12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN17Competencia cultural e artística• Utilizar as imaxes obtidas ao microscopio como fonte de enriquecemento e gozo para poñer en funcionamento ainiciativa, a imaxinación e a creatividade.• Apreciar e gozar cos diversos órganos, sistemas e mecanismos que empregan os seres vivos para levar a cabo osseus procesos de nutrición, circulación, respiración e excreción.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos xerais sobre a nutrición nos seres vivos aos animais e plantas observados no nosocontorno.• Desenvolver habilidades para obter información sobre os procesos de nutrición e para transformala en coñecementopropio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previos e coa propia experienciapersoal.Autonomía e iniciativa persoal• Analizar os procesos de nutrición e respiración, suxerindo un conxunto de interrogantes que estimulen a iniciativapersoal encamiñada á procura de información.• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado e respecto da natureza adquirindo as calidades quedeben caracterizar a un naturalista.ContidosCONCEPTOS• A vida en acción.• A célula viva.• Organismos unicelulares e pluricelulares.• Funcións de nutrición.• Sistema dixestivo.• Sistema circulatorio: un sistema de transporte.• Sistema excretor.• Sistema respiratorio: o alento vital.PROCEDEMENTOS• Manexo do microscopio e da lupa binocular para a observación das principais características das células eucariotase do seu agrupamento en tecidos, órganos e sistemas.• Elaboración de murais e informes que permitan organizar a información, mediante a observación, a comparacióne o contraste das características fundamentais, e establecer semellanzas e diferenzas entre os distintos sistemas(dixestivo, respiratorio, cardiovascular e excretor) dos animais vertebrados e invertebrados, tanto acuáticos comoterrestres.• Utilización de modelos anatómicos, murais e diapositivas que permitan situar correctamente a posición que ocupanos distintos órganos e sistemas no corpo humano e coñecer o seu funcionamento.• Formulación de hipóteses que tenten explicar a interdependencia entre un factor abiótico (a luz) e a produción deamidón nas plantas e deseño e realización de experiencias e investigacións que traten de comprobalas.ACTITUDES• Valoración da diversidade de animais e plantas como parte esencial da riqueza do contorno e da calidade de vidados humanos.• Respecto por todas as formas de vida e toma de conciencia das actividades humanas que causan o exterminio dafauna e da flora.• Interese polo coñecemento dos distintos tipos de nutrición e dos efectos que teñen sobre a saúde os hábitosalimentarios.• Análise crítica do papel que desempeñan as plantas e as algas na produción de alimentos e toma de concienciadas causas que provocan o reparto desigual de alimentos e recursos nas distintas rexións do planeta.• Valoración da orde, a limpeza e as normas de seguridade no traballo de laboratorio para a obtención duns resultadoscorrectos e para evitar riscos innecesarios.• Toma de conciencia do privilexio que supón vivir neste mundo, de que, para ser naturalista, abonda con ter amorá natureza e curiosidade polo mundo que nos arrodea e tamén da valoración da importancia de adoptar un códigode conduta.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!