, como o Plasmodium responsable da malaria (unha doenzaque se transmite pola picadura do mosquito Anopheles), para atopar un remedio que deteña a multiplicacióndeste e outros organismos nocivos para a saúde. A actividade Lazos coa Economía (páxina 58) pretende destacara importancia económica das plantas cultivadas para o ser humano, dos seus bulbos, rizomas, cormos, tubérculos,etcétera.Os contidos e ilustracións das páxinas 59 e 60 describen os elementos que compoñen a estrutura dunha flor deanxiosperma e as funcións que realizan, explican as vantaxes que supón a utilización do tubo polínico, a formacióndos froitos e as sementes, así como os seus mecanismos de dispersión, e os procesos que teñen lugar durantea xerminación. Neste sentido, débese poñer de manifesto a estreita relación existente entre algúns tipos deflores anxiospermas (as que posúen polinización entomógama) e algúns insectos, como as abellas, Esta íntimarelación entre insectos e plantas fainos pensar que a evolución das plantas, até a aparición das flores e a evolucióndos insectos polinizadores deberon producirse de maneira simultánea. Ademais, convén destacar o feito deque as plantas non poden moverse, pero si poden viaxar e colonizar novos territorios: fano mediante os seus froitose sementes.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!