12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

102PROGRAMACIÓNA actividade Lapis e rato (páxina 248) inclúe os enderezos de determinadas páxinas web sobre a vista, o oído e asilusións ópticas. Esta actividade está dirixida ao desenvolvemento da competencia dixital, estimulando o manexo deestratexias para identificar e resolver problemas de hardware e de software e aproveitar e analizar criticamente ainformación proporcionada.Competencia social e cidadáOs acontecementos que conduciron ao estudo do sentido da ecolocalización nos morcegos, descritos na actividadeA ciencia explícanos o mundo (páxina 253) pretenden contribuír a que os nosos alumnos e alumnas entendan aachega que as diferentes culturas fixeron á evolución e progreso da humanidade, comprendan criticamente a realidadehistórica e social do mundo, a súa evolución, os seus logros e os seus problemas.A adquisición de hábitos e comportamentos saudables que poidan ser útiles para o mantemento da calidade de vidadas persoas ponse de manifesto na actividade Perigo! Contaminación acústica (páxina 244), que mostra a relaciónentre a intensidade sonora e os efectos prexudiciais para a saúde. A polémica que suscita o ruído, especialmentenos espazos públicos, debe fomentar o debate social e estimular o exercicio dos dereitos e deberes da cidadanía,co fin de que os alumnos e alumnas valoren a adopción dun estilo de vida saudable, identifiquen e controlenos principais estados emocionais, teñan un coñecemento axustado e positivo de si mesmos, mostren unha actitudepositiva e construtiva diante da vida, preveñan e afronten situacións de risco, tomen decisións persoais de formaautónoma, contrastada e responsable e coñezan e practiquen o diálogo como ferramenta básica de comunicación.Así mesmo, o coñecemento das consecuencias da mala iluminación nas cidades incide tamén na necesidade de coidaro medio en que habitan os seres humanos e os demais seres vivos. Neste sentido, a actividade Ti decides (páxina253) está encamiñada a concienciar os nosos alumnos e alumnas sobre a necesidade de coidar do medio e loitarcontra a contaminación lumínica. Polo mesmo motivo, rexéitanse as actividades que provoquen contaminaciónacústica e lumínica e consumo desaxeitado, e foméntase o interese polo coñecemento dos principais hábitos de vidasaudables e das habilidades para a vida. Iso permitirá ao alumnado elixir opcións máis respectuosas co seu benestarfísico, social e mental, e co medio e desenvolver un espírito solidario con todos os cidadáns e, en xeral, con todosos seres vivos que habitan o noso planeta.Competencia cultural e artísticaAs ilustracións que mostran as características dos órganos dos sentidos do oído, vista e equilibrio, as diferentes ilusiónsópticas que «enganan» ao noso cerebro e os experimentos coa luz encamiñados a detectar radiacións invisiblesao ollo humano, contribúen á adquisición desta competencia. A utilización destas imaxes como fonte de enriquecementoe gozo require poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade ao percibir e enriquecersecon diferentes realidades do mundo da arte e da cultura.Competencia para aprender a aprenderActividades como Observa e experimenta (páxina 249), Exercita a túa memoria, Aplica o teu coñecemento(páxina 250) e Resolve o problema (páxina 251) permiten ser consciente do que se sabe e do que é necesarioaprender. Ao mesmo tempo, implican a curiosidade de formularse preguntas, identificar e manexar a diversidade derespostas posibles diante dunha mesma situación ou problema utilizando diversas estratexias e metodoloxías quepermitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa información dispoñible.Onde está o mentireiro?, Non caias na trampa!, Que falta? e Recoñécelo? (páxina 252) son actividades quedesenvolven habilidades para obter información –xa sexa individualmente ou en colaboración– e, moi especialmente,para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previose coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidase contextos diversos.Autonomía e iniciativa persoalA actividade Mira... (páxina 239) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que pretenden estimulara iniciativa persoal encamiñada á busca de información. A actividade Ti decides (páxina 253) permite explorar asdistintas opcións, de xeito que poidan elixir de maneira autónoma a opción máis axeitada.Recursos didácticosMateriais• Colección de lentes e prismas, cartolina branca e negra.• Termómetro (que non sexa clínico, para que poida rexistrar temperaturas inferiores a 35 o C).• Unha cámara fotográfica réflex (a ser posible que sexa de mecanismo sinxelo).• Modelos anatómicos do ollo e do oído e debuxos murais.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!