12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN93A actividade Comproba como parece distorsionarse un lapis ao pasar do aire á auga (páxina 228) e o experimentoda moeda que reaparece desta mesma páxina pretenden aumentar a motivación dos alumnos e alumnaspara que comprendan máis facilmente a formación de imaxes virtuais como consecuencia da refracción da luz. Unhadas aplicacións de máis transcendencia e utilidade social do fenómeno da refracción é a fabricación de lentes cóncavase convexas, utilizadas na construción de instrumentos ópticos, como o telescopio e o microscopio e na correccióndalgunhas anomalías da visión, como a miopía e a hipermetropía. Por último, a descomposición da luz visiblemediante un prisma e a obtención do espectro coloreado introdúcenos no mundo das cores, cuxas sumas e restaspermiten diferenciar claramente entre cores-luz e cores-pigmento, tal como se mostra na actividade Observa eexperimenta (páxina 233).Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 215) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre a propagación das ondas,a necesidade de medios materiais para a propagación do son, o espectro visible e o fenómeno da refracción da luz medianteas lentes como o cristalino, que suscitan un debate en que se debe estimular o desenvolvemento da capacidade de ler,escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar axeitadamente–en fondo e forma– as propias ideas e emocións, e de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarse mentalmente,interpretar e comprender a realidade do fenómeno ondulatorio, e organizar e autorregular o coñecementoe a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticas ao definir conceptos,identificar conceptos mal clasificados, redactar respostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 232) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre as ondas sonorase os fenómenos de reflexión e refracción da luz, que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos,así como aprender a escribir textos sinxelos en diferentes linguas e utilizar as ditas linguas en contextos comunicativosde uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstranse destacados en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 232), pretenden estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre diversos fenómenos relacionados coa natureza e propiedades das ondas, a propagación e a reflexión doson, a natureza da luz e do espectro visible, a súa propagación en liña recta, a reflexión e refracción da luz, a formaciónde imaxes mediante lentes e espellos e a síntese aditiva e subtractiva entre cores-luz e cores-pigmento, efomentar neles a habilidade para extraer a información esencial tras a lectura da unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 237), xunto coa cuestión que se expón aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que te podenaxudar (páxina 237) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida en que os elementos e razoamentos matemáticos básicosson utilizados no estudo da luz e do son para enfrontarse e dar explicación a aquelas situacións que os precisan:• Análise de datos e resolución de problemas sinxelos sobre a velocidade de propagación das ondas sonoras e luminosas.• Interpretación de debuxos e esquemas que permitan comprender o movemento ondulatorio e a propagación da luze do son.• Toma de datos e realización de medidas para construír un modelo que permita demostrar a propagación da luz enliña recta.• Realización de medidas e análise de datos que permitan deseñar experiencias encamiñadas a comprobar como sereflicte o son e a interpretar o funcionamento do sónar.• Realización de medidas e elaboración de debuxos das traxectorias dos raios luminosos que permitan interpretaras imaxes que se forman nos espellos e nas lentes.• Aplicación das leis da reflexión e da refracción para xustificar distintos fenómenos ópticos da vida cotiá.• Realización de medidas e elaboración de debuxos das traxectorias dos raios luminosos que permitan xustificar ouso de lentes cóncavas e convexas para corrixir determinadas anomalías da visión.• Análise dos elementos que interveñen na descomposición da luz branca e na síntese aditiva e subtractiva entrecores-luz e cores-pigmento.• Interpretación de diagramas e gráficas sobre a utilización dos fornos solares.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!