12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

34PROGRAMACIÓNOs contidos e ilustracións das páxinas 61-62, xunto coa actividade Compara o crecemento e desenvolvementode dous animais ovíparos: un con desenvolvemento indirecto e o outro con desenvolvemento directo(páxina 62) salientan que o proceso da reprodución sexual dos animais implica tres etapas sucesivas: formación dosgametos, fecundación (interna ou externa) e desenvolvemento embrionario (directo ou indirecto, e, neste últimocaso, mediante metamorfose completa ou incompleta, segundo o tipo de animal).A actividade Compara o sistema reprodutor feminino co masculino (páxina 63) seranos de grande axuda paraintroducir agora o concepto de reprodución humana (mediante calquera tipo de material de que se dispoña, dispositivas,modelos anatómicos, etc.) para establecer un debate que nos permita indagar e detectar moitas ideas erróneas,favorecidas pola presenza desoutro currículo oculto, que se adquiren nestas idades en que o pudor e a timidezpoden actuar como barreiras que impiden unha axeitada educación sexual.Por último, a actividade Observa e experimenta (páxina 65) pretende que os alumnos e alumnas elaboren hipótesese deseñen experiencias que permitan demostrar as causas das sucesivas transformacións que teñen lugardurante a xerminación dunha semente de feixón.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 51) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre diversos fenómenosrelacionados co concepto de ciclo vital, as características e vantaxes da reprodución sexual, as funcións que desempeñanas sementes e os froitos e a reprodución dos seres humanos, que suscitan un debate en que se debe estimularo desenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidadee espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións e de aceptare realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender as características do ciclo vital ou biolóxico dun ser vivo e os procesos dereprodución sexual e asexual, coñecer os elementos que compoñen a estrutura dunha flor de anxiosperma e asfuncións que realizan, diferenciar entre fecundación e polinización nas plantas espermafitas, explicar a formacióndos froitos e as sementes, así como os seus mecanismos de dispersión e comprender os procesos implicados nareprodución sexual dos animais; e organizar e autorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia.Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticas ao definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados,redactar respostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 64) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre as funcións dereprodución, que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribir textossinxelos en diferentes linguas e utilizar ditas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstranse destacados en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 64), pretenden estruturar o coñecemento dos nosos alumnos ealumnas sobre diversos fenómenos relacionados co estudo das funcións de reprodución, as vantaxes e inconvenientesda reprodución sexual e asexual, os diferentes tipos de reprodución asexual en organismos microscópicos,animais e plantas, os elementos que compoñen a estrutura dunha flor de anxiosperma e as funcións que realizan,as vantaxes da utilización do tubo polínico, a formación dos froitos e as sementes, así como os seus mecanismosde dispersión e os procesos que teñen lugar durante a xerminación, o proceso da reprodución sexual dosanimais e, en especial, do ser humano, e fomentar a habilidade para extraer a información esencial tras a lecturada Unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 69), xunto coa cuestión que se expónao final, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que tepoden axudar (páxina 69) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimularo pracer pola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral eescrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida que os elementos e razoamentos matemáticos básicos sonutilizados no estudo das funcións de reprodución para se afrontar e dar explicación a aquelas situacións que oprecisan:• Interpretación da realidade a partir da información dispoñible para interpretar gráficas que permitan comprendero tipo de metamorfose que experimenta un insecto e a causa das súas mudas periódicas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!