12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

74PROGRAMACIÓNUNIDADE 9: A enerxía e as súas fontesObxectivosa) Describir a enerxía como unha propiedade dos sistemas materiais e que todo sistema material é unha porción doUniverso cuxas dimensións varían, dende a escala global do Universo até as partículas submicroscópicas quecompoñen a materia.b) Distinguir entre traballo e esforzo e relacionar a enerxía coa capacidade para a realización de traballo.c) Distinguir as distintas formas de manifestarse a enerxía e asociar os distintos nomes que recibe a enerxía coasaccións e os cambios que provoca ou os fenómenos aos que se asocia.d) Coñecer as transformacións da enerxía e os seus xeitos de transferirse.e) Relacionar o principio de conservación da enerxía coas transformacións e transferencias enerxéticas.f) Distinguir entre fontes de enerxía renovables e non renovables, e valorar a enorme importancia que teñen as fontesde enerxía na nosa sociedade.g) Analizar criticamente os riscos que carrexa a obtención, transporte e emprego de enerxías non renovables nonoso planeta.h) Tomar conciencia da limitación dos recursos enerxéticos e a súa dilapidación polos países desenvolvidos e valoraras medidas para loitar contra a dilapidación enerxética.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes tipos de enerxía, como son orixinados, como se manifestan e comose transforman.• Suxerir interrogantes sobre a transformación da enerxía que provoquen un debate en que se debe desenvolver acapacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico.• Expoñer conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á enerxía e as súas fontes.Competencia matemática• Construír diagramas sectoriais que representen a porcentaxe de consumo de cada tipo de enerxía.• Confeccionar maquetas e debuxos para comprender o funcionamento das instalacións e mecanismos produtoresde enerxía.• Interpretar diagramas e gráficas que permitan valorar as consecuencias ambientais do incremento de emisións deCO 2 e a súa relación co aumento do efecto invernadoiro e co cambio climático.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar preguntas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de comprender as sucesivas transformaciónsentre as diversas formas de enerxía.• Poñer en práctica procesos de indagación científica: realizar observacións, directas ou indirectas, de diversas fontesde enerxía, formular preguntas: localizar, obter, analizar e representar información sobre as formas de transferirseou propagarse enerxía.• Reflexionar sobre a enerxía como un ben escaso, caro e contaminante, e valorar as medidas que podemos tomarpara loitar contra a dilapidación enerxética.Tratamento da información e competencia dixital• Analizar a información que proporcionan os debuxos para comprender o funcionamento das instalacións produtorasde enerxía, así como os procesos de transformación de enerxía.• Deseñar experimentos para comprobar as transformacións da enerxía e analizar os datos proporcionados polasgráficas para comprender os efectos contaminantes das enerxías non renovables.• Usar diversas páxinas web dedicadas á enerxía e ás súas fontes.Competencia social e cidadá• Considerar a enerxía como un ben escaso e concienciarse sobre a necesidade de tomar medidas de aforro enerxético.• Comprender os efectos contaminantes dalgunhas fontes de enerxía e adquirir conciencia sobre a importancia denon contaminar, entendendo a loita contra o cambio climático como unha tarefa global, prioritaria para a supervivenciada humanidade.Competencia cultural e artística• Utilizar os esquemas e debuxos sobre os procesos de produción e transformación da enerxía, para desenvolver aimaxinación e a creatividade, e para gozar apreciando a complexidade destes procesos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!